ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2010/12/30_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/2.2010-12-30_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/12/30_Extraordinaria

  • Data(s) 2010-12-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de decembro de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de decembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Francisco Xabier Alonso Pérez. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión do Pleno extraordinario da Deputación provincial. Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, perdón, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si bos días, grazas Presidente. Non, unha cuestión, dúas cuestionciñas da organización do Pleno. Unha que Xabier Alonso non pode vir, por estar enfermo… Sr. Presidente.- ¿Quén? Sr. Mosquera Lorenzo.- Xabier Alonso, ben, desculpe a súa ausencia. E a segunda é que o Pleno convócase a través dunha Xunta de Portavoces, convocáronse dende esta casa o luns as dez da mañá, e tivemos que marcharnos sen que aparecera ninguén, e por iso que non vaia o Presidente e ningún dos portavoces do PP, é un desplante, é unha falta de consideración cara toda esta corporación, que ten bastante pouca xustificación, non sucedeu nunca nada parecido, e agardemos que non volva a suceder, que nos convoquen, que nos fagan vir aquí, e pois resulta, e ten as súas secuelas no orde do día, de feito, creo que había algún asunto que se quería propoñer que entrara, que ó final non houbo a quen propoñerlle. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Vicepresidente D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Bos días Sr. Presidente, Sres. e Sras. Deputados/as. Non escoitei o principio da intervención do Sr. Mosquera, pero si se refire á presunta Xunta de Portavoces, que tivo a ben celebrar o outro día, heille de dicir, que me parece de moi mal gusto pola súa parte ausentarse cando houbo, pois un desfase de 10 minutos, máis ou menos, no inicio da mesma, cando estamos na casa, cando nesta casa temos moitísima cortesía con todos na hora dos horarios. Entón paréceme, primeiro, xa me pareceu fatal naquel momento, llo fixen saber no meu despacho ó Secretario e ó Interventor, e paréceme peor aínda que vostede inicie o Pleno con este comentario, paréceme fatal, paréceme impropio, e así o quero comentar. Hai unhas normas de cortesía que entre todos queremos manter, e eu son o primeiro, dende os anos que levo nesta casa, de ser flexible cando a veces se nos pide que se retrase algo, algún Pleno ou algunha cousa, e o outro día alguén tiña moita présa, entón colleu e se levantou, colleu e se marchou, e repito, paréceme fatal, e dende logo, paréceme aínda fatal que este tipo de cousas, pois isto se falan, se comentan, eu despois da reunión que tiven co Secretario e co Interventor no despacho, tiña pensado pois iso, non volver sobre o tema, pero xa digo, paréceme inapropiada e fóra de lugar a súa intervención. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Durán. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Isto é absolutamente inaudito, de verdade que mándense mirar a súa educación e demais. Estivemos alí, pasado un cuarto de hora, levantouse o Portavoz do PSOE, e pasada media hora, levantouse este Portavoz, é máis, e seguía agardando, e foron os propios funcionarios que poden dar fe, os que dixeron mire, se non vai vir, porque chamaron e non vai vir, pois, mellor nos levantamos e marchamos, están alí para dar testimonio, están alí para dar testimonio, paréceme absolutamente inaudito, ou sexa, mentir desa maneira por saír dun paso, é dicir, pois pasóuseme ou o que sexa e pido desculpas, pero logo mentir abertamente diante dun Pleno e habendo testigos, dende logo, paréceme inaudito, Sr. Durán, o Sr. Figueroa e o Sr. Presidente ou quen demonio tivera a responsabilidade, porque a tomadura de pelo cada vez vai a un, tamén é boa, pero vamos, desa xa pasamos, paréceme absolutamente inaudito. Sr. Presidente.- Moitas gracias señor … Sr. Mosquera Lorenzo.- Oiga, se un comete un erro, pois o recoñece e punto … Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, moitas gracias. Recuperemos un pouco o espírito navideño, que creo que é importante. E quero dicir ademais en relación ó que vai a comentar o Vicepresidente agora, de que se de algo destaca precisamente o Vicepresidente, é precisamente en cumprir escrupulosamente, na medida do posible, evidentemente cos horarios, outros ó mellor non temos esa virtude, pero el si a ten, e aínda que se houbera ese pequeno desfase, que agora lles trasladará, pois, o comentario, vou a ….,como non pode ser doutra maneira, porque ben sei que é rigoroso nese senso, pois que cumpre na medida das súas posibilidades, por suposto, con dedicación e con plena satisfacción da súa labor, e non creo que esa diferenza horaria fose tan exaxerada como vostede di, pero bueno, de todas maneiras ten el a palabra. Sr. Durán Hermida.- Si, eu, moléstame moitísimo, moléstame moitísimo que se me diga que minto, moléstame moitísimo, e dá exactamente o mesmo a cara de enfado que un poña, a min moléstame moitísimo, eu non minto, eu non sei se vostede está acostumado a tratar con xente que minte, eu non minto, eu non minto, e eu tiña na axenda esa Xunta de Portavoces, xa se me había comunicado, tiña xente no despacho, aviseino, saín, me dixeron que era na sala de Xuntas, era na sala de Comisións, e despois vostedes, tan pronto o Secretario lles dou a orde do día, colleron e deron por rematada a Xunta de Voceiros, si foi así, me da exactamente o mesmo tema, é unha cuestión menor en canto a valoración previa que merece, é unha cuestión doutro calado, cando un voceiro dun grupo provincial, gratuitamente, acusa de mentir. Hai moitas persoas que traballan nesta casa, que saben perfectamente a secuencia dos feitos dese día, persoal tamén de conserxería, preguntando onde estaban, onde non estaban, como había que irse, como había que irse, porque tocaban outras cousas, eu non estaba lendo o xornal, nin estaba no Cafetín tomando café nin nada, eu estaba traballando e incorporeime un pouco máis tarde, e se cambiou o que ía a ser a sala de Xuntas á sala de comisións, e da mesma forma que outras veces, temos a xentileza ou a cortesía todos que se ten que ir, collemos cerramos o petate e nos marchamos. É iso, pero bueno, habería outras cousas que facer, había outras prioridades que estar na Xunta de Voceiros, paréceme perfecto, pero insisto, eu non minto, posiblemente vostede estea acostumado a tratar con xente que minta, eu non minto, e dende logo, paréceme fóra de lugar o que esta dicindo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, mire, as acusacións son graves e os feitos foron os que foron, alí estábamos catro persoas, que eran o Sr. Secretario o Sr. Interventor, Sr. Portavoz do PSOE e quen fala, entón, repito, pasado un cuarto de hora, as 10.30 – 10.45 marchouse o Portavoz do PSOE, e cando ían a ser as 11.00, e por indicación dos funcionarios que chamaron a Presidencia, dixeron que non está, nin se lle espera, se estaba noutro despacho non o comunicou, alá el, cerca das 11.00 nos marchamos todos, os tres, os dous funcionarios e máis eu, e se hai algunha dúbida como está dicindo isto, eu creo que era mellor que algún dos funcionarios que estaban alí, que era unha Xunta de Portavoces pública, oficial, polo tanto non estamos falando de nada privado, pois que o digan, que o confirmen, e saímos desta, a ver quen está acusando en falso, ou quen está mentindo. Sr. Presidente, pediríalle por favor que o pregunte, ou senón pregúntello en privado, pero pregúntalle a ver como foron os feitos, que este Portavoz pódese enganar, pero dende logo algo tan claro e demais non o vai a terxiversar como o está facendo, foron así, e é unha falta de respecto, e cando un comete un erro o recoñece e punto, e non sae con esa…eu creo que a cuestión está bastante clara e resolvese así, o Sr. Durán esta faltando á verdade, está dicindo algo que igual o porteiro ou…en todo caso é un problema seu, se resulta que ne Presidencia ninguén sabe nada, e sabe o guardia da porta, bueno pois mala sorte, arrégleno vostedes, agora, se se nos convoca o venres ou xoves a última hora, para as 10.30 creo que era, se se nos convoca, pois hai que estar as 10.30 ou senón dar algunha xustificación, e non aparecer e se nos comunica que non está nin se lle espere, que iso foi o que sucedeu, e senón pregúntelle algún dos funcionarios que ten alí ó lado que estaban nesa Xunta de Portavoces. Sr. Muradas Ramos.- Si, como se me nombró, no tenía pensado darle transcendencia en este Pleno al asunto, pero bueno, visto que se sacó el tema. La cortesía cuando uno se retrasa no pasa nada, pero también es normal y de cortesía avisar que va haber un retraso, sobre todo estando en la casa, por ejemplo, como eses retrasos además son sistemáticos, pues ayuda también a abandonar la reunión, y además ya anuncio, que cuando se convoque este órgano colegiado, exijo la presencia del Presidente, exijo la presencia del Presidente que es como se constituyen las Juntas de Portavoces, con el Presidente y los Portavoces de cada grupo, o sea que ya adelanto, que la portavocía de nuestro de grupo, cuando se convoque, sino está completo, con presencia del Presidente, esta reunión, abandonará, aunque sea a la hora puntual, aunque ese día llegue a la hora puntual, y no pasa nada por llegar un día tarde, pero estando en la casa, estando en la casa, teniéndolo apuntado en la agenda, pues, aquí hay bastantes ordenanzas, pues mande usted ahí a uno, igual que utilizan el móvil particular de cada uno para llamarlo vía funcionarios, hombre, yo creo que también es una norma de cortesía llamar directamente el diputado que tiene el interés al otro diputado, no mandar a lo mejor para el mismo tema 3 o 4 llamadas para el mismo asunto con distintos funcionarios, yo creo que no le caen los anillos, tienen el móvil, que es mío particular, que no es de esta casa, que podíamos empezar hablar de eso, de la disponibilidad de la conexión de los diputados de gobierno con los diputados de la oposición, o sea, que eso también es un tema de cortesía que creo que deberían de corregir. Bueno, por parte de nuestro grupo, teníamos pensado plantear estas cuestiones en privado, pero ya que se oye en el pleno, pues es manifestar nuestra posición. Nada más. Sr. Presidente.- Última intervención, Sr. Vicepresidente. Sr. Durán Hermida.- Eu son moi respectuoso cos hábitos e as pautas de comportamento, e eu para contestar ó que, sobre todo Mosquera acaba de dicir, non vou a describir, o rigor co que se fan certas cousas as veces, actitudes e comportamentos, non vou a entrar neso, agora, vostede é mestre no arte de remover as augas, ten que sempre remover as augas dalgún xeito, e no que a min respecta, acaba de ter unhas intervencións absolutamente deplorables e impropias dunha persoa que se senta nese escano, impropias, é o que fixo vostede, é o que fixo vostede, e eu son unha persoa bastante moderada e bastante tranquila, pero me indigna moito ese tipo de comportamentos e nunca tiven que nun pleno falar neses termos, vostede está acostumado, cada un é cada un, vostede está acostumado actuar dese xeito, evidentemente, cada un é cada un, e vostede tiña que facer o Pleno hoxe doutra determinada maneira, eses xogadores arxentinos que lle chaman “cancheros” que xa saben, a todas horas a xogar un partido, vostede é desa maneira de ser, pero entre vostede e eu hai e haberá sempre moitas diferenzas, moitas diferenzas, teño presente, ríase e faga o que queira, pero a min, a min, de mentireiro, de mentireiro, entre vostede e eu, hai moita diferenza. Máis nada. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Vamos a dar comezo ó Pleno. Moitas gracias polas súas intervencións, quedou todo aclarado e recuperamos a orde do día,que era o realmente importante. 1.6026.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro, a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 novembro de 2010. Non habendo intervencións, suponse que se dá por aprobada. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de novembro de 2010. 2.6027.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE MEAÑO Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO Sr. Presidente.- Segundo punto. Adhesión do concello de Meaño ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral do Catastro. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. O concello de Meaño na sesión plenaria que tivo lugar o día 11 de outubro de 2010, acordou solicitar a adhesión do concello de Meaño ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Meaño delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do imposto sobre bens inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante se atopa dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 17 de novembro de 2010, polo que se acepta a petición do concello de Meaño, de adhesión ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Meaño ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 3.6028.- ANULACIÓN DA OBRA Nº 11 DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, INCLUÍDA NO PPC/2010, E INCORPORACIÓN DO SEU FINANCIAMENTO NOS REMANENTES PRODUCIDOS POR BAIXAS DE ADXUDICACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 3. Anulación da obra nº 11 do concello de Vilagarcía de Arousa, incluída no PPC/2010, e incorporación do seu financiamento nos remanentes producidos por baixas de adxudicación. Bueno no caso este, desta actuación, no caso de Vilagarcía di, que porque é sorprendente neste caso que o prazo de adxudicación das obras finalice o 30/9/2010, era unha actuación no concello de Vilagarcía por importe total de 135.816.00 euros, “ el plazo para la adjudicación de las obras finaliza el 30/9/2010, dado que el ayuntamiento de Villagarcía se encuentra en trámite de aprobación del presupuesto municipal para el ejercicio del 2010, y el disfrute de las vacaciones por parte del personal de esta Corporación, hacen difícil que la obra esté adjudicada para esa fecha, por lo que solicita la máxima prórroga posible para poder proceder a la adjudicación definitiva de la obra” e se lle concedeu a prologa ata o día un de novembro do 2010, e despois durante ese tempo non xustificou absolutamente nada, pois neste caso se perde esta axuda que ía con destino, neste caso ó concello de Vilagarcía de Arousa, pero sorprendente é que non tendo, “teniendo en trámite la aprobación del presupuesto municipal y el disfrute de vacaciones por parte del personal de esta Corporación hacen difícil el tema”, vamos, algo case, case inaudito, pero bueno, non sei se teñen algo que alegar, se non votamos esta cuestión que dalgunha maneira, pois xa ven como está o asunto. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿ A favor?. Resultando que, de conformidade co disposto no RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das entidades locais, modificado por RD 1263/2005, de 21 de outubro e pola Orde de 31 de xaneiro de 2006; na sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial de 26 de febreiro de 2010, número 6.5916 foi aprobado definitivamente o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do exercicio 2010 (PPC/10). Neste plan incluíase o investimento número 11 do concello de Vilagarcía de Arousa, denominado “Construción de parque público en San Roque-Carril”, cun orzamento de 135.816,07. Resultando que, mediante escrito número de rexistro de entrada 38430 de 9 de novembro de 2010, o concello de Vilagarcía manifesta a súa imposibilidade para licitar a obra no prazo fixado polo Ministerio de Política Territorial e, ante a perda da subvención estatal, a insuficiencia dos fondos propios necesarios para acometer o seu financiamento. A vista do cal, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, a anulación da obra número 11 do concello de Vilagarcía de Arousa, incluída no PPC/10, e a incorporación do seu financiamento ós remanentes producidos por baixas de adxudicación. 4.6029.- APROBACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO PROVINCIAL PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación dos Estatutos do Consorcio provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. ¿Algunha intervención? Será cuestión de que non nos poñamos a ler todo isto, pero si é importante destacar que con isto o que se pretende, dende esta institución en colaboración por suposto coa Xunta de Galicia, é a mellor coordinación dos parques comarcais de bombeiros que temos na provincia de Pontevedra, e que financian o 50% Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, estoume referindo ós parques comarcais do Salnés, Morrazo, Louriña situado en Porriño e, por suposto, o parque comarcal Deza Tabeirós Terra de Montes, creo que este consorcio achegará unha mellor coordinación de efectivos e de emerxencias, e polo tanto tamén ó que é aforro de custes para un bo funcionamento deste consorcio provincial, que como digo, financiamos ó 50% tanto a Xunta de Galicia como a Deputación de Pontevedra. ¿algunha intervención? Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si Sr. Presidente, grazas. Bueno isto xa veu no Pleno de setembro, se non me acordo mal, e daquela, pois o noso voto foi desfavorable, non vamos a reiterar todas as argumentacións ou facer un resumo, evidentemente nos estamos porque haxa uns parques de bombeiros coordinados e que se presten da mellor maneira posible, pero o que se trae aquí no é iso, o que se trae aquí é os catro que hai, nestes momentos, pois, digamos non municipais, pois coordinalos, pois, para en fin, non se sabe si privatizalos ou non, a finalidade que se queira, e sen afrontar pois, todos os parques urbanos e facer realmente un servizo completo e coordinado de todos os parques de bombeiros que poida haber na provincia, incluso sen ser na provincia, iso parécenos absolutamente fundamental e polo tanto por iso votaramos en contra na aprobación inicial, e volvemos a votar en contra agora. Sr. Presidente.- Bueno, pois nada, moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, primero, a efectos de las responsabilidades que se puedan derivar de este acuerdo, quisiera que se corrigiese el acta de la asamblea celebrada en esta casa, en la cual se aprobaron los estatutos, en lo que se refiere a las votaciones, porque ponen que vota a favor la Xunta, a favor el Grupo provincial del PP, en contra el PSOE y se abstuvo el Bloque, y aquí hay un error grave, nosotros nos abstuvimos y quien voto en contra fue el Bloque. Sr. Presidente.- Que figura eso en acta di… Sr. Muradas Ramos.- Si, este es el acta. En el acta, Sr. Secretario, pone que se aprobó con los votos del representante de la Comunidad Autónoma, del Grupo provincial del PP y el voto en contra de los Diputados del PSOE y la abstención de los Diputados del bloque, y esto está equivocado, si no me cree lo que digo….digo para que lo corrija, digo, como esto no va haber otra asamblea para aprobar el acta, de su puño y letra en la convocatoria tiene la aclaración, pone aquí abstenciones PSOE en contra Bloque a favor el Partido Popular. Tiene de su puño y letra, está en el expediente, para que se corrija eso. Nuestro grupo con respecto a esto, nos vamos a abstener por considerar poco ambicioso este consorcio que creemos que debería de contemplar la asistencia real de todos los parques de bomberos que hay en la provincia, se arrogan unas competencias esta casa, yo creo que peligrosas, porque dice que el ámbito del consorcio es toda la provincia, agás aquellos sitios donde hay parque de bomberos, o los municipios aunque tenga menos de 20.000 habitantes que están, pues de alguna manera ligados a eses parques, yo pongo por ejemplo el caso de Marín, con la aprobación de estos estatutos, como no estamos en ninguno, supongo que vamos a caer bajo este paraguas, supongo, tiene algún defectillo como los medios de personal, que hablan aquí de una serie de puestos, esto va a generar, pues un aparato administrativo importante, pero no habla de la integración de los actúales bomberos de los consorcios comarcales, creo que eso deberían de subsanarlo, y preguntar ya de paso, sin profundizar mucho, si este consorcio puede ser contemplado en los planes de emergencias municipales, es decir, hay ayuntamientos que tienen dificultad para elaborar su plan de emergencias municipal, precisamente por la ausencia de bomberos, si este consorcio a este tipo de ayuntamientos va a colaborar con ellos, va a nombrar a una persona para elaborar el plan de emergencias una persona, un equipo o lo que sea, eso es una pregunta, que me interesa que me respondiese. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra a Sra. Vicepresidenta, a Sra. Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Muy buenos días a todos. Como bien saben, y como fue acordado en la sesión donde se aprobó provisionalmente estos estatutos, estamos en el trámite de la aprobación definitiva de los mismos, en donde en el periodo, por cierto, de exposición al público bastante amplio, no hubo ni una sola alegación de ningún grupo político y de ninguna persona individual de toda la provincia de Pontevedra, es decir, estuvo expuesto al público los estatutos para admitir sugerencias, reclamaciones y demás, y como digo, no hubo ni una sola alegación, en este caso de ninguna institución ni de nadie. Por otro lado, como ustedes bien saben porque fue aprobado durante la época de Gobierno la Xunta de Galicia del Bipartito, este acuerdo al que se llega de creación del consorcio provincial de bomberos, viene impuesto la ley de emergencias de Galicia, que fue como digo, aprobada por el Gobierno de la Xunta anterior, y creo que el mandato es claro, es obligatorio constituir consorcios provinciales así se están haciendo en toda Galicia, las cuatro provincias, y está plenamente contemplada en uno y otro sitio, en la integración de los consorcios y demás, que concellos que tienen la obligación de tener los servicios de prestación de incendios, porque tengan más de 20.000 habitantes y en este momento no estén en ningún consorcio provincial, es decir, no se integren en este consorcio, porque no estén ninguno de los tres que se van a integrar inmediatamente, pues un problema del concello, quiero decir que no está metido aquí, porque la competencia está establecida como está establecida, nosotros, el consorcio provincial no puede de ninguna manera solicitar la integración, ni de Pontevedra ni de Marín, ni de Vigo, que tiene por ley atribuida la competencia exclusiva del sistema, con lo cual, una vez constituida el consorcio provincial, tal y como refleja en el contenido de los acuerdos, podrán solicitarse la integración de otros parques que tengan creación propia, pero está claramente determinado y así establecido y así aprobado en todos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Bueno, pois vamos a proceder á votación. Pois, habería que votar a ratificación da inclusión, si, si adiante Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Hombre, yo que estuviese sometido a la información pública me parece muy bien, que cualquier vecino o cualquiera administración pueda alegar, me parece muy bien, ahora los partidos políticos que tenemos representación en esta cámara, no me parece lógico que utilicemos esa vía, para eso hay una aprobación inicial en asamblea, en la cual no hubo tiempo suficiente para leerlo, no hubo tiempo suficiente para leerlo y hay una aprobación definitiva ahora, que no implica ningún tipo de modificación, lo que me acaba de decir contrasta con los estatutos, estoy diciendo, que aquí el ámbito de actuación, dicen que es toda la provincia, no distinguen, dicen que es toda la provincia, a excepción de aquellos sitios donde tienen su parque de bomberos, entonces como no eliminan, no eliminan a los que teniendo la obligación de tenerlos, no lo tienen. Yo me considero integrado en este consorcio, el ámbito de actuación de este consorcio, si, si, si, es como lo tiene escrito, es como lo tienen escrito, léaselo, léaselo que es como lo tienen escrito, y después claro que pasará en aquellos ayuntamientos en que voten que no, que puede haberlos, o sea, dan por hecho que se integran, después de que el Pleno autorice la integración, lo dicen, no se los leyó, no se lo leyó, no se lo leyó estoy deduciendo que usted no se leyó los estatutos, bueno, yo le digo que aquí pone, que los ayuntamientos que estén integrados en los consorcios comarcales tendrán que acordar en Pleno, su integración en el provincial, pregunto, ¿si votan que no, si no quieren integrase, que pasa? Eso es lo que pregunto, nada más, lo ponen ustedes aquí en el estatuto, yo no me estoy inventando nada, nada más que eso. Sra. Pedrosa Silva.- Mire Sr. Muradas, yo por supuesto dudo que se haya leído los estatutos, pero no solo eso, también la legislación básica. Usted me está diciendo, que una competencia que tiene exclusiva su concello ya la puede usurpar sin autorización, me considero incluido, usted tiene la competencia, su concello, de tener el servicio de incendio, si lo tiene o no lo tiene es su problema, pero yo no puedo usurpar esa competencia sin autorización del Pleno de la corporación de ese concello, eso es un hecho evidente, por eso este consorcio se crea para unir, en principio, los tres consorcios que vienen aquí establecidos, y tiene ámbito provincial porque en el futuro podrán otros consorcios u otros concellos, que tengan esa competencia atribuida, podrán integrase en el consorcio, tal y como se explicó en el Pleno anterior, perfectamente, quedo perfectamente aclarado, el ámbito es provincial, pero no se ejerce en todos los concellos, de entrada los tres consorcios acordados, que son, si quiere se lo repito, el del Salnés, el del Morrazo y Porriño, eses tres se integran inicialmente en este consorcio y después se podrá pedir, evidentemente, que el consorcio provincial no puede, como le repito, usurpar, ni las competencias, ni de Vigo, ni de Pontevedra, ni Marín y asumir como propias las mismas, porque es una competencia exclusiva de ese concello, entonces, si usted quiere que se lo repita, o que le de una clase de política local, en cualquier momento fuera del pleno no tengo ningún inconveniente. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Esa pincelada de prepotencia tampoco venía mucho a cuento, dados los términos en que está discurriendo el debate, yo no la veo a usted de maestra, no se, no le veo es….,le repito lo que le dije, y ustedes con ese mismo argumento que me está dando usted, al incluir en los estatutos eses consorcios comarcales, se están también rogando unas competencias que son propias de esas comarcas, si, si, y le repito la pregunta, ¿qué va a pasar, si algún ayuntamiento en Pleno no aprueba la integración en el provincial? pero eso ya es para doctorado, ya no es para una clase particular, esa pregunta ya tiene más tal. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Vamos a proceder á votación do importante, que é precisamente, ratificamos primeiro a inclusión. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. Acórdase ratificar a inclusión deste asunto na orde do día cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE. E agora votamos neste caso a proposta da aprobación dos estatutos. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. Dada conta do informe emitido pola Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de data 16 de decembro de 2010 (núm. rexistro de entrada nesta Deputación 42859, de 20/12/10) en relación co proxecto de Estatutos do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento da provincia de Pontevedra. Resultando que en sesión plenaria de 30 de xullo de 2010, acordouse a participación da Deputación no citado Consorcio provincial, ademais de designar representante na Comisión Xestora encargada da tramitación do correspondente expediente. Resultando que a Comisión Xestora en sesión de 9 de setembro de 2010, aprobou inicialmente os Estatutos do citado Consorcio. Resultando que os citados Estatutos foron aprobados provisionalmente por unha Asemblea celebrada o 24 de setembro de 2010, integrada polos Deputados provinciais, así como polo representante da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Resultando que a Xunta de Goberno en sesión de 29 de setembro de 2010 prestou conformidade ós informes emitidos polo Secretario e Interventor, e na súa consecuencia informou favorablemente os citados Estatutos. Resultando que no prazo de información pública (BOP nº 193, de 6 de outubro de 2010) á que foron sometidos os Estatutos, non foi presentada ningunha reclamación ós mesmos. Resultando que a Comisión Xestora en sesión de 22 de decembro, acordou aceptar o informe emitido pola Dirección Xeral de Administración Local e incorporalo ó texto dos Estatutos. Considerando o disposto no art. 141.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, e á vista dos informes emitidos, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: - Aprobar os Estatutos do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento da provincia de Pontevedra. O texto dos citados Estatutos é como segue: “Estatutos do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece na súa disposición adicional terceira a necesidade de homoxeneizar as prestacións do servizo de extinción de incendios e salvamento en todo o territorio de Galicia. A existencia destes servizos profesionais na maior parte da provincia de Pontevedra, pero como consorcios comarcais, obriga a integrar todos eles, ademais dos que puideran constituírse a maiores, nun único consorcio provincial, como fórmula máis axeitada para conseguir esta homoxeneidade na prestación deste servizo esencial. Con este obxectivo, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 1 de xullo de 2010, acordou participar no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo contra incendios e salvamento. CAPÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º.- Entidades consorciadas Ó abeiro do establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, artigos 196 e concordantes, así como na demais lexislación vixente, e para dar cumprimento ó disposto nas disposicións adicional terceira e transitoria terceira da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, constitúese o Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, que terá para todos os efectos a consideración de Administración Pública. Artigo 2º.- Constitución do consorcio Para a constitución do consorcio requírese o acordo previo correspondente e a aprobación definitiva dos seus estatutos por parte do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia. Os estatutos aprobaranse mediante decreto da Xunta de Galicia que se publicará no Diario Oficial de Galicia xunto co seu texto íntegro. Unha vez publicados os estatutos, polo Presidente da Comisión Xestora, constituída con carácter previo segundo se recolle no expoñendo, convocarase ós representantes das entidades que o integran, co fin de elixir os órganos reitores e iniciar o seu funcionamento. Artigo 3º.- Carácter O consorcio, que ten a condición de entidade local non territorial, constitúese voluntariamente e por un período de tempo indefinido. Ten carácter administrativo e personalidade xurídica propia e independente das entidades que o integran, así como capacidade xurídica para o cumprimento dos fins estatutarios. O consorcio contará con patrimonio propio e desenvolverá a súa actividade conforme a un orzamento independente. Artigo 4º.- Sede 1. O consorcio terá a súa sede na Deputación Provincial de Pontevedra. 2. Por acordo do Pleno do consorcio, poderá modificarse o domicilio fixado no punto anterior ou desenvolver as reunións en lugar distinto ó do seu domicilio. Artigo 5º.- Denominación e obxecto 1. A denominación deste consorcio será a de Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. 2. Constitúe obxecto do consorcio a execución das competencias do servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento, que se lles atribúen na lexislación vixente ós entes consorciados, mediante a xestión e coordinación e, de selo caso, a creación dunha rede de parques que garanta a prestación homoxénea do servizo, por calquera das modalidades de xestión previstas na lexislación. 3. Entre os fins do consorcio estará a colaboración cos servizos municipais de protección civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens, a prevención e extinción de incendios, a prevención e actuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco e o asesoramento e asistencia, formación e información en materia de seguridade, que afecten a persoas, edificacións e instalacións, así como o fomento da autoprotección. 4. Para a súa disolución terase en conta o previsto nos artigos 143 e 144 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Artigo 6º.- Ámbito de actuación O ámbito de actuación deste consorcio será toda a provincia de Pontevedra, coas seguintes precisións: a) Con independencia do ámbito provincial do consorcio, este poderá establecer as áreas de actuación preferente de cada parque de bombeiros, atendendo basicamente ós tempos de resposta en funcións das comunicacións por estrada do parque. b) Excepcionalmente, a Axencia Galega de Emerxencias, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia poderá solicitar, de acordo co protocolo que se estableza para o efecto, a actuación do consorcio fóra da provincia de Pontevedra, cando as circunstancias o requiran. Neste caso, o titular da Presidencia ou persoa en quen delegue deberá autorizar esta actuación, agás en casos de risco inminente, valorado pola Axencia Galega de Emerxencias, nos cales non será imprescindible a dita autorización. Neste caso, estableceranse as compensacións económicas a que houbera lugar. c) No caso de activación de plans de emerxencia da comunidade autónoma, tanto territoriais como especiais, o ámbito de actuación será o fixado mediante as directrices do director do plan activado. d) O consorcio asume o exercicio das competencias das entidades consorciadas cando a lexislación vixente obrigue a estas ó cumprimento dos fins expresados nestes estatutos. e) Quedan excluídos do ámbito de actuación deste consorcio aqueles concellos, mesmo os de menos de 20.000 habitantes, nos que se preste o servizo de extinción de incendios e salvamento con persoal propio e teñan parque de bombeiros de seu, tanto de tipo local como comarcal, agás que prefiran incorporarse ó consorcio provincial mediante os oportunos convenios de colaboración. Artigo 7º.- Réxime xurídico 1. Sen prexuízo do establecido nestes estatutos, entenderase tamén de aplicación, cando así proceda, o disposto tanto na normativa básica de réxime local, como na Lei de Administración local de Galicia, Lei de emerxencias de Galicia e demais normativa que, se é o caso, se dite no seu desenvolvemento. 2. O consorcio regulará o réxime interno e de funcionamento dos seus propios servizos, de acordo cos presentes estatutos, coa lexislación do réxime local e do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e daqueloutras que lles sexa de aplicación. CAPÍTULO II ÓRGANOS DE GOBERNO Artigo 8º.- Órganos Os órganos de goberno e de xestión do consorcio son os seguintes: - Pleno. - Presidencia. - Vicepresidencia. - Consello Asesor. Artigo 9º.- Pleno O Pleno do consorcio, máximo órgano colexiado deste, estará integrado por: - A persoa titular da presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra ou deputado/a en quen delegue. - A persoa titular da consellería con competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias ou persoa en quen delegue. - Dous deputados/as da deputación provincial designados pola presidencia da deputación. - Dous representantes da Xunta de Galicia designados pola consellería con competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias. Con voz, pero sen voto, asistirán: - O persoal funcionario que desempeñe as funcións de secretario/a e interventor/a do consorcio. - A persoa titular da xerencia do consorcio. Na designación dos membros deste órgano atenderase, na medida do posible, ó principio de paridade, procurando unha representación equilibrada de homes e mulleres, segundo o previsto na Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres na Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Por petición da maioría dos membros con voto do Pleno do consorcio, poderán convocarse, con voz pero sen voto, e coa única finalidade de obter información e asesoramento para casos concretos, os responsables técnicos e membros das administracións ou de entidades públicas ou privadas que se xulguen oportunas. Artigo 10º.- Presidencia e Vicepresidencia A persoa titular da Presidencia do consorcio será elixida polo Pleno, por maioría absoluta do número legal dos membros do consorcio. De igual xeito, será elixida a persoa titular da Vicepresidencia. Os cargos da Presidencia e Vicepresidencia renovaranse cada vez que se renoven os cargos das administracións consorciadas como consecuencia da celebración de eleccións ou outros cambios que se produzan nelas e que así o fixera necesario. A Presidencia exercerá as competencias que se lle atribúen nos presentes estatutos. As competencias da Presidencia serán exercidas pola Vicepresidencia nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade e nos demais que regulamentariamente proceda. Artigo 11º.- Consello Asesor 1. Para asesoramento e informe das materias que se determinen créase un Consello Asesor integrado do seguinte xeito: - Presidencia: titular da Presidencia do consorcio ou membro do Pleno en quen delegue. - Vicepresidencia: titular da Vicepresidencia do consorcio ou membro do Pleno en quen delegue. - O/a Alcalde/sa ou persoa en quen delegue, en representación de cada concello onde se instalen os parques ou subparques que se integren no consorcio. - Dous representantes da Xunta de Galicia designados pola consellería con competencia en materia de atención ás emerxencias. - Dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra designados pola súa presidencia. 2. Na designación dos membros deste órgano atenderase, na medida do posible, ó principio de paridade, procurando unha representación equilibrada de homes e mulleres, segundo o previsto na Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres na Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. As funcións de secretario/a do Consello Asesor serán exercidas por quen exerza as funcións de secretario/a do consorcio, de acordo co previsto no artigo 17. Artigo 12º. Cesamento dos membros Os membros do Pleno e do Consello Asesor, poderán cesar por acordo do mesmo órgano que os nomeou, ou pola perda da condición de membro da institución que representen. Neste último caso, permanecerán en funcións ata que regulamentariamente se nomeasen os novos membros. Artigo 13º. Competencias do Pleno 1. As atribucións do Pleno serán as seguintes: 1. A organización do consorcio. 2. A aprobación da integración de entidades no consorcio. 3. A aprobación das ordenanzas e regulamentos. 4. A aprobación e modificación dos orzamentos, a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia e a aprobación das contas; todo iso de acordo co disposto na normativa reguladora das facendas locais. 5. A aprobación do programa anual de actividades. 6. A aprobación da memoria anual de actividades xunto co seguimento, control e valoración. 7. A aprobación de convenios, concertos e acordos de cooperación, colaboración ou calquera outro que se estableza coas administracións públicas ou entidades privadas. 8. A adquisición de bens e dereitos, a transacción sobre estes, e a concesión de quitación e espera, dentro dos límites das súas competencias, agás que estas estean atribuídas expresamente por lei a outros órganos. 9. O control e fiscalización dos órganos de goberno. 10. A aprobación do cadro de persoal, a relación dos postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos empregados públicos, e o número e réxime do persoal propio do consorcio. 11. A administración do patrimonio. 12. A alteración da cualificación xurídica dos bens de dominio público. 13. O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa do consorcio no referente a competencia plenaria. 14. A concertación das operacións de crédito cuxa contía acumulada no exercicio económico exceda do 10 por 100 dos recursos ordinarios, agás as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por 100 dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, todo iso de conformidade co disposto na normativa reguladora de facendas locais. 15. As contratacións e concesións de todo tipo, cando o seu importe supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento, e, en todo caso, os de importe superior a 6.000.000 €, así como os contratos e concesións plurianuais cando a súa duración sexa maior de catro anos en todo caso, e os plurianuais de duración menor cando o seu importe acumulado supere a porcentaxe indicada, referida ós recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, e, en todo caso, cando sexa maior que a contía sinalada neste número. 16. A aprobación dos proxectos de obra e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e cando aínda non estea previsto nos orzamentos. 17. A aprobación de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas para a execución de proxectos de obras, servizos e subministracións que sexan da súa competencia. 18. A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento, así coma os alleamentos patrimoniais nos seguintes supostos: - Cando se trate de bens inmobles ou de bens mobles, que estean declarados de valor histórico ou artístico e non estean previstas no orzamento. - Cando estando previstas no orzamento, superen a porcentaxe e a contía que se indican para as adquisicións de bens. 19. Aquelas atribucións que deban corresponder ó Pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial. 20. A alteración da sede do consorcio e o cambio de nome deste. 21. As demais que expresamente lle atribúan as leis. 2. O Pleno poderá delegar as súas competencias na Presidencia, por resultar o único órgano viable para esta delegación, de acordo co artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, sendo de aplicación o disposto pola normativa de réxime local respecto das competencias susceptibles de delegación. Artigo 14º.- Competencias da Presidencia Serán funcións propias da Presidencia as seguintes: 1. Dirixir o goberno e a administración do consorcio. 2. Representar ó consorcio. 3. Convocar e presidir as sesións do Pleno e calquera outro órgano do consorcio, e decidir os empates co voto de calidade. 4. Supervisar o funcionamento administrativo e técnico do consorcio, en especial a actuación da persoa titular da Xerencia como xefe/a directo desta, dando conta ó Pleno. 5. Elaboración do proxecto de orzamento anual para a súa aprobación polo Pleno. 6. Dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obras nos que a súa titularidade e o seu exercicio corresponde ó consorcio. 7. Autorizar e ordenar gastos e pagamentos con cargo ós orzamentos do consorcio, de acordo coa lexislación vixente e, en xeral, o desenvolvemento da xestión económica de acordo co orzamento aprobado, dispoñer gastos dentro dos límites da súa competencia, concertar operacións de crédito, excluíndo as recollidas no artigo 158.5º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, sempre que aquelas estean previstas no orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios, agás os de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 por 100 dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, ordenar pagamentos e render contas; todo iso de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais. 8. En materia de persoal: 1. Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e o cadro de persoal aprobados polo Pleno. 2. Aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo. 3. Determinar o sistema de distribución daquelas retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas. 4. Desempeñar a xefatura superior de todo o persoal, acordar o seu nomeamento e sancións, incluída a separación do servizo dos funcionarios/as do consorcio e o despedimento do persoal laboral, dando conta ó Pleno na primeira sesión que realice, así como todas as facultades en materia de persoal que non teña atribuídas o Pleno. 9. O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do consorcio nas materias da súa competencia, incluso cando as delegase noutro órgano e, en caso de urxencia, en materias da competencia do Pleno, e neste último suposto dando conta a este na primeira sesión que celebre para a súa ratificación. 10. Presidir as poxas e adxudicar provisionalmente o remate. 11. As contratacións e concesións de toda clase, cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento; incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida ós recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada. 12. A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento, así como o alleamento do patrimonio que non supere a porcentaxe e a contía indicadas nos seguintes supostos: a de bens inmobles sempre que estea prevista no orzamento; a de bens mobles, agás os declarados de valor histórico ou artístico cuxo alleamento non se encontre previsto no orzamento. 13. Ordenar a publicación e execución e facer cumprir os acordos do consorcio. 14. O exercicio daqueloutras atribucións que non estean expresamente atribuídas a outros órganos. 15. Render contas das operacións levadas a cabo en cada exercicio económico. 16. As demais que expresamente veñan atribuídas na normativa legal aplicable, ós titulares da presidencia de entidades locais, e aqueloutras que a normativa asigne ás entidades locais sen atribuílas a ningún outro órgano. O titular da presidencia pode delegar na persoa titular da Vicepresidencia o exercicio das súas atribucións, agás a de concertar operacións de crédito, a xefatura superior de todo o persoal, a separación do servizo dos funcionarios/as e o despedimento do persoal laboral, e as enunciadas nos puntos 1 e 9 do número anterior. Artigo 15º.- Competencias do Consello Asesor Corresponderalle ó Consello Asesor a emisión de informe preceptivo con carácter previo á adopción polo Pleno do consorcio dos seguintes acordos: a) Aprobación da memoria anual de actividades xunto co seguimento, control e valoración. b) Aprobación de convenios, concertos e acordos de cooperación, colaboración ou calquera outros que se establezan coas administracións públicas ou entidades privadas. Así mesmo, o Consello Asesor servirá de comité asesor de protección civil a nivel provincial e entidade de apoio á persoa titular da presidencia do consorcio. Tamén poderá emitir ditame sobre calquera asunto sempre que sexa solicitado pola persoa titular da presidencia do consorcio ou pola maioría absoluta dos membros do Pleno. CAPÍTULO III OUTROS ÓRGANOS DO CONSORCIO Artigo 16º.- Xerencia 1. A Xerencia é o órgano ó que corresponde realizar a xestión ordinaria, é dicir, a técnico-administrativa, dos asuntos de competencia do consorcio, baixo a inmediata dirección e dependencia da persoa titular da Presidencia. A persoa titular da Xerencia terá a condición de persoal directivo: funcionario ou laboral de alta dirección de acordo co establecido na normativa de función pública. 2. Serán funcións da xerencia: a) Dirixir, xestionar os servizos e resolver os asuntos que se lle asignen. b) Elaborar e presentar o anteproxecto de orzamentos, que se presentará para a súa aprobación á Presidencia do consorcio, ó máis tardar o primeiro día hábil de setembro do ano anterior ó de vixencia do devandito orzamento. Elaborar e presentar os plans de actuacións e o programa de necesidades do consorcio. c) Prestar asistencia técnica ós órganos colexiados do consorcio. d) Emitir informe sobre os asuntos que deban tratarse nas sesións dos órganos colexiados do consorcio. e) Exercer a dirección do persoal ó seu cargo, baixo a dependencia da Presidencia así como propoñer as reformas que supoñan unha mellora do funcionamento, das dependencias e servizos. f) Instruír os expedientes para adquisición de material e realización de obras e mellora e mantemento do servizo, así como os demais que se refiren ó funcionamento do consorcio. g) Propoñer á Presidencia do consorcio os pagamentos que deban realizarse. h) Elaborar as estatísticas de actividades realizadas, así como a memoria anual acerca do funcionamento, custo e rendemento dos servizos ó seu cargo, propoñendo as modificacións encamiñadas a unha maior eficacia do servizo. i) Asistir ás sesións dos órganos colexiados con voz e sen voto. j) As demais funcións que o Pleno lle encomende. Artigo 17º.- Funcións reservadas a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter estatal. 1. No cadro de persoal e na relación de postos de traballo do consorcio fixaranse as prazas de postos necesarios para o exercicio das funcións reservadas a habilitados de carácter estatal, que serán exercidas a través dunha das seguintes modalidades: a) A través de funcionarios con habilitación de carácter estatal de acordo co sistema de provisión previsto no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter estatal. b) A través do servizo de asistencia da Deputación de acordo co establecido no artigo 5 do devandito texto regulamentario. 2. As funcións que desempeñarán son: a) Asistir ás reunións do Pleno e do Consello Asesor, realizar as correspondentes convocatorias por orde da súa Presidencia, e elaborar e notificar a orde do día. b) Formalizar e cumprir os acordos adoptados nas sesións, así como elaborar acta deles. c) Asesorar e asistir xuridicamente ós órganos de goberno do consorcio. d) Calquera outra que lle veña atribuída polo ordenamento xurídico. CAPÍTULO IV RÉXIME FUNCIONAL Artigo 18º.- Reunións 1. O Pleno reunirase en sesión ordinaria unha vez ó semestre. 2. Realizarase sesión extraordinaria por convocatoria da Presidencia cando o considere oportuno ou a petición dun terzo dos membros do Pleno. 3. A Presidencia poderá convocar sesións extraordinarias con carácter urxente. Nas sesións extraordinarias urxentes, o Pleno deberá pronunciarse previamente sobre a urxencia da sesión. De non apreciarse dita urxencia por maioría simple, concluirase a sesión. Para estes efectos para o cómputo das maiorías aplicarase o disposto no artigo 20º. 4. O Consello Asesor reunirase sempre que así o acorde a Presidencia do consorcio, ou ben o solicite a maioría absoluta dos membros do Pleno do consorcio ou do propio Consello Asesor. 5. O quórum necesario para a constitución válida das sesións será o seguinte: a) Para o Pleno: a comparecencia dun terzo dos seus membros que nunca poderá ser inferior a tres, e que deberá manterse durante toda a sesión. b) Consello Asesor: requírese maioría absoluta na primeira convocatoria, e en segunda convocatoria a presenza de tres membros. En calquera caso, para todos eles requirirase sempre un mínimo de tres membros e estar representadas tanto a Xunta de Galicia como a Deputación Provincial de Pontevedra. Artigo 19º.- Convocatoria 1. A persoa titular da Presidencia convocará as sesións cunha anticipación mínima de cinco días e remitirá a orde do día a cada un dos membros do Pleno. 2. O Pleno quedará validamente constituído coa asistencia dun terzo do número legal dos seus membros que nunca poderá ser inferior a tres. A Presidencia poderá considerar validamente constituído o órgano se está presente un representante de cada unha das dúas administracións consorciadas. O quórum deberá manterse durante toda a sesión. 3. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas que legalmente os substitúan. Artigo 20º.- Acordos 1. Os acordos do Pleno adoptaranse por maioría dos membros presentes, agás os indicados nos números 2, 4 e 10 do artigo 13º, que requirirán maioría cualificada de dous terzos. 2. Os acordos adoptados obrigan a todas as entidades integrantes do consorcio. Artigo 21º.- Persoal 1. O persoal ó servizo do consorcio estará integrado por: a) A persoa titular da Xerencia. b) O persoal de prevención e extinción de incendios e salvamento, agás no caso de que se opte pola prestación do servizo baixo o réxime de xestión indirecta. c) O persoal que, de conformidade co artigo 17º, atenda ás funcións reservadas a funcionarios/as de administración local con habilitación de carácter estatal. d) Calquera outro que se estableza, tanto funcionario como laboral, que en todo caso deberá estar recollido no correspondente cadro de persoal. 2. As funcións deste persoal serán as que determinan as normas de réxime interior do consorcio; en todo caso o persoal previsto no punto c) realizará as funcións previstas no artigo 17º dos presentes estatutos. CAPÍTULO V DO RÉXIME ECONÓMICO E FINANCEIRO Artigo 22º.- Recursos do consorcio Para o cumprimento dos seus fins o consorcio disporá do seu propio orzamento, que estará integrado polos seguintes recursos: a) As achegas dos entes consorciados. b) As subvencións e outros ingresos de dereito público. c) As taxas, contribucións especiais e prezos públicos fixados de acordo coa lei. d) Ingresos de dereito privado e os bens adquiridos polo consorcio que se integran no seu patrimonio. e) O produto de operacións de crédito. f) Calquera outro recurso que puidera serlle atribuído de acordo coa lexislación vixente. Artigo 23º.- Financiamento 1. As achegas dos entes consorciados para sufragar os gastos ordinarios de funcionamento do Consorcio efectuaranse da maneira seguinte: - Xunta de Galicia: 50% do total do orzamento. - Deputación Provincial de Pontevedra: 50% do total do orzamento. 2. Se durante o exercicio económico se producisen ingresos superiores ós previstos inicialmente no orzamento do consorcio, estes excesos serán dedicados, a criterio do Pleno, a actuacións adicionais ás previstas inicialmente, ou ben a minorar as achegas que lle corresponden ás partes consorciadas. 3. En todo caso, poderase acudir ós mecanismos previstos na lexislación vixente para obter a satisfacción das achegas en caso de que algunha das administracións consorciadas non achegasen en prazo a totalidade das cantidades a que veñen obrigadas por este artigo, e co fin todo isto de facer efectivas estas cantidades. Artigo 24º.- Ingresos das contribucións 1. Cada ente consorciado obrígase, nos termos previstos no artigo 23º, a consignar no seu orzamento ordinario a cantidade suficiente para atender as súas obrigas económicas relativas ó consorcio. 2. A parte correspondente da cantidade consignada nos orzamentos de cada ente consorciado ingresarase con carácter mensual por doceavas partes na tesourería do consorcio. Artigo 25º.- Aprobación do orzamento O proxecto de orzamento do consorcio para cada ano deberá ser elaborado e comunicado ós entes consorciados antes do día quince do mes de setembro do ano anterior ó da súa vixencia. Posteriormente o Pleno aprobará o proxecto de orzamento do consorcio e elevarao ós entes consorciados para o seu coñecemento. CAPÍTULO VI RÉXIME XURÍDICO Artigo 26º.- Réxime xurídico A actuación do consorcio rexerase polo establecido nos presentes estatutos e nos regulamentos de organización e réxime interior. Para o non establecido nas disposicións anteriores aplicarase a lexislación reguladora do réxime das entidades locais. Artigo 27º.- Modificacións, incorporacións e baixas e disolución 1. Para a modificación dos estatutos do consorcio, posibles incorporacións ou baixas ou para a súa disolución, seguiranse as mesmas regras e o mesmo procedemento que o establecido pola lexislación estatal básica de réxime local e polos artigos 143 e 144 da Lei 5/1997, para a modificación dos estatutos ou disolución das mancomunidades dos municipios. 2. No caso de disolución do consorcio practicarase liquidación de todos os seus bens, obrigas e dereitos, e o resultado positivo ou negativo será atribuído a cada un dos entes integrantes, na mesma proporción que a establecida para a fixación das achegas ó consorcio. Artigo 28º.- Informe anual O consorcio facilitará ós entes consorciados un informe anual sobre a propia xestión e prestará a súa cooperación e asistencia cando sexa requirida. Disposición adicional O consorcio iniciará o seu funcionamento cos parques comarcais do Salnés, do Morrazo e do Baixo Miño-Condado-Louriña; a localización do resto dos parques, de ser o caso, deberá ser aprobada previamente pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Disposición transitoria Primeira.- No prazo máximo de tres meses dende a entrada en vigor deste decreto os Consorcios Comarcais do Salnés, do Morrazo e do Baixo Miño-Condado-Louriña deberán desenvolver a correspondente sesión plenaria para a súa disolución e integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, achegando os medios técnicos e os recursos cos que conten. Os bens, dereitos e obrigas contractuais vixentes asumidas polos consorcios comarcais, logo da súa integración quedarán asumidas polo consorcio provincial. Disposición derradeira Unha vez publicados no Diario Oficial de Galicia os presentes estatutos, o titular da Presidencia da Comisión Xestora procederá no prazo máximo de dous meses á convocatoria da sesión constitutiva do Pleno do consorcio na que se procederá á elección da persoa titular da Presidencia e Vicepresidencia do consorcio, do xeito establecido no artigo 10º dos estatutos, iniciándose o seu funcionamento.” 5.6030.- MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO PP, PSdeG-PSOE E DO BNG, PARA QUE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL ASUMA A TITULARIDADE DO VIARIO EP-0103 N-550-LAGO CASTIÑEIRAS E INICIE OS TRÁMITES PARA INCLUÍR NA REDE PROVINCIAL DE ESTRADAS O VIARIO QUE VAI DENDE O LAGO CASTIÑEIRAS-COTORREDONDO ATA A CRUZ DA MACEIRA Sr. Presidente.- Punto número 5. Moción conxunta dos Grupos Provinciais do PP, PSdeG-PSOE e do BNG, para que a Deputación provincial asuma a titularidade do viario neste caso da carretera EP-0103, N-550-Lago de Castiñeiras e inicie os trámites para incluír na rede provincial de estradas o viario que vai dende o Lago de Castiñeiras-Cotorredondo ata a Cruz da Maceira. Bueno, eu creo que isto xa se había debatido no seu día, e polo tanto creo que é unha actuación necesaria, que neste momento é un vial que non é titularidade de ninguén, está aí perdido no medio do monte, e que comunica poboacións importantes de Moaña, de Marín, de Vilaboa e incluso de Pontevedra, e está moi deteriorado, e xa foi dalgunha maneira, nalgunha ocasión solicitada a intermediación da Deputación para a súa mellora, e cremos que para unha mellora definitiva dentro das posibilidades, claro está, debe pasar a ser de titularidade provincial, Pero ten a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, grazas Sr. Presidente. Bueno, isto creo que é a terceira vez ou cuarta vez, bueno a terceira vez neste mandato, que este grupo propuxo que incorporara, que xa estaba incorporado parte do vial á rede provincial e que se votara man del, bueno pois despois de tres intentos, acádase neste caso que vai a vencida, á terceira vai a vencida, co cal, pois alegrarnos de que sexa así, e que esta casa, pois ten razón o Presidente, que ese vial que o orixe era un tanto disperso, ¿non? se era patrimonio forestal ou de quen era, pero o certo é que une máis dun concello, no é un vial principal, ou sexa, competencia típica desta casa, da Deputación, e bueno a base de intentalo, pois parece que agora o logramos e polo tanto pois, agradecer o apoio de todos os grupos a esta proposta do BNG, e bueno, que se efectivice os tramos que están nun moi mal estado, para que algún se lle poda dar uso o antes posible. Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Mosquera. Como digo, creo que é de interese de todos os grupos que isto se faga, primeiro que se adopte como titularidade, a parte que ten que estar á disposición pública para que se hai algunha reclamación e alguén se quere facer cargo dela, pois que se faga, non creo que exista moitos interesados en facerse cargo dun vial destas características, polo tanto, suponse que a Deputación se terá que facer cargo deste vial, e na medida como digo, das súas posibilidades, tamén da súa mellora, que agora na primavera próxima intentaremos, pois dar, polo menos se non é unha solución definitiva, unha solución momentánea para o paso de vehículos por esta zona. Sr. Muradas. Sr. Murada Ramos.- Si, bueno es una moción conjunta, desde luego el objeto de la moción nuestro grupo lo apoya, no apoyamos la exposición de motivos, porque es errónea, para la tranquilidad del señor Crespo, que bueno, cuando se presentó por primera vez a este Pleno esta moción, pues, le rechinaba de que estuviese en inventario de bienes de esta casa, pero resulta que buscando, indagando, hizo ayer 49 años, que este vial es de esta casa, y en esta casa tiene que ver un acta de recepción, yo le facilito la copia, para que usted la busque, el acta de recepción, de entrega del Ministerio del Ejercito a esta Diputación provincial, el día 29 del 12 de 1961, es decir, que llevan casi medio siglo con esa carretera, abandonada, y se nos planta usted ahora aquí de generoso, de altruista, arreglando una carretera que no es e nadie, pues mire por donde, le facilito la copia, si tiene interés, porque esto a lo mejor, esto le evita, tener que hacer la exposición pública, etc. etc., este documento lo traía el otro día para Junta de Portavoces frustrada, para intentar acompañar, porque la moción parece que no estaba redactada todavía, y como no tuve la oportunidad, pues aprovecho la ocasión y se la cedo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Pero teño que recordarlle que non está vostede ben documentado, non está vostede ben documentado, porque, esta moción conxunta fala de que o primeiro vial, concretamente, está nun estado aceptable, e de dubidosa titularidade da Deputación, lle reitero, independentemente dese documento, polo tanto vostede fixo mención de que estaba abandonado, e como debería saber, porque ademais vostede vive no entorno e debería ter esa información, o primeiro tramo dese vial, que fai alusión a ese documento ese vial está nun estado óptimo aceptable, bastante bo, pero esta moción conxunta o que fai dalgunha maneira alusión, é o segundo tramo que non ten titularidade, non ese documento que non ten titularidade que foi construída nese caso por, antigamente IRYDA, supostamente, e que comunica a estrada de Marín con Moaña, e polo tanto, vostede quería ser sempre puntilloso e claro, se lle borronou, o que dalgunha maneira fixo de comentario dicindo que a tiñamos abandonada, o que era, supostamente, de dubidosa titularidade á Deputación a pesar de non ser titular, aínda que poida haber ese tipo de documento, tena nun estado óptimo, e sen embargo hai algúns socavón, algún burato, que se pode chamar, que colle dentro da propia estrada, desa estrada que non é de ninguén, pois colle un camión perfectamente, porque a deterioran precisamente os camións co peso pesado de madeira etc., que sacan dos montes dese entorno. Polo tanto, lle agradezo o traballo minucioso que debe ter vostede en buscar, vostede, pero non o comentario de que a estradas de dubidosa titularidade, a primeira parte, un tramo, ou ó tramo que se refire a moción do Bloque Nacionalista Galego no seu día, pois esa está nun estado óptimo, e sen embargo a que asumimos agora para a súa mellora é precisamente a que dalgunha maneira vai dende Cotorredondo ata Cruz da Maceira, xa no límite dos municipios de Marín e de Moaña, polo tanto era para serlle máis preciso no seu comentario. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Non, xa o explicaches ti Presidente, xa explicaches ti dabondo, eu creo que está explicado, de todas maneiras Sr. Muradas, hai 49 anos vivía Franco, eu no sei, daquela non sei, eu nacín daquela e non sei o que pasou, creo dicir, eu pódolle dicir que cando houbo a moción eu pedín información ós técnicos desta casa, e os técnicos desta casa, obviamente eu no 49 non estaba aquí, nin ningún dos que estamos aquí na corporación, os técnicos desta casa fixeron o que fixeron, e dixeron como había sido o proceso, que esa vía que había feito IRYDA etc, e que nunca chegou para ninguén, entón eu falei por boca, non miña, falei por boca dos técnicos desta casa, que son a quén lle hai que pedir explicacións, porque eu obviamente, dende logo no sei cando están transferidas a esta casa as distintas vías provinciais que temos. Polo tanto, que quede claro que se é do ano 49, habería que ver aínda que o que foi transferido, e como era, e como se facía. Fai 49 anos entendín, bueno é igual, o importante, sede positivos que estamos no Nadal, vamos, unha moción conxunta para facer o primeiro tramo e o segundo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, usted a pesar de que le presento este documento no tiene ni la curiosidad… Sr. Presidente.- … no, no lo tengo aquí en la carpeta… Sr. Muradas Ramos.- …ni de leerlo y dice que sigue siendo de dudosa titularidad… si quiere después de acabar el pleno vamos a dar un recorrido en el Lago de Castiñeiras y Cruz da Maceira, y vemos el estado maravilloso, en la cual se encuentra esa carretera, yo simplemente quiero hacer una aportación para evitarle el trámite de integración en el inventario de bienes, para que sepan, era diputado y vivía Franco, pues sería un diputado franquista, yo que se, yo le traigo un documento que acredita que esta casa recepcionó esa carretera del Ministerio del Ejercito, y parece que le molesta. Sr. Presidente.- No, no, lo contrario. Sr. Muradas Ramos.- Lo retiro … Sr. Presidente.- É que querémolo ver traballar, facendo cousas, achegando … claro … Sr. Muradas Ramos.- ¿Cómo dijo?. Sr. Presidente.- Querémolo ver traballar, achegando cousas para esta casa. Sr. Muradas Ramos.- Que lo tienen en esta casa, si que tienen este documento en esta casa. Sr. Presidente.- Pero xa lle comentou o Vicepresidente, o importante é reparar o que está mal … Sr. Muradas Ramos.- Que si … Sr. Presidente.- O que queremos reparar, evidentemente é Cotorredondo, Cruz da Maceira, que é o importante que nos demandan os veciños, a outra, gracias a Deus, pois, a Deputación foi actuando nela xa a temos moi ben, polo tanto, como é una moción… Sr. Muradas Ramos.- No estamos de acuerdo con el objeto … Sr. Presidente.- Si, agradecémoslle ese traballo, estea tranquilo que lle agradecemos ese traballo. E tamén lle pasaremos esa información ó equipo, como nós non estivemos aquí naquel entón, lle trasladaremos esa información ó equipo técnico desta casa. Estamos aínda en fase anterior, antes da nosa chegada. Vamos aprobar entón esta moción conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular, do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego para que a Deputación adopte medida encamiñadas á mellora, perdón, neste caso, á mellora do viario Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, ata Cruz da Maceira, que este é o tramo que evidentemente, que está feito un desastre, por dicilo así, non porque houberan deteriorado os pasos de vehículos, senón os vehículos pesados destrozaron este vial que comunica, como digo, a catro concellos. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a moción conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), para que a Deputación Provincial asuma a titularidade do viario EP-1303, N-550-Lago de Castiñeiras-Cotorredondo-Cruz da Maceira, o inclúa na rede provincial de estradas, e asuma o seu mantemento e as melloras do mesmo. Dita Moción é como segue: “Os grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), ó abeiro da lexislación vixente, presentan diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción conxunta relativa á asunción dunha nova estrada por parte da Deputación de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A estrada EP 0103 figura no Inventario da Deputación Provincial como o vial que discorre dende a N-550 ata o Lago de Castiñeiras. Ten unha lonxitude de 5,5 quilómetros que discorren integramente polo concello de Vilaboa, entre as parroquias de Figueirido e Vilaboa, e dá servizo ós núcleos de Balteiro e Croas, en Figueirido, e Postemirón, en Vilaboa, constituíndose no principal acceso á zona recreativa do Lago de Castiñeiras. 2.- A súa continuidade é a estrada Lago Castiñeiras-Cotorredondo-Cruz da Maceira, no concello de Moaña, que, no seu día, foi construída polo Patrimonio Forestal do Estado para dar servizo ós montes comunais que estaban baixo a súa xestión. 3.- Ambas estradas formaron parte da vella carretera forestal 401 que construíu o devandito Patrimonio Forestal do Estado para dar servizo ós montes veciñais de man común que estaban baixo a súa xestión e que, na primeira metade do século XX, a partires da etapa en que Daniel de la Sota presidía a Deputación Provincial e se iniciou a repoboación forestal, foron xestionadas polo organismo provincial. 4.- A competencia sobre todo o vial, dende a N-550 pasando polo Lago de Castiñeiras ata a Cruz da Maceira, correspondía ó Instituto de Conservación da Natureza (ICONA) pero, coa súa desaparición trala constitución do Estado Autonómico, quedou un baleiro legal sobre a súa titularidade pois nin a Administración Xeral do Estado, nin a Autonómica nin os concellos afectados iniciaron tramitación algunha para asumilo. 5.- A devandita estrada ten unha importancia estratéxica para interconectar a Comarca do Morrazo coa de Pontevedra e, particularmente, os concellos de Vilaboa, Marín e Moaña. Na actualidade, particularmente o tramo dende o Lago de Castiñeiras ata a Cruz da Maceira, atópase nun deficiente estado e presenta numerosas deficiencias e baches como consecuencia de ser frecuentemente utilizada por camións que retiran madeira dos montes ou desenvolven diversos traballos forestais. Polas anteditas razóns, os tres grupos políticos na Deputación Provincial (PP, PSdeG-PSOE e BNG) presentan esta moción conxunta diante do Pleno da Corporación Provincial para a súa consideración e para que se adopte o seguinte ACORDO: 1. Que a Deputación Provincial asuma a titularidade da totalidade do vial dende a N-550 ata a Cruz da Maceira pasando polo Lago de Castiñeiras e Cotorredondo. 2. Que o inclúa na súa Rede Provincial de Estradas e inclúa, tamén, no seu Inventario o tramo Lago de Castiñeiras-Cotorredondo-Cruz da Maceira. 3. Que asuma o mantemento e a mellora de todo o vial. En Pontevedra, a 27 de decembro de 2010. Asinado: Xosé Crespo Iglesias Portavoz do Grupo Provincial do PP Juan Muradas Ramos Portavoz do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE Cesáreo Mosquera Lorenzo Portavoz do Grupo Provincial do BNG” 6.6031.- MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO PP, PSdeG-PSOE E DO BNG, PARA QUE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL ADOPTE MEDIDAS ENCAMIÑADAS Á MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA Sr. Presidente.- Agora vén tamén, Moción conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular, PSdeG-PSOE e do BNG, para que a Deputación adopte medidas encamiñadas á mellora da seguridade viaria. Algo que tamén é importante. E ten a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Non sei se a palabra ma concede en primeiro lugar, por ser este grupo o autor da proposta. Isto foi no pleno de agosto, cambiado para setembro, bueno á base de insistir, pois ó final chega esta moción. A seguridade vial, pois creo que é algo que nos debería, ou nos preocupa a todos, pero afrontala con decisión e adoptar as medidas para unha mellora efectiva, xa non é tan fácil por múltiples motivos, pola cultura que existe, pola lexislación que existe, e por todo unha serie de asuntos relacionados que fai que non sexa, repito, tan fácil afrontala de verdade. Poño un exemplo para que se entenda, se non había provincial, por exemplo, esta Deputación ten vías de 5 metros de ancho algunha, a maioría ten 7 ou 11 ou 9, pero ten vías de 5 metros de ancho, bueno, pois se resulta que nunha vía desas, en fin, a Deputación non acadou poñer un sinal de limitación de velocidade, ou ese sinal caeu, resultaría que a velocidade máxima á que pode circular un vehículo por alí, son 90 km por hora máis 20 para adiantar, algo francamente disparatado, a sorte é que están sinalizadas parte delas, e que bueno, pois, hai veces, máis ben hai milagriños, non pode ser que haxa máis accidentes, e que non haxa máis atropelos de peóns. Ben, evidentemente esta casa fixo esforzos neste sentido, está claro que mellorou a rede, pero non so a mellora das vías, non so a mellora das vías é a única vía para acadar aumentar a seguridade vial, de feito hai ese tacto típico, de cando unha estrada se mellora bastante, aumentan os accidentes, volvemos á primeira fase, a expectativa que se pode facer ca nova estrada, a xente estaba afeita á vella e corren máis do que debían, unha expectativa excesiva con respecto á nova estrada, e aumentan os accidentes, é que o problema non é so mellorar as vías, que si tamén, senón adecuar as vías ás … e ás veces hai que tomar medidas, pois chocantes, se quere, estamos falando que por unha vía calquera provincial, non en todas, pero pasan miles de vehículos viarios, e centos e miles de peóns, depende en cal. Se quen fai, non cumpre severamente a velocidade máxima recomendada ou obrigada, ou incluso os peóns. Se hai unha porcentaxe mínima, un 5 un 10% un 3 de condutores ou bicis, pero vamos a centrarnos nos condutores, que fai o animal, falando en prata, son centos que fan o animal, e o perigo é elevadísimo, entón a veces hai que tomar medidas que esta casa estivo tomando, creo que foron valentes nese sentido, cremos que foi valente, a veces de poñer, pasos elevados, ou outros tipos, bueno non so iso, senón que puxo semáforos, destes que chaman intelixentes, que despois non funcionaron ben, pero bueno, pero puxéronse, que levantan o ferro cando se pasa, se está en vermello e demais, o puxo en dous ou tres sitios, que sabia eu, ó final non funcionaron moi ben, pero si que tivo ese tal, incluso nos anos 90 fixeron un plan de eliminación de puntos negros cun convenio coa DXT se non me acordo mal. Ben, pois todos eses esforzos que se fagan son poucos, e por iso se presentou esa solicitude no seu momento que despois houbo que reiterala en Pleno, despois en Xunta de Portavoces chegamos a un acordo. A exposición de motivos tal e como está redactada, poderíamos matizar algunha cousa, pero non ten ningún sentido, e o que si nos gustaría, é congratularnos en que isto vaia adiante, obviamente, pero si nos gustaría que isto levara aparellado unha serie de actuacións xa, en concreto no servizo de infraestruturas, de vías de aquí, pois, xa se lle pasou, bueno unha cousa entre funcionarios, un borrador de ordenanza, pero independentemente da forma que se tome, si que se actuara, creo que na primeira parte da moción, dos puntos negros e demais, se debería mandar ós concellos un tipo de cuestionario que se elabore, para que aporten onde están eses puntos negros, que detectan, 60 ollos ven máis que dous, polo tanto, os concellos, por onde pasan as vías provinciais, son os que máis interese e coñecemento teñen, entón recoller esas aportacións, evidentemente algunhas hai que cambialas etc., e facer algún tipo de normativa sobre os, en fin, sobre velocidades máximas, sobre dispositivos de…de tráfico en caso de que se estime que se deben aportar, e facer campañas de sensibilización, eu creo que se debería concretar as propostas, non son difíciles, eu digo que hai algunha xa feita, e esta moción é unha declaración de vontade política que xa pode ser operativa, e cónstame que se están xa facendo algunhas cousas sobre os puntos negros, xa se votou a andar, pero creo que sistematizalo e contar cos concellos, nesta dirección, non dicirlle, ¿que carretera quere que lle mellore?. Bueno, iso xa o están pedindo todos os días, senón, ¿que carretera credes que é máis perigosa?, ¿que estrada credes que había que modificar?. E facelo, dunha maneira máis ou menos sistemática, ordenada, pois creo que sería bo, porque é moito máis operativo, por exemplo, estou pensando nalgunha imaxe dalgún … e digo, agradezo o esforzo e comparto, e nunca escoitaría unha crítica por parte deste grupo a ese tipo de actuacións, pois chegaron á provincial, e de repente aparece, pois un semáforo, así que logo non funciona e parece un lombo así solto no medio sen as condicións sistemáticas que debe ter, para ir, para adecuar a velocidade dos condutores, etc. Pois non é, foi unha época, digamos, experimental, boa, agora xa estamos en disposición de sacar conclusións, teño en fronte, por exemplo, ó Deputado Perfecto que se puxo un lombo en Pontecaldelas e o primeiro día que pasou un autobús non daba pasado, bueno, esas experiencias hai que ir aprendendo delas, e hoxe pois, seguramente con toda esa experiencia, pois se pode facer algo moito máis ordenado, moito máis, en fin, matizado e que realmente teñan uns resultados moito máis efectivos, e xa digo, aplaudindo o esforzo que fixo esta casa neste sentido que creo que é de, vamos que creo que é de agradecer, a diferenza doutras administracións, por exemplo aquí na estrada autonómica en Lérez, pois resulta, bueno cada ano un par de coches se meten contra unha casa, teñen o gusto alí, collen a curva ben collida, e “bumba” contra a casa, bueno, non houbo maneira que tomaran ningunha medida e cando saltou o concello mandoulla levantar, entón a sensibilidade desta casa nese sentido hai que agradecela, creo que foi positiva, non teño os datos de sinistralidade no viario provincial, pero creo que son bastantes racionais, pero todos os esforzos que fagamos por melloralos, creo que serán poucos, e creo que valerán a pena. E polo tanto pois, remato agradecendo á unanimidade e pedindo que se dea o seguinte paso de ordenar iso e facelo dunha maneira máis ou menos sistemática, andamos en plan normativa e de directivas internas etc…é máis, pero seguramente a forma mellor sería un ordenanza que se queremos, se nos poñemos a iso, eu creo no próximo Pleno podería vir perfectamente, podería vir recollendo que hoxe aprobamos, pero concretando e matizando para que sexa xa un instrumento, vamos, operativo, funcional e que este en vigor. Moitas grazas Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, obviamente, nuestro grupo apoya la moción, simplemente solicitar que como medida urgente para el cumplimiento, se habla de homogenizar los elementos, entendemos que esto, si la normativa es la orden ministerial que regula todas estas cuestiones y que se adapten inmediatamente los que están instalados en toda la provincia a este tipo de normativa. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Bueno, é certo que neste sentido, o que dicía o Sr. Mosquera, os cidadáns demandarán o mesmo, primeiro no concepto de seguridade viaria, naqueles puntos negros ou puntos difíciles que lle poidan afectar, sobre todo a viandantes e ás persoas, creo que facer un informe exhaustivo e despois poñer en marcha accións que conleven á modificación deses puntos negros, refírome na rede viaria provincial que son de 2000 km, pois creo que sería o máis factible. Agora mesmo estase actuando en base a un plan de estradas feito uns anos atrás para que dalgunha maneira melloremos nese aspecto, pero bueno, todo o que sexa neste ámbito, creo que ben vido sexa, e así o manifestarán os cidadáns. Tamén hai unha reclamación ou unha mellora de coordinación, que nos demandan os cidadáns, en relación do tema dos pasos elevados famosos, que algún, como dicía o Sr. Mosquera, que puido pasar nalgún concello ou que se colocou algún onde o primeiro día o que se encontrou con el, deixou medio coche alí, entón é certo que dicía o Sr. Muradas que debe de haber unha regulación ministerial ó respecto, pero se fixo agora unha última, pero aínda así, eu creo que non quedou suficientemente claro, e si por parte dos cidadáns estanse enviando de maneira sistemática, pois a colocación deste tipo de medidas de seguridade, que plantexan unha queixa que aínda onte, transportistas me trasladaban, de que claro, cando pasa algún camión ou vehículo pesado con mercancía en certa maneira, pois que corre risco de poder romperse, pois cando se encontra algo diso, vamos o condutor do camión, pois, vólvese tolo, bueno, existe tamén, por outro lado, unha demanda dos cidadáns, de que exista unha coordinación clara onde se deben poñer, onde non, e polo tanto, creo que neso aínda hai que avanzar e explicarlle ben ós cidadáns que o que hai que facer nese sentido, eu digo, como engadido a este tema da visibilidade viaria no cal pois, como compromiso debemos traballar todos, e se é incluso desta maneira pois, a verdade é que mellor que mellor. Bueno, de todas maneiras coñece ben este tema o Vicepresidente o Sr. Crespo, en relación ás actuacións que estamos acometendo na rede viaria e as que poidamos acometer, e se son de maneira conxunta consensúada, pois ó final creo que será bo para todos, porque iremos a aqueles puntos onde dalgunha maneira poidamos mellorar substancialmente, pois a mellora, sendo reiterativa da seguridade vial, que en definitiva é darlle seguridade ós cidadáns que por alí pasan. Polo tanto doulle a palabra xa ó Sr. Vicepresidente o Sr. Crespo, en relación, precisamente, a esta moción importante que vamos a intentar aprobar os tres grupos políticos. Ten a palabra o Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Hola de novo. Dicir que con respecto a esta moción estamos de acordo os tres grupos, en principio así o manifestamos asinándoa conxuntamente, e o que non cabe dúbida é que o punto primeiro, que é que a Deputación fará un inventario de puntos negros da rede provincial de estradas, iso non cabe dúbida, que se debe de facer coa máxima urxencia para intentar eliminalos o antes posible, moitos deles xa son coñecidos e outros aínda non se coñecen actualmente, do que se trataría un pouquiños de intentar darlle prioridade para poder solucionalos nalgún caso, pois, facendo algún tipo de actuacións, e noutras outra cousa totalmente distinto, en todo caso o que é importante é que o fagamos o antes posible. Con respecto ó punto 2, a verdade é que os concellos, a administración local en xeral, somos un pouco reinos de taifas, no sentido de que cada concello vai facendo segundo lle parece, ese é un problema que hai non en todo Galicia, senón en toda España, e observase en todo o que ten que ver con tráfico rodado, tanto na parte dos cascos urbanos, como os que temos despois un amplo rural, e incluso nas propias circunvalacións das propias vilas, das propias cidades, onde cada un ten …, cada maestrillo dá a sensación de que ten o propio librillo, por iso vemos pasos de peóns, uns pintados de vermello e branco e outros, como é o noso caso, de azul e branco, por aquilo da bandeira galega, outros tal …, e tráfico o que di que os legais son soamente brancos sobre fondo negro, no que o caso de que o fondo sexa asfalto, ¿que ocorre?. Que a verdade é que hai unha pequena, realmente alí temos un problema nos concellos, e é que cando xurde algunha complicación e hai algún accidente grave, as responsabilidades que poidan derivar de alí, non sabemos nin sequera onde poden chegar, tamén depende logo de cada xuíz, porque non hai sentenzas iguais moitas veces, senón que depende de cada caso particular en concreto, pero o que si que é certo é que os concellos, como facemos un pouquiño o que nos da gana nese eido, porque non temos claro o que hai que facer, que é a verdade, iso diríano a maioría dos alcaldes, vemos que non hai uniformidade, e ti vas aquí en Galicia, e os pasos elevados son de distintas maneiras, a pintura dos mesmos son de distintas maneiras, incluso a sinalización vertical, algunha cumpre cos parámetros que en teoría están fixados. Outra cada concello fai a súa propia normativa, pon un panel que non cumpre por luminoso, cunhas letras que aí resaltan de maneira que chaman a atención, me refiro é que non hai, non está regulado no concello, normalmente iso o fai sen ordenanza correspondente. En definitiva, que alí temos unha lagoa que debíamos tratar de poñerlle veto, e eu comentaba o outro día con Cesáreo Mosquera, da necesidade de que puidera esta casa, intentar coordinar unha ferramenta que nos valera ós concellos que queiramos ou os concellos que queiran, para poder facer un ordenanza específica, de cómo temos que tratar unhas recomendacións específicas, incluso ordenanzas, tipo de cómo temos que tratar para intentar homoxeneizar, polo menos a nivel provincial, este tipo de actuacións, o ideal sería que fose a nivel autonómico, incluso habería que ver máis, a Deputación que está preparando a semana europea da mobilidade, eu creo que incluso habería que propoñerlle á Xunta de Galicia que este tema, que fora tratado dun xeito global en toda Galicia, porque senón pois, vas ó Morrazo e tes unha sinalización dunha maneira e vas a Ribeira e tela por exemplo doutra totalmente distinta. Quere dicir, que a idea coa que xogamos e que en principio estamos todos de acordo, é tratar de homoxeneizar primeiro o que hai que facer, facer a correspondente … para poder documentalo, e ter cubertas as espaldas dende o punto de vista legal, porque agora mesmo os concellos nalgunha situación concreta estamos nunha situación de, por dicilo dalgún xeito, da legalidade. Non é ilegal o que fixemos pero, nós non temos tamén por que cumprir nos cascos urbanos as recomendacións de Tráfico, porque Tráfico, porque Tráfico, as súas, os pasos elevados por exemplo que fai, se os fas coa normativa deles pois ás veces teñen máis impacto que mesmo os que facemos nós, nós ó mellor facémolos máis altos, pero se fas a rampla menos pronunciada pois ten menos impacto sobre o coche que tendo menos alto, pero tendo menos ángulo de ataque, menos rampla, perdón, co cal eu creo que como Tráfico, basicamente, como Ministerio, perdón, como o Ministerio ten que actuar nas vías que non son urbanas, aínda que hai algunhas aínda urbanas que son de propiedade do Ministerio, pero xa as menos, porque foron practicamente, estanas cedendo en todos os sitios, eu creo que o ideal sería que, como nós non debemos ter o mesmo tratamento que as vías que non son urbanas, nas vías urbanas que tivéramos unha uniformidade, unha uniformidade, que podemos acordala aquí nesta casa para recomendarlle ós concellos da provincia de Pontevedra, e que loxicamente debería ser extensiva ó resto de Galicia, incluso, loxicamente, pois nunha comisión onde tamén estivera a Xunta, que puidera participar neste debate, e as catro Deputacións. ¿Por que non?. Porque temos realmente un problema aí os concellos, e que non nos foi a máis porque normalmente por sorte sole haber poucas reclamacións, porque cando hai un accidente nun paso de peóns, que segundo a normativa de Tráfico, perdón, segundo a normativa de Fomento non cumpre, pero se a carretera non é de Fomento hai responsabilidade do concello, pois o concello ten potestade para facela, pero a verdade é que debería telo regulado nunha ordenanza, que non o temos. En definitiva, que eu creo que é positiva esta moción, tratar de unificar, porque senón dá a sensación, como digo, parecemos reinos de taifas. E logo, nesta semana, aproveitando a semana europea da mobilidade, habería que plantexar unha coordinación a nivel global de toda Galicia, para que esa recomendación fora uniforme, e sobre todo que houbera quen puidera, digamos, que o tiveramos claro, se o tiveramos claro as catro Deputacións e a Xunta, pois, xunto cos concellos, e aí podería intervir tamén a FEGAMP, facer unha normativa autonómica propia, que dixera como habería que facer e que quedara meridianamente claro como hai que facer nos cascos urbanos, como hai que facer nos núcleos rurais, que non hai casco urbano, incluso dependendo do núcleo rural, non é o mesmo o núcleo rural tradicional ou o núcleo rural que se formou, que non é tradicional, que é de última xeración. En definitiva, poder ter unha serie de documentación que agora mesmo carecemos dela, que nos valga para, en primeiro lugar, aportarlle ó cidadán unha, e ós que utilizan a cidade e as vilas, as mellores garantías para poder andar por ela; en segundo lugar, aportarlle ós concellos documentación suficiente para ter claro o que hai que facer en cada caso, e logo, un pouco tamén aí a culpa temos que recoñecer que é dos alcaldes, porque ás veces tamén nos gusta, en cada zona, por aquilo de tratar de non ser igual ó do lado, a ver se podo facer algo distinto, e iso ás veces crea certamente conflitos e non debería ser, pero iso acótase facilmente, chegando a un acordo, se é posible unánime, que eu creo que non hai ningún problema, porque senón algún concello cando teña algún problema grave, ben nunha pista rural, ben nunha estrada dun núcleo rural, ben no propio casco urbano, pois pode ter complicacións importantes, dende o punto de vista xurídico, se hai accidentes graves. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Crespo. Hai un Deputado e máis alcalde que tamén quixera facer unha achega neste sentido, en relación precisamente ó que estamos comentando, que ten a palabra, D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moitas gracias Presidente. Perdón pola intromisión, porque a verdade é que as cousas, este é un tema pactado cos portavoces, eu simplemente quixera mostrar, e creo que se podía incorporar, porque aquí estamos falando de medidas físicas, ¿non?, e creo que nos falta outra parte importante. Recordar que loxicamente a seguridade vial depende de cómo estea a carretera, a sinalización e demais, pero tamén da actitude do condutor e do peatón dentro dunha educación vial que posiblemente nos falte, ¿non?. Eu pediría á comisión, a este grupo que se forme, que tamén tivera en conta a posibilidade de incorporar ó plantexamento non só as medidas de mellora física das carreteras, que creo que si que temos que mellorar aínda bastante, senón que se puidera plantexar dende a Deputación, pero podía unir ós concellos, á Xunta, e incluso á Dirección Xeral de Tráfico, para facer campañas informativas e de formación. Porque para min, neste momento que melloramos nalgún aspecto, se seguen atropelando peatóns, e moitas veces é porque a actitude, con pasos sobre elevados, cunha serie de facilidades, estamos dando tamén a visión de que o peatón pode cruzar polos pasos cando máis ou menos crea, falando polo móvil, falando con outra xente e tal, e creo que hai que transmitirlle, posiblemente a Deputación cos concellos, teña unha posibilidade grande, utilizando as policías locais para que fagan ese tipo de charlas, e poder completar iso, non só medidas físicas senón tamén de educación vial, por suposto dos condutores, pero tamén dos peatóns. Recordar que agora un paso sobre elevado é o que dá maior accesibilidade para cruzar unha carretera, pero se un coche se acerca a ese paso de peóns, cruza o paso a unha velocidade de 40 quilómetros/hora, se o peón non ten unha visión clara dese vehículo, pode haber un atropello grave con incluso falecemento. Entón, me parece que nesa comisión podía ser interesante que se tivera tamén presente a formación e a difusión de medidas de seguridade para os peóns. Moitas gracias e desculpen. Sr. Presidente.- Moitas gracias alcalde, por esa achega, tamén, que eu creo que dalgunha maneira enriquece a problemática que estamos a debater, e que nos debe levar a unha solución ampla a este tema e o cal tamén pode favorecer, claro está, o labor dos concellos. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, eu creo que o tema está, polas intervencións, bastante ben enfocado, se hai algún sesgo na intervención do Sr. Crespo é que parece que se está centrando nos lombos e nas características físicas dos lombos. Bueno, por algún problema, é dicir, mire, que pasaría, se nun vial, daqueles da pista de concentración parcelaria, que non teña ningún sinal, hai un atropello a 90 ou a 110, e reclama o accidentado, a vítima reclama ó xuíz de que o concello foi neglixente por non poñer un sinal porque o código lle permite ir a 110, porque tamén podía haber un puro por iso, perfectamente podía habelo, non, non, léase o código, artigo 48, léase o regulamento xeral de circulación, artigo 48. Entón, vivir no perigo de que calquera, iso vámolo vivir de calquera maneira, pero a cuestión dos, do reino de taifas é unha media verdade, hai algo de certo, pero tamén hai unha cuestión, nunca, ningunha administración no mundo supra municipal se atreveu a facer unhas normas xenéricas de urbanización dos viais, nunca, que teña constancia. ¿Por que?. Porque a situación é tan complexa, tan variada, tan vario pinta, tan incluso de usos sociais, que é imposible a normativa, como máximo hai recomendacións. ¿Por que as hai?. ¿Por qué o Ministerio de Fomento non se atreveu a meter iso en vías urbanas?. Porque sabe que choca frontalmente coa realidade. ¿Por que nunca houbo esas recomendacións?. Porque chocan frontalmente coa realidade. Entón, como cada, un concello pode ter o viario moi estreito, moi pendente, menos pendente, que teña máis carca, que teña menos, teña, querer facer unha plataforma que igual non lle chega nin medio metro e tal, hai todo o que se queira, todo o que se queira. Entón, non hai máis remedio que que haxa unhas directrices, unhas, digamos, normas, recomendacións, criterios, agora intentar iso poñelo e tal, porque por exemplo, tal como está a lexislación de circulación, un bordillo é un obstáculo e podían denunciarte por iso, ningún xuíz te vai a sancionar porque haxa un bordillo ó lado dunha beirarrúa urbana, ó lado da calzada, non hai quen o regule. Entón, o que si debe haber son uns criterios e unha experiencia que se recolla para as boas prácticas, para actuar ben, entón, por exemplo, o que di o Sr. Presidente dos lombos, o problema do lombo é que, que bueno, os lombos por definición serven para unha cousa, para que cando un vehículo que xa reduciu a velocidade por outros motivos a manteña, se se usan para outra cousa é cando pasa iso. Ben, eu creo que non vale a pena seguir con esta disquisición técnica, ou sexa, se un vehículo sae dunha glorieta e xa vai amodo, e tes un lombiño, quieto parado, vale, se vai a 100 e de repente se traga o lombo porque, porque se tragou o sinal, bueno, a castaña é fina. Entón, por iso sempre a definición é, débese usar para manter a velocidade unha vez que se reduce por outras vías, non reducila á brava polo propio lombo. Ben, iso leva unha serie de cousas, pero bueno, eu creo que iso estamos xa falando de cousas de matiz, do que debía ir na ordenanza como criterios e como definición dese tipo, e esa discusión de se ten que cumprir un centímetro para aquí ou para alá é absurda, en medio urbano é absurda, nunca se chegará a ningunha conclusión, senón ó tempo, nos podemos sentar toda a vida e veremos como non se vai chegar a ningunha conclusión. Ben, eu creo que non ten moito sentido meternos neses matices técnicos, pero que si que son importantes, son moi importantes e empeza a haber, o que dixen antes, é dicir, a base de facer as cousas regular, mal ou ben, xa hai un bagaxe de experiencia como para facer algo medianamente decente. Que mañá hai unha coordinación galega, hai unha coordinación estatal, europea, e hai que cambiala, bueno, pero agora collamos as mellores prácticas, collemos as mellores experiencias, o que pode funcionar, o que pode máis ou menos facer previsible, non hai que facer todo o mundo o mesmo pero si ser previsible, ou sexa, que se un condutor vai a unha velocidade circunstancial, isto é igual que aquilo, máis ou menos vaime funcionar igual, entón que sexa previsible e demais, e facelo dunha maneira que non haxa sorpresas e demais. Iso eu creo que é o que vai a mellorar e demais, pero bueno, repito, eu creo que é un bo paso o que estamos dando e agardemos que o poidamos afinar, pois, no próximo Pleno ou no seguinte, a través dunha ordenanza, como dixen antes xa hai un borrador que recolle, todo o que estamos falando aquí máis ou menos o recolle, máis ou menos recólleo, está recollido alí, pero bueno, evidentemente aínda están en fase de, vamos, de matices e de elaboración. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, eu creo que como vostede ben dicía é un paso importante, outra cousa é agora pois poñer en marcha ese informe que nos detalle en cada caso, e ver incluso a nosa corresponsabilidade neste tema, e que tamén podemos trasladar, porque somos unha, nunca mellor dito, unha correa de transmisión para os concellos, e creo que tamén no que é o noso apartado de traballo, tamén se lle pode trasladar, como dicía o alcalde de Baiona, para que os concellos poidan ter neste ámbito unha regulación que lles permita pois seguir os pasos, e que non exista, pois iso, un reino de taifas, como vostede ben dicía, e polo tanto lograr ese obxectivo, aínda que sexa pioneiro ademais na provincia de Pontevedra, neste ámbito. Pero ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu creo que no que importa estamos de acordo, a moción foi plantexada dunha forma conxunta, e creo que nós a idea é clara, o que non cabe dúbida é que tal e como están os plantexamentos actuais hai indefensión para os concellos, se realmente ocorre algo nalgunha, nalgún viario, pola sinalización que temos, por non ter unha regulación perfectamente definida, e logo algúns concellos que optamos por tirar pola rúa do medio, e o que dicía D. Cesáreo Mosquera, que no rural se pode circular nunha vía forestal a 90 por hora, é certo, nós, por exemplo, tomamos un acordo no meu concello, hai moitos anos, dicindo que como é un concello con moito gando vacún e que o gando vacún anda solto polas pistas do rural, que nas pistas do rural non se pode andar a máis de 40 por hora. Pero eu sei, que ese acordo que tomamos, ese acordo que tomamos, que en teoría vai para o rural, é un pouco papel mollado, porque teríamos que ter en cada unha das 300 vías que teño unha sinalización de 40 por hora, que non a hai, que non a hai, e nas forestais aínda menos, nalgunha que si pasan moi rápido de vez en cando os veciños pídenche un sinal, e si nalgunha pois hai un sinal de limitación de velocidade; algunha que ten así un ancho razoable, pero o que non cabe dúbida é que efectivamente, aí coincido totalmente, temos un problema, que temos que intentar arreglar. En todo caso son partidario, se antes dixen, me estendín demasiado no …, non é a miña intención, senón que nós debemos facer unhas recomendacións das boas prácticas, e o que en definitiva pretendemos, o que debemos pretender, sen ánimo de impoñerlle nada a ningún concello, é que poidamos polo menos dicir cando facemos unha ordenanza no concello, pois que temos un respaldo polo menos de consenso, aínda que efectivamente nadie regulou, nadie que teña que regular, porque tampouco eu non teño tan claro que tivera que ser Fomento quen tivera que regular todas as vías de todos os tipos. En todo caso aí tamén hai un valeiro legal, que eu creo que, polo menos con esta Comisión que fagamos, para preparar esas xornadas, eu creo que podíamos intentar tamén crear algún órgano, digamos de arbitraxe ou de coordinación, para que puidera valer para os concellos que teñen características similares. Non é o mesmo, probablemente, un concello que ande co gando vacún solto pola rúa, polas vías rurais, polos núcleos rurais, basicamente, polas pistas rurais, que outro concello pois que non teña gando, que ten unha problemática razoablemente distinta. Entón, tendo en conta as particularidades de cada un dos concellos, de cada área, máis que dos concellos, de cada área, pois intentar poñer, ter unha ferramenta que nos poida valer para todos os concellos, e sobre todo que poidamos telo claro dende o punto de vista de salvagardar os intereses municipais, que agora mesmo, por desgraza, ás veces cando a culpa é de moitos, un dos que lle toca case sempre apandar con ela é, normalmente é o concello, é dicir, cando hai dúbidas de quen é a responsabilidade dalgunha cousa, hai moitas posibilidades de que ó final a responsabilidade subsidiaria termine sendo do concello. Non sei se porque ó mellor pensan que temos moitos recursos económicos, que non é o caso, ou polo que é, pero ás veces, cando hai dúbidas, vense algún tipo de sentencias, que realmente, pois, os concellos non saímos moi ben parados, non porque haxa ningunha animosidade, quero pensar, contra eles, nin moito menos, senón que en caso de dúbida parece que a administración sempre é a que ten máis fuelle e a que máis pode aguantar co problema. E nese aspecto, pois eu creo, que debemos intentar ter o máis claro posible, ter ó mellor as ferramentas para poder poñelo en marcha. Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Crespo. Pois creo que nesa liña e nesa consideración debemos traballar, e polo tanto ese vai ser precisamente o noso compromiso, coa colaboración ademais dos dous grupos políticos que conformamos a corporación provincial, na achega do que dalgunha maneira poidan trasladar tamén, para incorporar a esta moción e a este traballo, que se vai facer a partir do que hoxe aprobamos. Polo tanto, procedemos á aprobación desta moción conxunta dos grupos provincias do Partido Popular, Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, para que a Deputación Provincial adopte medidas encamiñadas á mellora da seguridade viaria, que como digo, será evidentemente para estradas provinciais, pero que poida tamén servir incluso de referencia para os municipios da nosa provincia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a Moción conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG) para que a Deputación Provincial adopte medidas encamiñadas á mellora da seguridade viaria. Dita Moción é como segue: “Os grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), ó abeiro da lexislación vixente, presentan diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción conxunta relativa á mellora da seguridade viaria. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A seguridade viaria consiste na prevención de accidentes de tráfico ou a minimización dos seus efectos, especialmente para a vida e a saúde das persoas, cando teña lugar un feito non desexado de tránsito. Refírese tamén ás tecnoloxías empregadas para o devandito fin en calquera vehículo e ó nivel axeitado das infraestruturas polas que discorre o tráfico terrestre. 2.- As condicións materiais das estradas, as normas reguladoras do tráfico e a responsabilidade dos usuarios da vía pública, compoñen os principais puntos na seguridade vial. Sen a moderación das condutas humanas e sen unha axeitada organización por parte das institucións públicas, responsables das estradas, non é posible lograr un óptimo resultado en canto á seguridade vial. Polas anteditas razóns, os tres grupos políticos na Deputación Provincial (PP, PSdeG-PSOE e BNG) presentan esta moción conxunta diante do Pleno da Corporación Provincial para a súa consideración e para que se adopte o seguinte ACORDO: 1.- A Deputación Provincial realizará un inventario de puntos negros da Rede Provincial de Estradas -cruces, curvas, estreitamentos, cambios de rasante, etc.-, e un programa de actuacións para eliminalos, empezando á maior brevidade posible polos xa detectados e coñecidos. Con este fin, adicaranse os fondos oportunos dentro da partida consignada para as Estradas Provinciais. 2.- A Deputación Provincial implantará as medidas oportunas para calmar o tráfico -pasos elevados, badéns, etc., nos tramos urbanos ou de núcleo rural da rede provincial de estradas, impulsándoas de xeito sistemático previo acordo cos concellos polos que discorren as vías. Con este fin, elaborará unha serie de recomendacións e instrucións técnicas para as redes viarias dependentes dos concellos da provincia tentando homoxeneizar as actuacións pois, na actualidade, hai diverxencias entre as solucións municipais e as provinciais que se deben corrixir. 3.- A Deputación Provincial preparará, coa suficiente antelación, a participación da institución provincial na XI Semana Europea da Mobilidade que se celebrará, como cada ano, na terceira semana de setembro de 2011, e impulsará e coordinará a participación dos concellos da provincia nela. En Pontevedra, a 27 de decembro de 2010. Asinado: Xosé Crespo Iglesias Portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular Juan Muradas Ramos Portavoz do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE Cesáreo Mosquera Lorenzo Portavoz do Grupo Provincial do BNG” 7.6032.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE UNHA POSIBLE NOVA UBICACIÓN DA POUSADA QUE SE PRETENDE CONSTRUÍR NA LANZADA Sr. Presidente.- Punto número 7. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre unha posible nova ubicación da Pousada que se pretende construír na Lanzada, no Centro de Vacacións da Lanzada. Bueno, esta é unha moción presentada polo grupo provincial do Partido Socialista, en nome de Juan Luciano Otero Besada, en relación como dicía a que se busque unha nova ubicación da Pousada que se pretende construír na Lanzada. ¿Quérea ler vostede?. Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- Gracias, Presidente. Bos días a todos. Antes de tomar unha determinación sobre a moción presentada por escrito, quería facer unha consideración sobre as pousadas e concretamente sobre esta da Lanzada, eu penso que é, vostedes empezaron, este tema das Pousadas empezáronas polo tellado, todo o mundo sabe que para facer calquera tipo de edificación hai que ter o terreo, facer o proxecto, pedir a licenza e despois facer a Pousada, vostedes empezáronas polo tellado. Dáme a impresión de que son un reflexo daquela frase tan famosa de “ti vai facendo e despois xa veremos como queda a cousa”. Vostedes cansáronse de poñer nas memorias, e a filosofía destas Pousadas era que era para zonas rurais, en todos os informes que se fan para pedir os fondos FEDER, fan para competir, é curioso, din concretamente que é para competir co turismo de sol e praia, e non ten moita lóxica, se se compite co turismo de sol e praia, facer unha Pousada na Lanzada, diante da praia máis importante da nosa provincia ou polo menos da Comarca do Salnés. Non ten moita lóxica. Si ten lóxica que se fagan en Meaño, en Meis ou en Ribadumia, non tiña lóxica a de Vilanova, que non foron capaces de facela, e ó final vanse a empeñar en facer a da Lanzada que non ten razón de ser. Eu sei, que onte vostede reuniuse con veciños do Grove, alégrome de que se reunira con eles, que estivera tres horas, que ata que os invitara a comer, paréceme moi ben, pero en realidade vostede con quen ten que tomar os acordos, e o representante legal dos veciños do Grove, é co seu alcalde, o seu alcalde, gústelle ou non, é o representante dos veciños, e calquera acordo que se teña que ter co pobo do Grove debería ser a través do seu alcalde. Estas manipulacións a vostede vanlle moi ben Sr. Louzán, xa o sei, faino sobre todo cando non goberna o seu partido neses concellos. O que me fai gracia, ademais é que o acordo principal co que vostede chegou onte cos veciños, é algo que lle ten proposto o alcalde do Grove na única reunión que lle concedeu nestes tres anos e medio de lexislatura, paréceme moi ben, pero recoñeza que isto estaba pedido con anterioridade. E o alcalde pediulle no seu día, facer un centro de formación regrada de hostalería e turismo, que é o que agora parece ser que se comprometeu cos veciños. Antes de seguir adiante coa moción ou retirala, eu quería facerlle unha pregunta Sr. Louzán, e gustaríame que me contestase. ¿Comprométese vostede a cumprir o acordo asinado no día de onte cos veciños do Grove?. Se me contesta a esta pregunta a continuación digo o que faremos coa moción. Sr. Presidente.- ¿Ten algo máis que dicir?. Sr. Otero Besada.- Si, agradézolle que me conteste se vostede se compromete a … Sr. Presidente.- Eu lle contestarei cando faga toda a exposición de motivos que vostede quere facer en relación á moción. Sr. Otero Besada.- A ver, antes de seguir ou retirar a moción que teño presentada fágolle unha pregunta, ¿vostede comprométese a facer este acordo que firmou cos veciños do Grove?. Se me contesta, segundo me conteste continuo ou non. Sr. Presidente.- ¿Pero ten algo máis que dicir ó respecto?. Sr. Otero Besada.- Se me di si ou non, direille o que corresponda, retirarei a moción ou seguirei con ela adiante. Sr. Presidente.- Non, bueno, é que a moción, eu non sei se vostede a leu, bueno, lería nos distintos xornais o que nós acordamos, e o que vostedes plantexan é algo distinto ó que nós acordamos no día de onte, porque vostedes levan bastante tempo desubicados, ou sexa, falan dunha nova ubicación, porque vostedes exactamente levan bastante tempo desubicados, e cada día vexo que están peor ubicados, entón, quere dicir, que non ten nada que ver o acordo que eu adoptei coa colaboración dos veciños … Sr. Otero Besada.- Por favor. Sr. Presidente.- Por favor non, agora estou eu no uso da palabra, xa que vostede me pregunta eu debo contestarlle, entón a moción que vostede presenta non ten nada que ver, ou o seu grupo, o Partido Socialista, evidentemente co acordo que no día de onte, adoptouse precisamente aquí na Deputación de Pontevedra, coa colaboración, hai que dicilo, precisamente dos veciños do Grove. E é evidente que, … Sr. Otero Besada.- A moción é miña e teño eu a palabra Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Señor. Sr. Otero Besada.- Ou contéstame ou déixeme terminar. Sr. Presidente.- Pois termine, termine. Sr. Otero Besada.- ¿Vostede vaime a contestar se vai a cumprir este acordo?. Sr. Presidente.- Si, por suposto, pero termine primeiro. Sr. Otero Besada.- Mire vostede, Sr. Louzán, o acordo que vostede fixo onte, contradícese con todo o que levan feito, con todo. E eu quero saber se na de Ribadumia, na de Meaño e na de Meis, tamén se vai facer baixo xestión da Deputación. ¿Tamén se vai facer?. ¿Cómo fan a facer vostedes cos fondos FEDER, onde están dicindo que o van a dar a contratar a unha empresa privada?. Eu dígolle unha cousa, voulle ler o acordo, xa que non me quere contestar, voulle ler o acordo e logo contéstame, o acordo ó que vostedes chegaron di: Continuar con el desarrollo del proyecto de Pousadas do Salnés, para la construcción de la Pousada del Centro de Vacaciones de la Lanzada, bajo gestión de la Diputación, que acogería el centro de formación reglada de Hostelería y Turismo, todo ello teniendo en cuenta la aprobación de la Xunta de Galicia. Que se continuarán potenciando los campamentos de La Lanzada, que se vienen desarrollando en estas instalaciones durante los meses de verano y estudiando la posibilidad de llevar a cabo la ampliación del número de plazas en el futuro. E tercero, que se siga desarrollando el actual Obradoiro de emprego de Hostelería y se inste a la Xunta de Galicia a lograr que la construcción de la Pousada sea gestionada con destino a la creación de un Centro de formación reglado para las personas que trabajen en la misma, pudiendo esta, suplir al actual Obradoiro de emprego que viene funcionando los últimos cinco años con la finalidad de la creación de una Pousada, centro de formación reglada en Hostelería y Turismo, todo ello en convenio de colaboración con la Xunta de Galicia y la Diputación de Pontevedra. Se vostede aquí, Sr. Louzán, a todo isto, me recoñece que vai cumprir todo isto, eu retiro a miña moción. Iso é o que lle pregunto. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Terminou a súa exposición. Moitas gracias Sr. Otero. Bueno, dicirlle que evidentemente se os veciños do Grove estiveron falando co Partido Socialista, probablemente dubidarían moito, pero como están falando evidentemente con persoas que nos comprometemos e somos serias e rigorosas, non evidentemente como outros que habitualmente utilizan a mentira como hábito, forma de funcionar a diario, pois probablemente non se fiarían, non o dubido, porque vostedes, evidentemente son eses que habitualmente, vamos, o que é a mentira é a palabra diaria, é o que vostedes fan, non, pero no caso noso, vamos a cumprir exactamente iso que nos comprometemos no día de onte, por iso vostedes no plantexamento que fan, era de utilización política deste tema, porque non pretenden outra cousa. Os veciños do Grove, neste caso o que si pretenden é que dalgunha maneira siga funcionando este Obradoiro, que por certo, que hai que explicalo, llo explicaba onte ós veciños do Grove, é un Obradoiro que leva 5 anos funcionando, pero que é un Obradoiro que aparece hoxe e mañá pode desaparecer, porque ten fondos europeos, e polo tanto non é nada regrado, e eu sei que se confunde este termo entre a cidadanía, porque é normal que se confunda, creo que se está dando neste sentido, unha magnifica labor, porque alí se están formando, bueno, pois, de maneira inicial, moitos profesionais que traballan na hostalería, na restauración, non só no Grove, porque os alumnos que hai alí son do Grove, de toda a comarca, incluso da provincia de Pontevedra, e polo tanto o servizo que se está dando é extraordinario. Vostede dicía ó principio, que o proxecto Pousadas, o que pasa que ten pouca memoria, o proxecto Pousadas que naceu polo tellado. Mire, este proxecto Pousadas nace porque un goberno socialista de Madrid lle eliminou 40 millóns de euros á Deputación de Pontevedra ó substituír o Programa Operativo Local, que se chamaba o POL, retiráronlle 40 millóns de euros de financiamento á Deputación, que ían destinados ós concellos da provincia de Pontevedra. A raíz diso, ante unha convocatoria que fai neste caso o Ministerio de Administracións Públicas, pon en marcha, pon en marcha unha liña de axudas, unha liña de subvencións, por parte, neste caso, do Ministerio con fondos europeos. A Deputación de Pontevedra presenta 27 proxectos, 27, dos cales se aprobaron 2, se aprobaron 2, aprobouse 1 que por iniciativa desta casa estamos dando cobertura a 55 municipios da provincia de Pontevedra, que están tendo xa dende agora mesmo acceso a internet, que non o terían evidentemente, sen un proxecto desta envergadura, presentado pola Deputación de Pontevedra, e despois, dalgunha maneira danos este outro proxecto que entenderon, quen nolo dou, que neste caso foi unha comisión que ten o Ministerio de Administracións Públicas en Madrid, do Goberno Socialista, e nos dou este proxecto, polo tanto é financiado por acordo, precisamente este proxecto Pousadas, por acordo de compañeiros do partido seu, que son quen deron o ok. ó proxecto. É evidente que vostede como descoñece esta mecánica, pois que é un proxecto non fácil de executar, non fácil de executar, non fácil porque hai que buscar practicamente 4 ubicacións, que teñen que ter cada unha delas, neste caso 10.000 metros cadrados, cada unha delas, e ser terreos aptos para poder construír, para poder construír este tipo de instalacións. Por iso que non é un proxecto, evidentemente nada, nada fácil, sen embargo os que nolo deron pensaban que non o íamos levar adiante, pero sen embargo toparon con nós, e saben que non perderemos nin un só euro de fondos comunitarios, que dalgunha maneira lle pertenzan á provincia de Pontevedra. E así buscamos solucións. A maiores disto isto, é un proxecto que non compite con ninguén, un proxecto de ámbito social innovador, non só en Galicia senón fóra de Galicia, porque nace para persoas en principio, para persoas que teñen problemas de mobilidade e problemas de discapacidade, cuestión importante, agora mesmo non hai ningunha instalación en toda Galicia, que vaia a reunir como reúnen estas catro, que todos os seus apartados, todos os seus espazos van a ser accesibles 100% para persoas con minusvalía e persoas con problemas de mobilidade, independentemente de que iso poida ser adaptado tamén, e que poida ser accesible, que non cause un impacto, para que se poidan utilizar este tipo de instalacións por outras persoas, porque o que hai que facer cando se inviste diñeiro público, é facer instalacións rendibles e rentables, e iso é precisamente do que se trata. A maiores disto, situámonos precisamente con esta actuación, nos situamos nun segmento de mercado no ámbito turístico que non existe en Galicia e que neste caso en España hai tres millóns de persoas que teñen problemas de discapacidade e problemas de mobilidade, e que a partir de agora en Galicia, en Pontevedra, no Salnés, van a ter unha posibilidade, precisamente de ter igualdade de oportunidades como temos os demais, para situarnos en emprazamentos con espazos totalmente accesibles e espazos, evidentemente cunhas calidades que ata o de agora non se tiñan. Por iso que ese é precisamente o fin último deste asunto. En relación ó tema do concello do Grove, como comprenderá nós temos autonomía para tomar a decisión daqueles proxectos que nos interesen, nós non temos que tomar ningunha decisión co concello do Grove, aquela é unha instalación neste caso titularidade da Deputación, e que a Deputación pon en marcha, por certo hai moita actividade alí, e cando se nos pide, por parte do concello do Grove, por parte dos veciños ou de calquera colectivo do Grove, as instalacións sempre e cando non estean dentro dos campamentos que están regulados, pois se lle deixaron sempre, se lle deixaron sempre, utilización de cociñas, en relación ó tema da festa do marisco, utilización para os colectivos do Grove, etc., etc. E é máis, os campamentos da Lanzada que están funcionando alí para toda a provincia, empezamos no ano 2004 con 400 cativos nos meses de xullo e agosto e pasamos neste ano, ano 2010, a ter 2000 cativos e cativas da provincia de Pontevedra, que estiveron alí durante unha semana no centro de vacacións da Lanzada. Polo tanto, nós mesmos somos evidentemente, como recordaban os colectivos reunidos onte comigo, que estamos xa potenciando ese centro, e non o estamos potenciando, senón que queremos evidentemente intentar poñer máis número de prazas. Pero neste momento hai que recordar, que probablemente non é moi posible ampliar o número de prazas porque, neste caso o concello do Grove, por culpa dos políticos, por culpa dos políticos, de todos, digo de todos, non ten aínda a día de hoxe un plan xeral, levan prometendo, promete, promete, promete, xa o ían arranxar e non hai plan xeral aínda co fin de que se poña en marcha, evidentemente unha ampliación, non de instalacións fixas, senón de instalacións móbiles que nos permitan ampliar ese número de prazas. Cando esa circunstancia se dea, a Deputación de Pontevedra vai a ampliar, teña por seguro, por suposto, esa posibilidade de poder, en vez de albergar a 2000 cativos, pois dar incluso un aumento a ese número de cativos que por alí pasan. E a maiores, como xa se dixo no escrito, que si acordamos onte, en relación a este tema, vamos a compatibilizar por suposto, o uso desta instalación, precisamente coa creación, pero sempre, evidentemente contando coa colaboración da Xunta de Galicia, porque é quen ten a responsabilidade en materia educativa, para que dalgunha maneira nos permita esta posibilidade. Cuestión que dende xa mesmo, vamos a empezar a negociar precisamente coa Xunta de Galicia e ver a viabilidade precisamente desta importante actuación que se vai acometer. Polo tanto, xa digo, no seu caso, evidentemente tería que retirar a súa moción, porque non se corresponde para nada co que no día de onte se acordou, evidentemente, cos veciños, que teñen, bueno, pois inquietudes e preocupacións neste ámbito e que creo que dalgunha maneira é o importante. En relación á visita que me fixo o alcalde do Grove, teño que dicirlle que o alcalde do Grove nese ámbito non dixo absolutamente nada, o que veu aquí precisamente, foi precisamente para falar de cuestións, unha delas, como vostede non estaba presente, eu si, pois podo dicir o que eu, memoria teño moi boa e ademais tomo zanahoria bastante para que non se me olviden as cousas. E polo tanto, o que lle podo dicir é que o alcalde do Grove veu aquí a falar precisamente de poñer en marcha a construción do campo de herba sintética de Lampáns no Grove, e se dá a circunstancia de que lle dixen ó alcalde, que por suposto que a Deputación financia campos de herba sintética no Grove e onde faga falta; e se dá a circunstancia a maiores, tamén, que a única ubicación que hai no Grove xa foi construída na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra, e queríamos construír precisamente a de Lampáns tamén, e lle dixen, non gastedes diñeiro voso, diñeiro, evidentemente do concello, que o facemos a Deputación. Pero bueno, como é un pouco orgulloso, parece ser, o Sr. Alcalde, pois dixo, bueno, marchou coa idea, eu lle pediría á Sra. Isaura que fora respectuosa, como estamos sendo os demais cando vostedes falan, e polo tanto que escoitara o que estou dicindo, porque é literalmente a verdade, entón díxenlle ó Sr. Alcalde que nós neste caso o que faríamos sen ningún problema, igual que fixemos en todos e cada uno dos concellos da provincia de Pontevedra, onde se actuou por certo, sen ningún tipo de sectarismo e tiveron campo de fútbol de herba sintética todos aqueles concellos, que dalgunha maneira no lo plantexaron. A Deputación estaba disposta a financiar con 500.000 euros esa construción dese campo de herba sintética, pero claro, como se crían, pois que eles podían sacalo adiante, van e gastan diñeiro público, do concello, e máis diñeiro, que lles dou neste caso, o goberno central, se poñen a facer unha obra e a obra está sendo a obra desgraciada posta en marcha polo alcalde e o seu equipo no Grove, obra que levan dous anos con ela, que non son capaces de rematar, que tiveron que despedir á empresa que a iniciou, que agora non saben como saír do entorto en que se meteron, e sen embargo a Deputación ten experiencia niso, porque levamos construído 70 campos, e gracias a Dios, non tivemos ningún problema en ningún campo da provincia de Pontevedra, e máis, íamos a financiar con 500.000 euros a construción dese campo no Grove. E eu lle dixen ó alcalde, que o financiaba a Deputación, pero marchou para alá, e dixo, bueno, vamos a estudalo e tal, marchou para alá e despois tomaron a decisión de que non querían a financiación da Deputación. E esa é literalmente a verdade Sr. Otero, esa é simple e sencillamente a verdade, e neste momento se a Deputación acometera esa mellora no campo, neste caso, de Lampáns, o Grove tería outro campo de herba sintética, que agora mesmo o Grove, precisamente, por desgraza non ten, ¿Por qué non ten?, porque evidentemente os xestores que ten ó fronte do concello son quen son e non son capaces de dar conta do recado, e o problema non é ese, o problema é que esa instalación nace mal e vai acabar mal, se acaba algún día, que non sabemos cando acabará, porque agora mesmo a información que nos consta é que está todo neste momento no xulgado, porque a empresa que despediron, evidentemente, está reclamándolle ó concello que lle pague, e a empresa que queren contratala de novo pois teñen outro lio impresionante. E para iso que é un campo só, nós construímos 70, vostedes 1 só, a xestión do Partido Socialista unha vez máis é maravillosa, espectacular e sobresaliente, e se acaba de comprobar precisamente no Grove. Por iso Sr. Otero, lle pediría que se ubiquen, nunca mellor dito, xa que falan de que non están, a ubicación da Lanzada non é a mellor, que se ubiquen ben, se sitúen no sitio que teñen que situarse, ó lado dos veciños e a partir de aí pois falaremos e levaremos adiante, estea seguro, este proxecto que vai beneficiar ó Grove, vai beneficiar á comarca do Salnés e vai a beneficiar tamén á provincia de Pontevedra, a pesar, xa lle digo, de ser un proxecto non fácil de executar, vostedes evidentemente non serían capaces, pero nós si, porque somos quen de chegar a acordos con xente, con persoas, con institucións, e sobre todo con persoas que queren colaborar para facer cousas polo ben dos cidadáns. ¿Algunha cousa?. Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- Mire, nós claro que nos ubicamos e nos situamos, pero a nós quen nos ubica e quen nos sitúa son os votantes, os nosos votantes e o pobo é quen nos sitúa, e o alcalde do Grove está aí porque o votaron, … Sr. Presidente.- Non, non precisamente por iso, non por iso precisamente. Sr. Otero Besada.- Si, si, porque o votaron. Os concelleiros elíxense e os concelleiros votan ó alcalde, e un alcalde democrático elixido por todos. O PXOM, que está sen facer, vostedes estiveron oito ou doce anos para facelo e non fixeron, que é fácil, que non é fácil de ubicar as Pousadas, xa o sabían dende un principio, pero hai que facelo antes, non hai que facelos proxectos, non hai que …, hai que facelo antes. Vostedes sabían que, vostedes foron os que propuxeron facer os 10.000 metros, e logo fano con 7, comprando terreos e facendo acordos á Deputación coa igrexa, non o concello de Ribadumia. A normativa sobre mobilidade, todas as comunidades autónomas teñen normativa sobre mobilidade, non van a inventar nada coa mobilidade nas Pousadas, non van a inventar nada. Mire, Sr. Louzán, o alcalde propúxolle aquí a vostede a Escola Regrada de Hostalería, e lea a prensa do día seguinte que o di claramente, lea, lea. Non lle digo nada máis, eu retiro a miña moción, queda constancia do acordo que vostedes tomaron, o que eu acabo de ler, vostede comprométese a facelo, e nós dende aquí levaremos un seguimento para que se faga. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero. Non, é que eu, vamos, evidentemente, a votar a súa moción, e como emenda, o Partido Popular, neste caso o grupo de goberno desta casa, que espero que conte coa colaboración dos outros grupos políticos, emenda a súa moción e vai a propoñer evidentemente o acordo que no día de onte se chegou cos veciños, porque ese é o mellor compromiso, porque de nada vale o que eu poida dicirlle, aínda que si porque somos persoas de fiar, senón que o mellor, evidentemente é precisamente o acordo ó que se chegou cos veciños que sae refrendado precisamente da corporación provincial. Sr. Otero Besada.- Vólvolle a repetir que retiro a moción, de acordo con que vostede se compromete con isto, e nós vamos a facer un seguimento, non hai que votar ningunha cousa. Sr. Presidente.- Non, non, ¿vostede retira a súa moción?, ¿verdade?. De acordo, entón xa non a votamos, pero dalgunha maneira, como emenda, nós queremos presentar o acordo que no día de onte, para que os veciños poidan comprobar, incluso a maiores, que este acordo non é tomado só polo Presidente da Deputación senón que dalgunha maneira é tomado polo Pleno da Corporación Provincial. Polo tanto, votamos esta emenda de substitución, deste compromiso, que no día de onte se acadaba, e polo tanto pídolle a todos os grupos … ¿Están de acordo?. Sr. Otero Besada.- Que haxa que votar un acordo que vostede tomou onte, pero, ¿onde estamos?, ¿estamos no Pleno da Deputación ou onde estamos?. Sr. Presidente.- Non, Sr. Otero, Sr. Otero, tranquilícese, tranquilícese. Sr. Otero Besada.- Pero vamos a ver, ¿como pretende vostede que votemos un acordo que vostede tomou onte?. Sr. Presidente.- Sr. Otero, tranquilícese, se vostede ten vontade política, aquí hai veciños do Grove, se vostede ten vontade política, eu lle pido que evidentemente, en vez, como a súa moción se retira, evidentemente, que como acordo tomemos aquí o acordo que os veciños do Grove e máis esta Deputación tomaron no día de onte, se vostede o quere o tomamos, se vostede, evidentemente, non quere que dalgunha maneira este documento, pois poida dalgunha maneira ser substitutivo da súa moción, pois é porque o Partido Socialista non ten vontade de que este acordo se tome. Non, non, eu confío, pero eu quero que vostede apoie tamén este tema, eu quero preguntarlle a vostede, ¿vostede tamén apoia este tema ou non?, vostede me preguntou a min, e eu lle digo, ¿queren apoiar este acordo que onte tomamos como emenda para a súa aprobación aquí?. Sr. Otero Besada.- Estamos apoiando isto, está clarisimo, claro que apoiamos. Sr. Presidente.- ¿Apoian vostedes?. Sr. Otero Besada.- Claro que apoiamos. Sr. Presidente.- Ben. Por parte do Bloque Nacionalista Galego, ¿tamén?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Máis que nada gustaríanos saber. Sr. Presidente.- Coñecelo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Efectivamente, era aquilo de que o papel hai que velo, supoño que non haberá maior problema, supoño, pero exactamente os actos de fe fanse, non sei. Sr. Presidente.- Lle pasamos unha copia. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, vale, vale, mirámolo, mirámolo. Sr. Presidente.- Que quede claro entón, que unha vez que vexan agora, por parte do Partido Socialista, se apoia, neste caso, este acordo tomado no día de onte e se substitúe, se retira a súa moción, e se suma precisamente ó que acordamos. Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- Vamos a ver, se eu retiro a moción non hai emenda posible a ningunha moción, vostedes se queren traer este acordo ó próximo Pleno para que se vote, métano no próximo acordo, e se retira a moción, non hai emenda a unha moción que non existe. Sr. Presidente.- Pero Sr. Otero, Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- Que o Secretario o diga, non hai emenda a unha moción. Se vostedes queren presentar unha moción por urxencia, voten a urxencia e voten a moción, pero a emenda á miña moción non existe. Sr. Presidente.- Sr. Otero, pero non se trata, non se trata de querer dalgunha maneira substituír, senón se quere voluntariamente aceptar o que os veciños dalgunha maneira acordaron. Iso, eu o que eu emprazo a vostede, é dicir, bueno, aquí estamos para dar solucións, non estamos para buscar regulamentos, se o regulamento di ou se o regulamento deixa de dicir. Se vostedes teñen vontade, pois din, bueno, pois o Partido Socialista tamén aproba dalgunha maneira o que subscribiron os veciños, neste caso, máis o Presidente da Deputación en representación da Corporación. Déalle unha copia neste caso ó, vale, vale, pero eles non teñen, eles non teñen. Espera que está o Sr. Mosquera repasando. Estea tranquilo, non dude, non dude Sr. Otero, non dude que firmamos catro documentos iguais cada un, o que pasa que cada un firmou non no mesmo sitio, que firmamos catro documentos, home, non dude, non pense que todos son, non pense que todos son como son, como vostede sabe, non dude, non teña dudas, home, o documento é literal, é literal. A ver se termina. Para a cabeza tamén, … Eu creo que é un acordo favorable para todas as partes. D. Cesáreo Mosquera, non eu dígoo dende a vontade política de todos os grupos de apoiar e respaldar evidentemente un tema que é importante. Ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, vamos a ver, nós non estivemos de acordo co proxecto xeral de Pousadas, nós non xestionamos, porque non nos toca xestionar, e isto é un incidente de execución dun proxecto que vostedes están levando, que afortunadamente, ou parece que chegou á acordo coas, alegrámonos do acordo, alegrámonos do acordo. Agora se nós dicimos que si, estamos avalando todo un proxecto co que non estivemos de acordo, polo tanto, vámonos abster, alegrámonos polo proxecto, e moi ben, ogallá todas as xestións que vaian facendo teñan bo resultado, ogallá, por aí non vai ter ningún problema, agora, tamén é certo, que é unha maneira inaudita, estraña, de traer un asunto, vostedes están xestionando algo e chega a un acordo que remove un atranco, cousa que en principio sempre é bo para unha administración, que iso se converta nun acordo plenario, ogallá, ogallá sexa certo, porque mire, íallo facer como rogo, pregunta e demais, como é posible, por exemplo, que algo que é doutro calado, como é as transferencias coa Xunta dos viais provinciais, aínda non nos enteramos oficialmente de cales se ían facer, nin veu ó Pleno, nin ven a Pleno para nada, e claro, nos traen unha intención de execución. Mire, abstémonos e que todos os problemas que haxa vaian, se poidan resolver así. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, sobre todo, por tamén, independentemente do sentido, do apoio, no respaldo, pero sobre todo de poñer en marcha tamén por parte do Bloque Nacionalista Galego a iniciativa, o acordo, independentemente de poder trasladar o voto dalgunha maneira, non de non apoialo, senón que dalgunha maneira absterse e que me parece unha medida razoable. Por parte do Partido Socialista hai apoio, ¿non?. Sr. Otero Besada.- A ver, sigo sen entender que é o que quere dicir. Sr. Presidente.- Apoio a este acordo que tomaron onte na Deputación, como vostede retirou a súa, para que non quede ó descuberto. Sr. Otero Besada.- Vamos a ver, isto non está na orde do día, non está na orde do día, tráiano ó próximo Pleno es estúdase. Sr. Presidente.- Pero nós somos actualidade, nós somos actualidade, e polo tanto son cuestións. Sr. Otero Besada.- ¿Cómo actualidade?, o acordo firmouno vostede, cúmprao vostede, non ten outra cousa que facer. Vostede firmou un acordo, pois cúmprao, e nós dende aquí vamos axudar a que se cumpra, nós non vamos a aprobar un acordo que firmou vostede. Se quere que o refrende o Pleno tráiano ó próximo Pleno, nós non nos vamos a pronunciar por un acordo que vostede … Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Otero. Polo tanto o Partido Popular ten claro, que evidentemente vai apoiar este documento, sen dúbida, porque entendemos que é un acordo que favorece a todas as partes, o Partido Socialista non sabe, o Partido do Bloque Nacionalista Galego por suposto respecta este acordo, e dalgunha maneira, pois se abstén no que é, vamos o respaldo definitivo ó proxecto, que me parece unha opción respectable. Polo tanto, para que os veciños, neste caso, do Grove, saiban como queda esta situación, é o respaldo maioritario do Grupo do Partido Popular ó que no día de onte se firmou, que creo que, dalgunha maneira, nos debe levar a unha solución definitiva, en beneficio dos veciños do Grove. Retírase da orde do día Moción do Grupo Provincial Socialista sobre unha posible nova ubicación da Pousada que se pretende construír na Lanzada. 8.6033.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. ¿Hai?. Sr. Secretario.- Si. En primer lugar los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de noviembre y el 24 de diciembre; y luego, una Resolución Presidencial por la que la Presidencia delega durante su ausencia las atribuciones de la Presidencia, durante los días 29 de noviembre al 3 de diciembre inclusive, en el Sr. Figueroa. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de novembro e 24 de decembro do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 29 de novembro de 2010, delegando as atribucións da Presidencia, por ausencia, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila do 29-11-2010 ó 03-12-2010, ambos inclusive. 9.6034.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Perdón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai présa. Sr. Presidente.- Non, non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, non. Ben, pois quería facer un par de preguntas, a primeira é, a presentación da área metropolitana de Vigo aquí en Pontevedra, entre o Sr. Presidente e o Sr. Conselleiro de Interior, exactamente, ¿a que razóns?, porque eu creo que cando en Vigo se fixera a área metropolitana, por exemplo, que se fixo alá no ano 92, non viñeron presentala aquí, en fin, ou, tamén se puido presentar, non sei, en Vilagarcía, ou, non sei, ou Lalín, exactamente tiveron medo a ir a Vigo, ou pareceulle máis simpático, ou caíalle ben na axenda, ou quixeron irritar a alguén, ou quixeron facer unha tomadura de pelo a alguén, por ser así suaves, que estamos con espírito navideño. Ben, non, non, despois, fágoas todas, non, non, para ir abreviando. Sr. Presidente.- É que senón teño que recordarme despois de todo. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, vale, vale. A seguinte pregunta era, mire, nós non cremos moito nestas cuestións formais, pero vostedes parece que si, e andan por aí nunha serie de concellos tocando, en fin, insidiando continuamente, que se se presenta iso, que a lei agora esixe á administración local de que teñan un funcionario a maiores para levar a relación das facturas pagadas e non, no fondo é iso, non vai valer para nada máis que para quitar, iso está en vigor, vostedes andan por aí en todos os sitios, onde non se presenta, que é unha cousa tremenda, que non sei que, e na Deputación pois resulta que aínda no presentaron; si, si, é unha obriga legal, había que presentar en outubro, por días, ou en novembro, en decembro, e non o presentaron; si, me tocou nas narices, nós non cremos moito niso, pero vostedes están tocando as narices todos os días con iso, parece que teñen unha fe tola con iso, ¿verdade?, polo menos por aí nos concellos e tal, e entón resulta que aquí non dan exemplo, que lle vamos a facer, digo se hai algún motivo especial ou é que simplemente pois teñen máis que facer. E a última é a do, estes dous temas pensaba falalo na Xunta de Portavoces, pero non houbo ocasión, que é, o citamos antes, é dicir, nos enteramos pola prensa de que hai un acordo xa sobre unhas transferencias de viais, que nin na Comisión tiveron a ben darnos conta, nin no Pleno, non se sabe, creo que hai que acordalo no Pleno, me parece, ía haber unha comisión para estudar todo iso, e incluso hai casos nos que pode haber concellos polo medio, que queiran quedarse co vial, pero bueno, xa acordaron aí nun momentiño, e nos enterámonos pola prensa de que teñen un acordo fastuoso. Sr. Presidente.- Pero, ¿que acordo?. Sr. Mosquera Lorenzo.- O de transferencias mutuas de viais coa Xunta. Bueno, non se dou conta na Comisión, que xa estaba anunciado, nin no Pleno, nin non sei que trámites pensan facer, ou se xa vai así porque sentaron …, bueno, este para ti, este para min, sen ter en conta outros criterios, por exemplo, os dos concellos, nin nada parecido, e evidentemente sen ter en conta o criterio da Corporación, que xa sabemos que aquí vimos un día a falar, vostede intenta falar máis que nós, pero bueno, todos falamos, ¿verdade?, no Pleno, e o resto pois como senón existiramos, pero bueno, esa é unha desgraza que hai nesta casa e que temos que soportar, digo, ¿que pensa facer con isto?, se pensa dar participación ós, en fin, ós concellos e á Corporación, ou simplemente xa o teñen atado e ben atado, ou como pensan tramitalo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Empezando polo último, bueno, si, é certo que en todo caso vai a vir aquí, o que se firmou é o que vai a ser, acordo que terá que ser ratificado, claro está, polo Pleno da Corporación Provincial e que traeremos antes vía Comisión, entón o que hai é un preacordo entre ámbalas dúas Institucións, que non hai ningunha duda ademais de que o actual Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas ten vontade en que ese acordo sexa viable o antes posible, é un gran coñecedor, por suposto, da rede viaria da Deputación, e un gran coñecedor tamén da rede viaria da Xunta de Galicia, e creo que o acordo favorece claramente os intereses desta Institución, co fin de que, bueno, pois a Xunta asuma, se mal non recordo, 160 quilómetros de titularidade provincial que pasarían á Xunta de Galicia, e 108 que recibiría a Deputación de Pontevedra, coa súa consignación presupostaria, porque si hai que recordar que os que transferimos á Xunta de Galicia, excepto dous ou tres, a maioría está nun estado aceptable, e neste caso as que recibimos da Xunta de Galicia pois non están en tan bo estado, polo tanto, bueno, aí hai un acordo de financiación entre partes tamén, que no seu momento se traerá precisamente aquí. En relación ó segundo tema, dos pagos de facturas da Deputación, creo que somos a Institución que mellor pagamos de Galicia, estamos no entorno dos 40-45 días, e reducindo incluso ese prazo co fin de pagarlle a provedores e todo o demais. En relación a outras cuestións que vostede me pregunta, analizarei a maiores ese tema, non, sei del, pero, sei que neste momento, nós o que estamos intentando é non prexudicar a provedores, non prexudicar a concellos, para que dalgunha maneira poidan recibir en tempo e forma, que agora debe ser inmediato e urxente, precisamente a dispoñibilidade económica dos compromisos contraídos por parte da Deputación de Pontevedra. E, en relación ó da área metropolitana, a verdade é que eu ata son o primeiro sorprendido e lle digo a verdade, porque xa mo teñen preguntado os medios de comunicación, porque isto, é que, vamos a ver, non sei como explicar unha cuestión que se debería de entender como normal, porque eu creo que en todo caso, isto é como se o fas en Vigo porque o fas en Vigo, e se o fas en Pontevedra porque o fas en Pontevedra, e sen embargo vostede non poría o grito no ceo dicindo, oe, oe habitualmente as cuestións, aínda que afectan neste caso a unha parte determinada da provincia de Pontevedra, o normal non é que, o normal é que se traten na sede principal da Institución, digo eu, e vostede tamén estará de acordo comigo, visto dende ese ámbito. E entón eu digo, se o facemos en Vigo protestaría e diría, non é que agora todos os temas que dalgunha maneira sexan xa de Vigo, pero eu creo que é un tema xa de ámbito provincial, aínda que afecte a unha parte determinada, o normal é que se trate na sede principal da Deputación, unicamente que vostedes queiran que traslademos a sede principal da Deputación para Vigo, xa trasladamos unha oficina, que está funcionando, por certo, con moi bo resultado, pero se queren tamén que traslademos a sede principal, eu, bueno, é unha cuestión, a proposta do Bloque Nacionalista Galego, se analizará, pero, a min, eu fun o primeiro sorprendido, porque ademais o día anterior estivera, neste caso, cos xornalistas en Vigo, e lle dixen que íamos a tratar ese tema co Conselleiro da Presidencia, que ía a vir á sede principal da Deputación, e claro, estas son ás veces esas incongruencias, ¿non?, se o tratas en Vigo porque o tratas en Vigo, se o tratas en Pontevedra porque o tratas en Pontevedra, pero creo que de momento, e cambios non houbo nin se pretenden, que a sede institucional e principal da Deputación está na sita Avda. de Montero Ríos, que é onde estamos hoxe. Polo tanto, o normal, que podía habelo tratado en Vigo perfectamente, pero decidimos nós, bueno, en Vigo xa é coñecido polos alcaldes dalgunha maneira é bo que por parte da Institución se coñeza na sede principal. Pero polo tanto non sei onde está, evidentemente, ese tema que vostede di, se era algo para enfrontar a alguén, creo que a sede principal da Deputación segue sendo aquí e non vai a variar, polo menos mentres nós teñamos, evidentemente, esa vontade de que non varíe, por suposto. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, haber, as explicacións pódense dar, non, pero, mire, só lle pregunto unha cousa, ¿a que conclusións chegaron?, porque me parece que ós concellos están chegando unhas conclusións nada favorables en xeral, ¿a que conclusión chegaron?, porque exactamente, ¿que pinta a Deputación nesta música?, ou sexa, un área metropolitana, ou unha mancomunidade, exactamente, ¿que significa?, ou sexa, que vai haber a Deputación actuando, máis a área metropolitana actuando, máis os concellos actuando, ou sexa, ¿a que conclusión chegaron?, explíquema, explíquema, porque teño curiosidade, teño curiosidade. Polo outro teño curiosidade e xa vostede dou as súas explicacións. Sr. Presidente.- Voulle a contestar con dúas palabras, se vostede lle pregunta a un compañeiro seu, chamado Lois Pérez Castrillo, que iniciou ese proceso, lle vai a contestar claramente o que significa, o que pretende e o que quere. ¿Qué pasa?, que agora entre vostedes, o Grupo Socialista, etc., tampouco o teñen moi claro, ou sexa, andan desnortados en relación a ese tema. Nós, sen embargo, Deputación-Xunta de Galicia, e os 14 concellos teñen a idea clara, o que pasa que vostedes vexo que están desnortados, pero lle recordo, porque, por falta de memoria, pode haber un lapsus, pero hai un compañeiro seu chamado Lois Pérez Castrillo, alcalde de Vigo naquel entón, que foi un dos iniciadores desta, que se quere converter, evidentemente, na primeira área metropolitana de Galicia; que o goberno bipartito, que vostedes formaban parte ámbolos dous, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego, decidiron arrinconar e apartar, aínda que cando chegaron, “vamos a impulsar a área metropolitana de Vigo”, ¡bun!, no caixón, e durante catro anos a verdade é que tiñan lios bastantes e non se quixeron meter noutro máis, e dixeron, vamos a aparcalo, aparcárono aí, deixárono durmir, e agora, home, que vostede me pregunte a min, eu creo que por representatividade, á Institución provincial se lle debe pedir opinión en relación a este tema, porque é un tema de interese que lle afecta ós cidadáns, non evidentemente para poñer en marcha máis gastos, senón en todo caso para ser máis eficiente e máis eficaz na xestión dos servizos e que lle sexan máis baratos para os cidadáns, que ese é o fin que se pretende. Pero eu estou convencido que a min me vai a crer seguramente, pero vaille querer máis a un compañeiro seu que se chama Lois Pérez Castrillo, que iniciou o tema, e lle vai dar unha explicación minuciosa e o detalle do asunto. Adiante Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, alégrome moito que o citara, pero é que resulta que daquela proposta non é só que a coñeza senón que participei nela. Sr. Presidente.- ¿Vostede tamén?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Pero claro non é, en Vigo había unha mancomunidade que tiña gravísimos problemas para funcionar, e ten, existe aínda, existe aínda, e que resulta que existindo a Deputación, existindo os concellos e demais, queda así como un papel bastante difuminado, entón a proposta aquela supoñía, supoñía eliminar o funcionamento da Deputación en gran parte, unha reordenación moito máis profunda. E isto que están propoñendo é unha mancomunidade bis e punto, máis ou menos, por iso atopan todas as reticencias por parte dos concellos, pero entón non ten nada que ver a proposta aquela, nada que ver, nada que ver, coa actual, ou sexa, nada que ver, ou sexa que non me veña vostede con esa historia, obviamente non me veña con esa historia. Precisamente, ou sexa, hai unha mancomunidade en Vigo, que, como houbo moitas na provincia, que ante a proliferación de administracións e falta de competencias propias, pois ten unha actividade moribunda, como todas, non é nada específico, entón di, non, a única solución é crear unha área metropolitana pero cunhas competencias e cun funcionamento que non é dende logo o que agora recolle nesa lei, a proposta e a idea era totalmente diferente, totalmente diferente. Non me veña agora con esta historia, de que mo explique Lois Pérez Castrillo ou mo explica o outro, porque sei perfectamente de que vai, e iso, repito, sigue sorprendendo, e á parte que crear nestes momentos supostamente ese escalón, pois non sei se ten moita funcionalidade tal e como está concebido, porque a lei de réxime local de Galicia coñézoma ben, o que é unha mancomunidade, o que é unha área metropolitana, o que é competencia e demais. Mire, a actual mancomunidade de Vigo ten máis competencias co borrador da área metropolitana que teñen vostedes entre mans, tiña máis competencias, léase os estatutos, ten máis competencias, ou sexa, hai un retroceso e demais e o veñen a presentar dunha maneira simpática. Bueno, deixemos o asunto así, que non creo que sexa o momento de alargarse con isto. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Últimamente hubo unos cambios en la gramática y en el significado de las palabras y en el lenguaje, y uno ya está mayor para adaptarse a esas cosas, y entonces vigile a los líderes sociales para ir aprendiendo. Entonces, bueno, escucho al Sr. Rajoy con toda la atención, viendo como para referirse a un Ministro le aplica un diminutivo gallego, o para … Sr. Presidente.- É cariñoso. Sr. Muradas Ramos.- No, e incluso puede ser navideño, no digo que no, si, o para referirse a una Ministra se le aplica el artículo determinado femenino antes del apellido, suena muy bien, suena generoso. Y también leo, a nuestro Presidente de la Diputación en entrevistas, y bueno, va uno aprendiendo, va uno aprendiendo, entonces para definir a los políticos que no cumplen lo que prometen, pues resulta que son asimétricos, asimétricos. Entonces, conjugando todo eso y en esta nueva jerga de esta modernidad gramatical, tengo que decirle, Rafaeliño, eres un asimétrico, eres un asimétrico, porque hace dos plenos me prometiste, o me prometió, perdón, a facilitar una información del plan anticrisis, que llevo reclamando ya hace más de un año, más de un año, y, bueno, tengo que decir que usted es un asimétrico, porque no me lo cumplió, no me dan esa información y entonces hoy se la voy a reiterar, se la voy a reiterar. ¿Qué obras están adjudicadas?. ¿Qué porcentaje está adjudicado?. Sr. Presidente.- ¿De que?, non, é que senón se acerca ó micro non … Sr. Muradas Ramos.- ¡Ah!, si, ¿qué obras están adjudicadas?. ¿Qué volumen de adjudicación está realizado?. ¿En que se van a invertir las bajas de adjudicación de ese plan?; y, ¿en que está gastando usted esos doce mil millones que tenía de libre disposición?. En el pleno de octubre me prometió que me lo iba a contestar y aún hoy no he recibido esa información. Y para no tener que volver a insistir y como ya el término es navideño, de Rafaeliño, pues tendré que buscarme, ingeniarme otra fórmula para ver si consigo tener éxito y que usted me responda a las preguntas que le formulo. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Dicirlle, que eu por ese término non me vou a enfadar, Pepe Blanco si se enfada, eu non. Polo tanto, estea tranquilo que dentro deste ánimo navideño que estamos tendo revisarei isto que vostede me comenta, pero sei que vostede é unha persoa moi documentada, e se vostede acude á páxina web, como somos unha institución transparente, vostede acude á páxina web da Deputación e ve aí as porcentaxes de adxudicación, como vai todo e tal, que xa lle digo debe sentirse satisfeito en certa maneira, sempre hai pequenos retrocesos, pero eu creo que é como para sentirse satisfeito de cómo vai, todo é mellorable, comprenderá, pero estamos nese bo labor. Por iso xa digo, nese sentido síntanse ben, que lle vamos a dar, vamos, á parte de telo aí, entra na páxina da Deputación, depo.es, e vai ó perfil do contratante, e aí ten toda a información ó día, ó día, porque ademais traballan, son moi minuciosos e por iso eu sei que vostede vai a, dalgunha maneira a ter a mellor información posible, como non podía ser doutra maneira como Deputado desta Corporación. ¿De acordo?. A ver, eu xa lle contestei á pregunta. Sr. Muradas Ramos.- No, no me contestó. Sr. Presidente.- Si, claro. Sr. Muradas Ramos.- No hombre no. Esa respuesta lo hace más asimétrico aún, más asimétrico todavía, porque hace dos plenos dijo usted aquí que el nivel de adjudicación era del 78%, voy a esa página y me da el 43%, ¿entiende?, y no me dice nada en que está gastando los de libre disposición, nada, no me contesta nada, en qué se van a invertir las bajas, ni me coincide el dato de esa página con lo que usted afirma aquí, ¿entiende?. Entonces, para no tener que volver a insistirle en el próximo Pleno, en términos navideños y geométricos pues prefiero que me lo conteste. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sr. Muradas. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, a miña pregunta vai en relación cunha visita que fai vostede e máis o Sr. Cores Tourís, daquela alcalde de Cambados, o 9 de febreiro de 2009, campaña electoral, inauguran unha planta de reciclaxe de residuos industriais no polígono Sete Pías, 9 de febreiro de 2009; en xuño do 2010 faise unha presentación aquí neste salón, con todo luxo, con todas as diapositivas, en xuño do 2010, e hoxe 30 de decembro esa planta segue sen estar funcionando, vendéusenos bastantes veces, os concellos temos necesidade e aquí se nos facilitou unha serie de cousas, e quero saber cal é a situación deste centro. E, feliz ano a todos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero, así me gusta, espírito navideño e de remate de ano. Mire, vamos a ver, en relación a este tema, me alegro ademais que me faga esta pregunta, porque bueno, pode ser preocupación de todos. Este é un proxecto que levou a cabo a Deputación, non fácil, por certo, tamén, e finalmente hai agora bastante tempo, meses, que está adxudicado a unha empresa que gañou o concurso, para a explotación dese servizo. Eu vouno a invitar a vostede, porque así tamén me vale a min, vamos ir os dous, a ir ver como está funcionando, ó mellor non sei como está funcionando neste momento, pero teño especial interese tamén en ir a velo e ver como agora mesmo, xa digo, iso está dado en concesión a unha empresa, que foi a única que se presentou, para xestionar esta plataforma loxística inversa, que así se chama, que é para reciclado de residuos non industriais, na comarca, neste caso do Salnés, cun proxecto europeo que tiña o concello de Cambados. Por iso, eu lle digo que tomo nota e que vamos a ir e ademais vouno a invitar a, vai vir vostede comigo, así podemos limar algunha aspereza doutra cousa, e visitamos precisamente esa planta, e nos enteramos a ver como vai o asunto, que tamén nos preocupa a nós, que era para dar servizo ós cidadáns, tamén ós concellos da provincia de Pontevedra, para non ver por aí vertedoiros incontrolados. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Era simplemente para desexar bo ano, o que vén, e a ver se se porta un pouquiño mellor, que agardemos que si, porque todos facemos bos propósitos para o ano que vén. Que vaia ben. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, e dentro desa proposta que vostede fai, e o Sr. Otero Besada, en relación ó Grupo Socialista, e tamén do Partido Popular o Sr. Figueroa e o Sr. Crespo, e todos os que estamos aquí tamén, e para os que hoxe nos acompañaron, desexarlle a todos unha boa despedida de ano e unha entrada no ano 2011 que sexa e dea resposta ás ilusións que temos postas nese ano. Moitas gracias, e moi bos días, e moi boas tardes. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición