ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 2 (1956)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.433/2

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 2 (1956)

  • Data(s) 1956 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 171 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento Tomo 2 (1-07-1956 / 30-07-1956) Recortes de Prensa. Contén: - Visita de Fernández Martínez, gobernador civil de Pontevedra, a Pontevedra, Redondela, Vilargarcía, Vigo, Cerdedo, Forcarei, A Estrada, Oia, Gondomar, Baiona, Nigrán, Pontesampaio, Soutomaior, Pazos de Borbén, Pontecaldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Cotobade, Marín, Silleda, Cruces, Golada, Rodeiro, Dozón, Lalín, Tui, Cangas, Cambados, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Vilanova, A Illa de Arousa, Mondariz, Vilaboa, Moaña, Bueu, Marín, Poio, Arbo, A Cañiza, Crecente, Covelo, Porriño, As Neves, Mos, A Guarda, Tomiño, O Rosal, Goián, Geve, Salcedo, Barro, Salceda, Ponteareas, comarca de Caldas de Reis (Campo Lameiro, Moraña, Cuntis, Valga, Catoira, Pontecesures, Portas e os lugares de Portela e Mesego) e os lugares de Luneda, Pintelos, Fofe e Campo. - Reunión do Consello Provincial da Falanxe Española Tradicionalista (F.E.T.) de Pontevedra e das J.O.N.S - Reunión do Consello Provincial de Educación Primaria presidida polo gobernador civil, Fernández Martínez. - Inauguración do balneario municipal e apertura oficial da praia de Compostela en Vilagarcía. - Visita do presidente (Martín Rodríguez Suárez) e o fiscal (Antonio Codesido Silva) da Audiencia Territorial ao Gobernador civil. - Inauguración do IV Congreso Internacional de Autores Cinematográficos en Pontevedra, coa presencia de Vittorio de Sica, e posteriores entregas de agasallos, actos en Vigo, sesións de traballo en A Toxa, xornadas en Santiago e Sanxenxo e clausura en Pontevedra que incluíu un banquete no Palacio de Lourizán. - Recepción no Club Náutico de Vigo con motivo da festa Nacional Venezolana. - Reunión do consello comarcal da falanxe na que se toman acordos definitivos sobre a realización do monumento os Caídos en Vigo. - Artigos sobre turismo e o seu fomento na provincia - Entrega de premios os traballadores do Sindicato do Metal polo gobernador civil, correspondentes o Concurso provincial "Destreza en el oficio" e na especialidade de torneiros. - Reunións varias do gobernador civil Fernández Martínez co Celta. - Inicio das obras da "Casa del Emigrante" de Vigo. - Visita o aeroporto do Director Xeral de Protección do vo do Ministerio do Aire (teniente coronel Azcárraga) para tratar o establecemento dunha futura torreta de mando en Peinador. - Reunión en Pontevedra do gobernador civil Fernández Martínez cos alcaldes e xefes locais de todos os concellos da provincia e fixación da relación e axenda de municipios a visitar. - Artigo sobre a posible instauración do "Día de la provincia". - Inauguración de dúas casas-escolas e da Casa Consistorial de Redondela. - Reunión da Junta Provincial de Electrificación presidida polo gobernador civil. Entre outros importantes acordos, a Xunta quedou sabida da aprobación da electrificación rural nos municipios de Lalín, Rodeiro e As Neves. - Cambio de mandos no Consulado de Venezuela de Vigo. - Inauguración do Centro Recreativo Cultural de O Porriño e da Asociación Círculo Cultural Recreativo. - III Feira Internacional do Campo na que se celebra o día de Pontevedra. - O xefe provincial do Movemento (Rafael Fernández Martínez) preside unha reunión extraordinaria de la "Junta de mandos sindicales" na Deputación Provincial de Sindicatos para tratar acordos importantes. - Primeira reunión da Falanxe Viguesa presidida polo Jefe Provincial do Movemento (Rafael Fernández Martínez). - Entrega de premios os galardoados na X Exposición Provincial de Arte en Vigo polo gobernador civil Fernández Martínez. - Entrega de premios os vencedores da "Exposición de Arte de Educación y Descanso" en Pontevedra. - Inauguración de importantes melloras en O Rosal. - Inauguración da nova sede da "Jefatura Local del Movimiento" en Marín - Visita de Fernández Martínez o campamento "Paco Leis" do Frente de Xuventudes en Vilanova e posteriores visitas para a realización de clausuras de turno. - Festas do Cristo dos Aflixidos en Bouzas. - Xura de bandeira e entrega de despachos a novos oficiais da armada pola escola naval de Marín, con motivo da festividade do Carmen. - O Consello Provincial do Movemento patrocina a reconstrución do Mosteiro de Lérez - XX Aniversario do Alzamento Nacional en Pontevedra (18 de xullo), cunha amplia e intensa actividade conmemorativa polo gobernador civil Fernández Martínez que incluíu visitas do gobernador civil a todos os concellos da provincia e recepción militar e desfile en Pontevedra. - O gobernador civil fai entrega das insignias da Orde de Beneficencia a Frai Claudio Piña Tejedor e da encomenda de Alfonso X el Sabio a don Jośe Espinosa Rodríguez. - Primeira visita o Ullán en Pontecesures do novo gobernador civil (Fernández Martínez) para tratar o problema da desviación do Sar e conversar cun grupo de mariñeiros do Porto sobre a pesca no Ulla. - Crónica de Benito Santos Santórum sobre a conmemoración do XX Aniversario do Alzamento Nacional en Pontevedra (18 de xullo). - Concurso Hípico Internacional con motivo da Copa Gobernador Civil. Triunfa "Vimont" montado polo tenente Pérez Seoane. - Entrega de trofeos do XIII Concurso Nacional de Aeromodelismo presidido polo gobernador civil.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición