Fondos
2010-09-24_Ordinaria. Acta de sesión 2010/09/24_Ordinaria
Acta de sesión 2010/09/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/2.2010-09-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/09/24_Ordinaria
Data(s) 2010-09-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 58 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 24 de setembro de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e catro de setembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión do Pleno ordinario. 1.5993.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA A FAVOR DO ORAL, PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN E POSTERIOR LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN Sr. Presidente.- Primeiro punto. Delegación de competencias do concello da Illa de Arousa a favor do ORAL, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do solo, subsolo ou voo das ías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno do concello da Illa de Arousa na sesión celebrada o día 4 de marzo de 2010 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do solo, subsolo e voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de xullo de 2010 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello da Illa de Arousa, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do solo, subsolo e voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello da Illa de Arousa, por acordo do Pleno de data 4 de marzo de 2010, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do solo, subsolo e voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza. 2. Esta delegación do concello da Illa de Arousa será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Illa de Arousa así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello da Illa de Arousa, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do solo, subsolo e voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 2.5994.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “REMATE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ENSANCHE DA EP 0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- Punto número 2 da orde do día. Resolucións das alegacións presentadas ó proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP. 0507 Portela-Valiñas-Portas”. Aprobación definitiva do proxecto. Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP 0507 Portela-Valiñas-Portas”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 221.625,78 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 139.420,40 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.205,38 euros, ten por obxecto o remate das obras de mellora e ampliación da estrada provincial EP 0507 Portela-Valiñas-Portas. Coa finalidade de contribuír ó gran desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Umia, a Deputación Provincial de Pontevedra realizou numerosas actuacións nas distintas infraestruturas da zona, entre elas a EP 0507, estrada de gran importancia porque comunica o lugar de Portela, dende a estrada Fachendoso-Portela, ata o lugar de Portas, atravesando a estrada Goulla-Porráns. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de mellorarse a maior parte dos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 46, de data 9 de marzo do 2010, no taboleiro de anuncios do concello de Barro e Portas, en varios xornais da localidade e notificándose individualmente ós afectados, presentáronse unha serie de alegacións que son informadas polo Servizo de Infraestruturas. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: a) Desestimar as alegacións presentadas por Dona Selva Maquieira Bolo, fincas nº 6 e 14, xa que o proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, pretende mellorar substancialmente a seguridade vial nunha estrada que se configura como unha infraestrutura de grande importancia para a zona; tendo en conta esa premisa o devandito proxecto -que parte dun trazado xa existente- contempla unha xusta distribución de cargas entre todos os propietarios afectados de acordo coas esixencias técnicas do mesmo. Neste punto é necesario lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito do expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva, a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiación de Galicia. Pola súa banda as cuestións relativas á valoración do terreo debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento. b) Estimar as alegacións presentadas por D. Valentín Buceta Güimil, fincas nº 2 e 5, e por Dona Elena Buceta Solla, finca nº 4, xa que o proxecto definitivo recolle unha nova afección sobre as devanditas leiras derivada do reformulo da obra e dos termos do acordo acadado entre as partes ó respecto. c) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Dona María Dolores Balo Rodríguez e D. Eligio Rial Prego, finca nº 10, xa que a afección do terreo é en realidade de 165,66 m2 engadíndose ós bens afectados, sen prexuízo do que resulte do levantamento das actas previas á ocupación, oito viguetas prefabricadas de formigón e 5,4 m3 de peche de pedra sobre pedra. No referido á modificación do tendido eléctrico da que falan, cabe sinalar que deberán plantexar a súa proposta á compañía de electricidade correspondente. Por outra banda as cuestións relativas á perda de valor do terreo debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento 2. A aprobación definitiva do proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP 0507 Portela-Valiñas-Portas”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 221.625,78 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 139.420,40 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.205,38 euros. 3. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. 4. Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto vén xustificado pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de terse mellorado a maior parte dos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. PROPIETARIO Nº FINCA BENS AFECTADOS Manuel Magdalena Barreiro Magdalena nº 30, Agudelo 36191 - Barro 1-A 63,00 m2 de superficie ocupada 23,50 m2 de edificación en estado ruinoso 11,53 ml de muro de mampostería Nemesio Magdalena Barreiro Magdalena nº 30, Agudelo 36191 - Barro 1-B 17,50 m2 de superficie ocupada 1,13 m2 de galpón 8,10 ml de muro de mampostería 2,45 ml de muro de bloques Cristina Magdalena Méndez Magdalena nº 30, Agudelo 36191 – Barro 1-C 64,50 m2 de superficie ocupada 10,30 ml de muro de mampostería 5 uds. de columnas de pedra de 2,00x0,20x0,20 Valentín Buceta Güimil Magdalena nº 27, Agudelo 36191 – Barro 2 230,42 m2 de superficie ocupada 6,30 m2 de cobertizo con cuberta de tella 82,97 ml de muro de fábrica de pedra 82,97 ml de alambrada metálica en mal estado 22 cepas de albariño 13 uds. de columnas de pedra de 3,00x0,20x0,20 Perfecto Magdalena Fuentes Magdalena nº 26, Agudelo 36191 – Barro 3 57,86 m2 de superficie ocupada 1 ud. de columna de granito de espesor entre 30 e 40 cm. 1 ud. de corte e acondicionamento do emparrado existente 5 uds. de postes de pedra de dimensións 20x20x200 cm. María Elena Buceta Solla Magdalena nº 27, Agudelo 36191 – Barro 4 296,20 m2 de superficie ocupada 8,20 ml de muro de mampostería. 3 uds. de cepas de viño albariño 2 uds. de postes de pedra de 2,00x0,20x 0,20 cm. 2 abetos/3 carballos grandes/15 carballos pequenos/30 palmeiras/6 setos grandes. Valentín Buceta Güimil Magdalena nº 27, Agudelo 36191 – Barro 5 300,73 m2 de superficie ocupada 14 uds. de postes de pedra de 3,00x0,20x0,20 cm. 1 ud. de corte e acondicionamento do emparrado existente 48 uds. de cepas de viño albariño Selva Maquieira Bolo Magdalena nº 33, Agudelo 36191 – Barro 6 40,48 m2 de superficie ocupada 14,495 m2 de muros e bloques, cara vista e 30 cm. de ancho 1 ud. traslado de contador eléctrico para vivenda unifamiliar 1 ud. porta de cancela de madeira dimensións 130x110cm. Serafín Abal Cancela Magdalena nº 35-A, Agudelo 36191 – Barro 7 189,27 m2 de superficie ocupada 10 ml de bordiño de formigón prefabricado de 30 cm. ancho 52 ml peche con base de bloques de formigón e malla metálica 2,7 m2 de muro de peche de fábrica de ladrillo 6,6 m2 de muro de peche de mampostería en granito silvestre 2 uds. de porta de cancela de forxa de 350x150 cm. 39 uds. de postes de pedra de 20x20 cm. e altura variable 1 ud. traslado de contador eléctrico para vivenda unifamiliar 9 uds. de plantas ornamentais 54 uds. de cepas de viño, tipo catalán 1 ud. de corte e acondicionamento do emparrado existente José Basilio Cortés Castro Magdalena nº 32, Agudelo 36191 – Barro 8 59,16 m2 de superficie ocupada 2,99 m2 de soleira de pedra 22,40 m2 de muro de bloques de ancho variable 14 ml de reixa de peche formada por barrote tubular 2 uds. de columnas de granito espesor entre 30 e 40 cm. 2 uds. de portal de acceso metálico 5,832 m2 de cerramento de fábrica de granito 3 uds. de plantas ornamentais 1 ud. traslado de contador eléctrico para vivenda unifamiliar 1 ud. de fosa séptica en funcionamento 5 uds. de postes de pedra de 20x20 cm. e altura variable Mª del Carmen Méndez Abal Magdalena nº 30, Agudelo 36191 – Barro 9 42,67 m2 de superficie ocupada 4 uds. de plantas ornamentais Dolores Balo Rodríguez Piñeiro nº 29, Valiñas 36191 – Barro 10 65,66 m2 de superficie ocupada 1,5 m2 de muro de bloques de ancho variable 5 uds. de columnas de granito espesor entre 30 e 40 cm. 67 uds. de postes de pedra de 20x20 cm. e altura variable 42 uds. de cepas de viño tinto 1 ud. de corte e acondicionamento do emparrado existente Manuel Alfonso Abuín c/ Playa nº 136, Sant Adriá de Besós 08930 – Barcelona 11 16,41 m2 de superficie ocupada 5,85 m2 de malla de arame incluído tirantes e atado 1 ud. de portal pequeno metálico de acceso a finca 4 uds. de postes de pedra de 20x20 cm. e altura variable 1 ud. traslado de contador eléctrico para vivenda unifamiliar 3 uds. de plantas ornamentais 2 uds. de cepas de viño tinto 1 ud. de corte e acondicionamento do emparrado existente José Francisco Búa Iglesias Magdalena nº 36-B, Agudelo 36191 – Barro 12 12,19 m2 de superficie ocupada 7,384 m2 de muro de bloques de ancho variable 1 ud. traslado de contador eléctrico para vivenda unifamiliar 12,19 m2 de adaptación de rampla de acceso a garaxe José García García Antoniño nº 27, Briallos 36658 – Portas 13 34,25 m2 de ocupación de solar en antiga vivenda 59,3 m2 de cerramento de fábrica de granito Selva Maquieira Bolo Magdalena nº 33, Agudelo 36191 – Barro 14 370, 27 m2 de superficie ocupada 1 ud. de traslado de fachada e reconstrución da cuberta 5 uds. de árbores froiteiras en produción 1 ud. de lavadoiro de pedra 15 uds. de postes de pedra de dimensións 15x15x200 cm. 3.5995.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE POIO DA “ESTRADA PROVINCIAL EP0606 - C550 - CONVENTO - ARÍS - SARTAL” Sr. Presidente.- Punto número 3 da orde do día. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Poio da “Estrada provincial EP0606-C550-Convento-Arís-Sartal”. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Poio a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega do tramo de 695 metros do vial provincial “EP 0606 C-550- Convento-Aris-Sartal” que discorre entre “a rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon e rúa Convento, San Xoán de Poio”, é dicir, entre a estrada autonómica PO-308 Pontevedra (PO-531) - A Lanzada (PO-550) e a rotonda de enlace coa VGR 4.8 VAC Campañó (PO-531) - Mosteiro de Poio (PO-535). Visto o informe emitido o 27 de agosto de 2010 polo Enxeñeiro T. Xefe da Zona Centro, ó que prestou a súa conformidade a Xunta de Goberno do concello de Poio, favorable ó cambio de titularidade non só do tramo de estrada solicitado senón de todo o vial provincial “EP 0606 C-550- Convento-Aris-Sartal” (cunha lonxitude de 1.650 metros), xa que a devandita estrada provincial adquiriu características netamente urbanas, con presenza de edificacións consolidadas a ambas marxes do viario que dificultan sobre maneira un posible ensanche do mesmo e que soporta unha importante densidade de tráfico rodado e peonil que accede ó Concello, ó Tanatorio e ó Mosteiro de Poio, neste último caso consecuencia das numerosas visitas turísticas que se reciben na época estival. Por outra banda e tendo en conta as características deste viario, que enlaza a C-550 co lugar da Escusa e que ten unha lonxitude de 6.500 metros dos cales 1.650 son de titularidade provincial e 4.850 municipais, non parece lóxico que unha vez cedido o primeiro tramo de 695 metros quede no medio da devandita estrada un tramo provincial de 955 metros, tendo en conta ademais que o concello está executando na actualidade neste último unha canalización que perturba o seu uso como viario provincial; todas estas notas aconsellan o cambio de titularidade a favor do concello de Poio da estrada provincial “EP 0606 C-550- Convento-Aris-Sartal” de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e no artigo 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, mediante a compensación que se estime procedente como podería ser a reposición, por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, da capa de rodaxe nos tramos de estrada que estean máis deteriorados así como a renovación da rede de pluviais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: Primeiro. O cambio de titularidade a favor do concello de Poio da estrada provincial “EP 0606 C-550- Convento-Aris-Sartal” (cunha lonxitude de 1.650 metros). Dito viario incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Poio tal e como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Poio, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Segundo. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 4.5996.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 5/2010 DO ORAL Sr. Presidente.- Punto número 4. Expediente de modificación de crédito número 5/2010 do ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de setembro de 2010 acordou aprobar o expediente de modificación de créditos número 5/2010, por importe global de 881.500,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que ó non existir consignación suficiente no vixente orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) para atender estes gastos é necesario suplementar, polos importes que se relacionan, os créditos das seguintes aplicacións orzamentarias: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 10/893.932.221.00 Enerxía eléctrica……………………………………… 10.000,00 € 10/893.932.225.02 Tributos locais ……………………………………….. 1.500,00 € 10/893.932.222.01 Comunicacións postais……………………………….. 400.000,00 € 10/893.932.227.06 Estudos e traballos técnicos ………………………….. 405.000,00 € 10/893.932.310.00 Intereses operación de tesourería …………………….. 10.000,00 € 10/893.932.641.00 Adquisición programas e utilidades informáticas……… 55.000,00 € Resultando que este expediente de modificación de créditos número 5/2010 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2009. Resultando que no informe de Intervención de data 20 de setembro de 2010, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 5/2010 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de modificación de créditos número 5/2010 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 881.500,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…………... 816.500,00 euros Capítulo 3º Gastos financeiros……………………………. 10.000,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais……………………………. 55.000,00 euros Total variacións por capítulos……………… 881.500,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 10/893.932.221.00 Enerxía eléctrica……………………………… 10.000,00 € 10/893.932.225.02 Tributos locais ………………………………. 1.500,00 € 10/893.932.222.01 Comunicacións postais………………………. 400.000,00 € 10/893.932.227.06 Estudos e traballos técnicos ………………… 405.000,00 € 10/893.932.310.00 Intereses operación de tesourería …………… 10.000,00 € 10/893.932.641.00 Adquisición programas e utilidades informáticas 55.000,00 € Total suplementos de crédito…………………….. 881.500,00 € 2.- O expediente de modificación de créditos número 5/2010 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.5997.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) RELATIVA Á LIQUIDACIÓN NEGATIVA DOS CONCELLOS E DAS DEPUTACIÓNS NA PARTICIPACIÓN NOS INGRESOS DO ESTADO E Á SÚA CAPACIDADE DE ENDEBEDAMENTO Sr. Presidente.- Punto número 5. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) relativa á liquidación negativa dos Concellos e das Deputacións na participación nos ingresos do Estado e a súa capacidade de endebedamento. Ten a palabra D. Perfecto Rodríguez. Sr. Rodríguez Muíños.- Moitas gracias Presidente. Bos días. Ben, nesta moción a exposición de motivos é, que o Ministerio de Economía vén de facer públicos os datos relativos á liquidación da participación das entidades locais nos ingresos do Estado correspondente ó exercicio 2008. As entidades locais galegas, como consecuencia da liquidación do ano 2008, deberán devolver 106.284.655,00€. As cidades deben 22 con 3 millóns, e as Deputacións 47, en concreto, a esta Deputación correspóndenlle devolver 14 con un millóns de euros. Ese diñeiro hai que devolvelo entre 2011 e 2014, o problema é que no ano 2009, a liquidación dos concellos volverá a ser negativa, e a cantidade a devolver á administración central, por causa errónea que se fixo, será moi superior á do ano 2008, en torno ós 4.000.000 de euros. A conclusión é, que nos vindeiros 5 anos, a administración local deberá de devolver preto de 6.000.000 de euros. A esta situación hai que engadir que o goberno continúa incumprindo o compromiso de abordar a reforma de financiamento local para garantir o principio de insuficiencia das facendas locais, para garantir esta suficiencia, o goberno do estado debería de garantir, como fixo a Xunta no fondo de cooperación local no ano 2010, que ningún concello perciba menos ingresos durante o ano 2011, en concepto de participacións nos ingresos do estado. Polo tanto, o acordo que se solicita a esta Deputación, ten dous apartados. Primeiro, instar ó Ministerio de Economía e Facenda, no Goberno de España, que deixe sen efecto, máis ben, que aprace o pagamento máis alá do 2014, da liquidación negativa nos ingresos do Estado correspondente ó ano 2008. E, en segundo lugar, instar ó Goberno de España, a que suprima a prohibición de endebedarse ós concellos, pois non son iguales todos os casos nin as distintas situacións financeiras. Pretendemos, en definitiva, pedir ó Goberno de España sentido común, xa que incumpriuse unha vez máis, a pesar de os múltiples compromisos de abordar un novo sistema de financiamento local, non sen ter abordado, o que pedimos é que se aprace, máis alá do 2014, e dende logo, que non se teña que devolver no ano 2011 a liquidación negativa correspondente ó ano 2008. Esa débeda, que en teoría temos as administracións locais, a Deputación e os concellos co Estado, é unha débeda non xerada por nós, senón creada por unha mala previsión feita polo Goberno no seu momento, xa que houbo ese erro, esa mala previsión, que non sexamos os concellos e as administracións locais, os concellos e as Deputacións quen paguemos os pratos rotos. É fundamental que teñamos suficiencia para financiar ós concellos, para poder seguir garantindo os servizos básicos, todos os que estamos aquí somos, ou alcaldes, ou concelleiros de distintos concellos da provincia Pontevedra, algúns con responsabilidade de Goberno outros na oposición, pero dende logo, todos os que estamos en responsabilidade de Goberno, ben nesta Deputación ou ben en calquera dos concellos, sabemos da problemática que vamos ter no ano 2011 para a elaboración dos orzamentos, porque en total, o que teñen que devolver os concellos da provincia de Pontevedra, sen contar Pontevedra e Vigo, que teñen outro réxime, son 14.147.000 euros, Pontevedra e Vigo, a maiores, teñen que devolver: 6.8 millóns, Vigo, 1.7, Pontevedra, polo tanto, sumando estas cantidades estamos falando de, incluíndo a Deputación de Pontevedra, que só na provincia de Pontevedra, se deducirá durante os próximos anos 36.7 millóns de euros, é dicir, se poñen as administracións locais nunha situación de insuficiencia financeira, de asfixia económica, que van a impedir que poidan asumir as súas obrigas, en definitiva, de poder dar servizo ós distintos cidadáns que é a nosa obrigación. Ademais, no que respecta ó punto segundo da moción, a de instar ó Goberno para que permita o endebedamento, recentemente, despois incluso do anuncio feito pola Ministra, onde supostamente na Lei de acompañamento dos orzamentos aínda non está por escrito, aínda non se ve en que condición se vai a facer, supostamente, van a permitir endeudarse ós concellos cun nivel de endebedamento inferior ó 75%. Recentemente, con posterioridade a ese anuncio, a propia FEMP, por unanimidade, solicitou que se adecúe ó porcentaxe de endebedamento local, de maneira que ningunha entidade local saneada e con capacidade para atender a amortización de ditos créditos, quede excluída destas medidas, así como con carácter excepcional para o ano 2011, que poida ser aplicada á gastos correntes prioritariamente gastos sociais e de educación, este foi un acordo unánime que se adoptou a pasada semana, o 14 setembro pola FEMP por unanimidade, por todos os grupos políticos, precisamente, que ese anuncio feito pola Ministra se concrete nos orzamentos do estado de tal maneira que hai moitos concellos que ó mellor o nivel de endebedamento que teñen non é moi alto, sen embargo o que lle asfixia é a débeda que teñen con pequenos provedores, débedas de gasto corrente que non poden asumir, flexibilizar a posibilidade de endebedamento tamén para estas cuestións é fundamental. En definitiva, hai que ter en conta que o problema do déficit público do Estado non o ocasionan as entidades locais, o déficit que teñen as entidades locais no déficit total do Estado é inferior ó 10%. E se quitamos as grandes cidades, estaríamos por debaixo, incluso, do 5% do déficit total do Estado, é dicir, non somos o problema do endebedamento, o déficit do Estado non o causan as entidades locais, nin os concellos nin as Deputacións, e polo tanto, non se nos pode poñer nunha situación de nula capacidade de inversión no futuro, senón se nos permite o endebedamento, e dende logo, se ademais de non permitirnos o endebedamento, sempre cando se motive e se demostre que hai capacidade para amortizar eses créditos, se aínda por riba deses vamos a seguir vendo reducida a participación nos ingresos do Estado, tanto porque se reduce, e pola dedución do ano 2008, coma pola dedución no futuro do ano da liquidación do ano 2009, vannos por nunha situación, repito, de total asfixia financeira, o gasto corrente é o que come a moitas administracións locais, e que con estas medidas de redución hai que ter en conta que dende o ano 2008, unha media do 20% reduciuse na participación dos tributos do Estado en, polo tanto, senón se toman medidas, e dende esta Deputación, como administración local que é, e sobre todo como representante tamén, de todas as administracións locais da provincia, debemos solicitar estas dúas cuestións, que se aprace máis alá do 2014, que non se aplique xa no ano 2011 a devolución da liquidación negativa do ano 2008, e así mesmo, que se permita ós concellos endeudarse, tal e como se solicita pola Federación española de municipios e provincias, por unanimidade, na reunión feita na Comisión executiva celebrada o pasado 14 de setembro, aquí en definitiva trátase, non de defender nin un partido nin unha ideoloxía, senón de que todos que somos alcaldes ou alcaldesas ou concelleiros ou concelleiras, pois estamos pedindo iso, que no se asfixie, que se nos permita ós concellos poder seguir garantindo os servizos, moitos deles que prestamos máis alá, das nosas competencias, pero polas denominadas competencias en propias, porque segue sen cumprirse o compromiso de abordar un novo sistema de financiamento local, xa que se incumpre ese compromiso de abordar o novo sistema e financiamento local, que polo menos se nos permita, mentres non haxa ese novo sistema, poder asumir con certa garantía de suficiencia financeira ó servizo que temos que prestar ós veciños. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Perfecto Rodríguez. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Teríamos que distinguir, neste asunto, o gran da palla, e centrar no que realmente estivo a pasar, que o Sr. Portavoz do PP, moi ou bastante habilmente, o deixou na escuridade, como o acordo da financiación das Entidades Locais, subscrito polo Goberno do Estado e a FEMP, vén da época do Goberno de Aznar, vén da época do Goberno do Partido Popular, está plasmando na Lei 51/2002 e no decreto de marzo de 2004, daquela, en contra da nosa opinión pois, vendeuse por parte do Partido Popular, que era un gran acordo de financiación, e as Entidades Locais, por fin, ían a estar ben financiadas como lle correspondía, ¿verdade?, a realidade non era esa, en absoluto, non o era, e non houbo maneira, de que, cando menos na administración local de Galicia, houbera outro tipo de acordo, diferente daquel que foi o que se …, como case pasa entre a FEMP e o Goberno do Estado, pois na FEMP ten a maioría o Partido que ten o Goberno do Estado, polo tanto, todos a aplaudir e a darlle ás orellas como locos, ¿verdade?, ese é un mal endémico, o mal endémico é o que hai dentro de moitos asuntos, pero da financiación dos concellos e das Deputacións en particular. Ben, resulta que ese acordo, ese acordo permitiu ir tirando, permitiu ir tirando mentres houbo liquidacións positivas, ou sexa, que o Estado facía unha previsión, remitía uns cartos e ó cabo de ano e pico, pois, dun ano, mandaba a maiores a liquidación positiva, entón, permitiu ir tirando con ese acordo malamente, pero o acordo estaba viciado de entrada, e agora, pois resulta que esas previsións engánase, igual que se enganaban antes por abaixo, engánase por riba e resulta que sobran, pon a administración local, non só no déficit de que a maiores estaba recibindo todos eses anos, senón, que aínda por riba na obriga de volver, sobre a previsión, axustado á realidade de aquel acordo. Ben, que algún grupo político que estivera en pleno desacordo con aquel pacto que houbo, para chegar a lei máis o decreto que se sacara no Goberno do Partido Popular, presentara esta moción, pois, que diría, seria coherente que a presenten vostedes, en fin, ¿que quere que lle diga?, ¿que quere que lle diga?, remitindo que non hai un pacto, vostedes presentaron daquela o pacto como a gran solución á financiación local. Máxime cando, cando digamos, había liquidacións positivas, o Estado liquidaba todo xunto inmediatamente, e agora pide que se devolva en catro anos, ou sexa que, unha de dúas, ou o acordo estaba moi mal ou pouco se pode criticar, e basicamente, o acordo estaba moi mal, ou sexa, o acordo era moi malo e moi lesivo para as administracións locais. Ben, esa é unha parte do asunto co que, obviamente, tal e como está redactado, pois é difícil estar de acordo, nós sempre defendemos que tiña que haber unha financiación da administración local galega, pois, centrada nas necesidades do servizo, e chegar a un sistema que non dependera na participación de tributos, non dependera…., podía haber complementos deso, pero dende logo, non a estrutura fundamental, vamos, da financiación local. Eu creo que con iso queda claro, quero dicir, o que no pode ser, é que vostedes dixeran que era un gran acordo, cando había, cando funcionaba, con liquidacións positivas e agora ninguén di que é un pésimo acordo, claro, porque foi seu, pero agora digan que hai que cambialo, cando funcione con negativas, con liquidacións negativas. Entón, poñamos as cousas no seu sitio, alegraríanos moito, que isto fora un cambio de posición do Partido Popular de Galicia, e que en vindeiras ocasións ou cando se fale disto, tivera unha postura propia e diferente daquelo que sucedeu nos anos cando gobernaba Aznar, alí encontrarémonos sen ningún tipo de problemas, mentres tanto, a verdade é que, se o sistema é bo, e cando ten consecuencias vengativas, entón non, pois a verdade é que me parece bastante contraditorio e demagóxico, unha maneira de saír do paso. Con respecto do endeudamento, xa puxemos, creo que bastante claro o noso posicionamento, creo que xa o deixamos moi claro, e parécenos francamente disparatado que a administración local, que en contra do que dixo o portavoz do PP, supoño que sería un trabuque, xera déficit 0, porque non pode ter conta negativa, senón cae na inestabilidade, pode haber algunha que estea negativa, ou sexa, a administración local xera déficit 0, endebedamento, pois por debaixo do 10%, pois o que sexa, digamos, bueno, se vexa afectado por estas medidas, que ó final a quen máis …, xa o mesmo acordo, a mesma norma de estabilidade son algo así, como aquilo que pasara no mundial do 82, das débedas dos clubs, que os que estaban moi endebedados, e pintaron a cana verde, e debían á seguridade social e non sei que, saneounos o Estado, e os que non estaban endebedados, resulta que non recibiron nin un duro, pois é algo parecido, ou sexa que, un concello que estea moi endebedado e incluso estando en remanentes negativos, pois, pode seguir pedindo crédito, e vamos a quitar o remanente negativo, está moi endebedado, e non pode aumentar xa esas normas, que son súas, tamén polo Partido Popular, por certo. Pero en todo caso, quero dicir, cando vai haber menos ingresos nas administracións locais, por transferencia do Estado etc., ás administracións saneadas prohibirlle, recorrer a crédito, bueno, traducido, obrigarlle a amortizar, digamos, obrigarlle a reducir a débeda, na práctica pois parece bastante disparatado, así o fixemos público no seu momento e demais, entón, nese segundo punto estamos de acordo. Mire, no primeiro pois, e que é unha aplicación da súa lei, é unha aplicación xenerosa, nós non estamos de acordo coa lei, non estamos de acordo co acordo, vamos, co acordo que se fixo no seu momento de financiación local, pero bueno, paréceme moi oportunista. Entón, tal e como está a moción en conxunto, se se puidera votar por separado, votariámolo, senón absteriámonos no conxunto, porque no endebedamento si, e o outro pois, parécenos farisaico, ou sexa, se fora instar ó Goberno do Estado e que cambie o sistema de financiación de verdade, pero, aplicando a súa lei o seu decreto, do PP, resulta que a administración local tería que devolver todo no ano 2008, no 2010 tiña que devolver todo, empeza no 2011, e tal, pois mire, nós non estamos de acordo en que haxa que devolvelo, pero por outros motivos, non porque non se sabe que, como vostedes que foron os que fixeron a lei, polo tanto ese é o noso posicionamento. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Bueno, de alguna manera, ya queda dicho ahora, pero esto de cuestionar las reglas del juego una vez empezado el partido y reglas del juego aprobadas por ustedes, es de un cinismo bastante elevado. Piensen un poco más a la hora de redactar mociones, porque ustedes aquí lo que vienen proponiendo es una ilegalidad absoluta, o sea, instar al Ministerio de Economía e Facenda que deixe sen efecto á liquidación negativa correspondente ós exercicios …, yo iría más allá, o sea que, no que deje sin efecto, que la anule que la haga positiva y que vuelva a repartir dinero, o sea, puestos a pedir. En cualquier caso, utilizar esta casa como caja de resonancia en un tema que …, o sea, ustedes tienen la confianza de que si esta moción se aprueba, el Ministerio de Economía, bueno, da marcha atrás, se va a asustar, es usar esta institución con una intencionalidad política que, paradójicamente, deja en evidencia a su grupo parlamentario, o sea, muy poquita confianza tienen ustedes en el Sr. Rajoy, en su grupo parlamentario, sobre todo en un momento en que se están elaborando los presupuestos generales del Estado, que había enmiendas, ustedes tienen ahí, pues el grupo mayoritario de la oposición, yo creo que es canal oportuno, o que esta moción se dirija a la FEMP, que es la que representa los municipios y provincias, ahora traerla a esta casa con ánimo de, pues, ponerle un altavoz a este debate, mezclar la dificultad de la financiación de las corporaciones locales con esta liquidación, pues tampoco tiene sentido. Pero esta moción en particular, evidencia su gran cinismo político, que ustedes vengan aquí para que se inste al ministerio de Economía para que no haya que devolver la liquidación negativa y que ustedes en un plan anti crisis hayan aprovechado la oportunidad para resolver las deudas que tienen los ayuntamientos de la provincia con esta casa, porque claro, se le descontaron 6 millones, de la participación que le tocaba a cada ayuntamiento, esta casa aprovechó la coyuntura, debió ser una semana en que no había crisis, debió ser una semana en que los ayuntamientos no tenían problemas económicos y usted le deduce, ¿usted se imagina lo que dirían si el estado en el último plan E, aprovechara la coyuntura de lo que le toca a cada ayuntamiento, y hubiese descontado esta deuda, se imagina lo que dirían?. Hombre, claro, aprovechan para descontarlo de otra historia, pero de un plan anticrisis que viene a intentar ayudar a los ayuntamientos, una situación crítica, que ustedes en una sentada, que también podría haberlo prorrateado, pero en una sentada le sacuden a todos, pues ya digo, entre todos los ayuntamientos que tenían deuda, que no son todos, pero veo que si la mayoría, pues son 5 millones de euros, que esta casa se reembolsa y ahí ya no hay crisis en los ayuntamientos, allí ya es otra cuestión. Con respecto al endeudamiento, a ver si se ponen de acuerdo, primero, hombre, pongan el punto bien, porque no hay una prohibición de pedir crédito, está por regular, se habla de un 70, de un 90 %, está en la ley de presupuestos donde se va a concretar esa cuantía. Pero póngase de acuerdo con el Sr. Rajoy, porque esta misma semana, esta misma semana, declaró que los ayuntamientos tenían que reducir su deuda, esta misma semana, es decir, si ustedes vienen aquí defendiendo la posibilidad de esa deuda, pues nos parece paradógico, nosotros apoyaríamos un acuerdo similar si en vez de estar dirigido al Ministerio de Economía e Facenda, estuviera dirigido a la FEMP, que es en realidad a quien nos tenemos que dirigir en este tipo de cuestiones. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Ten a palabra D. Perfecto Rodríguez. Sr. Rodríguez Muíños.- Moitas gracias. En referencia ó manifestado polo portavoz do BNG, sobre o sistema de financiamento local, todo sistema de financiamento non pode ser invariable no tempo, de feito, temos coñecido como ó longo de toda a historia democrática, houbo distintos sistemas de financiamento autonómico recentemente volveuse a abordar un novo sistema de financiamento autonómico, e está claro, que na situación actual tense que modificar o sistema de financiación local, posiblemente o sistema de financiación feito no seu día, sairá máis beneficioso paras as grandes cidades, posiblemente teñan máis peso en xeral todos na FEMP e era mellor, pero está claro, que non pode haber un sistema invariable no tempo, e toca un novo sistema de financiación local, e en iso estamos de acordo, e dende logo o Partido Popular de Galicia esta tamén de acordo, en que se debería incluír nese sistema de financiación local, criterios importantes como a dispersión xeográfica, porque non é o mesmo dar servizos a un número determinado de habitantes nun único núcleo de poboación que en moitos núcleos, iso é algo que estamos de acordo, e na Fegamp estamos sempre de acordo, e o solicitamos por unanimidade en todo os grupos, pois por suposto que hai un novo, é necesario un novo sistema de financiación local, agora, criticar o sistema de financiación local do 2002, para intentar desviar a atención do que aquí solicitamos, e que tendo en conta as circunstancias que se están vivindo, que se aprace esa débeda, que non se empeza a pagar no 2011, que se no futuro se melloran as circunstancias, esa devolución que teñen que facer as entidades locais, as fagan a partir do 2012-2013 e máis anos, para que non lle supoñan unha asfixia económica para o gasto corrente dos concellos no ano 2011, que nos vai a pasar, no é ningunha ilegalidade, o que pedimos é que se aprace, e insistín cando lin a moción, aínda que na redacción fala das dúas cousas, insistín, que o que realmente pedimos é que se aprace, a FEMP solicitou isto, e máis, remitiu a todas as administracións locais para que secundaran acordos similares, é dicir, a FEMP remitiu a moitos concellos para que aprobaran mocións, non quero dicir que esta sexa exactamente a enviada pola FEMP, pero remitiu, é dicir, este é un aspecto, non é unha moción de cara á galería, para falar de política xeral, é unha moción que afecta directamente a esta institución, e a todas as institucións a que representen esta institución, é dicir a toda administración local que está aquí representada nesta institución provincial, polo tanto, se hai unha moción que ten motivación para traer a esta casa e para poder debater nesta casa, é esta, porque afecta á financiación desta institución e afecta á financiación de todas as administracións locais da provincia de Pontevedra, que esta institución representa. Polo tanto, non se trata de cambiar as regras do xogo, se trata, en definitiva, de que a débeda que está aí, que se aprace, estou seguro que para as contas do Estado, o aprazamento de que a devolución que teña que facer a administración, en lugar de empezalas a facer no ano 2011, se fagan a partir do 2012 ou 2013, e se fagan en 8 anos ou en 10 anos, non lle supón ás arcas do Estado un desequilibrio enorme nos presupostos xerais do Estado, sen embargo, a cada un dos concellos lle supón un tremendo desequilibrio, respecto ó que falaba o portavoz Socialista, do que aplica esta institución na dedución da débeda do plan anticrise. Estou seguro que a maior parte dos concellos, houbesen preferido que esta débeda lla reduciran do Plan E, e que nos anos seguintes a gasto corrente, lle houbese … si, si, eu firmaría que me deduciran do Plan E parte desa deuda, que tivera menos do Plan E, e que no ano que vén, na participación dos tributos do Estado tiveran máis ingresos, estou seguro que moitisimos concellos de todas as cores políticas firmarían esta cuestión, moitisimos, lle deduciran a débeda. Porque ó final, o que afoga ás administracións locais é, sobre todo, o gasto corrente, sobre todo o gasto de moitisimos servizos que estamos prestando, incluso en moitas competencias impropias que non nos corresponden, é un problema que vén de 30 anos atrás, en toda a historia da democracia nunca se abordou en serio a reforma da administración local, niso estou de acordo, ningún Goberno, pero por suposto, e o digo como o penso, que moitisimos concellos aceptarían esa proposta que fixo, que lle reduciran ese tema, e que supera que nos sucesivos anos os ingresos na participación dos tributos do Estado, que é a base do orzamento dos concellos, do ingreso dos concellos, que poden atender o gasto corrente, o gasto do persoal, gasto de subministracións básicas e que non se encontren na situación de asfixia como algúns concellos se teñen encontrado. Entón, aquí pedimos algo tan sencillo, ningunha ilegalidade, algo tan sencillo, que non supón cambiar as regras do xogo, a débeda está alí, é o sistema de financiación local, moi ben, non hai outro, pero nada impide que se poida aprazar, sería unha decisión política do Goberno do Estado, na Lei de orzamentos que está elaborando, e que hoxe aproba ó parecer o Consello de Ministros, no Proxecto da lei de orzamentos do Estado, que prevén ese aprazamento, que en lugar de empezar a pagar a deuda no 2010, se empezara a pagar a partir do 2011, e fora en máis anos en lugar de en 4 non nos suporía ningunha quebra do que son os números do orzamento do Estado, e si que suporía para administración local un importante alivio. E repito, en canto ó nivel de endebedamento, o único que reproducimos é do que acordou a FEMP, incluso con posterioridade ó anuncio feito pola Ministra, entón, independentemente do que teña que debaterse, do que se debaterá no Congreso dos Deputados referente á lei de presupostos do Estado, creo que esta institución debe pronunciarse sobre un tema tan importante, como é, a financiación local en xeral, pero agora o que toca é o máis inmediato, temos que elaborar dende xa, moitos concellos, os orzamentos do ano 2011 e ímonos a ver locos, ímonos a volver locos, para poder cadrar os números, cando con un mínimo xesto do Goberno do Estado poderíase paliar, en parte, esta pifia financeira. Polo tanto, mantemos as dúas propostas, ben entendido, que na primeira o que pedimos é o aprazamento da débeda máis alá, en lugar de que se empece a pagar no 2011, que se pague a partir do 2012, e repartila en máis anos. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Perfecto Rodríguez. Ten a palabra o D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. Cando se fala de financiación local, sempre hai a dúbida de falar dun aspecto concreto, falar en xeral, entón, ó final nin unha cousa nin outra, mestúrase absolutamente todo, é obvio que a administración local está mal financiada, é obvio que os concellos non se limitan a prestar os servizos que teñen adscritos por lei, é obvio que as outras administracións se xunten, o Estado lle cargue ós concellos cuestións que non lle corresponden segundo a Lei de bases de réxime local, é obvio que os concellos nunca protestan, nunca protestan pero nunca se chega a ningún acordo substancial que ensine os dentes por iso e demais. É obvio que o sistema de financiación que hai, pois é malo, vai mesturado con todo o demais, pero é malo. A nós a moción, é que nos sorprende, porque si se dá por bo o sistema de financiación que hai actualmente, que nós non o damos, non o damos en absoluto, creo que é ben coñecido o noso cuestionamento nese particular, resulta que pide adiar a débeda, pero xa está adiada, había que devolvela este ano, está retrasada xa, fraccionala, tamén está fraccionada, entón todo o problema é, ¿que se retrase un aniño máis?. Son xa 4 anos ou 5 se hai dificultades, tal e como está agora, se ese é o gran problema da financiación local, vaia, podemos aplaudir todos, todos sabemos que non é iso. Entón, francamente, non alcanzamos …, ou sexa, ¿estamos de acordo co sistema de financiación?. Pois, iso é unha postura de fondo, non estamos de acordo, vale, presentemos unha moción dicindo que non estamos de acordo, non, pero non se trata diso, trátase de se o Goberno do Estado retrasou a devolución da débeda, que parece que todos estamos de acordo, eu teño moitas dúbidas, pero que hai que devolvelo. Entón, retrasouno un ano, e fraccionouno en 4 anos máis un máis, 48 meses ou 60. Entón, o problema é, ¿non?, que o retrase un pouquiño máis, e que o fraccione un pouco máis, ¿e todo iso é o problema da financiación local?. Francamente se é todo iso o problema, pois non sei de que estamos a discutir, francamente, porque se estamos de acordo, vostedes parece que están de acordo niso, todo o problema é ese matiz, dende logo, entendo que sexa tan feble, tan pobre, o asunto, pero claro, vostedes non poden estar en contra da lei que aplaudiron nin do sistema que aplaudiron, entón agora, pois é consecuencia do sistema, que nós estamos de acordo, pero en fin, a discusión parece que se limita ó final, quitando o endebedamento, que parece que estamos de acordo en modificar, e que o Goberno do Estado, retrasou, aplicou o Decreto Lei, a Lei do 2002, e máis o decreto 2004, e podía retrasalo, podíano retrasar, pero retrasouno, retrasouno un ano máis, ofreceron 4, entón non, que retrasen uns meses máis e que o fraccionen máis, ¿é todo iso o problema?, a verdade é que non, para esta viaxe non facía falta usar forzas, cando queiramos discutir en serio e se logra vostede unha postura común, na liña que sexa, porque isto é o da financiación local, é cando se fala de insuficiencia da financiación da administración local hai 50 interpretacións, e paréceme que aínda nunca acadamos que houbera unha ou dúas, e polo menos tirar para un lado, entón, porque aquí cada alcalde ou alcaldesa ou o que sexa, queda moi mal se …, mire isto non é competencia miña, parece que iso queda feo, hai que pagar toda a vida para ver, hai que facer …, o famoso “hai que”, que nunca se sabe cal é, porque liña se vai pola financiación. Tamén aquí hai unha incoherencia que, se cadra está aí o fondo da cuestión, que era o famoso alcalde ou alcaldesa pedigüeño, un bo alcalde é o que dá pedido máis, que vai a un sitio amigo, enemigo, o que sexa, dalo, e logra que, e logra que, e logra que lle dean ou que non lle dean, ou polo menos ten expectativa, ou sexa pasa, e vostede sabe como alcalde que se pasan máis da metade do tempo de despacho a despacho, coa gorra, a ver, poño aquí a gorra a ver o que me cae, é unha auténtica miseria, é unha miseria como está a administración local, pero parece que ninguén lle quere poñer o cascabel ó gato, ninguén llo quere poñer, e estamos discutindo, e atrasamos 15 días ou un mes un pagamento que está atrasado ou non, de verdade, que para esta viaxe non facían falta esas alforxas. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, para responder a la hipocresía de esta casa, en la devolución de los anticipos, del plan anticrisis, se me agarre usted diciendo que hay ayuntamientos que vería con buenos ojos, que del plan E se descontase la cuantía, le entendí eso, para justificar su hipocresía, me argumenta eso, estoy convencido, estoy convencido de que si a la administración del Estado se le ocurriera ese descuento, ustedes pondrían el grito en el cielo, pero si es cierto, y creo que lo que me está diciendo, yo creo que tenemos aquí la solución delante nuestra, es decir, puestos a destinar un dinero a cuenta de otro, desvestir un santo para vestir otro, yo creo que con el plan anti crisis de la Diputación, modificamos las bases y que ese dinero se pueda destinar a amortizar esa deuda, siguiendo su razonamiento y aquí paz y después gloria, es que nos da el dinero, nos olvidamos de la crisis, nos olvidamos de la situación de apuro de los ayuntamientos y quedamos muy bien, yo creo que este debate fue positivo en ese aspecto, nosotros incluso apoyaríamos ese propuesta, si usted ve con buenos ojos, vería con muy buenos ojos que del plan E se pudiese deducir esa deuda, como el Estado no quiere y la Diputación somos más conscientes porque estamos más próximos a los ayuntamientos y conocemos mejor sus necesidades que en el plan de anticrisis de la Diputación, se pueda pagar esa deuda, si ustedes lo ven así. Yo de verdad, es de una hipocresía tal esta moción, que yo si fuera el ponente la retiraría inmediatamente. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Muradas. Ten a palabra D. Perfecto Rodríguez. Sr. Rodríguez Muíños.- Si, gracias Presidente. Para concretar dous aspectos nada máis. Comparto co Sr. Mosquera, que o problema está na financiación local, que hai que abordar, pero iso é un tema que non depende de nós abordalo, depende da iniciativa do goberno do Estado, de abordar o tema da financiación local, o actual Presidente do Goberno non o abordou, o que estamos falando agora é dun problema inmediato que temos aí, por suposto que encantaríame que aquí se puidera estar debatendo o modelo de financiación local, pero non nos corresponde, e menos agora senón toma a iniciativa o Goberno do Estado. Pero mentres non se aborde un novo sistema de financiación local, temos un problema aí inmediato, que pedimos que se aprace, porque ademais, esa débeda non está causada por que si, nin polo sistema de financiación local, esta causada por unha mala previsión do Goberno do Estado cando elaborou os orzamentos. É dicir, e por iso respondendo agora ó Portavoz Socialista, estou seguro que cando se anunciou o primeiro Plan E, e o segundo Plan E, se todos os concellos supéramos, cando se anunciou no 2008 para o 2009, o que nos viña encima despois, na participación dos tributos do Estado, estou seguro que moitisimos concellos preferían negociar menor inversión no Plan E, e máis garantía de financiación a través da participación nos tributos do Estado, a iso me refería, iso é o que eu quería dicir do Plan E, o que non ten sentido, é que dentro dos orzamentos da Deputación, a Deputación, si que nese sentido fixo un plan de inversións específico, e as débedas que tiña llas aplicou. Ben, o Estado nos regalou un Plan E sen anunciarnos que durante e a partir do ano 2010, íamos a estar devolvendo contías similares ó Plan E nos próximos anos. Estou seguro, que á maior parte dos concellos, se no 2008 cando se anuncia o Plan E, lle explican a evolución que ían a ter a participación dos tributos do Estado, moitos houbesen preferido negociar, investir menos no Plan E, e ter máis garantía de transferencia de participacións dos tributos do Estado, estou seguro que moitos alcaldes e alcaldesas firmarían ese tema. Entón agora, loxicamente, non se pode cambiar o que hai, o que se pode, é intentar que nos orzamentos que elaboran por parte do Estado, se teñan en conta estas cuestións moi concretas, que se aprace a débeda que non está xerada polos concellos, senón por unha mala previsión do Goberno na elaboración dos orzamentos do ano 2008. E segundo, que se permita o endebedamento nos termos en que aprobou a FEMP, por unanimidade, que ademais a FEMP sabe perfectamente, que a preside un socialista, e que pide que se adecúe o porcentaxe de endeudamento local, de maneira que ningunha entidade local saneada e con capacidade para atender, e sabe perfectamente que pode haber concellos que teñan un nivel de endeudamento por encima do 75, e que teñan, sen embargo, poidan xustificar capacidade perfectamente para amortizar esa deuda, e outros que non. Entón, que se analice cada caso en concreto, hai que ter en conta que hai que considerar que ocorre con moitos concellos que teñen proxectos plurianuais, e que ó mellor teñen un nivel de endebedamento superior ó 75%, pero que pode ter e demostrar perfectamente que teñen capacidade de amortización deses novos endebedamentos. Ó final o decreto que publicou o Goberno á metade de ano, demostrouse que se fixo con total descoñecemento da realidade local, ratificouse ó día seguinte, vía corrección de erros, vaise volver a ratificar agora, pero sen sentarse a negociar cos representantes das administracións locais, a FEMP incluso, porque o anuncio que fixo a Ministra, ó día seguinte a FEMP aproba unha cousa distinta e concretando uns temas, iso é o que tratamos. Por suposto que hai que aportar un novo sistema de financiación local, niso estamos todos de acordo, agora o que nós solicitamos aquí é algo inmediato, que non é un sistema de financiación local, non se resolve en 2 meses, nin nun mes, estes problemas que temos agora de cara ó presuposto do ano 2011, é inmediato, e iso era o que pedíamos. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Perfecto Rodríguez. Procedemos polo tanto á votación da moción proposta polo Grupo Provincial do Partido Popular, relativa á liquidación negativa dos concellos na participación dos ingresos do Estado, tamén á súa capacidade de endebedamento. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobada. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) relativa á liquidación negativa dos Concellos e das Deputacións na participación nos ingresos do Estado e á súa capacidade de endebedamento. Dita Moción é como segue: “O Grupo do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa á liquidación negativa dos concellos e das deputacións na participación nos ingresos do Estado e á súa capacidade de endebedamento. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- O Ministerio de Economía vén de facer públicos os datos relativos á liquidación da participación das entidades locais nos ingresos do Estado correspondentes ó exercicio de 2008. 2.- As entidades locais galegas, como consecuencia da liquidación do ano 2008, deberán devolver 106.284.655 euros. As cidades deben 22,3 millóns e as deputacións, 47. Á Deputación de Pontevedra correspóndelle devolver 14,1 millóns. 3.- Ese diñeiro hai que devolvelo entre 2011 e 2014: o problema é que no 2009 a liquidación dos concellos volverá a ser negativa e a cantidade a devolver á Administración Central, por causa do seu cálculo erróneo, será moi superior á do ano 2008. A conclusión é que, nos vindeiros cinco anos, a Administración Local deberá devolver preto de 6.000 millóns. 4.- A esta situación hai que engadir que o Goberno de España continúa incumprindo o seu compromiso de abordar a reforma do financiamento local para garantir o principio de suficiencia das facendas locais. Para garantir esta suficiencia, o Goberno do Estado debería garantir, como xa fixo a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local no ano 2010, que ningún concello perciba menos ingresos durante o ano 2011 en concepto de participación nos ingresos do Estado que os que vén percibindo durante o ano 2010. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopte o seguinte ACORDO: - Instar ó Ministerio de Economía e Facenda para que deixe sen efecto a liquidación negativa correspondente á participación nos ingresos do Estado do ano 2008 ou que, no seu defecto, se poida aprazar o seu pagamento. - Instar ó Goberno de España a que suprima a prohibición de endebedarse ós concellos pois non son iguais todos os casos nin as distintas situacións financeiras dos entes da Administración Local.” 6.5998.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO TREN DE ALTA VELOCIDADE (AVE) NO TÚNEL DAS MACEIRAS (REDONDELA) Sr. Presidente.- Punto número 6. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a paralización das obras do tren de alta velocidade (AVE) no túnel das Maceiras (Redondela). Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. Ben, o Partido Popular presenta unha moción a este Pleno relativa á paralización das obras do tren de alta velocidade no túnel das Maceiras, concretamente en Redondela. Isto vén motivado porque recentemente nunha carta remitida pola empresa adxudicataria dos traballos de construción do tren de alta velocidade no túnel das Maceiras en Redondela, unha carta remitida, digo, ós traballadores, onde a empresa lles comunicaba ós seus empregados a extinción dos seus contratos a partir do 18 de setembro, precisamente porque finalizaban os traballos do proxecto do eixo atlántico de alta velocidade do tramo Vigo-As Maceiras, iso era como, digamos, como rezaba a carta que lle remitían ós traballadores. Este feito, obviamente, evidencia que hai unha paralización clara do que é, non so o túnel, senón, practicamente, non se sabe se funcionan as tuneladoras, ou se non funcionan, se están avariadas, se as están arranxando ou non as están arranxando, e o feito agrávase pola circunstancia de que hai varios, outros tramos paralizados, o problema non é tanto a moción, na que nós pedimos que o Pleno desta Corporación se prenuncie para instar ó Ministerio de Fomento a que reactive de inmediato as obras desta infraestrutura vital para esta provincia, e non se incrementen máis os retrasos. O Ministerio no seu momento, por boca do seu Ministro, dixo que, a inversión deste ano no AVE que estaba blindada, de feito estaba tan blindada, que para iso se fixo o pacto do Obradoiro, e digo eu, ¿para que se fixo o pacto do Obradoiro?, para que se fixo, se se rezaba que no ano 2015, á finais do ano 2015, tiñan que estar conectadas con AVE, con Madrid as cidades galegas, e no que vai de ano, ¿que obras se adiantaron?, ningunha; ¿que prazos se cumpriron?, practicamente ningún, case se pode dicir que foi un ano perdido, que é certo que a realidade é que a día de hoxe vai licitada aproximadamente un pouco máis do 30% dos 4.678 millóns que se comprometeron no pacto do Obradoiro, polo tanto, se vai cerca dun 30 e pico por cento, e falta esa cantidade tan importante, que é case do 70%, vai ser difícil que no que queda de ano se dean licitado, polo tanto, eses máis de 3.000 millóns que faltan por licitar, senón se pon as pilas o Ministerio vai a ser difícil que se cumpran. En todo caso, nós aquí na moción, limitámonos ó túnel que ten as obras paradas de Maceiras en Redondela, pero podíase facer extensivo practicamente a todo o que é o AVE de Galicia, porque, obviamente, por moito pacto que estea firmado no Obradoiro, vemos con moita dificultade que se poida cumprir. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas grazas Sr. Presidente. A ver, o Sr. Crespo meteu un elemento que creo que é interesante comentar. Mire, eu ata onde seguimos, pois por exemplo, a famosa “ Y vasca”, ninguén dixo que se ía rematar antes do 2016-2017, e o tren, vamos, o AVE a Barcelona deron os seus prazos, así moi largo e tal, e aquí en Galicia parece que é territorio distinto, entón, todo aquel que administra, sexa na Xunta ou sexa no Estado, algo que, hipoteticamente, estase a facer ou se vai a facer, parece que sempre nos ten que ofrecer uns prazos, que o único, que alguén que teña a máis mínima experiencia nas dificultades e nas tramitacións das obras pois o único que pode é escacharrarse de risa, e nos están mareando continuamente, que se no 2010 ou no 2015 firmamos pactos, facemos non sei que, levamos alí uns de librea, para que quede máis mono na foto, a firma e non sei canto e demais. Digo esta reflexión, porque xa houbo que escoitar con respecto ó AVE, autovías e demais, que ían a estar acabadas practicamente antes de empezar, xa no 2008, 2010, bueno, ían a estar acabadas antes de empezar máis ou menos, cando calquera botando man de, xa sen falar de financiación, botando man dunhas mínimas contas do que tardan as cousas, os trámites e demais e as obras, pois dálles unhas contas que son absolutamente inviables, entón é o deporte, parece que é o deporte nacional galego, como dicir, “no …, no 2010 …, no 2008, no, no, no …, agora retrásase …, non, adiántase”, pero ó final nunca se nos dá nun prazo realista, a nós sempre se nos dá unha sensación, con respecto a todas estas cousas, bueno, digo con respecto a ese elemento, entón aceptamos o 2015, despois xa non é 2015, é 2010 ou 2011, é unha auténtica …, xa digo, que é un deporte moi de aquí, noutros lados tamén pasa, pero bastante menos, parece que á sociedade hai que dicirlle a verdade, e dise, mire o prazo é este, máis ou menos, pode haber incidencias e tal, pero máis ou menos é realista. Aquí, non sei se é porque se pensa que a sociedade galega, pois perdoa todo, polo tanto se se di o 2008, despois o 2015, e despois o 2050, dá igual, ou se hai que ofrecerlle, non, así cousas de magos, pero é unha practica bastante habitual e bastante cabreante, que ó final nunca se di a verdade aínda que despois pode ter perturbacións, sempre se fan cousas dese tipo que non dan para nada. Bueno, dito iso, que creo que a reflexión era necesaria, con respecto á moción en si, como fixemos na Comisión, vamos a votar a favor, paréceme unha cuestión que hai unha paralización real desas obras, non oficial por outro lado, nunca se dixo que se parara por non sei que e demais, ningún motivo se dá. Polo tanto, vamos a votar a favor para instar ó Ministerio de Fomento que reanude esas obras o antes posible. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra o Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Bueno, yo esta moción, la entendería, me parece injusta, y la entendería si se anunciase algún tipo de recorte o paralización como estamos haciendo la mayoría de administraciones, porque aquí parece que la crisis solo es para el Estado, y el resto podemos congelar, aplazar, anular, etc. Y justamente el tramo que se está cumpliendo, porque me informé sobre esta materia, para que ustedes se mueven de rama, desde que presentan una moción a que llegue al Pleno, cogen más información, la maduran más y entonces corrigen aquí sobre la marcha, igual lo que hace su compañero con las haciendas locales, usted ahora esto lo extrapola al resto de Galicia. Yo de este tema me informé y le puedo decir que la carta de despido es la carta lógica y razonable cuando una empresa hace una obra por contrato de obra y se extingue el contrato. No le veo el drama, traducir eso en que hay una paralización, yo diría todo lo contrario, que hay un adelanto, hay un adelanto, a estas alturas del año ese tramo que estaba adjudicado prometido está hecho, el otro tramo hay una avería de una tuneladora, que por lo que me dicen está prácticamente arreglada, está en plazo de ejecución y no le veo el drama, es que justamente en este punto no le veo el drama, ni siquiera el debate es que, ni siquiera le veo el debate. Hombre, a mi me gustaría que ustedes estuvieran rápidos de reflejos en las actuaciones reales, porque la Xunta de Galicia tiene para dar y tomar con temas de esta índole, no hablemos de infraestructuras, ya no hablemos de centros de salud, etc., etc.; a la Xunta si le vale paralizar, si le vale la crisis, ahora el Estado justo en una obra, que cumpliendo los vamos a instar. Bueno, tiene, la cosa es paradójica, de verdad. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Muradas. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, dicirlle en primeiro lugar ó BNG, que agradecemos o voto favorable, pero sobre os temas dos prazos e dos pactos ninguén ten culpa, nada máis quen os fai, porque no seu momento o Ministro quixo vir a Santiago a firmar o pacto do Obradoiro, e a Xunta díxolle pacto si, pero con datas e con partidas comprometidas, senón que non había tal pacto, e o Ministerio dixo que si, polo tanto quen puxo as datas foi precisamente o Ministerio, non foi a Xunta de Galicia, simplemente para que non quedara nun paripé dun apretón de mans entre o Presidente Feijoo e o Ministro Blanco, para que non quedara nun paripé, pois a Xunta lle dixo, queremos datas, entón con datas encima da mesa, por iso se puxeron datas, non por outra cousa. O que é certo, é que había unha partida comprometida de 4.678 millóns euros que é unha partida tremendamente importante, e que a día de hoxe vai máis ou menos tramitado un pouco máis que o 30%, iso é o que preocupa, ninguén se pode crer, que no que queda de ano se vai a licitar o 70%, é practicamente imposible, e eu non digo que a crise non lle afecta a todos, claro que afecta a todos, os que nos toca rexer nos concellos temos os mesmos problemas, igual que toda esa verdade é que eu estou de acordo en que hai que dicila. Con respecto ó que di o Partido Socialista de que é inxusta, home, vamos a ver, eu creo que hai unha paralización evidente deste tramo, outra cousa é que non o queiran recoñecer, pero eu creo que polas razóns que sexan, e eu entendo tamén que o Ministerio tamén economicamente faltan eses 3.000 millóns por adxudicar, pois aínda que os teña consignados, pode haber outros problemas de carácter de Intervención ou que equivalan no Ministerio, para poder frear ó mellor a licitación, non creo que sexa precisamente por culpa do Ministro, no sentido de que el non quixera, a el seguro que lle encantaría coller os 3.000 millóns de euros que faltan e licitalos dun golpe, para eles sería un golpe de efecto bárbaro, estou convencido de que o faría encantado se o puidera, o problema é que hai uns mecanismos legais que non o permiten. Polo tanto, a realidade é a que é, pero non puxemos prazo nin a Deputación nin a Xunta de Galicia, os prazos puxos o Ministerio, e nós o que queremos con esta moción, non diga vostede que é inxusta, é simplemente meterlle presión para dicirlle, “Ministerio, que che falta o 70% da adxudicación, do que prometiches no pacto do Obradoiro polo AVE, ponte as pilas porque che quedan 3 meses escasos, e se contamos Navidad, pois aínda menos, para licitar unha cantidade importante de millóns de euros, que vai ser practicamente imposible. Polo tanto, independentemente de que sexa imposible licitar os 3.000, se polo menos licitaran unha cantidade significativa dos mesmos, pois benvido sexa, pero coas trazas que levan, pois dificilmente, porque se en 9 meses solicitou o 30%, pois estamos aínda lonxe, estamos bastante lonxe. En todo caso, nós vamos a mantela, é dicir, que soamente é unha moción para que se poña as pilas o Ministerio, non se trata de meterlle o dedo no ollo a ninguén, o Ministerio se cumpre, ó final poderá coller e dicir, señores nós dixemos que nesta data estaba feito, no 2015, que había AVE das cidades galegas a Madrid, e está feito, polo tanto cumprimos, ou tamén poderá dicir, no 2009, no ano 2009 firmamos que a 31 de decembro do 2010 estaban licitados 4.678 millóns correspondentes á anualidade 2010, que os consignamos en presupostos, e polo tanto se está feito, dentro de 3 meses, Sr. Muradas, poderemos sabelo, e se o Ministerio cumpriu, ó mellor vostede ten que traer aquí unha moción e ó mellor votámoslle nós a favor, dicindo, felicitando ó Ministerio. Pero moito me temo que vai a ser bastante complicado, pero bueno, oxalá estivera licitado, que eu, persoalmente, encantaríame votarlle a favor, e en vez de darlle un tirón de orellas, felicitariámolo, porque se el cumpre cos pactos do Obradoiro o día 31 de decembro están tramitados 4.678 millóns de euros. Polo tanto, como a sartén polo mango tena o Ministerio, o Ministerio pode cumprir perfectamente. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, é que a realidade é a que é, entón, ¿que é o que está sucedendo con estas obras?. Pois en principio non nos foron especialmente afectados os recortes nominais, pero si reais, un pouquiño complicado de explicar pero creo que é bastante claro, cando unha obra bota a andar, está adxudicada, non ten nada que ver, está adxudicada Sr. Crespo, pois ten unha anualidade, obviamente senón se gasta a anualidade, pasa á seguinte e desvíase para outro lado, e se se gasta, pois a obra non se para porque se gasta, senón que se incorpora doutra que non se acabou ou para seguir, e claro, en canto o Ministerio de Fomento di, que se se agotou a partida para este ano, non se lle pon un euro máis, e senón se agotou pérdese, na práctica está habendo un recorte real, está habendo un recorte real, ou sexa, que o do vaso medio cheo ou medio baleiro, ou sexa é a auga que hai, se son 100 ml., son 50, bueno, cada un que o mire como queira, entón o real é que se unha obra excede, ou sexa, ten algún problema e atrasouse, non se desvía para outro tramo, o cal a consecuencia real é un retraso, as obras é imposible saber se van ir xusto o que se consignou, exactamente que tarde un ano, iso é imposible, é o que está a pasar con estas obras. Bueno, a partir de aí véxase medio cheo ou medio baleiro, mírase como se queira, pero nominalmente non se recortou ningún, do que estaba previsto para esta ano, pero na práctica senón se gasta este ano, aínda que sexa pérdese e se se gastou págase, cousa que non é práctica habitual nunca, en ningunha administración, bueno, digo do Estado autonómico, a local funciona doutra maneira, entón, párase, hai obras que se deron moi ben, e hai pois 60 millóns, ou 20, para este ano, e se gastaron os 20 millóns á altura de xullo, párase, e se a obra se dá moi mal, e había 20 millóns, e se gastan 5 no ano, eses 15 pérdense, non van para seguir outra obra, iso é o que esta pasando na realidade. Entón, mírese medio chea ou medio baleira nominalmente non hai recortes, e o Ministerio pode dicir que non hai recortes, no eixe atlántico non sei se hai algún pequeno, pero non o hai, na práctica si hai recortes, na práctica no día a día das obras si o hai, porque non se están desviando fondos dun tramo para outro, ou doutra obra para esta, o que é a práctica de todos os anos. Entón esa é a situación, obviamente indo así ou hai uns magos que planifican todo, e planifican que unha tuneladora non se rompa e entón non se gasta ese ano, ou que se atope algo estraño, ou o que sexa, ou senón obviamente a obra retrasase, é obvio, porque se nun tramo que vai ben non se pode ir dándolle para adiante, e se porque senón hai consignación para este ano, pois obviamente non se gasta, a isto xúntase outra cousa, claro, que unhas empresas construtoras noutras épocas estaban dispostas a financiar e agardar ó ano seguinte para cobrar, nesta situación móstranse terriblemente reacias, por esas reunións das empresas construtoras etc., porque a financiación a ten moi difícil e á parte non hai garantía de que para o ano que vén se poida incorporar o deste ano, o do ano que vén, e para a obra, as dúas cousas, entón hai e tal, ou sexa, é unha situación que incluso de recorte nominal, como recorte real, como dixen antes, pois as empresas igual tiraban para adiante, neste momento non tiran, entón a práctica dá o resultado que dá, esa obra independentemente da súa xéneses e demais, se se retrasa, que é dos tramos que vai máis retrasados, pois obviamente vai a comprometer todo o eixe atlántico de alta velocidade. Polo tanto, por iso votamos a favor. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Sr. Crespo, usted es como los pajaritos que se mueven de rama y no hay manera de apuntar, si apunto se dispara pero si me cambia de rama …, yo no tengo ni idea del pacto del Obradoiro, ni idea, yo qué se que es eso del pacto del Obradoiro, que usted invoca, que si la adjudicación del 30%, estoy hablándole irónicamente no ponga cara de sorprendido, usted presenta una moción aquí que se refiere a ese tramo, la exposición de motivos, porque parece que descubrieron la paralización de este tramo con la carta de despido de los trabajadores, y con la avería de una tuneladora, esa es la exposición de motivos y la propuesta es que no se paralice ese tramo, y yo le acabo de dar cumplida información del por qué de esa situación, de esa situación, acabaron la obra, se acabo la partida presupuestaria y se extingue el contrato de obra; y la otra, es por razones ajenas al Ministerio, que es la avería de una tuneladora, está en plazo de ejecución la obra, ahora no extrapole usted eso al pacto del Obradoiro, porque yo ya se lo concreto a esta casa y en porcentajes de adjudicación, que ya no dependen tanto de la crisis económica ni de partida presupuestaria, aquí no somos ningún ejemplo, no son ningún ejemplo, aún no llegamos al 20% de adjudicación del plan anticrisis de esta Diputación, no llegamos al 20, quedan 9 meses para acabar la legislatura y al paso que vamos, y al paso que vamos la van adjudicar nuestros hijos, me parece a mí, por eso le digo que usted, concréteseme a la moción que presenta, léasela y la justifica con el despido, una avería, y que no se paralice el tramo, yo creo que es erróneo, o sea, es injusto instar al Ministerio para que active este tramo, es injusto, y usted como ve que esto no tiene consistencia política ninguna pues me lo extrapola, me monta un guirigay aquí con toda la red de Galicia. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, nós, quede claro que o único que queremos é que se axilicen as obras do AVE, é o único que queremos, o resto, isto é a primeira parte da proba, pero podía ser a segunda, ou a terceira, ou a cuarta, dá igual, o que é certo é que moito nos tememos que é imposible os prazos, nós o que queremos, xa llo dixen unha vez máis é meterlle présa ó Ministerio para que axilice o que poida as obras, e que despois o Ministerio cumpra ou non, vaise ver, ó final dos ovos vanse ver as cascas, non se preocupe vostede. Polo tanto nós vamos a dar para adiante tal e como a temos presentada, independentemente do Partido Socialista, pois non está de acordo con ela. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Bueno, eu reiterar neste caso algo que cremos importante e vital para Galicia, que é esta infraestrutura, e polo tanto, e ademais, temos a oportunidade que temos, un Ministro galego, e que en xustiza merecemos, ademais Galicia necesita esta infraestrutura, e xa dixen aquí, e o volvo a reiterar hoxe, que se hai que recoñecer que o Ministro cumpriu con Galicia o diremos, non hai, o primeiro que temos que ser é intelixentes, e polo tanto estamos falando dunha infraestrutura que nos afecta a Galicia, agora, si é ben certo de que a problemática está aí, somos conscientes todos dela, e polo tanto, bueno, pois que sirva isto de respaldo e de apoio, incluso ó propio Ministro, á hora de que se acelere na medida do posible pois esta actuación. Non queremos evidentemente máis mentiras en relación a que no 2012 vamos a ter AVE, cuestión evidentemente que todos sabíamos que non era así, pero reiteraba tanto o Sr. Blanco como o Sr. Zapatero, e o Sr. Pepe Blanco tamén que ía a ser, sabíamos que era inviable, imposible, como xa reiteraba o Sr. Mosquera, e polo tanto pois aquí hai unha provincia, Pontevedra, está Galicia, necesitan os habitantes de Galicia e de Pontevedra desta infraestrutura básica, e como digo, dende aquí apoio ó Ministro para que cumpra con Galicia, e polo tanto, iso esperamos que así se faga e que non se paralice o que dalgunha maneira sería pois algo moi negativo para os intereses desta comunidade na que nos tocou vivir que se chama Galicia. Procedemos á votación deste punto, neste caso era o punto número 6, onde o Partido Popular solicita da Corporación e neste caso do apoio tamén das dúas forzas políticas, sobre a paralización das obras do tren de alta velocidade no túnel neste caso das Maceiras, pero no que se refire ó tren de alta velocidade en Pontevedra e en Galicia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego. Moitas gracias. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre a paralización das obras do tren de alta velocidade (AVE) no túnel das Maceiras (Redondela). Dita Moción é como segue: “O Grupo do Partido Popular de Galicia (PPdG) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno esta moción relativa á necesidade de reactivar as obras do túnel das Maceiras, en Redondela. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- Nunha carta remitida pola empresa adxudicataria dos traballos de construción do tren de alta velocidade en Vigo, no túnel das Maceiras (Redondela), ós traballadores, a devandita empresa comunica ós empregados a extinción dos seus contratos, a partir do vindeiro 18 de setembro, pola finalización dos traballos do proxecto do eixe atlántico de alta velocidade do tramo Vigo-As Maceiras. 2.- Este feito evidencia a paralización do túnel sen data ou, en todo caso, ata que se arranxen as dúas tuneladoras avariadas. O feito agrávase pola circunstancia de que todos os tramos están paralizados ou semiparalizados. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno esta moción para que se adopte o seguinte ACORDO: - O Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó Ministerio de Fomento a que reactive, de inmediato, as obras desta infraestrutura, vital para a provincia, e non incremente máis os retrasos que xa acumula a devandita obra.” 7.5999.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) SOBRE A FOLGA XERAL Sr. Presidente.- Punto número 7. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre a folga xeral. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Hai convocada, como todo o mundo sabe, para o día 29 unha folga. Evidentemente non se trata de que o noso grupo apoie cada cousiña da folga ou o que sexa, senón unha postura política de fondo que eu creo que é interesante explicitar. Cando estoupou a crise económica houbo coincidencia xeneralizada, xeneralizada, en que as causas, estoupou en Estados Unidos, despois estendeuse a Europa, etc., en que as causas debíanse á compoñente cada vez máis potente da economía capitalista mundial, da parte do capital financeiro especulativo, e a pouca regulación, control, que existía sobre eses desmáns ou actividade incontrolada do capital financeiro. Ben, de repente, todos estabamos de acordo niso, todos estabamos de acordo en que algo había que facer, unha persoa nada sospeitosa, vamos, de socializar nada, como pode ser o Sr. Sarkozy, de que había que refundar o capitalismo, todos os mandatarios mundiais dicindo que había que tomar medidas para controlar ese tipo de actividades, que no estado español foi agravado pola burbulla especulativa da construción, e que deu lugar á crise, e o diagnóstico aínda ninguén o variou, aínda ninguén o variou. Polo tanto, a solución parecía que tiña que vir con medidas para controlar isto, de repente atopámonos cunha campaña brutal, e hai que recoñecerlle que bastante eficaz, de que a crise, o problema é que vivimos por riba das nosas posibilidades, todos vivimos por riba das nosas posibilidades. Os traballadores teñen excesivos dereitos, como se o mercado laboral español non fora dos máis flexibles do mundo, polo europeo, o recorte noso, os funcionarios que no ano 2008 tiñan un poder adquisitivo máis baixo que no 95, as administracións locais parece que vivimos tamén por riba das posibilidades, os pensionistas viven por riba das posibilidades, todo o mundo vive aquí por riba das súas posibilidades, en contra de todo dato obxectivo, que poida soster iso por ningún lado. E, obviamente esa campaña non foi digamos inocente nin nada diso, todo o contrario, foi moi ben planificada e moi ben calculada, e inmediatamente a OCDE, a Unión Europea, etc., póñense man á obra nun deseño que basicamente consiste en que, que é o que vai saír reforzado e con moitas máis posibilidades de facer negocio e demais, o capital financeiro especulativo, ou sexa, absolutamente disparatado, dende o punto de vista racional da lóxica máis elemental, absolutamente disparatada. E todo isto véndese como inevitable, inescusable, impepinable, axioma, dogma, non ten discusión. De verdade que a débeda pública pasa a ser o maior misterio do mundo, oiga, as oito maiores empresas do Estado español deben máis que toda a administración pública, iso non o di ninguén, o problema non é que as empresas estean financiándose como queren e piden cartos para investir noutros lados, o circuíto de inversión virtual, especulativa, financeira, etc., ese non é o problema que comezou a crise, a crise é a débeda do Estado que, repito, de todas as administracións públicas do Estado a débeda é menor, menor que as oito maiores empresas do Estado español. Diso non fala ninguén, claro, porque se trata de que poidan seguir pedindo eses cartos e negociando, especulando con eles, vale, incluso algunha das, vamos, cuestións absolutamente clamorosas, que se piden cartos para comprar non sei que ó Estado, bueno, é francamente, totalmente disparatada a situación. Entón, obviamente unha crise que non se provocou polos excesivos custes laborais, nin polos dereitos dos traballadores, nin polo déficit público, bueno, perdón, o déficit chegou a ser elevado, nin pola digamos débeda pública, nin pola situación dos funcionarios, o que sexa, se lle dá a volta e os causantes van a ser os que saian fortalecidos, nin pola pequena empresa, nin, por nada diso, por nada diso, non tivo nada que ver, nada que ver e demais. Entón, o deseño é exactamente en contra de todo o razoable, en contra dos datos empíricos, resulta que as medidas que se toman son rebaixar dereitos e adelgazar e recortar á administración, e chega, e preocúpase de mirar, e resulta que, mira como afectou a crise por exemplo a distintos estados do mundo, e resulta que os estados que manteñen un mínimo de capacidade de intervención na economía son os que menos sufriron a crise, incluso algún nin a tivo. Entón a receita non é, mire, non estamos falando aquí de facer unha economía planificada, socialista nin nada diso, simplemente que o Estado manteña certa capacidade de intervención nas finanzas e na economía, que pode ser pois a acción de ouro, que como saben por exemplo o estado alemán e o francés manteñen a acción de ouro en empresas tan potentes como Volkswagen, etc., verdade, polo tanto certa capacidade de intervención na economía, pois non, a receita é máis do mesmo, ou sexa, ¿quen sufre máis a crise?, os países onde hai menos capacidade e o estado máis desregulado, máis desregulación, máis fomento de, digamos, as condicións para que esta crise volva a repetirse e veremos se dunha maneira máis virulenta. Obviamente, agardemos, polo ben de todos, que salgamos dela, pero as receitas que se dan pois son poñer os ovos para que nazan outras crises aínda maiores. Xa digo, datos que pode un mirar perfectamente, pois por exemplo, como foi a crise en Brasil ou como foi, xa por non falar de China ou cousas así, porque … entón ou incluso dentro dos países da economía de mercado pura e dura, sen intervención incluso da Unión Europea, a quen lle afectou máis e a quen lle afectou menos en función da, entón, obviamente, obviamente cremos que a folga deste día 29, xa digo, sen entrar, nós non estamos aquí para defender en concreto o que pide cada sindicato ou deixa de pedir, senón, en xeral, cremos que debe ser un toque de atención para que, coa deriva, coa deriva na que se nos está metendo na economía mundial, que pode ser, pode ser que salgamos da crise para o ano que vén, para o seguinte, depende dos estados, cando entraran e demais, pero que está sementando, exactamente, aproveitando isto para tomar medidas en contra dos que non tiveron ningunha culpa, dos que non tiveron ningunha culpa, para favorecer exactamente ós que a tiveron, francamente disparatado, por iso presentamos a moción e por iso apoiamos a folga. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Comparto mucha parte de la introducción que acaba de hacer el portavoz del Bloque, no obstante la moción lo que pretende es un apoyo por parte de esta Institución a la huelga y obviamente no la compartimos. La compartimos, entendemos que la reforma laboral con la que el Bloque ya no estuvo de acuerdo, está promovida por el PSOE y un PP que se opuso en su momento, pero que desde aquella se puso de perfil, de perfil, a dejar pasar el toro, y nosotros nos vamos a poner aquí de perfil. Entendemos que no procede, creemos que los partidos tienen suficientes canales de comunicación para manifestar su apoyo o no a la huelga, pero que violentar las instituciones para que se posicionen con respecto a eso no es lo que procede. Los sindicatos son quiénes convocan la huelga y los trabajadores son los que la apoyan o no, porque claro, si el PSOE utiliza esta técnica y se dedica a presentar mociones en los ayuntamientos donde tiene mayoría no se lo que se diría por parte de los otros partidos. Respetamos, obviamente, como no puede ser de otra manera, la voluntad de los sindicatos, respetamos, como no puede ser de otra manera, el ejercicio de huelga de todos los trabajadores, pero no creemos que esto sea lo que necesita este país en este momento y por lo tanto no apoyamos la moción. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Muradas. Ten a palabra D. Perfecto Rodríguez. Sr. Rodríguez Muíños.- Moitas gracias Presidente. Poderíamos coincidir parcialmente con algunhas das cousas ditas polos outros dous portavoces, dende logo estamos de acordo nalgúns dos razoamentos expostos na moción por parte do BNG, non quizá na análise de todas as causas que motivan a situación económica actual e a convocatoria desta folga, pero cremos que, e niso coincido parcialmente co dito polo portavoz socialista, cremos que unha institución, unha administración pública como é a Deputación de Pontevedra, ou como é calquera concello, non debe facer un pronunciamento nin a favor nin en contra dunha folga xeral. O dereito á folga é un dereito constitucional dos traballadores, individual, que cada un deles debe decidir, pero unha Deputación ou un concello representa a todos os cidadáns do seu concello ou neste caso de toda a provincia, traballadores, empresarios, sindicatos, e non debe facer ningún pronunciamento a favor ou en contra. Nós, vamos a votar en contra desta moción precisamente por iso, cremos que non se debe posicionar a Deputación nin a favor nin en contra dunha folga xeral, gustaríanos que o Bloque retirara da orde do día ese tema por ese mesmo motivo. Como sabemos que non o vai facer pois queremos deixar clara a nosa proposta, ben entendido que dende logo con este voto en contra non pretendemos para nada defender a política económica do actual goberno de España, non pretendemos para nada defender a reforma laboral feita polo actual goberno, que se perdeu unha oportunidade histórica e importante para que esta reforma laboral se fixera para crear emprego e non exclusivamente para abaratar o despido, e sobre todo, nos posicionamos en contra porque cremos que unha folga xeral como esta creará moitas máis perdas económicas, multimillonarias, de miles de millóns de euros, que suporá pois agravar a crise ou en todo caso retrasar aínda máis a súa saída. A solución a esta situación non se arranxa cunha folga xeral, e dende logo, bueno, pois se arranxará o día que haxa un cambio de ciclo, como se arranxou a crise do ano 93 ó 96. E dende logo, repito, creo que non se debe posicionar unha institución, unha administración pública como a Deputación, nin a favor nin en contra, polo tanto, votamos en contra, ben entendido que isto non é, repito, ningunha defensa da política económica do goberno, ningunha defensa da reforma laboral feita polo goberno e nin sequera é tampouco un rechazo ós sindicatos, se tal, en todo caso, un pequeno recordatorio en relación ós sindicatos, sobre todos ós vídeos que promoveron un pouco de promoción desta folga xeral. Recordarlle, que dende o 2004 no goberno de España está o Partido Socialista, e se hai algún responsable da situación económica e da reforma laboral agora plantexada é o Partido Socialista. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Perfecto Rodríguez. E antes de darlle a palabra ó Sr. Mosquera, a verdade é que coincidimos co que acaba de expoñer neste caso o portavoz, claramente, do Partido Popular, de que isto ademais non vai a resolver nada, hai que ver o custe económico que vai a ter a folga xeral para os intereses económicos da sociedade española, e iso é o realmente preocupante. Pero a maiores habería que dicir, xa como di o Sr. Muradas de vez en cando, o Sr. Zapatero vai ter a semana grande esta próxima, que vai ter a semana grande, entre a folga xeral e as primarias esas de Madrid e tal, vai ter a semana grande. Pero o problema é a situación, por certo, espero, Sr. Mosquera, antes de darlle a palabra, que temos un tema importante en Pontevedra, que apoia o concello e maila Deputación, e que se poida celebrar con absoluta normalidade, que é Ferpalia, verdade, que é un tema creo que interesante para os intereses xerais da provincia de Pontevedra, polo que significa o turismo en Galicia e en particular nas Rías Baixas, e polo tanto, esperamos que se poida celebrar con normalidade, evidentemente, esa feira que tanto dende o punto de vista económico como social supón para esta cidade e para a provincia de Pontevedra. Pero bueno, engadindo, como digo, isto, de que non, é evidente que non van a resolver absolutamente nada, en todo caso vai a ter un custe económico moi importante a posta en marcha da folga xeral, pois creo que o que acaba de dicir o Partido Popular é o axeitado, é o que corresponde dicir nun caso coma este onde como digo nós pois pouco poderemos facer dende aquí, pero bueno, dito iso lle dou a palabra ó Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Só un par de cousiñas, mire, falando de política económica, falando de política económica, a min paréceme bárbaro todo o que puidemos escoitar aquí, pero a política xeral do PP é a que é, é a que é, polo tanto, vostedes non están de acordo con esta reforma porque de estar vostedes meterían bastante máis, estano dicindo continuamente, polo tanto se lle entende todo, se lle entende todo. Obviamente, nós non vamos a facer ningún cargo nin descargo do goberno do Estado, é certo que Zapatero vaino pasar moi mal pola crise económica, pero o único que se lle pode acusar, polo menos dende o noso punto de vista, é que tiña ou intentou ter uns plantexamentos, tiráronlle das orellas dende a Unión Europea ou dende a OCDE o Banco Mundial ou de onde fora, e dobrou as orellas e fixo o contrario, ou sexa, fixo o que farían vostedes, e seguramente a minorar, dígoo para que quede claro, porque os posicionamentos de cada quen están moi claros. Home, miren, con respecto ó de Ferpalia, non sei a que vén o aviso, supoño que haberá normalidade huelgüística, imaxínome, non sei exactamente que é o que quixo dicir, se vostede non vai ir, porque vai facer folga, porque como está medio de acordo, pero non está de acordo, non vai a facer ningunha perda económica, non vai a facer ningunha perda económica que vostede non vaia, nin que vai eu, nin que vai o alcalde de Pontevedra, non vai haber ningunha, non sei se quixo referirse a iso, non sei exactamente a que quixo referirse. En todo caso, en todo caso, mire, a grandes males, grandes remedios, e dicir que o país non está para folgas e os pensionistas para que lle recorten, … os dereitos, e esta Deputación para que lle recorten os ingresos, e os concellos para que lle recorten, tampouco están, e aguántano se queren, ¿verdade?, ou que sigamos coa demagoxia de dicir, aquí, non, obviamente as administracións non poden aumentar ingresos, agora si o recibo da luz, e non sei que, sobe que mete medo, ¿verdade?, tampouco están para aguantar unha subida do recibo da luz e sube. Entón, claro, iso depende, a ver, da vara de medir, depende da vara de medir, cada un ten a súa, polo que vexo, pois as receitas que nos están aplicando é apértese o cinturón, a perda de dereitos, o peor é iso, claro, porque dicir, bueno, incluso se fora, é que é algo transitorio, non é algo transitorio, é un acordo que está aí enriba da mesa, todos os acordos, non só os que motivan a folga, porque claro, xa a cuestión é indecente, é indecente, ou sexa que resulta que o mercado, o mercado, a débeda pública e non sei que, ou sexa, que o capital financeiro, especulativo, de repente di, se se adoptan estas medidas todo va bien, xa non hai problemas, ¿quen manda?, ¿quen manda aquí?, ¿mandan as institucións?, non, nin o goberno do Estado, que teóricamente é quen ten o poder, ou sexa manda quen manda e en vez de pararlle os pés se lle dan alas. Que pide, que pide que hai que ter despido libre, ou que os pensionistas cobren 100 euros ó mes, pois haberá que darllo, pola liña que vamos haberá que darllo, calquera cousa, pero é que é, á parte é que non hai, a ver, que mandan, que mandan os poderosos, e poderoso hoxe é o capital financeiro, creo que todos o vemos, pero non teñen descaro, non teñen recato en manifestalo, en facelo palpable, é dicir, vostede é unha mona, ou sexa, a Unión Europea, a Comisión Europea, o goberno do Estado, vostedes son unhas monas, ou fan isto o los estrangulo, e, orella para abaixo y raca. De verdade, é que é a perversión da democracia, eu non sei exactamente se nesta provincia, porque é que hai cidadáns de todo tipo, ¿hai algún cidadán que sexa, a nivel desta provincia, que sexa deses que mandan de verdade, e non salga prexudicado por isto?. Dubídoo, dubídoo, a concentración do poder xa sabemos onde está e cada vez son catro mans, en menos, e dubido, dubido que haxa ningunha destas. Que pode haber cidadáns que ideoloxicamente polo seu posicionamento estean en contra da folga, iso si o creo, agora, que realmente salgan beneficiados das medidas que se están adoptando, dubídoo, se alguén o cree dende logo me parece que está enganando, como dicía un banqueiro famoso, dicía, mire, aquí que presuman de ricos ou de ter cartos para manexar hai moitos, pero ricos, ricos de verdade, somos moi pouquiños, os que manexamos o cotarro de verdade, dixo, están aí as declaracións, e dubido, dubido que, e se hai algún da provincia de Pontevedra, que igual sería bo que o houbera, igual é un, en fin, case un millón de habitantes me parece que ningún sae beneficiado. Entón, ese argumento de que se hai de todo e demais non vale. En todo caso, en todo caso eu diríalle que fixera un aparte, e a Sra. Pedrosa e o Sr. Perfecto se puxeran de acordo, porque o outro día a Sra. Pedrosa defendeu no concello de Pontevedra outra posición, pero bueno, todo é en aras, obviamente senón hai harmonización fiscal nos concellos, pois que haxa harmonización dentro pois tampouco é, en fin, é máis fácil esa harmonización que a outra, ou sexa que, sigan avanzando nela. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que falando da harmonización, agora se rasga as vestiduras cargando contra o Partido Socialista, pero vostedes foron un dos grandes apoios para aprobar os presupostos da política económica do goberno, o que pasa é que diso xa non se acordan, iso en relación ó que lle dicía á Sra. Pedrosa, vostedes foron os que salvaron os presupostos en moitas ocasións, do goberno actual, e estamos onde estamos, os maiores recortes sociais da historia deste país producíronse cun goberno de esquerdas, con apoios puntuais seus. Polo tanto, esa coherencia que vostedes din, agora claro din unha cousa, naquel entón dicían outra, entón o problema é que, se hai memoria, hai que ir recordando que foi o que pasou, e non debe olvidar evidentemente, que vostedes eran os salvapatrias, aí, vai o Bloque Nacionalista Galego salvar os presupostos xerais do Estado, co apoio tal, tal, tal, e agora evidentemente pois, din xustamente o contrario, pero bueno a vida é así e pon a cada quen no seu sitio. Algunha intervención máis do Partido Socialista. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- No nos sigan defendiendo al PSOE que me voy a poner colorado, o sea, por ahí no sigan. Y, que yo dije, que Zapatero, la semana grande o algo así, como digo yo. Sr. Presidente.- Non, díxenllo eu, como vostede falaba en tono irónico eu tamén … Sr. Muradas Ramos.- ¡Ah!, era una ironía, ¡ah!. A ver, yo semana grande solo conozco la de Alicante y Valencia, son las que conozco, por eso me extrañaba. Sr. Presidente.- Non, pero agora hai algunha máis. Se quere lle comento. D. Perfecto, ten a palabra. Sr. Rodríguez Muíños.- Moitas gracias. Nada, só para puntualizar dous temas, sobre todo no que dixo ó final o Sr. Mosquera. Os argumentos defendidos pola Sra. Pedrosa e por min son similares, é dicir, cremos que unha institución pública, unha administración pública, ben un concello, ben unha deputación, non se deben pronunciar sobre o apoio a unha, o apoio ou non apoio a unha folga xeral, é un dereito individual dos traballadores. Iso foi o que defendeu, polo que sei, a Sra. Pedrosa. Naquel momento solicitaron que se retirara a moción, que non se retirou, e decidiron absterse. Nós, pois para que non quede ningunha dúbida, como iso se podía mal interpretar, queremos deixar claro que non apoiamos a folga xeral, porque cremos que iso non é a solución para a situación actual, sen que iso se entenda, se o posicionamento que dixo a Sra. Pedrosa no seu momento, puido mal interpretarse, como que nos daba igual a folga xeral, deixamos claro que non a apoiamos, e tamén queremos deixar claro que iso non significa que para nada esteamos apoiando a reforma laboral feita polo goberno, a política económica do goberno, nin que tampouco sexa un rechazo á decisión dos sindicatos de convocar folga xeral, porque teñen todo o dereito a facelo, e os traballadores individualmente a secundala ou non en función do seu criterio. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Perfecto Rodríguez. Bueno, en relación ó de Ferpalia, Sr. Mosquera, o que digo é que vamos a ter un número de visitantes importante dende o punto de vista empresarial, me refiro, e espero que todos estean á altura das circunstancias, non pola súa presenza, nin a miña, nin a do alcalde, nin moito máis, vostede evidentemente ó mellor, eses temas non sei se lle importan ou non, pero a nós si nos importa, evidentemente, que cada ano a provincia de Pontevedra e Galicia teñan máis visitantes, porque ó final é un dos recursos económicos que ten esta provincia, ¿non?. Polo tanto, o que quería dicir e quero dicir, é que debemos estar á altura das circunstancias para que iso transcorra coa normalidade debida, iso é o que quería eu trasladarlle. Bueno, polo tanto, ¿algunha intervención máis Sr. Mosquera?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, en principio a moción presentámola nós e pechamos nós o debate. Mire, Sr. Presidente, dúas cousiñas, ¡oh!, Sr. Presidente, mire, apoiamos o goberno do Sr. Zapatero nunhas circunstancias, nunhas medidas que adoptaba o goberno e baixo unhas condicións que non se preocupe vostede, que se están vostedes nesa situación en Madrid e fan o mesmo apoiarémolos tamén, non se preocupen, non se preocupen, non se preocupen. E obviamente cando adopta outro tipo de medidas non os apoiamos, creo que se esta forza política se caracterizou por algo é por ter criterio propio, por ter criterio propio, entón non se preocupen, se vostedes fan o mesmo tipo de política que se facía en xeral, e con respecto a Galicia, en xeral non, todas, non, parte dela, e obviamente non se preocupen que contarán co mesmo apoio, se están alá, cando estivo o Sr. Aznar iso non foi posible e dubido que o vaian a facer agora, pero se acaso o fan, non se preocupen, votaremos a favor ou en contra igual, sen maior prexuízo, non creo que se dea esta circunstancia, pero se se dá, non se preocupen. Mire, con respecto ó da folga do 29, Ferpalia-Deputación, mire, sexa en Ferpalia, sexa nesta Deputación, a estes deputados non lle poña ningunha actividade, porque non van a ir, porque ese día van a estar en folga. Sr. Presidente.- Vale, a eses. Sr. Mosquera Lorenzo.- Entón xa intentamos, o de Ferpalia xa o intentamos resolver e a presenza que tiñamos que ter o alcalde de Pontevedra e máis eu, ese día, creo que está cambiada para o día 30, para que non haxa eses problemas, que intentamos resolver para o bo desenvolvemento de Ferpalia. Agora supoño que quen vén de fóra, quen vén de fóra, e aí denota, aí denota vostede, verdade, deixar translucir algo moi feo, no debate di unha cousa e despois deixa translucir algo moi feo. Non creo que ninguén se vaia a admirar se hai folga en todo o Estado e vén de Madrid, Sevilla ou Barcelona, que aquí poida haber a normalidade huelguística que haxa noutros lados, ¿verdade?, non creo que ninguén se vaia a admirar. Sr. Presidente.- Portugal, por exemplo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, exactamente, pero Portugal tamén saben que hai folga aquí. Entón o que deixa traducir, repito, é moi feo, é moi feo en todos os aspectos, en todos, ou sexa, primeiro, di, de certo, como lle diría eu, non sei a palabra, porque agora todas as palabras son feas, ¿verdade?, non sei se servilismo ou o que sexa, non vaia a ser aquí que vexan que haxa folga, pero se a hai en todos lados, home, non se preocupe, non se preocupe, non temos que demostrar nada especial, nada especial. Entón, obviamente pois repítolle, paréceme, bastante, bastante feo. En todo caso, indo ó fondo da cuestión obviamente nós vamos a apoiar a folga e xa lle anunciei que esa harmonización de posturas ía a ser fácil, porque bueno, pódese facer unha cousa e máis a contraria e aínda así xustificala, porque a palabra e o papel resisten todo. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Pero non desconfíe da nosa nobreza nese sentido, porque esta mañá e onte estiven resolvendo, precisamente de moitos, bueno, un grupo importante de empresarios de Portugal, estean aquí eses días. Polo tanto, non vaia a pensar, ou non mal pense, porque non vaia a ser que eu teña que utilizar aquela palabra, que alguén poida pensar que todos somos, e eu sei que vostede non o é, e polo tanto, pense tamén que no meu caso non é así, e por iso que estes empresarios de Portugal me preguntaban, evidentemente, sobre esa circunstancia. Por iso llo traslado, que non ten máis alá, máis que esa propia cuestión do día e do interese que supón, evidentemente, para esta provincia, para esta capital de provincia, tamén este asunto. Procedemos á votación da moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre a folga xeral. ¿Votos en contra?. Partido Popular e Partido Socialista. ¿A favor?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Repetimos a votación?. ¿Ten algunha dúbida o Secretario na votación?. Non ten ningunha dúbida. Pero se quere repetimos. El di que non ten ningunha dúbida. ¿Votos en contra?. ¿Votos a favor?. Secretario, creo que lle quedou perfectamente claro. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e do PSdeG-PSOE e cos votos a favor do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) sobre a folga xeral. 8.6000.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE O NOMEAMENTO EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción da Presidencia sobre o nomeamento en órganos colexiados. ¿Coñecen este punto?. Xa é de todos coñecido, polo tanto non ten máis que. ¿Hai que votalo?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre o nomeamento en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “Dada conta de que o Pleno, en sesión celebrada o 12 de xullo de 2007, aprobou Moción desta Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Resultando que como consecuencia da renuncia ó seu cargo do Deputado Provincial D. José Carlos Silva Mariño, é preciso efectuar designacións de representantes en diversos órganos colexiados. Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro, determina que tal designación corresponde ó Pleno. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Modificar o acordo adoptado na sesión plenaria de 12 de xullo de 2007, no sentido de designar a D. Carlos Comesaña Abalde, representante desta Deputación nos seguintes órganos colexiados: - Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés (como suplente). - Foro 21 de Gondomar. - Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, xunto con D. José Manuel Figueroa Vila. - Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR 18). E a Dona María Teresa Pedrosa Silva, representante desta Deputación en SOGARPO (Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense).” 9.6001.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 9. Comunicacións. Sr. Secretario.- Comunicacións. Os extractos das Resolucións Presidenciais ditadas entre o 28 de agosto e o 21 de setembro deste ano. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 28 de agosto e 21 de setembro do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. Sr. Presidente.- Fóra da orde do día non hai nada. 10.6002.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. O outro día fíxose unha proposta por parte deste grupo, de estudo das posibilidades ou, de mellorar a seguridade e a calidade de estancia da zona urbana das estradas provinciais. Si, o Sr. Presidente nun alarde de reflexos dixo que lle parecía fantástico e que ía votalo a andar inmediatamente, dixemos, senón presentámolo vía moción, non o fixemos, non, obviamente collían dúas posibilidades, que realmente a redacción fora sincera e en serio, ou que fora unha máis do uso que ten o Presidente, que cando unha cousa non quere tratala pois dálle voltas, si, si, dálle voltas, si, si, van pasando os meses e, si, si, e segue, e despois nalgún momento tal. Home, iso viña asociado á semana da mobilidade, a semana da mobilidade é esta semana, é esta, acaba hoxe, entón pois parece que a cousa quedou no olvido, hai que recoñecerlle que tivo uns reflexos espléndidos, é dicir, xa, nos reunimos os portavoces, xa falamos diso, pero, pasou o día pasou a romaría, e á parte dese culebreo do Pleno pois non se veu nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera e traslado o mea culpa ó Sr. Figueora para a reunión dese grupo de portavoces para ese asunto, conxuntamente coa mea culpa miña, pero é que o Pleno foi a mediados do mes, lle recordo, non foi a primeiros de mes, ou ó final do mes pasado senón que foi a mediados deste mes cando vostede propuxo ese tema, por iso eu lle recordo xa neste caso ó Sr. Figueroa, para a posta en marcha na semana próxima desa xuntanza. Que non sexa o 29 que o Sr. Mosquera está de folga ese día. Non, nós non estamos de folga ese día, que temos que traballar, que hai moito que facer. Por iso. Sr. Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Ola, bos días a todos e a todas. A pregunta ten relación coa empresa DARZAL, consultoría de prevención, segundo os datos que teño no meu poder finalizou o contrato a finais do ano 2009, e gustaríame saber por que motivos continúa esa empresa exercendo os servizos que viña desenvolvendo. Segundo, ¿canto facturou a empresa DARZAL ata a data de hoxe?. ¿Por que se segue obrigando ás empresas adxudicatarias dos plans de inversións poñerse en contacto con esa empresa, cando esa empresa xa non ten contrato en vigor coa Deputación?. E, ¿como se xustifica que en setembro de 2010 non se ten adxudicado un novo servizo?, porque se xa venceu a finais de 2009, como é posible que non se haxa … A última pregunta en relación con iso, é, ¿se existe algún compromiso con esa empresa de índole familiar ou persoal?, porque ó mellor existe algún tipo de razón que xustifique iso, ¿non?. Sr. Presidente.- Pois dicirlle que, vamos, a empresa que eu sepa nin a coñezo, polo tanto non sei a quen se refire nese último apartado. Segundo, ten unha prórroga de contrato. Terceiro, en xaneiro deste ano se convocou un concurso, se presentaron non sei cantas empresas, despois de que vostede fixo a pregunta, se están estudando todas as ofertas, está a piques de adxudicarse un novo concurso, e polo tanto, é unha cuestión de total normalidade. Non sei, eu xa digo que, independentemente da demora, que puido ser antes ou non, o que é a adxudicación en si, porque en xaneiro se convocou un novo concurso, en xaneiro deste ano 2010, polo tanto non vexo eu onde pode haber, e se vostede o sabe diga parentes ou o que sexa, non hai ningún problema. Sr. Martínez Giráldez.- Lévalle bastante tempo porque dende xaneiro ata setembro, a verdade é que xa, pero mire, me di vostede que ten unha prórroga, mentira, porque a prórroga que ten venceu, era un contrato por dous anos, no 2005 se lle fixo o contrato a esa empresa, era un contrato por dous anos, o cal era prorrogable por outros dous anos, e venceu o prazo a finais do 2009, non hai prórroga posible Sr. Louzán, entón non intente aquí disfrazar o tema. Sr. Presidente.- Non, pero hai que cumprir. Sr. Martínez Giráldez.- Non hai o tema, están vostedes ante unha irregularidade. Sr. Presidente.- Hai que cumprir as normas e polo tanto supoño … Sr. Martínez Giráldez.- Si, pero vostedes se eran os que sempre estaban falando de que había que cumprir coa lei, etc., pois o que lle estou dicindo é que cumpran coa lei. Sr. Presidente.- Por iso convocamos un novo concurso, estea tranquilo que nese sentido non hai, e se ten algunha dúbida ... Sr. Martínez Giráldez.- Estamos en setembro, a finais de setembro, e vostede segue sen adxudicalo. Sr. Presidente.- Se ten algunha dúbida ó respecto, fale cos técnicos, que eu xa llo, evidentemente, reclamei, para que na medida das posibilidades, o antes posible, que eu creo que agora será o antes posible, se vai a adxudicar o novo concurso que está en marcha. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, vai ser o día 29 cando o van a adxudicar, ¿non?. Sr. Presidente.- Me di o Interventor que foi onte a mesa de contratación. Podemos adxudicalo o 29 pero el non está, non vén, está en folga. Entón, me di o Interventor, ou sexa que se presentou con outra empresa, pero que non é a adxudicataria, pero é que non sei, porque sempre se, non pero el soslalla aí no seu comentario que si familiares, non sei que, non sei de quen, pero vamos, ese tema quedoulle claro, ¿non?. Sr. Martínez Giráldez.- Non me quedou claro, pero bueno. Sr. Presidente.- E senón pregúntelle ós técnicos, porque xa digo, eles saberán. Sr. Martínez Giráldez.- Voulle a preguntar ós técnicos a ver se entón me facilitan o importe que leva facturado, porque xa llo pedín, tamén xa llo pedín por escrito, e como de momento non mo facilitaron, pois lle preguntarei ós técnicos para que me faciliten ese dato. Sr. Presidente.- Eles saberán. Sr. Martínez Giráldez.- Outra pregunta ten relación coas incompatibilidades dos enxeñeiros, arquitectos, etc., da Deputación. En maio do 2009, solicitei a relación de enxeñeiros, arquitectos, etc., desta Deputación, que contaban coa Lei de incompatibilidade. Á data de hoxe aínda sigo sen recibir esa relación. Entón, a miña pregunta tamén vai enfocada, se ten algo que ver iso cunhas noticias recentemente aparecidas nalgún medio de comunicación, onde se fala de que a Deputación estaba favorecendo un sobresoldo dalgúns funcionarios desta casa. Sr. Presidente.- Eu non sei se vostede é corresponsal dese medio de comunicación, parece que si, porque aparentemente primeiro pregunta vostede, despois sae no medio, eu creo que lle teñen que dar un bo sobre soldo para ser corresponsal. Eu só lle traslado unha cousa, a vostede e máis ó comentario que fan aí, que cando digan, eu non hai ningún problema en asumir as culpabilidades que sexan, pero polo menos cando digan algo que digan a verdade, que non mintan, o mellor é que digan a verdade, porque total, oe, pois que haberá reproches que facerme a min, á Deputación ou a quen sexa, pero polo menos o que deben facer é dicir a verdade, porque do que se extraía do que se dicía aí era todo unha farsa de mentiras, e claro, e ademais cando se poñen os titulares desas características, pois, cando despois vas ler no seu interior, e vas a ver o que realmente consta aquí, é todo unha farsa de mentiras. Polo tanto, se vostede é o corresponsal dese medio, xa lle digo que intente axustarlle un pouco a información e que sexa rigurosa, polo menos, se fan un traballo periodístico que o fagan ben. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, a verdade ten que dála vostede, entón eu dende maio do 2009, que a transparencia lle corresponde a vostede, se dende maio de 2009 pedín unha documentación, e senón hai ningún problema Sr. Louzán, vostede o que ten que facer é facilitar esa documentación, ¿entende?, entón vostede será o que ten que dar as explicacións pertinentes. Eu pedín esa documentación en maio de 2009, ano e pico Sr. Louzán, pois amose vostede un pouco de transparencia e claridade na súa xestión e facilítenos a documentación á cal temos dereito. ¿Vale?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Giráldez, pero eu lle recordo, por se acaso, vexo que ten un pouco de falta de memoria, e vostede pertence a un partido político que aínda estamos esperando hoxe, sorte que marcharon, no Parlamento de Galicia votamos catro anos para que nos deran algunha documentación, e houbo que ir ó Notario incluso para que nola deran, e aínda así non nola deron, e alí non hai tanto traballo como na Deputación, que agora estamos cun plan anticrisis e estamos traballando duramente. No Parlamento sabe vostede que hai unha certa tranquilidade no ambiente e tal, e pedimos no Parlamento, durante catro anos, e para iso que eran do bipartito, tiñan non sei cantos cargos e todo iso e non nos deron documentación, e vostede me está pedindo unha documentación de hai cuestión duns meses. Parece mentira que vostede, é que ten unha pouca falta de memoria, a ver, póñase, ou non representa vostede a ese partido, ou agora milita noutro partido. Sr. Martínez Giráldez.- A ver Sr. Louzán, a min non me fale da historia. Sr. Presidente.- Non, a historia non, é real, historia real. Sr. Martínez Giráldez.- Home, estoulle falando da historia, estamos falando da actualidade, estamos falando da Deputación, Sr. Louzán, vostede non me veña a min a falar aquí do Parlamento galego, para iso ten vostede os seus deputados en Santiago que se encargarán dese tipo de xestións. Sr. Presidente.- Claro, claro. Sr. Martínez Giráldez.- E non me veña vostede aquí a defendelos agora que non fai falta. Sr. Presidente.- Non home non. Sr. Martínez Giráldez.- Estamos falando da Deputación. Sr. Presidente.- Claro. Sr. Martínez Giráldez.- Na cal eu son Deputado e na cal lle estou esixindo que me dea unha documentación que teño solicitado. Sr. Presidente.- Como me vai a min mandar que predique co exemplo se vostede non é quen, porque no seu partido non cumpren. Sr. Martínez Giráldez.- Limítese a contestar ou a procurar, a facilitarlle a documentación que ten que facilitarlle ós deputados desta Deputación. Sr. Presidente.- Sen problema. Sr. Martínez Giráldez.- Non entremos en temas relacionados co tema do Parlamento, aí ten vostede os seus deputados que os … Sr. Presidente.- É que vostede ten moito tempo libre e do que pediu, oe, lle vamos dando moita documentación, vámoslle dando, pero non damos abasto. Sr. Martínez Giráldez.- Perdoe que lle diga, pero de tempo libre moi pouco, de tempo libre moi pouco. Sr. Presidente.- Non damos abasto. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, vostede que fala que está tan ocupado no tema do plan de inversións, e que saca o tema, me gustaría saber ¿canto é o importe de adxudicación á data de hoxe?, ¿canto se leva adxudicado real?. Porque ese dato tamén é importante, porque antes aí o seu compañeiro Crespo falaba que o tema do AVE levaba o 30%, e segundo a información que eu teño, do plan de inversións cando queda menos de un ano, levamos o 25%, non chegamos ó 25%. ¿Como van facer vostedes entón para adxudicar as obras?. Explíqueo vostede. Sr. Presidente.- Tranquilo, tranquilo, tranquilo, nós non fixemos o pacto do Obradoiro, nós non fixemos o pacto do Obradoiro, fixemos un pacto aquí en Pontevedra, feito entre nós, pero aquel pacto tivo notoriedade e entón é distinto, aquel foi … Sr. Martínez Giráldez.- Vostedes mataron o pacto, si, o pacto. Sr. Presidente.- ¿Máis?. Sr. Martínez Giráldez.- E por último, gustaríame que, porque tamén estou comprobando, que na páxina do perfil do contratante, que non está posta ó día. Me gustaría que dera as ordes pertinentes ós responsables para que puxeran esa páxina ó día. ¿Vale?. Sr. Presidente.- Somos transparentes niso, acude aí, sei que de aí lle mandan moita información, e claro, pero xa lle digo, transcriba ben a información, e senón que lle fagan un curso para que dalgunha maneira a información sexa veraz, porque mentir non vale de nada, despois, “cóllese antes a un mentiroso que a un coxo”, se di, ¿non?. Sr. Martínez Giráldez.- Acéptolle o reto e organíceme o curso que vou. Sr. Presidente.- Vale. Poñeremos unha tarde, ou, está de folga o mércores. Sr. Martínez Giráldez.- O venres tamén de folga, pero se estou de folga non podo vir ó curso. Enténdeo. Sr. Presidente.- Bueno, bueno, vale, pois buscaremos outro día. Sr. Martínez Giráldez.- Pero unha tarde calquera quedamos e non hai problema. Sr. Presidente.- Buscamos outro día. D. Pauliño. Pediu vostede a palabra. Adiante. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, eu simplemente era para manifestarlle o meu asombro polo seu comportamento ás veces neste Pleno. Realmente, realmente, ás veces perde os papeis Sr. Louzán e non debería de facelo, parece un home de templanza pero logo é un pouco nervioso. Mire, como vou pedir unha documentación, rógolle que lle dea ordes ós seus técnicos, como vostede lle chama, para que faciliten a información que os deputados lle pedimos, porque despois os técnicos din que teñen ordes súas de non facilitala. Entón póñanse de acordo, aínda que sexa o 29, póñase de acordo co que di. Grazas. Sr. Presidente.- Pero, ¿onde a pediu?, ¿vaina pedir di?, ¿pero pediuna por escrito?. Sr. Del Río Iglesias.- … sucede que hai cousas. Sr. Presidente.- Sabe que eu a vostede, incluso, como preferencia, lle contesto case de inmediato. Sr. Del Río Iglesias.- Escoite. Case, despois hai cousas que non, pero case. Mire, sabe que hai cousas que hai que solicitar por escrito, ten aí dous técnicos supercompetentes ó seu lado, hai cousas que hai que solicitalas por escrito e hai outras que non é necesario, senón o sabe infórmese e senón vaia a un curso tamén. Sr. Presidente.- D. Pauliño, bueno, pois vostede xa pide por adelantado antes de que pida, ¡ah!, bueno, pois ó meu poder aínda non chegou e senón reitéreme o que é, porque xa ve que eu sempre, conta coa miña mellor disposición para iso. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Bos días Sr. Presidente. Teño unha pregunta relativa a un convenio asignado o ano pasado entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Mos, para a construción do 5º pavillón polideportivo de Mos, creo que é, senón me equivoco, en Castro, ¿verdade?, ¿pode ser?. E a pregunta é se hai algunha incidencia para que non se iniciaran as obras, porque creo que teñen alí incluso a caseta preparada e toda esta cuestión. Sr. Presidente.- ¿Que teñen preparado?. Sr. Olmedo Granja.- Pois teñen alí unha caseta de obra, cartel, pero as obras non se dan iniciado, se hai algunha incidencia que impida iniciar a construción dese novo pavillón. Esa é a pregunta e se me quere responder agora ben e senón pois ... Sr. Presidente.- Non, é que non o sei, teño que preguntar ós técnicos. Sr. Olmedo Granja.- Pois moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Olmedo. D. Juan Otero. Sr. Otero Besada.- Si, a miña pregunta vai en relación co parquing na calle Luis Rocafort de Sanxenxo. En novembro de 2009 anunciou vostede que este parquing se licitaría a principios de 2010, estase acabando o 2010 e queríamos saber como está a situación dese parquing, iso por un lado. Sr. Presidente.- ¿Oe?, ¿estades en folga vós ou …? Sr. Otero Besada.- Por outro lado, quería saber que pasou coa Pousada que estaba anunciada en Vilanova de Arousa, segundo as bases os concellos tiñan que poñer a disposición da Deputación os terreos, en Vilanova estaba anunciada, agora parece ser, polo que vin na prensa, cambiouse para Meis ou para Meaño, e, ¿que pasou con estes terreos de Vilanova ó final?. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, en relación ó primeiro, agradézolle a pregunta porque é moi oportuna, a do aparcamento Luis Rocafort, que esta mesma semana, hoxe é venres, o martes recibimos un informe do concello, informe urbanístico en relación a poder licitar xa definitivamente a construción deste parquing subterráneo na Avda. Luis Rocafort de Sanxenxo, que inclúe, por iso recibimos este informe que nos faltaba, e tardou bastante por certo, porque non é unha cuestión menor, que é a expropiación dunha vivenda e un terreo que hai que expropiar para a construción do mesmo. Polo tanto, dende o servizo de Arquitectura do concello, da xerencia de Urbanismo do concello de Sanxenxo, se recibiu, creo que foi o martes, e ademais así debe constar por aí, porque eu tiven oportunidade de velo, recibimos ese informe cunha valoración económica e todo o demais, polo tanto, en principio, a previsión é que o próximo mércores, aínda que é día de folga, pero vamos a celebrar a Xunta de Goberno, se poida aprobar o prego da licitación do parquing subterráneo, iso en relación a este tema. En relación ó outro, tamén é unha cuestión de sentido común, un dos concellos que ofertara terreos a disposición era Meaño, e debido a un problema no ámbito urbanístico, no caso de Vilanova, decidiuse finalmente esta opción, ou sexa, non ten nin maior nin menor transcendencia. Esa é a realidade e polo tanto así é en principio como se vai acometer. Sr. Otero Besada.- Pero para concederlla ó concello de Vilanova tiña que ter os terreos a disposición, entón, ¿puxo a disposición uns terreos que non tiña?. Sr. Presidente.- Non, puxo a disposición uns terreos, pero, evidentemente, cun problema urbanístico, que nos ía, a súa información e a súa tramitación nos caía fóra do prazo en principio previsto. Polo tanto, por iso, e ademais de maneira consensuada se acordou, concello de Vilanova, concello de Meaño e Deputación, esta nova ubicación, ou sexa, non hai ningún problema para iso. ¿Algunha pregunta máis?. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Después, sin medios de comunicación, ya le da usted a este Pleno un toque de tertulia. Sr. Presidente.- Claro, tertulia afable. Sr. Muradas Ramos.- De estar tomando un vinillo en la taberna y tal. Vale, siete meses que le llevo preguntando Sr. Louzán, por los criterios, etc., obra ejecutada, los cálculos que hacemos, es penoso, porque en dos meses la adjudicación fue de un 7%, y a este ritmo no se va a dar adjudicado el plan anticrisis. Yo no se si preguntarle, o rogarle, o que se preocupe de este tema, porque yo creo que se está enquistando, es un tema que se está tramitando con muy poca transparencia, y está dando lugar a titulares de prensa nada agradables para la imagen de esta casa y de su persona en particular. Yo le quería hacer el ruego de que reactive este programa, este plan, y que dirija, dirija oficio a los ayuntamientos para que propongan direcciones de obra, de las obras correspondientes a cada uno de ellos, porque la contratación de tal volumen inevitablemente va a llevar a una concentración de adjudicaciones de dirección de obra en pocas personas, y si esto, que van con el 20% de adjudicación, ya está levantando noticias preocupantes, no quiero pensar cuando lleguemos al 100%. Por eso creo, que una forma de un reparto bastante objetivo y razonable, y que alcanzaría a la práctica mayoría de los técnicos que trabajan en esta provincia, sería que la Diputación cursase invitación a los ayuntamientos para que propusiesen las respectivas direcciones de obra. Nada más. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias e entendo a súa preocupación, que tamén neste sentido, xa digo, trasladamos nós ó Servizo de Contratación, e agora eu creo que están collendo o ritmo adecuado, as adxudicacións de cada unha das obras dos distintos concellos da provincia de Pontevedra, e polo tanto, en principio non vai haber ningún problema para que, xa digo, en semanas próximas o avance sexa xa determinante, co fin de poder adxudicar todo o que está recollido dentro da petición dos concellos do plan anticrisis. En relación á outra proposta, como hai un volume xa importante adxudicado, e quero entender tamén coa súa dirección de obra correspondente, eu lle digo a, e lle traslado neste caso ós distintos concellos, que sexan eles quen trasladen a petición, porque eles nos mandaron o proxecto, non era certo como se di nalgún, se dicía nese medio de comunicación en concreto, de que, vamos, polo menos iso foi o que se me dixo a min, e creo que ademais están aquí tanto o Interventor coma o Secretario, de que cobran dúas veces por facer o mesmo. Bueno, pero eu debo dicirllo, Sr. Muradas, porque vostede está facendo un comentario, e, bueno, pois engadido máis sobre a cuestión, iso é falso, aqueles técnicos municipais que fan as obras neses concellos, non teñen posibilidade, ningunha, ningunha, ademais de cobrar nada en relación á dirección de obra que fagan nese mesmo concello. Polo tanto, iso é mentira. E en relación á proposta pois que nos poidan facer os concellos, aí vamos a ser neste caso sensibles ás súas peticións, pero …, bueno, pero eu xa digo, que os concellos, non, non, non hai por que, non hai por que concentrar en nadie. Pero agora xa vamos moito máis dese 20% que vostede di, e polo tanto, estaslle ofrecendo unha cousa distinta que non lle ofreceches ós outros, pero eu, que nos chamen aquí os concellos e nós, que chamen ó Servizo de Contratación facendo propostas, serán escoitadas esas propostas. Non, home non, pero que chamen, que serán escoitadas as propostas que nos trasladen os concellos. Bueno, vostede estea tranquilo que o proceso vai ó ritmo que todos pretendemos. Non, non, como non llo vou atender, un rogo destas características, pero lle digo que estamos abertos a que nos fagan propostas para sacar adiante ese tema. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)