ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/02/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/1.2012-02-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/02/17_Ordinaria

  • Data(s) 2012-02-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta minutos do día dezasete de febreiro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados: D. Jorge Domínguez Rosal e Dna. Marta Iglesias Bueno que xustifica a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19812.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de febreiro de 2012. 2.19813.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 FINAL DA OBRA “TERMINACIÓN E.P. 8004 NOALLA, CALDAS, TRAMO PORTAS, VILANOVIÑA” Vista a certificación núm. 1-Final relativa á obra “Terminación E.P. 8004 Noalla, Caldas, Tramo Portas, Vilanoviña” Fondos Propios 256/2011, adxudicada no seu día á empresa Construcións, Obras e Viais S.A. (CIF. A-36.008.886), e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 10/02/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011 prorrogado ó 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES S.A. (CIF. A – 36.008.886) 12/456.453.612.02.2011 232.500,00 SUBTOTAL 232.500,00 Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.622,99€ Control de calidade (1%) Id. 1.655,75€ Seguridade e saúde (0,50%) Id. 827,87€ Total descontos 9.106,61€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 223.393,39€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 3.19814.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Ingeniería y Consulting, S.L. A empresa Ingeniería y Consulting, S.L. con CIF B- 83.341.933, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de mil cento noventa e nove euros con corenta céntimos (1.199,40 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica de redacción do proxecto de dotación de vías lentas na E.P. 4006 Ponteareas-As Neves, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700042401, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Grusamar, ingeniería y consulting, S.L. A empresa Grusamar, ingeniería y consulting, S.L. con CIF B- 83.341.933, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de mil cento noventa e nove euros con corenta céntimos (1.199,40 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica de redacción do proxecto de dotación de vías lentas na E.P. 5003 A Cañiza-Arbo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700042400, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Caldevergazo, S.L. A empresa Construcciones Caldevergazo, S.L. con CIF B- 36.133.916, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil trescentos corenta euros (1.340,00 €), para responder do contrato relativo á obra de: Fábrica en E.P. Tombo-Salgueiral (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/05/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400033675, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Obras yConstrucciones Sostenibles, S.L. A empresa Obras y Construcciones Sostenibles, S.L. con CIF B- 36.360.501, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil novecentos setenta e nove euros con setenta e catro céntimos (2.979,74 €), para responder do contrato relativo á obra: Rehabilitación de edificio para usos varios e almacén na Finca Areeiro, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/02/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000007271, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Dago, S.A. A empresa Dago, S.A. con CIF A- 36.007.847, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de nove mil oitocentos trinta e cinco euros con noventa e sete céntimos (9.835,97 €), para responder do contrato relativo á obra: Reparación de danos na obra de fábrica da E.P. 7207 Cachafeiro-Vilapouca (Forcarei), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000086628, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.L. A empresa Construcciones Abal, S.A. con CIF A- 36.115.459, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de nove mil cincocentos noventa e nove euros con setenta e oito céntimos (9.599,78 €), para responder do contrato relativo á obra de: Separata de acondicionamento en edificación como Centro Multiusos (Casa de Cultura) de Barro e modificado adicional, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000034599, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. A empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. con CIF B- 36.417.533, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil cento vinte e cinco euros con noventa e catro céntimos (4.125,94 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento e ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Castrelo (Cambados), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000049315, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19815.- LIBERACIÓN DE PARTE DO CRÉDITO RETIDO NO CONTRATO CORRESPONDENTE Á SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO DE CALEFACCIÓN CLASE “C” PARA A FINCA MOURISCADE A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión que tivo lugar o día 23 de xaneiro de 2012, acordou adxudicar á empresa Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A. (C.I.F.- A-80.298.839) o contrato correspondente á subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc.) de 0,03776 euros/litro para o gasóleo “A” e de 0,03560 euros/litro para o gasóleo “C”, que será aplicable á fórmula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE, ata a cantidade máxima anual de trescentos setenta e sete mil catrocentos euros (377.400,00 €). Resultando que neste contrato figura para a Finca Mouriscade unha estimación de gasto de 9.000 litros/ano de consumo de gasóleo “C”, para a cal se realizou o compromiso de gasto da cantidade de 8.100,00 € na aplicación orzamentaria 12/411.412.221.03 (Documento D número de operación 201200006859). Resultando que a Xefa de Servizo da Finca Mouriscade en escrito de data 13 de febreiro de 2012 informa que o consumo de gasóleo “C” é inferior ó estimado no contrato e que é necesario liberar o crédito retido na aplicación orzamentaria 12/411.412.221.03, para facer fronte á adquisición doutros tipos de gasóleo para os tractores e vehículos adscritos ó Centro. Resultando que a disposición transitoria primeira do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da entrada en vigor desta Lei rexeranse pola normativa anterior. Resultando que o Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público entrou en vigor o día 16 de decembro de 2011, motivo polo cal este expediente réxese pola normativa anterior, é dicir, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, en vigor na data en que foi publicada a convocatoria deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación da subministración que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a proposta da Xefa do Servizo da Finca Mouriscade para reducir o consumo estimado de gasóleo “C” a utilizar en dito Centro Xestor. 2. Liberar o importe de 4.000,00 € do compromiso de gasto adquirido pola cantidade de 8.100,00 euros na aplicación orzamentaria 12/411.412.221.03 (Documento D número de operación 201200006859), con motivo da adxudicación da subministración de gasóleo “C” para a Finca Mouriscade, á empresa Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A. 3. Modificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 23 de xaneiro de 2012 polo que se lle adxudica á empresa Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A. (C.I.F.- A-80.298.839) o contrato correspondente á subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, no sentido de que a cantidade máxima anual do contrato queda fixada en trescentos setenta e tres mil catrocentos euros (373.400,00 €) e a cantidade anual da Finca Mouriscade en 4.100,00 €. 5.19816.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DO EXPTE. DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DA ASOCIACIÓN FESTEXOS CULTURAIS DE ARNOIS DO CONCELLO DA ESTRADA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, EXERCICIO 2010 (EXPTE. 2975) Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o cambio de aplicación do expediente de concesión de subvención á Asociación que a continuación se relaciona e que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión ordinaria do día 22 de decembro de 2010, adoptou no seu acordo número 2.18827 a concesión dunha subvención e o seu importe con cargo á aplicación 10/942.459.789.07. O presente cambio de aplicación da subvención será financiada con cargo á aplicación 12/942.459.789.07.2011 unha vez sexa aprobada a mesma e incorporados os remanentes de crédito ó exercicio 2012. Asociación Obxecto da Subvención Orzamento Importe da Subvención Asociación Festexos Culturais de Arnois (C.I.F. G-94.011.830) (A Estrada) 1ª Fase Campo Multiusos de Arnois. 5.195,54 € 5.000 € Ás condicións adaptadas no acordo de concesión da mesma son ás seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de dita actuación. b) Para o aboo da subvención concedida requirirase a previa xustificación da inversión, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Esta solicitude deberá estar executada e xustificada antes do 30 de abril de 2012, debido a aprobación dunha prórroga, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 6.19817.- APROBACIÓN DAS BASES DE ADMISIÓN NO “CENTRO DE DÍA” DA CIDADE INFANTIL P. FELIPE (CURSO 2012/2013) Retírase da orde do día pendente de mellor estudo o expediente relativo á “Aprobación das bases de admisión no “Centro de Día” da Cidade Infantil Príncipe Felipe (curso 2012/2013).” 7.19818.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E REPOSICIÓN DE CÉSPEDE EN 36 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 18 de novembro de 2011, aprobouse o expediente para a contratación mediante procedemento aberto da realización de traballos de conservación, mantemento e reposición de céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 224, de data 22 de novembro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 12 de decembro de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 14 de decembro de 2011, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da lei de contratos do sector público. Resultando que polo Servizo de Infraestruturas, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente aos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 6 de febreiro de 2012, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: LICITADOR Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación total COVSA 46,00 48,921 94,921 Excamel S.L. 30,01 33,772 63,782 Mondo Iberica S.A. 34,14 26,238 60,378 Cespa Compañía Española de Servicios Públicos Auxiliares SA 36,03 20,204 56,234 Eulen S.A. 30,47 24,174 54,644 Gabrat S.L. 30,07 18,379 48,449 Obra Civil Valmiñor SCG 11,08 Puntuación sobre “B” inferior a 30 puntos Makropool S.L. 18,19 Puntuación sobre “B” inferior a 30 puntos Xardineria Reja S.L. 11,47 Puntuación sobre “B” inferior a 30 puntos Resultando que tras o exame da oferta presentada pola empresa Construcións Obras e Viais SA.(CIF A-36.008.886), que obtivo a maior puntuación, obsérvase que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, esta presenta uns valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo ofertado, polo que mediante escrito de 7 de febreiro de 2012 se lle formula solicitude de xustificación de dita oferta no referente ó prezo ofertado. Resultando que o Director de Infraestruturas, unha vez analizada a xustificación da oferta económica desproporcionada da empresa Construcións Obras e Viais SA.(CIF A-36.008.886), mediante informe de 15 de febreiro de 2012, considera xustificada a citada oferta económica. Resultando que mediante Resolución Presidencial 1680/2012, de data 15 de febreiro de 2012, requiriuse á empresa Construcións Obras e Viais SA.(CIF A-36.008.886), que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 6.557,85€, de acordo co disposto no art. 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.(Trlcsp). Resultando que a empresa Construcións Obras e Viais S.A.(CIF A-36.008.886) presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 6.557,85 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 20120011966, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Trlcsp, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Construcións Obras e Viais SA.(CIF A-36.008.886), o contrato para a realización dos traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial, polo prezo ofertado de: Prezo sen IVE 131.157,00 € IVE ..23.608,26 € Prezo total 154.765,26 € O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/922.342.211.01. 8.19819.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.19820.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DE EXECUCIÓN Á OBRA ENSANCHE E MELLORA E.P. 2702 AMOEDO-OS VALOS (PAZOS DE BORBÉN), INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN PARA O ANO 2011 Dada conta do escrito da empresa adxudicataria, Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. e do informe do Director da Obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión dunha prórroga de execución para a obra “Ensanche e mellora E.P. 2702 Amoedo-Os Valos (Pazos de Borbén), incluída no Plan Provincial de cooperación, para o ano 2011 co nº 78 ata o 17 de febreiro de 2012. 10.19821.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 16 de febreiro de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000142 e que contén dezasete facturas, sendo a primeira de Castro Lima, Manuel, por importe de 375,00 € e a derradeira de Imprenta Provincial, por importe 2.000,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 24.659,39 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 24.659,39 € 11.19822.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A ADXUDICACIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE A EMPREGADOS De conformidade co disposto no art. 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases da convocatoria para a adxudicación dos préstamos sen interese do ano 2012 ata a contía máxima de seis mil euros, elaboradas pola Comisión Paritaria Mixta en desenvolvemento do previsto nos citados artigos 66 e 79 do V Acordo Regulador e I Convenio Colectivo, tras comprobarse que nas mesmas arbítranse as normas correspondentes para a concesión de ditos préstamos, atendendo ás necesidades sociais e ingresos dos solicitantes, garantindo a equidade das mesmas e fixando os requisitos e xustificacións documentais precisas. A concesión de ditos préstamos será financiada con cargo á aplicación 12/921.221.830.07, dotada con cento vinte mil douscentos euros. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE Segundo o establecido no artigo 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno, a proposta da Comisión Paritaria Mixta, presta aprobación ás seguintes Bases para a concesión dos préstamos sen interese do ano 2012: 1.- BENEFICIARIOS/AS.- Poderán solicitar préstamos sen interese os funcionarios/as de carreira en activo e persoal laboral fixo dependente desta Deputación Provincial. Non terán dereito a préstamos sen interese para adquisición de primeira vivenda ou mellora da habitual, aqueles beneficiarios que posúan mais dunha vivenda por unidade familiar. 2.- CONTÍA.- Estes préstamos sen interese poderán concederse ata a contía máxima de seis mil euros ó persoal desta Deputación Provincial que reúna os requisitos establecidos nestas Bases. Conforme o disposto no citado artigo 66 do V Acordo Regulador estes préstamos serán amortizados con reintegro uniforme, resultante de dividir a contía concedida entre 48 mensualidades, ampliables a 60 para o persoal do grupo C2 e 72 para o do grupo E, se así o solicitan os interesados, cantidades que lles será detraída da nómina correspondente. 3.- FINS ÓS QUE SE DESTINA A ADXUDICACIÓN.- Con cargo á consignación económica de cento vinte mil douscentos euros (120.200,00 €) prevista na aplicación 921.221.830.07 do orzamento provincial, atenderanse as solicitudes que se destinen ós seguintes fins: a) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe. b) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores. c) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario. d) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario. e) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade. f) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave cando se refiran directamente ó solicitante, ó seu cónxuxe, ós fillos, ou a persoa dependente economicamente do mesmo, integrante da unidade familiar. 4.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DEMAIS DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial antes do día 31 de marzo de 2012, acompañadas da seguinte documentación, segundo os fins os que se destine o préstamo: A) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda ou praza de garaxe para o que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Orzamento da obra a realizar, da vivenda ou praza de garaxe que desexa adquirir ou escritura acreditativa da adquisición ou construción. B) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Orzamento da mellora a realizar. C) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Xustificante do préstamo hipotecario. D) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario: - Orzamento de compra de mobles segundo corresponda á petición. - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. E) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade: - Certificación do Secretario desta Deputación Provincial na que se xustifique que o interesado, durante o último ano, fixera uso habitual do seu vehículo particular nos desprazamentos realizados do seu centro de traballo ó lugar onde desenvolve a súa actividade. F) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar, sexa conxunta ou separada. - Informe ou informes médicos do proceso de enfermidade. Todos os documentos que acompañen á solicitude deberán levar o selo de Rexistro de Entrada na Deputación Provincial. Os servizos médicos provinciais elevarán informe en todos os casos de solicitudes de préstamos para atender gastos por enfermidade, no que farán constar o seu parecer sobre a concesión dos mesmos a Comisión Paritaria Mixta. 5.- CONCESIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e a correspondente documentación, o Servizo de Recursos Humanos no prazo máximo de 30 días naturais, clasificarán as solicitudes e formulará proposta á Comisión Paritaria Mixta, a cal elevará ó órgano correspondente da Deputación Provincial a proposta definitiva de adxudicación destes préstamos. Para elaborar a proposta de concesión dos préstamos darase preferencia a aquelas solicitudes que teñan un cociente de nivel de renda mais baixo. Neste sentido enténdese como renda familiar do peticionario/a, ós efectos de adxudicación dos préstamos sen interese, o cociente que resulte de dividir os ingresos familiares entre o número de membros da unidade familiar que figure na declaración ou declaración da renda. A Deputación Provincial dará publicidade as presentes Bases a través da súa colocación en todos os taboleiros de anuncios dos distintos Centros da Deputación. Non se tramitará unha nova solicitude de préstamo ata que o interesado teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade. No suposto de que un funcionario a quén lle outorgase un préstamo sen interese causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación funcionarial, agás a dimanante de incapacidade temporal ou maternidade, o reintegro das cantidades non devoltas será practicado dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa. 6.- XUSTIFICACIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Transcorrido un prazo máximo de 6 meses dende a concesión do préstamo deberán presentarse a través do Rexistro de Entrada da Deputación Provincial segundo corresponda: a) Factura ou facturas correspondentes nas que figuren o IVE e o NIF da empresa/s que realice ou subministre a obra ou na que se adquiran os mobles. b) Escritura acreditativa da adquisición ou construción da vivenda que constitúa a residencia única e habitual do peticionario. c) Xustificante de haber amortizado o préstamo bancario correspondente. d) Documento público de adquisición de garaxe, ou licenza municipal no caso de construción acompañada das facturas correspondentes nas que figure o IVE ou NIF da empresa que realice a obra. e) Factura de compra de vehículo particular debidamente cumprimentada. f) No caso de enfermidade grave as facturas que deriven do tratamento médico que reciba o afectado e gastos complementarios. Así mesmo, nos casos de construción ou adquisición de vivenda deberán presentarse documento público ou privado da adquisición ou construción no prazo dun ano. Se transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se achegaran as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial procederá a descontar en nómina o 30% do salario mensual do peticionario/a, ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o beneficiario/a non poderá optar á concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos.” 12.19823.- APROBACIÓN DO PROXECTO “CAMPO DE FÚTBOL E EDIFICACIÓN ANEXA EN MORAÑA” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 16/12/2011, prestou aprobación a un convenio de colaboración co concello de Moraña para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de “O Buelo” e obras en edificación anexa. Resultando que se redactou o proxecto de “Campo de fútbol e edificación anexa en Moraña” cuxo importe ascende á suma de 847.085,79 €, máis a cantidade de 152.475,44 € correspondente ó IVE. Resultando que por Intervención se emite informe relativo ó financiamento da obra, existindo saldo de crédito adecuado e suficiente na aplicación 12/942.942-652.45.2009. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Campo de fútbol e edificación anexa en Moraña”, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. 13.19824.- APROBACIÓN DO PROXECTO “CAMPO DE FÚTBOL E EDIFICACIÓN ANEXA EN CUNTIS” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 16/12/2011, prestou aprobación a un convenio de colaboración co concello de Cuntis para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de “A Ran” e obras en edificación anexa. Resultando que se redactou o proxecto de “Campo de fútbol e edificación anexa en Cuntis” cuxo importe ascende á suma de 846.956,26 €, máis a cantidade de 152.452,13 € correspondente ó IVE. Resultando que por Intervención se emite informe relativo ao financiamento da obra, existindo saldo de crédito adecuado e suficiente na aplicación 12/942.942-652.45.2009. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Campo de fútbol e edificación anexa en Cuntis”, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. 14.19825.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONTRATACIÓN DUNHA PLATAFORMA PARA A XESTIÓN INTEGRAL DE DATOS XEOGRÁFICOS DE CARÁCTER TURÍSTICO, PATRIMONIAL E GASTRONÓMICO ENMARCADAS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO POLO F.E.D.E.R Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 2 de decembro de 2011, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico enmarcadas no Proxecto Depodeza cofinanciado polo FEDER. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 238 de data 14 de decembro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 2 de xaneiro de 2012, a cuxo efecto reunir a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, acordando o seguinte: 1.- Admitir as proposicións presentadas no Rexistro Xeral, dentro do prazo establecido ó efecto, polas seguintes empresas: - UTE Emergya ingenieria SL-Bluguia S.L. - Sociedad Asturiana de Diversificación Minera SA (Sadim SA) - Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital SL - UTE Investigación e control de calidad SA (Incosa)-Summa Servizos de ingeniería y consultores SA (SUMMA) - Sadiel Tecnologías de la información SA - Arnaiz-Urbimatica SL - Enxeñeiros e arquitectos consultores IDOM SA 2.- Non admitir ás seguintes empresas: -Art Music Media SL: Por non cumprir co estipulado na cláusula 9.2º, apartado 5, do prego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto á solvencia económica solicitada.- Non achega a cifra de negocio dos tres últimos exercicios pechados. Por non cumprir co disposto na cláusula 9.2º, apartado 5, do prego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto a solvencia técnica solicitada.- Os traballos presentados non están relacionados con: a) Proxectos baseados en tecnoloxías da información xeográfica que conleven traballos de desenvolvemento de software ou consultaría e implantación de información xeográfica baseados en software libre. b) Proxectos de xeo-posicionamiento de datos en campo. O persoal non dispón da experiencia en GIS solicitada. -Geograma SL: Por non cumprir co estipulado na cláusula 9.2º, apartado 5, do prego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto a solvencia técnica solicitada Non presenta: “relación dos principais servizos ou traballos cuxa data de finalización sexa nos últimos 3 exercicios (2008,2009,2010) e que teñan relación con: a) Proxectos baseados en tecnoloxías da información xeográfica que conleven traballos de desenvolvemento de software ou consultaría e implantación de información xeográfica baseados en software libre. b) Proxectos de geo-posicionamiento de datos en campo. Non presenta: “Declaración do equipo técnico destinado á execución do contrato, incluíndo currículo vitae de cada un dos integrantes, así como do director/coordinador do e do xefe de equipo, con detalle da súa experiencia en materia do obxecto do contrato e cantos xustificantes estímense oportunos para acreditar o seu solvencia técnica.” -Igo Software SL: Por non cumprir co disposto na cláusula 9.2º, apartado 5, do prego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto á solvencia técnica solicitada.-Non acredita todos os servizos prestados a entidades públicas tal e como se solicitaba no prego; “mediante certificados de boa execución, expedidos ou visados polo órgano contratante cando o destinatario sexa unha entidade do sector público”, co que o importe total dos contratos xustificados non é igual ou superior a 3 veces a contía de licitación deste contrato. O responsable de desenvolvemento informático non cumpre o requisito especificado no prego “Experiencia mínima demostrable de 5 anos na realización de traballos relacionados con sistemas de información xeográfica e desenvolvemento de xeoportales”. O analista SIG non cumpre o requisito especificado no prego; “Experiencia mínima demostrable de 5 anos na realización de traballos con sistemas de información xeográfica, manexo de cartografía e bases de datos.”; a expresión “ampla experiencia” non é cuantificable nin comparable. -Elimco Sistemas SL: Por non cumprir co disposto na cláusula 9.2º, apartado 5, do prego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto á solvencia técnica solicitada.-Non achega os certificados de boa execución do vos servizos prestados a entidades públicas tal e como se solicitaba no prego; “mediante certificados de boa execución, expedidos ou visados polo órgano contratante cando o destinatario sexa unha entidade do sector público”, co que o importe total dos contratos xustificados non é igual ou superior a 3 veces a contía de licitación deste contrato. O analista SIG non cumpre o requisito especificado no prego “Experiencia mínima demostrable de 5 anos na realización de traballos con sistemas de información xeográfica, manexo de cartografía e bases de datos.” (Experiencia desde o 2008). -UTE Solucións e proxectos de información SL, Adantia SL Por non cumprir co disposto na cláusula 9.2º, apartado 5, do prego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto á solvencia técnica solicitada.-O Director/coordinador do proxecto non cumpre o requisito especificado no prego; “Experiencia mínima demostrable de 5 anos na dirección e execución de proxectos relacionados coa consultoría, desenvolvemento e implantación de sistemas de información xeográfica, incluíndo traballos de análises territorial con SIG e recopilación de datos de campo”, no currículo achegado só se xustifica unha experiencia de 4 anos, non hai proxectos anteriores ó 2007. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 4 de xaneiro de 2012, fai pública a relación de empresas admitidas ao procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Real decreto lexislativo 3/2011 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente aos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2012, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: LICITADOR Puntuación proposta técnica (Sobre “B”) Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Signo S.L. 47,750 45,96 93,71 Sadiel Tecnologías de la información 38,830 48,91 87,74 Enxeñeiros e arquitectos Consultores Idom SA 39,000 45,00 84,00 UTE Emergya Ingeniería S.L. –Bluguía S.L. 33,250 49,18 82,43 Sociedad Asturiana de diversificación minera SA (SADIM) 37,330 36,82 74,15 UTE Incosa-Summa 29,450 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Arnaiz-Urbimatica SL 26,250 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Resultando que mediante Resolución Presidencial 1203/2012 de data 6 de febreiro de 2012, requiriuse á empresa Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital SL (CIF B-15.868.359), que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 9.264,00 €, de acordo co disposto no art. 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.( Trlcsp). Resultando que a empresa Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital SL (CIF B-15.868.359), presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 9.264,00 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201200011631, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Trlcsp, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital S.L: (CIF B-15.868.359), o contrato dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico, enmarcada no Proxecto Depodeza, cofinanciado polo F.E.D.E.R. polo prezo ofertado de: Prezo sen IVE 185.280,00 € IVE ..33.350,40 € Prezo total 218.630,40 € O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/241.439.642.50.2011. 15.19826.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO CONTRATO PARA EXECUTAR A OBRA “RENOVACIÓN RODAMENTO E SINALIZACIÓN NA E.P. 8001 CALDAS–CARRACEDO–CATOIRA” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23/12/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Renovación rodadura e sinalización na E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira”, cun orzamento de 696.150,00 €, máis a cantidade de 125.307,00 € correspondentes ó IVE, o que fai un importe total de 821.457,00. No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 248, de data 28/12/2011, publicouse a convocatoria da licitación deste procedemento aberto. Constituír a Mesa de Contratación como asistencia ao órgano de contratación, con data 21/01/2012, e procedeuse a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”). Este mesmo órgano, en acto público, celebrado o día 16/01/2012, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Posteriormente, a Mesa, en sesión celebrada o día 15/02/2012, co obxecto de dar a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e proceder á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Tras valorar as propostas dos licitadores, atendendo ós criterios de adxudicación sinalados no prego, daqueles que non foron declarados desproporcionadas ou anormais, clasificáronse por orde decrecente en función da puntuación obtida, tal e como se establece a continuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 44,04 45,00 89,04 MARCONSA GRUPO EMPRESA-RIAL, S.L. 40,00 40,78 80,78 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 37,69 41,92 79,61 NAROM, S.L. 30,68 48,00 78,68 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,95 43,29 77,24 ARIAS HERMANOS, S.A. 30,38 43,27 73,65 A empresa que obtivo a maior puntuación, atendendo ao requirimento formulado mediante resolución nº 1679/12, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 2012000011969, de data 16/02/2012. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar á empresa Construccions, Obras e Viais, S.A. (CIF A-36008886) o contrato para a execución da obra “Renovación rodadura e sinalización na E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira”, segundo o seguinte detalle: Importe, sen IVE 591.727,50 € IVE 106.510,95 € Importe total 698.238,45 € Prazo de execución Dous meses Melloras ofertadas 43.114,30 € Porcentaxe de control de calidade 5,00 % Dito importe librarase no seu día da seguinte forma: ANUALIDADE APLICACIÓN ORZAMENTARIA IMPORTE 2011 12/456.453-612.02.2011 698.238,45 € O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 97,65 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. 16.19827.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO DO SEGURO DE TODO RISCO DE DANOS MATERIAIS PARA A INCORPORACIÓN DO EDIFICIO DAS RUÍNAS DE SAN DOMINGOS ENTRE OS INMOBLES ASEGURADOS A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra en sesión ordinaria do día 25 de novembro de 2011, acordou a adxudicación dos contratos do procedemento aberto para a contratación do conxunto de seguros da Deputación de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, procedemento que foi licitado por lotes. Resultando que o lote nº 2 deste procedemento de contratación (correspondente ó contrato do SEGURO DE TODO RISCO DE DANOS MATERIAIS) foi adxudicado á compañía HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS (CIF A-41003864) polo prezo ofertado de 57.269,27 € (prima total anual). Resultando que o contrato foi asinado entre a Deputación de Pontevedra e a compañía o día 28 de decembro de 2011. Resultando que, de acordo co estipulado no prego técnico desta contratación, este seguro debe garantir as consecuencias económicas derivadas de sinistros, roubos e outras circunstancias producidas nos bens que forman o patrimonio da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos de acordo coas definicións establecidas no artigo79 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigos 2 ó 7 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. Resultando que para a redacción do prego técnico desta contratación elaborouse unha relación de bens inmobles que debían ser obxecto de cobertura por este seguro, tomando os datos do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, figurando dita relación como anexo 1 do prego técnico do procedemento de contratación licitado. Resultando que as Ruínas de San Domingos é un edificio relixioso histórico situado na avenida Montero Ríos de Pontevedra, cuxa titularidade corresponde ó Museo de Pontevedra (Organismo Autónomo da Deputación). Resultando que este inmoble non figuraba na citada relación de inmobles a asegurar do anexo 1 do prego técnico debido a que no momento da elaboración do expediente de contratación deste seguro non constaba inscrito no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra, e polo tanto, na actualidade non se atopa cuberto polo seguro de riscos de danos materiais contratado coa citada compañía. Resultando que, de acordo co establecido no artigo 33 do R.d. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2012 acordou aprobar o expediente de rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra durante o período comprendido entre o día 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de decembro de 2011, e nesta rectificación do Inventario foi dado de alta o inmoble das Ruínas de San Domingos. Resultando que, unha vez incorporado este inmoble ó Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación, considérase necesario engadilo á relación de inmobles obxecto de aseguramento do contrato asinado coa compañía HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS, co fin de garantir as consecuencias económicas derivadas de posibles sinistros que se poidan producir en dito inmoble, do mesmo xeito que o resto de inmobles da Deputación de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos. Resultando que, a efectos económicos, esta modificación supón un incremento do importe da prima anual a pagar á compañía de 650,00 €, polo que a prima total anual a pagar increméntase de 57.269,27 € a 57.919,27 €, e este importe financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 922.933.224.01 dos exercicios 2012, 2013 e 2014. Visto o informe emitido polo técnico adxunto do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. Vistos os informes emitidos polo Sr. Secretario e Sr. Interventor. Resultando que a Disposición Transitoria Primeira do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da entrada en vigor desta Lei débense rexer pola normativa anterior. Resultando que dito Real Decreto entrou en vigor o día 16 de decembro de 2011, é polo que este expediente debe rexerse pola normativa anterior, Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, en vigor na data na que foi publicada a convocatoria deste contrato. Considerando que a Disposición Adicional Segunda da sinalada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón do seu importe. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro: modificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión ordinaria do día 25 de novembro de 2011, polo que se lle adxudica á compañía HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS (CIF A-41003864) o contrato de seguro de todo risco danos materiais no senso de engadir o edificio das Ruínas de San Domingos na relación de inmobles asegurados por dito seguro, Segundo: aceptar o orzamento presentado pola compañía HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS (CIF A-41003864) por dita modificación, que supón un incremento da prima total anual en 650,00 € anuais sobre o importe que fora inicialmente adxudicado (57.269,27 €), polo que dita prima total anual queda fixada en cincuenta e sete mil novecentos dezanove con vinte e sete euros (57.919,27 €), que financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 922.933.224.01 dos exercicios 2012, 2013 e 2014. Terceiro: o adxudicatario deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 32,50 € que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas na Lei de Contratos do Sector Público no prazo de dez días naturais contados desde a notificación deste acordo. 17.19828.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición