Fondos
Arquivo municipal de Poio
Área de identificación
Identificador ES.GA.36041.AM.POI.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Poio
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Poio
Área de contacto
Arquivo municipal de Poio
Enderezo Enderezo (rúa) Convento s/n Localidade Poio Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36995
Macarena Ferreiro Soto
Enderezo Enderezo (rúa) Convento s/n Localidade Poio Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36995
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio. A casa do concello atópase a carón do propio mosteiro de Poio, sendo unha edificación exenta, en pedra, distribuída en semisoto, baixo e planta, cunha preeminencia da horizontalidade na súa concepción constructiva e caracterizada pola enorme profusión de vans da súa fachada. O local do arquivo situouse inicialmente na planta baixa, con acceso dende o vestíbulo; será a súa insuficiencia espacial o que motive o seu traslado a unha parte do semisoto da propia casa do Concello, con acceso dende o exterior, e posteriormentelogo da súa rehabilitación e adaptación ampliar esta zona á práctica totalidade do mesmo. Neste novo local procedeuse á instalación dos equipamentos necesarios para a función de almacenamento, tratamento e consulta documental contando na actualidade cunhas idóneas condicións de habitabilidade, así como cos equipamentos axeitados, estantes metálicos compactados, aparato deshumidificador, ordenador, mesa de consulta e ficheiro. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e reforma do local nos anos 1989, 1993, 2001, 2002, 2004, 2005, 2007, 2009 e 2010. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC e polo propio persoal municipal dedicado a esta función, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Concepción Castro Esperón María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey María Leal González César M. López Marras Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Begoña Pérez Losada Carmen Touzón Fernández María José Pérez Rodríguez Macarena Ferreiro Soto
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Poio -Convento s/n. 36995 Poio
Fondos Arquivo municipal de Poio
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * “Inventario archivo municipal del Ayuntamiento de Poio”.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 7.- D.l.-PO-8-90 ISBN: 84-86845-37-8 “Inventario arquivo do concello de Poio”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 42 .- D.L. PO-274-02 ISBN: 84-8457-111-4 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos