ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

ALCALDE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1.1.2

  • Título ALCALDE

  • Data(s) 1906-2016 (Creación) 1922 - (Produción) - 2009 (Produción)

  • Volume e soporte 190 unidades de instalación con 643 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O alcalde como institución remóntanse ao século XI, cun carácter inicialmente xudicial, formando parte dos concellos existentes en cada pobo. Así a figura do alcalde aparece nas máis antigas leis casteláns (Foro Real, Foro Vello, as Partidas..) sempre cunha función preferentemente xudicial. O nomeamento dos alcaldes correspondía ao Rei ou aos señores laicos ou eclesiásticos dependendo do señorío de cada territorio. Pouco a pouco van asumindo tamén funcións económicas, coincidindo co desenvolvemento da vida urbana e da importancia das cidades e pobos. Na idade contemporánea limítanse estas funcións xudiciais a partires de 1812 e definitivamente dende 1855 e coa aparición dos xulgados de paz e rexistros civís en 1870. Pola contra realzase esta figura como representante o cabeza do concello e mesmo como delegado do goberno no seu territorio. As súas atribucións principais, que derivan na produción dos oportunos documentos e expedientes, serían as de representar ao concello; convocar e presidir as sesións dos órganos colexiados de goberno; nomear cargos municipais, especialmente os tenentes de alcalde; dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obras municipais; ditar bandos; desenvolver a xestión económica de acordo cos presupostos aprobados; dispor gastos; aprobar a oferta de emprego e as bases de selección do persoal, así como desempeñar a xefatura de todo o persoal; exercer a xefatura da policía local; aprobar os instrumentos de xestión urbanística e os proxectos de urbanización, obras e servizos; adoptar medidas en caso de catástrofe e infortunio público; sancionar as faltas de desobediencia á autoridade ou as infraccións ás ordenanzas municipais; a adquisición de bens mobles e inmobles; outorgar licenzas, publicar e executar os acordos municipais.

  • Organizació

    sta división de seccíon 1.2. ALCALDE contén as seguintes series documentais:
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.2.- ALCALDE:
    
    1.2.1.- Correspondencia da Alcaldía
    1.2.2.- Certificacións e informes da Alcaldía
    1.2.3.- Decretos. Resolucións
    1.2.4.- Libro de resolucións da Alcaldía
    1.2.5.- Bandos. Edictos
    1.2.6.- Libro rexistro de bandos
    1.2.7.- Libro rexistro de edictos
    1.2.8.- Expedientes de protocolo
    1.2.9.- Heráldica municipal
    1.2.10.- Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo
    1.2.11.- Expedientes xudiciais da Alcaldía
    1.2.12.- Libro de comunicacións da Alcaldía

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición