ATOPO
Registros actuales: 1.659.235
Objetos digitales disponibles: 506.151

Expediente de contratación do estudo histórico xeográfico e galeguización da topononimia de Concello de Pontevedra adxudicado a Juan Juega Puig

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0003.SF029.S0267.25330/1

  • Título Expediente de contratación do estudo histórico xeográfico e galeguización da topononimia de Concello de Pontevedra adxudicado a Juan Juega Puig

  • Data(s) 1988 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Número de expediente: 304/1988
    Tipoloxía: estudo da toponímia do Concello de Pontevedra
    Anuncio relativo á exposición pública do prego de prescripcións técnicas e condicións económico administrativas do concurso para a elaboración dun estudo histórico xeográfico e galeguización da toponimia do Concello de Pontevedra. Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 196. 24 de Agosto de 1990.
    Equipo redactor do proxecto: Juan Juega Puig, director. Alberto Balea Figueira, Celestrino García Braña, Consuelo González García, Rosa Magdalena Fernández, Ángel Rey Caíña, Alicia Rodríguez Seco.
    Cadernos de campo que documentan as liñas divisorias ou marcos das parroquias de: Santo André de Lourizán, San Martiño de Salcedo, San Vicente de Cerponzóns, San Martiño de Verducido, Santa María de Alba, San Salvador de Lérez, Santo Estevo de Canicouva, San Pedro de Tomeza, Santa María de Ponte Sampaio, San Pedro de Campañó, Monte Porreiro, Santa María de Mourente, San Miguel de Marcón, Santa Mariña de Bora, Santo André de Xeve e Santa María de Xeve
    Planimetría ( sen número). Proposta dos nomes das rúas
    Planimetría número 1. Parroquias de San Bartolemeu, Santa María, San Xosé, De A Virxe do Camiño, Monte Porreiro. Delimitación dos lugares do Concello. Proposta de delimitación dos barrios da Capital
    Planimetría número 2. Parroqua de Alba, Bora, Campañó, A Canicouva, Cerponzóns, Lérez, Lourizán
    Planimetría número 3. Mourente, Ponte Sampaio, Salcedo, Tomeza, Verducido, Santo André de Xeve, Santa María de Xeve

Área de notas

  • Nota Cadernos de campo instalados no armario para planos: caixón número 1 Planimetría número 1 instalada no armario para planos: caixón número 2 Planimetría número 2 instalada no armario para planos: caixón número 3 Planimetría número 3 instalada no armario para planos: caixón número 4

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello)

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición