ATOPO
Registros actuales: 1.618.965
Objetos digitales disponibles: 504.660

TRANSPORTES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.4

  • Título TRANSPORTES

  • Data(s) 1959-2007 (Creación) 1959-00-00 - 2007 (Produción)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación con 54 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recolle esta 1ª División de sección os documentos relacionados cos transportes e as comunicacións. Os concellos tiveron ó longo da historia certas competencias en materia de transportes e telecomunicacións. 3.4.1.- Licenzas de taxis Documentación derivada da procedemento de concesión de licenzas de transporte público de viaxeiros como por exemplo as licenzas de taxis, autobuses e ambulancias que exercen actividade no seu territorio, podendo existir ó respecto expedientes de concesión de licenzas, denuncias e reclamacións contra o funcionamento dos servizos de transporte público, etc... e rexistros como libros de rexistro de taxistas, entre outros. 3.4.2.- Expedientes de transportes e telecomunicacións No ámbito das telecomunicacións, os concellos tiveron competencias en materia de teléfonos, correos e telégrafos, posto que lles correspondía o exercicio de determinados procedementos da xestión e supervisión da oficina municipal encargada de tales servizos, debendo manterse toda a documentación referida a estes aspectos encadrada nesta serie.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección 3.4. TRANSPORTES contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.4.- TRANSPORTES:
    
    3.4.1.- Licenzas de taxis
    3.4.2.- Expedientes de transportes e telecomunicacións

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición