Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
-
1.750/1. Libro de actas do Pleno Municipal (30-09-1989/26-12-1992)
-
1.750/2. Libro de actas do Pleno Municipal (14-01-1993/14-06-1995)
-
1.750/3. Libro de actas do Pleno Municipal (14-06-2003/13-06-2007)
-
1.750/4. Libro de actas do Pleno Municipal (16-06-2007/08-06-2011)
-
2.152/2. Libro de actas de sesións do Pleno (11 - xuño 2011 a 29 decembro 2014)
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36025.AM.LAM.2.GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1839 - 2014 (Creación) 2010 - (Produción) - 2021 (Produción)
Volume e soporte 12 unidades de instalación; 76 agrupacións documentais; 4282 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Lama(1836-2015) O concello da Lama enclávase no interior da provincia de Pontevedra, ó leste, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Beariz e Avión, Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei e Fornelos de Montes. Conta este territorio con 117 entidades de poboación dispersas en 109 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta.No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Ponte Sampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade.
Institución arquivística Arquivo municipal da Lama
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Lama (Tema) (Creador)