ATOPO
Registros actuales: 1.647.397
Objetos digitales disponibles: 505.950

San Cibrao das Viñas

  • Título apostólico feito a San Pedro de Vinero da capelanía de San Andrés de Rante (1551)

    130/87

    Morgado de Guntín. > Título apostólico feito a San Pedro de Vinero da capelanía de San Andrés de Rante. Data: 1551, 01, 22. Ante: Juan de Prío. Freguesías de San Andrés de Rante e San Cibrao das Viñas, Provincia de Ourense. Documento que semella a forma dun pergamiño e que ten dúas dobras.

  • Cartas asinadas por Melchor Mosquera na cal nomea como párrocos a Santiago Serra e a Juan Alonso (1683-1701)

    166/17

    Morgado de Paio Muñiz > Copia simple dunhas cartas asinadas por Melchor Mosquera (como Patrono de Santa Comba de Gargantós, e señor de Paio Muñiz), na cal nomea como párrocos a Santiago Serra e a Juan Alonso (inclúe correspondencia dirixida a Melchor Mosquera na cal informa de que o caseiro da Merca deu a noticia da morte do párroco de Gargantós). Data: 1683, 08, 11 . 1701, 01, 29. Ante: Pedro Vázquez. Freguesía: Santa Comba de Gargantós. Concello: San Cibrao das Viñas. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santa Columba de Gargantóns]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Venda dada por Febos de Novoa ao capitán Juan de Gayoso de catro moios de viño de renda anual coas súas propiedades en San Cibrao das Viñas

    126/23

    Morgado de Guntín. > Venda outorgada por Febos de Novoa a favor do capitán Juan de Gayoso, de 4 moios de viño de renda anual coas súas propiedades que tiña e que lle pertencían en San Cibrán das Viñas. Data: 1544, 05, 29. Ante: Gonzalo Placer. Concello: San Cibrao das Viñas. Provincia: Ourense. [Carpetiña 1: Partidos de San Cibrián das Viñas, Santa Eugea, Alongos y Moncyras].

  • Carta asinada por Luis Mosquera pola cal nomea a un novo cura na freguesía de Santa Comba de Gargantós por atoparse vacante o posto

    166/18

    Morgado de Paio Muñiz > Copia simple dunha carta asinada por Luis Mosquera (Marqués de Aranda e Guimarei, señor de Vilar de Paio Muñiz, patrono de Santa Comba de Gargantós); pola cal nomea a un novo cura nesta freguesía por atoparse vacante o posto. Data: S/D Ante: - Freguesía: Santa Comba de Gargantós. Concello: San Cibrao das Viñas. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santa Columba de Gargantons]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Testemuña dun escribán de varios nomeamentos de párrocos en Santa Comba de Gargantós (1620)

    166/16

    Morgado de Paio Muñiz > Testemuña dun escribán (en nome de Pedro Mosquera), de varios nomeamentos de párrocos en Santa Comba de Gargantós, co fin de verificar que o Padroado deste beneficio pertencía ao pai de Pedro Mosquera (Alonso Vázquez). Entre estes nomeamentos están: > Nomeamento de Juan Fernández por consenso entre Alonso Gómez (vigairo de Ourense) e Alonso Vázquez, e a posesión de dito cargo (04/03/1564-05/04/1564). > Nomeamento de Pedro López, por presentación de Alonso Vázquez. (05/04/1562). > Nomeamento de Juan de Seijo, por parte do Bispo Juan de Sendemente e por presentación de Pedro Mosquera, xunto coa demostración de sucesión no dito curato (10/02/1583). Data: 1620, 03, 04 Ante: Pedro Vázquez Freguesía: Santa Comba de Gargantós. Concello: San Cibrao das Viñas. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santa Columba de Gargantons]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]