ATOPO
Registros actuales: 1.640.541
Objetos digitales disponibles: 505.523

Fondos

Escritura de venda outorgada por Alonso de Castelo a favor de Juan Bautista, das tres cuartas partes da leira das Lamas e outros documentos (1556-1602)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.205/2

  • Título Escritura de venda outorgada por Alonso de Castelo a favor de Juan Bautista, das tres cuartas partes da leira das Lamas e outros documentos (1556-1602)

  • Data(s) 1556-1602 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín
    > Atado de 31 documentos:
    > Escritura de venda outorgada por Alonso de Castelo a favor do Licenciado Juan Bautista, das 3/4 partes da leira das Lamas, por prezo de 9 ducados.
    > Escritura de venda outorgada por Marina Paz Varela e o seu marido Juan Bautista, a favor de Pedro Sánchez de Parga, pola cal lle venden 8 celemíns e medio de pan e unha rapada de trigo por 9000 maravedís.
    > Escritura de poder outorgada por María Díaz a favor de Gregorio López de Parga e Francisco García, para que poidan arrendar a granxa de Casavella.
    > Escritura de foro outorgado polos frades do Convento San Francisco de Lugo a favor de Juan López e a súa muller María Díaz de Gayoso, de todas as propiedades que foron engadidas ó mosteiro por Alfonso de Portamira , en renta de 4 fanegas de pan e dous capóns ó ano.
    >Copia compulsada da escritura de foro outorgado polo mosteiro de san Francisco a favor de Juan López das herdades de Aboín.
    > Certificación dada por Antonio González de Cisneros sobre un arrendamento que fixo a favor do señor Juan de Gayoso, do beneficio e da sin cura de Santa María de Beán.
    > Escritura de cesión outorgada por varios veciños do Páramo, como herdeiros do cóengo do Páramo, a favor de ares Díaz de Cedrón, dos bens, casas, hortas e beneficios incluídos en dita herdanza.
    > Xuramento feito por Juan Rodríguez sobre unhas rendas, pagamentos e libranza de Diego Pontiga.
    > Poder outorgado por Frei Martín de Sabredo para que María Díaz de Gayoso puidese cobrar 12 fanegas de pan polo Lugar de Cirio.
    > Foro outorgado polo prior de Bergondo a Pedro de Andrade e Juana Díaz, súa muller, dos décimos dunha igrexa en Bergondo.
    > Escritura de troco entre Bernal Pardo e a súa muller na que intercambian unhas viñas por outras, nos Lugares de Pisón e Mou.
    > Documento sobre unha provisión pola que Ares Díaz de Cedrón foi condenado por impago de débedas.
    > Petición e apelación de Gonzalo de Villar en nome de Ares Díaz de Cedrón e Gayoso sobre uns autos favorables a Alonso de Sabar, relativos a unhas débedas.
    > Apelación de Gonzalo de villar, en nome de Ares Díaz de Cedrón y Gayoso, pola falta de pago de Alonso de Vaamonde, na que pide que se lle pague o adeudado.
    > Carta de venda e posesión dunha casa e outras herdades dada por Alonso Gómez a favor de Juan Ares de Parga.
    > Carta de pagamento por valor de 400 ducados en concepto de limosna dada polo Hospital de Santiago a favor de Rodrigo Díaz de Gayoso.
    > Carta de venda outorgada por Pedro de Lamas a favor de Agustín de Lamas , da tasa de décimo e propiedades en San Pedro de Recelle (Portomarín), por 77 maravedís.
    > Copia compulsada da posesión do Lugar de Alvite, a favor do Capitán Juan de Gayoso, por 300 maravedís que lle debía Rodrigo de Matama.
    > Copia do testamento do Doutor Neira.
    > Sentenza arbitraria que deu Alonso López de Aguiar no preito entre Ares Pérez e Juan Pardo de Aguiar.
    > Obriga de pagamento feita entre Alonso Rodríguez de Castelo e o seu irmán Pedro, de 16 ducados.
    > Protesta de Rodrigo Díaz de Gayoso contra Constanza de Aro, sobre a repartición do viño no Coto de Guntín.
    > Relación de bens que hai na casa do señor Lope Díaz de Gayoso.
    > Memoria sobre o rendemento dun préstamo na parroquia de San Xoan do Campo.
    ->Copia do testamento de Isabel López de Carballido, nai de Aldonza de Puga. (Falta un anaco de folla ó final do documento).
    > Preito entre Rodrigo de Bugarín e a Orden de Camiña, en Portugal, sobre os dezmos de San Miguel de Tabagón (O Rosal). Son tres documentos ó respecto.
    > Anotacións e testemuñas sobre venda.
    > Reconto feito por Antonio Méndez de Luaces, como titor dos fillos de Lopo de Rois, de 25 fanegas de pan, e das herdades e rendas que lles pertencen.
    > Declaración sobre algúns lugares que o bispo de Lugo posúe en Chantada.
    > Anotacións tachadas.
    > Documento sobre o pagamento do viño.
    Data: 1526 , 1602.
    Ante: Varios.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición