Fondos
2011-06-24_Constitutiva. Acta de sesión 2011/06/24_Constitutiva
Acta de sesión 2011/06/24_Constitutiva
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/3.2011-06-24_Constitutiva
Título Acta de sesión 2011/06/24_Constitutiva
Data(s) 2011-06-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 22 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión constitutiva da Corporación Provincial. 24 de xuño de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e quince minutos do día vinte e catro de xuño do ano dous mil once, reuníronse as/os Señoras/es Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Rafael Louzán Abal (PP), D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión constitutiva da Corporación Provincial, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sr. Secretario.- Damos comienzo a la sesión constitutiva de la Corporación Provincial de Pontevedra resultante de las elecciones locales celebradas el pasado 22 de mayo, dando con ello cumplimiento a lo dispuesto en los artículos 207 de la Ley Orgánica 5/1985 de 17 de junio del Régimen Electoral General y 57 del Real Decreto 2568/1986 de 28 de noviembre por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales (ROF). De conformidade coas actas de proclamación de Deputados/as provinciais efectuadas polas sete Xuntas Electorais de Zona da Provincia en base ó reparto dos 27 deputados previamente establecido pola Xunta Electoral Provincial e, segundo a orde de recepción nesta Deputación, resulta: Polo Partido Xudicial de PONTEVEDRA (7 deputados) Partido Popular (PP): Don JOSÉ MARÍA BELLO MANEIRO Dona BEGOÑA ESTÉVEZ BERNÁRDEZ Dona MARÍA PILAR RAMALLO VÁZQUEZ Dona ANA ISABEL VÁZQUEZ REBOREDO Bloque Nacionalista Galego (BNG): Dona ORNELA FERNÁNDEZ SALGADO Don XOSÉ CESÁREO MOSQUERA LORENZO Partido Socialista de Galicia (PSdeG–PSOE): Don FRANCISCO ANDRÉS VEIGA SOTO Polo Partido Xudicial de A ESTRADA (1 deputado) Partido Popular (PP): Don JOSÉ CARLOS LÓPEZ CAMPOS Polo Partido Xudicial de CAMBADOS (3 deputados) Partido Popular (PP): Don JORGE DOMÍNGUEZ ROSAL Don RAFAEL LOUZÁN ABAL Partido Socialista de Galicia (PSdeG–PSOE): Don JOSÉ ANTONIO CACABELOS RICO Polo Partido Xudicial de VIGO (11 deputados) Partido Popular (PP): Don JOSÉ MANUEL FIGUEROA VILA Dona MARTA IGLESIAS BUENO Don JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO Don SEVERINO REGUERA VARELA Don ALBERTO VALVERDE PÉREZ Don JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA Bloque Nacionalista Galego (BNG): Dona IOLANDA VELOSO RÍOS Partido Socialista de Galicia (PSdeG–PSOE): Dona MARÍA ISAURA ABELAIRAS RODRÍGUEZ Don JUÁN ANTONIO GONZÁLEZ PÉREZ Don EDUARDO JOSÉ REGUERA OCAMPO Don SANTOS HÉCTOR RODRÍGUEZ DÍAZ Polo Partido Xudicial de TUI (3 deputados) Partido Popular (PP): Don PABLO BAQUERO ÁLVAREZ Don JOSÉ NELSON CÁNDIDO SANTOS ARGIBAY Bloque Nacionalista Galego (BNG): Don UXÍO BENÍTEZ FERNÁNDEZ Polo Partido Xudicial de LALÍN (1 deputado) Partido Popular (PP): Don JOSÉ CRESPO IGLESIAS Polo Partido Xudicial de PONTEAREAS (1 deputado) Partido Popular (PP): Don ARTURO GRANDAL VAQUEIRO Sr. Secretario.- Pasamos al orden del día previamente establecido. 1.6081.- CONSTITUCIÓN DA MESA DE IDADE Sr. Secretario.- En cumprimento do disposto nas disposicións anteriormente citadas, a sesión constitutiva estará presidida por unha Mesa de Idade que estará composta por Don Arturo Grandal Vaqueiro, deputado electo de maior idade, acompañado por Dona Ornela Fernández Salgado deputada electa de menor idade. Rogo por favor que pasen a presidir a sesión. Sr. Grandal Vaqueiro.- Bos días a todas e a todos. Declárase aberta a sesión. Ten a palabra o Sr. Secretario. 2.6082.- COMPROBACIÓN DE CREDENCIAIS E PERSONALIDADE DOS ELECTOS Sr. Secretario.- Segundo punto del orden del día. Credenciales y personalidad de los electos. Faise constar por esta Secretaría que as credenciais acreditativas da elección dos deputados foron recibidas e cotexadas e que os mesmos cumpriron co previsto no art. 75,7 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, presentando na Secretaría Xeral as declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos e dos seus bens patrimoniais e da participación en sociedades de todo tipo. Así mesmo presentaron as liquidacións dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e, no seu caso, Sociedades. Todo iso así consta no expediente. 3.6083.- TOMA DE POSESIÓN DOS/AS SRES./AS DEPUTADOS/AS PROVINCIAIS Sr. Grandal Vaqueiro.- Punto tres. Toma de posesión dos/as señores/as Deputados/as provinciais. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- De conformidad con el art. 108.3 de la Ley Orgánica del Régimen Electoral General, “En el momento de tomar posesión y para adquirir la plena condición de sus cargos, los candidatos electos deberán jurar o prometer acatamiento a la Constitución, así como cumplimentar los demás requisitos previstos en las leyes o reglamentos respectivos” estableciendo el art. 1 del R.D. 707/1979, de 5 de abril, la fórmula de juramento o promesa en cargo y funciones públicas. Sr. Grandal Vaqueiro.- Primeiro tomará posesión esta Presidencia, e despois o Secretario chamará un por un, por orde alfabética, ás señoras deputadas e ós señores deputados para que procedan a tomar posesión dos seus cargos e unha vez efectuado se incorporen ó seu escano respectivo. Sr. Secretario.- Don Arturo Grandal Vaqueiro, Presidente da Mesa de Idade. Sr. Grandal Vaqueiro.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona María Isaura Abelairas Rodríguez. Sra. Abelairas Rodríguez.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Pablo Baquero Álvarez. Sr. Baquero Álvarez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José María Bello Maneiro. Sr. Bello Maneiro.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Uxío Benítez Fernández. Sr. Benítez Fernández.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José Antonio Cacabelos Rico. Sr. Cacabelos Rico.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Jorge Domínguez Rosal. Sr. Domínguez Rosal.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Begoña Estévez Bernárdez. Sra. Estévez Bernárdez.- Juro por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputada Provincial con lealtad a el Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- Dona Ornela Fernández Salgado. Sra. Fernández Salgado.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José Manuel Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Juan Antonio González Pérez. Sr. González Pérez.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Marta Iglesias Bueno. Sra. Iglesias Bueno.- Juro por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputada Provincial con lealtad a el Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- Don José Carlos López Campos. Sr. López Campos.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Rafael Louzán Abal. Sr. Louzán Abal.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado así como tamén o Estatuto de Autonomía de Galicia. Sr. Secretario.- Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José Alberto Pazos Couñago. Sr. Pazos Couñago.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona María Pilar Ramallo Vázquez. Sra. Ramallo Vázquez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Eduardo José Reguera Ocampo. Sr. Reguera Ocampo.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Severino Reguera Varela. Sr. Reguera Varela.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. Sr. Rodríguez Díaz.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado así como o Estatuto de Autonomía de Galicia. Sr. Secretario.- Don José Nelson Cándido Santos Argibay. Sr. Santos Argibay.- Juro o prometo por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad a el Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- Don Alberto Valverde Pérez. Sr. Valverde Pérez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Xuro pola miña conciencia e honrra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo. Sra. Vázquez Reboredo.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Francisco Andrés Veiga Soto. Sr. Veiga Soto.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Iolanda Veloso Ríos. Sra. Veloso Ríos.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Grandal Vaqueiro.- Cumprido por todas as señoras e señores Deputados electos o requisito de acatamento á Constitución, esta Presidencia declara persoados nos seus cargos ós mesmos, quedando constituída a Corporación Provincial de Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se hace constar que según lo dispuesto en el art. 56,2 del ROF está incorporada al expediente la documentación relativa al arqueo, los justificantes de las existencias en metálico y valores propios de la Corporación así como la documentación relativa al Inventario de la Corporación y de sus organismos autónomos. 4.6084.- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Sr. Grandal Vaqueiro.- Punto catro. Presentación de candidaturas. De conformidade co manifestado polos distintos grupos políticos, estes propoñen como candidato á Presidencia da Deputación: - Polo Bloque Nacionalista Galego – (BNG): Don Cesáreo Mosquera Lorenzo. - Polo Partido Socialista de Galicia – (PSdeG-PSOE): Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. - Polo Partido Popular – (PP): Don Rafael Louzán Abal. Sr. Grandal Vaqueiro.- Se algún candidato antes de proceder á elección de Presidente quere intervir. Ten a palabra Don Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG). Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todos e a todas. Somos absolutamente conscientes de que a relación numérica que hai na corporación provincial, sen embargo entendemos que hai razóns de peso, que aínda que sexa dunha maneira en principio simbólica, manter a nosa candidatura. Primeiramente, que en Galiza nestes momentos haxa 3 niveis de administración pública, internamente de Galiza, ou sexa Xunta, deputacións, concellos, con competencias mesturadas, superpostas, resulta excesivo, cheo de duplicidades e disfuncional no uso e aproveitamento dos cada vez máis escasos recursos públicos. Se a estes tres niveis engadimos mancomunidades, comarcas, áreas metropolitanas, delegacións, etc., etc., temos un panorama administrativo interno en Galiza manifestamente excesivo, un exceso caro, moi caro e moi disfuncional. Coñecida é a nosa posición a prol da desaparición das deputacións, co cal se simplificaría o panorama administrativo, aproveitamos para reafirmala e reiterala, cremos que sería un paso necesario e urxente no camiño da racionalización administrativa. Pero mentres existan as deputacións seguiremos facendo as nosas aportacións cara ó mellor uso dos cartos públicos que manexan. Nesta casa, no pasado mandato, creo que deste grupo saíron as propostas máis relevantes nesta liña, como foi a transferencia á Xunta das competencias impropias, esta casa pode estar nestes momentos, entre gastos de funcionamento e competencias impropias levándose o 60% do seu orzamento. Ben, recordemos Príncipe Felipe, Museo, Polígono de Barro-Meis, etc., que se fixera un reaxuste profundo e un recorte drástico do gasto para aumentar a capacidade de transferencia ós concellos e de investimento propio desta casa. Por desgraza non houbo a suficiente decisión no seu momento por parte do goberno provincial para afrontar estas medidas e como non foron aplicadas a fondo cando existían recursos e posibilidades para cometelas, tanto na propia Deputación como na Xunta, pois esta casa, a Deputación terá que acometer neste mandato medidas moito máis traumáticas, moito máis difíciles das que puido ter acometido. Moito nos tememos que a Deputación non só teña que seguir financiando competencias da Xunta senón que teña que aumentar este financiamento. Creo que o panorama político e o que está sucedendo co financiamento da Xunta levan por este camiño, e, en consecuencia, a colaboración cos concellos, única razón escoitada e esgrimida polos defensores das deputacións, está moi comprometida xa: Nos últimos dous anos recortouse dunha maneira drástica e todo apunta a que seguirá reducíndose, difícil papel queda para este mandato. Temos catalogado neste mesmo foro as deputacións como verdadeiros trastes institucionais, reliquias dun estado preautonómico, coas autonomías perderon, creáronse unhas multiplicidades que hoxe non teñen sentido, agardemos que estes epítetos se poidan entender como fortes, non teñamos que engadir tamén o de inútiles, reliquias, trastes e inútiles aínda por riba, por non servir para colaborar cos concellos, que é o camiño no que moito nos tememos que está esta casa e pode estar no vindeiro mandato. De todos os xeitos e en liña co que estivemos facendo ata agora, conscientes de que a situación é complicada, os tempos son moi difíciles, ofrecemos con toda a nosa xenerosidade, a máxima colaboración para chegar ós acordos posibles, sempre mantivemos esa liña e, incluso coas dificultades estamos dispostos a traballar para a mellor xestión e a mellor aplicación dos recursos públicos. Conte o novo Presidente coa nosa máxima xenerosidade para chegar a eses acordos, porque estamos convencidos de que é o que necesita a situación e que é o que demandan os cidadáns. Moitas gracias. Sr. Grandal Vaqueiro.- Ten a palabra polo Partido Socialista de Galicia-PSOE, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días. Dende o Partido Socialista de Galicia-PSOE, en primeiro lugar, a nosa felicitación pola súa elección para formar parte deste Pleno da Deputación de Pontevedra. Fai pouco máis dun mes, concretamente o 22 de maio, celebráronse as eleccións ás corporacións locais e os resultados obtidos fan a representación política deste Pleno. Pois ben, estes resultados nos encargaron ó Partido Socialista de Galicia-PSOE exercer a labor de oposición e o control de goberno. Tamén manifestar que aceptamos os resultados e felicitamos, como non, ós gañadores que o son pola expresión libre dos cidadáns mediante o seu voto. Pero trala xestión destes últimos catro anos estamos a ver como hoxe o papel das Deputacións está a ter e está en tea de xuízo, e dende o PSdeG-PSOE esiximos a redistribución dos recursos con criterios obxectivos contando sempre coa opinión dos concellos. En definitiva, uns repartos como se fixeron cos fondos estatais de iniciativa local, e onde os concellos tiveron autonomía para decidir que facían no seu territorio, porque estamos xa no século XXI e temos unha institución que segue con fundamentos de fai máis de século e medio, e hoxe a moitos dos cidadáns se lles preguntamos, moi poucos saben para que serven as Deputacións e que é o que fan. Estamos a falar dunha institución con máis de 200 millóns de euros de presuposto, que son dos impostos dos cidadáns da provincia de Pontevedra, estes cidadáns e o PSdeG estimamos que hai unha falta de transparencia, que se veñen facendo repartos de prevendas coas subvencións, e dende logo, para estes cometidos lles resulta inútil e cara a todos os cidadáns esta institución. Hoxe vemos que esta institución non ten ningún cometido para as grandes cidades, e ademais, vendo os resultados de xestión da Deputación de Pontevedra, e do propio recoñecemento nestes días, onde se recoñecía a duplicidade de funcións con outras administracións, así como a falta de austeridade, entre outras, no PSdeG-PSOE reafirmámonos que actualmente esta Deputación non serve ós intereses dos cidadáns, non se lles ten en conta e que deben modificar as súas competencias e así como cedelas ás áreas metropolitanas que se cren, e tamén deben modificar o seu funcionamento. Os deputados e deputadas do PSdeG-PSOE exerceremos o control do goberno cunha oposición leal, construtiva, pero tamén firme. As nosas propostas van dirixidas fundamentalmente ás persoas, a facer fronte á difícil situación da familia das empresas da nosa provincia, con políticos de máxima austeridade, de transparencia e de fomento da economía e do emprego, así como do benestar dos nosos administrados. E tamén, que se defenda a provincia, que se defenda os intereses da provincia, como non ocorreu cos repartos de voos entre os tres aeroportos galegos. Pois ben, esa colaboración, se existe colaboración cos municipios, independentemente da cor política do seu goberno, o que estamos a pedir en definitiva é administrar os recursos, de acordo ó que demandan os cidadáns, cunha xestión eficaz, transparente, e coa máxima honradez. Se o fan así contarán coa nosa colaboración, xa que do contrario só terán o noso máis firme rexeitamento. E, para rematar, o noso grupo acordou, en aras da correlación tamén de forzas, retirar a candidatura que presentamos a este Pleno. Moitas gracias. Sr. Grandal Vaqueiro.- Ten a palabra polo Partido Popular Don José Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Autoridades, compañeiros, señoras e señores, bos días a todos e a todas. Quixeron os meus compañeiros, que eu como o máis veterano do grupo de goberno nesta casa, fixera o uso da palabra no nome do noso partido. É ben certo que, e aquí pódese aplicar perfectamente este refrán, que cada un fala da feira segundo lle vai nela, e neste caso os dous grupos, tanto o Partido Socialista como o partido do Bloque Nacionalista Galego, falaron da feira como lle foi nela, sobre todo nas últimas eleccións, mentres non se faga unha reformulación de competencias, as Deputacións son imprescindibles, sobre todo para os concellos máis débiles. Polo tanto, creo que habería que falar fondamente, precisamente de cales deben ser as competencias municipais, un debate que nos levará un tempo. Queridos amigos, o Partido Popular vai a propoñer, como non podía ser doutro xeito, a Rafael Louzán, para presidir esta casa unha vez máis, porque ostentaba ata ó de agora 33 alcaldías na provincia de Pontevedra, e pasa agora, tras as eleccións municipais a gobernar en 47 dos 62 concellos. Obtivemos 36 maiorías absolutas, 6 máis que tíñamos no 2007, e goberna 47 concellos, 14 máis que no 2007. O Partido Popular en Pontevedra ten a maior porcentaxe de alcaldías de Galicia, xa que goberna no 75,8% dos concellos da provincia, e foi sen dúbida a forza máis votada en 52 dos 62 concellos da provincia, e é a forza máis votada no 84% dos concellos de Pontevedra, por dar algunhas cifras a groso modo. Acadou, por así dicilo, uns resultados históricos nestas últimas eleccións municipais, e no ámbito da Deputación, obtivemos nas pasadas eleccións municipais 17 Deputados provinciais, 3 máis que no ano 2007. No pasado mandato, o Sr. Louzán liderou un goberno provincial que fixo un especial esforzo en eidos como o da cooperación, aí están os consorcios de bombeiros, a promoción turística, os fondos europeos, ORAL, que sobre todo axudou precisamente ós concellos que máis o necesitan na recadación de impostos, no que toca á reactivación económica e ó emprego, puxéronse en marcha o plan de emprego, con resultados razoablemente satisfactorios. En canto a infraestruturas para a competitividade fíxose o polígono Barro-Meis, aínda que pola crise está pasando o que pasa; as pousadas do Salnés que están en marcha e Wimax rural, que foi un éxito, porque a xente do rural ten o mesmo dereito que os que viven nos cascos urbanos para poder disfrutar de internet, e era unha reivindicación importante no rural, porque non había forma, e polo menos agora, aínda que non coa calidade que poden ter os núcleos urbanos, pero si xa se poden ter ata 2 megas, co prezo máis competitivo do mercado a través do método de Wimax rural, co plan Repoblar, que puxo en marcha cun proxecto europeo esta Deputación. No que toca o labor cultural e social, sostívose e potenciouse o tecido da sociedade civil, púxose en marcha, potenciouse o plan cultural, a escola de canteiros, aí está funcionando, a teleasistencia, distintos programas sociais, etc. A gran capacidade inversora da Deputación ó longo destes catro anos pasados veuse plasmada a través do plan PID, do plan de inversións da Deputación, de apoio ós concellos. En canto ás realizacións de dotacións, no tocante ás infraestruturas, basicamente destacar dúas: no deporte fixéronse 70 campos de fútbol de herba sintética, a gran maioría; o novo Pasarón; varios pavillóns en distintos concellos e varias pistas polideportivas. En canto á mobilidade, varias estradas e pontes; e en turismo, fíxose unha aposta decidida pola provincia, sen dúbida unha das máis turísticas de España. E hai que resaltar no eido cultura a aposta que se fixo polo novo museo. No novo mandato o Presidente, candidato nestes momentos a presidir esta casa, Louzán, no mandato 2011-2015, ten un programa baseado na austeridade, seña de indentidade do noso partido, con rigor presupostario, concertación de políticas públicas cos concellos e apoio á reactivación económica e á creación de emprego, é dicir, vai a ser fundamentalmente un mandato máis enfocado ás persoas. E no tocante á súa persoa dicir, que está demostrada a súa capacidade, a súa experiencia tamén, pero sobre todo a súa capacidade de traballo. Eu creo que Don Rafael Louzán coñece cada un dos recunchos da provincia como ninguén, nalgún caso tan ben como os respectivos alcaldes de cada concello. Teño anécdotas vividas con el, onde a algún alcalde, visitando o seu respectivo concello, lle indicaba dalgunha deficiencia no mesmo que o propio alcalde non sabía. Polo tanto, eu creo que é a persoa axeitada para reformular, reinventar, nestes tempos duros que nos tocan vivir, e axeitar a Deputación ós tempos actuais de crise e de dificultades económicas. Por todo iso, dende o Grupo do Partido Popular propoñemos a Don Rafael Louzán para presidir esta casa. Moitas gracias. Escóitanse aplausos. 5.6085.- ELECCIÓN DE PRESIDENTE Sr. Grandal Vaqueiro.- Punto 5. Elección de Presidente. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- De conformidad con el art. 102 del ROF el sistema normal de votación será la votación ordinaria. En el supuesto de que algún miembro de la Corporación solicitara la votación nominal o secreta para la elección de Presidente, se requerirá la previa aprobación por el Pleno en votación ordinaria. La votación será pues, ordinaria a mano alzada. Sr. Grandal Vaqueiro.-¿Votos a favor de Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo?. Cuatro. ¿Votos a favor de Don Santos Héctor Rodríguez Díaz?. Sr. Secretario.-La retira. Sr. Grandal Vaqueiro.- ¿Votos a favor de Don Rafael Louzán Abal?. Diecisiete. Por consiguiente, al obtener la mayoría absoluta legal exigida por el art. 207.2 de la Ley orgánica de régimen electoral general, en la primera votación, queda proclamado presidente Don Rafael Louzán Abal Escóitanse aplausos. Sr. Grandal Vaqueiro.- Para dar cumprimento ó disposto no art. 60.2 do ROF, o proclamado Presidente electo deberá tomar posesión do seu cargo mediante a fórmula anteriormente empregada nesta sesión plenaria. Sr. Louzán Abal.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Presidente da Deputación con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado así como tamén o Estatuto de autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos. Sr. Grandal Vaqueiro.- Cumprido o citado requisito, esta Presidencia declara posesionado no seu cargo de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a Don Rafael Louzán Abal. O Presidente da Mesa entrégalle o bastón de mando e o colar de Presidente, pasando este a ocupar a Presidencia da sesión e pasando a ocupar os seus respectivos escanos os deputados que constitúen a Mesa de Idade. Incorpórase á Presidencia o Sr. Interventor. Escóitanse aplausos. Sr. Presidente.- Moi bos días a todas e a todos. Sr. Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Don Alfonso Rueda. Sr. Alcalde do concello de Pontevedra, Don Miguel Anxo Fernández Lores. Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Don Agustín Hernández. Sr. Conselleiro de Economía e Industria, Don Javier Guerra. Querido Presidente da Deputación de Ourense, que nos acompaña. Alcaldes. Alcaldesas. Deputados e Deputadas. Senadores. Autoridades civís e militares. Membros do Corpo Consular. Queridos amigos e concidadáns. Teño que empezar este discurso, dicindo que sinto pena de non haber formado como é regra, neste caso, esta mesa de idade, porque nas anteriores constitucións da corporación tocoume a min, por ser practicamente o máis xóven, pero o tempo vai evolucionando, e tamén para min, e por iso hoxe lle tocou a Ornela, que a felicito, igual que neste caso a Arturo Grandal como Presidente da Mesa de Idade. Dicirlles a todos que afronto este novo mandato como Presidente da Deputación de Pontevedra moi agradecido a tódolos cidadáns que nos deron o seu apoio, como non, ó meu partido, ós alcaldes, concelleiros e alcaldesas, por suposto, e por suposto ós deputados que me votaron. Asumo esta nova etapa con ilusión renovada e con máis responsabilidade, se cabe, que en anteriores ocasións, sobre todo por dúas razóns: unha, menos importante e de tipo persoal, que me recordaba un antecesor no cargo, porque é a primeira vez que un presidente da Deputación de Pontevedra, que este ano cumpre ademais o seu 175 aniversario, repite mandato por terceira vez consecutiva. Esta circunstancia supón aumentar as miñas obrigas e os meus compromisos con todos e cada un dos cidadáns da provincia de Pontevedra, que respaldaron a miña formación política ata niveis non acadados anteriormente. A outra causa, esta si verdadeiramente transcendente, que motiva o aumento do meu sentido do deber, é a situación de crise na que vivimos e que sofren, con especial gravidade, as familias. Estamos no medio dela, é dicir, entre algo que morre e algo que nace, en pleno debate dun modelo social que agoniza e doutro que xurde, diferente, e no que nada voltará a ser igual. Dicía Quevedo, en ocasión similar, que “ayer ha muerto, mañana aún no ha llegado”. Eu teño plena conciencia deste tránsito. É de dominio público que esta recesión é a máis grande, complexa e profunda, dende a gran depresión de principios do século pasado, que está a golpear con particular virulencia ó noso país. As medidas que se tomaron, de estímulo fiscal, adoptadas ultimamente, unidas á quebra do modelo produtivo, provocaron un ensanchamento do déficit público. A isto hai que unirlle outros factores como o crecemento negativo, as lentas expectativas de recuperación, os índices históricos de paro, a situación das entidades financeiras ou a falta dun rumbo claro. Todo isto esixe unha serie de reformas imprescindibles para saír desta difícil situación e para recobrar a confianza da sociedade e tamén dos organismos internacionais. A gravidade dos problemas económicos estalles a afectar ós concellos, de maneira directa, polo cal, nos vindeiros anos, a caída dos seus ingresos será aínda máis ampla e máis dolorosa. Porque, ademais reduciranse as transferencias e subvencións que recibirán, neste caso, do Estado, da Comunidade Autónoma e tamén, claro está, da Deputación. Se, a todo isto, lle sumamos as fortes limitacións do gasto e a súa débil fiscalidade, o resultado pode ser demoledor. Para os concellos e as deputacións, este mandato que agora comeza, no período 2011-2015, estará cheo de dificultades, nada volverá a ser como antes, e todos nos preguntamos, con moita inquietude e incerteza, ¿como será ese ano 2015?. Convén, polo tanto, que sexamos conscientes de todo isto canto antes, pois as medidas de axuste e reforma dos nosos concellos e Deputacións nin se poden, nin se deben aprazar por moito tempo. Hoxe, os cidadáns demandan, con gran clamor, un novo xeito de gobernar e de facer política. E a eles nos debemos, e a eles temos que escoitar. ¿Que facer, pois, ante este grave panorama que se nos ofrece?. Dende un punto de vista xeral, que afecta a instancias superiores, mesmo ás entidades locais, considero que son precisos cambios urxentes e substanciais, medidas que requiren dun gran acordo político e social que lles outorgue a estabilidade e credibilidade necesarias para que sexan efectivas e duradeiras. Este é o momento do “consenso”, o intre do acordo en temas económicos, financeiros, sociais, territoriais e por suposto organizativos. É preciso analizar e modificar o actual ordenamento territorial do Estado. Clarificar as competencias das distintas Administracións. Elaborar un pacto local en Galicia, que defina as funcións de cada institución, o seu custo e as súas fontes de financiamento. Dende o punto de vista da Administración Local, pola súa banda, é necesario, sen máis dilacións: renovar sistemas organizativos, camiñar pola senda da austeridade e do axuste no gasto, para sobrevivir e para poder saír da crise fortalecidos. Porque unha crise é unha ameaza pero tamén un punto de partida. É unha boa oportunidade para poñer en marcha iniciativas novedosas, “cando non hai recursos, é máis preciso que nunca agudizar o inxenio, a creatividade e tamén a innovación.” Por iso, tódalas medidas dos concellos e das deputacións deben ter como norte, e como obxectivo número un, as reformas internas pertinentes e, sobre todo, as encamiñadas a impulsar a economía para crear emprego. Medidas que, en moitos casos, xa viñan sendo aplicadas pola Deputación de Pontevedra, pero que agora se potenciarán, aínda máis, executándose con firmeza e rotundidade. A primeira medida é establecer unha política de prioridades na que os diferentes concellos deberán decidir cáles son as súas preferencias. A segunda é fixar a austeridade como principio reitor de todas as nosas accións. Isto suporá, entre outras cousas, fixar un teito de gasto, diminuír entes e organismos autónomos, aminorar o número de vicepresidencias e altos cargos, postos de libre designación e persoal eventual. Nun momento no que algunhas, eu diría, que outras institucións incrementan eses capítulos, na Deputación de Pontevedra a aplicación desas normas será unha pauta de actuación incuestionable e innegociable. Temos que aprobar un plan de racionalización do gasto corrente . Un plan xa iniciado que posibilitará rebaixar gastos de representación. Acurtar e desenvolver o uso compartido do parque móbil. Desenvolver o plan de aforro enerxético que xa está en marcha. Revisar axudas e subvencións de concesión directa. Fomentar a cooperación intermunicipal para que os concellos poidan ofrecer determinados servizos de xeito conxunto, con menos custos e máis eficiencia. Un plan, en definitiva, como xa se dixo aquí, que evite duplicidades competenciais entre as distintas administracións”. Tamén potenciar a transparencia da información e as Novas Tecnoloxías. De tal xeito que lles permita ós cidadáns un acceso permanente e sinxelo a todos os nosos procedementos. A renovación, diso fundamental hoxe en día, que son as webs dos nosos concellos, é unha prioridade para nós. Para posibilitar a realización de trámites telemáticos e implantar definitivamente a administración electrónica co fin, evidentemente, de ir rematando coa utilización do papel. Esta iniciativa entronca co Proxecto, Red Pontevedra de Banda Larga Rural, chamado REPOBLAR, xa operativo, que levou o acceso á Banda Larga de Internet a cada rincón da nosa provincia, como xa dixo o portavoz do Partido Popular, e que aínda non está rematado e que seguiremos ampliando. Temos que apoiar medidas tendentes a dinamizar os distintos sectores produtivos, para posibilitar a ocupación laboral e o desenvolvemento da Economía: Potenciación, como xa se dixo aquí, fundamental do Plan de Emprego; Normas de estímulo fiscal para os concellos na búsqueda do seu maior saneamento económico; Mellorar o financiamento de emprendedores con avales e microcréditos; así como, reducir o prazo de pagos a tódolos provedores e empresas a 30 días, nin un só día máis, e aquí esta o Interventor para dar fe desta cuestión. Debemos impulsar decididamente a cooperación e coordinación territorial. Neste sentido, convocaremos ós concellos da provincia a periódicas sesións de concertación de políticas públicas locais, para coñecer as súas necesidades e resolvelas eficazmente. “Os concellos son os principais motores do desenvolvemento económico e da innovación”. Por iso para os seus rexedores, os alcaldes e alcaldesas, tamén a nosa solidariedade polo difícil momento que lles vai a tocar afrontar. Por iso, dicir tamén, que a Deputación de Pontevedra contribuirá a garantir que todos os servizos locais se presten cada día con maiores niveis de calidade. Nesta tarefa, estaremos de xeito inequívoco, ó lado dos gobernos municipais que opten por procesos de reforma, modernización e innovación. Debo dicir que, á sombra do proceso de recorte do gasto público, que se debe afrontar, algúns poñen no punto de mira a propia razón de ser das deputacións. Esas atropeladas e artificiais polémicas son un debate recorrente para tapar, eu diría, determinadas ineficacias de xestión e, de paso, desviar a atención dos temas que verdadeiramente importan ós cidadáns. Pero, en ningún caso, xeran un debate perdurable, nin serio, nin rigoroso, senón, máis ben, unha polvareda oportunista e de escasa consistencia. A presenza das deputacións nun Estado das nosas características resulta obrigada e imprescindible, como o acredita a existencia de experiencias semellantes nos países do noso entorno. O nivel territorial equiparable ás provincias españolas no seo da Unión Europea son os chamados Gobernos Locais Intermedios. Por iso a miña formación política aposta por modernizar o papel das deputacións e por actualizar os seus cometidos. Especialmente na función de asistencia e cooperación ós pequenos concellos, para axudarlles a reducir o gasto e dispoñer de maiores recursos para darlle resposta inmediata ás necesidades dos seus conveciños. Non se debe olvidar que, en España, 16 millóns de persoas viven no ámbito rural, e que en Galicia, a maiores dos residentes nesas zonas, existe unha dispersión xeográfica moi superior ó resto do Estado. Isto, por si só, fai imprescindible os organismos provinciais como as Deputacións. Cousa moi distinta á desaparición das deputacións é a necesidade clara e contundente dunha definición das funcións e tamén dos cometidos, para dotalas dun modelo financeiro máis xusto, equilibrado e solvente. Creo que o novo Estatuto do Goberno Local debe plantexar e fixar unha rexeneración das deputacións que inclúa o impulso de consorcios, áreas metropolitanas e mancomunidades, sempre que non se creen novas unidades administrativas, e, pola contra, se prime o que se pide cada día que é a xestión conxunta e eficiente dos servizos públicos. Sei que non todas as deputacións asumen o mesmo número de funcións e de compromisos. A nosa, a de todos os pontevedreses, ten o seu propio modelo, que consiste en adaptarse a 62 realidades da provincia, traballando sobre un territorio con tres características moi diferenciadas: as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, na que en breve operará unha Área Metropolitana moi poboada e urbanizada; os concellos costeiros e atlánticos, de elevado interese socioeconómico e turístico; e os concellos do interior, moitos deles menores de 5.000 habitantes e con escasos recursos. Por iso, a Deputación de Pontevedra vén desenvolvendo un sistema de traballo mediante o cal se equilibra, cohesiona e garantiza, que a acción dos concellos se realice ó mesmo nivel en toda a provincia de Pontevedra. Queremos que o noso organismo provincial incremente o seu valor de proximidade, que achegue calidade de servizos e benestar á nosa cidadanía. Por iso nesta dura, pero ilusionante tarefa, para o mandato 2011-2015, espero a colaboración de todos e cada un de vós: dos magníficos, digo dos magníficos e reitero, profesionais da institución provincial; do novo equipo de goberno; dos grupos da oposición, que espero, como xa foi dito aquí, sexa leal e construtiva; dos alcaldes e alcaldesas, gobernos locais ós que nos debemos; da Xunta de Galicia, hoxe aquí representada por tres conselleiros, á que dende xa, ofrezo a miña franca e sincera colaboración; tamén das institucións do Estado; de todos os sectores sociais; dos medios de comunicación, imprescindibles para transmitir o noso traballo; e de todos os cidadáns da provincia, destinatarios últimos da nosa acción de goberno. E remato xa cunha mensaxe, como non podía ser doutra forma de confianza e esperanza porque, estou convencido que, co esforzo de todos, incluídas as institucións, saberemos saír desta crise tan profunda que agora nos embarga. Sexan as últimas palabras de agarimosa lembranza ós deputados da anterior corporación, de maneira especial ós nove compañeiros do equipo de goberno que non están, que non puideron estar nesta nova corporación, pero que fixeron un extraordinario traballo, a quen eu dende aquí llo quero agradecer en nome de todos os cidadáns da provincia. Permitídeme unha licenza para cos meus conveciños de Ribadumia, así como tamén con todo o equipo de colaboradores, e por suposto, con grande afecto e cariño para todos, para a miña familia e para todos vós, por estar presentes hoxe aquí, nun día tan importante para min, para esta nova corporación, e para a provincia de Pontevedra. Moitisimas gracias e moi boas tardes a todos. Escóitanse aplausos. Sr. Presidente.- Bueno, agora temos, antes de rematar, pois a un artista pontevedrés, moañés para máis señas, que nos vai a interpretar, pois creo que son dúas pezas, e lle agradecemos neste caso que estivera hoxe aquí con nós, por iso xa lle damos a benvida e un forte aplauso de novo, gracias. Escóitanse aplausos. Empeza a tocar Budiño. Ó rematar escóitanse aplausos. Sr. Presidente.- Moitas gracias a Xosé Manuel Budiño. E agora como non pode ser doutra maneira, dentro desta política de austeridade, pero si temos para tomar un viño galego, neste caso Rías Baixas, todos xuntos, antes creo que vamos a facer unha foto toda a corporación, a nova corporación provincial. Moitas gracias e moi bos días a todos. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)