Fondos
ANDREA COSTAS OTERO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.57
Título ANDREA COSTAS OTERO
Data(s) 1935 (Produción)
Volume e soporte 3 imaxes dixitais
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística No ano 2014 ábrese no Arquivo municipal de Redondela o proxecto do Arquivo Audiovisual: un lugar onde poder custodiar copias dixitais das fotografías que as persoas veciñas de Redondela queiran compartir co resto da veciñanza. O protocolo é sempre o mesmo: as persoas propietarias ceden temporalmente as fotografías no Arquivo municipal para proceder ó seu escaneo. Unha vez dixitalizadas son devoltas ós/ás seus/súas cedentes en igual maneira en que foron depositadas. Entrégase, ademais, unha copia en dixital de todo o material entregado. A persoa propietaria das fotografías firma por escrito un documento onde permite a difusión das imaxes, así coma o uso libre das mesmas (sempre e cando non sexan usadas con fins lucrativos) e sempre baixo unha única condición: que sempre que se usen as fotografías, sexa citado claramente a orixe das mesmas: Fondo propiedade de... O Concello, pola súa parte, comprométese a crear un Fondo particular por cada persoa o familia cedente, non sendo nunca o Concello de Redondela propietaria das fotografías, senón canle para a súa difusión. Neste caso, trátase do Fondo propiedade de ANDREA COSTAS OTERO, veciña de Chapela que se achegou ó Arquivo documental para investigar sobre a historia da súa familia xa que está escribindo unha novela. A propietaria poderá ceder nun futuro máis ó Arquivo Audiovisual máis fotografías. O fondo, polo tanto, está susceptible de ser ampliado.
Forma do ingreso Expediente 5043/2024 de cesión temporal e difusión das fotografías
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Trátase de 3 imaxes dixitais que retratan un matrimonio. Expediente 5043/2024
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Consulta e difusión libres, salvo fins lucrativos.
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: Fondo Propiedade de Andrea Costas Otero.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Imaxes dixitais en formato .TIFF escaneadas a 1200 ppp. de resolución (ficheiro máster) e adaptadas a .jpg de < 1 MB con marca de auga para a súa difusión.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Dna. Andrea Costas Otero, que as cedeu temporalmente para a súa dixitalización
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Redondela exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias España Galicia Pontevedra Redondela Chapela (San Fausto) Cidadelle Fotografías