ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/07/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-07-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/07/22_Ordinaria

  • Data(s) 2011-07-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta minutos do día vinte e dous de xullo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19370.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de xullo de 2011. 2.19371.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2011”, CAMPAÑA OUTONO, CUARTO GRUPO A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2011 o Programa Diúrno de Balnearios co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 240.000,00€ e unha oferta de 4.600 prazas, mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós Balnearios ou Thalasos escollidos polos usuarios, en xornadas de mañás ou tardes (de luns a venres), polo que remitido o cuarto grupo de solicitudes da Campaña de Outono á Intervención para a súa fiscalización e á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 15 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do Programa Diúrno de Balnearios, Campaña de Outono cuarto grupo, polo importe de 9.984,00 €, a favor de 192 persoas da nosa provincia, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07. PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE OUTONO-PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLOS CONCELLOS CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO VIGO NO 192 9.984,00 € TOTAL 192 9.984,00 € 3.19372.- LIBERACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR 2011”, PARA O SEU REINTEGRO Á APLICACIÓN ORZAMENTARIA 11/230.230.227.07 Aprobado o programa “Saúde e Benestar 2011”cunha dotación económica de 160.000,00 € e unha oferta de 2.666 prazas, para a mellora da calidade de vida das persoas a partires dos 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, e desenvolvidos todas as quendas de saídas do referido programa social, cunha participación real de 2.136 persoas e un gasto de 128.160,00 €, produciuse un sobrante económico de 31.800,00 € , por todo o cal, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberalización do sobrante económico do Programa Saúde e Benestar 2.011, por importe de 31.800,00 € (Nº de Operación 201100008918), para o seu reintegro á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07 – RC 201100020242, a fin de poder afrontar outros gastos deste Servizo. 4.19373.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE PORTAS, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2011, concedeu, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha axuda económica ó Concello de Portas por importe de 5.000,00 € con destino ó financiamento da actuación núm. 2011000181 “Xuntanza da emigración”, Resultando que con data 1/06/2011 o Concello das Portas achega un escrito, núm. rexistro de entrada 21616, solicitando un cambio de aplicación de xeito que o financiamento de 5.000,00 € obtido para a actuación núm. 2011000181, “Xuntanza da emigración”, se destine a unha nova actividade núm. 2011002434, “Festa do galo de curral de Portas”, Considerando o disposto na base décimo segunda das reguladoras do programa de acción municipal-sección actividades para o exercicio 2011, sobre cambios ou modificacións da actividade subvencionada cando concorren circunstancias excepcionais e, visto o informe do servizo de intervención de data 14 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar aprobación ó cambio de aplicación solicitado polo Concello de Portas, da actividade núm. 2011000181 “Xuntanza da emigración”, cunha subvención de cinco mil euros (5.000,00€), para a actividade núm. 2011002434, “Festa do galo de curral de Portas”, cun orzamento de vinte e un mil cen euros (21.100,00€), e unha subvención de cinco mil euros (5.000,00)€, con cargo ó programa de Acción municipal 2011, Sección Actividades, aplicación 11/942.942.462.00, e con suxeición ás seguintes condicións: a) A subvención se concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da actuación, unha vez concluída a súa realización, que haberá de axustarse estritamente ó disposto na base décimo terceira das reguladoras do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2011. c) A actividade acollida a este programa deberá estar rematada e xustificada antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 5.19374.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DAS NEVES, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES Resultando que a Xunta de Goberno de Deputación, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2011, concedeu, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha axuda económica ó Concello das Neves por importe de 3.000,00€ con destino ó financiamento da actuación núm. 2011000158 “Actos culturais As Neves-Alegres”, Resultando que con data 10/06/2011 o Concello das Neves achega un escrito, núm. rexistro de entrada 22714, solicitando un cambio de aplicación de xeito que o financiamento de 3.000,00€ obtido para a actuación núm. 2011000158, “Actos culturais As Neves-Alegres”, se destine á actividade núm. 2011000146, “ Actos culturais da XX Feira do requesón e do mel”, Considerando o disposto na base décimo segunda das reguladoras do programa de acción municipal-sección actividades para o exercicio 2011, sobre cambios ou modificacións da actividade subvencionada cando concorren circunstancias excepcionais e, visto o informe do servizo de intervención de data 14 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar aprobación ó cambio de aplicación solicitado polo Concello das Neves, da actividade núm. 2011000158 “Actos culturais As Neves-Alegres”, cunha subvención de tres mil euros (3.000,00 €), para a actividade núm. 2011000146, “Actos culturais da XX Feira do requesón e do mel”, cun orzamento de cinco mil novecentos cincuenta e dous euros con trinta e cinco céntimos (5.952,35€), e unha subvención de tres mil euros (3.000,00), con cargo ó programa de Acción municipal 2011, Sección Actividades, aplicación 11/942.942.462.00, e con suxeición ás seguintes condicións: a) A subvención se concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da actuación, unha vez concluída a súa realización, que haberá de axustarse estritamente ó disposto na base décimo terceira das reguladoras do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2011. c) A actividade acollida a este programa deberá estar rematada e xustificada antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 6.19375.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN ANTONIO” DE CAMBADOS, PARA ADQUISICIÓN DE AMEIXA PARA MARISQUEO A FLOTE, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A SEMENTE 2010 Dada conta da solicitude da Confraría de Pescadores “San Antonio” de Cambados, CIF núm. G36012847, para ampliar o prazo da xustificación da axuda de 12.960,00 € que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 22 de decembro de 2010, dentro do “Programa de Axudas á semente” e destinada á adquisición de semente de ameixa do marisqueo a flote; visto o informe da Xefa do Servizo de Medio Natural e Mariño, e considerando o disposto nas Bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 179 do 16/09/2010, e no art. 49 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un período de tres meses a contar dende o remate do prazo inicial e ata o 13/10/2011. En virtude do disposto no apartado 3 do art. 49 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, este acordo non será susceptible de recurso administrativo algún. 7.19376.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. SERAFÍN SANTORUM MORRAZO EN REPRESENTACIÓN DE SERAFÍN SANTORUM, S.L., POR DANOS EN VEHÍCULOS NA E.P. 9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO (CONCELLO DE MEAÑO) Dada conta que con data de rexistro 27/04/11 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Serafín Santorum Morrazo en nome e representación de Serafín Santorum, S.L., con enderezo de notificacións na rúa Avenida Camelias, nº 120- 1º, no Concello de Vigo, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, camión marca Renault G 340, matrícula 4899-BPJ, a consecuencia da apertura dunha focha na E.P. Coirón- Ribadumia- Leiro o día 06/09/10, por importe de 3.221,98 €. Resultando.- Que con data 06/06/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 09/06/11, co seguinte contido literal: “…Primeiro. O vial E.P.9305 Coirón- Ribadumia- Leiro está incluído na rede provincial de estradas. Segundo. Por parte do Servizo de Infraestruturas se se tivo constancia ol accidente de referencia xa que ás 12:15 horas do día 6 de setembro de 2010 recíbese unha comunicación telefónica advertindo de que o asfalto da estrada provincial Coirón- Ribadumia- Leiro levantouse nun dos seus tramos. Terceiro. Desprazado con urxencia ó lugar do sinistro, o vixiante da zona comproba a realidade dos feitos (achéganse fotografías sacadas esa mañá) e verifica que os danos provocados no firme da zona de circulación teñen a súa orixe na obstrución dunha tajea, parte estrutural da estrada. Cuarto. A obstrución de dita obra de fábrica (xerada pola gran acumulación de material inerte nesa zona arrastrado polas choivas) provocou unha notable redución na capacidade de desaugadoiro da mesma levando ó seu colapso e a que a auga, que non atopaba a súa saída natural, exercese un empuxe moi forte cara ó aglomerado do viario provincial provocando o seu levantamento sendo esta, sen dúbida, a causa directa do sinistro obxecto do presente informe. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70,30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que con data 28/06/11 emitiuse documento Rc núm. 201100051593 pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando.- Que do consignado no expediente resulta suficiente no presente suposto para apreciar responsabilidade obxectiva ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación o prexudicado, e 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. Na súa consecuencia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º Estimar a reclamación presentada por D. Serafín Santorum Morrazo en nome e representación de Serafín Santorum, S.L., con C.I.F. B-36019826, por danos en automóbil da súa propiedade marca Renault G 340, matrícula 4899-BPJ, como consecuencia da existencia dunha focha na estrada E.P. 9305 Coirón- Ribadumia- Leiro, valorados en 3.221,98 €. 2º En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a Serafín Santorum, S.L. da citada cantidade de 3.221,98 € con cargo á partida 11/456.453.21000 do orzamento segundo documento R.c. núm. 201100051593 da Intervención de data 28/06/11. 3º Dar traslado do presente acordo a Mapfre Empresas, Cía de Seguros y Reaseguros S.A. con enderezo na rúa Rosalía de Castro, nº 2 de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita, proceda ó ingreso da cantidade de 2.721,98 €, unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 600,00 €, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade Caixanova co número 2080.0401.68.0040106618. 4º Dar traslado así mesmo ó interesado a Intervención e a Tesourería, ós efectos oportunos. 8.19377.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.19378.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE CANGAS DA ACTIVIDADE NÚM. 466, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCION MUNICIPAL, SECCION ACTIVIDADES 2011 Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2011, concedeu, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha axuda económica ó Concello de Cangas por importe de 1.000,00€ con destino ó financiamento da actuación núm. 2011000466 “XXIV Bandeira Concello de Cangas Traiñas-2011”, Resultando que con data 18/07/2011 o Concello das Cangas achega un escrito, núm. rexistro de entrada 26149, solicitando un cambio de aplicación de xeito que o financiamento de 1.000,00 € obtido para a actuación núm. 2011000466, “XXIV Bandeira Concello de Cangas de Traiñas-2011”, se destine a unha nova actividade núm. 2011002575, “IV Marcha popular Andar e Correr – Cangas 2011”, Considerando o disposto na base décimo segunda das reguladoras do programa de acción municipal-sección actividades para o exercicio 2011, en relación á modificación dun acordo de concesión cando concorren circunstancias excepcionais e, visto o informe do servizo de intervención de data 20 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar aprobación ó cambio de aplicación solicitado polo Concello de CANGAS, da actividade núm. 2011000466 “XXIV Bandeira Concello de Cangas de Traiñas-2011”, cunha subvención de mil euros (1.000,00€), para a actividade núm. 2011002575, “IV Marcha popular “Andar e Correr” Cangas-2011”, cun orzamento de dous mil euros (2.000,00€), e unha subvención de mil euros (1.000,00)€, con cargo ó programa de Acción municipal 2011, Sección Actividades, aplicación 11/942.942.462.00, e con suxeición ás seguintes condicións: a) A subvención concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da actuación, unha vez concluída a súa realización, que haberá de axustarse estritamente ó disposto na base décimo terceira das reguladoras do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2011. c) A actividade acollida a este programa deberá estar rematada e xustificada antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 10.19379.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE CANGAS DA ACTIVIDADE NÚM. 468, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCION MUNICIPAL, SECCION ACTIVIDADES 2011 Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2011, concedeu, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha axuda económica ó Concello de Cangas por importe de 1.000,00€ con destino ó financiamento da actuación núm. 2011000468 “VII Trofeo Concello de Cangas de Piraguismo-2011”, Resultando que con data 18/07/2011 o Concello das Cangas achega un escrito, núm. rexistro de entrada 26149, solicitando un cambio de aplicación de xeito que o financiamento de 1.000,00 € obtido para a actuación núm. 2011000468, “VII Trofeo Concello de Cangas de Piraguismo-2011”, se destine a unha nova actividade núm. 2011002574, “I Trofeo triangular de fútbol Cangas-2011”, Considerando o disposto na base décimo segunda das reguladoras do programa de acción municipal-sección actividades para o exercicio 2011, en relación á modificación dun acordo de concesión cando concorren circunstancias excepcionais e, visto o informe do servizo de intervención de data 20 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar aprobación ó cambio de aplicación solicitado polo Concello de CANGAS, da actividade núm. 2011000468 “VII Trofeo Concello de Cangas de Piragüismo 2011”, cunha subvención de mil euros (1.000,00 €), para a actividade núm. 2011002574, “I Triangular de fútbol Cangas-2011”, cun orzamento de dous mil euros (2.000,00€), e unha subvención de mil euros (1.000,00 €), con cargo ó programa de Acción municipal 2011, Sección Actividades, aplicación 11/942.942.462.00, e con suxeición ás seguintes condicións: a) A subvención se concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da actuación, unha vez concluída a súa realización, que haberá de axustarse estritamente ó disposto na base décimo terceira das reguladoras do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2011. c) A actividade acollida a este programa deberá estar rematada e xustificada antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 11.19380.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE FEGAMP E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE CURSOS DENTRO DO PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2011 Dada conta da remisión do Convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado polos Presidentes dos citados organismos, para a realización dos cursos que comprende o Plan de Formación Continua de funcionarios de Administración Local para o ano 2011, por un importe total de 40.400,00 €, cantidade da que a Deputación Provincial de Pontevedra achegará 10.000,00 € e os outros 30.400,00 € a FEGAMP, gasto para o que existe consignación nas aplicacións 11/923.923.151.00, 11/923.923.150.00, 11/923.923.227.06 e 11/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2011, segundo Rc da Intervención nº2011000027329, nº2011000027330, nº2011000027331 e nº2011000027332, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar dito Convenio e, polo tanto, aprobalo, así como ratificar as resolucións presidenciais nº 5137 de 06/04/2011, nº 5255 de 07/04/2011 e nº 5256 de 07/04/2011 de iniciación das accións formativas e de nomeamento de profesores e coordinadores dos cursos. Ditas resolucións presidenciais son como seguen: Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2011 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVICIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a 30 de xuño de 2011 Por unha parte, o Ilmo. Sr. D. Carlos Fernández Castro, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Actuando os comparecentes en representación das súas respectivas Institucións e coas facultades que os seus respectivos cargos lles confiren; de mutuo acordo, conveñen nas seguintes estipulacións, que consideran oportunas facer constar. E X P O Ñ E N: Que a Federación Galega de Municipios e Provincias presentou á Comisión Xeral de Formación Continua un Plan de Formación con ámbito de toda a Administración Local Galega, para o exercicio de 2011, para o que se lle concedeu unha dotación económica pola citada Comisión. Que a Deputación de Pontevedra no marco das competencias de cooperación e asistencia ós Municipios quere, despregar esforzos e cooperar activamente dende un punto de vista técnico, de estudio de necesidades e de programación de actividades con accións dos Concellos orientadas á capacitación dos seus equipos humanos, así como contribuír á mellora de rendemento e as habilidades dos profesionais que colaboran, de forma que o esforzo de todos permita asegurar o cumprimento dos programas de acción municipal a satisfacción dos intereses cidadáns. Ámbalas dúas partes, consideran atender as necesidades formativas dos empregados públicos, entendendo que é un valor estratéxico para a adaptación destes os procesos de cambio e a crecente complexidade na xestión diaria dos entes locais. Que para un correcto desenvolvemento das políticas de formación local é posible utilizar un amplo abano de instrumentos que a normativa legal pon a disposición das Administracións Públicas. Entre estes posibles instrumentos cabe sinalar os Convenios de Colaboración. Que a Federación Galega de Municipios e Provincias cree conveniente delegar na Deputación Provincial de Pontevedra a realización dos Plans de Formación nesa Provincia. Que a converxencia de intereses formativas da Deputación Provincial de Pontevedra e a FEGAMP xustifican o establecemento dun Convenio Marco de Colaboración. En razón destas consideracións, ámbalas dúas partes: C O N V E Ñ E N: 1º.- Que o obxecto do presente Convenio de Colaboración será a realización conxunta das actividades formativas que as dúas partes acorden para o desenvolvemento de dito Plan. 2º.- Que a determinación e as características concretas que se fixen de común acordo para cada acción formativa serán incorporadas en forma de anexo o presente Convenio Marco. 3º.- Que a Deputación de Pontevedra xestionará a contratación dos equipos necesarios para o desenvolvemento de cada curso, seminario, etc, facilitando as dependencias para a realización dos cursos así como o material que sexa necesario para o desenvolvemento da acción formativa oída a FEGAMP facéndose cargo da súa correcta realización. 4º.- Que as dúas partes manterán a súa responsabilidade respecto á adecuación de cada acción formativa vixiando en todo momento a idoneidade do profesorado, a metodoloxía empregada, en xeral, o desenvolvemento de todo o proceso e a avaliación da actividade. 5º.- Que a Deputación de Pontevedra seleccionará ós asistentes de cada acción formativa realizada ó abeiro do presente Convenio oída a FEGAMP. 6º.- A FEGAMP e a Deputación de Pontevedra financiarán a realización das actividades previstas no presente Convenio coa cantidade de 40.400,00 €, dos que 10.000,00 € achegaraos a Deputación de Pontevedra e que se recolle nas aplicacións de gastos 11/923.923.151.00, 11/923.923.150.00, 11/923.923.227.06 e 11/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2011. A FEGAMP fará o aboamento dos 30.400,00 € á Deputación de Pontevedra da seguinte maneira, o 50% á sinatura do Convenio e o 50% restante ó remate das accións formativas. O ingreso deberá facerse no seguinte concepto 11/923.483.05. O gasto será imputable ás aplicacións 11/923.923.151.00, 11/923.923.150.00, 11/923.923.227.06 e 11/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2011, nas que existe crédito dispoñible polo importe mencionado. 7º.- Que a Deputación de Pontevedra comprométese a informar periodicamente á FEGAMP do desenvolvemento de cada acción. 8º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a realizar tódalas accións formativas antes do 31 de decembro de 2011, e a comunicar á FEGAMP coa suficiente antelación a imposibilidade de realizar algunha acción antes da citada data. 9º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a xustificar ante a FEGAMP antes do 31 de xaneiro do ano 2012 os gastos orixinados pola realización das actividades previstas no presente Convenio, rendendo conta destes, ás que unirá as facturas orixinais ou documentos legais substitutorios no caso de que o profesorado sexa persoal o servizo da Administración Pública. No suposto de que o gasto realizado fora menor que a cantidade adiantada, a Deputación de Pontevedra reintegrará á FEGAMP o exceso do segundo sobre a primeira. 10º.- Que os participantes das accións formativas recibirán unha Certificación acreditativa da súa asistencia que indicará que estes foron organizados conxuntamente pola FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra. 11º.- Este Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura polas dúas partes, e as súas disposicións rexerán ata a total liquidación do Plan a que se refire. 12º.- Para o seu seguimento, execución e resolución das posibles controversias que puideran xurdir, crearase unha comisión integrada por dous representantes da Deputación de Pontevedra e dous da FEGAMP, que se reunirá polo menos unha vez ó mes, ou cando ámbalas dúas partes de común acordo o estimen oportuno. 13º.- No caso de denuncia do presente Convenio, as dúas partes comprométense a garantir o cumprimento das actividades programadas, cando a súbita interrupción destas puidera prexudicar a calquera das dúas Entidades. E en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en cuadriplicado e para un só efecto no lugar e data ó principio expresados. O Presidente da Fegamp O Presidente da Deputación de Pontevedra, Asdo.: Carlos Fernández Castro Asdo.: Rafael Louzán Abal” 12.19381.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PARTICIPACIÓN CIDADÁ (PROGRAMA D/11) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 10 de decembro de 2010 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2011, entre as que se atopa o programa D/11 “Participación cidadá” que vai dirixido a financiar congresos, feiras, etc., organizadas por entidades, fundacións ou federacións, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 63.972,00 €, con cargo á aplicación 11/330.924.489.10 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para participación cidadá (Programa D/11) e que son as que se relacionan a continuación: 13.19382.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 87 DA OBRA “PROXECTO MODIFICADO AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN EDIFICIO SARMIENTO (PONTEVEDRA) Vista a certificación núm. 87 relativa á obra “Proxecto modificado ampliación Museo de Pontevedra e rehabilitación Edificio Sarmiento, Pontevedra”, adxudicada no seu día a empresa Dragados, S.A. e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 19/07/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 87 EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe DRAGADOS S.A. (CIF. A – 15.139.314) 11/457-333-622-01-2010 343.225,99 € SUBTOTAL 343.225,99 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 9.777,13 € Control de calidade (3%) Id. 10.327,95 € Seguridade e saúde (0%) Id. 0,00 € Total descontos 20.105,08 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 323.120,91 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 14.19383.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO DE SERVIZOS COA ASOCIACIÓN GALEGA DE BANDAS DE GAITAS E PERCUSIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A Xunta de goberno, en sesión 24 de marzo de 2010, adxudicou definitivamente o contrato do servizo de ensino que posibilite ós mozos e mozas da provincia de Pontevedra unha formación na música tradicional galega á Asociación Galega de bandas de gaitas e percusión dá provincia de Pontevedra (CIF G-36.793.677), polo prezo de cento trinta e sete mil novecentos trinta e un euros con tres céntimos (137.931,03 €/ano), sen IVE. Polo mesmo órgano de contratación aprobouse, na sesión de 22 de decembro de 2011, o incremento do contrato na cantidade anual de 22.287,00 €, polo aumento de solicitudes de matrícula no curso. O Presidente da Asociación solicita o incremento do prezo do IPC. A base 19 do prego de condicións administrativas, de conformidade co previsto no artigo 77 da Lcsp., establece que a revisión de prezos poderase realizar cando o contrato se executase, polo menos, no 20 % do seu importe e transcorrese un ano dende a súa adxudicación. En consecuencia, o primeiro 20 % executado e o primeiro ano de execución quedarán excluídos da revisión. De conformidade co previsto no art. 78.3 Lcsp., a revisión non poderá superar o 85% da variación experimentada polo IPC. Polo tanto, tomando a periodicidade de marzo de 2010 a marzo de 2011, o IPC sería do 3,6%, que aplicada a redución do 85% quedaría en 3,06% a referencia a aplicar ó prezo. Visto o informe de Intervención no que sinala que na aplicación 11/330.334.227.25 do vixente orzamento provincial non existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto que ascende a 3.165,48 € para o presente exercicio orzamentario (351,72 €/mes sen IVE, de abril a decembro 2011). Non obstante, si existe na súa vinculación xurídica, efectuándose a correspondente retención de crédito. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da Lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a revisión de prezos do contrato de servizos coa Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión dá Provincia de Pontevedra. Incrementando o 85% do IPC (3,06%) o que supón un aumento no contrato de catro mil douscentos vinte euros con sesenta e oito céntimos anuais (4.220,68 €/anuais), o que equivalería a trescentos cincuenta e un euros con setenta e dous céntimos ó mes (351,72€/mes). O incremento de IPC imputarase á vinculación xurídica da aplicación orzamentaria 11/330.334.227.25 ó non existir crédito suficiente para facer fronte ó gasto. 15.19384.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS E CERTIFICACIÓNS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno, á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: nº Factura Data Obra Importe 0298-02/2011 11/04/2011 “Pavimentación glorieta Avenida da Ponte, A Illa de Arousa – E.P. 9801 Ponte-Laxes (A Illa de Arousa)” (D10/0004) 365,69 € 0222-06/2011 23/03/2011 “Beirarrúas, servizos e iluminación na estrada E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga)” (D08/0055) 47,10 € 0222-09/2011 23/03/2011 “Rehabilitación de firmes zona norte” (D09/0077) 2.085,07 € 0222-11/2011 23/03/2011 “Mellora capa rodadura zona centro” (D09/0078) 110,87 € 0222-12/2011 23/03/2011 “Mellora capa rodadura zona centro” (D09/0078) 1.248,03 € 0222-13/2011 23/03/2011 “Mellora capa rodadura zona centro” (D09/0078) 787,41 € 0222-14/2011 23/03/2011 “Mellora capa rodadura zona centro” (D09/0078) 717,10 € 0222-15/2011 23/03/2011 “Construción de glorieta E.P. 7205 variante Vilapouca con ctra. Polígono Vilapouca (Forcarei)” (D09/0122) 626,10 € 0222-16/2011 23/03/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno, Ribadumia – Cambados” (D09/0121) 379,94 € 0222-17/2011 23/03/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno, Ribadumia – Cambados” (D09/0121) 491,15 € 0222-18/2011 23/03/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno, Ribadumia – Cambados” (D09/0121) 1.551,10 € 0222-19/2011 23/03/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno, Ribadumia – Cambados” (D09/0121) 313,45 € 0222-20/2011 23/03/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno, Ribadumia – Cambados” (D09/0121) 402,83 € 0222-21/2011 23/03/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno, Ribadumia – Cambados” (D09/0121) 153,34 € TOTAL 9.279,18 € 16.19385.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 21 de xullo de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000926 e que contén unha factura de Construcciones Caselas, S.L., por importe de 12.949,91 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 12.949,91 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 12.949,91 € 17.19386.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 7 de xullo de 2011 e con número de rexistro de entrada 25246, o contratado laboral D. Lois M. Juncal Sampedro, axente de emprego e desenvolvemento local da Deputación de Pontevedra expón que a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia - Norte de Portugal convoca un evento local (1º Open Days) da Euro Rexión Galicia - Norte de Portugal sobre “Financiamentos Europeos”, a celebrar o día 7 de xullo de 2011, ás 8:30 h. no Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, en Braga (Portugal), coa finalidade de integrar espazos e coñecer os desafíos transfronteirizos da Unión Europea, esencial para a xestión dos plans que se desenvolven no Servizo de Cooperación desta Institución. Solicita permiso e axuda económica para asistir a dita reunión o próximo día 7 de xullo de 2011 a Braga (Portugal). No expediente consta que non se tramitou a solicitude con antelación suficiente polo que procede a súa convalidación. Visto o programa do curso achegado polo solicitante, e de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido polo interesado no Servizo. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que ó interesado concedéselle licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante este ano. A solicitude é conformada pola Xefa do Servizo de Cooperación Dna. Mariña Piñeiro Novo e co visto e prace do Presidente D. Rafael Louzán Abal. Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 30.5 do I Convenio Colectivo para Persoal Laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder a D. Lois M. Juncal Sampedro o permiso solicitado e unha axuda económica, por Importe de 71,10 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: Día 7 de xullo de 2011 (Hora de saída: 7:00 h. e Hora de chegada: 16:00 h.) CONCEPTO VEHÍCULO PARTICULAR AUTOESTRADA TOTAL PARTIDA Desprazamt. en vehículo propio Desprazamento vehículo particular Pontevedra-Braga-Pontevedra (260 Km x 0,19 €) x 2 49,40 € Ida e volta 21,70 € 71,10 € 11/241.241.231.20 Os gastos derivados da manutención corren a cargo da entidade convocante. Dita cantidade imputarase á partida 11/241.241.231.20 de locomoción por importe de 71,10 € do vixente orzamento provincial. Así mesmo, de conformidade co previsto no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o/a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos de locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles a partir da finalización da actividade formativa, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 18.19387.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE COLABORACIÓN CON DESTINO Ó ÁREA DE COMERCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POR RENUNCIA DO TITULAR Por acordo adoptado na Xunta de Goberno na sesión celebrada o 1 de xuño de 2011, adxudicáronse 22 bolsas con destino á area de Comercio por importe de 600,00 € mes por bolseiro con efectos 1 de xullo de 2011 e por un período de 6 meses, figurando unha serie de suplentes para o caso de vacante ou renuncia dos aspirantes seleccionados. Con motivo da renuncia presentada a través do rexistro xeral, por 6 dos bolseiros, proponse a adxudicación da bolsa á primeira suplente Dna. Lorena Canosa Vieitez, quen acepta mediante escrito de data o 7 de xullo de 2011. De acordo co establecido na base 12ª da convocatoria “Obrigas das Persoas Beneficiarias” dende a área de Comercio da Deputación de Pontevedra impartíuselle a formación oportuna para que poida iniciar a colaboración coas asociacións comerciantes asignadas. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Dna. Lorena Canosa Vieitez, unha bolsa de colaboración con destino á Area de Comercio de Pontevedra para levar a cabo unha labor de asistencia nas asociacións de comerciantes da provincia, con efectos de 11 de xullo e ata o 31 de decembro, podendo ser prorrogada por un período de 6 meses á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. 19.19388.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición