ATOPO
Registros actuales: 1.625.404
Objetos digitales disponibles: 504.762

Merca, A

  • Rateo do foral de Vilaboa, na xurisdición de Vilar de Paio Muñiz con referencia a unha Real Provisión anterior (1798)

    168/2

    Morgado de Paio Muñiz > Rateo do foral de Vilaboa, na xurisdicción de Vilar de Paio Muñiz con referencia a unha Real Provisión, do 7 do 10 de 1783. A renda correspondente a casa e torre de Vilaboa é de 161 ferrados e medio de centeo, 57 ferrados e medio de trigo e 162 reais e medio en diñeiro. Data: 1798, 08, 15 Ante: Juan de Balvis e Vázquez. Sta María da Merca. Concello: Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Venda que Bartolomé Salgado e a súa muller fixeron ao capitán Simaon Fernández da cortiña que se denomina de Candedo xunto ao lugar de Vilachá

    168/9

    Morgado de Paio Muñiz > Venda, que Bartolomé Salgado e a súa muller, fixeron a favor do capitán Simón Fernández, da cortiña que se denomina de Candedo xunto ó lugar de Vilachá. Data: 1687, 10, 20. Ante: Alejandro Feijoo Trarigo. Santa María da Merca. Concello da Merca. Provincia de Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Arrendamento outorgado por Feliciano Fernández a favor de Tomé da Igrexa duns terreos próximos á casa principal da Merca (1698)

    169/21

    Morgado de Paio Muñiz > Arrendamento outorgado por Feliciano Fernández (como administrador dos bens de Melchor Mosquera), a favor de Tomé da Igrexa, duns terreos próximos á casa principal da Merca, propiedade de dito Melchor. Data: 1698, 09, 15. Ante: Antonio Suárez. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Casa Principal y vienes unidos a ella"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Preito entre Francisco Garrido e Sebastián Garrido movido ante a xustiza ordinaria da xurisdición do Coto de Vilar de Paio Muñiz pola venda dun boi

    166/1

    Morgado de Paio Muñiz > Preito entre Francisco Garrido e Sebastián Garrido; movido ante a xustiza ordinaria da xurisdicción do Coto de Vilar de Paio Muñiz; no cal Francisco lle reclama a Sebastián que lle pague a parte que lle debe da venda dun boi. Sebastián é condenado a pagar a débeda, ademais das costas do xuízo. Data: 1603, 01, 22 . 1603, 11, 22. Ante: Bartolomé del Río. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. privilegio de la Jurisdición de Payo-Muñiz"] [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación].

  • Real Provisión a Benita de Castro por petición da Marquesa de San Saturniño para que se lle devolvan as rendas e bens que administra (1716)

    166/2

    Morgado de Paio Muñiz > Real Provisión a Benita de Castro, por petición da Marquesa de San Saturniño (como curadora de Antonio Micael Mosquera); para que se lle devolvan as rendas e bens que administra e que fincaran do párroco de San Breixo de Queirogáns, por pertencer estes ao señorío de Paio Muñiz. Data: 1716, 09, 09 Ante: Juan García de Seijas Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol1: "Payo Muñiz. Reales Provisiones, Despachos y autos contra deudores"] [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Como consecuencia dun Auto recoñécese a obriga de Bartolomé Conde ao pagamento dunha renda e censo á casa de Paio Muñiz, polo lugar de Vilaboa

    168/1

    Morgado de Paio Muñiz. > Como consecuencia dun Auto proveído en Marzo de 1716, recoñécese a obriga de Bartolomé Conde, ó pagamento por 3 ferrados e un dezmo cada ano, e tamén a obriga de pagar, por parte de Antonio Nuñez de Prada, cura da freguesía de Sta María, 9 reais en diñeiro, en concepto da renda e censo, que se paga á casa de Paio Muñiz, polo lugar de Vilaboa que chaman dos Rodrigos e netos. Data: 1716, 11, 1. Ante: Pedro López de Roo. Antonio Nuñez de Prada e Pardo. Sta María da Merca. Concello: Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Autos executivos sobre o censo que vendeu Tomé Alvarez do lugar de Matusiños ao señor Melchor Mosquera (1684-1706)

    168/15

    Morgado de Paio Muñiz > Autos executivos sobre o censo que vendeu Tomé Alvarez do lugar de Matusiños ó señor Melchor Mosquera, de renda en cada un ano de 5 tegas en fanega e 6 quartos en tega. O pedimento da execución de ditos autos foi promovida por Nicolás Gómez Suárez, apoderado do señor Antonio Micael Mosquera. Data: 1684, 11, 11. 1706. Ante: Diego Gómez. Antonio Feijoo e Ordoñez. Lugar de Matusiños. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Preito desputado entre Bartolomé do Canal e Pablo do Outomuro pola venda da Cortiña da Chabella no foral de Contanza do Campo (1707)

    167/46

    Morgado de Paio Muñiz e Aranda > Preito desputado entre Bartolomé do Canal e Pablo do Outomuro debido a que Bartolomé lle vendeu a súa parte da Cortiña da Chabella no foral de Contanza do Campo pola que pagaba certa renda o señor de Paio Muñiz, e Pablo non pagou a dita renda en 5 anos; polo que dita débeda foi executada contra él. Bartolomé reclama que Pablo se faga cargo de dita débeda. A sentenza ditamina que esta reclamación non ten fundamento. Data: 1707,09, 30. 1708, 11, 02. Ante: Antonio Enríquez. Lugar de Vilachá. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol de "Villar de Payo Muñiz, Lugar de Vilachá vienes de Constanza do Campo"] [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Rateo para o cobro de rendas pertencentes o foral de Constanza do Campo

    167/47

    Morgado de Paio Muñiz e Aranda > Prorrateo para o cobro de rendas pertencentes o foral de Constanza do Campo. Data: S/D Ante: Freguesía: Santiago de Esperante. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol de "Parroquia de Santiago de Esperante"] [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Auto xudicial contra Benito Calviño, Nicolás Garrido e Antonio Conde pola tala ilegal e roubo de leña nunha devesa que pertence a Casa de Paio Muñiz

    169/23

    Morgado de Paio Muñiz > Auto xudicial contra Benito Calviño, Nicolás Garrido e Antonio Conde, pola tala ilegal e roubo de leña nunha devesa que pertence a Casa de Paio Muñiz, xunto coas débedas que tiñan por impago dunhas rendas. Data: 1748, 01, 19. Ante: Joseph Pérez de Noboa. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Casa Principal y vienes unidos a ella"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Autos expedidos a raíz da denuncia feita por Antonio Guerra contra Antonio Nuñez por intrusismo no dereito a construír na ermida do Santo Espíritu

    169/31

    Morgado de Paio Muñiz > Autos expedidos a raíz da denuncia feita por Antonio Guerra de Andrade (en nome de Joseph Antonio Mosquera); contra Antonio Nuñez de Prado (abade de Santa María de Paio Muñiz); por un delito de intrusismo no dereito a construír na ermida do Santo Espíritu (inclúe pedimentos de información do dito preito e varias notas). Data: 1730, 02, 23 Ante: Pillado / López Varela Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Lugar de la Merca, Asientos de la Feria"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Declaración acerca do dereito que ten Luis Mosquera sobre os asentos sitos na Feira da Merca (1813)

    169/34

    Morgado de Paio Muñiz > Declaración acerca do dereito que ten Luis Mosquera (Marqués de Aranda e Guimarei), sobre os asentos sitos na Feira da Merca. Data: 1813, 03, 26 Ante: Felipe Vello Araújo 7 Josep Rofdríguez Suárez / Sampaio Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Lugar de la Merca, Asientos de la Feria"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Documentos referidos ós xuros e alcabalas en Santa María da Merca (1675-1676)

    174/47

    Morgado de Guimarei , Paio Muñiz > Copias compulsadas de documentos referidos ós xuros e alcabalas en Santa María da Merca: > Nomeamento mediante Real Cédula da Raíña a favor de Melchor Mosquera como xuíz das alcabalas da Merca. > Preito de Esteban Oriz, administrador de ditas alcabalas da Merca debido a un conflicto producido en 1675 sobre o dereito de administración das mesmas, polo cal foi detido. Data: 1675, 1676. Ante: Pedro de Monte. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documentos de xuros pertencentes ós Morgados de Guimarei, Bentraces, Paio Muñiz e Aranda]

  • Rateo do lugar do foral de Francisco da Vilachá polo que se deben pagar de renda anualmente dez ferrados e medio de centeo e outros tantos de trigo

    168/8

    Morgado de Paio Muñiz. > Rateo do lugar do foral de Francisco da Vilachá, polo que se deben pagar de renda anualmente dez ferrados e medio de centeo e dez ferrados e medio de trigo. Data: S/D. Ante: - Santa María de Vilar de Paio Muñiz. Concello: Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Obrigas e rendas que debían pagar varios caseiros levadores e posuidores de bens propios de Pedro Mosquera Pimentel (1603)

    168/18

    Morgado de Paio Muñiz > Obrigas e rendas que debían pagar varios caseiros levadores e posuidores de bens propios de Pedro Mosquera Pimentel. Rendas que lle debían de atraso e máis o que lle pertencía por vasalaxe. Data: 1603, 11. Ante: Francisco da Seara. Lugar: Vilaboa. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Peticiaon de Antonio de Barros a Xulián de Robiou para que Joseph Pérez de Noboa e máis veciños, foran obrigados a pagar ao marqués de Aranda rendas

    168/22

    Morgado de Paio Muñiz > Petición de Antonio de Barros, en nome de Antonio de Casas, procurador da xurisdicción de Paio Muñiz, a Don Xulián de Robiou, marqués de Piedrabuena, para que Joseph Pérez de Noboa, escribán e máis veciños, foran obrigados a pagar ó marqués de Aranda rendas, según os dereitos de Lanzós e outras regalías. > A continuación aparece o auto, mandando copia del ao escribán para que faga o requerido. Data: 1765, 01, 21. Ante: Joseph Carrera. Santa María da Merca. Concello : A Merca. Provincia : Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Certificación feita por Josef Antonio Vázquez a pedimento do Deán e Cabildo de Ourense para obter información das rendas que posúe no Coto de Vilar

    169/26

    Morgado de Paio Muñiz > Certificación feita por Josef Antonio Vázquez, dunha Real Provisión de prorrateos; a pedimento do Deán e Cabildo da cidade de Ourense; para obter información sobre as rendas que posúe no Coto de Vilar de Paio Muñiz. Data: 1788, 05, 20 Ante: Juan Benito Cid / Josef Antonio Vázquez Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: Villar de Payo Muñiz. Foral de Juan Conde, Lugar de Suameige]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación].

  • Foro outorgado por Pedro Teixeiro a favor de Antonio Rodríguez e Benito Calviño da Touza e Devesa das Gándaras (1716)

    168/7

    Morgado de Paio Muñiz. > Foro, outorgado por Pedro Teixeiro, en virtude do Poder da señora marquesa de San Saturnino, como administradora da persoa e bens de Don Antonio Micael Mosquera, a favor de Antonio Rodríguez e Benito Calviño, da Touza e Devesa das Gándaras. (Inclúe unha nota que fai referencia aun testemuño dado por Felipe Jacobo Sánchez Vaamonde receptor da Real Audiencia, acerca dun rateo de varios lugares e forales do dominio do marqués de Aranda e Guimarei, entre eles o foral da Touza e devesa das Gándaras, 1768) Data: 1716, 09, 21 Ante: Andrés de la Fuente Corral. Santa María de Vilar de Paio Muñiz. Concello: Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Real Provisión contra debedores a petición de Luis Mosquera (1774)

    166/4

    Morgado de Paio Muñiz > Real Provisión contra debedores a petición de Luis Mosquera. Data: 1774, 06, 21 Ante: Domingo Benito de Araújo e Feijóo. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Payo Muñiz. Reales Provisiones, Despachos y autos contra deudores"] Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.

  • Preito promovido por Nicolás Gómez contra os levadores dos bens hipotecados no censo que Domingo da Rivera e a súa muller venderon

    167/39

    Morgado de Paio Muñiz > Copia feita por Lope Ordóñez do preito promovido por Nicolás Gómez Suárez mordomo e apoderado de Antonio Micael Mosquera contra os levadores dos bens e terras hipotecados no censo que Domingo da Rivera e a súa muller venderon a Antonio Mosquera Villar e Pimentel en 1645 por renda de 10 ducados o ano por capital principal de 200 ducados. Se denuncia o impago das rendas dos últimos 9 anos por valor de 90 ducados, e reclama o cobro por vía executiva coa identificación dos bens afectados así como dos seus levadores e posuidores. Tras esta identificación e presentación das testemuñas así como a participación de outras xustizas ordinarias e da Real Audiencia de Galicia preito remata coa senteza do xuiz ordinario da xurisdicción de Paio Muñiz dando a razón a Nicolás e obrigando os levadores a pagar as débedas. Datas: 1706, 10, 19 . 1771, 03, 26. Ante: Joseph Feijoo Freguesía: Santa María de Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol de "Villar de Paio Muñiz, Censos"] [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Autos expedidos a raíz do conflito polo pagamento dos asentos da Feira da Merca por uns eclesiásticos cando se dirixían á feira para vender produtos

    169/32

    Morgado de Paio Muñiz > Autos expedidos a raíz do conflito polo pagamento dos asentos da Feira da Merca, por parte dunha serie de eclesiásticos cando se dirixían á feira para vender toda unha serie de productos. Data: 1731, 04, 18 Ante: Lorenzo de Taranco / Miguel Pérez de Novoa Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Lugar de la Merca, Asientos de la Feria"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Arrendamento outorgado por Feliciano Fernández a favor de Marcos Fernández e Luisa de Azpilcueta dos froitos da colleita na zona de Allariz e comarca

    169/22

    Morgado de Paio Muñiz > Arrendamento outorgado por Feliciano Fernández (como administrador dos bens de Melchor Mosquera), a favor de Marcos Fernández e Luisa de Azpilcueta (a súa muller), dos froitos da colleita na zona de Allariz e comarca; por un espazo de 6 anos. Data: 1698, 09, 25. Ante: Agustín de Abal. > Carta de poder outorgada por Antonio Micael Mosquera a favor de Benito da Igrexa, para que este poida facer arrendamentos no seu nome. Data: 1702, 08, 25 Ante: Pedro Fernández Cid Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense Freguesía: San Miguel de Soutopenedo. Concello: San Cibrao das Viñas. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Casa Principal y vienes unidos a ella"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Escritura de cesión de bens, vínculo e morgado outorgada por Pedro Mosquera a favor do seu fillo cedéndolle a herdanza de Magdalena de Varcarcel

    2/37

    Morgado de Paio Muñiz. > Copia simple da escritura de cesión de bens, vínculo e morgado outorgada por Pedro Mosquera Pimentel, señor da casa e terra de Vilar, a favor do seu fillo D. Antonio Mosquera [Villar y Pimentel], polo que lle cede toda a herdanza de Dna. Magdalena de Varcarcel. Data: 1618, 10, 19. Ante: Fernán de Seara. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [ Carpeta sin nome/nº]

  • Libro cobrador de Paio Muñiz, desglosado por orde de arrendatarios de cada freguesía, e co que pagan por cada lugar

    164/9

    Morgado de Paio Muñiz > Libro cobrador de Paio Muñiz, desglosado por orde de arrendatarios de cada freguesía, e co que pagan por cada lugar. Inclúe contas da venda de viñas divididas por lugares. Ademais inclúe unha referencia de como o Marqués de Aranda conseguiu este vínculo (contra a Marquesa de San Saturniño) e de como o procurador de Santa María da Merca trata de facerse con estas propiedades. Data: S/D Ante: - Freguesia: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da familia Mosquera dende a súa fundación.]

  • Reparto dos forais de A Merca e rendas que se pagan nos forais pertencentes ao morgado de Paio Muñiz

    164/12

    Morgado de Paio Muñiz > Reparto dos forais de A Merca e rendas que se pagan nos forais pertencentes ao morgado de Paio Muñiz. Data: S/D Ante: - Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: Villar de Payo Muñiz. Lugar da Merca, Foral de los Lourenzos do Rigueiro y Ocampo y el de las Viñas]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da familia Mosquera dende a súa fundación.]

  • Foro outorgado por Antonio Micael Mosquera a favor de Lázaro Rodríguez da cortiña da Piñeira (1702)

    169/24

    Morgado de Paio Muñiz > Foro outorgado por Antonio Micael Mosquera a favor de Lázaro Rodríguez (abade de Santa María da Merca); da cortiña da Piñeira. Data: 1702, 08, 28 Ante: Juan Ambrosio Montenegro Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense [Cartafol 1: Villar de Payo Muñiz. Cortiña de Piñeira y Foral de la Touza y Lameirós de Piñeira]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Arrendamento outorgado por Luisa de Meira, a favor de Domingo Fernández, do lugar e casal de Nogueiroa sito en Santa Baia de Parderrubias

    168/3

    Morgado de Paio Muñiz > Arrendamento outorgado por dona Luisa de Meira, a favor de Domingo Fernández, do lugar e casal de Nogueiroa sito en Santa Baia de Parderrubias. Data: 1579. Ante: Benito. Gregorio de Noboa. Sta Baia de Parderrubias. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Permuta entre Feliciano Fernández e máis Juan de Grede pola cal Feliciano da a Benito unha casa a cambio da herdade da Lavandeira (1700)

    167/24

    Morgado de Paio Muñiz > Copia compulsada dunha escritura de permuta entre Feliciano Fernández abade e cura dos beneficios curatos de San Xiao de Guimarei e San Andrés de Somoza e apoderado de Melchor Mosquera, e máis Juan de Grede pola cal Feliciano da a Benito unha casa e todos os seus dereitos sobre ela a cambio da herdade da Lavandeira Data: 1700, 03, 16. Ante: Bernardo Varela Tánxil. Freguesía de Santa Olaia e Parderrubias. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol de "Parderrubias heredad de la Lavandeyra" dentro do cartafol "Santiago de Parderrubias Jurisdicción de Sobrado"] [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Pedimento por parte de Pedro Teixeiro Andrade e Montenegro en nome da Marquesa de San Saturniño para que Andrés da Fonte faga un apeo

    166/6

    Morgado de Paio Muñiz, Guimarei , Aranda > Pedimento por parte de Pedro Teixeiro Andrade e Montenegro (abade de San Breixo de Queirogáns), en nome da Marquesa de San Saturniño (curadora de Antonio Micael Mosquera), para que Andrés da Fonte faga un apeo. Inclúese a certificación de pagamento que lle corresponde a este procurador polo apeo que fixo en 191 días. Data: 1716, 11, 16. Ante: Andrés de la Fuente y Carral Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Payo Muñiz. Apeos de vienes y prorrateos de rentas"] [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.

  • Preito entre o Marqués de Aranda e os veciños de Paio Muñiz (1768-1769)

    165/1

    Morgado de Paio Muñiz > Preito entre o Marqués de Aranda (Luis Mosquera) e os veciños de Paio Muñiz. En 1768 varios veciños de Paio Muñiz, coordinados polos procuradores, procederon ao asalto da casa e torre onde durmía o Mordomo do Marqués e a súa familia, roubando posesións e documentos. Estes son identificados e acusados no preito. A modo de perdón e de indulto, o Marqués propón realizar un prorrateo das rendas de Paio Muñiz, grazas ao cal obtén máis propiedades e aumenta o prezo a pagar polos arrendos e realiza novos censos. > Prorrateo realizado por Luis Mosquera, con alegatos e resolucións ao mesmo. > Notas e referencias. Data: 1768, 1769 Ante: Felipe Jacobo Sánchez Vaamonde / Joseph Méndez Precedo. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación].

  • Petición que fixo Antonio Micael Mosquera na que reivindica os seus dereitos sobre o lugar de Merouzo Pequeno (1798)

    167/44

    Morgado de Paio Muñiz > Petición que fixo Antonio Micael Mosquera, señor de Paio Muñiz, na que reivindica os seus dereitos sobre o lugar de Merouzo Pequeno e lle pide a Don Nicolás Gómez Suárez xuíz, ordinario de dita xurisdicción, que obrigue os posuidores do dito lugar que fagan rateo e lle paguen as rendas correspondentes; para isto se manda que se nomeén dúas persoas de confianza entre os posuidores: Antonio Golínz e Bartolomé Conde. Data: 1708, 03, 28. 04, 16. Ante: Antonio Enríquez Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol de "Villar de Payo Muñiz, Lugar de Mourozo pequeno"] [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Declaración de Miguel Arcay sobre os asentos na feira da Merca (1812)

    169/33

    Morgado de Paio Muñiz > Declaración de Miguel Arcay (en nome de Luis Mosquera, Marqués de Aranda), sobre os asentos na feira da Merca. Data: 1812, 05, 09 Ante: Boado e Salazar Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Lugar de la Merca, Asientos de la Feria"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Relación e conta feita por Josep Méndez como apoderado do Marqués de Aranda dos gastos que houbo durante a súa residencia en Paio Muñiz

    168/23

    Morgado de Paio Muñiz > Relación e conta particular, feita por Josep Méndez como apoderado do señor Marqués de Aranda, dos gastos que houbo durante a súa residencia en Paio Muñiz. Data: 1768, 06. Ante: - Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Foro que Pedro Teixeiro en virtude do poder que lle conferiu a marquesa de San Saturnino fixo a Gerónimo de Nanin da cortiña de Porto Soutelo

    168/17

    Morgado de Paio Muñiz > Foro que Don Pedro Teixeiro, en virtude do poder que lle conferiu a marquesa de San Saturnino, nai e curadora de Antonio Micael Mosquera, fixo a favor de Gerónimo de Nanin da cortiña de Porto Soutelo. Data: 1716, 08, 31. Ante: Andrés de la Fuente Corral. Lugar: Vilaboa. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Os levadores do foral de Merouzo Pequeno describen as rendas que se deben pagar por dito lugar e nomean a tres cabezaleiros para o pagamento

    167/45

    Morgado de Paio Muñiz e Aranda > Os levadores do foral de Merouzo Pequeno describen as rendas que se deben pagar por dito lugar e nomean a tres cabezaleiros para realizar o seu pagamento ó Marqués de Aranda. Noméase a Gregorio Moura para que cobre o trigo, a Antonio Conde para o centeo e a Leandro Barrajo para o diñeiro en efectivo. Data: 1776, 09. 20. Ante: Juan Tredis de la Rúa Freguesía de Santa María da Merca. Concello de A Merca. Provincia de Ourense. [Cartafol de "Villar de Payo Muñiz, Lugar de Mourozo pequeno"] [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Venda de censo que fixo Dominga de la Iglesia a favor de Juan de Grede e Domingo Cid da herdade de Lavandeira (1670-1699)

    167/23

    Morgado de Paio Muñiz > Venda de Censo que fixo Dominga de la Iglesia (viúva de Rosendo Garrido) a favor de Juan de Grede e Domingo Cid; da herdade de Lavandeira por prezo e 36 ducados de vellón. > Autos de posesión de dita venda. > Escritura pola que Benito de Grede (herdeiro de Juan de Grede) paga a renda a Domingo Garrido (fillo de Dominga Iglesia) Simón Garrido Francisco Castro; que a súa vez lle paga o posuidor do dominio directo Simón Pérez (Mordomo de Melchor Mosquera do pazo de Paio Muñiz.) Data: 1670, 04, 26; 1699, 03, 8. Ante: Domingo Fidalgo de Noboa, Manuel Salgado. Freguesía de Santa Olaia e Parderrubias. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol de "Parderrubias heredad de la Lavandeyra" dentro do cartafol "Santiago de Parderrubias Jurisdicción de Sobrado"] [Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a sua fundación.]

  • Real Provisión e autos a petición de José Mosquera coas dilixencias sobre debedores das rendas na xurisdición da Merca, coto de Vilar de Paio Muñiz

    166/3

    Morgado de Paio Muñiz > Real Provisión e autos a petición de José Mosquera, Señor da Torre de Vilar de Paio Muñiz, coas dilixencias sobre debedores das rendas na xurisdicción da Merca, coto de Vilar de Paio Muñiz; que recaen sobre unha serie de casas e propiedades. > Aparece unha anotación a esta Provisión na parte de atrás dun documento no cal se anuncia o Acto de Licenciatura dunha serie de bachareles de Dereito Civil e Canónico o 28/06/1863, cuxo padriño será Jacobo Gil Araujo. Data: 1725. Ante: Juan García Villamarín. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense [Cartafol 1: "Payo Muñiz. Reales Provisiones, Despachos y autos contra deudores"] [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Real Provisión xunto co memorial de débedores, feita a pedimento de Francisca Paula Moscoso xunto co seu apoderado, Juan Tredis de la Rúa (1785)

    166/5

    Morgado de Paio Muñiz, Guimarei, Aranda > Real Provisión, xunto co memorial de débedores, feita a pedimento de Francisca Paula Moscoso (Marquesa de Aranda e Guimarei); xunto co seu apoderado, Juan Tredis de la Rúa. Data: 1785, 04, 06 Ante: Francisco de Cardeña Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Payo Muñiz. Reales Provisiones, Despachos y autos contra deudores"] [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Información feita a petición de Antonio Micael Mosquera sobre os dereitos que existían sobre o pagamento de asentos da feira da Merca (1704)

    169/29

    Morgado de Paio Muñiz > Información feita a petición de Antonio Micael Mosquera, sobre os dereitos que existían sobre o pagamento de asentos da feira da Merca; xustificando que o seu pai; Melchor Mosquera, aforara a percepción da renda de ditos asentos, xunta con outras na mesma Feira da Merca. Data: 1704, 07, 17. Ante: Antonio Enríquez. Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Lugar de la Merca, Asientos de la Feria"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Escritura de arrendamento dos asentos da Feira da Merca que Josef Antonio Mosquera fixo a favor de Antonio Conde (1723)

    169/30

    Morgado de Paio Muñiz > Copia simple da escritura de arrendamento dos asentos da Feira da Merca; que Josepf Antonio Mosquera, fixo a favor de Antonio Conde; por un tempo de 6 anos e renda anual de 29 ducados de vellón. Data: 1723, 09, 26 Ante: P. Francisco Ferro Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Villar de Payo Muñiz. Lugar de la Merca, Asientos de la Feria"]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Contrata ou obriga feita por Pedro Mosquera, Gregorio e Martín Prado sobre a construción dun cuarto dunha casa sita no lugar de Nogueira (1613)

    168/4

    Morgado de Paio Muñiz. > Copia dunha contrata ou obriga feita por Pedro Mosquera Pimentel, Gregorio e Martín Prado sobre a construción dun cuarto dunha casa, sita no lugar de Nogueira. Data: 1613, 05, 12 Ante: Juan Garrido. Santa Baia de Parderrubias. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]

  • Correspondencia entre o Deán e Cabildo de Ourense e Juan Tredis de la Rúa na que se fala dos rateos levados a cabo no lugar de Suameixe (1788)

    169/25

    Morgado de Paio Muñiz > Correspondencia entre o Deán e Cabildo de Ourense e Juan Tredis de la Rúa (apoderado do Marqués de Aranda e Guimarei), na que se fala dos rateos levados a cabo en 1769 no lugar de Suameixe (xurisdicción de Paio Muñiz). Data: 1788, 05, 11. Ante: - Freguesía: Santa María da Merca. Concello: A Merca. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: Villar de Payo Muñiz. Foral de Juan Conde, Lugar de Suameige]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]