Fondos
OBRAS E URBANISMO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.3.1
Título OBRAS E URBANISMO
Data(s) 1851-2024 (Creación) 1851 - (Produción) - 2024 (Produción)
Volume e soporte 5.170 unidades de instalación con 67.233 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Na 1ª División de sección Obras e Urbanismo atopase a documentación relativa á organización do espazo urbano dos concellos. Os documentos relativos á planificación do termo municipal, cos seus diferentes plans e proxectos urbanísticos. As licenzas de obras de nova planta, as modificacións en obras xa existentes, os derrubos, as segregacións de parcelas e as alineacións, con tódolos documentos relacionados coa obtención das licenzas para executar estas obras, os acordos municipais e os informes técnicos así como as titularidades. Ademais aqueles documentos relativos ás licenzas para exercer e instalar as diferentes actividades industriais e os seus establecementos.
Organizació
Esta, 1ª división de sección, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.1.- OBRAS E URBANISMO: 3.1.1.- PLANIFICACIÓN: 3.1.1.1.- Expedientes de planificación 3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS: 3.1.2.1.- Plans de obras e servizos 3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS: 3.1.3.1.- Expedientes xerais de obras municipais 3.1.3.2.- Expedientes de subvencións 3.1.3.3.- Prestación persoal 3.1.3.4.- Expedientes de obras na casa do concello 3.1.3.5.- Expedientes de obras en edificios municipais 3.1.3.6.- Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas 3.1.3.7.- Expedientes de obras no mercado 3.1.3.8.- Expedientes de obras no matadoiro 3.1.3.9.- Expedientes de obras no cemiterio 3.1.3.10.- Expedientes de obras de traída de augas 3.1.3.11.- Expedientes de obras na rede de sumidoiros 3.1.3.12.- Expedientes de obras de iluminación pública 3.1.3.13.- Expedientes de obras en instalacións deportivas 3.1.3.14.- Expedientes de obras en parques e xardíns 3.1.3.15.- Expedientes de obras en centros escolares 3.1.3.16.- Expedientes de obras en fontes e lavadoiros 3.1.3.17.- Expedientes de obras na casa de cultura e biblioteca 3.1.3.18.- Expedientes de obras en centros de saúde 3.1.3.19.- Expedientes doutras obras 3.1.3.20.- Expedientes de obras na Autoestrada do Atlántico 3.1.3.21.- Expedientes de obras en canteiras 3.1.3.22.- Expedientes de aprobación de proxectos 3.1.3.23.- Documentación de portos, costas e praias 3.1.4.- OBRAS PARTICULARES: 3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras 3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares 3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA 3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica 3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína 3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas 3.1.4.7.- Informacións urbanísticas 3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas 3.1.5.- INDUSTRIAS: 3.1.5.1.- Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas 3.1.5.2.- Licenzas de apertura de establecementos 3.1.5.3.- Libro rexistro de industrias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)