ATOPO
Registros actuales: 1.622.693
Objetos digitales disponibles: 504.735

Arquivo municipal de Arbo

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36001.AM.ARB.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Arbo

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Arbo

Área de contacto

Arquivo municipal de Arbo

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza Consistorio, nº 1 Localidade Arbo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36430

Patricia Hernández Estévez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Plaza Consistorio, nº 1 Localidade Arbo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36430

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias. A casa do concello éunha edificación de 1932, relativamente moderna, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo e planta á que se lle fixo unha recente reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura mediante o aproveitamento do baixo cuberta, espazo no que se situaron logo da ampliación dúas salas que acolleron arquivo municipal. Esta reforma conlevou o traslado do arquivo dende a planta baixa ata esta nova localización, garantindo unha superficie abondo para os fondos existentes daquela. O paso dos anos fixo insuficiente estas instalacións e decidíuse o traslado do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do Edificio pazos, á carón da oficina de Correos (R/Luis Cubelas, 1), Tal e como se aprecia no plano, o arquivo disponse nunha sala dotada de equipamentos para a súa finalidade. O proceso de organización inicial da documentación levouse a cabo en 1992, con posteriores reincorporacións documentais nos anos 1997, 1998, 2001, 2005, 2009, 2011 e 2013; sería en 1997 cando se fixo a reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación , así como a informatización dos instrumentos de descrición. Este conxunto de traballos de organización e descrición documental foron levados a cabo por: José Luis Castro Carpintero Esther Fernández Pérez Manuela González Rey María del Carmen Pereira Pazos María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana Prieto Bereijo Carmen Touzón Fernández María Teresa Túñez Landín María José Villanueva Viñas Mónica Núñez Carro Jacobo Domínguez Pedreira Alberto Aramburu García-Pintos Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián Paula Boullosa Rodríguez Diego González Gómez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Arbo enclávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. ?O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) *Arquivo municipal de Arbo -Praza Consistorial,1. 36430 Arbo -Edificio Pazos, á carón da oficina de Correos (R/Luis Cubelas, 1)

  • Fondos Arquivo municipal de Arbo

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental. Publicacións: * “Inventario arquivo do concello de Arbo”Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 19.-D.L. PO-617-01 ISBN 84-8457-087-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Paradanta" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Manuel Caldas Pérez

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos