Fondos
-
SF0015. 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
S0174. Expedientes de honras e distincións
-
1.640/1. Expediente de nomeamento de José García García como fillo predilecto do Concello de Silleda
-
1.640/2. Expediente de nomeamento de Manuel Colmeiro Guimarás
-
1.640/3. Expediente de nomeamento de Raúl Alfonsín como fillo adoptivo do Concello de Silleda
-
1.640/4. Expediente de regulamento municipal de honras e distincións (1990)
-
1.640/5. Expediente sobre a celebración do Día de Barcelos en Silleda
-
1.640/9. Expediente sobre a inauguración do campo de tiro denominado O Picoto
-
1.170/15. Expediente da visita do presidente da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra
-
1.170/17. Expediente de cambio de nome das rúas de Silleda e Bandeira. Solicitude
-
1.170/18. Expediente de denominación da rúa Cartagena. Certificación de acordo
-
1.640/10. Expediente de regulamento municipal de honras e distincións (1994)
-
1.640/12. Expediente de nomeamento de José Maril Sánchez Lomo
Expedientes de honras e distincións
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2.GF001.F0001.SF0015.S0174
Título Expedientes de honras e distincións
Data(s) 1968-1999 (Creación)
Volume e soporte 4 unidades de instalación; 19 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)