Fondos
41.439/1. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 18 (1957)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 18 (1957)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.439/1
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 18 (1957)
Data(s) 1957 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 88 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 18 (01-12-1957 / 31-12-1957)
Recortes de Prensa. Contén:
- Campaña pro-damnificados de Valencia: mostras de solidariedade dos habitantes da provincia para acudir no auxilio dos damnificados polas inundacións de Valencia, con motivo da subscrición aberta polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Ofreceuse festival a cargo da Coral Polifónica de Pontevedra e a Radio Vigo recadou 101.000 pesetas entre festivais e poxas.
- Eleccións municipais para o terzo de representación sindical en toda España. No seo da corporación de Pontevedra ocuparon os cargos Carlos Vidal Peña e Victor Cervera Mercadillo. En Vigo resultaron proclamados Antonio Herrero Montero, Faustino Álvarez Álvarez e Castor Alonso Bar. Figuran igualmente os resultados doutros concellos e tamén noticias sobre as eleccións municipais para o terzo de representación de entidades.
- Estreo mundial da película "El hereje", organizado polo concello de Pontevedra e patrocinado polo gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez. A citada película foi filmada, na súa maior parte, en escenarios naturais da provincia de Pontevedra. Os beneficios foron destinados a campaña pro-damnificados de Valencia.
- Grupo de profesores das escolas nacionais do distrito de Ponteareas posan para Faro de Vigo xunto co alcalde Daniel Ojea Sarmiento, con motivo da celebración do Día do Mestre.
- Chegada a Vigo das fragatas inglesas "Vigilant", "Roebuck" e "Venus", nas que viaxan 160 cadetes e oficiais da Escola Naval de Dortmound. O xefe-comandante da flotilla da Mariña de guerra británica visita o gobernador civil Rafael Fernández Martínez e a outras autoridades locais e provinciais. Ademais, organizáronse diversos actos en honor os mariños ingleses.
- O pleno do concello de Pontevedra deu a súa conformidade o acordo da Deputación sobre a financiación das obras do ferrocarril que unirían Pontevedra con Marín.
- Asemblea Sindical Agraria, presidida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez, para a aprobación dun plan de acción urxente que comprende a implantación de postos reguladores nos principais núcleos urbanos da provincia. Tamén se establece que os proxectos de concentración parcelaria farán unha ordenación racional de cultivos e o gobernador civil promete que a Asemblea contará, no sucesivo, con representación nas Xuntas de Prezos.
- Visita a Vigo do subsecretario da mariña mercante, almirante Jáuregui, para presenciar as probas de dous buques destinados a pesca de atún (o "Marinero" e o "Marchoso").
- O rexemento de artillería celebrou a súa festa patronal en honor a Santa Bárbara.
- Reunión plenaria do Consello Económico Sindical Provincial, na que se estudiaron os relatorios "Comercio exterior e interior", "Política financiera, monetaria y de crédito" e "Obras y servicios públicos".
- Visitas ou audiencias realizadas o gobernador civil Rafael Fernández Martínez tanto no seu despacho en Vigo como en Pontevedra.
- Circular do goberno civil pola que se amplía a declaración oficial da glosopeda (enfermidade do gando) a toda a zona sur da provincia.
- Apertura da II Campaña provincial de nadal con un chamamento do gobernador civil Rafael Fernández Martínez os donativos dos pontevedreses para os necesitados. Figuran noticias coas aportacións pro-aguinaldo de Nadal dos distintos concellos da provincia. Finalmente, reflexase a visita do gobernador civil os centros benéficos os que se fixeron donativos.
- Bautizo de Rafael de Santa Barbara Castillo Carreño, fillo do secretario particular do gobernador civil Rafael Fernández Martínez.
- O rexemento de infantería honra a súa patroa.
- Inauguración polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez da I Exposición Deportiva en Vigo, organizada pola Delegación de Educación Física e Deportes. Foille imposta a "Medalla al Mérito Deportivo" da Federación de Patinaxe ó Alcalde da cidade (Tomás Pérez Lorente).
- Relación de sancións por infraccións do código de circulación.
- Regreso de Madrid do gobernador Rafael Fernández Martínez.
- Festa no asilo dos anciáns desamparados co ofrecemento dunha mariscada, con cargo as poxas pro Valencia organizadas por "La Voz de Vigo" e que rematou Domingo Arbones Ledo.
- Chamamento do xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez a campaña de combatentes que marchan rumbo a Ifni. Rexístranse aportacións de diversas provincias e municipios con destino a aguinaldos para os combatentes.
- Aguinaldo de Nadal o garda municipal de Vilagarcía de Arousa e os pobres en Pontevedra.
- Axentes comerciais e representantes de comercio festexan a súa patroa, a virxe da Esperanza.
- Nomeamento de conselleiros para os partidos xudiciais correspondentes os concellos de A Estrada, Redondela, Ponte Caldelas, A Cañiza, Cambados, Lalín, Ponteareas, Tui, Caldas de Reis, Pontevedra e Vigo.
- Sanción por incumprimento de contrato con Renfe.
- Concerto da Tuna do Sindicato Español Universitario de Oviedo para o gobernador civil Rafael Fernández Martínez e a xefatura provincial do movemento.
- Reunión da Xunta Provincial de información, turismo e educación popular que acordou estimular a divulgación dos intereses turísticos de Pontevedra, ocupándose da educación popular na súa dimensión artística.
- O xefe provincial do movemento (Rafael Fernández Martínez) deu posesión o novo delegado das falanxes do mar (Vicente Borregón Rives).
- Eleccións sindicais para a elección dos xefes e presidentes das seccións social e económica.
- Reunión do consello provincial de FET e das JONS.
- Celebración do XXV aniversario da fundación do ilustre Colexio de Avogados de Vigo, actos presididos polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez.
- Donativo do gobernador civil Rafael Fernández Martínez o fogar e clínica de San Rafael.
- Sesión plenaria da corporación municipal de Vigo, na que o gobernador civil Rafael Fernández Martínez felicitou o alcalde Tomas Pérez Lorente e os concelleiros pola actuación no ano que terminaba (1957).
- Colocación da primeira pedra para o seminario de Vigo.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)