ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

Arquivo municipal de Valga

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36056.AM.VAL.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Valga

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Valga

Área de contacto

Arquivo municipal de Valga

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida da Coruña, nº 14 Localidade Valga Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36645

María Josefa Rodríguez González

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida da Coruña, nº 14 Localidade Valga Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36645

María Jesús Souto Jamardo

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida da Coruña, nº 14 Localidade Valga Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36645

José Ramón Rial Becerra

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida da Coruña, nº 14 Localidade Valga Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36645

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xorden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisionomía actual. A casa do concello atópase a carón da estrada N-550; inaugurada a principios da década dos anos noventa do pasado século presenta unha planta irregular, en forma de “L”, en pedra e con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta; tamén conta cunha ampla superficie para albergar as dependencias, os servizos municipais e o xulgado de paz. No ano 1991 procedeuse a instalar nesta nova edificación o arquivo municipal, para o cal se reservou a superficie do baixo cuberta, á que se accede na actualidade por escaleira lateral ou ascensor. Conta este local cunha superficie útil superior ós cento sesenta metros cadrados e coas dotacións necesarias de equipamentos e mobiliario para a conservación, tratamento e consulta do fondo documental; ademais a súa estructura reforzouse e rebozouse para soportar o peso da documentación, o que mellorou as súas condicións de habitabilidade, iluminación e ventilación. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1986-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, incluída a mellora do local, nos anos 1991, 2002, 2005, 2008, 2010 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Manuel Cortés Couselo María Clara Chenlo Sanmarco Vicente García Romero María Luisa Justo Miras Mónica Núñez Carro Rosa Pérez Diz Irene Tapia Pena María Eugenia Valenzuela Senn Isabel Balchada Bermúdez Lara María Moldes González Francisco Orge Ventín Montserrat Romero Alonso María Torres Hermida Ángela Garra Oubiña María del Carmen Fariña Fernández Alberto Aramburu García-Pintos Alfonso Gómez Martín María Lede Pérez Olalla Barreiro Molano

  • Contexto xeográfico e cultural O territorio do Concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, configurado polo leito do río Ulla, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Dodro, Pontecesures, A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis e Catoira. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados, con cincuenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Valga e Xanza, nas que residen máis de seis mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Valga -Avenida da Coruña, 14. 36645 Valga

  • Fondos

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Valga” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 18 *“Inventario Archivo Municipal de Valga” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 45 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos