Fondos
10. Expedientes de obras de traída de augas
-
1.326/1. Proxecto de ampliación de abastecemento de augas (1953)
-
1.326/2. Proxecto de ampliación de abastecemento de augas (1960)
-
2.826/2. Proxecto para depuradoras de augas residuais en Guimarei (1991)
-
3.412/4. Proxecto de construcción de estacións depuradoras de augas residuais na Estrada (1992)
-
8.714/2. Expedientes de obras da red de saneamento en Cardaval - Sabucedo (2009)
-
9.383/5. Auga potable en Guimarei - Avda. da Torre, A Torre e Cogoludo. (PAM 2006)
-
2.869/11. Expedientes de obras de depuradoras en Lagartóns, Figueroa e Guimarei (1992)
-
9.279/37. Requerimento para a creación dun censo de plantas depuradoras (1996)
-
10.210/17. Prorrateo de augas da presa de Guntín - San Xurxo de Vea. (1982)
Expedientes de obras de traída de augas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.3.1.3.10
Título Expedientes de obras de traída de augas
Data(s) 1888-2009 (Creación) 1888 - (Produción) - 1890 (Produción)
Volume e soporte 40 unidades de instalación con 105 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na rede de traída de augas.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)