Fondos
FACENDA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.4
Título FACENDA
Data(s) 1818-2011 (Creación) 1818-00-00 - 2019-02-20 (Produción)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A Facenda Local encargase de desenvolver as actividades económicas locais; e dicir, xestionar os ingresos e gastos locais coa intención de satisfacelas necesidades do municipio. Dende o século XII ó XVIII os ingresos municipais estiveron formados polos bens de propios ou patrimoniais: tendas, mercados, censos, devesas, muíños, etc.; bens comunais: montes, caza, pesca, etc.; e tamén polos arbitrios propios que xeralmente gravaban o consumo. O maiordomo encargábase da fiscalización dos ingresos e gastos, asumía a xestión e recadación de ingresos; e actuaba como depositario e custodio de todo o recadado. No século XIV apareceu a figurado Contador, a súa función era censuralas contas que rendía periodicamente o Mordomo. En 1761 esa labor fiscalizadora de contas pasou a desenvolvela a Xunta de Propios e Arbitrios, composta por alcaldes, rexedores e procurador síndico; a cal, tamén se encargou de presentar ante a Contadoría Xeral as contas xeradas pola administración dos propios e arbitrios municipais. A Facenda Local dos séculos XIX e XX caracterizouse polo intento de unir e suprimir a grande cantidade de arbitrios que existían e polo intento de que os municipios adquirisen autonomía financeira. A principios do século XIX o sistema impositivo nacional buscaba a creación dunha única contribución ou contribución directa, como consecuencia diso suprimíronse as rendas provinciais como: alcabalas, centos, millóns, servizos ordinarios e extraordinarios; aínda que apareceron novas cargas. As facendas locais coa desamortización dos bens de propios de Madoz (1855), sufriron un importante troco xa que pasaron de ser fundamentalmente patrimonialista a ser eminentemente fiscais. Durante a segunda metade do século XIX e primeira metade do século XX, os ingresos municipais nútrense de diversos impostos como foron: pesos e medidas, consumos, carruaxes de luxo, expedición de documentos, bebidas espirituosas, amillaramentos, soares sen edificar, incremento de valor dos terreos, etc.; e da participación nos impostos cedidos total ou parcialmente polo estado. Finalmente, a Constitución de 1978, que proclamaba o principio de suficiencia financeira das entidades locais, e a reforma das facendas locais promovida pola Lei 39/88, serviron para a reordenación do réxime presupostario dos entes locais e do sistema de recursos, suprimíronse moitos dos impostos recadados con anterioridade e os ingresos quedaron configurados principalmente polo cobro do imposto de bens inmobles, o imposto de actividades económicas e o imposto do vehículos de tracción mecánica. En canto os oficios municipais destacar que durante as primeiras décadas do século XIX os encargados da xestión económica eran os depositarios, os secretarios e os alcaldes, sempre baixo a supervisión do Concello. Na segunda metade do século XIX reapareceu a figura do Contador, el tiña baixo o seu cargo a oficina de contas, os libros de contabilidade, preparaba os presupostos e promovía os libramentos. As competencias do contador foron evolucionando, o longo do século XX, facía o que hoxe se coñece como interventor de fondos. Así mesmo, o Depositario que perdera as competencias en favor do contador, o cal se encargara da custodia de valores e de depósitos e do pagamento de libramentos, foi evolucionando cara o que hoxe se coñece como o tesoureiro municipal. Outras institucións importantes foron a Xunta Pericial e a Xunta Municipal de Asociados.
Organizació
Esta sección, FACENDA, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 4.- FACENDA: 4.1.- INTERVENCIÓN: 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS: 4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención 4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF 4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados 4.1.1.4.- Tribunal de Contas 4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención 4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos 4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención 4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS: 4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos 4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario 4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias 4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto Padroádego Municipal Monte Santa Trega 4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais 4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo 4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS: 4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario 4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS: 4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos 4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN 4.2.1.- IMPOSTOS: 4.2.1.1.- Xunta Pericial 4.2.1.2.- Contribución territorial rústica 4.2.1.3.- Contribución por gandaría independente 4.2.1.4.- Contribución territorial urbana 4.2.1.5.- Rexistro fiscal de edificios e soares 4.2.1.6.- Matrícula industrial e licenza fiscal 4.2.1.7.- Expedientes de plusvalías 4.2.1.8.- Imposto sobre circulación de vehículos 4.2.1.9.- Contribucións usos e consumos 4.2.1.10.- Arbitrios provinciais 4.2.1.11.- Contribucións especiais 4.2.1.12.- Imposto sobre construcións, instalacións e obras 4.2.1.13.- Bens inmobles de características especiais (BICES) 4.2.2.- TAXAS 4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais 4.2.2.2.- Listas cobratorias 4.3.- TESOURARÍA 4.3.1.- CAIXA: 4.3.1.1.- Actas de arqueo 4.3.1.2.- Libro de caixa 4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances 4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais 4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos 4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos 4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría 4.3.1.8.- Partes de caixa. 4.3.2.- RECADACIÓN: 4.3.2.1.- Contas de recadación 4.3.2.2.- Libro de recadación executiva e voluntaria 4.3.3.- CONTAS BANCARIAS: 4.3.3.1.- Contas correntes 4.3.3.2.- Libro de contas correntes 4.3.3.3.- Libro rexistro de facturas 4.3.3.4.- Libro de descontos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)