ATOPO
Registros actuales: 1.625.404
Objetos digitales disponibles: 504.762

Forma de goberno

  • Comunicación do Goberno Militar de Pontevedra en relación a estacionamentos na zona de seguridade da rúa Pastor Díaz

    16345/9

    1986 (Produción)

    Expediente número: 8872/1986 Solicitude do Ministerio de Defensa. Capitanía Xeral da 8ª Rexión Militar. Goberno Militar de Pontevedra. Estado Maior

    Concello de Pontevedra

  • Acordos da Comisión de Goberno (1988)

    2.047/1

    Acordos da Comisión de Goberno.

  • PROGRAMA "CAE DE CAIXÓN"

    1

    O programa "Cae de caixón" é unha campaña de captación e recompilación de arquivos privados (imaxes, cartas e outros documentos) sobre memoria histórica para incorporalos ao Arquivo da Deputación. A súa finalidade é que o material que poida ter interese para a poboación pola súa relación co golpe de Estado do 36, co tempo inmediatamente anterior ou coa ditadura, saia do ámbito privado para achegar a memoria á sociedade en xeral e á xente investigadora en particular.

    Deputación de Pontevedra

  • COLECCIÓN DOCUMENTAL REBOIRAS

    2

    A colección documental Reboiras agrupa documentación do nacionalismo galego dende a fundación da UPG no ano 1964 ata o inicio da década dos oitenta, que foi recompilada por Manuel Reboiras no tempo da súa militancia e como corresponsable Nacional Técnico do Partido. (Datas extremas 1964-1983). Contén exemplares da revista “Terra e Tempo”, da Asamblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e das múltiples organizacións de masas do nacionalismo popular: voceiros sindicais, labregos, do ensino ou voceiros de barrios.

    Xosé Ramón Reboiras Noia

  • Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido

    4

    Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido, veciño de Forcarei, foi destinado a batallóns de traballos forzados en 1940 seguramente por non responder ao chamamento a filas por atoparse traballando en Lisboa. Esta sección contén copia dos documentos que forman parte do seu expediente e unha pequena libreta con anotacións manuscritas sobre a súa estadía nos distintos batallóns dos que formou parte, así como 3 fotografías.

    Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido

  • Expediente de queixa de Pedro Gallón contra o abade de San Pedro de Cea polas expresións proferidas contra o goberno da súa maxestade (1865)

    1.043/7

    Administración Municipal. > Queixa de Pedro Gallón (celador da parroquia de san Pedro de Cornazo), cara o abade de San Pedro de Cea, polas expresións proferidas por este, contra o goberno da súa maxestade.