ATOPO
Registros actuales: 1.638.792
Objetos digitales disponibles: 505.521

Fondos

Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36038.AXES.CON

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio

Área de contacto

Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio

  • Enderezo Enderezo (rúa) Pazo provincial Avenida de Montero Ríos, s/n Localidade Pontevedra Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36071

Área de descrición

  • Historia

  • Contexto xeográfico e cultural

  • Atribucións / fontes legais Desde o Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra concértanse, tramítanse e xestiónanse todos os contratos que subscribe a institución provincial con entidades públicas e privadas, necesarios tanto para a súa xestión interna coma para a prestación dunha asistencia xurídica e técnica ós municipios da provincia de Pontevedra, especialmente ós de menor capacidade económica. Por outra banda, desde este servizo tamén se leva a cabo a contratación relacionada cos proxectos integrais que teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia.

    Actualmente atopámonos ante o comezo dunha nova etapa na xestión administrativa, orientada a lograr a plena inserción dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos no ámbito da contratación pública, co fin de facer máis fluídas e transparentes as relacións entre os órganos de contratación e os operadores económicos.

    A Deputación, co proxecto eDepo, ten a clara determinación de afrontar ese reto, coa transición a un sistema de contratación plenamente electrónico nos próximos anos.

    Funcións en contratación

    > Asesoramento á Corporación provincial en materia de contratación administrativa.
    > Asistencia, cooperación xurídica e técnica ós municipios da provincia de Pontevedra en materia de contratación.
    > Xestión integral de proxectos orientados ó desenvolvemento económico e social da provincia.
    > Redacción e xestión de convenios de colaboración con entes, organismos e entidades para desenvolver actuacións no ámbito do desenvolvemento económico e social da provincia de Pontevedra.
    > Colaboración cos restantes servizos da Deputación para resolver os seus problemas de contratación e de xestión patrimonial e canalizar a formulación e a preparación das actuacións, de cara á súa adecuada execución.
    > Tramitación de expedientes e realización das actuacións complementarias que se precisen, relativas á contratación.
    > Coordinación e secretaría das mesas de contratación provinciais, cos seus actos accesorios e complementarios.
    > Actuación como oficina auxiliar da mesa de contratación.
    > Estudo, planificación e desenvolvemento de actuacións para o establecemento de metodoloxías que permitan unha xestión máis eficaz e eficiente dos contratos públicos, así como a interacción cos licitadores/provedores.

    Funcións en xestión patrimonial

    > Xestión do Inventario de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra, de acordo cos diferentes epígrafes establecidos no R. d. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais: Inmobles; Dereitos reais; Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico; Valores mobiliarios, créditos e dereitos; Vehículos; Semoventes; Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados; Bens e dereitos revertibles.
    > Tramitación de expedientes relacionados co patrimonio inmobiliario: adquisición, disposición, destino, utilización, alleamento, permuta de bens e cesión de bens a outras administracións públicas.
    > Tramitación de escrituras, actas de cesión e outros instrumentos públicos: preparación, comprobación e execución.
    > Tramitación de expedientes de cesión de terreos destinados a viario ou outros espazos públicos: preparación, comprobación, formalización e execución.
    > Tramitación de expedientes de inmatriculación, segregación, agrupación e declaración de obra nova de bens inmobles de titularidade provincial.
    > Tramitación e xestión de impostos relacionados co patrimonio (imposto de bens inmobles, imposto de vehículos de tracción mecánica, etc).
    > Tramitación e xestión de seguros relacionados co patrimonio (seguros de edificios, vehículos, obras de arte, etc).
    > Xestión da frota de vehículos e maquinaria da Deputación de Pontevedra.
    > Asesoramento á Corporación provincial e asistencia técnica a pequenos municipios en materia de xestión do patrimonio das entidades locais.

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos Produción da documentación nos Arquivos de Xestión no desenvolvemento das súas competencias e funcións. Custodia dos mesmos durante o primeiro período do ciclo vital dos documentos (0-5 anos).

  • Edificio(s) Servizo de Contratación e Patrimonio
    Pazo provincial
    Avenida de Montero Ríos, s/n
    36071 Pontevedra

  • Fondos Fondo do Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións

Área de acceso

  • Horarios de apertura

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso

  • Accesibilidade Restrinxido

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación Non

  • Servizos de reprodución Non

  • Espazos públicos