Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-04-20_Ordinaria. Acta de sesión 2011/04/20_Ordinaria
Acta de sesión 2011/04/20_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-04-20_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/04/20_Ordinaria
Data(s) 2011-04-20 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte de abril do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19179.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de abril de 2011. 2.19180.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2011”CAMPAÑA PRIMAVERA (TERCEIRO GRUPO) A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2011 o Programa Diúrno de Balnearios co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 240.000,00€ e unha oferta de 4.600 prazas, mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós Balnearios ou Thalasos escollidos polos usuarios, en xornadas de mañás ou tardes (de luns a venres), polo que remitido o terceiro grupo de solicitudes á Intervención para a súa fiscalización e a vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 14 de abril de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do Programa Diúrno de Balnearios, Campaña de Primavera terceiro grupo, polo importe de 25.116,00 €, a favor de 483 persoas da nosa provincia, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07. PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO BAIONA SI 10 520,00 € LALÍN SI 33 1.716,00 € MARÍN SI 36 1.872,00 € MEIS SI 1 52,00 € POIO SI 12 624,00 € GONDOMAR SI 2 104,00 € CANGAS SI 2 104,00 € NIGRÁN SI 3 156,00 € TOMIÑO SI 2 104,00 € REDONDELA SI 3 156,00 € A ESTRADA SI 19 988,00 € MOAÑA SI 1 52,00 € BUEU SI 3 156,00 € VILAGARCÍA SI 16 832,00 € PONTEVEDRA SI 182 9.464,00 € VIGO SI 158 8.216,00 € TOTAL 483 25.116,00 € 3.19181.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas ó empresario Acebedo López, Bernardo O empresario Acebedo López, Bernardo con CIF B- 76.826.612, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun serie de contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil novecentos oitenta e dous euros con sesenta e tres céntimos (4.982,63 €), para responder do contrato relativo ó desenvolvemento de dinamización comercial “Merca na Rúa”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000094517, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19182.- INFORME EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DA REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE VALGA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Valga, de data 10 marzo de 2011, recibida nesta Deputación o día 15 de marzo de 2011 (Rex. de entrada núm. 11166), remitindo avaliación ambiental estratéxica da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 11 de abril de 2011, no que manifesta: “O presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Alternativas propostas. 3. Análises ambiental. 4. Conclusión. 1.- Antecedentes: A finalidade do presente documento e dar a coñecer ós axentes que participaron no proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan de Ordenación Municipal do Concello de Valga, os resultados finais do procedemento de avaliación. O encargado de facer este documento é o órgano promotor do plan, que é o concello de Valga. O concello de Valga, o 5 de marzo do 2007, solicita a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible (DXDS) que inicie o proceso de Avaliación Ambiental Estratéxico. Este órgano, o 13 de abril do 2007, informa que é necesario someter o PXOM a procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxico. Por tanto, consúltase o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (COGAMADS) para que, mediante unha exposición pública, se faciliten as observacións pertinentes para a elaboración do Documento de referencia. A DXDS redacta o documento de referencia, tomando como base o documento de inicio, as consultas o COGAMADS e as observacións formuladas polos cidadáns. Este documento remítese ó Concello de Valga o 13 de xullo do 2007, para que sirva como guía no devir do proceso de Avaliación Ambiental Estratéxico. O Concello de Valga elabora a proposta do PXOM da que forma parte íntegra o Informe de Sustentabilidade Ambiental (ISA), e sométese a consulta pública dende o 13 de xullo o 2 de setembro do 2008. O 12 de decembro do 2008, o Concello remite a DXDS toda a documentación do PXOM para redactar a Memoria Ambiental; e o 12 de marzo do 2009, a DXDS fai pública a Memoria Ambiental (MA) correspondente ó procedemento de AAE do PXOM do Concello de Valga. Finalmente o Concello redacta o Documento refundido do PXOM (quedando en el reflectidos os cambios establecidos na MA). Entanto, o 24 de febreiro do 2010, o Concello aproba provisionalmente este Documento, e o remite á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo solicitando a súa aprobación definitiva. Sen embargo, o 26 de maio do 2010, foi denegada esta aprobación, establecendo que o Concello deberá elaborar os documentos corrixidos precisos para emendar esta deficiencia, e os elevará logo dos trámites oportunos á Consellería para súa aprobación definitiva. Para isto redactase este Documento, para culminar a tramitación ambiental do PXOM. 2.- Alternativas propostas: A alternativa de planeamento seleccionada, entre todas as propostas inicialmente, foi aquela que mellor incorpora tanto os obxectivos do Plan, como os de sustentabilidade tendo en conta as consideracións do ISA. A alternativa proposta foi seccionada porque resolvía a problemática detectada no PXOM (tanto de carácter urbanístico como ambiental), e ademais os seus efectos previsibles sobre o medio eran de carácter moderado ou compatible. 3.- Análise Ambiental: Tras a elección da alternativa de planeamento, identificaron cada unha das variables do medio susceptibles de impacto, determináronse os impactos negativos que podían por en perigo os obxectivos de sustentabilidade establecidos no ISA e procedéndose a modificar o plan. Unha vez caracterizados os impactos, procedeuse a determinar as medidas preventivas e correctoras necesarias, as cales forman parte do Plan de seguimento do PXOM, e incorpóranse dentro do propio PXOM. 4.- Conclusión: Tras as reunións mantidas polo Concello de Valga coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestruturas, establécense os cambios no PXOM necesarios para dar cumprimento ás determinacións establecidas na Memoria Ambiental, engadíndoas ó documento de aprobación Provisional; polo tanto non cabe destacar máis modificacións por parte da Deputación de Pontevedra e nos consideramos informados dos trámites seguidos polo órgano promotor do PXOM de Valga.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Valga. 5.19183.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19184.- ACEPTACIÓN DO DESISTIMENTO PRESENTADO POLA ENTIDADE KL-1 MOBILIARIO DE OFICINA, S.L. E DECLARAR CONCLUSO O RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN, INTERPOSTO CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO, DE DATA 2 DE MARZO DE 2011, POLO QUE SE ADXUDICA O CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE MOBILIARIO PARA O CONCELLO DE LALÍN, Á EMPRESA MONTES, COMERCIAL TÉCNICA DE OFICINAS A Xunta de Goberno, en sesión de 2 de marzo de 2011, adxudicou o contrato, licitado mediante procedemento aberto, para a subministración e instalación de mobiliario de oficina para a nova casa consistorial no Concello de Lalín, á empresa Montes Comercial Técnica de Oficinas, S.L por ser a máis vantaxosa. O contrato adxudicouse por un prezo de trescentos vinte e cinco mil cento trinta e un euros con cincuenta e un céntimos (325.131,51 €), IVE incluído. O prazo de subministración e instalación ofertado é de 13 días, a garantía suplementaria de 10 anos e o servizo de postvenda elévase en 9 anos ó previsto nas bases. De conformidade co previsto no artigo 14 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, polo importe do contrato este procedemento atópase suxeito a regulación harmonizada, e en virtude do disposto no artigo 310.2 da Lcsp., o acordo de adxudicación é susceptible de recurso especial en materia de contratación, previo á interposición do recurso contencioso administrativo. A entidade KL-1 MOBILIARIO DE OFICINA, S.L., mediante escrito, con data de entrada en Rexistro de 31 de marzo de 2011, anuncia a intención de presentar un recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación do contrato de referencia, tal e como prevé o artigo 314.1 da Lcsp. Con data de entrada en rexistro de 4 de abril de 2011, formalízase a interposición do mencionado recurso. En cumprimento do previsto no apartado 3 do artigo 316 da Lcsp., deuse traslado do recurso, no prazo de cinco días hábiles dende a interposición do mesmo, ós demais interesados. Considerando que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, tal e como prevé o artigo 90 da Lei 30/1992, que regula este procedemento de recurso especial en materia de contratación, coas especialidades previstas na Lcsp. A empresa recorrente, mediante escrito con data de entrada de 19 de abril de 2011, solicita que se dea por desistido o Recurso Especial en materia de contratación presentado, debido a que non se considera prexudicada nos seus intereses, xa que a adxudicación do contrato en ningún caso sería a favor de KL-1 Mobiliario de Oficina, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aceptar o desestimento presentado pola entidade KL-1 Mobiliario de Oficina, S.L., e declarar concluído o recurso especial en materia de contratación, interposto contra o acordo da Xunta de Goberno, de data 2 de marzo de 2011, polo que se adxudica o contrato de subministración e instalación de mobiliario para o concello de Lalín, á empresa Montes Comercial Técnica de Oficinas, S.L. Así mesmo, procederase á pertinente formalización do contrato coa Empresa Montes Comercial Técnica de Oficinas, S.L., para a subministración de mobiliario no Concello de Lalín. 7.19185.- APROBACIÓN DE RECOÑECEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143); 419.08 (0910) e na conta orzamentaria 11/942.942.652.45.2009 de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Factura nº 2011/012 por importe de 779,50 € emitida polo arquitecto D. Carlos Urdampilleta Barreiro NIF: 35.973.146-L, que xustifica os honorarios de dirección realizados na obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”, correspondente a certificación nº 46. Factura nº 13/2010 por importe de 4.041,56 € emitida por E.F. Ingenieros S.L. (B-36.195.790) en concepto de honorarios de dirección da obra “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos en Avda. de Cambados enlace EP 9402 Mosteiro Barrantes, Meis, correspondentes á certificación final. Facturas emitidas por DARZAL CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0210-51/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 195,64 € 0210-52/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 184,12 € 0210-53/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 181,75 € 0210-54/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 213,44 € 0210-55/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 278,78 € 0210-56/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 31,64 € 0210-57/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 58,15 € 0210-58/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño , tramo Lores” (D08/0053) 82,32 € 0210-101/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas)” (D09/0014) 388,29 € 0210-102/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas)” (D09/0014) 96,10 € 0210-103/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas)” (D09/0014) 65,82 € 0210-104/2011 18/03/2011 “Mellora seguridad viaria E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas)” (D09/0014) 95,49 € 0210-107/2011 18/03/2011 “Terminación ensanche EP0018 Xeve-Amil-Espedregueira (Pontevedra-Moraña)” (D08/0071) 360,15 € 0210-108/2011 18/03/2011 “Terminación ensanche EP0018 Xeve-Amil-Espedregueira (Pontevedra-Moraña)” (D08/0071) 269,83 € 0210-109/2011 18/03/2011 “Terminación ensanche EP0018 Xeve-Amil-Espedregueira (Pontevedra-Moraña)” (D08/0071) 217,69 € 0210-110/2011 18/03/2011 “Terminación ensanche EP0018 Xeve-Amil-Espedregueira (Pontevedra-Moraña)” (D08/0071) 48,57 € 0210-111/2011 18/03/2011 “Terminación ensanche EP0018 Xeve-Amil-Espedregueira (Pontevedra-Moraña)” (D08/0071) 253,86 € 0210-112/2011 18/03/2011 “Ensanche e mellora EP8506 Baño-Valga (Valga)” (D09/0016) 37,64 € 0210-113/2011 18/03/2011 “Ensanche e mellora EP8506 Baño-Valga (Valga)” (D09/0016) 127,31 € 0210-114/2011 18/03/2011 “Ensanche e mellora EP8506 Baño-Valga (Valga)” (D09/0016) 84,35 € 0210-115/2011 18/03/2011 “Ensanche de ponte e obras complementarias na E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa)” (D09/0094) 726,72 € 0210-116/2011 18/03/2011 “Ensanche de ponte e obras complementarias na E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa)” (D09/0094) 482,85 € 0210-117/2011 18/03/2011 “Ensanche de ponte e obras complementarias na E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa)” (D09/0094) 120,95 € TOTAL 4.601,46 € núm. Factura Data Obra Importe 0844-1/2010 30/06/2010 “Mellora infraestruturas pavillón Ribadumia” (PID/09/00924/2009002610) 166,23 € 0844-2/2010 30/06/2010 “Mellora parque de Morán e Amo (Novás) e construción de parque en Marzán (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002315) 183,37 € 0844-3/2010 30/06/2010 “Pavimentación vías municipais en parroquias de Caleiro, San Miguel e Vilanova (Vilanova de Arousa)” (PID/09/00928/2009002687) 286,80 € 0844-4/2010 30/06/2010 “Reforma e adecuación do mercado de Sabarís (Baiona)” (PID/09/00972/2009002406) 76,33 € 0844-5/5010 30/06/2010 “Reforma e adecuación do mercado de Sabarís (Baiona)” (PID/09/00972/2009002406) 106,46 € 0844-7/2010 30/06/2010 “Mellora capa rodadura camiños de Meaño) (PID/09/00978/2009002289) 257,60 € 0844-8/2010 30/06/2010 “Mellora capa rodadura camiños de Meaño) (PID/09/00978/2009002289) 368,43 € 0844-9/2010 30/06/2010 “Urbanización de beirarrúas, aparcamento e vía servizo no polígono industrial de Amoedo (Pazos de Borbén)” (PID/09/00921/2009002630) 623,58 € 0844-10/2010 30/06/2010 “Urbanización de beirarrúas, aparcamento e vía servizo no polígono industrial de Amoedo (Pazos de Borbén)” (PID/09/00921/2009002630) 284,16 € 0844-11/2010 30/06/2010 “Pavimentación camiños municipais nas parroquias de András, Baión e Tremoedo (Vilanova de Arousa)” (PID/09/00928/2009002682) 414,76 € 0844-12/2010 30/06/2010 “Humanización estradas Pozas-Porteliña, PK0+30 a 0+148 (Mos)” (PID/09/00981/2009002270) 440,85 € 0844-13/2010 30/06/2010 “Rehabilitación bancadas, dotación servizos e vala de protección en campo de fútbol As Gaiandas (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002642) 375,75 € 0844-14/2010 30/06/2010 “Rehabilitación bancadas, dotación servizos e vala de protección en campo de fútbol As Gaiandas (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002642) 78,10 € 0844-15/2010 30/06/2010 “Dotación de cuberta para bancadas de deportes en As Cercas (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002643) 218,21 € 0844-16/2010 30/06/2010 “Dotación de cuberta para bancadas de deportes en As Cercas (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002643) 128,30 € 0844-17/2010 30/06/2010 “Pista de atletismo en campo de fútbol de A Mata (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002318) 685,59 € 0844-18/2010 30/06/2010 “Construción de bancada en campo de fútbol de Vilanova de Arousa” (PID/09/00928/2009002689) 521,59 € 0844-19/2010 30/06/2011 “Construción de bancada en campo de fútbol de Vilanova de Arousa” (PID/09/00928/2009002689) 264,21 € 0844-20/2010 30/06/2011 “Mellora accesibilidade en camiños municipais de Baredo e Baiona” (PID/09/00972/2009002404) 111,66 € 1230/2010 09/09/2010 “Saneamento nos lugares de Fontenco, Cimadevila e Socastro (Valga)” (PID/09/00992/2009002419) 143,05 € 1231/2010 09/09/2010 “Saneamento nos lugares de Outeriño, Carballiño, Sixto e Baño (Valga) (PID/09/00992/2009002418) 112,28 € 1232/2010 09/09/2010 “Sanemaneto Magariños (Valga)” (PID/09/00992/2009002420) 104,32 € 1288/2/2010 30/09/2010 “Construción de vestiarios campo de fútbol de A Lama” (PID/09/01041/2009002276) 145,48 € 128-1/2011 03/02/2011 “Mellora mercado de Dena (Meaño)” (PID/09/00978/2009002288) 356,76 € 128-4/2011 03/02/2011 “Pavimentación en Sela, Cequeliños e Barcela (Arbo)” (PID/09/00916/2009002815) 300,16 € 128-5/2011 03/02/2011 “Mellora rodaxe dos viais de Cobas, Masgalán, Dúas Igrexas e outros” (PID/09/00918/2009002356) 521,12 € 128-6/2011 03/02/2011 “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras (Moraña)” (PID/09/00609/200900296) 69,41 € 128-7/2011 03/02/2011 “Saneamento e ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Corvillón (Cambados)” (PID/09/00608/2009002443) 517,57 € 128-8/2011 03/02/2011 “Saneamento nos lugares de Outeriño, Carballiño, Sixto e Baño (Valga) (PID/09/00992/2009002418) 221,49 € 128-9/2011 03/02/2011 “Área recreativa de San Antonio, 2ª fase (Arbo)” (PID/09/00916/2009002806) 143,66 € 128-10/2011 03/02/2011 “Área recreativa de San Antonio, 2ª fase (Arbo)” (PID/09/00916/2009002806) 518,64 € 128-11/2011 03/02/2011 “Mellora capa rodadura en pistas do contorno de Belpellós (A Golada)” (PID/09/00929/2009002223) 140,92 € 128-12/2011 03/02/2011 “Iluminación pública por campo fotovoltaico en o contorno parque natural biosaludable A Carixa (Vila deCruces)” (PID/09/00917/2009002548) 521,58 € 128-13/2011 03/02/2011 “Humanización Avenida do Concello (A Lama)” (PID/09/01041/2009002281) 13,32 € 128-14/2011 03/02/2011 “Pista de atletismo en campo de fútbol de A Mata (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002318) 258,36 € 128-15/2011 03/02/2011 “Mellora viais na parroquia de Guillarei (Tui)” (PID/09/00610/2009002573) 56,55 € 128-17/2011 03/02/2011 “Mellora accesos e abastecemento en Frades, Gargamala e Riofrío” (PID/09/00790/2009002613) 776,34 € 128-18/2011 03/02/2011 “Asfaltado diversos camiños no concello de Caldas de Reis” (PID/09/00896/2009002677) 231,64 € 0140-01/2011 10/02/2011 “Pavimentación e reposición de camiños municipais (Meaño)” (PID/09/00978/2009002294( 58,92 € 0140-02/2011 10/02/2011 “Mellora parques de Morán e Amo (Novás) e construción de parque en Marzán (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002315) 100,08 € 0140-03/2011 10/02/2011 “Mellora accesibilidade camiños municipais en Bahíña, Santa Cristina e Belesar” (PID/09/00972/2009002405) 93,95 € 0140-04/2011 10/02/2011 “Mellora accesibilidade camiños municipais en Bahíña, Santa Cristina e Belesar” (PID/09/00972/2009002405) 113,05 € 0140-5/2011 10/02/2011 “Mellora accesibilidade camiños municipais en Bahíña, Santa Cristina e Belesar” (PID/09/00972/2009002405) 120,95 € 0140-06/2011 10/02/2011 “Mellora accesibilidade camiños municipais en Bahíña, Santa Cristina e Belesar” (PID/09/00972/2009002405) 561,36 € 0140-07/2011 10/02/2011 “Separata acondicionamento edificación como centro multiusos (Casa da Cultura) en Barro” (PID/09/00971/2009002252) 618,23 € 0140-08/2011 10/02/2011 “Rede de sumidoiros en Saramago, Bandeira e Pubuxeira (Meis)” 494,69 € 0140-09/2011 10/02/2011 “Pavimentación camiños en Torgán, A Vila, Cabeiras e Mourentán (Arbo)” (PID/09/00916/2009002808) 350,51 € 0140-10/2011 10/02/2011 “Construción de beirarrúas e melloras en A Cumeira (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002321) 28,29 € 0140-11/2011 10/02/2011 “Construción de beirarrúas e melloras en A Cumeira (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002321) 167,07 € 0140-13/2011 10/02/2011 “Camiños e saneamento en Cimadevila. Calvos (Fornelos de Montes)” (PID/09/00977/2009002607) 65,68 € 0140-14/2011 10/02/2011 “Saneamento en Cachopeiras, Tarrío, As Molladas e Coaxe” (PID/09/00974/2009002307) 327,16 € 0140-15/2011 10/02/2011 “Acondicionamento dos locais sociais de Salgueiros e Carbia (Vila de Cruces” (PID/09/00917/2009002517) 325,59 € 0140-16/2011 10/02/2011 “Acondicionamento e axardinamento da zona antiga de cemiterio municipal (Cuntis)” (PID/09/00791/2009002246) 352,75 € 0140-17/2011 10/02/2011 “Mellora instalación eléctrica nos colexios públicos de Ponteareas” (PID/09/00943/2009002461) 368,90 € 0140-18/2011 10/02/2011 “Urbanización As Mimosas 1ª fase (Catoira)” (PID/09/00974/5009002306) 27,29 € 0140-19/2011 10/02/2011 “Acondicionamento Praza do Auditorio Manuel do Pazo en Bandeira (Silleda)” (PID/09/00714/2009002414) 236,10 € 0140-20/2011 10/02/2011 “Camiños de Couso, Pereira, Farán, Mourigás e Adelán (Rodeiro)” (PID/09/00925/2009002697) 133,91 € 0140-24/2011 10/02/2011 “Construción de vestiarios campo de fútbol da Lama” (PID/09/01041/2009002276) 158,42 € 0140-26/2011 10/02/2011 “Saneamento nos lugares de Fontenco, Cimadevila e Socastro (Valga)” (PID/09/00992/2009002419) 369,67 € 0140-27/2011 10/02/2011 “Urbanización contorno centro sociocultural de San Bernabé da Graña (O Covelo)” (PID/09/00976/2009002791) 327,63 € 0140-28/2011 10/02/2011 “Mellora intersección estrada da vía en Tameiga (Mos)” (PID/09/00981/2009002267) 119,54 € 0140-29/2011 10/02/2011 “Parque da biodiversidade en Sabrexo e ordenación do espazo público en San Pedro de Losón (Vila de Cruces) (PID/09/00917/2009002549) 126,25 € 0140-30/2011 10/02/2011 “Obras complementarias na mellora da pavimentación do camiño de Cotanexo a Colegio Castro (Mos)” (PID/09/00981/2009002269) 657,40 € TOTAL 17.048,02 € Núm. Factura Data Obra Importe 0151-02/2011 17/02/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 á Avda. Buenos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 704,75 € 0205-01/2011 15/03/2011 “Rede saneamento no barrio de Cortiñas, parroquia de Louredo, Mos” (PID/09/00981/2009002261) 384,15 € 0205-02/2011 15/03/2011 “Melloras no campo de fútbol municipal de Guillarei (Tui)” (PID/09/00610/2009002571) 135,03 € 0205-03/2011 15/03/2011 “Pavimentación do Lugar de Outeiro en Agolada” (PID/09/00929/2009002567) 174,88 € 0205-04/2011 15/03/2011 “Dotación de servizos e equipamento Entrecines e Marquesa do Pazo (As Neves)” (PID/09/00982/2009002659) 128,06 € 0205-05/2011 15/03/2011 “Mellora da capa de rodadura en pistas do contorno de Belpellós Agolada” (PID/09/00929/2009002223) 493,21 € 0205-06/2011 15/03/2011 “Ensanche e melloras en camiños de Sulago (Merza) e Frieira (Camanzo), Vila de Cruces” (PID/09/00917/2009002546 320,25 € 0205-07/2011 15/03/2011 “Infraestruturas en Arbo, Cabeiras, Barcela e Cequeliños. T.M. Arbo” (PID/09/00916/2009002814) 307,65 € 0205-08/2011 15/03/2011 “Abastecemento de auga nos núcleos rurais de Nercellas e San Bartolomeu, Forcarei” (PID/09/00918/2009002348) 368,91 € 0205-09/2011 15/03/2011 “Mellora de viais da parroquia de Randufe, Tui” (PID/09/00610/2009002588) 415,44 € 0205-10/2011 15/03/2011 “Pavimentación camiños en Santa María de Salceda de Caselas” (PID/09/00985/2009002746) 381,39 € 0205-11/2011 15/03/2011 “Saneamento en Ponte de Carros e A Cumeira. O Rosal” (PID/09/00926/2009002322) 76,78 € 0205-12/2011 15/03/2011 “Parque rural de Simes (Meaño) (PID/09/00978/2009002292) 265,50 € 0205-13/2011 15/03/2011 “Pavimentación e reasfaltados en Paredes A Cardiña (Vilaboa) (PID/09/00987/2009002454) 94,44 € TOTAL 4.250,44 € Núm. Factura Data Obra Importe 0821-1/2010 29/06/2010 “Reforma Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)” (D09/0050) 53,65 € 0821-2/2010 29/06/2010 “Reforma Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)” (D09/0050) 79,74 € 0821-3/2010 29/06/2010 “Reforma Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)” (D09/0050) 84,22 € 0843-2/2010 30/06/2011 “Reforma Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)” (D09/0050) 150,70 € 0151-01/2011 17/02/2011 “Reforma Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)” (D09/0050) 83,39 € 0825-1/2010 29/06/2011 “Reparacións varias na Igrexa de Sta Mª de Armenteira (Meis)” (D09/0120) 922,56 € 0825-2/2010 29/06/2011 “Reparacións varias na Igrexa de Sta Mª de Armenteira (Meis)” (D09/0120) 143,43 € 0151-07/2011 17/02/2011 “Reparacións varias na Igrexa de Sta Mª de Armenteira (Meis)” (D09/0120) 495,85 € TOTAL 2.013,54 € Núm. Factura Data Obra Importe 1561-39/2010 28/12/2010 “Pavimentación vías rurais en Cañoto, Xesta e Agro (Crecente)” (PID/09/00821/2009002378) 238,75 € 1561-40/2010 28/12/2010 “Pavimentación, saneamento e abastecemento no lugar de Igrexa e Baños. Caldelas (Tui)” (PID/09/00610/2009002577) 201,46 € 1561-41/2010 28/12/2010 “Mellora de viais na Parroquia de Areas. Tui” (PID/09/00610/2009002598) 186,55 € 1561-42/2010 28/12/2010 “Mellora de viais na Parroquia de Pexegueiero. Tui” (PID/09/00610/2009002582) 224,19 € 1561-43/2010 28/12/2010 “Mellora de viais na Parroquia de Caldelas. Tui” (PID/09/00610/2009002597) 295,26 € 1561-44/2010 28/12/2010 “Construción de pista polideportiva na Escola de Pancenteno” (PID/09/00926/2009002313) 302,37 € 1561-45/2010 28/12/2010 “Acondicionamento do pavimento da rúa Piñeiro. Tui” (PID/09/00610/2009002595) 262,91 € 1561-46/2010 28/12/2010 “Reforma da cuberta da Escola de San Miguel de Tabagón (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002319) 279,66 € 1561-47/2010 28/12/2010 “Ensanche acceso a Feixo (Crecente)” (PID/09/00821/2009002379) 182,97 € 1561-48/2010 28/12/2010 “Rede de sumidoiro en Viso, Carboeira e Puntaleiras, As Neves “ (PID/09/00982/2009002662) 267,89 € 1561-50/2010 28/12/2010 “Ensanche vías Coedros, Fonte, Cabo de Aldea e Cancelo (Crecente)” (PID/09/00821/2009002380) 224,11 € 1561-51/2010 28/12/2010 “Pavimentación camiño de Bocas, Casteliño e Paredes en As Neves” (PID/09/00982/2009002658) 202,10 € 1561-52/2010 28/12/2010 “Pavimentación de camiños Trigal e Chan de Vide, As Neves” (PID/09/00982/2009002669) 211,30 € 1561-56/2010 28/12/2010 “Beirarrúas en baixada Comboa (Soutomaior)” (PID/09/00988/2009002475) 231,09 € 1561-57/2010 28/12/2010 “Muros en Gaxate e acceso a Rañas (A Lama)” (PID/09/01041/2009002279) 203,27 € 1561-58/2010 28/12/2010 “Mellora rede abastecemento en Covelo, pavimentación en Berducido e camiño igrexa Barcia (A Lama)” (PID/09/01041/2009002278) 234,09 € 1561-59/2010 28/12/2010 “Renovación beirarrúas e pluviais Avda. Ramón Peinador P.K. 190 Regato de Valdecide (Mondariz-Balneario)” (PID/09/00980/2010000748) 274,15 € 1561-60/2010 28/12/2010 “Mellora seguridade vial e obras accesorias Avda. do Concello (A Lama)” (PID/09/01041/2009002284) 160,35 € 1561-61/2010 28/12/2010 “Iluminación Avda. do Concello (A Lama)” (PID/09/01041/2009002283) 302,49 € 1561-62/2010 28/12/2010 “Acondicionamento e axardinamento da rotonda O Camballón en Vila de Cruces” (PID/09/00917/2009002550) 302,52 € 1561-66/2010 28/12/2010 “Depósito de auga en Moreira (Soutomaior)” (PID/09/00988/2009002474) 214,16 € 1561-67/2010 28/12/2010 “Mellora rodadura viais Loureiro e Vilar (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002354) 219,58 € 1561-68/2010 28/12/2010 “Abastecemento de auga do núcleo rural de Serrao (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002353) 234,57 € 1561-53/2010 28/12/2010 “Pavimentación do camiño da Sociedade en Burgueira (Oia)” (PID/09/09/00991/2009002513) 184,02 € 1561-54/2010 28/12/2010 “Renovación rodadura e sinalización Troncoso-Regato de Valdecide a Fonte de Troncoso (Mondariz-Balneario)” (PID/09/00980/2010000014) 297,21 € 1561-55/2010 28/12/2010 “Pavimentación dos camiños de Calvete e Bullariza (Oia)” (PID/09/00991/2009002507) 252,14 € 1561-64/2010 28/12/2010 “Abastecemento de auga do núcleo rural de Vilar (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002345) 163,15 € TOTAL 6.352,31 € TOTAL FACTURAS DE DARZAL 34.265,77 € 8.19186.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RIBADUMIA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002175, DENOMINADA “ORDENACIÓN E SERVIZOS NO ENTORNO DO TANATORIO DE RIBADUMIA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002175, denominado “Ordenación e servizos no entorno do tanatorio de Ribadumia” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Ribadumia con CIF núm. P3604600A, a cantidade de douscentos trinta e dous mil novecentos setenta e sete euros con oitenta e catro céntimos (232.977,84€), para a realización do investimento núm. 2011002175, denominado “Ordenación e servizos no entorno do tanatorio de Ribadumia”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 232.977,84 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.19187.- CORRECCIÓN DE ERROS DO ACORDO N. 18.19122 DA SESIÓN DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 30/03/2011 Por acordo da Xunta de Goberno nº 18.19122 de data 30 de marzo de 2011, adxudicouse unha bolsa de traballo con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da que resultou beneficiaria Dª. Mª del Pilar Mosquera Veiga. Visto o escrito presentado polo Xefe de Servizo de data 19 de abril de 2011, e examinados os antecedentes que obran no expediente, advírtese erro no texto que indica o período de duración da mesma, xa que tal e como se recolle nas Bases da Convocatoria, “as bolsas terán una duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e acordo da Xunta de Goberno”. En consecuencia, ó amparo do disposto no artigo 105.2 de Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á corrección no senso que: Onde di: “(…) Con efectos 1 de abril de 2011, e por un período de 6 meses, e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses (…)”. Debe dicir: “(…) Con efectos 1 de abril de 2011, e por un período de un ano, e poderá ser prorrogada por período anuais ata un máximo de catro anos (…)”. 10.19188.- CORRECCIÓN DE ERROS DO ACORDO N. 17.19146 DA SESIÓN DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 06/04/2011 Por acordo da Xunta de Goberno nº 17.19146 de data 6 de abril de 2011, adxudicouse una bolsa de traballo con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da que resultou beneficiaria Dª. Aitana Ares Yebra, licenciada en Bioloxía. Examinados os antecedentes que obran no expediente, advírtese erro no texto que indica o título do acordo, xa que tal e como se recolle nas Bases da Convocatoria, a Bolsa vai dirixida a licenciados universitarios en Bioloxía, Enxeñeiro Agrónomo ou Enxeñeiro Forestal. En consecuencia, ó amparo do disposto no artigo 105.2 de Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á corrección no senso que: Onde di: “(…) Adxudicación dunha bolsa de enxeñeiro técnico agrícola/forestal con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro (…)”. Debe dicir: “(…) Adxudicación dunha bolsa de licenciado en bioloxía, enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro de montes (…)”. 11.19189.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota