ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

REXISTRO CIVIL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36003.AXP.BAI..1

  • Título REXISTRO CIVIL

  • Data(s) 1870-2002 (Creación) 1870-00-00 - 2002-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 77 unidades de instalación con 336 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Baiona

  • Historia arquivística O Rexistro Civil concíbese como unha institución de Estado co obxecto de dar publicidade a feitos e actos que afectan ao estado civil das persoas; ten un carácter público, de consulta libre autorizada, principalmente mediante a expedición de certificacións. As tres funcións principais do Rexistro Civil cos: a constancia e publicidade dos feitos relativos ao estado civil das persoas, a cooperación e formación de tales actos e a lexitimación destes estados civís. Serve ao Estado e a administración para moitos fins (militares, estatísticos, electorais) e a so particulares, como testemuño e aval do seu estado civil e dos seus dereitos. Os seus antecedentes están nos rexistros parroquiais establecidos no Concilio de Trento. que polo efecto da Revolución Francesa sofren un proceso de secularización que se plasma no noso país nun primeiro intento de asignar a función rexistral aos secretarios dos concellos pola leis de 3 de febreiro de 1823 e de 24 de xaneiro de 1848, sen excesivo resultado positivo. O segundo intento será o Código Civil de 1851. Con posterioridade apróbase a lei provisional do Rexistro Civil de 1870, que será actualizada en xuño de 1957 coa lei do Rexistro Civil e o seu regulamento de 14 de novembro de 1858 Esta última lei prevé o establecemento de catro seccións: nacementos, matrimonios, defuncións e tutelas e representacións legais, mantendo a función primordial do Rexistro Civil na inscrición de feitos concretos que afectan ao estado civil das persoas. As características que definen ao Rexistro Civil serían a oficialidade, a protección dos intereses dos particulares, á simplificación administrativa, a gratuidade, a obrigatoriedade da inscrición, a especialidade e individualidade dos actos e a publicidade, é dicir o carácter de público.

  • Forma do ingreso Por transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os arquivos municipais conservan nalgúns casos libros rexistro de nacemento, defunción ou matrimonio do período anterior (1845-1870) ao establecemento do Rexistro Civil, nos que esta función rexistral lles correspondía aos alcaldes e secretarios municipais.

  • Organizació

    Algunhas publicacións referidas aos Xulados de Paz e á documentación producida polos mesmos:
    
    “Inventario dos arquivos dos xulgados de paz”
    Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 58, Tomo I
    D.L. PO-23-98 ISBN: 84-89690-29-4
    
    Manual de los Juzgados de Paz/ Manuel Abella Poblet, Valentín Carrascosa López, Ricardo varón Cobos.
    Madrid: El Consultor de los Ayuntamientos y de los Juzgados de Paz, 1983
    
    Manual de los juzgados de Paz / José Luis López del Moral .-
    Madrid: El Consultor de los Ayuntamientos y Juzgados, S.A. 2008
    
    Manual teórico-práctico para los Juzgados de Paz/ Agustín Piñeiro Rodríguez.
    Barcelona:Dux, Ediciones y Publicaciones, S.A.,1955
    
    "Os arquivos dos Xulgados de Paz"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
    Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 12, pxs. 283-303.
    
    Páxina web da Deputación de Pontevedra www.arquivos.depo.es

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición