Fondos
204/8. Carta de pagamento outorgada por María Díaz de Gayoso a favor de Gregorio López de Parga e outros documentos 81539-1687)
Carta de pagamento outorgada por María Díaz de Gayoso a favor de Gregorio López de Parga e outros documentos 81539-1687)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.204/8
Título Carta de pagamento outorgada por María Díaz de Gayoso a favor de Gregorio López de Parga e outros documentos 81539-1687)
Data(s) 1539-1687 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín
> Carta de pagamento outorgada por María Díaz de Gayoso a favor de Gregorio López de Parga, para que no seu nome revogase unha escritura de salario que a dita María fixera a favor de Blas de Villar. Inclúe a revogación.
Data: 08/09/1610.
Ante: -
> Carta de pagamento outorgada polo prior de Sarria (como depositario de Juan de Gayoso), de 16 ducados a favor de Catalina Díaz de Ribera; para o seu casamento. No caso de non producirse este feito, Catalina debería devolver os cartos para que o prior llos entregase a outra irmá.
Data: 15/06/1565.
Ante: -
> Escritura de salario pola que Juan de Gayoso e Lugo outorgou ao seu avogado, Gaspar Rodríguez, 6000 maravedíes cada ano, ao procurador Rodrigo Sánchez, 3000 maravedíes anuais e ao solicitador Francisco de Acuña, 4000 maravedíes. Inclúe recibos de pagamento
Data: 05/03/1604.
Ante: -
> Arrendamento outorgado por Jacome Gorra (en nome de Juan de Gayoso); de 2 terzos do préstamo de San Fiz, a favor de Álvaro de Ribera
Data: 1539.
Ante: -
> Testemuños sobre o cobro dunhas débedas relativas a un preito entre o Bispo de Xaén e o Bispo de Lugo.
Data: 1568.
Ante: -
> Querela interposta por Gonzalo de Villar (en nome de María Díaz de Gayoso) contra Juan de la Roca; pola tala de árbores no monte de Cornas.
Data: 09/06/1594.
Ante:-
> Memorial das rendas de fanegas de pan que lle deben os caseiros a María Olalla de Osorio e Bobadilla dende 1680 a 1687.
> Memorial dos gastos e pagamentos feitos por Rodrigo Saco de Quiroga (arcediano de Deza), por encargo do Capitán Juan de Gayoso e de Lope Díaz de Gayoso
Data: 1562.
Ante: -
> Carta de pagamento outorgada polo Cabildo de Lugo a favor de Ares Díaz de Cedrón, de 100 ducados e 58 maravedíes, que lle debía ao Bispo Fernando de Belosillo.
Data: 1592.
Ante: -
> Carta de pagamento outorgada por Antonio de Medina a Francisco de Acuña, de 190 reais
Data: 24/11/1608.
Ante: -
> Poder outorgado polo cabildo de Lugo a favor de Juan de Gayoso, para que puidese mercar un xuro de 1500 maravedíes no bispado de Lugo.
Datas: 1539,1687.
Ante: -
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)