ATOPO
Registros actuales: 1.625.404
Objetos digitales disponibles: 504.762

Aerea

  • Vista aérea de Pontevedra (1926)

    44.422/13

    Instantánea de Pontevedra tomada dende un avión, segundo describe unha anotación a lapis no reverso: "Pontevedra desde avión 1926". Trátase dunha panorámica que cubre as rúas Michelena, Marqués de Riestra e Xeneral Gutiérrez Mellado e Montero Ríos, con vistas do Pazo Provincial, actual edificio da Deputación de Pontevedra; o I.E.S. Valle Inclán, coas ruínas do mosteiro de San Domingos ao seu carón; e a Alameda de Pontevedra fronte a éstes, na esquina inferior dereita. A Casa do Concello, un edificio característicamente cadrado, apréciase no centro-inferior.

  • Expediente do vó aéreo, de xulio de 2004 na zona terrestre - marítimo de Arbo

    2.154/1

    Expediente do vó aéreo, de xulio de 2004 na zona terrestre - marítimo de Arbo: Pasada 3 a 7. Contén: Negativos e fotografías.

  • Vista aérea de Pontevedra (1926)

    44.422/14

    Instantánea de Pontevedra tomada dende un avión, segundo describe unha anotación a lapis no reverso: "Pontevedra desde avión 1926". Trátase dunha panorámica que cubre a zona da desembocadura do río Lérez, coa zona das Marismas da Xunqueira de Alba e o estuario do río da Gándara ao fondo nun terceiro plano. Nun segundo plano pódense apreciar a Ponte da Barca, a Praza de Toros, a actual Facultade de Belas Artes (antigo cuartel de San Fernando) ou o Pazo de Fonseca, actualmente sede do Arquivo Histórico Provincial.