ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

DEFUNCIÓNS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36056.AXP.VAL..1.4

  • Título DEFUNCIÓNS

  • Data(s) 1871-00-00 - 1999-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 44 unidades de instalación con 64 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación do Rexistro Civil relacionada co control das defuncións no territorio no que ten incidencia e xurisdición. Destaca polo súa importancia fedataria e testemuñal os libros de rexistro de defuncións, dende 1870 ata a actualidade, xunto con outros de similar pretensión os libros de actas de defuncións ou os libros de declaracións de defuncións. Todos eles acostuman a dispor de índices alfabéticos e unha ordenación cronolóxica. O documento básico consiste na declaración de algunha persoa coñecedora do falecemento de outra que informa sobre a morte e que se acompaña habitualmente da oportuna certificación médica coas causa do falecemento. Esta declaración é obrigatoria para familiares ou residentes na mesma vivenda que o falecido, cabeza de familia da vivenda onde falecera si é fora de su domicilio, ou calquera coñecedor da mesma. Na declaración indicase a identidade do falecido, hora, data e lugar do falecemento e causa da morte, xunto coa información sobre o seu enterramento. Este datos pasaran a detallarse no libro de rexistro de defuncións. Ademais como resultado das interrelacións cons cidadáns, consérvanse copias da certificacións, partidas ou declaracións de defunción, requiridas en moitos trámites administrativos, así como os expedientes de emenda e subsanación de erros ou de inscrición das defuncións fóra de prazo, tendo en conta a súa obrigatoriedade, así como os libros de rexistro ou as declaracións de abortos, de últimas vontades ou expedientes de repatriación de mortos.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, DEFUNCIÓNS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    1.- REXISTRO CIVIL
    
    1.4.- DEFUNCIÓNS
    
    1.4.1.- Libro rexistro de defuncións
    1.4.2.- Libro de actas de defuncións
    1.4.3.- Libro de declaracións de defuncións
    1.4.4.- Certificacións e declaracións de defunción
    1.4.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de defuncións fóra de prazo
    1.4.6.- Licenzas de enterramentos
    1.4.7.- Expedientes de repatriación de mortos
    1.4.8.- Índice de defuncións
    1.4.9.- Libro de últimas vontades de enterramento
    1.4.10.- Expedientes de abortos
    1.4.11.- Libro de certificacións de abortos
    1.4.12.- Libro rexistro de abortos
    1.4.13.- Libro actas de declaracións de abortos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición