Fondos
ES.GA.36031.AELMQ. ENTIDADE LOCAL MENOR DE QUEIMADELOS
ENTIDADE LOCAL MENOR DE QUEIMADELOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36031.AELMQ
Título ENTIDADE LOCAL MENOR DE QUEIMADELOS
Data(s) 1752-2015 (Creación) 1752-00-00 - 2017-11-06 (Produción)
Volume e soporte 71 unidades de instalación con 612 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Entidade Local Menor de Queimadelos(1935-) Formada pola parroquia de Santa María de Queimadelos, integrouse en séculos pasados na Xurisdicción de Sobroso con señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra, e pertence con posterioridade ó concello de Mondariz. É unha pequena parroquia rural, cunha superficie total de 2,12Km2, na que residen 155 habitantes, distribuídos nos dous únicos lugares de Aqueleido e Armada. Ven funcionando con regularidade dende a súa constitución como Entidade Local Menor o 21 de febreiro de 1935. Conta con edificio propio para as dependencias da Entidade, construído entre 1963 e 1966. A maior parte dos seus ingresos proceden da xestión dos montes de Peralta e Portela.
Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Queimadelos
Historia arquivística A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. En novembro de 2015 realizouse por parte de Alberto Aramburu García-Pintos, Rita Fernández Domínguez, Mar Lemiña Lemus e Ánxela López Preto unha revisión e incorporación documental.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O arquivo desta Entidade conta con sesenta e dúas unidades de instalación, que supoñen a penas seis metros lineais. Conservan a documentación desde a súa creación no ano 1935 até a actualidade. Poden consultarse a totalidade dos libros de actas da Xunta Veciñal correspondente ao período que vai do ano 1935 até os nosos días. Outra documentación especialmente destacable serían os expedientes dos aproveitamentos de madeiras do período comprendido entre 1950 e 1998 e a documentación presupostaria dende 1951, que supón o 92% do total do fondo documental.
Valoración, selección e eliminación A pesar da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban aos documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 0.- ÓRGANOS SUPERIORES 1.- GOBERNO 1.1.- XUNTA ADMINISTRATIVA 1.2.- ALCALDE PEDÁNEO 1.3.- COMISIÓNS ESPECIAIS 2.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS 2.1.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA 2.1.1.- SECRETARÍA 2.1.2.- REXISTRO XERAL 2.1.3.- PATRIMONIO. CONTRATACIÓN 2.1.4.- PERSOAL 2.1.5.- ELECCIÓNS 2.1.6.- ARQUIVO 2.2.- XESTIÓN DE SERVIZOS 2.2.1.- OBRAS E URBANISMO 2.2.2.- SEGURIDADE CIDADÁ 2.2.3.- EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 2.2.4.- PRESTACIÓN SOCIAL SUBSTITUTORIA 2.2.5.- SANIDADE E MEDIO AMBIENTE 2.2.6.- SERVIZOS SOCIAIS 3.- XESTIÓN ECONÓMICA 3.1.- PRESUPOSTO ORDINARIO 3.2.- PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 3.3.- FACTURAS E EXTRACTOS BANCARIOS
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ámbito xeográfico, especialmente no Arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estrutura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Entidade local menor España Galicia Pontevedra Mondariz Queimadelos (Santa María)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Mondariz Queimadelos (Santa María)
Nome dos puntos de acceso Entidade Local Menor de Queimadelos (Tema) (Creador)