ATOPO
Registros actuales: 1.639.067
Objetos digitales disponibles: 505.531

Fondos

Escritura de concordia entre Joseph Jacinto Guindos Andrade e Figueroa e Pedro Teixeiro de Montenegro pola herdanza do Marques de San Sadurniño

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.3.1.167/32

  • Título Escritura de concordia entre Joseph Jacinto Guindos Andrade e Figueroa e Pedro Teixeiro de Montenegro pola herdanza do Marques de San Sadurniño

  • Data(s) 1732 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Paio Muñiz
    > Copia compulsada dunha escritura de concordia entre Joseph Jacinto Guindos Andrade e Figueroa (Marques de San Saturnino) e Pedro Teixeiro de Montenegro (cura e reitor do beneficio de San Breixo de Queiroas) como apoderado de Joseph Antonio Mosquera Villar Soutomaior (señor de Guimarei e Paio Muñiz). Nesta concordia Jose Jacinto Guindós cedelle a Jose Antonio Mosquera todos os bens que fincaron por herdanza do Marques de San Sadurniño e de Mariana Álvarez de Andrade entre elas a casa e bodega de Freixendo sita en Sta. María de Mugares.
    > Petición posterior de Alonso Guerra e Andrade (en nome de Joseph Antonio Mosquera) para que se cumpla a concordia anterior.
    > Autos sobre a posesión da casa e bodega de Freixendo con data de 1732, 09 21.
    > Inclúe arbores xenealóxicas.
    Data: 1732, 09, 15.
    Ante: Pedro López de Santiago

    Freguesía de Santa María de Mugares. Concello de Toén. Provincia: Ourense.

    [Cartafol de "Parroquías de Santa María de Mugares y San Julían de Piñor" dentro do cartafol "Sta. María de Mugares y Sn. Julian de Piñor Casa y viña de Freixendo y Monte Lourido en el obispado de Orense"]
    [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.]

Área de notas

  • Nota É copia compulsada

Puntos de acceso

Área de control da descrición