ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.840
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2008/11/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/2.2008-11-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/11/28_Ordinaria

  • Data(s) 2008-11-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 50 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de novembro de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e oito de novembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Provincial D. Xosé Crespo Iglesias. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días a todos e todas. Damos comezo ó Pleno ordinario do día 28 de novembro de 2008. 1. 5763.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto número un. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de outubro de 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de outubro de 2008. 2. 5764.- SOLICITUDE DE ANULACIÓN DA OBRA Nº 624 DO CONCELLO DE MOAÑA DENOMINADA “MELLORA INSTALACIÓNS PRAZA DE ABASTOS” INCLUÍDA NO POL/06, E A INCORPORACIÓN DO SEU FINANCIAMENTO NOS REMANENTES PRODUCIDOS NO POL/2000-2006 Sr. Presidente.- Punto número dous. Solicitude de anulación da obra nº 624 do concello de Moaña denominada “Mellora instalacións Praza de abastos” incluída no POL/06, e a incorporación do seu financiamento nos remanentes producidos no POL 2000/2006. Non sei se hai. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta da petición do concello de Moaña sobre a anulación da obra nº 624, incluída no POL/06, denominada “Mellora instalacións Praza de abastos”, por un importe de 127.483,72 Euros, pola imposibilidade manifestada polo citado concello para levala a cabo antes da finalización do presente exercicio e, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade: - Aprobar a anulación da obra nº 624 do concello de Moaña denominada “Mellora instalacións Praza de abastos” e a incorporación do seu financiamento ós remanentes producidos no POL/2000-2006. 3.5765.- APROBACIÓN DE DIVERSOS PROXECTOS DE OBRAS NO PAM/2006-2008, PSA/2006-2008 E DE ESTRADAS, CO FIN DA SÚA INCLUSIÓN NO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL –OBXECTIVO 1-, PERÍODO 2000-2006, PARA QUE LLE SEXAN APLICABLES OS REMANENTES PRODUCIDOS, POR ECONOMÍAS OU CALQUERA OUTRA CAUSA, NO DEVANDITO PROGRAMA Sr. Presidente.- Punto número tres. Aprobación de diversos proxectos de obras no PAM/2006-2008, PSA/2006-2008 e de estradas, con fin da súa inclusión no programa operativo local –obxectivo 1-, período 2000-2006, para que lle sexan aplicables os remanentes producidos, por economías ou calquera outra causa, no devandito programa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Á vista do ditame da Comisión Informativa de Cooperación e a fin de poder aplicar na súa totalidade a axuda do FEDER que foi asignada para o POL 2000-2006, o Pleno acorda por unanimidade aprobar as obras relacionadas deseguido, por un importe total de 2.306.646,57 Euros, incluídas en diversos Plans desta Deputación, co fin da súa inclusión no Programa Operativo Local, Obxectivo 1, anualidades 2000-2006, dentro do Eixe 5.3, para que lle sexan aplicables os remanentes producidos, por economías de proxectos, ou calquera outra cousa, como foi o ter que descertificar o financiamento dalgúns proxectos, debido a controis efectuados polos distintos órganos de control, incluso debido a outras posibles incidencias que fixesen necesario novas descertificacións: Concello Denominación obra Plan Procedencia FONDOS TOTAL FEDER Deputación Concello Baiona Saneamento A Granxa e Belesar, 1ª, 2ª e 3ª fase PSA/06 -08 72.889,83 35.834,78 12.093,94 120.818,55 Cambados Rede de alcantarillado en Sameiro (Vilariño) PSA/06 -08 49.717,45 24.442,55 8.249,16 82.409,16 Cuntis Saneamento en Cequeril PSA/06 -08 82.258,33 40.440,61 13.648,36 136.347,30 Dozón Estación depuradora augas residuais de 300 habitant. PSA/06 -08 54.297,00 26.694,00 9.009,00 90.000,00 Meaño Saneamento rúa Salnés-Cruce Campo da Feira PSA/06 -08 41.993,11 20.645,05 6.967,53 69.605,69 Concello Denominación obra Plan Procedencia FONDOS TOTAL FEDER Deputación Concello Mondariz Saneamento barrio de Cernadela.Riofrío PAM/ 06-08 85.196,37 41.885,03 14.135,85 141.217,25 Porriño Saneamento de Carracido, e abastecemento augas en PereirasTorneiros PSA/06 -08 112.875,56 55.492,94 18.728,40 187.096,90 O Rosal Saneamento na zona da Cumieira PSA/06 -08 116.985,12 57.513,32 19.410,26 193.908,70 Silleda Abastecemento de auga en Taboada, Margaride e Piñeiro PSA/06 -08 72.948,30 35.863,53 12.103,64 120.915,47 Tui Saneamento en Malvas, colector 2 P3 a depuradora PSA/06 -08 36.258,33 17.825,66 6.016,01 60.100,00 Tui Saneamento en Malvas colector 1 e ramal PSA/06 -08 36.258,33 17.825,66 6.016,01 60.100,00 Vila de Cruces Depuración, saneamento e abastecemento a núcleos rurais PSA/06 -08 124.642,47 61.277,90 20.680,77 206.601,14 Deputación Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas EP 9802 de As Aceñas Deputación 365.459,49 240.307,94 605.767,43 Deputación Estrada provincial Nigrán-Vincios Deputación 139.820,19 91.938,79 231.758,98 1.391.599,88 767.987,76 147.058,93 2.306.646,57 As obras dos concellos foron contratadas e xustificadas pola propia entidade local. Estas obras consideraranse definitivamente aprobadas para a súa inclusión no POL 2000-2006, se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ás mesmas. Así mesmo, de ser subvencionadas con fondos FEDER procederase ó cambio do financiamento das mesmas polo órgano competente. Estes proxectos considéranse elixibles segundo os obxectivos do POL, estando algunhas das actuacións terminadas e comprometéndose a Deputación a facer as xestións precisas para que as pendentes poidan estar rematadas e aboadas, antes do vindeiro 31.12.2008, así como a darlle a correspondente publicidade. 4.5766.- SOLICITUDE DE ANULACIÓN DA OBRA Nº 91 DA DEPUTACIÓN DENOMINADA “EP MOAÑA- BERDUCEDO (MOAÑA)” INCLUÍDA NO PPC/08, E A INCORPORACIÓN DO SEU FINANCIAMENTO NOS REMANENTES PRODUCIDOS POR BAIXAS DE ADXUDICACIÓN Sr. Presidente.- Punto número catro. Solicitude de anulación da obra nº 91 da Deputación denominada “EP Moaña-Berducedo (Moaña)” incluída no PPC/08, e a incorporación do seu financiamento nos remanentes producidos por baixas de adxudicación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Eu, me gustaría explicar se é necesario este tema, creo que é de todos, xa se explicou en Comisión, porque eu para intentar consensuar que isto se retira porque de momento ten o proxecto xa o concello, pero ten que estar adxudicada antes do 1 de decembro, que é luns, e non o vai a estar, porque ademais falta a disposición dos terreos, e por iso se fixo, co compromiso ademais que xa está negociando o concello os terreos para que dalgunha maneira esta obra se poida executar cunha certa rapidez. Pero vamos, se queren lles dou a palabra, porque a min, supoño que debería estar respaldada por todos. Adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Efectivamente dende o punto de vista formal é algo que podía ser aceptable, pero aquí houbo unha decisión que non corresponde máis que a vostedes, no que inclúen nunha obra cuns prazos ríxidos, é dicir, nun plan con prazos ríxidos, unha obra que como a inmensa maioría deste tipo podía ter problemas de prazos, por terreos e demais, esa foi unha decisión que adoptaron vostedes, obviamente se se nos di, con respecto a este concello ou calquera outro, se nos di que é por un problema de trámite do PPC e que se vai a manter o financiamento con fondos propios e se vai a seguir actuando, entón ..., pero iso non foi o que se nos dixo na Comisión. Sr. Presidente.- Non, pero xa llo podo confirmar eu, de todas maneiras vai a levar nome e apelidos no presuposto do ano 2009, con esa, agora había un financiamento de 350.000 euros que non é suficiente, pero ademais hai outro dato, que eles non queren ningunha actuación que non comprenda unha actuación de ensanche e de que haxa que incorporar terreos á mellora da estrada. Polo tanto se descartou mutuamente porque se entendía que a actuación que se ía a acometer non era a que se pedía. Sr. Mosquera Lorenzo.- Entón eu pediría ó Sr. Presidente se pode facer un esforzo, cando haxa temas destes que vaia ás Comisións, porque realmente é o que está enterado, nas Comisións se nos contan unhas cousas que despois non corresponden coa realidade. Se é así nós non temos ningún problema, ó respecto o que se di na Comisión obviamente non era aceptable, pero non porque sexa o concello de Moaña, podía ser o de Gondomar ou calquera outro, ou o de Lalín, nos dá exactamente igual. Se é así votamos a favor e non creo que mereza máis ... Sr. Presidente.- ... e así só falta neste momento que cheguemos ó acordo, que o concello está mirando o tema dos terreos para chegar a un acordo e poñelo en marcha. O proxecto está feito, que o ten neste caso o Deputado ... Sr. Mosquera Lorenzo.- Se é así votamos a favor e non creo que mereza máis debate porque é unha cousa moi concreta. Sr. Presidente.- É o tema, ademais o compromiso é firme e non hai marcha atrás de ningún tipo. Polo tanto votamos todos a favor, vamos, da anulación, pero é que a anulación é a incorporación inmediata, vamos, por iso quería explicalo eu claramente. Dada conta da petición desta Excma. Deputación Provincial sobre a anulación da obra nº 91, incluída no PPC/08, denominada “EP MoañaBerducedo (Moaña)”, por un importe de 350.000,00 Euros motivada pola imposibilidade de adxudicar a obra antes de rematar o presente exercicio dadas as dificultades para dispoñer dos terreos e, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade: - Aprobar a anulación da mencionada obra nº 91 da Deputación Provincial, por importe de 350.000.00 Euros, e a incorporación do seu financiamento ós remanentes producidos por baixas de adxudicación. As baixas totais das obras da Deputación, que ascenden a 495.879,05 Euros, aplicaranse nas obras nº 71 e nº 72 do Programa de Actuacións Complementarias seguintes: o Obra nº 71: “Capa de rodadura EP 6010 Lama-Muimenta-Ventosa (Lalín-Agolada) Pk. 4,00-11,00” Achega do Estado (MAP).................... 132.939,53€ Achega de Deputación......................... 132.939,52€ TOTAL....................................................265.879,05€ o Obra nº 72: “Mellora de trazado e pavimentación EP PontedovalBarciademera (Mondariz) Pk. 0,7-1,5” Achega do Estado (MAP).....................115.000,00€ Achega de Deputación...........................115.000,00€ TOTAL....................................................230.000,00€ 5.5767.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO NÚMERO 5.5758 DA SESIÓN PLENARIA DE 31 DE OUTUBRO DE 2008, EN RELACIÓN CO CAMBIO DE FINANCIAMENTO DA OBRA Nº 68 DO CONCELLO DE COVELO, INCLUÍDA NO PPC/08 E DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS DE EIDO FERNÁNDEZ EN A GRAÑA” Sr. Presidente.- Punto número cinco. Corrección do erro material no acordo 5.5758 da sesión plenaria de 31 de outubro de 2008 en relación co cambio de financiamento da obra nº 68 do concello de Covelo, incluída no PPC/08 e denominada “Pavimentación camiños de Eido Fernández en a Graña”. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Parece ser que era un erro exclusivamente aritmético. Producíndose un erro mecanográfico na transcripción do cambio de financiamento da obra nº 68 do concello de Covelo denominada “Pavimentación de Camiños de Eido Fernández en A Graña” incluída no PPC/08, acordo do Pleno da Corporación Provincial núm 5.5758, adoptado na sesión ordinaria do día 31 de outubro de 2008 e, de conformidade co establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, o Pleno acorda por unanimidade: - Corrixir o mencionado erro debendo figurar como achegas as seguintes no lugar das inicialmente establecidas: Achega MAP…………………………………… 23.652,09€ Achega da Deputación…………………..........…. 17.157,43€ Achega do Concello……………………….......….17.157,44€ TOTAL …………………………………....…….57.966,96€ 6.5768.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE MEIS Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO Sr. Presidente.- Punto número seis. Adhesión do concello de Meis ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral do Catastro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O concello de Meis na sesión plenaria que tivo lugar o día 27 de maio de 2008 acordou solicitar a adhesión do concello ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Meis delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de xullo de 2008, polo que se acepta a petición do concello de Meis, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Meis ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 7.5769.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CATOIRA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA, ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DE CADA UN DESTES TRIBUTOS Sr. Presidente.- O punto número sete. Delegación de competencias do concello de Catoira a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Catoira na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 12 de novembro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Catoira, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Catoira, por acordo do Pleno de data 27 de xuño de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 8.5770.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE ARBO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- Punto número oito. Delegación de competencias do concello de Arbo a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Arbo na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 12 de novembro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Arbo, para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Arbo, por acordo do Pleno de data 26 de setembro de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 9.5771.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 4/2008 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número nove. Expediente de modificación de créditos número 4/2008 do Organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Sr. Director do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) a través de escrito de data 16 de setembro de 2008, propón ó Consello Reitor de dito Organismo Autónomo a aprobación dun expediente de modificación de créditos coa finalidade de incrementar a dotación económica das seguintes partidas: Partida Denominación Importe 08/861.611.222.01 Comunicacións postais 400.000,00 € 08/861.611.310.11 Intereses conta operación tesourería de 70.000,00 € Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), na sesión que tivo lugar o día 17 de setembro de 2008 acordou a aprobación do expediente de modificación de créditos número 4/2008, por un importe total de 470.000,00 euros, coa finalidade de facerlle fronte ós gastos que aparecen detallados na proposta do Director e que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que o expediente de modificación de créditos número 4/2008 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), finánciase con aforro propio procedente do remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por importe global de 470.000,00 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 16 de setembro de 2008, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario e cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de crédito número 4/2008 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aprobar o expediente de modificación de créditos número 4/2008 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por un importe total de 470.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos de bens correntes e servizos ........ 400.000,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros ................................... 70.000,00 € Total variacións por capítulos .... 470.000,00 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 10.5772.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR PARA SOLICITAR Ó GOBERNO DA NACIÓN A REFORMA URXENTE DO FINANCIAMENTO LOCAL E QUE NON DIMINÚAN OS INGRESOS LOCAIS POLAS TRANSFERENCIAS DO ESTADO NOS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO 2009 Sr. Presidente.- O punto número dez que era unha Moción do Grupo Provincial do Partido Popular, para solicitar ó Goberno da Nación a reforma urxente do financiamento local, en principio retírase, como se dixo xa na Comisión, creo, non, foi un erro, bueno, e ademais están negociando hoxe iso, non, para que o Goberno nos dea máis diñeiro ós concellos. Sr. Figueroa Vila.- En calquera caso é un erro porque xa se ... xa o falamos co Secretario, xa onte nos demos conta dese tema, e polo tanto queda retirado porque está tratada no Pleno xa. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Figueroa, non é ningún erro, levárona a Comisión, e xa foi acordada no Pleno do 26 de setembro, teñen o descaro de traer a mesma moción, exactamente a mesma, tratada no Pleno de 26 de setembro, a traen ás Comisións pasadas e hoxe a traían ó Pleno, é que non miran nin a orde do día do Pleno, ese é o problema de fondo, é dicir, non é que fora por erro, levárona a Comisión. Sr. Presidente.- De vista non andamos nada mal. Sr. González Iglesias.- Xa vexo. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- ... que repitamos un cada mes. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vale. Bueno. Retírase da orde do día Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para solicitar ó Goberno da nación a reforma urxente do financiamento local e que non diminúan os ingresos locais polas transferencias do Estado nos Orzamentos xerais do Estado 2009. 11.5773.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A MODIFICACIÓN DA LEI ORGÁNICA 5/1985, DO RÉXIME ELECTORAL XERAL Sr. Presidente.- Bueno, pois pasamos directamente ó punto número once que é Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a modificación da Lei orgánica 5/1985, do Réxime Electoral Xeral. Ten a palabra D. José Juan Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Bos días. Gracias Sr. Presidente, señoras e señores Deputados. Vou a dar lectura ó texto da Moción que figura na orde do día. “A Constitución Española no seu artigo 23 outórgalles o dereito de sufraxio a todos os cidadáns, ademais o artigo 14 de dito texto garántelles a todos os españois igualdade no exercicio dos seus dereitos. Todo iso supón que dunha ou doutra forma os poderes públicos deben articular un mecanismo que lles permita ós españois residentes no exterior exerceren o dereito de sufraxio con todas as garantías. Así a Lei Orgánica 40/2006 de 14 de decembro, do Estatuto da cidadanía española no exterior, que versa sobre o dereito dos españois residentes no exterior a ser elector e elixible nas mesmas condicións que a cidadanía residente no Estado Español, comunica no seu artigo 5 o seguinte: “1º. Os españois que residen no exterior teñen dereito a ser electores e elixibles en todos e cada un dos comicios, nas mesmas condicións que á cidadanía residente no Estado Español, nos mesmos termos previstos na normativa de aplicación. Punto 5º. Para facilitar o exercicio do dereito de voto dos españois residentes no exterior promoveranse as medidas legais tendentes a homoxeneizar os procedementos electorais para a cidadanía española no exterior, e habilitaranse os medios materiais, técnicos e humanos precisos que posibiliten a votación en urna ou a través doutro medio técnico que garanta o segredo do voto e identidade do votante, en eleccións xerais, europeas e autonómicas, nas demarcacións consulares, tendo en conta as características dos países de residencia, e o número e distribución de españois residentes no país de que se trate.” Nestes momentos a regulación da normativa electoral neste aspecto resulta insatisfactoria, tanto dende o punto de vista da seguridade xurídica como das garantías democráticas que aseguran que o voto sexa universal, libre, igual, directo e secreto. Por esta razón o Grupo Parlamentario Popular no Congreso presentou unha proposición de Lei Orgánica, de modificación da Lei de Réxime Electoral Xeral, para adecuar as especificidades do dereito ó voto dos españois residentes no exterior, coa garantía democrática que representa o sistema de voto en urna, apoiado na administración consular así como o exercicio do voto por correo con todas as garantías, a regulación das campañas electorais e a previsión de depuración do censo de electores e electoras residentes no exterior. Considerando a importancia desta iniciativa o Grupo Provincial Popular somete á consideración do Pleno da Corporación Provincial a aprobación dos seguintes acordos: 1º.- A Deputación de Pontevedra insta ós grupos parlamentarios das Cortes Xerais, a que con carácter de urxencia aproben a proposición de Lei Orgánica, da modificación da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xullo, do Réxime Electoral Xeral, presentada polo Grupo Parlamentario Popular, para posibilitar a homoxeneización do procedemento de voto das persoas residentes no exterior co resto da cidadanía, nos termos que se expresa nela. 2º.- Instar ó Goberno a que proceda a tomar cantas medidas sexan necesarias para que unha vez aprobada a reforma da Lei se lle dea cumprimento con carácter de urxencia ó contido da referida reforma da Lei Orgánica Electoral Xeral. 3º.- Darlles traslado destes acordos ós Portavoces Parlamentarios na Subcomisión sobre as posibles modificacións do Réxime Electoral, Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados. Pontevedra, 18 de novembro de 2008. Asina o Portavoz do Grupo Popular. Sr. Presidente, señoras e señores Deputados, o que pretendemos con esta iniciativa é que se impulse unha reforma que nos últimos anos e nos últimos meses existe, sobre a que existe un debate, sobre a que existe unha inquedanza na sociedade española, sobre a necesidade de que se establezan ese tipo de garantías, ese tipo de salvagardas, para que todos os españois, todos os cidadáns españois residentes no exterior poidan acceder en condicións de igualdade ó exercicio dese dereito fundamental que é o dereito ó voto tanto na condición de electores como de elixibles. E máis nada nesta primeira intervención. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. A verdade é que é simpática a situación, é simpática porque como saben vostedes a nós nos gusta falar do que pasou aquí e do que pasa nesta casa, e neste Pleno, neste Pleno, varias veces temos proposto, a raíz de varios debates que prefiro non recordar e se fai falta recórdase, que o voto emigrante había que regulalo, e que incluso en certo tipo de eleccións non tiña ningún sentido, en medio de chascarrillos e oposición frontal das bancadas do goberno, do Partido Popular, creo que, supoño que a quen atende nos debates dende os escanos saberá que iso sucedeu así e que incluso se daban argumentacións moi peregrinas, obviamente non podemos máis que celebrar este repentino cambio de posicionamento do Partido Popular e agradecelo, obviamente, non. Claro, lamentar que mentres tivo maioría absoluta en Madrid e demais non o fixera, pero bueno, de todas maneiras nunca é tarde se a dita é boa, e onde dixen digo agora digo Diego e se é Diego que é a realidade, pois benvido, benvido sexa. Pero aínda así hai unha cousa moi sorprendente que é que parece que lle tiveron que mandar de Madrid, hai un acordo unánime do Parlamento Galego que propón practicamente esa mesma modificación e non se deron por enterados, no trouxeron á Deputación de Pontevedra, verdade, cando teñen unha proposta do seu partido en Madrid e lla mandan como circular, entón si, entón resulta que vostedes presentan esta proposta, do cal nos alegramos. Home, creo que sería francamente razoable que incluso por iniciativa digamos temporal e por todo, que o texto de resolución pois dixera pois o que ten, que é practicamente o mesmo, pero dixera, a Deputación de Pontevedra insta ós grupos parlamentarios das Cortes Xerais a que con carácter de urxencia, que é o mesmo, aproben as proposicións de Lei orgánica, que é o mesmo, modificación da Lei Orgánica do 19 de xullo, do Réxime Electoral Xeral, presentada polo Parlamento de Galiza, apoiada unanimemente polos Grupos e por todo o Parlamento para posibilitar a homoxeneización e demais, non. Curioso que este acordo é previo á presentación en Madrid e parece que só cando o seu partido en Madrid llo di, ou sexa, pola contra parece que, digamos que, en fin, creo que queda en postura bastante fea o PP de Galicia e vostedes mesmos con este acordo. Nós dende logo se, se o acordo, é dicir, se o acordo, se se cambia o primeiro punto da parte dispositiva neste teor, que tamén o apoiou o seu grupo e demais, tamén o apoiou no Parlamento Galego, pois creo que sería, vamos non teríamos ningún problema en apoialo, loxicamente, claro, por coherencia e polo que levamos defendendo sempre, sempre. Non é o noso plantexamento de orixe, evidentemente está algo modificado, en aras dun consenso que se deu no Parlamento Galego, bueno, se os termos son, vamos, o que acabo de dicir, obviamente en aras do consenso pois estaríamos dispostos a aprobar, o primeiro punto, os dous seguintes aceptariámolos sempre e cando se modifique o primeiro e se faga referencia á proposta unánime do Parlamento Galego e non a isto que vén de Madrid, que é temporalmente máis tardío, incluso, creo que sería o razoable. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Presidente se vostedes aceptan lo que les acaba de proponer el Bloque nosotros votaríamos a favor y sino votaríamos en contra porque estamos ante una actuación, una más, de oportunismo político, y que un poco desmiente sus actuaciones de cuando gobernaban. Digo de oportunismo político porque yo creo que a nadie le cabe ninguna duda a estas alturas que el Partido Socialista apuesta por la reforma de esta lei orgánica y por la mejora del sistema del voto de los emigrantes. Desde el Gobierno y desde el Partido Socialista y con todos los partidos, desde el comienzo de la legislatura se promovió la constitución de la Comisión constitucional, de la constitución en el seno de la Comisión constitucional del Congreso de una subcomisión de trabajo para la reforma de la lei orgánica en la que participan todos los grupos parlamentarios. La primera tarea que ha asumido la subcomisión del Congreso de los Diputados ha sido aceptar por unanimidad, Sr. Durán, por unanimidad de todos los grupos parlamentarios, el inicio del estudio de la lei orgánica en lo correspondiente al voto de los españoles en el exterior. Tras la comparecencia de dos expertos sobre el procedimiento del voto en el exterior del Director General de Política Interior del Ministerio del Interior y el Secretario General de Asuntos Consulares Emigratorios, la Comisión decidió: Analizar el procedimiento de voto de los españoles en el exterior para elaborar una reforma que permita el voto en urna, y mejorar el censo electoral de residentes ausentes (CERA) para hacerlo fiable y evitar que se den casos de votos fallidos, aquellos votos que llegan a España con posterioridad al recuento general. Con todo esto entenderán que nuestra posición tiene que ser en contra puesto que existe una subcomisión en el Congreso de los Diputados que está trabajando en la reforma del voto de los ciudadanos en el exterior, asesorada por expertos y desde el acuerdo y el consenso de todos los grupos parlamentarios, absolutamente de todos, tal y como corresponde a la reforma de una Ley tan importante como la que establece el procedimiento electoral. Entendemos, volvemos a repetir, que si ustedes mantienen la moción tal como está vamos a votar en contra y si aceptan el planteamiento que les acaba de hacer el Portavoz del Bloque, nosotros votaríamos a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Juan Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Gracias. Bos días de novo. Vamos a ver, efectivamente o que plantexaba o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego podémolo asumir perfectamente, evidentemente esta Moción basease, entre outras cuestións, en que o Parlamento, o que lle corresponde loxicamente por mandato constitucional promover a reforma do Réxime Electoral Xeral, é onde se está tramitando, é no Congreso dos Deputados, dentro das Cortes Xerais. Evidentemente que hai ese acordo do Parlamento de Galicia ó que facía referencia o Sr. Mosquera. En todo caso, nós, esta cuestión fala tamén non só desa reforma senón de que esa reforma se faga nun determinado tempo e cun determinado ritmo e aí si que temos que rexeitar a intervención de D. Emilio González cando fala ou cando nos acusa de oportunismo político. Aquí o que está en cuestión é a verdadeira e real vontade política do Partido Socialista, de axilizar, de que tiveran o ritmo lóxico que teñen segundo que proxectos lexislativos, este do que estamos a falar, e aí si que, evidentemente, creo que o Partido Socialista no Congreso dos Deputados di que si, que está dando pasos, pero non son os pasos precisos e os pasos necesarios, por moito informe que lea vostede de expertos, por moitas cuestións que poña enriba da mesa, hai unha cuestión fundamental que é o interese e a vontade política e vostedes non tiveron en todo o que vai desta lexislatura estatal, que loxicamente é curto, pero na pasada, e por suposto no Parlamento de Galicia, non tiveron a dilixencia e o interese necesario para que se puidera chegar ás próximas eleccións autonómicas con esa reforma realizada para garantir, para garantir ese dereito nas condicións que se establece na Constitución Española de emisión de voto. Vostedes non tiveron ese interese, non imprimiron actividade lexislativa nese apartado concreto ó necesario ritmo para que se chegara a ese resultado. Si que se esgrimen informes, si que se fala de cuestións, si que se fan viaxes, si que se di que se quere ós emigrantes, si que se di que se respectan os seus dereitos, pero hai cuestións fundamentais nestes últimos anos, que son consecuencia da súa acción de goberno, nalgún caso que nós aplaudimos, pero que fai que cambien as condicións nas que se debe facilitar, nas que se debe permitir lexislativamente o voto emigrante como é o incremento certamente importante do censo especial de residentes ausente, co recoñecemento vía modificacións do Código Civil, da nacionalidade española a un número importante de persoas. En consecuencia con ese incremento do censo especial de residentes ausentes, en consecuencia tamén con avances tecnolóxicos que hai, en consecuencia críamos e seguimos crendo e vostedes non, que esa reforma se debeu facer con moitisima máis rapidez, que cando queren as fan, están neste momento no Parlamento de Galicia, dende hai unhas semanas, nunha actitude vertixinosa de aprobación de proxectos de leis, de aprobación de diferentes iniciativas lexislativas, para dicir que o Parlamento está adoptando ese tipo de cuestións e o puideron facer tamén en Madrid, e seguro que para facelo en Madrid non ían a ter ningún tipo de atranco de ningún outro grupo político, ¿pero que pasa?, había que marcar un ritmo lento, un ritmo cansino, ese ritmo de facer que se fan as cousas para non acabar de facelas, para conseguir evitar que na vindeira cita coas urnas, na cita das eleccións autonómicas, o voto en urna non estivera establecido, e por iso chegamos a esta situación, está moi ben dicir pola boca pequena que hai vontade pero dende logo os feitos son absolutamente tozudos á hora de demostrar que vostedes non tiñan ningún interese e seguirán sen telo. As razóns de por que non teñen ese interese se entenden facilmente e creo que en principio non son o motivo deste debate, non son o motivo deste debate. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Juan Durán. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, evidentemente se se vai chegar a un acordo sobre esta base, eu pediría que digamos que non se entrara noutro tipo de debates, porque podíamos entrar con certa facilidade e montar aquí unha boa trifulca sobre iso, que xa se ten montado outras veces, xa se ten montado outras veces. Pola nosa parte imos a deixalo así, se se acepta digamos que o primeiro punto se substitúa polo texto e o aceptamos todos os grupos, pois todo o que empuxemos agardemos que sexa para as próximas autonómicas senón para as seguintes, pois todo o que empuxemos nun tema que vén dende hai 23 anos ou máis e que non se dou resolto, obviamente todos sabemos por que non se dou resolto, obviamente todos sabemos por que non se dou resolto, pero bueno, todos sabemos antes e agora, e bueno se se dá resolto si creo que sería positivo, se volvemos a entrar na discusión de fondo, por que non se resolveu en todos estes anos, pois xa sabemos o que vamos a dicir todos, podemos dar por reproducido outros debates e automaticamente estaríamos aforrándolle tempo a quen nos estea escoitando e a nós mesmos, non. Nese sentido pois si reiterar o posicionamento, se se acepta a substitución do punto primeiro polo acordo do, vamos, do Parlamento Galego, que é moi anterior temporalmente e está tamén metido no Boletín das Cortes, entrou antes no Boletín das Cortes para a súa tramitación que propostas que se citan na Moción tal como plantexa o Partido Popular, pois votaríamos a favor, e en fin, e nos conmutaríamos da unanimidade, que me parece que é a primeira vez que sucede algo nesta Corporación, pero bueno, algunha vez tiña que ser a primeira, agardemos que sexa para ben. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Hai que darlle a benvida ós conversos, porque, home, vostedes estiveron gobernando e tiveron maioría absoluta, efectivamente hai novidades, pero novidades que se deben á acción do actual Goberno de España, é dicir, quen fai e consegue a reforma da nacionalidade, para que os emigrantes e os seus descendentes manteñan a cidadanía, faina este goberno, e entón claro, é dicir, prodúcense unha serie de actuacións deste goberno que levan a que máis emigrantes poidan votar, claro, como vostedes non o facían, porque vostedes eran, dicía vostede na súa intervención, eran os que crían e defendían ós emigrantes, pero non o facían, pero como agora se fixo, pois hai máis que teñen ese dereito e hai que profundizar neste traballo. Que quere que lle diga, é dicir, a Secretaría de Estado para a Inmigración e Emigración créase con este goberno, con vostedes con maioría absoluta non. É dicir, a Lei de Dependencia, os efectos da Lei de Dependencia a descendentes de emigrantes, faise co goberno actual de España, non con vostedes. Agora, loxicamente, loxicamente ten razón nunhas cousas que di, que agora son máis os que obteñen dereito, pero claro, o ser máis non se debe á acción do Partido Popular. Recoñecerá comigo iso, porque se de verdade o que querían era que votaran en urna e demais pois por que non o fixeron vostedes cando gobernaron, e non só non é que non o fixeran, é que pronunciábanse en contra alí onde estaban. Polo tanto, mire, para non seguir discutindo deste tema, se aceptan a proposta que lle fixeron nós votamos a favor, e senón a aceptan e a manteñen tal como está votamos en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. José Juan Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Eu creo que a posibilidade de que se poida acadar unha votación unánime sobre un texto, e non ten nada que ver coa circunstancia de que cada quen poida argumentar no sentido que sexa, e esta parte teña que en aras a ese voto unánime calar, porque dá a sensación, creo que o escoitei hai uns momentos, como se vai a votar unanimemente non entremos no debate, entón despois se deixan caer aí unha serie de xuízos de valor que non compartimos. Eu non vou a entrar senón se quere ou senón nos obrigan a iso, non vou a entrar a falar do que fixo a Xunta de Galicia do Partido Popular pola Emigración nos dezaseis anos de goberno e o que está facendo a Xunta, fundamentalmente a parte da Xunta que corresponde ó Partido Socialista, nestes catro anos, non vou a falar nin das medidas que se tomaron naquela época, que aí están refrendadas masivamente no seu momento, nin vou a falar das, bueno, das sedes, da infraestrutura que dotou a Xunta de Galicia en diversos países de Sudamérica para supostamente atender ós emigrantes, non vou a entrar nese tema, entre outros dos que poderíamos falar. Me parece moi demagóxico pola súa parte habida conta das cifras que se barallan sobre a aplicación práctica da Lei de Dependencia o que acaba de dicir vostede. Eu creo que perdeu unha oportunidade estupenda de manterse calado no que é esa Lei que tanto venden vostedes pero que ó final, na plasmación práctica, sexa en territorio español ou sexa de aquí, a plasmación práctica é percibir as prestacións correspondentes, non é o caso. E habería que falar moito máis tamén, pero hoxe non é o tema, de como está chegando, de como perciben os emigrantes a aplicación a eles mesmos desa Lei de Dependencia. ¿Que fixeron vostedes modificacións lexislativas?, si que as fixeron, si que as fixeron, pero as fixeron tamén evidentemente respondendo, respondendo, como se fan sempre modificacións lexislativas, a unha situación social, a unha situación demográfica, etc., etc., situación demográfica que non existía antes, ou situación económica que posiblemente non existía antes, ou unha demanda social, que se lexisla moitas veces en función dunha determinada demanda social. Non, é así, é así D. Emilio González, evidentemente se lexisla así, e antes non había esas circunstancias. Estou seguro, estou seguro, poboacionalmente, demograficamente, non existía nada diso. Agora, insisto con independencia de que este grupo agradece o esforzo de consenso do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista e de que aceptamos esa inclusión, insisto, o Partido Socialista non ten nada que ver, entendo, nisto, o Bloque Nacionalista Galego, o Partido Socialista en todo este proceso fixo que ía facer, fixo que ía chegar a tempo, fixo, puxo, dou a sensación, puxo en escena todo, unha montaxe de que ía estar a tempo, pero cando a vontade real, cando a vontade real era que non se fixera. ¿Por que?, bueno, porque loxicamente o Partido Socialista ten unha estratexia, o Partido Socialista entende que lle beneficia electoralmente a situación actual, e por iso se deixa levar pola mesma. ¿E despois?, o que pase despois das eleccións, das vindeiras eleccións autonómicas seguro, teña vostede a seguridade, que o goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia lle dará a rapidez necesaria á conclusión deste proceso que vostedes non teñen ningún interese, o fará o futuro goberno, a partir de marzo, do Partido Popular. Máis nada. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, dúas cuestións. Sr. Durán ten vostede a facultade agora mesmo de convocar as eleccións autonómicas, porque nolas acaba de convocar agora mesmo. Bueno, creo que non. Mire, de todos os xeitos, fíxese, é curioso, dando por boa toda a súa intervención, esta última intervención, dándoa por boa resulta que estaríamos diante dunha actuación do Partido Socialista, que aínda dando por bo, volvo a repetir o que vostede di, que non lle gusta o que está facendo, que non é certo, que non lle gusta o que está facendo pero está facendo, e en todo caso dando por bo, despois das eleccións si vai haber esa reforma, pero nos acusa diso a alguén que non deu nin sequera o primeira paso para nin que despois dunhas, doutras nin doutras se fixera iso, é curioso, é curioso, ata onde pola súa intervención, Sr. Durán, se están vostedes descualificando a si mesmos. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, sen ningún ánimo profético posiblemente non sexan en marzo, eu creo que vamos a votar o día seguinte á festividade do día dos namorados, posiblemente, pero insisto, despois, despois do 15 de febreiro o goberno da Xunta do Partido Popular rematará con vontade política este proceso que vostedes nos fixeron. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a proceder polo tanto á votación desta moción coa incorporación neste caso da proposta que di o seguinte, proposta do Portavoz D. Cesáreo Mosquera Lorenzo que dalgunha maneira modifica se está de acordo o ponente, modifica o texto onde pon, da primeira consideración, que sería: A Deputación de Pontevedra insta ós grupos parlamentarios das Cortes Xerais a que con carácter de urxencia aproben as proposicións de Lei Orgánica de modificación, da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xullo, do réxime electoral xeral, presentada polo Parlamento de Galicia, apoiada unanimemente polos grupos parlamentarios do Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista e Partido Popular para posibilitar a homoxeneización do procedemento de voto das persoas residentes no exterior co resto da cidadanía, nos termos que se expresan na mesma. ¿Estamos de acordo?. Polo tanto votamos por unanimidade esta proposta do punto 11, a Moción neste caso do Partido Popular que é respaldada por unanimidade por todos os grupos políticos, con esta incorporación. O Pleno, visto o ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade aprobar coa citada modificación do apartado primeiro, a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a modificación da Lei orgánica 5/1985, do Réxime Electoral Xeral. Dita Moción é como segue: “A Constitución Española, no seu artigo 23, outórgalles o dereito de sufraxio a todos os cidadáns. Ademais, o artigo 14 de dito Texto garántelles a todos os españois igualdade no exercicio dos seus dereitos. Todo iso supón que, dunha ou outra forma, os poderes públicos deben articular algún mecanismo que lles permita ós españois residentes no exterior exerceren o dereito de sufraxio con todas as garantías. Así a Lei 40/2006, de 14 de decembro, do Estatuto da cidadanía española no exterior, que versa sobre o dereito dos españois residentes no exterior a ser elector e elixible nas mesmas condicións cá cidadanía residente no Estado español, comunica no seu artigo 5 o seguinte: “1. Os españois que residen no exterior teñen dereito a ser electores e elixibles, en todos e cada un dos comicios, nas mesmas condicións cá cidadanía residente no Estado español, nos termos previstos na normativa de aplicación. 5. Para facilitar o exercicio do dereito de voto dos españois residentes no exterior promoveranse as medidas legais tendentes a homoxeneizar os procedementos electorais para a cidadanía española no exterior e habilitaranse os medios materiais, técnicos e humanos precisos que posibiliten a votación en urna ou a través doutro medio técnico que garanta o segredo do voto e a identidade do votante, en eleccións xerais, europeas e autonómicas, nas demarcacións consulares, tendo en conta as características dos países de residencia e o número e distribución de españois residentes no país de que se trate”. Nestes momentos a regulación da normativa electoral neste aspecto resulta insatisfactoria, tanto dende o punto de vista da seguridade xurídica coma do das garantías democráticas que aseguran que o voto sexa universal, libre, igual, directo e secreto. Por esta razón o Grupo Parlamentario Popular no Congreso presentou unha proposición de Lei orgánica de modificación da Lei de réxime electoral xeral para adecuar as especificidades do dereito ó voto dos españois residentes no exterior coa garantía democrática que representa o sistema de voto en urna, apoiado na administración consular, así como o exercicio do voto por correo con todas as garantías, a regulación das campañas electorais e a previsión de depuración do censo de electoras e electores residentes no exterior. Considerando a importancia desta iniciativa o Grupo Provincial Popular somete á consideración do Pleno da Corporación Provincial a aprobación dos seguintes acordos: PRIMEIRO. A Deputación de Pontevedra insta ós grupos parlamentarios das Cortes Xerais a que, con carácter de urxencia, aproben as proposicións de lei orgánica de modificación da Lei orgánica 5/1985, de 19 de xullo, do réxime electoral xeral, presentada polo Parlamento de Galicia, apoiada unanimemente polos grupos parlamentarios do BNG, PSOE e do PP, para posibilitar a homoxeneización do procedemento de voto das persoas residentes no exterior co resto da cidadanía, nos termos que se expresan nela. SEGUNDO. Instar ó Goberno a que proceda a tomar cantas medidas sexan necesarias para que, unha vez aprobada a reforma da lei, se lle dea cumprimento con carácter de urxencia ó contido da referida reforma da Lei orgánica electoral xeral. TERCEIRO. Darlles traslado destes acordos ós portavoces parlamentarios na Subcomisión sobre as posibles modificacións do Réxime electoral (Comisión Constitucional) do Congreso dos Deputados.” 12.5774.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número doce. Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, son las siguientes, en primer lugar los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 28 de octubre y el 24 de noviembre. Luego tenemos tres acuses de recibo a la Moción aprobada en relación con la Jornada Mundial del Trabajo Decente, de Comisiones Obreras, del Ministerio de la Presidencia y de la Unión General de Trabajadores. Y luego también tenemos un acuse de recibo del Ministerio de Hacienda en relación con la Moción acordada sobre la financiación de las Corporaciones Locales. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 28 de outubro e o 24 de novembro do ano 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De escritos da Confederación Sindical de Comisións Obreiras de data 11-11-08, da Comisión Executiva Confederal da Unión Xeral de Traballadores de data 13-11-08 e da División de Recursos e Dereito de Petición da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio da Presidencia de data rexistro de entrada 13-11-08, acusando recibo de acordo plenario en relación con Moción sobre a Xornada Mundial polo Traballo Decente. C) De escrito da División de Recursos e Dereito de Petición da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio da Presidencia de data rexistro de entrada 13-11-08, acusando recibo de acordo plenario en relación con Moción sobre o financiamento das Corporacións Locais. Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Sr. Secretario.- No hay nada. 13.5775.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto de Rogos e Preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. A nosa intervención pódese tomar coma un rogo ou unha pregunta ou como se queira, e en relación a certos feitos, a certa dinámica que está tendo esta casa nos últimos tempos. No pasado Pleno, no pasado Pleno díxose aquí por parte do que exercía de Portavoz do Partido Popular naquel momento, ó respecto a ese tema, que era D. Xosé Crespo, de que había un máximo interese por parte do grupo de goberno en acadar que esta Deputación tomara unha postura de futuro, consensuada se podía ser, e que se ía a tratar, sobre dous documentos que nos gusten ou non, nos gusten máis ou nos gusten menos ou nos gusten moito, teñan os seus problemas, pois están sobre a mesa e que van a definir dunha maneira seria e transcendente o futuro das actuacións, que son por un lado as Directrices de Ordenación do Territorio, que no seu momento fixérase o avance no ano 2005, ó final da lexislatura, que acabou coas eleccións en xuño do 2005, por parte do Partido Popular, e que aínda que houbo cambio de goberno seguiron aí e parte daquel documento segue a estar recollido, parte, non, houbo bastantes cambios na hora do documento de aprobación inicial, que está a exposición pública e que esta casa pois terá o seu, en fin, esa política que teñen agora vostedes, que teñen que ter esa transcendencia, en fin, debe ser o centro do mundo a Deputación, pois tería que posicionarse, non sucedeu nada diso, non sucedeu nada diso. Con respecto ó Plan de Estradas que vostedes fixeron unha serie de declaracións de que non sei que problemas tiña ou deixaba de ter, que os terá, obviamente, e se os ten pois o mesmo, tamén se falou de que se ía a falar, se lle daba tempo tamén neste Pleno, que ó final dábao ou senón o daba por, vamos, pois nas Comisións, pois tratar de ver cales ían ser as alegacións, estudalas, comparar, que se transfería ou non se transfería, etc., tampouco nada de nada. E se se acordan vostedes ó final da primavera, incluído xa no orzamento e contratada unha asistencia técnica, pois ía haber unha empresa xestionada por esta Deputación, coa figura que se estimara, para xestionar en primeira instancia a recollida de lixo dos concellos que non tiñan, que prestaban o servizo directamente, tivemos varias reunións, a última quedamos que en setembro xa ía haber a definitiva para votar a andar, senón me acordo mal, e seguimos agardando, seguimos agardando. Ben, creo que os motivos polos que hai esta parálise de deixar pasar temas importantes, ou temas que vostedes en principio anuncian e que votan a andar e despois deixan parados, pois terannos que explicar vostedes, terannos que explicar. Obviamente parece bastante claro que con respecto ó goberno desta Deputación pois, e dito así en tono coloquial, están un pouco na verza, están un pouco na verza, non quero votar a, digamos, darlle gran transcendencia, a que nos traian agora a moción a este Pleno repetida, porque é unha anécdota pero é unha anécdota moi significativa, están sumamente ocupados en traer mocións, bueno, bastante inoportunas, en ir de visita por aí, en facer campañas electorais, en seguir as directrices que lle mandan ou en traginar a moción de censura de Mos ou cousas semellantes. Teñen a cabeza, home, a señora que en principio se as cousas se consuman, nese caso de transfuguismo descarado, vai ser a alcaldesa, ultimamente por aquí véxoa moito, non sei, sorprenderíame que non tivera nada que ver ou que o Presidente do PP e da Deputación non soubera nada diso. Pero bueno, sería un caso máis, pero paréceme que están moi ocupados en facer visitas dese tipo e o que é o ritmo, o pulso e as decisións e cousas tan transcendentes para esta Deputación como as que acabo de citar, pois quedan nun segundo, nun segundo plano, á parte dos cargos que teñen o seu partido, como me dicían de pequeno as vacas que teñen que coidar son estas, as vacas que teñen que coidar son estas que están gobernando aquí, polo tanto, e non dá a sensación, e dígollo con toda claridade, con toda a, non dá a sensación de que estean nesa tesitura, andan preocupados, teñen a cabeza noutros lados, andan preocupados por outros asuntos e demais. Entón, tome como unha pregunta ou un rogo pois que en fin, aplíquense aquí o se hai algún motivo para que o do lixo quedara parado, se hai algún motivo para que esta Deputación non se posicione, polo menos os grupos políticos, con respecto a un documento desa transcendencia, como son as Directrices de Ordenación do Territorio, despois de prometelo neste Pleno, despois de prometelo neste Pleno, de que se ía facer así, e coincidir na importancia do Plan de Estradas, dígovos que se nos explique, francamente é moi sorprendente e demais. E despois, aproveitando que estou no uso da palabra, o outro día fixen o seguinte exercicio nesta casa, tamén en relación a algo que se falou neste Pleno. Había dous, tres documentos, que están colgados en páxinas web, entón dixen mire, o Presidente, a unha solicitude, a un requirimento por parte, creo que dos dous grupos, pero bueno polo menos o noso si, é que cando hai documentación pechada se un Deputado vai a buscala que se lle dea, non, non hai ningún problema. Bueno, pois fixen un exercicio de que documentos que están colgados en páxinas web, que tiña, obviamente senón nos podía baixar, pois foi a pedilos ós servizos, a resposta foi, ¡ui, pídeos oficialmente!, oe, pero no Pleno díxose que se é un documento que está nun expediente, outra cousa é algo que estea en trámite, que aínda non se sabe cal é a decisión final, porque está xa pechado ou o que sexa, iso de non dalo pois é un pouco complicado, ¡ui, ui!, e o resultado foi que non conseguín ningún deles, é igual, neste caso era igual, pero vamos, porque eran públicos e non había maior problema. A verdade é que seguimos coas mesmas, seguimos coas mesmas de que cando hai un documento pois é francamente difícil acceder a el. Pero bueno, esta é unha queixa, un rogo, e que se realmente a esa vontade de parte do, e non estamos falando de que, déame toda a relación de obras do ano 2005, non eran cousas así complicadas, eran cousas moi sinxeliñas, déame o documento tal, e non hai, a cousa foi máis, bueno, con esa complicación. Se hai esa vontade o rogo é que o transmita ós servizos, de que cando un Deputado ou Deputada pide algunha documentación que non sexa especialmente complexo, que non haxa que pasar dous días, ..., nin nada diso, pois que se lle dea ou se lle deixe mirar sen maior problema, ó final pode crear asperezas cos funcionarios, asperezas aquí francamente absurdas e que á parte que se é documentación que está nun expediente, é cuestión de buscalo por outro lado, pero é un pouco triste que un Deputado teña que andar buscando documentación por fóra dos cauces ordinarios. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Presidente, na Comisión de Cultura última déronnos coñecemento vostedes do reparto que propoñían para atender os conservatorios de música. Este reparto faise en base a uns criterios, a catro criterios, que son criterio número un, número de alumnos matriculados no curso 2007-08, 25 puntos; criterio número dous, número de profesores, ata 15 puntos; criterio número tres, orzamento do conservatorio, ata 35 puntos; criterio número catro, grado de desenvolvemento artístico da zona ata 25 puntos. E vemos a documentación que serve de base para este reparto e por exemplo nos aparece concello de Cambados con 73 alumnos, con 12 profesores, cun orzamento de 104.055 euros e un desenvolvemento artístico de 25 puntos co cal lle corresponden 20.840 euros. E a continuación, porque está pegado na Resolución, concello de Cangas, 114 alumnos, uns pouquiños máis que o anterior, 11 profesores, un menos, orzamento 228.310 euros, máis do dobre, e desenvolvemento artístico 1 punto. Podemos continuar con todos e se dá a paradoxa que todos os concellos que teñen alcalde do Partido Popular lle asignan vostedes como grado de desenvolvemento artístico 25 puntos e ós demais concellos que non teñen alcalde do Partido Popular teñen de grado de desenvolvemento artístico un punto. Isto dá un resultado final nas subvencións de, concello de Cambados 20.840 euros, concello de Cangas 9.143, concello de a Estrada 9.556, concello de Gondomar 5.348, concello de A Guarda 8.798, Patronato Cultural de Lalín 29.875, concello de Ponteareas 29.875, concello de Redondela, conservatorio municipal de música de Redondela, 8.281, concello de Tui 23.820 e concello de Vilagarcía de Arousa 9.662. Ben, diante disto só nos queda ademais de asombrarnos, preguntarlle, ¿cal é a diferenza de desenvolvemento artístico de concellos tan limítrofes como Cambados e Vilagarcía ou a Estrada e Lalín?, ¿como explica o Presidente a coincidencia nas valoracións máximas dos concellos gobernados polo Partido Popular no grado de desenvolvemento artístico, a quen lle dan 25 puntos e o resto ó que lle dan só un punto?. E para rematar loxicamente deberíannos poñer enriba da mesa cales son os criterios obxectivos que teñen vostedes para que concellos con alcaldes do Partido Popular teñan 25 puntos, concellos que teñan alcalde que non é do Partido Popular teñan 1 punto. Creo que sería moi ilustrativo para todos, para nós e para os cidadáns que nos explicaran isto. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, primeiro ten a palabra o Sr. Figueroa. A ver se somos capaces. Adiante, para contestar neste caso ó Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Sr. Mosquera. Sr. Figueroa Vila.- Sr. Mosquera, vamos a ver, o tema que vostede plantexa, por suposto que o noso grupo fai os plantexamentos como goberno e tamén como grupo, cando hai unhas alegacións ós plans que vostede acaba de facer mención, tanto ás Directrices de Ordenación do territorio como ó Plan de Estradas. O primeiro que facemos como goberno é poñernos en contacto co goberno que emite estes documentos ou que elabora estes documentos, e sabe cal é a resposta do goberno que vostedes din chamarse de progreso BNGPartido Socialista, é ningunha, menosprezo a esta casa, nin sentarse a ter unha reunión. Vostedes non eran tan participativos, non eran tan plurais, non eran os que defendían os regulamentos e a participación, facían os plenos cando estaban na oposición ás oito da tarde, dicíano vostedes, eu me acordo de todo iso, dos regulamentos de participación, de que había que ser participativos, que había que escoitar ós veciños, ás veciñas, ás institucións, a todos, pero, cando gobernan non o fan, non só non o fan, menosprezan, porque ata en reunións, polo menos ata contestar as cartas, que nin iso fan, e iso é o que pasa con estes temas, é dicir, vostedes non contestan ás cartas, non queren ter xuntanzas, menosprezan a esta institución, menosprezan ó Presidente, nin para falar de transferencias, e iso son tan responsables vostedes coma o Partido Socialista, porque son os que gobernan na Xunta de Galicia. E nós evidentemente si que temos que cumprir cos prazos, os prazos foron o 17 de novembro e o 25 de novembro, e evidentemente nós como goberno fixemos as alegacións correspondentes, facultade que teñen vostedes tamén para facela, ó mellor os que están fóra de xogo son vostedes. Eu non sei se as fixeron ou non as fixeron, pero se teñen tanto interese en facer e mostrar a súa postura, pois mire, faga como facemos nós en Vigo, facémolas por libre, porque a nós tampouco nos chaman. Xa non protestamos por iso, nós xa non perdemos o tempo nin en protestar, facemos as nosas alegacións, do noso grupo, as metemos no Rexistro e se as queren ter en conta que as teñan e senón as queren ter en conta pois que non as teñan, pero nós cumprimos co noso traballo, cousa que non sei se vostedes fixeron ou non fixeron nesta Corporación, eu non o sei, non sei se vostedes presentaron alegacións, seguramente agora haberá que enterarse se as presentaron ou non, porque ó mellor tamén nos interesa saber o que din vostedes, non sei se as presentaron, eu non sei se como grupos provinciais vostedes presentaron as alegacións correspondentes. Eu lle podo asegurar que nós como goberno as presentamos e tamén lle podo asegurar que en concellos onde non gobernamos tamén as presentamos, é dicir, as facemos a título individual porque xa non esperamos nin que nos reciban nin que nos atendan, xa damos por desistido dos dous plantexamentos, que creo que esa é a táctica que vostedes están aplicando na maior parte dos casos. E mire, vostede mezclou hoxe aquí unha serie de cuestións, que estamos nas verzas, preocúpese un pouco máis de onde xestionan home, porque nas verzas seguramente estarán vostedes que lle deben á xente dende hai catro anos as facturas, iso si que é estar nas verzas. E vén vostede aquí a dar leccións, leccións de nada Sr. Mosquera. Eu de verdade, eu cando cheguei aquí pensei, o tiña por, home, sempre me falaban de vostede, de rigor, pero o rigor de vostede nestes momentos ¿cal é?, ningún, vén aquí a predicar que temos unha situación delicada, non sei que, e despois resulta que me entero que o concello de Pontevedra aparece na lista de morosos e leva catro anos sen pagarlle ós provedores, a pequenos empresarios que algúns teñen problemas ata para pagarlle ós seus empregados por culpa de vostedes. Pero ¿que lección nos van a dar?, ¿de que?, ¿pero de que?, se despois de pasado o tempo onde gobernan vostedes deixan desastre tras desastre, deixan situacións económicas caóticas, etc., etc. E home, non me fale vostede de mocións, que hoxe fala aquí, porque algún de vostedes ou algún dos seus xefes entrou pola forza nalgún concello. Veñen a falar vostedes de mocións democráticas a un partido que gaña as eleccións e que dobra en votos e triplica, non, nese caso multiplica por cinco os votos que vostedes teñen nese concello. Pero ¿que leccións nos van a dar?, un partido que ten cinco veces menos os votos que ten o Partido Popular, e falan vostedes de democracia, a ver se temos que acordarnos de como entraron vostedes nalgún concello, pola forza, votando ós representantes que estaban alí, pola forza. Eu creo que xa está ben, xa está ben de leccións de democracia dos perdedores, nos sentimos con todos os dereitos para poder gobernar a maior parte dos concellos de Galicia, a maior parte, a maior parte, lexitimados para gobernar no 99,9% de todos os concellos de Galicia, mire o que lle estou dicindo, porque dende logo a vostedes na maior parte dos casos os multiplicamos por catro ou cinco o número de votos. Teñen o dereito legal pois gobernen, é dicir, nós non nos metemos, pero que non veñan aquí agora a plantexar cuestións que están fóra de todo lugar. E con respecto ás cuestións de informes e de historias, mire Sr. Mosquera, nesta casa nós intentamos cumprir os nosos compromisos e facer proxectos, que é o que nos preocupa, ¿sabe o que nos preocupa?, que na cidade de Pontevedra pois Pasarón vaia para arriba ou para abaixo á marxe dun informe que non é vinculante, que ademais vostedes votaron aquí a favor, se ata en iso utilizan o cinismo político, votan aquí a favor e despois o critican, reciben os cartos, se benefician os veciños e as veciñas dos seus concellos, e despois critican, un mero informe consultivo que non é vinculante. ¿Cal é o obxecto principal do tema?. Que se fagan as obras, que se cumpran os seus compromisos, pois mire, esta casa está cumprindo con todos os compromisos, todos, e co concello de Pontevedra xa non falemos, por riba incluso dos compromisos que adquire o propio concello de Pontevedra que a ver se dunha vez por todas nos pagan o que nos deben do Estadio de Pasarón, que xa vai sendo hora, porque vostedes, é que menten permanentemente, primeiro que eran as certificacións, que non lle remitíamos as certificacións; segundo que ó día das certificacións nos ingresaban o diñeiro, senón o teñen home, non teñen a posibilidade de ingresalos, home, e senón o luns ingresen, faga unha rolda de empresa e digan que o ingresan, que iso é o que teñen que facer, e entón non nos veñan a dar leccións absolutamente de nada porque non llas vamos a permitir, Sr. Mosquera, non lle vamos a permitir leccións a vostede absolutamente de nada, de nada, cando cumpra pode falar, cando cumpra e paguen con eses catro anos que lle deben algunhas facturas e algúns provedores e teñen problemas pois veña aquí e dea a cara, e cando nos pague o que nos debe dos ingresos de Pasarón pois veña tamén e dea a cara, pero claro, hai dous meses que dixeron vostedes nunha xuntanza que ó día seguinte de enviar as certificacións vostedes nos ingresaban os cartos. Nin certificacións nin cartos nin nada, se a nós xa nos dá igual, xa nos dá igual mandarlle certificacións, mandarlle contracertificacións, mandarlle o gasto que se faga diariamente, é dicir, pero se vostedes non cumpren, e despois vostedes nos veñen a dar leccións. Mire, esta casa se está demostrando que agora pode ir a un plan que vostede o sabe de 230.000.000 de euros, porque está nunha situación saneada, ten unha situación económica saneada, e vostedes non poden dicir o mesmo, vostedes teñen un buraco que a ver como saen del, a ver como saen del o concello de Pontevedra, do buraco que teñen, da xestión tan magnífica do Sr. Mosquera e o seu equipo do BNG, a ver como saen dela, estiveron trampeando, trampeando, e agora as trampas saen, menos mal que non perderon as eleccións porque senón tiña que aguantar o goberno do Partido Popular a mala xestión de vostedes, que é o que vai a ter que facer dentro de dous anos e medio, dentro de dous anos e medio é o que vai a ter que facer, porque son un exemplo do mesmo, cando gobernan crise e paro, e cada día máis, moita demagoxia, moita foto, moita postura progresista, pero ¿que é o progreso?, o progreso é o benestar dos cidadáns e vostedes intentan confundir, o que pasa é que ¿sabe cal é o problema?, que xa os van coñecendo, ata agora como non gobernaban pois o discurso era moi demagóxico, moi progresista, pero agora gobernan, ¿e sabe cal é o problema?, a xente quere realidades, quere compromisos, quere que os compromisos se cumpran, e vostede nos vén a dar aquí leccións, pois mire, nós non llas vamos aceptar baixo ningún concepto e dende logo nos parece que vostede en dous proxectos que presenta un goberno respaldado polo seu partido, que nin nos recibe, nin nos recibe, veña a pedirnos explicacións a este equipo de goberno, mire, traballen vostedes, fagan as alegacións, lle volvo a repetir, non sei se as fixeron ou non as fixeron, me dá a impresión, me dá a impresión case que non, case que non fixeron nada, me dá a impresión, mire, teño olfato político, un cheiriño así, me dá a impresión que non traballaron, que non o traballaron, que non fixeron ningún papeliño, pero bueno, pero se os fixeron os felicito porque é o que teñen que facer. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. José Juan Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. D. Emilio González, eu pretendo nesta intervención, como sempre, pero nesta intervención tamén, por suposto, explicar e aclarar ese reparto ó que vostede, non agora xa, hai días que se encargou de darlle todo o eco do que vostede pode ser capaz nos medios de comunicación e vostede é capaz de darlle bastante eco ós medios, primeiro aparece a información e despois vostede se racha as vestiduras, vostede niso é un maestro, é lóxico, son tres ou catro décadas nesta casa, bueno pois é lóxico, é o decano de todos os que estamos, de todos os que estamos aquí. Pero quería, efectivamente quería explicar, porque ademais estamos en presenza dunhas bases que rexen tres tipos de axudas, a conservatorios, a escolas de música públicas, e a escolas de música privadas, que tradicionalmente, será por algo, se aproban por unanimidade da Comisión Informativa de Cultura, que integran tamén todos vostedes. En consecuencia cando teñan algunha dúbida sobre a bondade desas bases pois teñen a posibilidade, cando se levan ás propias Comisións Informativas, de emendalas ou suxerir as cuestións que teñan por menester. Tamén é certo que na Comisión Informativa de Cultura, a meirande parte, a meirande parte dos temas se aproban por unanimidade, se aproban por unanimidade, non teño aquí datos pero podería incluso aportar porcentaxes, o cal quere dicir que vostedes están de acordo nos repartos que se fan etc., etc. E chegamos ás deste ano, nas que, bueno, pois vostede, fundamentalmente vostede, fai ese exercicio de dramatismo, ese exercicio de incomprensión sobre o que fixo a área de Cultura da Deputación á hora de outorgar esas axudas. Efectivamente vostede como ben leu existe un criterio que se chama “grado de desenvolvemento artístico da zona”, da zona, da zona, non dos concellos, porque vostede a renglón seguido enumera concellos, concellos, que teñen unhas cantidades que contrastan coas doutros concellos, non, o grado de desenvolvemento artístico é da zona e a zona, a zona abrangue, a zona comprende unha serie de concellos, unha serie de concellos, que podemos falar, e sen dúbida falaremos nesta resposta desas zonas, porque o que é innegable e nadie loxicamente pode atacar é que nunha, nun ámbito territorial como pode ser a provincia hai diferentes graos de desenvolvemento segundo as zonas, é unha realidade innegable que Ponteareas como epicentro dunha zona da provincia de Pontevedra ten un grado de desenvolvemento artístico musical maior que outras zonas da provincia. É innegable que a zona do Deza ten un grado de desenvolvemento artístico maior que outras zonas da provincia e en consecuencia, en consecuencia iso ó final se ten que reflectir nas axudas que se conceden segundo están previstos nos criterios que establecen as propias bases. Por outra parte, por outra parte tamén existen froito dese grao de desenvolvemento artístico unha cantidade de bandas de música maiores que noutras zonas da provincia. Eu se quere a título de exemplo para contrastar cos datos que vostede establece pois llo comento. Mire, a zona de Lalín, a zona do Deza ten nove bandas de música e ten outras tantas Escolas de Música, públicas e privadas, e ten un conservatorio. A zona de Ponteareas ten sete, a zona do Baixo Miño ten catro. Son realidades, son realidades da propia provincia, podemos ir a outro tipo de explicacións, mire, podemos seguir falando todo o tempo que vostede queira. Mire, nos últimos, nos últimos anos, existe, vostedes saben que existe un Certame moi prestixioso de Bandas de Música, que impulsou esta Deputación, o Certame Provincial de Bandas de Música, e se acudimos ó palmarés do mesmo Certame vemos que os primeiros postos pois os acadan bandas de música de Silleda, de Merza, novamente de Silleda, de Barro, de Valga, de Meaño, de Lalín, de Ponteledesma, de Xinzo en Ponteareas, a Unión Musical de Lantaño, etc., etc., iso responde a que hai un interese por parte dos concellos correspondentes en fomentar as ensinanzas musicais, en animar, en encadrar ás rapazas e ós rapaces a que teñan eses estudos e desenvolvan esa actividade de acordo coa súa vocación musical, e iso despois se ve, é coma no fútbol, onde hai fútbol base loxicamente saen xogadores e onde non o hai pois non saen xogadores. Mire, póñolle un exemplo, ou pregúntolle mellor dito, para o seu coñecemento, no Conservatorio de Redondela, de Redondela, non hai un só alumno que integre a banda de música dese concello, non hai un só alumno, sen embargo hai unha serie de concellos que teñen importantisimas escolas onde con moito esforzo, incluso concellos moito menores ó de Redondela, importantísima afluencia de rapaces, de rapaces por outra parte, diso de que no das bases se chama zona, zona, ¿por que?, porque son conservatorios que acollen rapaces ou escolas de música, que acollen rapaces do resto da zona. Se sabe, se sabe cando un se toma a molestia tamén no eido cultural, de coñecer a provincia, de visitar os concellos, de estar nas escolas, de presentar certames, etc., etc., cando un se toma esa molestia coñece a realidade, cando un colle unha relación e quere teorizar e quere sentar algún tipo de tese favorable ó seu interese político pois loxicamente fai outra cuestión. Dende o Servizo de Cultura, dende a área de Cultura desta casa pódolle asegurar que non se trata, non se trata con ningún tipo de discriminación a ningún concello, e lle vou a dar outro dato, lle vou a dar outro dato, houbo un concello, nesta relación, houbo un concello, de todos os concellos, de todos os concellos que tiveron subvención con arreglo a esas bases, houbo un concello que presentou a súa solicitude fóra de prazo, fóra de prazo, sen embargo está na relación, ¿sabe quen dirixe ese concello que presentou a solicitude fóra de prazo e que estaba perfectamente na nosa man de non concederlle precisamente por iso a axuda?, ¿sabe quen dirixe ese concello?, é o concello de Vilagarcía de Arousa, do Partido Socialista. Presentaron fóra de prazo a axuda e a Deputación presentou as bases, as colgou na súa páxina web, fixo nalgunha Comisión Informativa quen lles fala recordatorio dese tipo de temas e presentan, e presentan a axuda fóra de prazo. Se actuaramos con algún tipo de ánimo discriminatorio nolo estaban poñendo en bandexa, nolo estaban poñendo en bandexa. Tamén hai outra cuestión, vostedes sempre sosteñen nesta Corporación Provincial o discurso de que esta institución está dirixida fundamentalmente ós pequenos e medianos concellos que podemos cifrar ós concellos inferiores ós 20.000 habitantes, tamén aí, tamén aí na relación que aparece de axudas, nesas tres categorías de centros de ensinanzas musicais están concellos desas características, que é o que lle estamos, lle estamos comentando, non temos ningún interese con este tema nin con outros en polemizar, pero dende logo o que nos gusta é plantexar as cuestións como son e iso é o que tratamos de facer neste caso. Máis nada. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. ¿Que é?. Pregunta, resposta. Non, pero xa respondeu, vostede preguntou e el respondeu. ¡Ah!, si, ¿e se lles contestamos por escrito?. ¡Ah!, lle fixo el a vostede, pregunta, el dixo que non fixo a pregunta, di que fixo afirmacións. Bueno, pois faga un rogo logo. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, eu supoño que repartir 9.661 entre concellos gobernados por alcaldes do Partido Popular dáballe mal reparto, dígoo polo tema de Vilagarcía que estaban vostedes plantexando aquí. Do mesmo xeito eu quería aclararlle simplemente ó Sr. Presidente que no Conservatorio de Redondela non sei cantos alumnos hai ou deixa de haber nas diferentes bandas, nas diferentes bandas, pero dentro do Conservatorio de Redondela está a Banda de Saxos do Conservatorio que é unha das máis importantes de España, de España, curiosamente o Deputado descoñece o tema, creo recordarlle que en Redondela non hai só unha banda no concello, hai dúas, por iso, máis a de saxos tres, mire no concello de Soutomaior algunha banda hai e hai alumnos de Soutomaior no Conservatorio de Redondela, é dicir, mire, e isto podía estendelo a outros conservatorios, a outros conservatorios Sr. Durán, é dicir, vostedes intentaron utilizar na contestación ós medios, intentaron unha cousa que é, non, é que é por zonas, é que entón, é que van alumnos doutros concellos, van a eses conservatorios, e nos demais tamén, nos demais tamén. Eu póñolle o caso do que eu coñezo, o 40%, máis do 40% dos alumnos do Conservatorio de Redondela son de fóra do Conservatorio de Redondela, pero isto é algo que se dá en todos os conservatorios, practicamente en todos, practicamente en todos, e aínda así, e aínda así pois merecen un punto, aínda así merecen un punto, e resulta que os demais merecen 25. Bueno, Sr. Presidente o rogo é moi sinxelo, retiren vostedes este tema e volvan a facer o reparto utilizando loxicamente criterios obxectivos. É certo que as bases están aprobadas por unanimidade, é certo, pero nas bases entra un criterio que en vez de facerlle unha aplicación obxectiva fixéronlle unha aplicación torticera e ó final saíu o resultado que saíu. Un non sabe se o grao de desenvolvemento artístico se debe ó grao de artisteo dalgúns alcaldes sobre outros, parece que é iso ó final o que prima nesta historia. Volvo a repetir o rogo Sr. Presidente, é que retiren estas asignacións e volvan a facelo doutro xeito. Por certo, por certo, as bandas de música e as escolas de música teñen subvencións á parte desta, polo tanto, sería estar primando tres veces pola mesma cuestión, como desculpa a verdade é que lle queda bastante mal. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Quere facer un rogo?. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Logo da intervención quería facerlle o rogo que non se atenda a esa petición, a esa solicitude de retirada porque o reparto que se fixo é absolutamente técnico, seguindo criterios absolutamente técnicos e a realidade da provincia é esa, noutro momento pode ser outra, pero é esa e moitas veces é tan inxusto facer un tipo de reparto coma outro, a igualdade ben entendida, Sr. Presidente, consiste en tratar desigualmente as circunstancias que son desiguais, e a realidade da provincia é esa e o que poden facer os próximos anos os concellos, quen sexa, pois é traballar para incrementar ese nivel artístico das súas ensinanzas musicais. É a que é, os datos están aquí e se poden, se poden argumentar como queiran pero é iso. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, eu contestarlle á pregunta que fai directamente a min neste caso o Portavoz do Partido Socialista, e que como non, eu acepto inmediatamente o rogo do Portavoz do Partido Socialista sempre e cando, sempre e cando, automaticamente a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que repartiu 32,8 millóns de euros, recibiron os concellos do PP, que son maioría na provincia de Pontevedra, 6,8, os concellos do PSOE que son minoría na provincia de Pontevedra, 16,3 e os do Bloque 9,7. Entón si eu acepto ese rogo de maneira inmediata, pero ademais o fago constar aquí diante de toda a Corporación, iso só nesta. Se tamén na Consellería da Presidencia, no reparto que se fixo de casas consistoriais e de mellora se fai un reparto equitativo, vostede fixo a pregunta e eu estou contestando, polo tanto non hai ningunha, ningún problema, e é unha pregunta que me fixo a min, xa digo a Consellería da Presidencia fixo un reparto de Casas Consistoriais, se vostedes poñen en marcha dende o goberno de Galicia, retiran iso, fan un reparto equitativo, automaticamente nós como non podía ser doutra maneira, ademais nós facemos unhas bases, abertas para todo o mundo por certo, que ademais como ben dixo o Vicepresidente responsable de Cultura está perfectamente xustificado, e polo tanto, xa lle digo, lle reitero por senón lle quedaron ben claras as cifras, provincia de Pontevedra, Consellería de Política Territorial, reparto, 32,8 millóns de euros, concellos gobernados polo Partido Popular, que neste caso o Partido Popular lle recordo, necesita asesores, ¡ah, ben!, o Partido Popular goberna o 51,4 dos concellos da provincia e recibe o 20,27%; o Partido Socialista goberna o 32,4 e recibe o 50% deste plan, 16,3 millóns de euros, e o Bloque Nacionalista Galego, que goberna o 10,5 recibe case o 30%, iso só en Política Territorial; podo ir a Presidencia, se quere sigo, non creo que haxa tal, entón eu lle pido a vostede encarecidamente, o rogo tamén, de que poña en marcha que retiren automaticamente isto e nós nos sumamos con pleno dereito a ese novo reparto que vai ser equitativo para todos, sabendo, tendo en conta, non sei se me corrixirá neste caso o Portavoz nesta materia do Partido Popular, que o noso reparto serían 200.000 euros ou 300.000, 300.000, non, pero aquí son, só nun plan, son 32,8 millóns de euros, ou sexa, estamos falando de cincuenta millóns contra practicamente seis mil millóns de pesetas, contra cincuenta millóns de pesetas. Entón eu estou totalmente de acordo, creo que os compañeiros, non hai ningún problema en que fagamos isto, ¿verdade?, ningún problema, están de acordo. Polo tanto, eu lle invito a que ese rogo o cumpramos dunha maneira inmediata e vostede me vai a contestar agora afirmativamente ó mesmo. Lle dou a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Louzán, o meu compañeiro que se senta á esquerda está de acordo con vostede no do reparto porque di que tampouco lle deron. Mire, quen fai unha proposta do teor que está facendo vostede agora, fíxese, está recoñecendo, recoñecendo implicitamente que o fixeron mal e que entón están dispostos a darlle a volta sempre e cando lle compensen noutra cousa, eu xa sabía, xa sabía que o Sr. Louzán, que é Presidente Provincial do Partido Popular, eu xa sabía que non confiaba no seu grupo parlamentario en Santiago, xa o sabía, pero creo que con isto queda absolutamente claro, é dicir, o labor de oposición o Sr. Louzán quere facelo dende a Deputación de Pontevedra, que é unha institución na que hai que discutir cuestións da Deputación e non porque ten medo ou non confía, ou que o seu grupo en Santiago non sabe facela ou non confía en el para facela. Bueno, pois, mire, siga vostede así, é dicir, eu estou aquí a discutir cuestións da Deputación as que queira, as que queira, o Partido Socialista ten un grupo no Parlamento Galego e ten xente no goberno, e vostedes teñen un grupo no Parlamento Galego para facer ese control do Goberno, fágano alí que é onde toca, fágano alí que é onde toca. O que pasa que, comparando, comparando, e vaime permitir a licenza agora mesmo, comparando actuacións de repartos durante dezaseis anos dificilmente, dificilmente Sr. Louzán, dificilmente se podería chegar a equilibrar a balanza, dificilmente, a equilibrar a balanza, e eu díxenllo en máis dunha ocasión, cando queira ademais. Mire, eu estou nun concello que sufriu durante dezaseis anos os repartos de vostedes na Xunta, sufriunos durante dezaseis anos, e díxenllo a porta cerrada, en negociacións, e llo sigo dicindo as veces que vostede queira, estamos dispostos a facer dun concello de máis de 20.000 habitantes, gobernado polo Partido Popular, e o concello de Redondela, a historia dos dezaseis anos de subvencións e de aportacións de vostedes cando gobernaban e miramos o resultado final e incluímos as destes tres anos, facendo a mesma comparación, incluídas estas tamén, e verá que estamos moi lonxe, pero que moi lonxe, de equilibrar, non de chegar, de equilibrar. Agora, volvo a repetir, Sr. Louzán, vostede confunde moitas, moitisimas veces, a súa labor institucional de Presidente da Deputación coa outra de Presidente do Partido Popular, e o confunde case sempre. Bueno, siga por ese camiño, ala vostede, xa lle digo, é dicir, o que queda absolutamente claro é que non confía vostede para nada na labor de oposición que fai o seu grupo no Parlamento de Santiago. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. A verdade é que se ve claramente que non ten argumentos, queren corrixir evidentemente cuestións que neste caso saben que fixeron mal, pero bueno, non ten a vontade de facelo, porque eu xa di que automaticamente, a min me gusta, cando me retan sumarme a ese reto, pero vostede unha vez máis non está na mellor das disposicións porque debe ser que non cre, evidentemente como vostede ben di, no reparto que fixeron os seus compañeiros e polo tanto os datos falan por si solos. D. Cesáreo Mosquera, que ten a palabra, aínda que vostede fixo unha pregunta e lle contestaron e supoño que, eu creo que este debate que eu lle estou neste caso podendo dar posibilidades a vostedes, non se produce en ningún concello onde vostedes gobernan, pero para que vexan que nós somos doutra maneira, pois teñen a oportunidade de preguntar, repreguntar, contestar e todo iso. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, gracias, dende logo está, estou, estamos profundamente admirados e agradecidos da súa xenerosidade, obxectividade, cumprimento e demais, pero só hai un pequeno matiz, a xogada que acaba de facer coas preguntas, a xogada que acaba de facer coas preguntas, claro, faise unha pregunta, non se contesta, métese outra e despois engánchase o debate sobre a outra. Claro, evidentemente, unha cachada nas patacas do calibre do que puxemos de manifesto desvíase desta maneira. Eu non quero entrar, vostedes votan a falar a unha persoa que eu cada vez admiro máis, el di que está decepcionado, e admíroo máis, que é o Sr. Figueroa, porque é un especialista e sempre sae a falar do que non sabe, e faino moi dignamente, con gran dignidade, digo que fala e fala sen saber o que está falando, ou sexa, evidentemente, entón así se contesta. Pero a min ninguén me contestou que pasou co plan do lixo que vostedes prometeron que o pechaban en setembro. Sr. Presidente.- ¿Que pechaban?. Sr. Mosquera Lorenzo.- En setembro, e non volveu a haber máis reunións. ¿Que pasou coa promesa que fixo o Sr. Crespo aquí, supoño que representando a todo o grupo, de que ían vir as directrices á Comisión ou ó Pleno?. ¿Que pasou co Plan de Estradas que se dixo aquí que ían ir?, dixérono vostedes. Non os trouxeron, non os trouxeron, e entón ante iso, ante iso, porque andan ocupados noutras cousas, moi ocupados, efectivamente, se lles ve moi ocupados, ante iso pois se nos contesta aquí con auténticas. E, Sr. Figueroa, agradezo que chegue e demais, mire, as actas de concelleiro no concello de Pontevedra non están especialmente caras, consiga unha, pero non reproduza o problema que ten o seu grupo no concello de Pontevedra, que é falar sen saber do que está falando, ou sexa, as Directrices de Ordenación do Territorio foron ó Pleno do concello, e puideron opinar todos os grupos, digo eu, entérese polo menos, e o concello de Pontevedra ten aprobado antes que a esta Deputación, que parece que hai que dar ideas porque as que teñen vostedes as deixan a durmir. É un plan de investimentos por unhas cantidades que vostede debería saber, xa que está tan preocupado por Pontevedra, non, e se quere, mire, cando vostede ataca, por un lado quere dicir que non ten razón, e se vostede quere ir, polo exemplo de Pasarón, asegúrolle que está sen pagar por culpa súa, única e exclusivamente, xa tivo que envainala falando en termos así guerreiros, unha vez cando dixo que estaban, e non estaban as certificacións, e agora, e non vou dicirlle agora, xa lle direi no seu momento porque non creo que sexa o plan, agora están sen pagar por culpa súa, súa, única e exclusivamente, non porque o concello non teña cartos, porque por repetilo vinte veces non vai ser certo e sábeo perfectamente que é un concello perfectamente saneado. Señores do Partido Popular, non están centrados aquí, e o que non vale é que anuncien que van a resolver o problema do lixo dos concellos tal, que van a facelo e de repente déixano durmir, explíqueno porque o deixaron a durmir, deixárono vostedes, non fomos nós, ou dixeron que ían a traer as Directrices de Ordenación do Territorio, que eran importantísimas, compartían, íamos a falalo a ver se chegábamos a un acordo, non houbo nada de nada, dixérono vostedes, collemos a acta do Pleno anterior, dixérono vostedes. ¿Por que non o fixeron?, ¿por que?. Ou senón expliquen, non, cambiamos de idea, cambiamos de idea porque se iluminou o Sr. Figueroa agora dando a resposta e con carácter retroactivo desfixemos, bueno, dígano, dígano, dígano polo menos. Non, mire, vostedes andan moi ocupados en andar por aí en actividades de todo tipo e as poucas ideas que teñen para gobernar aquí ó final as deixan polo camiño, é dicir, esquécense e as deixan polo camiño. Ben, eu simplemente quería deixar, constatar iso cuns feitos que están aí, cousas que vostedes prometeron, podía meter moitas máis, simplemente as que vostedes, é público e notorio que dixeron e non o están facendo. A min aínda ninguén me explicou que vai a pasar con esa empresa do lixo cando teoricamente se ía a construír en setembro, ninguén o explicou, a resposta foi unha manada de tal, que antes perdeuno, e repito porque quero que o escoite en directo, e repito, se vostede está aleccionado, eu cada vez o admiro máis, porque do que non sabe deféndese cunha dignidade que mete medo. Vostede fala do que faga falta, aínda bo é que non nos falou do atentado de Bombai, viña moi a propósito de que por que vostedes incumpriron o de traer as directrices, si, si, eu creo que debía falar desas cousas, e faino ben, admíroo cada vez máis, agora é unha garantía, cando vostede se pon así encendido, argumentando para todos os lados, é a garantía de que estaba nunha cachada, pillámolo nas patacas, nin sabe do que vai o asunto, nin lle preocupa e tal; iso cada vez vai, e faino con moita dignidade, home, un pouco irrespectuoso ás veces co foro pero faino con moitisima dignidade. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Case me apetece dicirlle algo, porque eu ós feitos me remito, o outro día houbo un Pleno no concello de Pontevedra e houbo un señor alí que levantou unha pancarta e dicía, “quero cobrar”, polo tanto, vostede iso de, me dá a sensación, que xa llo acreditou perfectamente o Portavoz do Partido Popular, me dá a impresión de que son malos pagadores, me dá a impresión, están collendo mal crédito, pero non só mal crédito senón que tiveron a valentía, a valentía, que hai que ter, non poñerse, é raro non poñerse colorado polo menos, que o Portavoz do Partido do Bloque Nacionalista Galego no concello de Pontevedra en materia económica, dixo que tamén era culpa de facturas que había do PP, eu xa non me acordo cando gobernou o PP en Pontevedra, pero hai nove anos, pero tivo a valentía, tivo a valentía de facer esta afirmación, dicindo que había facturas do PP, de cando gobernaba o PP no concello de Pontevedra tamén sen pagar, e entón eu digo, pero ¿cando dalgunha maneira van a asumir que vostedes están gobernando?, pero como, é que eu me pregunto, é que foi a través dunha emisora de radio, e eu digo, non se poría colorado o tipo cando di unha cousa coma esa, porque son nove anos e medio, nove anos e medio, e din que as facturas aínda proveñen dun goberno do PP, pero hai que ter, entón sumado iso, sumado ó que lle dixo Figueroa, o Portavoz, claramente, fixo unha exposición moi clara de que vostede dicía que tiña a vontade de pagar, vale, lle mandamos o convenio, despois lle mandamos as facturas, despois lle mandamos as certificacións, e agora di que somos nós os culpables de que non queremos cobrar, e a empresa estes días me din dende Intervención que quere cobrar, e claro, ¿quen está pagando?, a Deputación de Pontevedra, pero o concello de Pontevedra que é no seu municipio, firmada con nós, non paga, entón, Sr. Mosquera, está collendo o cartel de mal pagador, iso non é bo, e é evidente que estamos en tempos de crise, pero polo menos sexa sincero e diga, non teño cartos e non podo pagar, pero non nos maree máis, Sr. Mosquera, non nos maree máis porque nós temos, ata temos incluso boa vontade en saber recoñecer como se dixo dende un principio, non pasa nada, que nos piden máis documentación, máis documentación, ¿que necesitan?, pois que nos certifiquen ó milímetro cada cousa, non hai ningún problema, Sr. Mosquera, o que faga falta, lle mandamos todo e levamos meses, e meses, e meses sen cobrar, e o sinto tamén e me quero poñer neste caso na pel das persoas como ese señor que foi alí e dixo, eu quero cobrar, fixen un traballo para esta casa dende hai non sei se dous, se tres anos, e non cobro, aquí de momento iso non pasa, aínda que vostede di que nós estamos na verza, pero, en xestión levámoslle bastante tempo de vantaxe, sabe, que iso é moi importante, os cidadáns queren ver xestión e que se lle resolvan os problemas, vostedes non son capaces diso. Pero bueno, creo que, contestándolle tamén a dous comentarios, no Plan de Estradas vostede sabe como foi a mecánica ¿non?, o outro día eu lle contesto á Conselleira, lle mando as alegacións, porque nós non queremos ser sumisos ó plan de carreteras, queremos facer alegacións, podemos estar de acordo ou non. Me invita a unha reunión que xa lle dixen como foi, etc., e ó final nos manda a unha reunión coa Delegada cando ó día seguinte terminaba o prazo do Plan de Estradas, por exemplo, iso é como vostedes actúan, os que están no goberno, porque vostedes tamén están no goberno. E en relación ó Plan de Directrices do Territorio, de Ordenación do Territorio, tamén nós fixemos as nosas alegacións, quizais eu creo que neste caso, D. José Crespo non está agora aquí, pero non vamos a ter ningún problema en debatelo cando sexa necesario, é dicir, que debateremos sobre iso e máis sobre o que faga falta. Nós fixemos como institución e como goberno pois as nosas alegacións e faremos tamén os debates que se consideren necesarios. E en relación ó outro tema pois estamos vendo, pois distintas xestións que están levando a cabo as Deputacións no que é o Plan de Residuos que queremos poñer en marcha. Neste momento pois se están vendo varias fórmulas de funcionamento e tan pronto como as teñamos un pouco máis avanzadas nos volveremos a sentar para seguir traballando nese tema porque é un tema interesante. Polo tanto xa lle digo, Sr. Mosquera, non sería bo que perdese o crédito e o está perdendo, está perdendo o crédito porque eu consideraba que, bueno, pois cando non se pode hai que ser realista, sincero, e non se pode, pero vostede está caendo en descrédito, e iso é malo sobre todo para un político como vostede que leva moitos anos aquí, moitos anos no concello de Pontevedra, e polo tanto, xa lle digo, ten un papel difícil porque, claro, xa non sabe como vai a facer para poder xustificarse, pero eu lle pido que na medida do que poida pois que nos axilicen ese pago, que somos comprensivos, razoables, e que nos axilicen ese pago que é importante. D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Sr. Presidente eu creo que o próximo Pleno vou ter que por eu o carteliño aquí diante para que me conteste ás preguntas, xa que outros piden para que lles paguen, a ver se vostede se digna a contestarme. Sr. Presidente.- Adiante. Sr. Martínez Giráldez.- O 30 de maio fixen unha pregunta que tiña relación co concello de Covelo, que di o seguinte: Ante as eleccións municipais de 2007 o Sr. Presidente da Deputación comprometeuse a dotar de céspede artificial o campo de fútbol do Covelo e a arranxar e acondicionar os vestiarios e á data de hoxe non se fixo nada ó respecto. A pregunta era ¿segue en pé o compromiso adquirido antes das eleccións municipais?. ¿Existe algún convenio asinado co concello do Covelo para efectuar as obras?. ¿En que ano van a comezar as obras?. Sr. Presidente.- ¿Máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Si señor. Despois en xuño solicitei que se me dera unha relación de contratados por esta Deputación Provincial durante o ano 2008, especificando a data de inicio do contrato de traballo, duración do contrato e posto de traballo. Sigo esperando. Ben. En data 12 de xuño do 2008 presentei unha serie de preguntas en relación co circuíto de alta velocidade de Mondariz-Pazos de Borbén, as preguntas eran as seguintes: ¿cal era o orzamento total do proxecto do circuíto de alta velocidade de Mondaríz-Pazos de Borbén?. ¿En que condicións económicas temporais están as adquisicións dos terreos nos que se vai a situar o circuíto de alta velocidade?. ¿Que características vai ter este circuíto?. ¿Quen vai financiar o custo da construción do circuíto?. ¿Cal será o custo anual do mantemento do circuíto?. ¿Quen vai asumir o mantemento do circuíto anualmente?. ¿Cales son os ingresos que se calcula que terá o circuíto anualmente?. ¿Que infraestruturas se prevén para o acceso ó circuíto?. ¿Que orzamento vai ser necesario para a construción de ditas infraestruturas?. ¿Quen vai financiar a construción das infraestruturas?. ¿Quen vai asumir o mantemento das infraestruturas?. ¿Que compromiso existe por parte da iniciativa privada para participar no proxecto do circuíto de alta velocidade?. ¿En que consisten estes compromisos?. No caso de que exista participación de iniciativa privada, ¿cal será a participación?. ¿Existe un estudo serio de viabilidade do proxecto?. En caso afirmativo solicitaba unha copia do estudo. Despois con data 26 de xuño de 2008, tamén en relación ó circuíto expoño o seguinte: O pasado ano o Grupo Parlamentario do Partido Popular presentou unha emenda ós orzamentos da Xunta na que relacionaba a inclusión nos mesmos dunha partida de 800.000 euros para comezar a construción do circuíto de velocidade e laboratorio de ensaios Cidade do motor de Verín. O pasado 23 de maio o Grupo Parlamentario do Partido Popular presentou no Parlamento Galego tres preguntas dirixidas á Conselleira de Cultura, Conselleiro de Industria e Vicepresidente do Goberno, en relación co devandito circuíto. Na exposición de motivos o grupo do Partido Popular aposta pola execución do proxecto en cuestión asegurando que sería un investimento que lideraría deportiva e economicamente o noroeste peninsular, ó tempo que critica ó goberno galego por ter rexeitado unha emenda presentada o pasado ano polo PP ós orzamentos da Xunta. Ó mesmo tempo a Deputación de Pontevedra vén anunciando de maneira reiterada dende hai varios anos, a posta en marcha do mesmo proxecto en terreos situados no concello de Mondariz-Pazos de Borbén. Por todo isto, formulo a seguinte pregunta, ¿que opinión lle merece a oposición do Grupo Parlamentario do PP defendendo e reclamando da Xunta o apoio para o circuíto de velocidade de Verín?. Dous, ¿apoia o Presidente da Deputación a proposta e o proxecto do circuíto de velocidade de Verín, defendido polo PP no Parlamento Galego?. Estas son as preguntas que teño pendentes Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno, pois voulle a contestar xa a todas, ó mellor non vai ser a contestación que vostede quere, pero o sinto por vostede. En relación á pregunta do 30 de novembro que falaba, campo de fútbol de Covelo, se nota que non está moi ben informado, a Deputación de Pontevedra acaba de sacar un concurso para quince novos campos de herba sintética que están pendentes de adxudicación, polo tanto, unha vez que se faga a adxudicación dos mesmos, igual que lle demos unha copia, non sei se vostede a ten, do reparto dos primeiros trinta onde precisamente non houbo ningún tipo de obxección, dito sexa de paso, quere dicir isto que fixemos un bo reparto, pois dentro deses quince que se van a adxudicar agora, é evidente que Covelo pois terá unha desas preferencias, polo tanto, pois aí xa non vai a ter máis nada que preguntar. En relación ó tema de traballadores xa pedín eu iso tamén, tan pronto como o teñamos llo daremos. Bueno, nós temos algunha pregunta aínda no Parlamento Galego dende o ano 2005 sen contestar, pero 2005 sen contestar, pero tranquilo que nós contestaremos, pasaron tres anos. En relación ó circuíto, tamén lle vou a contestar para que non perda moito máis o tempo, é que polo tanto agora mesmo temos en marcha o plan de viabilidade, cando o teñamos o presentaremos e aí se dará conta, aí ten todas as preguntas. Á parte ó mesmo tempo vostede pediu, se mal non recordo, unha copia do avance que nós tiñamos, creo que xa a ten no seu poder, ¿é así non?, ten unha copia do avance do que era trazado e todo iso xa o ten no seu poder. Sr. Martínez Giráldez.- Teño unha copia a catro papeis polos cales pagaron máis de 60.000 euros, si. Sr. Presidente.- Bueno, pois entón xa o ten no seu poder e polo tanto, en relación ás preguntas de Santiago, eu defenderei os intereses desta provincia en relación ó que vostede quere dicir, eu quero dicirlle que o seu Grupo Parlamentario considera que este non é un tema necesario para Galicia, e xa o dixo publicamente. Polo tanto, nós o consideramos interesante para Galicia e para a provincia de Pontevedra e iso polo tanto vostede cóllao como crea conveniente, pero que saiba que para nós é un tema importante para Galicia e especialmente para a provincia de Pontevedra, e sobre todo que estamos traballando tanto os alcaldes de Pazos de Borbén como o de Mondariz nesta iniciativa, que cremos loable e interesante para a provincia de Pontevedra. Niso xa lle digo que lle contesto a todo iso porque non é necesario perder moito máis o tempo no mesmo. E creo que non hai moito máis, son tres preguntas aínda que unha delas ten varias ramificacións, polo tanto xa lle digo que non vai haber máis contestacións para que dalgunha maneira poida plantexar outras cousas que ó mellor son de máis interese. ¿Algunha pregunta máis?. D. Pauliño Del Río. Adiante. A ver se vai agora. Sr. Del Río Iglesias.- Si, bos días Sr. Presidente, señoras e señores Deputados. Vamos ver, espero, voulle facer unha serie de preguntas, pero claro, xa sei cal vai ser a resposta, claro, vostede, vostede. Sr. Presidente.- Vostede é adiviño. Sr. Del Río Iglesias.- Vostede está na tesitura de dicir eu son tan ineficaz como aqueles a quen lles critico por ser ineficaces, é dicir, e como esa é a súa liña de actuación e ... Sr. Presidente.- Non. Sr. Del Río Iglesias.- ... e nas contestacións supoño que irá por aí. Xa de antemán supoño que vamos ir por ese camiño. Bueno, pois idem de lienzo, hai unha serie de preguntas que este Deputado fixo, que se lle dixo que se lle ían a contestar por escrito, que no Pleno anterior incluso se dixo, se aduciu un problema de tradución para facermas chegar, e que estou esperando por elas. En concreto era os criterios que se escolleron por esa casa para seleccionar o persoal da Deputación que traballa en Vigo, está a día de hoxe sen contestar. E a outra era sobre o uso por parte dos demais, de todos os Deputados, sinaladamente dos grupos da oposición, desas instalacións, que tampouco se me contestou, o teor literal de ambas teno vostede. Ben, está todavía isto sen contestar. Gustaríame saber tamén, en vista dos criterios que aduciu o Sr. Durán sobre o tema dos conservatorios de música, por exemplo, se é coñecedor da tradición artística da zona do Val Miñor, se é considerada un punto, se é coñecedor de cal é a porcentaxe de alumnos doutros concellos que asisten ó Conservatorio de Música de Gondomar, se sabe o número de bandas que hai en Gondomar, e a maiores, e a maiores Sr. Durán, vostede sabe, sabe tamén coma nós, que esa famosa referencia ás escolas de música que fan un traballo fantástico e encomiable e que moven a moitas persoas significativamente nenos e nenas, saberá vostede que en Gondomar hai unha escola que se chama Escola de Música de Vincios. Con todos estes criterios vostedes déronlle un punto a Gondomar. Polo tanto, parece razoable preguntarlle cales son os criterios que vostedes usaron para estes, home é mellor que se conteste con algo non tan disparatado como o que dixo o Sr. Durán. E espero Sr. Presidente da Deputación que non me diga que noutros lados tamén o fan, e como se fai noutros lados pois nós facemos o mesmo, porque como argumento é como moi pobre. Ben, despois gustaríame saber ¿cando vai vostede, vostede Sr. Presidente, vai ter a ben recibir ó alcalde de Gondomar?. Creo que aquí en Comisións, en vista do seu discurso cando tomou posesión, en vista de que vostede leva queixándose, ou levou queixándose aquí cerca dun ano de que non o recibían a vostede, pois sei que vostede igual por iso fai o mesmo. Xa se lle queixaron Deputados doutros grupos políticos que non recibía a outros alcaldes e eu hoxe tócame preguntar por que vostede, despois dun ano insistindo, verbalmente primeiro, e despois en vista de que non había quen, por escrito, ¿cando vai vostede recibir ó alcalde de Gondomar?, porque consideramos que as institucións non están para discutir, están para colaborar e solucionar problemas dos cidadáns, e sería bo, sería bo que nese ambiente vostede recibira ós alcaldes, tamén ó de Gondomar, se o ten a ben. Despois gustaríame saber se dentro, se vai vostede, e agora que sacou o tema dos campos de herba, pois a pregunta clásica, ¿cando vai vostede cumprir co compromiso do campo de fútbol de Chaín?. Gustaríanos saber se vai vostede a cumprir o compromiso, se me vai dicir que os outros non cumpren o seu compromiso e por iso vostede non o fai, olvídeo, non gaste palabras. Moitas gracias Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Bueno. D. Pauliño, espero dar cumprimento das súas preguntas. Hai unha que lle afecta neste caso ó Portavoz en materia de Cultura que xa podemos empezar por aí e lle vou a dar a palabra para que lle conteste. Sr. Durán Hermida.- Non, eu, D. Pauliño, que é unha persoa sempre incisiva pero respectuosa nas súas intervencións, dicirlle que o baremo que se aplica para, teño aquí o dato, para a Escola de Música que vostede fala, é exactamente o mesmo que expuxemos antes, en canto ó criterio xeral. Aproveito para dicir, aproveito para dicir que en todas as escolas de música nalgúns casos existen alumnos dalgún concello limítrofe, o que avaliamos nós é nas escolas de música que hai unha cantidade certamente importante, sempre hai persoas que acoden a esas escolas dende algún concello limítrofe do concello onde está a sede da escola, pero estamos falando loxicamente onde hai unha presenza notablemente superior de alumnos da zona, por aí o tema das bases. Eu creo que as axudas que percibe a escola de música que vostede fai referencia polos datos que eu barallo, son máis ou menos as mesmas dos últimos anos, son máis ou menos as mesmas dos últimos anos, en todo caso vostede xa que plantexa esa pregunta senón é así dígamo, pero son máis ou menos as mesmas dos últimos anos. Máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, seguindo coas preguntas, en relación á recibir ó alcalde, me prezo ademais de ter unha boa relación como compañeiro que foi o actual alcalde, e está aí dentro da relación de alcaldes a recibir e por suposto que o vamos a recibir sen ningunha, sen ningún lugar a dúbidas. En relación ó campo de fútbol de Chaín, creo recordar, bueno, lle contestaba ó seu compañeiro en relación a que temos un proceso aberto e polo tanto, bueno, pois tendo ese proceso haberá que facer unha prioridade. É certo que vostedes avalaron o primeiro reparto que se fixo porque nadie, non estivo suxeito precisamente a ningún tipo de, practicamente de reclamacións. O primeiro reparto que se fixo de campos de fútbol, somos obxectivos, e polo tanto nesa mesma liña esperamos seguilo sendo agora, polo tanto, bueno, pois a min me houbera gustado tamén que a Xunta de Galicia houbera feito algún, creo que vai facer un, coincide curiosamente que é en Porriño, onde nós fixemos un, coincide ademais, non, pero coincide ademais que ese é un municipio gobernado polo Bloque Nacionalista Galego, pero bueno, é coincidencia, é coincidencia. Polo tanto, nós vamos a facer setenta, eles fixeron un, eles teñen tres veces máis presuposto que nós nesa área, pero bueno, hai quen xestiona ben e hai quen xestiona mal, polo tanto nese sentido xa digo. En relación ó tema de Vigo, para contestarlle xa, para que despois outro día me traia outras preguntas, para estas poder deixalas. Home, o Partido Popular goberna nesta casa, dalgunha maneira entende que aquilo había que poñelo en marcha, por certo, con gran acerto para os cidadáns, se puxo en marcha cun persoal, pois vendo un período de proba a ver como funciona, e cara o ano que vén, pois vamos a ver como se articula todo iso no presuposto para ter un persoal consolidado na sede da Deputación en Vigo. E bueno, en principio alí, ten moita actividade, por certo, e polo tanto está funcionando, xa lle digo, ben, nese sentido non hai ningún problema. Non sei se me queda algunha cousa, pero creo que non. Máis ou menos en termos xerais creo que din cumprida resposta ás peticións de D. Pauliño. ¿Quere facer máis preguntas?. Sr. Del Río Iglesias.- Simplemente quería agradecerlle que confirmara as miñas expectativas e gracias por non contestar. Sr. Presidente.- Non, non, eu contesto. Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. ¿Ten algunha pregunta?. Non. ¿Levantamos a sesión ou non?. Bueno, pois moitisimas gracias, moi bos días e levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición