ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/06/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/2.2012-06-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/06/29_Ordinaria

  • Data(s) 2012-06-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día vinte e nove de xuño do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20094.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borrador da acta da sesión ordinaria do día 22 de xuño do ano 2012. 2.20095.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Comercial Custodio, S.L. Á empresa Comercial Custodio, S.L. (CIF B- 36.137.099), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de tres mil cento trinta e cinco euros con cincuenta céntimos (3.135,50€), para responder do contrato relativo a: Subministración dunha retro-pa para o Parque de Maquinaria, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900001649, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Comercial Vazpe, S.L. Á empresa Comercial Vazpe, S.L. (CIF B- 36.020.196), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de tres mil cincocentos trinta e dous euros con cincuenta céntimos (3.532,50 €), para responder do contrato relativo a: Subministración dun tractor agrícola dotado de desbrozadora e pa cargadora, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000001793, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. Á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. (CIF B- 36.239.861), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de nove mil cincocentos seis euros con trinta e sete céntimos (9.506,37 €), para responder do contrato relativo á obra: Urbanización da Rúa Mariano Ordoñez (A Guarda), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000093853, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular Español, por importe de catro mil catrocentos setenta e sete euros con corenta e cinco céntimos (4.477,45 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora do camiño rural de Zapa a Torre en Chaín (Gondomar), que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000060404, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.20096.- INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. CÉSAR PÉREZ LÓPEZ, POR DANOS EN MOTOCICLETA NA PO-552 VIGO-TUI, NO CONCELLO DE BAIONA Dada conta que con data de rexistro de entrada 24/05/12 (rex. nº 006240) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Cesar Pérez López, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Uruguay, 2-5º Izq. Do Concello de Vigo, por danos en motocicleta, coma consecuencia dunha caída provocada pola existencia dun charco de aceite na rotonda da estación de servizo de Baiona o día 16/10/11, e que cuantificou economicamente en 876,04 € máis o seu IVE correspondente. Resultando.- Que con data 07/06/12 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 08/06/12 co seguinte contido: “… Poño no seu coñecemento que a devandita rotonda NON pertence á Deputación Provincial de Pontevedra sendo de titularidade autonómica (forma parte da estrada PO-552 Vigo-Tui)…” Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que ó teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 4.20097.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O ANO 2012 Vistos os conformes de Secretaria e Intervención, a Xunta de Goberno, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do Rdl 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de fomentar e impulsar investimentos para Agrupacións e Asociacións Veciñais, dadas as carencias de recursos das mesmas, acorda por unanimidade aprobar as Bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Comunitaria para o ano 2012, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia: Ditas bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O ANO 2012 PRIMEIRA.- OBXECTO.- A finalidade desta convocatoria é apoiar ás Agrupacións e Asociacións Veciñais (en adiante Agrupacións Veciñais) na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, durante o ano 2012. Os obxectivos dos investimentos que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. Poderán ser obxecto da subvención: - Investimentos (obras e adquisicións de bens duradeiros) que estean relacionados coas competencias establecidas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local, agás a compra de terreos. O importe total das subvencións públicas, concedidas para esta finalidade, utilizarase exclusivamente: - Tratándose de obras, na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria, e - Tratándose de subministracións, na adquisición dos mesmos. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO.- O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de un millón (1.000.000,00) de euros, financiarase con cargo ó Orzamento de 2012, aplicación 942.459.789.07, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS.- As actuacións comunitarias serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección dos investimentos que desexen executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- BENEFICIARIOS.- Poderán solicitar estas axudas todas as Agrupacións Veciñais que reúnan os seguintes requisitos: 1.- Carecer de fins de lucro 2.- Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ó que pertence. 3.- Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4.- Estar ó corrente coas obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo coa Deputación. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da súa sé de Vigo, de luns a venres, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Memoria explicativa do investimento concreto, acompañado de croquis de situación, asinada polo representante. b) Orzamento do investimento a realizar, detallando unidades e prezos unitarios, asinado polo representante e co IVE desagregado. c) Declaración responsable na que conste o acordo adoptado polos veciños para a realización do investimento (obra ou adquisición), en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación Veciñal e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento do investimento mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada (Anexo III). d) Acta de nomeamento dos representantes da Agrupación Veciñal (Anexo II) ou, de ser unha Asociación, a acta de nomeamento da Xunta Directiva actual, e fotocopia cotexada do C.I.F., no caso de contar con el, así como do D.N.I. cotexada do representante. e) Declaración responsable na que conste se a Agrupación Veciñal obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien o investimento a subvencionar, e compromiso de comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro (Anexo I). f) Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias (Estado, Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social, e de non ter débedas de ningún tipo coa Deputación, e autorización á Deputación para obter as correspondentes certificacións. (Anexo I). g) Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo I) h) Certificación, da sucursal correspondente, da conta bancaria na que haberá de ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación Veciñal ou, como mínimo, de tres titulares que figuren na Acta de nomeamento dos representantes da mesma. As Agrupacións Veciñais só poderán solicitar unha subvención por cada investimento, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licencias necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón a Lei 9/2002, do 30 de decembro do solo e urbanismo de Galicia, no Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de disciplina urbanística e demais disposicións aplicables. Solicitarán licenza do Concello, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes. Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.- As solicitudes irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no Rexistro da súa sé de Vigo, de luns a venres ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa redacción segundo o Real decreto-lei 8/2011, de 1 de xullo). O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 30 días naturais. SÉTIMA.- COMPATIBILIDADE.- Estas axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para o mesmo investimento, pero en ningún caso a contía das mesmas poderá superar o custo real do investimento subvencionado. A tal efecto comunicarase á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. Así mesmo, estas axudas non son compatibles con outras concedidas por outros Servizos da Deputación para a mesma finalidade no exercicio 2012, nin doutros Organismos autónomos, debendo as Agrupacións Veciñais comunicar á Deputación tal circunstancia de darse o caso. OITAVA- CRITERIOS DE CONCESION.- A asignación de axudas ou subvencións dos distintos investimentos (obras ou adquisicións), farase en función dos seguintes criterios: 1º Investimentos en servizos básicos para o municipio, incluídos no artigo 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Valorarase ata 10 puntos. 2º Número de membros que compoñen a Agrupación ou Asociación. Valorarase ata 10 puntos. 3º Número de habitantes da comunidade ou municipio beneficiados, ata 10 puntos. 4º Importancia do investimento en función de: tipo de investimento, impacto e alcance territorial, colaboración con outras entidades (de ser o caso) e calquera outro indicador que permita valorar a súa incidencia de cara ó fomento do investimento, que a xuízo da Comisión de Avaliación se deba considerar. Valorarase ata 25 puntos. NOVENA.- INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe de Servizo de Cooperación Municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta provisional, explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base oitava. O informe-proposta provisional será sometido a estudio e avaliado pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: - O Presidente da Deputación ou Deputado en quen delegue. Vogais: - O Presidente da Comisión Informativa de Cooperación Municipal e a Xefa de Servizo de Cooperación. Secretario: - Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cooperación. A Comisión de Valoración poderá acadar cantos informes estime necesarios para resolver e deberá emitir un informe-proposta definitivo no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos á Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se preveé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. DÉCIMA.- REFORMULACIÓN DE SUBVENCIÓNS.- Os beneficiarios dunha subvención, por razóns xustificadas, poderán solicitar a reformulación da solicitude presentada cando o importe da subvención proposta sexa inferior ó solicitado. Será no momento da comunicación da proposta provisional de concesión cando os beneficiarios poidan reformular dita solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable e sempre antes de que ó órgano competente acorde a concesión da mesma. A nova solicitude, terá que ser aprobada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, terá que respectar o obxecto da primeira solicitude e demais requisitos previstos nas bases desta convocatoria e demais normas reguladoras de subvencións. DÉCIMO PRIMEIRA.- PUBLICIDADE.- As asociacións/agrupacións veciñais que sexan beneficiarias, deberán darlle a adecuada publicidade do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada do seguinte xeito: • Deberá facerse constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas, páxina web…) o apoio que recibe por parte da Deputación de Pontevedra. Isto farase incluíndo o logotipo da Deputación nun lugar visible en todas as comunicacións tal e como se indica no Anexo de publicidade. • Obrigatoriamente, ó remate da actividade subvencionada, deberá acreditarse o cumprimento desta cláusula coa presentación dunha breve memoria das accións de comunicación realizadas. • No Anexo de publicidade e na páxina web www.depo.es atopase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputación de Pontevedra. • Para dúbidas e/ou aclaracións cómpre contactar co Departamento de Imaxe Institucional da Deputación de Pontevedra a través do correo electrónico imaxeinstitucional@depo.es ou do teléfono 986804100. DÉCIMO SEGUNDA.- MODIFICACIÓNS DE SUBVENCIÓNS.- As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles contados dende a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar un único cambio ou modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. As circunstancias serán as seguintes: - Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados, que cubran o importe do investimento. - Ter prioridade na realización doutro investimento que teña que acometer a Agrupación Veciñal, e non conte con crédito de financiamento para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización. Non se admitirá o cambio de aplicación ou modificación do investimento subvenciado, se non se solicita antes do día 31 de decembro de 2012, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o presidente ou deputado en quen delegue, posto que os investimentos deberán ser realizados durante o ano 2012, tal como recolle o artigo 64.2 do Rlxs. DÉCIMO TERCEIRA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS.- 1.- Unha vez notificadas as axudas concedidas, o beneficiario procederá a súa realización, debendo estar executadas e xustificadas antes do día 31 de marzo do 2013, prazo de tres meses que ven establecido, no artigo 30.2 da Lxs., como o adecuado e suficiente para a realización da xustificación. Se non puidesen xustificalas no prazo establecido, poderase solicitar, antes de que remate dito prazo, unha ampliación do prazo establecido para a xustificación que non exceda da metade do mesmo, e, en todo caso non supere os seis meses, sempre que non prexudique dereitos de terceiro. 2.- Será esixida a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 3.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión). (Anexo IV). Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. b. Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. Admitíndose só aquelas que inclúan materiais, aluguer de maquinaria, ou a realización dalgunha adquisición. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. c. Memoria explicativa do investimento realizado e dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante da Agrupación Veciñal. d. Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. (Anexo IV) e. Acreditación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e de non ter débedas, de ningún tipo, coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. (Anexo IV). f. Declaración da Agrupación Veciñal de darlle difusión ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación-Servizo de Cooperación (Anexo IV), ademais de cumprir co disposto na Base Décimo Primeira sobre a publicidade (Anexo de publicidade). A este respecto o Servizo de Inspección dos investimentos comprobará que foi posto o cartel ou placa de publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non sé procederá ó libramento da mesma. Será necesario tamén o informe dos técnicos provinciais correspondentes, que será solicitado polo Servizo de Cooperación, ó obxecto de comprobar a realidade do investimento, e de que o executado se axusta ó previsto na memoria e no orzamento. O aboamento da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta. DÉCIMO CUARTA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. DÉCIMO QUINTA.- APROBACIÓN DAS BASES.- De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do orzamento para o 2012, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DECIMO SEXTA.- DEREITO SUPLETORIO.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable. DECIMO SÉTIMA.- RECURSOS.- Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que se considere pertinente. ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.- Todos os anexos referidos nas presentes bases ou modelos normalizados para a solicitude e a xustificación destas subvencións serán facilitados no Rexistro Xeral da Deputación, no rexistro da súa sé de Vigo, no propio Servizo de Cooperación ou ben a través da súa páxina web www.depo.es” Os documentos que se anexan son os que seguen: 1.- Solicitude de subvención. 2.- Anexo I: Declaración. 3.-.Anexo II: Acta de nomeamento dos representantes da agrupación veciñal. 4.- Anexo III: Acordo adoptado polos veciños. 5.- Reformulación de solicitude de subvención. 6.- Anexo IV: Conta xustificativa. 5.20098.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20099.- INVITACIÓN A TRES EMPRESAS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLUCIÓNS A FIN DE DESENVOLVER CON ELAS UN DIÁLOGO COMPETITIVO CUXO FIN SERÁ DETERMINAR E DEFINIR OS MEDIOS MAIS AXEITADOS PARA REALIZAR UNHA ACTUACIÓN GLOBAL E INTEGRADA QUE MELLORE A EFICIENCIA E PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENERXÉTICOS NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables. O Edificio da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” precisa dunha actuación global e integrada co fin de aproveitar a súa constatada capacidade de aforro en consumos enerxéticos. De forma orientativa e como elemento de partida, estableceuse un obxectivo de aforro mínimo dun 20% fixo sobre o custo da enerxía e o mantemento, estimándose un custo anual de facturación e mantemento de 353.325,62 €/anuais, IVE incluído. Debido á complexidade da actuación e ó ser susceptible de varias posibilidades e solucións, non se está en condicións nin se ten os medios precisos para definir con carácter previo á licitación como acadar estes obxectivos, por iso se constituíu polo Pleno, en sesión de 25 de novembro de 2011, unha mesa especial para que elaborase unha avaliación previa, tras unha comparativa con outras forma de contratación, de se o medio máis efectivo é o contrato de colaboración público-privada para acadar ditos fins. A mesa especial reuniuse con data 1 de decembro de 2011, e considerou plenamente xustificado acudir ó contrato de colaboración público-privado, por resultar o modelo de contrato idóneo entre os previstos no Trlcsp. para dar resposta ás necesidades expostas. Así mesmo, acordouse preparar o documento descritivo, que incluiría o programa funcional que contendo os elementos básicos que informaran o dialogo cos contratistas, identificando a natureza e dimensión das necesidades a satisfacer, os elementos xurídicos e técnicos ou económicos mínimos que deben incluír necesariamente as ofertas para ser admitidas ó dialogo competitivo, e os criterios de adxudicación do contrato. O Interventor informa que o financiamento farase con cargo ós aforros enerxéticos que se produzan, estando o crédito consignado nas aplicacións correspondentes nas distintas subministracións enerxéticas e nos contratos de mantemento das instalacións afectadas por este contrato, sen prexuízo que no orzamento de 2013 se consigne todo o crédito nunha soa aplicación orzamentaria. Considerando que de conformidade coa disposición adicional segunda do Trlcsp., corresponde ó Pleno a competencia sobre aqueles contratos de carácter plurianual que teñan unha duración superior a catro anos, e que o Pleno, en sesión do 25 de novembro de 2011, acordou delegar as sucesivas actuacións para a celebración deste contrato. E considerando que, a Comisión informativa de Economía, Facenda e Patrimonio, en sesión do 17 de febreiro de 2012, ditaminou favorablemente a aprobación do documento de avaliación previa e o expediente do contrato de referencia, dando cumprimento ó estipulado en art.º 123 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais. A Xunta de Goberno, en sesión 24 de febreiro de 2012, acordou aprobar o documento de avaliación previa redactado pola mesa especial do diálogo competitivo, o expediente, o documento descritivo e o programa funcional, acordando, así mesmo, iniciar a convocatoria para que as empresas interesadas solicitasen a participación no dialogo. Con data 5 de marzo de 2012, enviouse o anuncio da convocatoria ó Diario Oficial da Unión Europea o que iniciou o prazo para solicitar a participación no dialogo competitivo, tamén publicándose dita convocatoria no Boletín Oficial do Estado e no Boletín Oficial de Pontevedra. Recibíronse no Rexistro Xeral da Deputación as solicitudes de participación, reuníndose a mesa especial de contratación, con data 18 de abril de 2012, coa finalidade de abrir as solicitudes e examinar a documentación presentadas polas seguintes empresas:  ELECNOR, S.A.;  UTE ATIL COBRA, S.A./COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, S.A./MONCOBRA, S.A.;  UTE ALTAIR INGENIERÍA Y APLICACIONES, S.A/GIROA, S.A.  UTE ACCIÓN EFICIENCIA ENERGETICA, S.L/ACCIONA FACILITY SERVICES, S.A./ACCIONA INFRAESTRUCTURAS, S.A./SETGA, S.L.U.  SAMPOL INGENIERIA Y OBRAS, S.A.  VALORIZA FACILITIES, S.A.U.  UTE CLECE, S.A./GAS NATURAL SERVICIOS SDG, S.A. Procédese á apertura dos sobres que conteñen as solicitudes de participación e a documentación técnica esixida, asinando o secretario da mesa e o secretario xeral o índice da documentación presentada e a solicitude de participación das empresas. Vistas as documentacións facilitadas polas empresas, e tras as solicitudes de emenda efectuadas, proponse o seguinte: Admitir as seguintes empresas:  UTE ALTAIR INGENIERÍA Y APLICACIONES, S.A/GIROA, S.A.  UTE ACCIÓN EFICIENCIA ENERGETICA, S.L/ACCIONA FACILITY SERVICES, S.A./ACCIONA INFRAESTRUCTURAS, S.A./SETGA, S.L.U.  SAMPOL INGENIERIA Y OBRAS, S.A.  VALORIZA FACILITIES, S.A.U.  CLECE, S.A. / GAS NATURAL SERVICIOS SDG, S.A.; Excluír ás seguintes empresas: ELECNOR, S.A.: Por non xustificar a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética na envolvente térmica de edificios, durante os últimos 3 anos que como mínimo comprenda a substitución de ventás e carpintarías en edificios, por un importe superior total a 100.000,00 €. É dicir, non cumprindo os requisitos mínimos establecidos na cláusula 10 do documento descritivo. MONCOBRA, S.A.: Por non xustificar a habilitación como empresa instaladora en ningunha das clasificacións recollidas na cláusula 10 do documento descritivo e non xustificar a suficiente capacidade en servizos de mantemento ó non presentar ningún certificado de servizos de mantemento superior a 15.000 horas. Das empresas que cumpren con todos os requisitos mínimos esixidos, valóranse utilizando os criterios establecidos no documento 11 do documento descritivo, obténdose as seguintes puntuacións: Empresa Puntuación Outorgada ALTAIR INGENIERÍA Y APLICACIONES, S.A/GIROA, S.A. 95 CLECE, S.A./GAS NATURAL SERVICIOS SDG, S.A. 89 VALORIZA FACILITIES 88 SETGA/ACCIONA 73 SAMPOL INGENIERIA Y OBRAS, S.A. 46 Considerando a proposta da mesa especial do dialogo, de data 26 de xuño de 2012, que propón invitar ás empresas con maior puntuación segundo os criterios de solvencia establecidos no documento descritivo, trasládase a decisión ó órgano de contratación. A Xunta de goberno acorda por unanimidade: Invitar ás empresas que se determinan a continuación a presentar solucións co fin de desenvolver con elas un dialogo competitivo cuxo fin será determinar e definir os medios máis adecuados para realizar unha actuación global e integrada que mellore a eficiencia e prestación de servizos enerxéticos na Cidade Infantil "Principe Felipe" As empresas invitadas son: • UTE ALTAIR INGENIERÍA Y APLICACIONES, S.A/GIROA, S.A. • VALORIZA FACILITIES, S.A.U. • CLECE, S.A. / GAS NATURAL SERVICIOS SDG, S.A.; O prazo para a presentación das propostas iniciais será de 35 días naturais contados dende o día seguinte á notificación deste acordo. Os documentos que se deben presentar na proposta inicial encóntranse recollidos nas cláusulas 13 e 14 do documento descritivo que esta publicado na páxina web “www.depo.es”. O anuncio deste procedemento publicouse no Boletín Oficial dá Provincia, de data 7 de marzo de 2012, número 47, páxina 3, anuncio 2012002136. O prazo de inicio do dialogo estímase a principios de setembro nas instalacións da cidade infantil “Príncipe Felipe”. 7.20100.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: -A certificación nº. final, da empresa DECORA. INSTALAC. Y CONSTR. S.A.U. DICSA (CIF A-36.011.047) por importe de corenta e nove mil cincocentos trinta e tres euros con corenta e tres céntimos (49.533,43 €), correspondente á obra “Rehabilitación da Casa Reitoral de Chenlo, Porriño”, con arranxo ó seguinte detalle: DECORAC. INSTALAC. E CONSTRUCCION SAU (D.I.C.S.A.) (CIF A-36.011.047) 49.533,43 € Subtotal 49.533,43 € Taxa dirección de obra (4%) 1.411,01 € Control de Calidade (3%) 1.058,26 € Seguridade e Saúde (0,5%) 176,38 € Total descontos 2.645,65 € Importe líquido a percibir pola empresa 46.887,78 € O pago da certificación realizarase con cargo á conta orzamentaria: 12/457.45.622.03.2011. -Factura nº 00039643 por importe de 590,00 € emitida por GALAICONTROL S.L. (NIF: B-36651487), en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra “Pousada de Ribadumia”. O pago da factura realizarase con cargo á conta non orzamentaria: 419.09(099.129). 8.20101.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº2.19449 RELATIVO Á DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 9 de setembro de 2011 referente a devolución de garantías definitivas á empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. (LINORSA) para responder do contrato: Servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, detectáronse uns erros tipográficos. Considerando que o artigo 105.2 de la Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 9 de setembro de 2011 relativo á devolución da garantía definitiva constituídas pola empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. (LINORSA): Onde di: … • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Guipuzcoano, por importe de cinco mil euros (5.000,00 €), para responder do contrato relativo a: Servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900024008, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ... Debe dicir: … • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Guipuzcoano, por importe de corenta e un mil cento noventa e cinco euros con corenta céntimos (41.195,40 €), para responder do contrato relativo a: Servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900024008, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ... 9.20102.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición