ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

ELECCIÓNS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.13

  • Título ELECCIÓNS

  • Data(s) 1920-2016 (Creación) 1920-00-00 - 2016-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 49 unidades de instalación con 194 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle as funcións dos concellos dentro dos procesos electorais, tanto nos propios para elixir os membros e cargos do seu goberno, como doutras institucións nas que funcionan como circunscrición electoral básica e primixenia. A documentación electoral de elección dos membros das corporacións locais rara vez vai máis alá do s. XVIII trala promulgación das disposicións lexislativas do goberno de Carlos III ó respecto, sendo especialmente importante tralo chegada ó poder dos liberais co conseguinte establecemento dos concellos constitucionais, que teñen na celebracións das eleccións unha das súas características básicas. 3.13.1.- Xunta do Censo Electoral: Documentación do funcionamento das Xuntas electorais locais, especialmente os libros de actas das mesmas e os expedientes das sesións celebradas por este órgano. 3.13.2.- Censos electorais Documento necesario para o desenvolvemento dos procesos electorais que se sustenta completamente nos padróns municipais. É un rexistro que está formado polas inscricións de aquelas persoas que reúnen os requisitos legalmente establecidos para exercer o dereito ao voto. Para actualizalo, os concellos envían mensualmente ás Delegacións provinciais de las Oficinas del censo electoral, una relación con las altas de los residentes maiores de idade, as baixas, os cambios de domicilio e calquera outra modificación de datos que sexa relevante para a formación de este censo. 3.13.3.- Expedientes de eleccións Expediente correspondente ao diferentes procesos electorais: para as Cortes Xerais, Comunidade Autónoma, corporacións municipais, Parlamento Europeo, Referéndum …, de acordo coas convocatorias que se fagan pola autoridade competente. A documentación que se pode atopar xorde da relación coa Xunta Electoral e está relacionada ca constitución das xuntas locais, a fixación das seccións e mesas, a confección de listas, a designación dos membros das mesas electorais, as exposicións dos censos, a colocación da infraestrutura electoral necesaria, os testemuños do proceso electoral e dos resultados e a proclamación dos electos, no seu caso.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección 3.13. ELECCIÓNS contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.13.- ELECCIÓNS:
    
    3.13.1.- Xunta do Censo Electoral
    3.13.2.- Censos electorais
    3.13.3.- Expedientes de eleccións

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición