ATOPO
Registros actuales: 1.617.386
Objetos digitales disponibles: 504.649

Arquivo xulgado de paz de Vila de Cruces

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36059.AXP.VILCRU.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Vila de Cruces

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Vila de Cruces

Área de contacto

Arquivo xulgado de paz de Vila de Cruces

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza Juan Carlos I Localidade Vila de Cruces Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36590

Área de descrición

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Carbia, con cambio de denominación en 1944 pola de Vila de Cruces, no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Lalín, no que se mantén. Ten un funcionamento continuado até a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, ficando con categoría de xulgado comarcal desde o ano 1945 até o 1953. O arquivo do xulgado loalízase na planta baixa da casa do concello dunha superficie de 90 m2 . Nela dispón dun estante para o depósito dos fondos documentais, cun total de 28 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Mario Gómez Penide e Manuel Pena Pájaro.

  • Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontecedra. Concello de Vila de Cruces

  • Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funcións xurisdicionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados por : Lei Orgánica do Poder Xudicial arts. 99 a 103. Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz regulamento 3/1995 de 7 de xuño. Lei de Enjuiciamiento Civil art. 47 e art. 250. Lei de Enjuiciamiento Criminal art. 14 Orde de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Casa do concello Praza Juan Carlos I 36590 Vila de Cruces

  • Fondos Xulgado de Paz de Vila de Cruces

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo II" N-V / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.

  • Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos