ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.2

  • Título SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS

  • Data(s) 1921-2006 (Creación) 1921-00-00 - 2006-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 18 unidades de instalación con 204 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a función dos concellos no referido á promoción e potenciación económica do seu territorio, dividida en varias agrupacións documentais relacionadas cos diversos eidos, actividades ou radios de acción nos que se concreta a mesma: agricultura, gandería e montes; caza; pesca; industria, turismo e traballo. 3.2.1.- Expedientes de actividades agropecuarias Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa dos intereses agrícolas, gandeiros e forestais dos municipios. Deste xeito, podemos destacar os expedientes de extinción de pragas, os expedientes de repoboacións, as cales soen ser políticas estatais ou autonómicas nas que colaboraban, en ocasións, os concellos; os expedientes de concentración parcelaria, os censos agropecuarios, cotos de caza, vedas de pesca…etc 3.2.2.- Expedientes de actividades industriais Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa da actividade industrial e mineira entendida en sentido amplo de estudos, informes, memorias, plans de actuación e desenvolvemento…etc 3.2.3.- Expedientes de fomento turístico Agrupación de series con expedientes de actividades turísticas, edición de folletos, subvencións…

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
    
    3.2.1.- Expedientes de actividades agropecuarias
    3.2.2.- Expedientes de actividades industriais
    3.2.3.- Expedientes de fomento turístico

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición