Fondos
35.765/19. Petición de dúas cartas de foro do lugar e casal de Sisán Grande e do lugar e casal de San Nicolás
Petición de dúas cartas de foro do lugar e casal de Sisán Grande e do lugar e casal de San Nicolás
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.765/19
Título Petición de dúas cartas de foro do lugar e casal de Sisán Grande e do lugar e casal de San Nicolás
Data(s) 1817-05-24 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 5 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Petición por parte de Pedro Patiño, no nome do Conde de San Román, de 2 escrituras de foro compulsadas. Un foro do 8 de febreiro de 1567, outorgado por Alonso Romero Figueroa, a favor de Pedro de Nogueira e a súa muller Inés do Barreiro, do lugar e casal de Sisán Grande, en pensión de 24 rapadas de pan mediado e 2 celemines de trigo. Ante Pedro de Vilachán. E outro foro, do 24 de maio de 1612, outorgado por Gómez Oubiña Mariño e Urraca Falcoa, a súa muller, a favor de Pedro Ambros e a súa muller Benita García, do lugar e casal de San Nicolás, en pensión de 14 rapadas de pan, 13 mediado e outra de trigo e un carneiro. Ante Martín Fariña. En A Coruña. Ante Pedro de Santiago Palomares. [Freguesía de San Salvador de Meis. Concello de Meis. Provincia de Pontevedra]
Ãrea de notas
Nota As escrituras baixo o título de "foral de San Nicolás" van unidas: 35765/16, 35765/17 e 35765/18, 35765/19, 35765/20, 35765/21, 35765/22, 35765/23, 35765/24, 35765/25, 35765/26, 35765/27, 35765/28, 35765/29
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)