Fondos
204/4. Memoria de rendas do Hospital Real, que cobrou Lope Díaz de Gayoso, título de Merino de Ares Díaz de Gayoso, e outros documentos (1534-1695)
Memoria de rendas do Hospital Real, que cobrou Lope Díaz de Gayoso, título de Merino de Ares Díaz de Gayoso, e outros documentos (1534-1695)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.204/4
Título Memoria de rendas do Hospital Real, que cobrou Lope Díaz de Gayoso, título de Merino de Ares Díaz de Gayoso, e outros documentos (1534-1695)
Data(s) 1534-1695 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín > Memoria de rendas do Hospital Real, que cobrou Lope Díaz de Gayoso. > Título de Merino de Ares Díaz de Gayoso, en todas as xurisdiccións da Casa de Guntín. > Memoria da prata que posúe Álvaro. > Memoria do que Lope Díaz de Gayoso recibe en trigo e centeo. > Petición de Rodrigo Díaz de Gayoso para facer unha execución xudicial contra o coengo Francisco de Gayoso. Inclúe carta de pago de 834 maravedíes. >Testemuño dirixido á poboación de Granada. > Petición de Ares Díaz dunha Real Provisión para que Juan Vázquez de Neira lle pagase 100 ducados que lle debía. > Recibo de pagamento de Pedro Hernández, de 4 ducados, a favor de Lope Díaz de Gayoso, polo aluguer dunha serie de cargas que traia de Madrid, Juan López. > Obriga de pagamento outorgada por Catalina Seoane a favor de Ares Díaz de Cedrón e Gayoso, de 49 reais. > Memoria dos bens que vendeu Juan da Rigueira e Trocado, coa razón das diferentes rendas e a venda de diversos lugares. > Copia simple da memoria de rendas e bens que fincaron de Lope Rois e Constanza Sánchez. > Referencia á sentenza do preito entre Juan Varela e Juan de Gayoso e Mendoza, sobre os bens que se venderon e polos cales Juan de Gayoso debe de pagar 60 ducados. > Anotación sobre o preito entre Rodrigo Díaz e Bernal Díaz. > Petición de Ares Díaz de Cedrón contra Pedro Gómez e Álvaro Ferreiro, relativa á paga da renda do lugar de San Martiño de Couto. > Pedimento do abade de Meira dunha execución relativa a unha obriga e unha fianza. > Memorial das obrigas que Hernán de Vellosillo presenta. > Copia compulsada a pedimento de María Díaz de Gayoso, duns autos contra Juan de Sanjurjo. > Arrendamento outorgado polo clérigo González de Neira a favor de Álvaro da Ribeira (cóengo de Lugo), do beneficio de Piúgos [Cº de Lugo]. > Testemuño de apelación, feito a pedimento de María Díaz de Gayoso, dunha execución contra ela feita por Juan Fernández Soutomaior. > Escritura de concordia entre varios veciños de Santa Marina de Albija, co crego de dito lugar, sobre a metade dos bens do igrexario. > Arrendamento feito a favor de Juan de Gayoso, dun oitavo do préstamo de Santa Marta de Meilán [Cº de Riotorto. Pª de Lugo]. > Certificación dada por Santiago de Latre, sobre unha querela e acusación contra Pedro de Navarra, por parte de Juan de Gayoso e María de Gayoso, que se presentaron no cárcere de Valladolid. > Recibí de Bernal Díaz de Gayoso, no cal especifica que lle deron unha escritura de venda e unha de doazón, por parte de Lope Díaz de Gayoso. > Autos e executoria, a pedimento da abadesa e monxas do convento do Mosteiro de San Paio, contra o licenciado Juan Bautista, polo empeño dun xarrón de prata que era propiedade do mosteiro. > Petición feita por Blas de Bahamonde, en nome de Constanza de Mendoza e Figueroa, dunha Real Provisión. > Carta de pagamento de Lope Díaz de Gayoso de 30 ducados. > Relación de contas do Capitán Juan de Gayoso e de Lope Díaz de Gayoso. > Relación dos bens que o Capitán Gayoso ten no Couto de Gondral. > Carta de pagamento a favor de Ares Díaz de Cedrón e de María de Gayoso, de 117 reais que debían de renda dos lugares do Coto da Ferreira. > Copia compulsada dunha carta de pagamento relativa ao abono de 300 ducados de vellón da man do mordomo de María Olalla Osorio e Bobadilla, a favor de Josefa de Páramo e Montenegro. > Protesta feita polo Licenciado Pedro de Neira contra Pedro de Puga, para que este desocupe a súa casa sita na rúa Porta Miña. > Opinións do Licenciado Labrada sobre a recobración duns bens. > Recibo de Juan Varela a favor de Isabel López de 14 ducados. > Obriga e contrato entre o convento de Santa María a Nova de Lugo, e Juan de Gayoso, sobre o ingreso no mosteiro da súa sobriña, María Fernández, e a paga da dote da mesma. > Testemuño sobre unha petición feita en Valladolid por Juan de Gayoso. > Arrendamento outorgado por Lois da Rúa a favor de tres veciños de Villarda, dunha porción de renda nese lugar polo tempo de 3 anos. > Testemuño sobre unha luctuosa en Ourense. > Carta de Juan Francisco Blanco, herdeiro de Diego Blanco, na que fala dun troco que fixera o dito Diego Blanco con Ares Díaz. Datas: 1534, 1695. Ante: -
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)