ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

Fondos

Expediente de alleamento de parcela no monte comunal de Outeiro de Regueira a instancia de Benito Estévez Barreiro e Pedro Pérez Rozas (1889)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0005.SF052.S0405.3.073/6

  • Título Expediente de alleamento de parcela no monte comunal de Outeiro de Regueira a instancia de Benito Estévez Barreiro e Pedro Pérez Rozas (1889)

  • Data(s) 1889 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente, 30 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2030) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Montes comunais veciñais. Expediente de venda da parcela sobrante do monte comunal de Outeiro de Regueira, sito no lugar de Bon, parroquia de Beluso. Desestimado por non ser parcela sobrante. Solicitantes: Benito Estévez Barreiro, Pedro Pérez Rozas / Rosas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación manuscrita e cosida

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición