Fondos
2009-12-22_Extraordinaria. Acta de sesión 2009/12/22_Extraordinaria
Acta de sesión 2009/12/22_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/4.2009-12-22_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2009/12/22_Extraordinaria
Data(s) 2009-12-22 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 57 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 22 de decembro de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e dous de decembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo á convocatoria do Pleno extraordinario. 1.5893.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Como primeiro punto, aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de novembro de 2009. Apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de novembro de 2009. 2.5894.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DO PORRIÑO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN E POSTERIOR LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS Sr. Presidente.- Punto número 2. Delegación de competencias do concello de Porriño a favor do ORAL, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello do Porriño na sesión celebrada o día 30 de xullo de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, por parte de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral, ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza. Resultando que o importe da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais do concello do Porriño, por parte de empresas explotadoras de servizos será o fixado pola normativa vixente, que actualmente consiste no 1,5% dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñen anualmente en cada termo municipal as referidas empresas. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello do Porriño, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello do Porriño, por acordo do Pleno de data 30 de xullo de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, por parte de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral, ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza. Para efectuar esta delegación terase en conta que o importe da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais do concello do Porriño, por parte de empresas explotadoras de servizos será o fixado pola normativa vixente, que actualmente consiste no 1,5% dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñen anualmente en cada termo municipal as referidas empresas. 2. Esta delegación do concello do Porriño será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello do Porriño así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello do Porriño, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5895.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE COTOBADE A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DAS MULTAS COERCITIVAS Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias do concello de Cotobade a favor do ORAL, para exercer as facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas. ¿Votos en contra?. ¿Abstención?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Cotobade na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Cotobade, para exercer as facultades de recadación en período executivo das multas coercitivas. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Cotobade, por acordo do Pleno de data 29 de outubro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas. 2.- Esta delegación do concello de Cotobade será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Cotobade así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Cotobade, para exercer as facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5896.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE RIBADUMIA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- Punto número 4. Tamén Delegación de competencias do concello de Ribadumia a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Ribadumia na sesión celebrada o día 9 de novembro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello Ribadumia, por acordo do Pleno de data 9 de novembro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. 2.- Esta delegación do concello de Ribadumia será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Ribadumia así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5897.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS POLO ORAL Sr. Presidente.- Punto número 5. Modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) foi constituído con efectos desde o 1 de xaneiro de 1994, data en que asumiu as funcións do Servizo de Recadación xestionado, ata esa data, directamente pola Deputación, iniciando a súa andadura coa subrogación do expresado Servizo, ampliadas con novas delegacións para a xestión, liquidación, inspección e recadación tributaria segundo o artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ademais das de xestión catastral e constituíndo a prestación destes servizos a actividade básica do organismo, ampliada nalgúns casos a recursos públicos non tributarios. Ata a data rexe a ordenanza reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL, vixente no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto no art. 132 en relación cos artigos 15 ó 19 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais aprobado polo R.d.l. 2/2004 do 5 de marzo. A dita ordenanza fiscal, de utilidade sen dúbida durante estes anos, contribuíu a rexer as relacións entre a Deputación e os concellos que efectuaron as delegacións da xestión, recadación e demais servizos dos recursos públicos no ORAL, que contribuíu e contribúe decisivamente a posibilitar a xestión dos recursos propios dos concellos da provincia dentro dun marco de legalidade e de eficacia. Por outra banda como algúns dos servizos que se prestan implantáronse ou ampliáronse a medida que se foi facendo máis necesaria a súa prestación, o ORAL posibilitou a prestación de ditos servizos mediante a formalización dos correspondentes convenios. A experiencia adquirida nestes anos permite, agora, establecer unhas tarifas de xeral aplicación a todos os concellos para cada un dos distintos servizos que se prestan, non sendo así necesario regular nos convenios singulares as condicións económicas da súa prestación. Os servizos que actualmente se prestan e que non figuran con carácter singular na ordenanza fiscal actual, recóllense con tarifas específicas na nova ordenanza para cada un dos seguintes servizos: xestión tributaria e catastral, inspección, recadación en voluntaria e executiva, así como a colaboración na tramitación das sancións en materia de tráfico. Por todo iso, é preciso, xunto a outras medidas de carácter regulamentario e fiscal que se proporán, reformar a regulación dos aspectos esenciais das relacións de custos do servizo entre os concellos que delegaron competencias da xestión de recursos públicos e o Organismo Autónomo Provincial. A reforma que se propón pretende, en primeiro lugar, enumerar e definir de xeito máis preciso en que consisten os servizos que se prestan. En segundo lugar propóñense tarifas diferenciadas para cada un dos servizos que se prestan, procurando lograr deste xeito a adecuación dos ingresos ó custe real de cada servizo. Ó respecto podemos destacar os seguintes aspectos das modificacións que se propoñen: - Nos servizos de xestión e recadación de impostos, taxas e prezos públicos. Pola prestación destes servizos de xestión e recadación en voluntaria ata agora víñase cobrando un 6 por cento do importe neto recadado, coa modificación da ordenanza proponse cobrar un 2 % da liquidación neta para a xestión dos impostos, agás o imposto sobre o incremento de valor dos terreos, que se cobrará o 10 por cento, e dun 2,5 por cento para a xestión das taxas e prezos públicos, pasando a cobrarse pola recadación dos impostos un 3,80 por cento e para a recadación das taxas e prezos públicos municipais un 3 por cento; favorecendo deste xeito que os concellos, no caso das taxas ou prezos públicos, poidan levar, se así o estiman, a xestión destes recursos, encargándolle ó ORAL a súa recadación coa conseguinte redución do custo. Con estas modificacións os importes a ingresar polo ORAL serán similares ós actuais. - Así mesmo, cobraranse de forma independente dos servizos de recadación os servizos de inspección e colaboración na tramitación das sancións en materia de tráfico. Así, pódense destacar os seguintes: o A taxa polo servizo de inspección de impostos redúcese do 19 ó 18 por cento e a recadación pasa do 6 ó 3,8 por cento. o A taxa polo servizo de inspección de taxas e prezos públicos pasará do 19 ó 20 por cento, como consecuencia do seu menor importe, pero a recadación pasa do 6 ó 3 por cento. o Pola inspección en materia catastral cobrarase o 18 por cento e pola recadación o 3,80 por cento. o Polos servizos de colaboración na tramitación das sancións en materia de tráfico cobrarase o 16 e o 21 por cento, e polos servizos de recadación en voluntaria cobrarase o 4 por cento, de tal xeito que se manteñen as tarifas actuais, se ben se poden reducir nun 3 por cento no caso previsto no artigo 8 desta ordenanza. - Na recadación executiva tamén se rebaixa a taxa no caso de que a recarga sexa do 5 por cento, en aplicación do disposto no artigo 28 da Lei xeral tributaria (actualmente o 6 por cento), quedando igual as porcentaxes de cobranzas das débedas neste período, o 10 por cento e o 20 por cento. Tamén se suprimen os premios de boa cobranza. O rendemento desta taxa por prestación de servizos non superará en ningún caso o custo da súa prestación, dándose así cumprimento ó previsto no artigo 24-2 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL). Resultando que esta proposta de modificación conta co informe favorable de Intervención, e que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), na sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2009 acordou elevar proposta ó Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra para modificar a ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, e tendo en conta o establecido no artigo 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o previsto nos artigos 15 ó 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), quedando redactada da seguinte forma: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE XESTIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN QUE SE PRESTAN NO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) INTRODUCIÓN Este organismo foi constituído con efectos desde o 1 de xaneiro de 1994, data en que asumiu as funcións do Servizo de Recadación xestionado directamente pola Deputación, iniciando a súa andadura coa subrogación do expresado servizo, ampliadas con novas delegacións para a xestión, liquidación, inspección e recadación tributaria segundo o artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ademais das de xestión catastral e constituíndo a prestación destes servizos a actividade básica do organismo, ampliada nalgúns casos a recursos públicos non tributarios. No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 132 en relación cos artigos 15 ó 19 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo R.d.l. 2/2004 do 5 de marzo, establécese a taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación dos ingresos de dereito público que lle encomenden as entidades locais da provincia, que se esixirá de acordo ó disposto nesta ordenanza fiscal. O R D E N A N Z A Artigo 1. Ámbito de aplicación. A presente ordenanza ten por obxecto ordenar a aplicación da taxa polos servizos que presta o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, e que se refiren á xestión, liquidación, inspección e recadación de tributos e outros recursos de dereito público da Deputación e ós seus organismos dependentes, entidades locais da provincia e doutras administracións públicas e institucións pola súa actuación na provincia. Mediante convenio regularase a prestación efectiva dos ditos servizos, agás no caso da Deputación e os seus organismos, nos que será potestativo e para os que será suficiente coa entrega dos valores a cobrar. Artigo 2. Feito impoñible. Constitúen o feito impoñible desta taxa a prestación dos seguintes servizos: A. De xestión: este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: a. Elaboración, modificación e aprobación das liquidacións individuais ou colectivas de tributos e demais recursos de dereito público. b. Notificación ou exposición pública das liquidacións. c. Resolución dos recursos, reclamacións e demais actos de revisión que se presenten contra as liquidacións. d. Tramitación de solicitudes de beneficios fiscais. A lectura dos contadores no caso da taxa de subministro de auga potable, será realizada pola entidade titular do servizo. B. De recadación en período voluntario: este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: - Cando a xestión dos recursos públicos non sexa competencia do ORAL. o Realizar a exposición ó publico ou a notificación individual das liquidacións. o Realizar os actos propios da función administrativa de cobro en voluntaria das ditas liquidacións. - Cando a xestión dos recursos públicos sexa competencia do ORAL. Realizar os actos propios da función administrativa de cobro en voluntaria das liquidacións previamente expostas ou notificadas. C. De recadación en período executivo: este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: a. Realizar o cobro das débedas tributarias e dos demais recursos de dereito público que deben satisfacer os obrigados ó pagamento non satisfeitas no período voluntario, segundo os procedementos sinalados no Regulamento xeral de recadación e das ordenanzas fiscais que se diten. b. Realizar o estudo, coñecemento e resolución dos recursos, reclamacións e demais actos de revisión que en vía administrativa poidan presentarse contra os actos administrativos derivados da mencionada función. D. De inspección dos tributos ou, no seu caso, dos demais recursos de dereito público. Dentro deste servizo podemos distinguir: a. Inspección de impostos: este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: investigación dos supostos de feito das obrigas tributarias para o descubrimento dos que sexan descoñecidos pola administración, co obxecto de reflectilos nos correspondentes padróns ou matrículas dos impostos e, no seu caso, practicar as liquidacións individuais que correspondan. b. Inspección de taxas e prezos públicos (basicamente revisión masiva dos padróns de taxas e prezos públicos), este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: investigación dos supostos de feito das obrigas tributarias para o descubrimento dos que sexan descoñecidos pola administración, co obxecto de reflectilos nos correspondentes padróns de taxas ou prezos públicos e, no seu caso, practicar as liquidacións individuais que correspondan. c. De inspección catastral: este servizo, no marco dos convenios asinados coa Dirección Xeral do catastro, consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: comprobación, investigación catastral e, no seu caso, de inspección definidas no R.d. lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario así como na súa normativa de desenvolvemento. E. De colaboración na xestión das sancións de tráfico: consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: a. Realización de procesos informáticos encamiñados á interconexión de información, gravación e emisión dos soportes físicos de expedientes sancionadores e a súa posterior notificación, de acordo co establecido na lexislación específica. b. Estudo, informe e resolución de reclamacións e recursos. Artigo 3. Supostos de non suxeición. Non están suxeitos a esta taxa os servizos de xestión, inspección e recadación en voluntaria e executiva da recarga provincial sobre o IAE. Artigo 4. Suxeito pasivo. Serán suxeitos pasivos e contribuíntes desta taxa as entidades locais da provincia de Pontevedra, a propia Deputación de Pontevedra e os seus organismos dependentes, e outras administracións e institucións, que deleguen no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), as facultades de xestión tributaria e catastral, liquidación, inspección e recadación dos seus recursos de dereito público (tributarios ou non), así como a colaboración na xestión das sancións de tráfico. Artigo 5. Base impoñible. As bases impoñibles desta taxa serán as que a continuación se sinalan para cada un dos servizos que se prestan: a) Servizos de xestión tributaria: o importe neto das liquidacións, xa sexan individuais ou colectivas. b) Servizos de recadación: o importe neto do principal recadado, tanto en período voluntario coma executivo, agás no caso do IAE, no que se excluirá o importe correspondente á recarga provincial sobre dito imposto. c) Servizos de inspección: con carácter xeral será o importe neto das liquidacións que se practiquen como consecuencia dos actos de inspección, agás no caso de inspección do IAE, nos que se excluirá da base impoñible o importe que corresponda á recarga provincial sobre dito imposto. d) Servizo de xestión de sancións de tráfico: o importe neto das sancións impostas. Artigo 6. Tipo de gravame. Os tipos de gravame aplicables a cada un dos servizos que se prestan son os que de seguido se citan para cada un deles: 1. Servizos de xestión: - Xestión de impostos: 2 por cento. - Xestión de taxas e prezos públicos: 2,5 por cento. - Xestión doutros recursos: 4 por cento. - Xestión do Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos: 10 por cento. 2. Servizos de recadación en voluntaria: - Impostos: 3,80 por cento. - Taxas e prezos públicos: 3 por cento. - Recadación doutros recursos: 4 por cento. - Recadación de sancións de tráfico: 4 por cento. 3. Servizos de recadación en executiva: o importe das recargas que correspondan en cada caso. 4. Servizos de inspección: - Inspección de impostos: 18 por cento. - Inspección de taxas e prezos públicos: 20 por cento. - Inspección catastral: 18 por cento. 5. Servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico: aplicaranse os seguintes tipos: No caso de concellos que teñen delegada a xestión e recadación dos tributos de imposición obrigatoria: 16 por cento. No caso de concellos que non teñan delegada a xestión e recadación dos tributos de imposición obrigatoria: 21 por cento. Artigo 7. Cota íntegra. A cota íntegra será o resultado de aplicar sobre as bases impoñibles os tipos de gravame establecidos para cada modalidade de servizo conforme se detallan no artigo anterior. Artigo 8. Bonificacións e exencións. Gozarán dunha bonificación do 3 por cento na colaboración na xestión de tráfico os concellos que a través do correspondente convenio emitan a gravación de todas as denuncias de tráfico a través dos medios telemáticos facilitados polo ORAL. Artigo 9. Esixibilidade. A taxa será esixible dende o momento de inicio da prestación dos distintos servizos, non obstante practicaranse as liquidacións nos momentos que de seguido se sinalan para cada un dos servizos: a)No servizo de xestión, cando finalice o período de ingreso en voluntaria. b)No servizo de recadación en voluntaria, cando se realice o ingreso da débeda. c)No servizo de recadación en executiva, cando se realice o ingreso da débeda. d)No servizo de inspección, cando se recaden as liquidacións practicadas como consecuencia dos actos de inspección. e)No servizo de sancións de tráfico, cando se recaden as sancións impostas. Artigo 10. Ingreso. As cotas desta taxa ingresaranse no momento que se fagan as entregas de cartos ás administracións que se lles prestaron os servizos, mediante a retención do importe que en cada caso corresponda. Artigo 11. Normas de xestión. 1. Practicadas as liquidacións ás que se refiren os puntos anteriores, no modelo que se estableza para o efecto remitiranse á Intervención para a súa fiscalización, xunto coa súa documentación xustificativa. Esta fiscalización pódese limitar a unha porcentaxe de todas as que se fagan, podéndose substituír a fiscalización pola toma de razón en contabilidade, podéndose tamén someter a un control financeiro posterior. 2. Fiscalizadas as liquidacións someteranse á aprobación do órgano competente. 3. Aprobada a liquidación notificaráselles esta ós suxeitos pasivos. 4. Un exemplar das liquidacións e da resolución de aprobación serán remitidos á Intervención para a súa contabilización. Disposición adicional primeira: sancións en materia de tributos e demais recursos de dereito público. O importe das sancións que impoña o ORAL por infraccións cometidas polos contribuíntes ou obrigados ó cumprimento de obrigas en materia tributaria ou de calquera outro recurso, corresponderalle, na súa totalidade, ó ORAL. Disposición adicional segunda. Xestión de recursos para os que non existen tarifas aplicables nesta ordenanza. A xestión de recursos para os que non se establecen tipos de gravame que lle resulten de aplicación nesta ordenanza, farase segundo as condicións e prezos que se determinen no correspondente convenio. Disposición adicional terceira. Xuros de mora. Os importes recadados por xuros de mora corresponderanlles, na súa totalidade, ás administracións titulares dos recursos en cuxa xestión de cobro se recadaron. Disposición adicional cuarta. Costas. Son ingresos do ORAL as costas e os gastos legalmente esixibles ó obrigado ó pagamento nos que se incorra no proceso de recadación executiva. Disposición adicional quinta. Vixencia de condicións especiais. Os convenios que recollan tarifas especiais, distintas ás recollidas nesta ordenanza fiscal, seguirán vixentes ata o momento no que finalice a súa vixencia, non sendo posible a prórroga da vixencia de ditas tarifas, facendo esta disposición, a todos os efectos, de denuncia previa dos mesmos. Disposición transitoria. Aplicación destas modificacións ás liquidacións en curso. As tarifas previstas nesta ordenanza aplicaranse ás liquidacións desta taxa que se aproben a partires da súa entrada en vigor. Disposición final: entrada en vigor e aplicación. Esta ordenanza foi aprobada con carácter definitivo o día……………….., e publicouse no Boletín Oficial da Provincia o día ……………………... 2. O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. 3. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4. Estas modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da publicación do texto íntegro dos artigos modificados no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. 6.5898.- DESAFECTACIÓN DUN TERREO LINDANTE COA ESTRADA PROVINCIAL EP 4203 TORTOREOS-ESTACIÓN (AS NEVES) Sr. Presidente.- Punto número 6. Desafectación dun terreo lindante coa estrada provincial EP 4203 Tortoreos-Estación no municipio das Neves. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Primeiro. A Deputación Provincial de Pontevedra levou a cabo, no seu día, as obras de mellora e ensanche da estrada provincial E.P. 4203 Tortoreos-Estación (As Neves) realizando a expropiación dos terreos necesarios para iso, entre os que se atopaba unha leira da que era titular D. Inocencio González García afectada nunha superficie de 56 m2. Solicitada polo propietario a expropiación de toda a leira (cunha superficie total de 145 m2) esta Administración, de acordo co disposto no artigo 23 da Lei de Expropiación Forzosa, accedeu á devandita petición xa que a consecuencia da expropiación parcial resultaba antieconómica para o propietario a conservación da parte de leira non expropiada (89 m2). Unha vez finalizadas as obras, o sobrante da leira expropiada quedou configurado de forma irregular polo que é imposible un uso adecuado do mesmo, servindo na actualidade como vertedoiro ocasional completamente ilegal, insalubre e esteticamente deplorable, ademais de ocasionar problemas de inundacións ás leiras lindeiras. Segundo. Dona Carmen Alonso González, propietaria de todas as parcelas lindantes co citado predio, solicita a venda deste terreo ó obxecto de poder manter o mesmo en condicións de seguridade, salubridade e ornato público, e evitar os problemas que o seu estado de abandono está provocando nas súas leiras. Terceiro. O Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, adscrito ó Servizo de Infraestruturas, informa favorablemente a devandita solicitude xa que a venda dese terreo non afecta ós intereses da vía provincial por canto a mesma xa foi obxecto de ensanche e mellora. Así mesmo non cabe dereito de reversión a favor do primitivo dono (artigo 54 da Lei de Expropiación Forzosa) xa que foi este o que solicitou, voluntariamente, a expropiación total da leira. En canto á valoración do terreo, tomando como referencia o xustiprezo aboado no seu día a Dona Carmen Alonso González, considérase adecuado o de 20 euros/m2, resultando un total de 1.780,00 euros. Ó cumprirse os requisitos establecidos na lexislación vixente en canto á oportunidade e legalidade, e á vista do informe emitido polo Secretario da Corporación e polo Servizo de Infraestruturas, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. Iniciar o expediente de desafectación dun terreo de 89 m2 colindante coa EP 4203 Tortoreos-Estación, As Neves. 2. Abrir un período de información pública dun mes a efectos de presentación de alegacións. 3. De non producirse reclamacións e unha vez desafectado o dominio público e considerada a devandita finca, dende ese momento, como parcela sobrante, autorízase o alleamento a favor de Dona Carmen Alonso González como única propietaria colindante coa citada parcela. 4. Facúltase ó Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a firma de cantos documentos e escrituras sexan necesarias para formalizar este alleamento. 7.5899.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO DE 2010 Sr. Presidente.- Punto número 7. Aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio do ano 2010. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si. Bos días. Hoxe traemos a aprobación inicial dos orzamentos de cara ó ano 2010. Orzamentos que ascenden no presuposto da Deputación a 142.400.000 euros, é dicir, o 17,81% menos con respecto ó ano anterior, é dicir, menos 30.850.000 euros, e o consolidado, o presuposto consolidado que é o da Deputación, máis os dos seus organismos autónomos ascende á cantidade de 153.240.000 euros, é dicir, 28.096.000 euros menos que o ano anterior. Este presuposto é un presuposto excepcional debido a unha situación, a unha situación que estamos a vivir de crises, son numerosos os indicadores que poñen de manifesto unha crise económica sen precedentes, que loxicamente se proxecta sobre todos os axentes económicos, e as súas consecuencias son sobre todo que hai un parón no crecemento económico que transmite os seus efectos negativos sobre a renda e o emprego, e as administracións públicas, en xeral, dispoñen de menos ingresos polos tributos que están vencellados á actividade económica e teñen, por outra banda, que atender ós crecentes gastos que xeran os servizos públicos. Así mesmo, tamén as empresas enfróntanse a unha menor demanda que pon en risco os seus beneficios e polo tanto a súa viabilidade. E por suposto tamén estas consecuencias, dunha maneira directa, atacan ós cidadáns no seu conxunto, que vén limitadas as súas posibilidades de emprego e de consumo. Neste contesto de extrema gravidade os concellos, a razón de ser das Deputacións, tamén sofren as consecuencias, as duras consecuencias da situación, e enfróntanse polo menos a dous retos non habituais, primeiro uns ingresos sensiblemente afectados pola menor actividade económica, en particular pola menor actividade inmobiliaria, e por unha merma dos recursos procedentes de participación nos tributos do Estado. Creo que esta é unha cuestión que todos coñecemos e que é de actualidade, onde os propios concellos teñen menos ingresos, sobre todo pola actividade inmobiliaria, e tamén dunha maneira clara por esa merma de recursos procedentes de participacións nos tributos do Estado. Creo que este é o eixo fundamental do diagnóstico que temos con respecto ós concellos, e por suposto tamén uns gastos crecentes polas prestacións dos servizos públicos municipais, que se por unha banda son demandados polos cidadáns cada vez con maior nivel de calidade, por outra presentan custes con incrementos moi significativos. Isto vén a dar que con todo isto parece claro que calquera iniciativa pública que a Deputación leve a cabo debe ter en conta polo menos estes dous principios; En primeiro lugar contribuír a paliar os efectos negativos, que a grave situación económica provoca na sociedade en xeral, e sobre todo nos sectores menos favorecidos. E en segundo lugar cooperar máis que nunca cos propios concellos. Eses son os eixos fundamentais do diagnóstico que se plantexa, é dicir, é que estes presupostos que nós plantexamos, como agora vamos a describir, pois van dirixidos dunha maneira clara a estes dous diagnósticos claros; Primeiro a merma dos ingresos por parte dos concellos, tanto na súa actividade propio como tamén por tributos do Estado. E en segundo termo pois atender ós sectores menos favorecidos, a aqueles sectores que loxicamente se as administracións non os apoiamos pois verían mermadas as súas actividades e incluso o seu funcionamento diario. Por iso a Deputación de Pontevedra afronta esta situación descrita dende unha boa saúde económica, presupostaria e financeira, que é o resultado dun rigor permanente na xestión dos seus recursos. Isto permítenos abordar nestes presupostos extraordinarios e importantes proxectos, que loxicamente sen poñer en risco a estabilidade e a sostenibilidade das nosas finanzas, iso quere dicir que esta Deputación fixo un traballo, creo que excepcional, nos últimos anos para, bueno, pois, dentro desta situación de grave crises poder afrontar todos os retos que se plantexaron, os que viñan doutros anos, os do presente, pero tamén retos de cara ó futuro como a continuación vamos a relatar. Os presupostos están elaborados de acordo cos seguintes criterios; Primeiro, contaremos cuns ingresos máis limitados, é dicir, en torno ó 20% menos de ingresos, que é o mesmo que dicir aproximadamente uns 30,8 millóns de euros menos que o ano pasado. Nestes presupostos, loxicamente, redúcense retribucións, inténtase axustar ó máximo o gasto corrente, e por suposto, tamén se reducen gastos de representación e publicidade, así como proxectos de aforro de cara ó futuro desta administración, de diversos servizos públicos provinciais como os relativos á enerxía, adquisición de material, plan de telecomunicacións, todas estas cuestións van a ser importantes de cara ó futuro, sobre todo para manter o incremento do gasto corrente, que se reduza o máximo posible, e tamén para intentar axilizar e por en marcha proxectos de aforro que ó final son importantes, sobre todo na crise que estamos a vivir e que esperemos que non se prolongue demasiado. Nos presupostos, tamén do ano 2010, priorizamos os investimentos, os investimentos dunha maneira clara ós concellos, e como dicía, pois, a aquelas cuestións relativas a mancomunidades de concellos, a outros sectores, sectores culturais, deportivos, sociais, como despois tamén explicaremos dunha maneira clara. O destino prioritario destes recursos serán os investimentos produtivos, neste eido xa se aprobou nun Pleno anterior, pois un plan de investimentos de 70 millóns de euros para concellos, tamén pioneiro no eido da administración local, un plan que ten unha vixencia temporal dos anos 2009, 10 e 11, e que a día de hoxe podemos estar a falar de máis de 500 proxectos, máis de 500 proxectos que xa están en proceso de licitación, en proceso de adxudicación, e que pronto todos estes concellos, os nosos concellos da provincia de Pontevedra se verán beneficiados dunha maneira directa. Aquí hai inversións en depuracións de augas residuais, en saneamento, en abastecemento, en cuestións de melloras de travesías, inversións en obras deportivas, culturais, sociais, é dicir, en definitiva uns investimentos de 70 millóns de euros directos ós concellos que é un dos destinos prioritarios. Tamén dentro destes criterios, destes criterios que marcamos como obxectivos fundamentais, está tamén a programación propia, os investimentos propios, con fondos propios e con fondos da Deputación e obras propias que sacan a concurso e tamén destinadas a concellos e a asociacións ou entidades propias de cada un dos concellos, por un importe aproximadamente duns 160 millóns de euros máis, é dicir, no período 2009-2010-2011, esta Deputación vai a investir por riba dos 230 millóns de euros en proxectos destinados dunha maneira prioritaria ós concellos e a institucións e a entidades da nosa provincia, quero dicir, que estamos a cumprir o que prometemos no último Pleno onde se aprobou o presuposto do ano 2009 e xa ía contemplado este plan de financiamento a tres anos. Tamén é importante outro aspecto fundamental deste presuposto é a incorporación de novas tecnoloxías á actividade provincial. Estase a traballar na dixitalización do Boletín Oficial, na oficina tributaria virtual, na contratación electrónica, na xestión telemática de subvencións e implantación dunha plataforma da administración electrónica para os cidadáns. Tamén se está a traballar dunha maneira especial nos procesos Wimax, Wifi, que creo que ó final poden dotar de acceso a internet de banda larga a todos os concellos e cidadáns da nosa provincia. Creo que se trata dun dos proxectos que é posible pola colaboración e coordinación que actualmente se ten coa Xunta de Galicia, que vén mantendo coas Deputacións. Este creo que é un proxecto que acada os 6,6 millóns de euros, do que xa funcionan proxectos pilotos en Arbo, Pazos de Borbén, Meis, Agolada, e que estará plenamente operativo ó longo do vindeiro ano. Creo que isto é moi importante á hora de elaborar uns proxectos e sobre todo se queremos, como dicía anteriormente, intentar buscar aforro no gasto corrente, e sobre todo a implantación de novas tecnoloxías para esta institución, para que sexa moito máis moderna. E tamén, por suposto, os presupostos do ano 2010 recollerán un incremento de accións destinadas a servizos sociais e a actividades solidarias. Creo que esta Deputación, no caso da Cidade Infantil Príncipe Felipe, é un exemplo de cómo hai que tratar e como hai que levar a cabo a actividade nos servizos sociais. Por suposto que todo isto vén tamén dunha extraordinaria laboura de asistencia, apoio, cooperación e modernización dos servizos sociais. Creo que aquí neste apartado estamos a facer un magnífico traballo e polo tanto Príncipe Felipe quizás sexa, pois, a bandeira dese traballo que está a facer esta Deputación nos servizos sociais. A maiores hai tamén unha serie de actividades desenvoltas a través dos organismos autónomos, neste caso no ORAL, que por exemplo a 30 de xuño liquidou ós 51 concellos que teñen delegada a súa recadación, aproximadamente uns 30 millóns de euros, o que lles permite dispor de tesourería anticipada e así loxicamente poder levar a cabo ou paliar as dificultades que teñen moitos destes concellos. E tamén se contratou unha operación de Tesourería de 14 millóns para anticipar ós concellos, xa en febreiro, a recadación dos vehículos, do IVE e do Imposto de actividades económicas. Ademais dende esta Deputación nese asesoramento e colaboración cos concellos tamén fixemos unha reclamación ó Ministerio de Facenda de 4,2 millóns de euros para os 12 concellos afectados pola AP-9, en concepto de compensacións polos beneficios fiscais. Parécenos ben que agora se sumen tamén outros concellos, é certo que nós levamos un adianto, un adianto de case oito ou nove meses facendo estas reclamacións en beneficio deses propios concellos. A decidida loita contra a crise e que se reflexa no incremento da inversión produtiva, como dicía anteriormente, deses 230 millóns de investimentos directos a concellos e a entidades, e tamén para inversións propias, con ese plan de investimentos, creo que é un dos eixos fundamentais. Por suposto que seguimos a traballar na creación de solo industrial, nese polígono de Barro-Meis que creo que, bueno pois ó final a situación de crise afecta a todos os polígonos, pero evidentemente nós seguimos a traballar para que cando a crise e a economía se recupere evidentemente poidamos ter e levar a cabo pois a posibilidade de que teñamos solo industrial para que as empresas se poidan instalar. Non abandonamos, todo o contrario, senón que seguimos coa potenciación de proxectos europeos. Creo que isto pois tamén demostra ás claras, cal é o traballo desta Deputación. A día de hoxe temos aproximadamente en proxectos europeos un importe total dos proxectos en torno ós 30 millóns de euros, podíamos falar de todos os proxectos que temos, de Pousadas, Wimax, Mobilia, Miño, Aquelando II, Nea 2, Eco Rhodasol, e a UPD; é dicir, creo que Pousadas do Salnés tamén como proxecto turístico, e polo tanto estamos a falar de proxectos por un importe aproximado duns 30 millóns de euros. Creo que isto pois é fundamental á hora de tamén captar fondos e recursos doutras administracións. A maiores se está traballando tamén en apoio a sectores estratéxicos da nosa provincia, como é o caso do comercio, cun plan estratéxico aprobado para o ano 2009-2012, tamén estamos, neste presuposto tamén se contempla a recuperación patrimonial e medioambiental de cara a potencia, aínda máis o próximo Xacobeo, aquí estamos coa rehabilitación do Mosteiro da Armenteira, unha nova fase da zona dos Muiños da Armenteira, o Vieiro da Franqueira, a recuperación dos Pendellos de Agolada, é dicir, creo que é importante que de cara á potenciación do patrimonio da nosa provincia, pois tamén se estea a traballar e se contemplen partidas concretas neste presuposto. Así por suposto tamén a mellora integral da nosa seguridade vial, 2.700 km. de rede provincial que temos, que temos unha aposta clara por seguir potenciando e modernizando os nosos servizos, hai unha aposta, como dicía anteriormente moi clara e que se mantén a inversión e o gasto en todo o relacionado con temas sociais, culturais e deportivos. Creo que se se caracteriza por algo esta Deputación é pola potenciación e a axuda ós menos favorecidos, a aqueles colectivos que necesitan axudas que, loxicamente, á veces como algún pode criticar, ou algún grupo de ser partidistas, pero nós estamos, témolo moi claro que estes colectivos menos favorecidos son os que máis axuda necesitan nun momento de crise como o que estamos a vivir, dende os apoios ós programas de maiores, mulleres, teleasistencias, e neste capítulo, bueno, pois creo que se está facendo un magnífico traballo, hai un proxecto que vamos a seguir continuando como foron esas 100 furgonetas a colectivos sociais e culturais e deportivos da nosa provincia. Tamén estamos a facer un esforzo importante no apoio á cultura e ás diversas manifestacións culturais, creo que a Deputación de Pontevedra é coñecida historicamente como a Deputación cultural, e nesta liña evidentemente hai moi poucas institucións que estean a facer este traballo magnífico de apoio a todo o sector da cultura, dende asociacións, dende fundacións, e incluso de entidades, a maioría todas sen ánimo de lucro que ó final están facendo eu creo que un magnífico traballo. A nivel deportivo tamén nos caracterizamos por ter un magnífico compromiso, un compromiso importante con todos os clubs de base da nosa provincia, con todos os clubs de élite, e sobre todo a través das escolas deportivas municipais que están a facer un magnífico traballo, que nos últimos dous anos pasamos de ter cero nenos nas escolas, porque non existían, a ter aproximadamente uns 5.000 nenos e nenas de diversas actividades deportivas desenvoltas por toda a nosa provincia, a onde non chegaba o deporte, pois aí está a Deputación facendo ese magnífico traballo. Por suposto tamén que vamos a ter un compromiso claro cun sector, un sector que a pesar da crise, está aguantando dunha maneira importante, como é o sector turístico, e sobre todo con ese compromiso coas asociacións e co propio sector de cara a un ano importante como pode ser o Xacobeo, pero non só pensando neste ano santo do ano 2010, senón que esas políticas poidan servir para que no ano 2011 e 2012 e sucesivos, pois este sector que seguramente foi un dos sectores que máis se modernizou e profesionalizou na nosa provincia, pero que agora necesita tamén das institucións e por suposto que a Deputación de Pontevedra vai a estar presente neste evento e por suposto neste apoio moi claro ó sector. En definitiva para cumprir o compromiso dos vinte minutos, me quedan tres minutos, resumindo, resumindo, creo que esta Deputación ten uns presupostos realistas, uns presupostos que debido á saúde económica desta Deputación, e financeira, pode acometer, é que teñen dous eixos fundamentais, primeiro, o dirixilos ás persoas, dirixidos ás persoas, a colectivos sociais, culturais, deportivos, turísticos e doutra índole, e por suposto tamén a intentar ser os salvavidas dos propios concellos. Creo que a Deputación, máis que nunca, ten que ter unha implicación e un compromiso cos propios concellos e por iso estamos falando dunha inversión neste período de dous anos e medio, eu diría que de dous anos, de aproximadamente 230 millóns de euros para os propios concellos e a maiores pois a terceira liña e que dende a propia Deputación estamos axudando directa e indirectamente, non só con estas inversións deste proxecto de 230 millóns, dos cales 70 son concretos para ese plan de activación económica, senón que tamén todos os organismos que temos ó final están comprometidos e están implicados sobre todo a resolver as dificultades de crise que estamos a vivir, e por iso un exemplo claro é o que está pasando co ORAL, facilitando medios e adiantando incluso nalgúns momentos pois a posibilidade de que teñan tesourería os propios concellos, e a maiores evidentemente pois a unha serie de entidades culturais, sociais e deportivas que ten a nosa provincia, que están a pasar pois moitisimas dificultades. Hai anécdotas, anécdotas moi importantes, que seguramente, seguramente non se trasladan á opinión pública, pero os comedores sociais cada día incrementan moito máis a súa demanda, eses comedores sociais que seguramente noutros anos, pois ó final, pois, ó final eran para persoas con situación, con situación económica inexistente ou incluso de abandono total de persoas que estaban na propia rúa. Hoxe por desgraza para moitos, hai persoas que tiñan unha situación económica acomodada, pero que o paro lles leva a non ter fonte de ingresos e que moitas, moitas desas persoas e familias, incluso están utilizando eses propios comedores. Pois aí é a onde chega a Deputación, aí é onde está a Deputación, cos asilos, cos menos favorecidos, con sectores menos protexidos e creo que ese é o presuposto que hoxe presentamos, a pesar de ter unha redución de 30 millóns de euros creo que fixemos un esforzo importante e por iso eu quero agradecer a todo o equipo de goberno, ó Presidente da Deputación polas facilidades que deu ós servizos económicos, para poder facer un reaxuste e un reaxuste axustado, pois, a un diagnóstico de crise, a un diagnóstico de dificultades económicas, e ese creo que é o presuposto que demandan a provincia de Pontevedra e que demandan os cidadáns e os propios concellos. Por iso eu creo que estamos tremendamente satisfeitos deste presuposto que conseguimos elaborar, a pesar das dificultades, pero que ó final van a resolver, pois, as demandas que plantexan no seu conxunto á cidadanía da provincia de Pontevedra. E cumpro á raxatabla os vinte minutos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Bueno, os vinte e dous, pero bueno é igual, mentres sexan fallos dese tipo non hai maior problema. Bueno, estamos nunha situación en que a crise económica marca en gran parte case todo o debate económico orzamentario das institucións. Ben, cando isto se iniciou, no ano 2008, o ano pasado, pois a reacción desta casa en principio pois entendemos que ía por un camiño correcto, de feito no Pleno do 12 de setembro do 2008 aprobouse unha moción a instancias do Partido Popular, que foi aprobada por unanimidade, e despois aprobouse, vamos, falouse durante ese ano, de realizar unha serie de medidas anticíclicas, con máis investimento, co famoso, mal e desgraciado ó final, do plan anticrise, etc. Todo iso daba o que, en fin, está receitado en todos os lados como medidas anticíclicas, recortes do gasto corrente, de transferencias, máis investimento, etc., e aviar investimentos que poidan aviarse, priorizar absolutamente o que haxa que executar e tomar medidas, pois se cadra drásticas. Ben, iso súmase evidentemente á que todos coñecemos, que temos un Partido Popular nunha campaña de acusar de despilfarro constantemente, case nunca con razón, onde non gobernan eles, e predicar austeridade, e anunciar austeridade onde goberna o Partido Popular, e esixir austeridade onde non goberna como crítica ó despilfarro, creo que é o marco político, político-económico, no que se moven estes orzamentos. Ben, eu non vou a chegar ó final para anunciar o que significan dentro deste marco, dentro deste marco, estes orzamentos son o maior exercicio de cinismo político que temos visto ou polo menos que eu teño visto na historia, e xa teño visto moitos, pero dende logo, este é o maior exercicio de cinismo, non corresponde para nada nin ás políticas que está levando o Partido Popular de austeridade, austeridade, despilfarro, non sei que, nin ós acordos deste Pleno nin o que se está predicando por parte de quen nos presenta estes orzamentos. Ben, sabemos que as peores previsións confirmáronse, os ingresos baixaron 20 millóns de euros, estamos bastante peor que no 2008, bastante peor, verdade, aínda que formalmente os números son parecidos, desquitando o crédito son bastante, bastante peores, e isto se o comparamos co acordo que se fixo aquí no Pleno desta Deputación no ano 2008, insisto a proposta do Partido Popular, pois isto parece facer trampas ó solitario, isto xa é o colmo do cinismo e de enganarse ou pretender enganar ós demais que ó final só se engana a un mesmo, repito, facer trampas ó solitario. Por exemplo, naquel acordo dicía que en todo caso calquera variación das previsións dos ingresos esixirá a inmediata adopción dos correspondentes axustes nos orzamentos de gastos, correcto, razoable, lóxico, bueno, pois resulta que a principio deste ano tivemos 13 millóns de remanentes, xa había unha previsión de que había que devolver cartos do 2008, e os gastaron alegremente en contra do que aprobaron aquí mesmo. Ben, estamos ante uns orzamentos que dese plantexamento inicial que fixou o propio Partido Popular nesta Deputación, non hai nada de nada de nada. Mire, o gasto corrente sube un 15%, cando alí propoñían conxelalo e o óptimo sería un 10%, baixalo un 10%, o ano pasado baixárono un 5, este ano sóbeno un 15, balance dos dous anos sóbeno un 10, debeuse enganar, aquí onde poñía, onde vostedes, aprobamos aquí todos o que puxeron, acadar ata o 10% do aforro de baixa debía ser de alza, non, debía ser de alza, a cifra coincide pero ó revés, e o xustifican, o xustifican co edificio do lado, mire, se o edificio do lado lle vai supoñer en auga, ou sexa no que é gasto corrente, en auga, luz e teléfono, 2 millóns e medio de euros, mire, déixeno, déixeno, non hai problema, non hai problema, cólleo o concello que me parece que coa a metade sostén todos os edificios, non hai ningún problema, cólleo o concello mentres vostedes non estean en mellores condicións. É de broma, é unha auténtica broma de mal gusto dicir que soster un edificio, o gasto corrente, non digo o investimento ou o mobiliario, o gasto corrente dun edificio pode rozar ese edificio 2 millóns e medio de euros ó ano. Ben, naquel acordo tamén nos dicía, revisión da necesidade de oportunidade das liñas de subvencións previstas, realizando os axustes que sexan viables, conxelaranse, minoraranse na mesma porcentaxe na que teñan diminuído os ingresos correntes, os ingresos correntes baixaron, baixaron un 20%, ¡ah!, pero resulta que as transferencias das liñas de subvención, as liñas de subvención soben este ano un 5%, soben un 5%, se desquitamos, no capítulo 4 están as transferencias internas, se desquitamos as transferencias internas da Deputación, ou sexa, o que a Deputación dá para a Escola de Canteiros, para Turismo, etc. Miren, exactamente as subvencións nominativas, vamos, de liñas de subvencións mantéñense, e nas subvencións nominativas sóbenas de 193 a 279, cada vez como segan así vai a ser o que máis volume ocupe do orzamento, a relación de todas as subvencións nominativas; e ó Padroado de Turismo báixanlle as transferencias, báixanllas, a pesares de que aquí o Portavoz do PP nos di, é o Presidente do Padroado de Turismo, bueno, Presidente é o Presidente, pero bueno, que como é Xacobeo pois van a reforzar esa liña, supoño que lle chamarán rebaixarlle o, coller e vamos, reforzar é rebaixar, noutros casos rebaixar é subir, todo ó revés, facer trampas ó solitario que é unha cousa absolutamente espectacular. Entón máis gasto corrente, máis transferencias, máis subvencións, máis cheques e máis gastos de persoal, máis gastos de persoal, ou sexa, esta Deputación o que é o gasto de persoal non sabemos a onde vamos chegar porque non ten parangón, non ten parangón con ningunha outra institución, con respecto ó número e ó que está cobrando por certos cargos, ou sexa, podía poñer uns cantos exemplos, un xefe de servizo na Xunta normalmente anda en 42, digo quitando a antigüidade, 42-43 mil euros ó ano, ben, depende exactamente, e aquí anda en 61. Total non hai problema, claro despois temos os problemas cando se fala de transferir algún centro que é claramente alleo a esta Deputación, a ver quen transfire iso, a ver quen transfire con esas diferenzas, ¿verdade?, sobre todo nos altos cargos ou nos funcionarios do grupo A que están nesas ubicacións. Aquí hai para todos, repartimos con pluralidade, ningún problema por non comparar, por exemplo, é dicir, un Director Xeral da Xunta cobra menos que un xefe de servizo aquí, é espectacular, espectacular, espectacular. Ben, os mesmos cargos, vamos os corporativos, etc., é absolutamente espectacular. Ben, entón como gastan aí, ¿onde recortan?, recortan no plan de emprego, e para iso que non, ¿verdade?, que non ía a subir o gasto social, desaparece o plan de emprego para os concellos, 3 millóns, recortan as transferencias ós organismos autónomos, ou sexa, violentan o que acabaN de dicir todos, para cumprir o plan de estabilización, recortan en investimentos, recortan en investimentos. Non sei se saberá que os investimentos, capital, os capítulos 6 e 7 desta Deputación, baixan un, cae a metade, 40%, máis do 40% con respecto ó 2009, e baixan un 20% con respecto ó 2008, agora se lle enche a boca dicindo que soben os investimentos e as transferencias e demais, cousa que …, e recortan, e recortan nas transferencias ós concellos dunha maneira violenta. Colla o capítulo 4 que vai para os concellos e o capítulo 7 que vai para os concellos, e as cifras son espeluznantes, e para iso que a razón de ser, acaba de dicilo o portavoz desta casa son os concellos, pois aínda bo é que son, mire doulle unhas cifras, mire o capítulo 4, perdón, 4, 4, 4 e 7, 4 e 7, o que vai a concellos ¿sabe canto era no ano 2008?, ¿sabe canto era neste exercicio do ano 2009?, 18, ¿sabe canto vai ser para o ano que vén?, non chega a 13, non chega a 13. E para iso que a razón de ser desta casa son os concellos, aínda bo é, aínda bo é, porque senón estabamos finos, entón non sabemos exactamente a onde chegaría, xa as transferencias dos concellos chegarían a 0, chegarían practicamente a 0. Ven, esa é a realidade destes orzamentos onde, exactamente onde anuncian que non van a recortar e onde recortan, e o que anuncian que aumentan é xusto, verdade, o que recortan, ou sexa, todo ó revés, onde anuncian que aumentan é onde recortan, onde din que fan contención é onde aumentan, ou sexa, exactamente todo, todo exactamente ó revés. E todo isto pois nunha situación, digamos, macro desta casa absolutamente, se contamos o que hai que devolver, o que hai que devolver do exercicio 2008, 12 millóns de euros, máis o 2009 contándoo moi conservador, esta casa para o ano que vén, que á parte hai que pedir o crédito de 12 millóns polo plan, esta casa para o ano que vén vai superar de largo os 130 millóns de euros de endebedamento, se se suman as cifras que hai que devolver, para uns ingresos correntes que este ano son 114 e para o ano que vén veremos senón baixan, veremos senón baixan. Están comprometendo moi seriamente a solvencia desta Deputación, nós advertímosllo o ano pasado e o anterior, ben, xa se sabe que a oposición sempre di cousas raras, ¿verdade?, vale, este ano dillo o propio Interventor, bueno, o Interventor sempre está a tocar as narices, ¡vale!, ¡ah!, pero é que resulta que un vai á documentación desta, do orzamento, e asinado polo Sr. Presidente, polo Sr. Rafael Louzán, aparece esta situación agravarase para o exercicio 2011 xa que as entregas a conta do 2009 darán lugar a unha liquidación en negativo, pero ademais terán que devolverse 3 millóns cada ano dos do 2008. Se a recesión segue no exercicio 2010 a situación para o exercicio 2012 será aínda peor. Iso está asinado polo Sr. Presidente da Deputación, entón xa non sei quen ten que dicir que esta casa está, vamos tiraron dela ata o agotamento e para unhas liñas absolutamente contrarias ó que din e absolutamente contrarias a calquera sentido común, para xestionar, xestionar unha… para que vostedes recoñezan o que é obvio, o que é obvio. Dío o propio Presidente, está Memoria da Presidencia, asinado, D. Rafael Louzán Abal, está ben. Entón esta é a situación na que está esta casa, bueno nós dixemos que íamos chegar a esta situación hai tempo, vostedes que non ía pasar nada, agora dío o Interventor, tampouco vale, pois dío o propio Presidente, tampouco valerá, non vale absolutamente nada. E para iso, se está casa leva de inestabilidade anos, e ten unha inestabilidade gravísima, neste caso ten un plan de estabilización, de estabilización, un plan económico financeiro de estabilización, que aprobaron o ano pasado. Bueno, menos mal, menos mal que o Sr. Figueroa nos deleita hoxe dicindo que non pon en compromiso a estabilidade, menos mal, menos mal, pero si xa está a inestabilidade e vai a entrar a superar o 110% de débeda senón é neste 2010 vai a ser no 2011, está pedindo moito máis crédito do que está amortizando, vamos xa só falta que entre en remanentes negativos, a todo se chegará, ó ritmo que van a todo, a todo se chegará, aínda bo é, repito. Ben, aquí vostedes están creando un auténtico monstruo nesta casa, están creando un auténtico monstruo no que a razón de ser, a razón de ser, que precisamente debía ser os concellos e suplir as dificultades ou colaborar con eles para prestar servizos, pois non, é falsa radicalmente, rebaixan as aportacións e transferencias ós concellos dunha maneira falsa, a gastar que se acaba o mundo. Esta é a política que están vostedes facendo dunha maneira absolutamente brutal, arruínan á Deputación e, bueno, aquí déronse dúas circunstancias consecutivas que levaron a esta política absolutamente disparatada. A primeira, primeira, a partir do 2005 utilizar a esta Deputación como contraprogramación da Xunta que non tiñan. ¡Ah!, pero no ano 2007 levaron un susto, que non perden a Deputación por un puñadiño de votos, co cal é dicir, a arrasar, xa non é nin pola Xunta nin nada, a arrasar, a arrasar con isto ata que non dea máis de si, detrás de min o diluvio, creo que o dicía aquel rei Sol, acorda un daqueles Luises, o rei Sol, que dicía que detrás de min o diluvio, efectivamente despois detrás del veu a Revolución Francesa; arruínan a Deputación para nada, ou si para algo, para facer contraprogramación á Xunta, para pagar mocións de censura, para repartir cheques a mansalva, a troche y moche, sen ningún control, para estrangular ós concellos, poñelos todos de rodillas, etc., e demais. Miren, estaban nunha situación, estaba esta casa nunha situación coa crise e demais, que eu sei que tiveron as súas veleidades internas e que houbo, dos máis sensatos que se sentan nesas bancadas de enfronte, quen entendeu que era unha ocasión única para racionalizar o gasto, para facer transferencias á Xunta, das competencias que non son propias da Deputación, para facer unha poda nese florido xardín do cheque da subvención a mansalva. Ben, agora para recortar certos gastos, que non o fixeron, verdade, ¿onde está esa autoridade, esa austeridade tan profunda que vostedes preconizan e demais?. Miren, nós non vamos a facer emendas concretas, obviamente neste marco non terían ningún sentido. O único que lles pedimos é nada máis que sexan coherentes, retiren os orzamentos e cando menos xa non digo que o adapten ó acordo que vostedes mesmos propuxeron en setembro do 2008, cando menos maquílleno un pouco, que aparentemente algo se aproxime a iso que vostedes propuxeron aquí, que foi efectiva e que está aprobado por este Pleno. Iso é o que lle pedimos, pedímoslle que retiren os orzamentos e os adapten minimamente, que non sexan polo menos radicalmente contrarios ó acordo que vostedes mesmo propuxeron en setembro do 2008. Miren, acabo case por onde empecei, francamente, ¿onde está a austeridade?, ¿onde está o recorte do despilfarro?, ¿onde está o recorte de gasto corrente?, ¿onde está o aumento do investimento?, ¿onde está o aumento de aportacións ós concellos?. En ningún lado, absolutamente en ningún lado, todo, todo o contrario, recorte en materia de inserción laboral ou de, vamos, de traballo, recortes en todas as liñas, precisamente recortes no Patronato de Turismo, recorte en todas estas cousas. É un auténtico exercicio, repito, de contradición e de cinismo político, dicir unha cousa e facer outra, e a intervención do Portavoz do Partido Popular xa a completou, xa a completou, mire que dicir cando se lle recortan seriamente as aportacións, nunha porcentaxe coma un 6% ó Patronato de Turismo dicir que este ano vai a ser, bueno, no turismo vamos a facer un esforzo tremendo, vamos a, ou sexa, en todo, en todo. Ben, miren, os orzamentos fixéronos vostedes coa súa liña, teñen que pagar os seus favores, teñen a súa política ou o que sexa, home, pois non o digan así e dígano doutra maneira, pero bueno, exercer de pinocho e dicir xusto o contrario do que está nos papeis, do que está …, non, dicir que a Deputación está en estabilidade, que non se compromete a estabilidade, cando o propio Presidente, xa non digo o Interventor, llo di claramente, pois francamente é un exercicio de cinismo que poucas veces, poucas veces se ten visto. Eu dende logo de tal calibre e de tal tamaño non o teño visto. Eu si cumprín por este lado cos 20 minutos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. Eu a verdade é que entendía que sendo o segundo exercicio presupostario cando anunciaron no exercicio deste ano, do ano que estamos, ese famoso plan anticrise dedicado ós concellos, de 70 millóns de euros, bueno realmente de 56, pero que 14 os levaba o Presidente, eu entendín de verdade, que hoxe o Poñente ía a comezar dicíndonos cal é o nivel de cumprimento dese plan anticrise, e a verdade é que non dixo nada, bueno, si, dixo unha cousa, dixo, hai máis de quinientos, de quinientas obras, de quiñentos proxectos en marcha, si, estarán en marcha pero a día de hoxe seguen en marcha, é dicir, 0 adxudicacións, non hai nada, de nada, de nada. Nós plantexamos naquel momento que entendíamos que o normal e o lóxico e o que sempre se fixera nesta casa é que as contratacións foran dende os concellos. E por certo, tendo en conta a experiencia que tiñan os concellos neste ano que estamos co tema da adxudicación do Plan E, e coa que teñen agora mesmo co segundo Plan E, entendíamos que ían a ser bastante máis áxiles que esta Deputación nas contratacións. O tempo deunos a razón, é dicir, os concellos en seis meses adxudican todo e a Deputación en seis meses non adxudica, e nin sequera dispón un euro dos 21 millóns de euros do crédito deste ano. Ese é o grande interese que teñen vostedes en atacar a crise dende a Deputación de Pontevedra, tradúcese exactamente no que lle estou dicindo. Resulta curioso, da intervención do Sr. Figueroa, o falarnos da boa saúde económica da Deputación, home mire, eu coincido con vostede que a Deputación está nun momento difícil, esta Deputación e todas as Deputacións e os concellos, hai unha situación de crise que loxicamente minora os ingresos de todas as institucións locais, absolutamente de todas. Ben, pero a partir de aí dicir, como mantén o Sr. Figueroa, da boa situación económica do concello, ou da Deputación, parece que o Sr. Figueroa non le os informes, parece que é iso, a realidade Sr. Figueroa, é que dentro de dous anos esta casa estará pedindo autorización para poder ir a unha operación de crédito. Se a iso vostede lle chama boa situación económica, pois bueno, debe ser vostede só quen fala dese tema. Hai cuestións, hai cuestións que son recorrentes, exercicio tras exercicio, e orzamento tras orzamento, é dicir, e volvemos a dicilo por ser recorrentes, non se pode estar plantexando inversións de máis de 12 millóns de euros por un lado e máis de 3 por outro para vías provinciais, e ó mesmo tempo, non ter priorizado onde se fan esas inversións en función das necesidades. E isto é algo que vén pasando orzamento tras orzamento, exercicio tras exercicio. Ó mesmo tempo, votamos en falta tamén, non podía ser doutro xeito, é dicir, grandes proxectos estrela que anunciaron a bombo e platillo por todas partes, como aquel famoso consorcio provincial de recollida e tratamento do lixo, que non aparece orzamentariamente en ningún sito, nin apareceu no ano que estamos nin aparece para o ano que vén. E por certo, hai dous anos, ano e medio concretamente, que se celebrou a última xuntanza dese tema, pero bueno non debe ser un tema importante dada a situación “boiante” que teñen absolutamente todos os concellos. Por outro lado un, bueno pois, por un lado mira os números do orzamento e ve a desaparición dese plan de emprego e le declaracións na prensa de todos vostedes falando de austeridade no gasto, etc., etc., falando o Sr. Figueroa na súa intervención do grande traballo do IPESPO, e claro, fálase de autoridade, dun gran traballo nun órgano como é o IPESPO, e ó mesmo tempo un le os números e os números significan, din, que o Director do IPESPO gaña, nos consta, máis de 60.000 euros cada ano. E claro, o resultado final é o que é, será crise Sr. Figueroa, como di vostede, será crise, pero a realidade é esa, e a verdade cando un se pon a analizar quen é o personaxe pois chega a unha conclusión, e a conclusión é, é dicir, debe ser que agora ser voceiro do Grupo Popular no concello de Vilagarcía de Arousa da pé a ser Director do IPESPO e a ter uns resultados espectaculares como está tendo o IPESPO, e eses son datos que un vai sacando un a un deste orzamento. Claro, por outro lado nos anuncian vostedes en diferentes sitios e agora mesmo faino o Sr. Figueroa aquí, fálanos e nos anuncian, dun esforzo para axudar ós concellos, concellos que están pasando mala situación económica, concellos que son algúns deles incapaces sequera de pagar as nóminas. Pois miren, vamos a ser serios dunha vez, a eses concellos hai que poñerlle nomes e apelidos, é dicir, son os concellos a, b, c e d, os que teñen estas dificultades e non son capaces de pagar as nóminas, e non se pode, non se pode dicir alegremente como están dicindo vostedes, vamos a … deses concellos, non. Mire, primeiro, haberá que identificalos; segundo, haberá que identificar o por que, porque mire crise hai para todos os concellos, e resulta que uns non poden pagar as nóminas e outros si, bueno, pois haberá que identificar as causas. E a terceira cuestión, se as causas son, en moitos dos casos, mala xestión económica, haberá que dicir, miren, antes de acudir en socorro deses concellos haberá que ir a unha harmonización fiscal nos diferentes sitios da provincia, haberá que eliminar eses paraísos fiscais que curiosamente coinciden case sempre, case sempre con concellos gobernados ou gobernados durante moito tempo polo Partido Popular, claro, claro, dábanlle as inversións dende aquí, dábanlles cartos cando gobernaban a Xunta dende a Xunta, e agora volven a gobernar e volverano a facer e o resultado final, resulta que eses, que tiñan todo, absolutamente todo, non son capaces de pagar as nóminas e os demais si, pois non se pode premiar ós malos xestores, volvo a repetir, haberá que ir a unha harmonización fiscal na provincia e ese harmonización, loxicamente, dende unha posición de facer xestión, debería encabezarse dende esta Deputación, cousa que non se fai loxicamente por que iso non lle da rendibilidade en votos a vostedes, e claro, falando, e seguimos falando de cuestións de subvencións, etc., etc., e un se topa con que as subvención nominativas no orzamento se multiplican por 100, hai millóns de euros neste orzamento de subvencións nominativas e isto é claramente unha burla á lei, con toda a claridade do mundo, é dicir, as subvencións nominativas son para cuestións moi concretas e moi determinadas, non, aquí son para todo o mundo, ¿cal é a diferenza?, que bueno, non hai que facer unhas bases, non ten porque haber libre concorrencia das diferentes entidades, e se lles dá a cada un o que nos dá a gana, é dicir, claro, un empeza a entender, porque a primeiros de mes nos dicían que o Pleno do orzamento ía a celebrarse o día 22 de decembro, porque realmente á marxe de que lles toque ou non no sorteo da lotería nacional, a moita xente, a moitas asociacións e entidades, tocoulle aquí millóns de euros, sen facer absolutamente nada, simplemente por falar con vostedes. Curiosamente, non hai diferenza, é dicir, hai entidades deportivas que teñen máis fichas federativas que outras, que están en diferentes categorías, dá igual, subvención, a mesma cantidade, iso chámase tocar a lotería e por encima sen xogar, curioso o tema, curiosisimo. Ben, diante de todo este tema, é dicir, creo que as outras cousas se dixeron xa por diferentes portavoces, é dicir, nós plantexámolo en Comisión e seguímolo plantexando aquí, miren, sinceramente con este orzamento nós nunca estaríamos de acordo, absolutamente nunca, e non estamos entrando tanto a criticar o orzamento senón como a poñernos nunha postura de colaboración, nós estaríamos dispostos se vostedes retiran o orzamento, a entrar nun pacto, independentemente que sexa o penúltimo orzamento da Deputación, estaríamos dispostos a entrar nun pacto, un pacto que pasara simplemente, por un lado, pola súa retirada e por falar de diferentes cuestións como son, primeiro, que o famoso plan anticrise de aportación ós concellos pase a ser adxudicado polos concellos, dado o resultado que se deu ata agora e que está á vista; segundo, loxicamente pola recuperación do plan de emprego; terceiro, polo que lle dicía antes, por unha harmonización fiscal onde a Deputación encabece un movemento para que noutras ocasións, eses concellos que non son capaces de pagar as nóminas, non volva a ocorrer; e a cuarta cuestión sería deixar as subvencións nominativas loxicamente en cuestións moi, moi, moi concretas e medidas, e o resto das subvencións para todas as entidades entrarían loxicamente na libre concorrencia. A isto por suposto habería que engadirlle que dende a Deputación habería que facer un exercicio serio de estar eliminando cuestións que ata agora non son, que non son competencia da Deputación, falamos de subvencións en pesca, en agricultura, etc., etc., chegaríamos a un acordo coa Xunta de Galicia, vostedes gobernan alí en maioría absoluta, e que a Xunta empece a asumir loxicamente estes custes co cal liberarán cartos vostedes para temas principalmente e fundamentalmente dos concellos, agora mesmo dada a situación pola que están pasando. Esa sería en principio a proposta, senón o fan así loxicamente nós non nos queda outro remedio que votar en contra do orzamento. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, vamos a intentar contestar porque non se dixo, vou a ser suave, eu creo que a verdade do que está a suceder. Mire, Sr. Mosquera, os meus compañeiros me din aquí que vostede, agora xa estamos no MP4 e vamos para o MP5, vostede está no disco de vinilo aínda, ten o disco raiado, porque leva dicindo o mesmo discurso, facendo o mesmo discurso cinco anos, que esta Deputación non sei que, que non está saneada, que está non sei que, que está non sei canto, que patatín, que patatán, non di a verdade, vostede non di a verdade, esta Deputación está saneada e ten unha estrutura económica e financeira para abordar todos os proxectos de presente e de futuro, mire, e está tan saneada que estamos pagando a 40 e 45 días, é dicir, cousa que é case imposible noutros concellos, temos de liquidez aproximadamente uns 80 millóns de euros depositados nos bancos, é dicir, e aí están os proxectos, os proxectos en marcha, que se executan, evidentemente que nós acudimos a crédito, pero para facer inversións e para levar a cabo proxectos importantes para esta provincia. Iso é o que hai que facer, iso se chama xestionar, e se chama facer actividade de xestión, e intentar acudir e darlle solucións ás demandas que plantexan os veciños, asociacións e a cidadáns desta provincia. Iso é o que hai que facer, o que non hai que facer é pois quedar de brazos cruzados e non facer absolutamente nada, iso, bueno, pois alá vostedes. Mire, vostede falaba de contraprogramación, non contraprogramación, pero si paliar o sectarismo que sufriron os concellos e esta Deputación da Xunta de Galicia que gobernaron vostedes. Iso si que foi sectarismo. ¿Sabe cantos euros chegaron a esta da Xunta de Galicia gobernando vostedes?, cero euros, cero euros, é dicir, vostedes nos catro anos que gobernaron a esta Deputación marxinárona de tal maneira que nin recibiron ó Presidente da Deputación. E nós si que acudimos alí ó Parlamento, o Presidente acudiu alí a dar conta ó Parlamento, vostedes a marxinaron, pero marxinaron a todos os concellos tamén doutras siglas que non correspondía coas de vostedes. Esa é a contraprogramación que vostede fala, ese é o sectarismo que vostedes aplicaron durante estes catro anos, esa é a realidade, claro que esa é a realidade e por iso vostede segue co disco raiado. Mire, vostede non di a verdade, é certo que se aprobou unha moción no ano 2008, pero vostede non di que no ano 2009, o presuposto da Deputación se reduciu o capítulo 2 un 6%, un 6%, ¿vale?, se reduciu un 6, un 6% se reduciu, é dicir, un millón e medio de euros, e é certo, e é certo que é imposible, vostede sabe que é totalmente imposible reducir, reducir ano tras ano, porque hai, hai compromisos de contratos, e compromisos que teñen que levar a cabo esta Deputación, evidentemente, e tamén é certo que se vai a por en marcha un novo edificio, claro que se vai a por en marcha un novo edificio, e iso ten un custe engadido, ¿para que?, para prestar servizos, pero o que vostede non di nin sabe é que dende a Xunta de Galicia, dende que goberna o Partido Popular esta Deputación pois ten contratos e convenios. Mire, só en turismo, só lle vou a dar o exemplo de turismo, en turismo hai un convenio de 230.000 euros para sinalización, que vostedes nos retiraron ata unha subvención de 30.000 euros, 30.000 para folletos nola retiraron, daba pouco a Xunta, pero 30.000 euros, e hai convenios previstos para outra serie de cuestións, para carreteras, que vostedes non quixeron saber absolutamente nada, convenio en materia turística, en materia de comercio, un novo convenio para Príncipe Felipe, a nova Xunta con temas de obradoiro e a unidade de promoción e desenvolvemento, etc., etc., e esa é a diferenza, esa é a diferenza, vostedes intentaron estrangular a todas as administracións onde gobernaba o Partido Popular, iso foi o que fixeron vostedes durante catro anos e así se foron á oposición, mire que foron rápidos vostedes, iso si que foi un goberno exprés, un goberno rápido. Sr. Mosquera, eu creo que o disco de vinilo vale, dos Beatles e de todo o que lle poida gustar, pero agora estamos no MP5 xa, xa está avanzando o MP5, vai a saír proximamente, mire que avanzamos, eu creo que ten que cambiar un pouco o discurso porque non o cre nadie ademais, é que non o cre absolutamente nadie, iso con respecto a ese tema. E despois, Sr. González, mire, aquí hai unha situación real que hai que dicirlle ós veciños e ós cidadáns, hai un goberno do Estado que non foi capaz de paliar a situación de crise que se está a vivir, e que estamos case no 20% de paro, e que estamos creando cada día máis paro e menos emprego, e, seguramente vostedes lle votan a culpa pois á crise internacional, pero hai un ano e medio vostedes nos chamaban antipatriotas porque dicíamos que había crise e vostedes ocultaban esa situación, senón a houberan ocultado seguramente se puxera remedio a todo iso, e agora estamos no que estamos, e ¿sabe o que sucede?, que en dous anos entre o POL e a redución de ingresos do Estado, esta Deputación recibe pois aproximadamente 60 millóns de euros menos, esa é a situación real, esa é a situación real, a situación real, non nos votará a culpa a nós, supoño, polo menos asuman a parte de responsabilidade que lle toca asumir a vostedes. Mire, Sr. Mosquera, a vostede, é que non ten outro discurso, non hai outro discurso, da situación económica desta casa, é o único discurso, e volvo a repetirlle, e para que quede claro, claro que esta casa ten unha situación económica saneada, saneada, e cun plan claro, e por suposto que vamos a facer un investimento de 230 millóns en dous anos, con 70 concretos para os propios concellos, e claro que é certo que dende esta casa se está axudando ós concellos. Miren vostedes as aportacións desta Deputación, fagan un histórico dos últimos catro anos ós concellos, e o que van a recibir, claro que o van a recibir, claro que, por suposto que o van a recibir, e que este concello está preocupado pola saúde económica dos propios concellos. E, Sr. González, é que eu non lle vou a dar nomes, pero está, é público, todos os concellos que teñen dificultades, todos, ¿que quere vostede?, alarmar aínda máis a situación económica dos propios concellos, ¿non?, eu creo que é un exercicio de responsabilidade saber, porque se están pedindo, porque están pedindo algúns concellos créditos para pagar o capítulo 1 de persoal, etc., etc., etc. E mire, e neste ano, o capítulo noso, 1 de persoal, se reduce, se reduce, Sr. Mosquera, e vostede o sabe, o sabe, o sabe que baixa case un 4%, polo tanto si que estamos aplicando esa moción que presentamos. Se reduce o capítulo, se reduciu o ano pasado o capítulo 2 e o capítulo 4, e esa é a realidade, ¿vostede que quere?, non darlle axuda ás entidades sociais, culturais e deportivas, dígao publicamente, e diga a cal non lle dá, diga, vostede diga, que non lle vamos axudar a Príncipe Felipe, que non lle vamos axudar ós comedores sociais que hai, que non lle vamos a dar subvencións a entidades sen ánimo de lucro, como son a maioría, a entidades deportivas, que moitas sobreviven gracias ó apoio que lles dá esta Deputación; ou que non apoiemos a cultura, vostede dígao, dígao coas bandas de música, que ás corais, que a todo iso, que non quere darlle un duro. Pois mire, nós non, nós é todo o contrario, nós dicimos que temos que axudar ós concellos como estamos facendo e intentando a través dos nosos mecanismos e das nosas ferramentas, apoiados para que poidamos saír todos desta situación económica grave, e por suposto temos que axudar a esas actividades, a eses entes culturais, sociais, deportivos e turísticos. Mire, o presuposto de turismo que vostede fala tanto, si que descende, 160.000 euros, pero se incrementa por outro lado por un convenio, porque iso é xestionar, claro, vostedes nos puxeron unha fronteira alí en Santiago, que non nos daban nin un euro, todo o que viñera do PP, era marxinalo, era sectarismo puro e duro, puro e duro. Bueno, pois agora temos esa vantaxe, que evidentemente podemos, como temos colaboración e temos bo apoio e compromiso entre as dúas administracións e entre os concellos, pois ó final, evidentemente, claro que nós vamos a conseguir todo o que poidamos da Xunta de Galicia para que esta Deputación poida mellorar os seus ingresos, pero non polo que está pasando no Estado. Vostede sabe que os concellos, o POL, o POL se reduciu 10 millóns de euros, 10 millóns e pico de euros anuais, levamos tres anos sen POL, pois mire 10 millóns por 3 son 30 millóns, máis outros 30 que nos ingresan menos este ano, 60 millóns en dous anos e medio, 60 millóns son 10.000 millóns das antigas pesetas que ten de ingresos menos esta administración por culpa do goberno central. Esa é a política, é a política de vostedes e dalgúns partidos, neste caso o Partido Socialista en Madrid, que evidentemente non é capaz, non sabe por onde lle veñen todos os frontes, ten un barco que ten tantas entradas de auga que non sabe por onde atacalo, e esa é a situación, que estamos á deriva, á deriva, dende arriba, e entón é imposible facer políticas coordinadas e políticas que ó final poidan resolver os problemas de todos os cidadáns. E como levo dez minutos, me quedaban algúns temas máis, pero, bueno, pois, para a terceira. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. O disco raiado evidentemente teno vostede, empezou a darlle co disco raiado e co disco raiado pasóuselle o tempo, iso é o que pasaba cando se ía a aqueles guateques que se poñía o disco raiado e estaba sempre repetindo o mesmo e ó final pasaba o tempo e non, estaba un esperando por outra peza e a peza que chegaba despois pois non chegaba nunca porque estaba o disco raiado, o anterior, e iso foi o que lle pasou a vostede repetindo iso do vinilo e máis non sei canto. Mire, a ver, é que eu, aquí hai vintecatro discursos e demais, non contestou a nada, evidentemente, porque onde hai, como era aquilo que dicía un excompañeiro, o pobre xa é difunto aquí desta casa, Deputado, que dicía “onde hai papeles calan barbas”, entón claro, onde hai papeis e claros calan barbas. Mire, con respecto ó gasto de persoal, mire o que di a memoria da Presidencia asinada por D. Rafael Louzán Abal, di: As dotacións do capítulo 1, gastos de persoal, experimentan unha caída de 1.684.726 euros, menos o 4,69%, pero se lle eliminamos os 3 millóns de euros do plan de emprego para concellos, os gastos de persoal experimentan un crecemento de 1.315.274 euros que é o 4%. Iso dío o Sr. Presidente, eu non teño máis que dicir, non teño máis que dicir, ou sexa, quitan 3 millóns, ou sexa, dicir que baixa en persoal porque quitan 3 millóns do plan de emprego, hai que ter valor, hai que ter valor, Sr. Figueroa déalle ó disco raiado de vinilo que ten bastante que darlle, e os gastos correntes, díxeno antes, baixaron o ano pasado o 5,25%, e este ano soben máis do 15, multiplique ou sume, como queira, o correcto é multiplicar, e dá un pouquiño máis do 10% que subiron en 2 anos. ¿Vale?. Iso foi o que dou e díxeno antes, non teño por que repetilo. Con respecto ás transferencias ós concellos, as transferencias ós concellos, capítulo 7, rétoo ó seguinte, dígame se entre o PAC, ou sexa, o Plan de acción de caciques, a esas agrupacións de tres que o xefe ten que ser do PP bo, para darlle os cartos, que dan 1,2, e os cartos que meten aí para Mos, e outros convenios con concellos, sumen iso e dígame se ó resto dos concellos no capítulo 7 hai máis que iso ou menos. Dedican á moción de censura de Mos, ás súas asociacións por aí e demais, máis cartos en transferencias de capital que ó resto de todos os concellos da provincia. Desmíntamo, desmíntamo, desmíntamo, e chegamos a ese extremo de detalle. Entón vostedes estanse metendo nun patacal, ou sexa, nun exercicio de cinismo que, dende logo con falar de que se agora a culpa de que se acaben os fondos europeos de non sei quen, e máis a crise e o que sexa, máis non sei que historia da Xunta queren saír del, pero non teñen de onde saír, non o teñen, non o teñen, e xa nesa boráxine de vamos a contar mentiras, ou como queira chamarlle, chega a insinuar que a reclamación do IBI que fai a Deputación polos concellos, que hai un concello que a copia, ese concello ten ganada a sentenza fai anos, ou sexa, leva 7 anos de reclamacións, fíxense vostedes que descoñecemento da realidade e que maneira de terxiversala, cando non hai argumentación, e se saca, se inventa, a realidade en contra de todos os feitos obxectivos, en contra de todos os feitos obxectivos. Miren, eu non quero alargarme especialmente porque creo que as cousas están clariñas. Sr. Figueroa, déalle as voltas que queira, intente xustificalo como queira, agora os datos son contundentes, absolutamente contundentes, vostedes recortan as transferencias, déanse conta o que significa para un concello, que se ten unha transferencia da Deputación cóntalle no orzamento, sexa no capítulo 4 ou no 7, con todo o que supón para a estabilidade do concello, etc. Bueno, pois, as transferencias a concellos caen drasticamente, drasticamente, non quere que lle repita as cifras, evidentemente non replicou ningunha, porque é imposible, se afirmamos que este ano van 13 millóns cando ían 30 fai dous anos para os concellos, pois igual non son 13, igual son 12,7 ou 13,1, están redondeados, pero moito máis non se vai a poder discutir, obviamente non entra a discutir, ou cando o gasto corrente sube o 15% este ano, ou cando as transferencias correntes soben ou cando lle baixan ó Padroado de Turismo, ou o Museo, ou a outros lados, ou cando temos todas as cousas. Miren, vostedes teñen dúas cousas, un cinismo tremendo, predican unha cousa e fan exactamente a contraria, e tamén lle digo unha cousa, valor político ningún, se tiñan unha ocasión para pasar a tesourería e poñer un pouco, xa non digo totalmente, en orden, as finanzas desta Deputación, e a xestión desta Deputación, e que esta Deputación realmente exercera como o que dixo vostede, mellor que o puiden dicir eu antes, que a razón de ser son os concellos, pois tiña unha ocasión única para facelo, non o fixeron. E mire, di vostede, toda esta argumentación a verdade é que é un pelín perder o tempo, ¿onde veu? ¿que tivo que ver a Xunta en que vostedes montaron escolas deportivas gratis competindo cos concellos?. Conte, conte, ¿que tivo que ver?. As escolas deportivas municipais, que non ten nada que ver a Xunta nelas, é dicir, hai na Xunta, eu creo que hai un departamento na Xunta que se chama deportes, ¡bumba!, a competir con el, senón o fixeran nunca, eu tíñalle que recordar duns cantos anuncios que fixeron aquí, pero case mellor o deixamos para outro Pleno, porque non se fala para nada, nin a memoria da Presidencia, de transferir algún que outro centro, que non é competencia desta casa, non será porque non o recibiu o Presidente, ou tamén é porque non o recibiu o Presidente actual, porque daquela a desculpa era esa. ¿Por que non votaron a andar o Plan?, ese de recuperar, ese de xestionar o lixo mancomunadamente a través da Deputación dos concellos, para, en fin, descargarlle ó concello xestión que a veces polo tamaño lle resulta bastante difícil ou cara. ¿Sígolle coa relación?. Case mellor que non, porque o problema é que vostedes discorren, a realidade é unha e cada día saen cunha desculpa, dende logo, as declaracións que temos que seguir todos os días, estes últimos con respecto a estes orzamentos, retrátanos perfectamente, por un lado, e non creo que sexa cuestión de repetir, o Presidente na súa memoria deixa a situación moi preocupante, pode ser bastante peor, chega un endebedamento que pasa do 100% dos recursos ordinarios, e din que non pasa nada, aproban un plan de inestabilidade, din que non esta en inestabilidade, votan man de que se pagan a 30 días, pero que terá que ver se pagan a 30 días ou a 10, ou a 45 ou dous meses, iso é bo, que se pague tal, pero que terá que ver co que estamos falando, que terá que ver. Entón mezclan todo para chegar á conclusión imposible que é facer exactamente o contrario. Eu creo que sobran moitas máis intervencións, isto, repito, mire, que ás veces cando hai que xestionar ou incluso estando na oposición, pois ás veces hai que cambiar un pouco, defender unha cousa e facer outra un pelín distinta, pero exactamente o contrario é negar a evidencia, parece excesivamente forte. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, é dicir, eu de que a situación económica da Deputación é tremendamente difícil non mo invento, simplemente forma parte dos documentos do orzamento, está aí, senón o atopou lévollo, pero supoño que o atopou, pero non lle interesaba dicilo, o que dixen antes figura dentro dos documentos do orzamento, polo tanto, pois cónteme a que queira, pero esta non. Falaba vostede na súa intervención do sectarismo que a Xunta facía a diferentes concellos, etc., a ver como lle chama a isto, é dicir, a aportación a diferentes concellos que figura neste orzamento, ; concello de Mos, concello de Ponteareas, O Rosal, etc., fago toda a relación e soamente me aparece un concello que non está gobernado polo Partido Popular, un de toda a relación, non sei se é sectarismo ou como lle chama vostede a iso, iso si, é curioso, hai elementos curiosos dentro do orzamento, por exemplo, hai unha aportación nunha Entidade Local Menor, a de Bembrive concretamente, da Deputación, que vén a ser da orde de 194.000€, unha tontería, estamos falando, de menos de 5.000 habitantes e 194.000€, significa unha aportación maior que a inmensa maioría dos concellos da Provincia no Plan de Obras e Servizos, fíxese, unha tontería de nada. Por certo para temas absolutamente imprescindibles, absolutamente imprescindibles, para o nivel de vida e o benestar de todos os cidadáns de Bembrive, o adro da igrexa, ben, a cousa vai ben. Home, me di o Sr. Figueroa, que claro, a culpa é do Goberno, do Estado, o paro chega ó 20%, etc., me dicía un compañeiro, con razón, home, que a crise de verdade que vai evolucionando, porque antes os responsables eran dous, era o Sr. Zapatero por ser o Presidente do Goberno de España, e o Sr. Touriño por ser o Presidente do Goberno da Xunta, e agora evoluciona e só se queda nun responsable, o Sr. Zapatero, ese é o plantexamento do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, porque claro, é curioso, é curioso, resulta que os temas de emprego non están transferidos ás Comunidades Autónomas, resulta que dende maio ata agora o emprego baixou na Provincia, en todo Galicia, na provincia de Pontevedra tamén, ou resulta que na Comunidade Autónoma de Castela León que levan gobernando, todo o tempo practicamente, hai moitisimos anos, nela, resulta que aí o paro descendeu tamén. Pois non, se incrementou igual que nos demais sitios, polo tanto as culpas van repartidas, que quere que lle diga, culpas e beneficios van repartidos, porque isto funciona así, home o da vía de auga e de ir a deriva está ben, o que pasa que á deriva non vamos, algunha vía de auga, se encargan vostedes de facer, están co barbiquí por debaixo facendo os buratos, porque claro senón xa me contará, é dicir, chegamos ó 20% de paro e resulta que o plan de emprego da Deputación fano desaparecer, 3 millóns de euros, unha tontería, como estamos rebaixando o paro, en época de crecemento facémolo desaparecer. Ben, pois é unha forma de facer política, algúns din que é a posición do Partido Popular de que canto peor, mellor para vostedes, ó final vaille saír mal, pero rematadamente mal, porque se lles ve en todas as institucións nas que están, van exactamente co mesmo obxectivo, lles dá exactamente igual, non lles importa, exactamente o mesmo que lle comentaba antes coas contratacións. Home, parece absolutamente indecente que en 6 meses cunha crise absolutamente galopante, e resulta que vostedes non contratan nin unha soa obra do plan anticrise para os concellos, eses 50 millóns de euros non se contratou nin unha, chámase colaborar e traballar fronte a crise, efectivamente. Sr. Figueroa, a min a verdade o seu discurso non me dá para máis, digo discurso, porque o discurso fixéronllo, leuno, pero do orzamento, polo que parece non moito, porque xa lle comentaron antes unhas cousas, eu comenteille outras, que resulta que o seu argumento se cae cos documentos que figuran no orzamento. Nada máis, vamos a votar en contra loxicamente. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Para rematar. Mire Sr. Mosquera, mire Sr. Mosquera, con respecto ó PAC ten bases, réxese por unhas bases e por uns criterios, eu creo que vostede ó mellor confundiu ese xefe provincial do movemento que vostedes tiñan na Delegación de Medio Rural, onde ían por todos os concellos onde gobernaban outros partidos, e ía cos concelleiros do BNG dicíndolles que obras había que facer ou non facer. Eu creo que vostede ó mellor se trabucou, é dicir, si, iso si que o facía, facíao, ía por todos os concellos cando gobernaban vostedes e dicían, non chamaba ó goberno nin ó alcalde, chamaba ós concelleiros do BNG e dicía, esta obra che gusta, se che gusta fágoa e senón che gusta non a fago e a paro, iso era o que facían vostedes, esa é a diferenza que hai. É que eu creo que vostede non se acorda que gobernaron, bueno, gobernaban, estiveron nun goberno, porque gobernar é outra cuestión, estiveron nun goberno. Pero bueno, esta é unha cuestión puntual. Miren, nós si temos claro que esta Deputación ten unha situación económica saneada, unha situación económica boa para afrontar pois eses proxectos que presentamos. Claro que o noso presuposto vai dirixido fundamentalmente ó apoio ós concellos dunha maneira clara, e por suposto tamén ás persoas, é dicir, son fundamentais no momento que estamos a vivir de crise, onde cada día hai máis parados, pois que moitas persoas poidan, e moitos colectivos poidan, levar a cabo as súas actividades. Vostedes non din nada dese colectivo tan potente que hai social, cultural e deportivo. Si, Sr. Mosquera, claro que hai cinco mil nenos e nenas que gratuitamente, gratuitamente, pagando cero euros, teñen actividade dous días á semana, e en concellos ademais onde non hai actividade municipal nin escolas municipais. É moi fácil dicilo ou é moi fácil dicir que os programas que ten esta Deputación a nivel social pois dan cobertura entre vinte e cinco e trinta mil persoas, ou é moi fácil dicir que ó mellor estamos falando de oitenta ou noventa mil persoas que dan cobertura ás actividades culturais, iso é o que vostedes non fan, e iso é o que esta casa fai, e como esta casa o fai, seguramente teñen o recoñecemento e teñen o recoñecemento de todos eses colectivos, e iso é verdadeiramente importante, e por suposto que nós estamos facendo políticas para os concellos. Pero claro, vimos dunha travesía de sectarismo puro e duro, é dicir, máis sectarios que vostedes non foi nadie na Xunta de Galicia, e claro, iso evidentemente pois a moitos concellos asfixiáronos, estranguláronos, e ós que lle deron algo llo deron pola porta de atrás, é dicir, utilizando, pois como ese xefe que tiñan vostedes de Medio Rural, que ía concello a concello, e ademais non se cortaba nada, facía fotos incluso con eles, non ía ocultándose, senón facía as fotos, e o goberno, o alcalde, non se enteraban de nada. ¿De que queren dar leccións Sr. Mosquera?. Teñen un problema, estiveron nun goberno que o fixeron francamente mal e demostraron pois todas as súas calidades, e as calidades eran esas, nós creo que traballamos doutra maneira, traballamos con criterios e eses criterios se plasman e por suposto que vamos a seguir para apoiar ós concellos e apoiar todo este tipo de actividades, e se temos que acudir a préstamo acudiremos, é dicir, porque é normal, nós estamos aquí para realizar unha xestión, nós estamos aquí para cubrir as demandas que nos plantexan os concellos, as persoas e as entidades, e iso é para o que estamos, e por suposto que vostedes por un lado critican que se incrementa o gasto corrente e por outro critican que se recortan partidas, é dicir, aclárense dunha vez, porque ó final os que están facendo un discurso ambiguo son vostedes, nós si que temos claro o discurso, porque ó final eu lle dicía ó meu compañeiro Pepe Crespo, moi mal deben de estar tanto o BNG e o PSOE para facer os discursos que fixeron no día de hoxe, moi mal deben estar, moi mal deben estar. Porque ó final eu pensei que tiñan outros argumentos, outros argumentos máis contundentes, ó final o que se demostra é que é un presuposto realista, un presuposto executable, un presuposto que atende ós concellos, ás necesidades dos concellos e de todos os colectivos, porque claro, que o discurso aquí sexa que en Turismo se rebaixan cen mil euros ou cento cincuenta mil euros, bueno, pois hai que ser solidarios, iso incluso me dá bo criterio ante o Presidente, porque di, mira, este que leva Turismo e que fai o presuposto, é xeneroso cos demais compañeiros e rebaixa el máis porcentaxe que os propios compañeiros. Bueno, pois é unha maneira incluso ata de deixarme quedar ben a min, mire como fan, eu creo que, home, eu creo que xa teñen que cambiar un pouco de discurso e falar de políticas, falar de políticas doutro tipo senón están de acordo coas sociais, coas culturais, coas deportivas, cos apoios ós concellos, é dicir, eu creo que tiñan que falar un pouco máis diso, é dicir, porque ó final ¿en que nos quedamos?, en que vostede di que esta situación económica deste concello, que o leva dicindo cinco anos, se a vostede, lle fixéramos caso a vostede, que teño aquí o plantexamento que facía vostede, estaríamos endebedados en cincuenta millóns de euros máis, porque vostede quería un plan con cincuenta millóns de euros máis, esa foi a proposta que fixo vostede e polo tanto, bueno, pois nós fomos realistas, fomos razoables, fomos máis ou menos buscando un pouco criterios de obxectividade, e evidentemente, vamos, facer inversións pero facelas con certo criterio. Bueno, eu creo que vamos a ter a sorte, bueno, temos un equipo de goberno que respalda esta postura de ter uns presupostos razoables, realistas, uns presupostos que volvo a repetir que van dirixidos claramente ós concellos, ás persoas e a todas esas entidades que si que o están pasando mal, e que nós evidentemente pois vamos a intentar pois cumprir con esa demanda, dando resposta ó que se nos plantexa. E bueno, pois evidentemente eu pido o voto favorable porque creo que se vostedes non estiveran na oposición, seguramente, bueno, pois entenderíano mellor, ou sería difícil que fixeran un presuposto mellor que este, seguramente, se estiveran no goberno faríano moi parecido, moi parecido, porque claro, pensar que con sesenta millóns de euros menos de ingresos do Estado nos últimos dous anos e medio, eu creo que tanto polos servizos económicos, tanto polo equipo de goberno, como pola propia Presidencia, eu creo que as directrices que se marcaron, de verdade que son directrices realistas, directrices executables, e un presuposto que dá resposta á demanda que nos plantexa en termos xerais. Seguramente todos necesitaríamos máis e sería bo ter máis diñeiro, pero bueno, claro, temos o que temos, temos unha situación de crise que nos afecta a todos, e claro con sesenta millóns menos de euros, duns cento cincuenta, pois eu creo que é un tema importante, e facer un presuposto con estas características eu creo que bueno, en sentido político nós estamos tremendamente satisfeitos de cales son os números e os proxectos e os programas que plantexamos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Vamos polo tanto a proceder á votación. Primeiro, pediron o rexeitamento, neste caso tanto o Bloque Nacionalista Galego como o Partido Socialista, para que se retirara. En principio, haberá que votar esa petición que fixeron ámbolos dous grupos políticos. Polo tanto, ¿votos en contra da retirada dos presupostos?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E finalmente, vamos a proceder á aprobación, neste caso inicial, do Orzamento Xeral da Deputación de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos para o exercicio 2010, non sen antes, evidentemente, felicitar polo traballo ó Vicepresidente económico, José Manuel Figueroa, así como a todo o equipo de Intervención, porque creo que estamos facendo os deberes axeitadamente, cun único obxectivo, ter operativo nos primeiros días do ano 2010 o presuposto dese ano en curso. Creo que esa é a forma de actuar das administracións, e polo tanto creo que neste sentido o grupo de goberno desta casa pois cumpre co seu obxectivo. Polo tanto, xa digo, reiterar a miña felicitación e do equipo de goberno, polo traballo, ó Sr. Figueroa e todo o seu equipo, e proceder hoxe á aprobación inicial. ¿Votos en contra do presuposto para o exercicio 2010?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Queda aprobado polo tanto inicialmente o presuposto para o exercicio 2010. Ditaminándose favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2010, e ó obxecto de atender as diversas obrigas de competencia provincial e dado que o mesmo se elaborou con observancia das prescricións legais e regulamentarias relativas ó mesmo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2010 que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de..... 142.400.000,00 Euros -O Orzamento dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros.............................................. 689.342,00 € -Museo Provincial.................................................. 3.954.627,00 € -IPESPO ................................................................ 3.190.200,00 € -Turismo “Rías Baixas”......................................... 3.130.000,00 € -Caixa de Anticipos de Cooperación................... 2.015.000,00 € -ORAL. ……………………………………… 7.921.000,00 € -O orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería por importe de 441.400,00 euros. - O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .......................................................... 153.240.616,00 Euros -En Gastos ............................................................. 153.240.616,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación, as específicas dos Organismos Autónomos e as da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o organigrama da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos, e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2010. -Apróbase concertar unha operación de crédito/préstamo por importe de 15.000.000,00 euros, para a Deputación, coas características que se sinalan nas bases de execución. -Apróbanse os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL............................................................. 34.221.851,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS............ 19.135.445,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS.......................................................... 2.078.368,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES........................................ 18.781.640,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ....................................................... 46.579.905,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL........................................ 12.025.363,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ...................................................... 240.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ....................................................... 9.337.028,00 € TOTAL 142.400.000,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS..................................................... 11.352.580,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS................................................ 8.680.660,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS..................................... 2.718.254,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES............................... 89.228.964,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ......................................... 2.028.370,00 € Capítulo 6º.- ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS ...... 2.100,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL............................... 13.149.022,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS .............................................. 240.050,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ............................................... 15.000.000,00 € TOTAL 142.400.000,00 € ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 392.000,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 45.300,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 € Capítulo 6º.- ........................................................................... 4.000,00 € TOTAL......................... 441.400,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 81.400,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 353.000,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 3.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 4.000,00 € TOTAL......................... 441.400,00 € INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 90.063,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 103.750,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 204.387,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 1.897.000,00 € Capítulo 9º.-............................................................................ 895.000,00 € TOTAL......................... 3.190.200,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 1.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 338.492,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 350.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 2.000.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 500.708,00 € TOTAL......................... 3.190.200,00€ ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 297.739,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 270.183,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 20,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 92.400,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 23.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 6.000,00 € TOTAL......................... 689.342,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 102.600,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 552.742,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 5.000,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 23.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 6.000,00 € TOTAL......................... 689.342,00 € MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 2.137.662,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.559.893,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 1,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 93.070,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 144.001,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 20.000,00 € TOTAL......................... 3.954.627,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-.......................................................................... 5.601,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 3.720.025,00 € Capítulo 5º.-.......................................................................... 65.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 164.001,00 € TOTAL......................... 3.954.627,00 € TURISMO “RÍAS BAIXAS” Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 815.067,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 639.333,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 1.562.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 75.500,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 30.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 8.000,00 € TOTAL......................... 3.130.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 2.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 3.011.500,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 3.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 113.500,00 € TOTAL......................... 3.130.000,00 € CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 35.000,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 30.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 1.950.000,00 € TOTAL......................... 2.015.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 4º.-............................................................................ 35.000,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 40.000,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 600.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 1.340.000,00 € TOTAL......................... 2.015.000,00 € ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 4.991.440,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 2.442.750,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 50.800,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 96.010,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 276.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 64.000,00 € TOTAL......................... 7.921.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 6.486.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 920.000,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 175.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 300.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 40.000,00 € TOTAL......................... 7.921.000,00 € O ORZAMENTO CONSOLIDADO Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................ 42.980.822,00 € Capítulo 2º.-........................................................................ 24.226.654,00 € Capítulo 3º.-........................................................................ 2.333.776,00 € Capítulo 4º.-........................................................................ 11.829.376,00 € Capítulo 6º.-......................................................................... 48.999.406,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 10.350.154,00 € Capítulo 8º.-......................................................................... 2.288.400,00 € Capítulo 9º.-......................................................................... 10.232.028,00 € TOTAL......................... 153.240.616,00 € Estado de Ingresos Capítulo 1º.-......................................................................... 11.352.580,00 € Capítulo 2º .-........................................................................ 8.680.660,00 € Capítulo 3º.-......................................................................... 9.396.855,00 € Capítulo 4º.-......................................................................... 89.363.979,00 € Capítulo 5º.-......................................................................... 2.669.370,00 € Capítulo 6º.-......................................................................... 2.002.100,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 13.149.022,00 € Capítulo 8º.-......................................................................... 1.626.050,00 € Capítulo 9º.-......................................................................... 15.000.000,00 € TOTAL......................... 153.240.616,00 € Ditos orzamentos exporanse ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobados no caso de non producirse estas. 8.5900.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE ALCALDES INTEGRANTES NO CONSELLO ASESOR DO ORGANISMO AUTÓNOMO DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción da Presidencia sobre nomeamento de Alcaldes integrantes no Consello Asesor do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (ORAL), que en principio xa cada un dos grupos políticos aportou os alcaldes que van a formar parte deste Consello Asesor, deste importante organismo da Deputación que xestiona os recursos tributarios neste caso de cada concello que está adherido ó ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de alcaldes integrantes no Consello Asesor do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Dita Moción é como segue: “Nos Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) establécese como órgano de consulta o Consello Asesor, que actuará como órgano consultivo no deseño dos plans de actuación do organismo autónomo, así como do seu seguimento e avaliación. Resultando que actualmente teñen delegado algún tipo de xestión tributaria no ORAL 53 concellos da provincia e segundo o criterio de representación directamente proporcional e á vista do informe técnico correspondería a representación seguinte: 5 alcaldes do PP, 3 do PSOE e 2 do BNG. Considerando que segundo o artigo 12,2 dos Estatutos do ORAL “Estará integrado por tódolos membros do Consello Reitor máis dez alcaldes dos municipios que teñan delegada a xestión no Organismo. Os alcaldes serán designados polo Pleno da Corporación Provincial de entre tódolos grupos políticos e independentes. A renovación dos membros do Consello Asesor producirase coas eleccións locais. En todo caso, cando, por calquera circunstancia, se produza o relevo do alcalde nalgún municipio que fose membro do Consello Asesor, ocupará automaticamente o seu lugar o substituto legalmente nomeado”. En base ó anterior, esta Presidencia somete ó Pleno a adopción do seguinte acordo: 1.- Constituír o Consello Asesor do ORAL. 2.- Os dez alcaldes integrantes no Consello Asesor, estarán na seguinte proporción: 5 alcaldes do PP, 3 do PSOE e 2 do BNG, e sendo os seguintes: Polo PP: -Dona Catalina González Bea (Alcaldesa de Sanxenxo). -Don Julio Alén Montes (Alcalde de Mondariz). -Don Ramiro Varela Peón (Alcalde de Agolada). -Don Antonio Feliciano Fernández Rocha (Alcalde de Tui). -Don Agustín Reguera Ocampo (Alcalde de Soutomaior). Polo PSOE: -Don Juan Manuel Rey Rey (Alcalde de Caldas de Reis). -Don Manoel Loureiro Adán (Alcalde de Cotobade). -Don José Manuel Vázquez Vázquez (Alcalde da Illa de Arousa). Polo BNG: -Don Luciano Sobral Fernández (Alcalde de Poio). -Don Marcos Besada Pérez (Alcalde de Salceda de Caselas).” 9.5901.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NO PADROADO DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto número 9. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación no Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia. Tal e como teñen coñecemento xa os grupos políticos, no Padroado da Fundación a Deputación tiña un representante e agora vai a pasar a ter neste caso dous representantes, e que o grupo de goberno, neste caso esta Presidencia, propón a designación de D. José Silvestre Balseiros Guinarte para representar no Padroado da Fundación Semana Verde. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación no Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia. Dita Moción é como segue: “Dada conta que na sesión de 3 de setembro de 2009 do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia acordouse a modificación da composición do mesmo, no senso, entre outros, de que a representación da Deputación de Pontevedra sexa de dous patróns. Resultando que en sesión do Pleno da Corporación Provincial de 26 de setembro de 2008 foi designado como representante desta Corporación en dito Padroado o Sr. Vicepresidente, D. Xosé Crespo Iglesias. Considerando o disposto no art. 58, c) do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, segundo o cal corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. En base ó anterior, esta Presidencia somete ó Pleno a adopción do seguinte acordo: - Designar como novo representante da Deputación Provincial de Pontevedra no Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia a D. José Silvestre Balseiros Guinarte. Por conseguinte a representación da Deputación de Pontevedra no citado Padroado estará composta polo Sr. Crespo e o Sr. Balseiros.” 10.5902.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre o 24 de novembro e o 16 de decembro; y asimismo una Resolución Presidencial delegando las atribuciones de la Presidencia, durante la ausencia de la Presidencia, los días 5 al 11 de diciembre en el Vicepresidente Sr. Figueroa. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de novembro e o 16 de decembro do ano 2009 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 4 de decembro de 2009 delegando as atribucións da Presidencia no Sr. Figueroa Vila durante os días 5 ó 11 de decembro de 2009. 11.5903.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número 11. Rogos e preguntas porque así foi pactado cos Portavoces. ¿Se hai?. Sr. Otero Besada.- Si, buenos días a todos. A raíz dunhas declaracións do Presidente á prensa na Comarca do Salnés, o pasado domingo, dicía que esta Deputación investiu nos concellos, nos nove concellos da Comarca do Salnés 31.100.000 euros. Eu agradeceríalle que se me facilitara unha relación concello a concello das inversións no Salnés. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Gracias. Bos días. A Deputación Provincial apoiada pola maioría dos concellos da provincia presentou varios proxectos de axudas FEDER, que substituiría ó desaparecido Programa Operativo Local (POL). Este programa financiaba o proxecto de desenvolvemento local e con anterioridade se viña repartindo con criterios obxectivos de poboación e territorio. Dentro dos proxectos seleccionados está comprometido o wifi-wimax que pretende implantar redes de acceso gratuito a internet na maioría dos concellos da provincia. Este proxecto contaba cun presuposto de seis millóns e medio de euros aproximadamente e acadou unha subvención de catro millóns e medio aproximadamente. O goberno provincial seleccionou como prioritario o proxecto “Pousadas Xardín do Salnés”, que contou cun orzamento de 8.800.000 euros e obtivo unha axuda de seis millóns de euros aproximadamente. Dito proxecto consiste na construción de catro establecementos de 23 habitacións dobres accesibles asociados a un xardín-horta, de feito que posibilite en zonas próximas á costa as mesmas características que ofrecen os establecementos de turismo rural. Nos últimos días estase a comprobar como esta proposta non responde a ningunha necesidade do sector e incluso está a xerar un forte rechazo entre o sector turístico e o de hospedería. Se os criterios dos fondos eran financiar proxectos de desenvolvemento local, cun criterio provincial en función da poboación e do territorio, ¿cales son os argumentos dese grupo de goberno para investir a maior parte dos investimentos de axudas FEDER na Comarca do Salnés, nun proxecto de suposta dinamización turística sen contar co organismo provincial nin cos colectivos empresariais do sector e contando co rechazo dos establecementos de turismo rural. Sr. Presidente.- Bueno, dicirlle primeiro que parte vostede dun erro grande que é o seguinte: nós non seleccionamos como prioritario ese, o seleccionou neste caso o Ministerio de Administracións Públicas, polo tanto, que foi a través de Fondos Europeos, quen decidiu que dos 27 proxectos que presentamos seleccionaron dous. Eu creo que este e máis o outro, aínda que tería as miñas dúbidas, nolos concederon coa idea de que crían que ó mellor non eran executables, pero claro, a nós cando se nos dá unha opción como esta pois non a queremos desaproveitar. Non vamos evidentemente ó ritmo que eu quixera ir na execución deste proxecto, pero agora si está avanzado, e polo tanto en cuestión de semanas se van a concretar e se vai a dar inicio ás actuacións previstas. Por iso, xa lle digo que parte vostede dun erro grave, de que non foi a Deputación quen a seleccionou senón que foi neste caso o goberno central. A maiores diso eu sei que hai algún rexeitamento por parte dalgún militante ou activista do Bloque Nacionalista Galego, porque ten algún investimento nalgunha instalación hoteleira. Pero como eu estou disposto a dar a cara e xa fun a dar a cara con eles, e coincidín alí con algún amigo seu, pois creo que, este que é un proxecto único, probablemente no norte de España onde todas e cada unha das instalacións que se van a facer son accesibles na súa totalidade, cuestión que non hai ningunha neste momento, non hai ningunha instalación, nin pública nin privada en Galicia, que teña, que todas as súas instalacións teñan acceso para persoas con escasa mobilidade e con discapacidade. Polo tanto, creo que vostede tampouco nese apartado non está ben informado. E neste sentido, xa digo, a Deputación o que vai a facer é poñer en marcha esta actuación, que entendemos, que bueno, xa que nola deron temos que aproveitala, a min me houbera gustado por exemplo que nos houberan dado outras, as outras non nolas deron, llas deron a outros concellos, e que non se adheriron ó plan que presentou a Deputación, e polo tanto, bueno, pois vamos a aproveitar. No do proxecto wimax-Pontevedra, pois vostedes xa saben onde estamos, estamos traballando con proxectos piloto neste momento e a idea e sacar a concurso público urxentemente pois os 55 concellos que hai adheridos. Polo tanto esta é a contestación que eu lle podo dar a este respecto e que espero que sexa da súa satisfacción. ¿Algo máis ten que dicir?. Sr. Rodas Chapela.- Nada, unicamente que elas non coinciden coas miñas anotacións. No Pleno extraordinario do 12 de febreiro, presentáronse 17 propostas das cales a nº 1 quedou seleccionada; de nº 2 quedou a de wimax; e de nº 3, se mal non recordo, quedou a de MÓVETE. Polo tanto, ou teño mal eu as miñas anotacións ou haberá que lerse de novo a acta dese Pleno extraordinario. En todo caso, a cuestión de fondo é que son uns fondos onde participaron todos os concellos, e que realmente para os concellos exista un reparto do 40%, mentres que o 60% restante, a maior cantidade dese investimento europeo van cunha, un proxecto para unha comarca, para un proxecto que nin contou co apoio do sector, nin foi unha solicitude deles e que incluso moitos están considerando que é unha intrusión para o dinamismo do propio sector. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Dicir que bueno, a verdade é que neste sentido son poucos os que pensan iso, gracias a Dios, pero está mal informado, porque aínda que aparece unha relación de 27 nós non fomos quen decidimos cales nos outorgaban e cales non, foron outros organismos. Polo tanto alá eles, pero xa digo, nós calquera cousa que nos dean vamos aproveitala. D. Gabriel Martínez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Para reincidir na petición que veño facendo dende fai máis dun ano de que se me entregue a documentación solicitada e se me conteste ás preguntas formuladas. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente eu a única, o que quería hoxe, estamos no día da lotería e máis en vésperas de Nadal, antes no fragor do debate non o fixen, era desexarlle boas festas a toda a Corporación e a todo o público presente, e, en todo caso, boas festas, sen mala intención. Xa sabe que hai que desexar boas festas con boa e con mala intención, segundo a teoría que sacou o Portavoz seu en Pontevedra, sen mala intención, aínda que vindo destas bancadas pois igual hai que pasala por un filtro de intencionalidade. En todo caso, repito, boas festas a todo o mundo. Sr. Presidente.- Agradécese, e igual para, que xa o ía, evidentemente antes de rematar o Pleno, desexar a todos os membros desta Corporación, a todos e a todas, pero antes o Sr. Pauliño creo que quere, ou non, me pide a palabra. ¡Ai, xa está!. Entón se levanta a sesión. Felices festas a todos. Moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)