Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2013-09-04_Extraordinaria. Acta de sesión 2013/09/04_Extraordinaria
Acta de sesión 2013/09/04_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.675/1.2013-09-04_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2013/09/04_Extraordinaria
Data(s) 2013-09-04 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día catro de setembro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.21264.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións dos días 2 e 7 de agosto do ano 2013, ordinaria e extraordinaria, respectivamente. 2.21265.- APROBACIÓN DO PROXECTO “MELLORA DA CAPA DE RODADURA E SINALIZACIÓN HORIZONTAL EN ESTRADAS PROVINCIAIS DA ZONA NORTE” Tras a declaración da necesidade e idoneidade que figura na petición de inicio do expediente por infraestruturas, de data 5 de xullo de 2013, que motiva de maneira suficiente a conveniencia de emprender en beneficio do interese público a execución da obra “Mellora da capa de rodadura e sinalización horizontal en estradas provinciais da zona norte”, cunha asignación eficaz e eficiente dos recursos públicos. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación tal e como establece o artigo 121 do R.d.l. 3/2011, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, de aquí en adiante TRLCSP, redáctase o pertinente proxecto, polo Servizo de Infraestruturas. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Polo Servizo de Intervención emitiuse documento RC, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, detallado na seguinte táboa: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2013 13/456.453.612.02 691.260,26 € Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Mellora da capa de rodadura e sinalización horizontal en estradas provinciais da zona norte”, co seguinte detalle: Redactor: Dna. Belén Pampín Camino Importe de execución sen IVE 571.289,47 € IVE (21%) 119.970,79 € Total 691,260,26 € Prazo de execución 6 meses 3.21266.- MODIFICACIÓN DAS BASES DE “SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO 2013” Aprobadas as bases de “Subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar ó deporte de competición federado para o ano 2013” en Xunta de Goberno de data 18/01/13 por un importe de 350.000,00 € e publicadas ditas bases no BOP nº19 de 28/01/13 e dado que non se incluíu unha cláusula para a reserva do 20% de dito crédito para concesión de subvencións de libre disposición, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar as mesmas incluíndo a seguinte cláusula no final da base sexta: “O procedemento ordinario de concesión de axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, ó longo do exercizo orzamentario poderanse resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas impresivisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial”. 4.21267.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 28 de agosto de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201300001738 e que contén nove facturas, sendo a primeira de Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., por importe de 6.563,68 €, e a derradeira de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., por importe de 272,46 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 46.826,62 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos de Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 46.826,62 € b) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 2 de setembro de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201300001762 e que contén corenta facturas, sendo a primeira de Gasóleos Rías Baixas, S.L. (Grupo Gasóleos Xeve), por importe de 157,56 €, e a derradeira de Gasóleos Rías Baixas, S.L. (Grupo Gasóleos Xeve), por importe de 202,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 6.816,22 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 1.431,44 € Descontos de Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 8.247,66 € 5.21268.- APROBACIÓN DAS CONTÍAS A SUBVENCIONAR PARA CADA UN DOS CONCELLOS QUE ASINARÁN O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A TRAVÉS DO SERVIZOS SOCIAIS E PROMOCIÓN DE EMPREGO, E OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE MENOS DE 20.000 HABITANTES, PARA A COORDINACIÓN DO COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (3º GRUPO) Visto o Convenio de Colaboración aprobado na Xunta de Goberno do 10 de maio de 2013 coa finalidade de establecer as bases da colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, a Deputación comprométese a transferirlles ás corporacións locais titulares dos servizos sociais comunitarios, as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos seguintes módulos: a) Módulo dos gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica, tomando como referencia máxima a media de custe/hora (11,66 €) do gasto total xustificado por cada Concello no exercicio 2012. En todo caso a contía concedida non poderá superar a outorgada no ano 2012. b) Módulo dos gastos derivados da contratación de persoal con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do traballador/a social, tomando como referencia máxima a contía concedida pola Deputación de Pontevedra no exercicio 2012. c) Módulo dos gastos derivados da retribución do persoal dos Servizos Sociais comunitarios específicos, tomando como referencia máxima a contía concedida pola Deputación de Pontevedra no exercicio 2012. Visto que no referido convenio aprobado pola Deputación de Pontevedra faise constar que se procederá ó pagamento das contías fixadas para cada módulo, achegando o 35 % da contía total á sinatura deste convenio, e o 65 % da contía total á xustificación final do convenio. Visto que segundo o artigo 50, punto 2, do Decreto 99/2012 polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, os Concellos deberán facer unha achega económica mínima do 20% do orzamento total da suma dos módulos subvencionados no presente convenio, e deberán consignar nos seus orzamentos os créditos necesarios para o financiamento dos servizos sociais comunitarios da súa competencia, segundo o artigo 54 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Visto que os 20 concellos seleccionados cumpren os requisitos esixidos no convenio e achegan a documentación debidamente cumprimentada, co visto bo do servizo de intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do 3º grupo que comprenden 20 concellos de menos de 20.000 habitantes para a cofinanciación dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais os cales se relacionan no anexo adxunto, cunha contía a subvencionar de 792.148,30 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13/232.233.462.00. CONCELLOS Saf P.Comunitario P.Com. Esp 1º Anticipo 35% Concello Subvención 2013 Subvención 2013 Subvención 2013 Total Subvención 2013 Pagado 35 % 1 A Cañiza 10.359,00 € 19.534,87 € 29.893,87 € 10.462,85 € 2 A Illa de Arousa 13.875,40 € 6.014,28 € 19.889,68 € 6.961,39 € 3 As Neves 15.785,58 € 7.506,30 € 23.291,88 € 8.152,16 € 4 Bueu 18.825,07 € 27.041,00 € 45.866,07 € 16.053,12 € 5 Cambados 18.030,38 € 27.041,16 € 45.071,54 € 15.775,04 € 6 Campo Lameiro 9.754,79 € 9.754,79 € 3.414,18 € 7 Covelo 12.028,54 € 19.534,37 € 31.562,91 € 11.047,02 € 8 Cuntis 18.054,41 € 15.012,59 € 33.067,00 € 11.573,45 € 9 Dozón 18.279,48 € 12.028,57 € 30.308,05 € 10.607,82 € 10 Forcarei 23.005,64 € 12.028,57 € 35.034,21 € 12.261,97 € 11 Meis 16.463,92 € 7.506,30 € 23.970,22 € 8.389,58 € 12 Mondariz - Balneario 9.176,20 € 9.176,20 € 3.211,67 € 13 Mos 35.760,24 € 30.091,00 € 65.851,24 € 23.047,93 € 14 O Porriño 27.984,00 € 30.090,31 € 58.074,31 € 20.326,01 € 15 Pazos de Borbén 4.532,47 € 4.532,47 € 1.586,36 € 16 Poio 14.003,66 € 41.702,31 € 55.705,97 € 19.497,09 € 17 Portas 22.300,00 € 7.506,30 € 29.806,30 € 10.432,21 € 18 Tui 17.004,68 € 19.534,87 € 36.539,55 € 12.788,84 € 19 Valga 8.113,68 € 48.152,05 € 65.547,93 € 121.813,66 € 42.634,78 € 20 Vilanova de Arousa 37.835,48 € 45.102,90 € 82.938,38 € TOTAL 792.148,30 € 277.251,91 € 6.21269.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: Escrito do Xefe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de data 13/08/2013 (Rex. saída núm. 12890 de 14 de agosto de 2013), dando conta do artigo titulado “First Report of Fusarium temperatum Causing Seedling Blight and Stalk Rot on Maize in Spain”, realizado pola Estación Fitpatolóxica do Areeiro e publicado no Firt Look da revista Plant Disease. 7.21270.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota