Arquivo municipal de Agolada
Área de identificación
Identificador ES.GA.36020.AM.AGO.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Agolada
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Agolada
Área de contacto
Arquivo municipal de Agolada
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Concello, nº 1 Localidade Agolada Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36520
Nicolás Pérez Iglesias
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Concello, nº 1 Localidade Agolada Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36520
Área de descrición
Historia Nas primeiras divisións xudiciais, cando Galicia aínda era unha única provincia, foi adscrito ó partido xudicial de Melide e en 1822 ó de Lalín no que permanece dende esa data. As parroquias do concello na etapa previa ó seu establecemento constitucional adscribíanse ás xurisdiccións de Abeancos, Boente, Borraxeiros, Camanzo, Carmoega, Ventosa e o Couto de Sesto, todas elas na provincia de Santiago; e ás xurisdiccións de Toques e de Basadre na de Lugo. Ó amparo do R.D. do 23 de xullo de 1835 confórmase o novo concello, xunto cos outros do partido xudicial de Lalín, substituíndo ós que daquela viñan funcionando en Basadre, Ventosa e Borraxeiros. No ano 1836 constitúese definitivamente este concello quedando integrado polas parroquias de: Agra, Artoño, A Baíña, Basadre, Berredo, Borraxeiros, Brántega, Brocos, Carmoega, Eidián, Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlín, Órrea, Ramil, Santa Comba, San Paio de Bais, Sesto, O Sexo, As Trabancas, Val de Sangorza, Ventosa e Vilariño. Esta situación permanece sen alteracións significativas dende aquela. No ano 1989 a construcción da nova casa do concello conlevou a mellora substancial das instalacións do arquivo municipal, producíndose o traslado documental ó novo local habilitado para este fin. Esta casa do concello é unha edificación independente, con baixo e dúas plantas, situada na praza da vila; de nova construcción, presenta unha perfecta integración no seu contorno, tanto polos materiais empregados como pola apertura do edificio ó exterior, conseguida coa abundancia de ventás e o uso de balconadas corridas na súa fachada. Concíbese como centro para instalar tódolos servizos municipais, contando para iso co espacio necesario, tanto no baixo coma nas dúas plantas do edificio. Na planta baixa dispúxose a instalación do arquivo municipal, reservando unha sala rectangular; conta ademais cunha ventá á rúa lateral, o que garante condicións de ventilación e iluminación necesarias, regulables e controlables. Foi dotado o arquivo das instalacións requiridas para permiti-lo manexo e a consulta dos documentos, contando cunha mesa de traballo e ficheiros, e para a súa conservación coa instalación da estantería metálica tradicional, disposta bordeando a sala, pegada ás paredes naqueles espacios que o permitían, e na parte central, sempre na procura do maior aproveitamento posible. En 1989 organizouse de forma integral a totalidade dos fondos conservados e elaboráronse os instrumentos descritivos requiridos para o seu manexo e tratamento. Con posterioridade desenvolvéronse actuacións de actualización e reincorporación documental nos anos 1999, 2003, 2007, 2010, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Castro Carpintero, José Luis Fernández Garza, Julia Louro Tubío, María José Pájaro Porral, Inés Pérez-Santamarina Feijóo, Lourdes Varela Ledo, José Luis María Torres Hermida María del Carmen Fariña Fernández Angela Garra Oubiña Alberto Aramburu García-Pintos Alfonso Gómez Martín María Lede Pérez José Gago García-Brabo Jorge García García Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez Pablo Pastoriza Rozas
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Agolada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, nunha zona central de Galicia e dentro da comarca natural do Deza; está formado por 25 parroquias e 131 entidades de poboación. O seu actual territorio pertencía na súa maior parte no antigo réxime á provincia de Santiago, agás catro parroquias que se integraban na de Lugo.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Agolada. Casa do concello -Praza Consistorial, 1. 36520 Agolada
Fondos Arquivo do concello de Agolada
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo do concello de Agolada””Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 8.- D.L. PO-22-98 ISBN: 84-89690-28-6 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Deza" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263 ”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.-Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429.
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos