ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

Arquivo municipal de Cambados

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36006.AM.CAMB.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Cambados

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Cambados

Área de contacto

Arquivo municipal de Cambados

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Concello, nº 1 Localidade Cambados Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36630

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, e nel establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios. O patrimonio documental conservado polo Concello e froito da súa xestión consérvase na casa do concello, edificio en pedra, con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, de planta rectangular e perfectamente integrado no conxunto monumental da vila. O espacio do arquivo municipal localízase no baixo cuberta, con acceso desde a primeira planta dedicada a oficinas municipais. Conta cunhas axeitadas condicións de habitabilidade, con iluminación natural controlada e ventilación adecuada. Distribúense tres salas intercomunicadas e con acceso único, ocupando na actualidade cento trinta metros cadrados, que contan con estantes metálicos en diversas alturas dependendo da inclinación do teito. Os equipamentos complétanse con mesa de traballo e consulta e ficheiro metálico. A falta de espazos obrigou a habiliatar un novo local de arquivo complementario na rúa lateral do concello, no semisoto do edificio que acollía anteriormente dependencias xudiciais. Nesta edificación o locla de arquivo instalase no semisoto, nunha sala rectangular, equipada con estantería metálica. Procedeus a trasladar a esta dependencia as 1.093 primeiras unidades de instalación, posibilitando ao local da casa do concello para a recibir nova documentación. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1987, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado de local, nos anos 1992, 1998, 1999, 2000, 2004, 2006, 2008, 2009 , 2011, 2012, 2014 e 2015. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María Jesús Abal Sabarís Mónica Amigo Suárez Esther del Castillo Fondevila José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira María del Carmen Fariña Fernández María Jesús Fernández Bascuas Montserrat Fernández Vázquez Lara María Moldes González Rosa Mouriño Veloso Francisco Orge Ventín Silvia Patiño Bouzas Norma Paz Vigo Cristina Peleteiro Gallego José Ramón Pérez Calvelo Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Montserrat Romero Alonso María Torres Hermida Carmen Touzón Fernández María José Viñuela Fuentes María Díaz Rey Iria Chaves Moledo Alfonso Gómez Martín María Lede Pérez Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Alberto Aramburu García-Pintos Miguel ángel Rocafort Ferradás Antón Vázquez Escudero Rita María Fernández Domínguez María del Mar Lemiña Lemus Ángela López Prieto

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Caldas de Reis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ocupa unha superficie próxima ós setenta quilómetros cadrados cun total de sesenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Arcos da Condesa, que tamén é Entidade Local Menor, Bemil, Santa María de Caldas de Reis, San Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, nas que residen algo máis de nove mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Cambados -Praza do Concello,1. 36630 Cambados -Rúa Ourense nº 8

  • Fondos Arquivo municipal de Cambados

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental *Publicacións:-"“Inventario Archivo Municipal de Cambados” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.-Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 19 -“Inventario Archivo Municipal de Cambados” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 36 -“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.-Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 “Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.-Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 “Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.-Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos