Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2014-10-31_Ordinaria. Acta de sesión 2014/10/31_Ordinaria
Acta de sesión 2014/10/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.833/1.2014-10-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014/10/31_Ordinaria
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 45 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día trinta e un de outubro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D.Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a deputada provincial Dna. Marta Iglesias Bueno. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22717.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 17 de outubro de 2014. 2.22718.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CUNTIS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “PAVIMENTACIÓN DE PISTAS NO RURAL DO CONCELLO DE CUNTIS”, INCLUÍDO NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Cuntis no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), para financiar o investimento denominado “Pavimentación de pistas no rural do Concello de Cuntis”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cuntis con CIF núm. P3601500F, a cantidade de sesenta mil douscentos corenta euros con cinco céntimos (60.240,05€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00791/201400303), denominado “Pavimentación de pistas no rural do Concello de Cuntis” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 60.240,05 €. Non obstante, tal e como se reflicte no certificado da Secretaria do Concello, esta entidade non posúe as autorizacións sectoriais necesarias para a normal execución do investimento, polo que a eficacia desta subvención quedará condicionada a que se acheguen as licenzas pertinentes antes do 31 de decembro de 2014 ou, no seu caso e necesariamente, coa xustificación do investimento. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014, na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 3.22719.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO GROVE PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “CENTRO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E DIVULGACIÓN DA CARPINTERÍA DE RIBEIRA”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Retírase da orde do día pendente de mellor estudo o expediente relativo á “Concesión de subvención ó Concello do Grove para a realización do investimento denominado «Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira», incluída no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14)”. 4.22720.- CAMBIO DE APLICACIÓN PARCIAL SOLICITADO POLO CONCELLO DE PONTE CALDELAS NO ANTICIPO NÚM. 882/14 Resultando que a Xunta de Goberno de Deputación, na sesión ordinaria celebrada o día 23 de maio de 2014 (Acordo núm. 8.22103), acordou conceder, polo procedemento de concorrencia competitiva, un préstamo sen xuros ó Concello de Ponte Caldelas por importe de 61.000,00 € con destino ó financiamento de diversas actuacións entre as que se atopaba “Adquisición de terreos”. Resultando que, por mor de investimentos que se estiman máis prioritarios e urxentes, con data 21 de outubro de 2014 (núm. Rexistro entrada 2014106978 do 22 de outubro de 2014), o Concello de Ponte Caldelas achega un certificado do acordo da Xunta de Goberno Local, solicitando un cambio de aplicación parcial de xeito que o crédito destinado ó financiamento da actuación “Adquisición de terreos”, que importa 15.000,00 €, se aplique a financiar: • Adquisición de estufa de peles para Centro Cultural de Forzáns por importe de 1.750,00 €. • Achega Plan Marco 2014-2015 Xunta de Galicia-Mellora de vías públicas por importe de 13.250,00 €. Considerando o disposto na base décimo primeira das reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva a municipios da Provincia de Pontevedra, sobre cambios ou modificacións nos acordos de concesión cando concorren circunstancias excepcionais; no artigo 64 do R.d. 887/2006, do 21 de xullo, que polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións. Considerando que o cambio de aplicación non altera a contía do anticipo concedido nin prexudica dereitos de terceiros e visto o informe do Servizo de Intervención de data 27 de outubro de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar aprobación ó cambio de aplicación solicitado polo Concello de Ponte Caldelas, CIF.: P-3604300H, de xeito que o crédito de 15.000,00 € destinado ó financiamento da actuación “Adquisición de terreos” se destine a financiar ós investimentos descritos no parágrafo terceiro; con cargo a aplicación 2014/942.942.821.20 do Orzamento provincial e con suxeición ás mesmas condicións reflectidas no acordo núm. 8.22103 da Xunta de Goberno do día 23 de maio de 2014. 5.22721.- RESOLUCIÓN DO RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN E APROBACIÓN DEFINITIVA DA REVOGACIÓN PARCIAL DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA, NO MARCO DO SEGUNDO PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO 2013, Ó CONCELLO DE ARBO Resultando que mediante acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión do 09/05/2014, punto núm. 9.22054, se aprobou o expediente de “Revogación parcial da subvención concedida, no marco do Segundo Plan Provincial de Emprego, ó Concello de Arbo e inicio do procedemento de reintegro”. Contra este acordo de inicio do expediente de revogación parcial da subvención, o Concello de Arbo presentou alegacións no Rexistro xeral da Deputación o 03/06/2014, núm. 2014056106. Posteriormente, mediante acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión do 5 de setembro de 2014, punto núm. 4.22480, rexeitáronse as alegacións do Concello de Arbo contra o inicio do expediente de revogación parcial da subvención, presentadas no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra o día 03/06/2014, núm. 2014053106 e, en consecuencia, confirmouse de forma definitiva a perda da subvención concedida ó Concello de Arbo, no marco do Segundo Plan Provincial de Emprego – 2013, destinada á contratación dun axudante nas tarefas do fogar, que ascende a un importe total de 4.181,88€, por incumprir as condicións impostas para a súa percepción. Non obstante, estimouse necesario corrixir dito acordo, xa que se advertiu un erro na súa redacción, xa que a pesar de citarse os informes recollidos no expediente e que fundamentan a decisión, no texto do acordo non se recolleu o seu teor literal por tratarse dun informe de varias páxinas, polo que se corrixiu o texto do acordo e se incorporou un extracto do contido dos informes que o motivan. A dita corrección foi aprobada mediante acordo da Xunta de Goberno do 03/10/2014, punto núm. 20.22607, e notificada ós interesados, que reciben a comunicación o día 15/10/2014. Pola súa parte, o Concello de Arbo presenta o recurso potestativo de reposición contra o acordo da Xunta de Goberno da Deputación de 05/09/2014, punto núm. 4.22480, que se recibiu na Deputación o 16 de outubro de 2014, pero que está selado no Rexistro de saída do concello o 09/10/2014, do que se deduce que foi elaborado antes de recibir a notificación da modificación do acordo. A argumentación do recurso baséase na falta de motivación do citado acordo e reitera as alegacións formuladas para xustificar a non procedencia da revogación parcial da subvención. En consecuencia, resulta que a pesar de que o acordo da Xunta de Goberno do 03/10/2014, punto núm. 20.22607, incorpora ó texto do acordo da Xunta de Goberno da Deputación de 05/09/2014, punto núm. 4.22480, a motivación do rexeitamento das alegacións formuladas polo Concello de Arbo, polo que debería ser este segundo acto o que se debería recorrer, estímase conveniente para evitar a indefensión do interesado, unificar ambos textos, polo que se procede a ditar un novo acordo definitivo de revogación parcial da subvención concedida, no marco do Segundo Plan Provincial de Emprego, ó Concello de Arbo, e anular os anteriores. Considerando ó anterior e en virtude das competencias que lle outorga a normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Anular os acordos da Xunta de Goberno do 05/09/2014, punto núm. 4.22480, e do 03/10/2014, punto núm. 20.22607, en base ó recurso de reposición presentado polo Concello de Arbo o 16 de outubro de 2014. 2.- Rexeitar as alegacións do Concello de Arbo contra o inicio do expediente de revogación parcial da subvención, presentadas no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra o día 03/06/2014, núm. 2014053106, porque o concello, na primeira parte das súas alegacións, fai unha interpretación interesada que consegue burlar o sentido teleolóxico das bases que regulan o segundo Plan Provincial de Emprego 2013, xa que entende que, unha vez remitidos os candidatos polo SPEG, deixa de existir a preferencia entre eles e incluso un candidato que sexa perceptor de prestacións distintas ás sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA e outras) pode ser contratado con preferencia sobre un candidato non perceptor de prestacións, desvirtuando completamente o sentido do plan, que se concibe como un plan de asistencia social destinado a parados sen ingresos ou, no seu caso, perceptores de rendas sociais tales como RISGA, RAI ou PREPARA, é dicir, prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia. En segundo lugar, rexéitase a segunda parte das alegacións porque na súa argumentación o propio concello recoñece e admite haberlle dado unha “mala redacción” ás súas propias Bases de selección, causando un prexuízo a terceiros pola súa propia conta e risco que en ningún caso pode beneficiar á parte causante. Este recoñecemento, que se admite como feito probado polo propio concello, determina xa, por si só, un incumprimento suficiente para dar lugar á perda parcial da subvención porque supón o incumprimento das condicións de selección polas que se rexen as contratacións do II Plan Provincial de Emprego 2013, que deriva, como consecuencia inevitable, nun incumprimento das condicións esixidas para a súa percepción segundo o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 3.- Declarar, de forma definitiva, a perda da subvención concedida ó Concello de Arbo, CIF núm. P3600100F, no marco do Segundo Plan Provincial de Emprego 2013, destinada á contratación dun axudante nas tarefas do fogar, que ascende a un importe total de 4.181,88 €, por incumprir as condicións impostas para a súa percepción. 4.- Notificar o presente acordo ó Concello de Arbo, CIF núm. P3600100F e a Dª Beatriz Fernández Iglesias, DNI núm. 34875766S, con domicilio no lugar de Rozas, 29 – Sela, C.P. 36494 do Concello de Arbo. 6.22722.- RENUNCIA QUE FORMULA A COMISIÓN CEMITERIO SANTA MARÍA DE SALCEDA DE CASELAS, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2013 DENTRO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA A OBRA NÚM. 2013001057 “MELLORA CEMITERIO PARROQUIAL” Dada conta da renuncia presentada pola Comisión Cemiterio Santa María de Salceda (36.038.479-D) (Salceda de Caselas), á subvención de 8.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 2013, para o investimento núm. 2013001057, denominado “Mellora cemiterio parroquial”, incluída no Programa de acción comunitaria 2013, partida 942.459.789.07, motivada porque dita actuación non puido ser executada e pagada no prazo concedido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia presentada pola Comisión Cemiterio Santa María de Salceda (36.038.479-D) (Salceda de Caselas), á subvención de 8.000,00 € concedida no ano 2013 dentro do Programa de acción comunitaria para ó investimento núm. 2013001057, denominado “Mellora cemiterio parroquial”. 7.22723.- APROBACIÓN DA LISTAXE COMPLEMENTARIA DE PARTICIPANTES NO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR 2014” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 28 de marzo de 2014 aprobou as bases reguladoras do Programa “Saúde e Benestar 2014”. A finalidade de dito programa é fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade. Así mesmo pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade. Os beneficiarios do programa son persoas nacidas antes do ano 1964, xubilados ou pensionistas ou persoas con necesidades de respiro familiar. O Programa “Saúde e Benestar 2014” está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra con 30 euros por participante, e polos usuarios, variando a contía segundo o balneario elixido. Para a convocatoria deste ano están autorizados inicialmente 90.000,00€, con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, suficientes para atender 3.000 prazas, se ben nas bases, aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2014, establecese que este crédito poderá verse ampliado. A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 29 de agosto de 2014 aprobou a adxudicación de prazas do Programa “Saúde e Benestar 2014”, establecendo listaxes de participación e agarda. Así mesmo a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 26 de setembro de 2014 aprobou unha listaxe complementaria de participantes no Programa “Saúde e Benestar 2014” polo que pasan a formar parte da listaxe de garda un total de catorce novas solicitudes que representan un total de 24 persoas. A xefa de negociado de Servizos Sociais, con data 14 de outubro de 2014, emite informe no que deixa constancia de que rematado o prazo de presentación das solicitudes, seguen entrando no rexistro da Deputación de Pontevedra novas solicitudes de participación no programa, en concreto dende a aprobación da listaxe complementaria pola Xunta de Goberno recibíronse 19 solicitudes que representan un total de 33 persoas as cales poderían pasar a formar parte da listaxe de garda. Con data 20 de outubro de 2014, a xefa do Servizo de Fiscalización emite informe favorable á inclusión das 19 solicitudes, de 33 persoas, que presentaron as súa solicitude fóra de prazo, como parte da listaxe de garda e coa súa participación condicionada a que exista crédito suficiente ou baixas no programa. Considerando que o órgano competente para a adxudicación de prazas do programa “Saúde e Benestar” para o exercicio 2014 é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base sexta das Bases Reguladoras do programa, e tendo en conta a proposta de adxudicación das prazas do Programa “Saúde e Benestar” para o exercicio 2014 que figura no informe elaborado pola xefa de negociado de Servizos Sociais. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade deixar en listaxe de garda as 19 solicitudes presentadas para participar no programa “Saúde e Benestar 2014” que entraron fóra de prazo no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, e que representan un total de 33 persoas na seguinte orde: Posto na listaxe de garda nº RSS Solicitante Acompañante 127 1832 Secundina Blanco Rodríguez Antonio Rosendo Centrón 128 1835 Mª Amparo Bueno Macía Jaime Iglesias Cendón 129 1839 Clementina Ozores Ozores Pilar Gianzo Otero 130 1847 Carmen Gesteiro Comesaña ------- 131 1841 José Montenegro Costas Juana Rodal Fernández 132 1838 Manuel Gundín Sande Angelina Ozores Ozores 133 1843 José López Moreira ------- 134 1837 Ángel Fernando Gamallo Agulló ------- 135 1848 José Luis Méndez Vites Mª Concepción Suárez Prado 136 1836 Ana Mª Rodríguez Vázquez ------- 137 1846 Jesús Picarte Calvete Nieves Cruces Varela 138 1840 José Antonio Sánchez Lado Josefa González Formoso 139 1845 Alfredo Méndez Pérez Gloria Martínez Varela 140 1844 Gregorio Cuartero Egido Amparo López Negro 141 1833 Alberto Fernández Lazare Isabel Pérez Llauger 142 1834 Pedro Borrajo Rivas Carmen Novoa Álvarez 143 1830 Consuelo Santos Alfonso ------- 144 1831 Margarita Falagán García Tim Hindmarsh 145 1842 Mª Luz González Estévez Mª Luz López González Esta nova relación de solicitantes e beneficiarios terán posibilidade de participar no caso de que exista praza dispoñible e sempre tendo en conta o posto no que figuran na listaxe de garda. 8.22724.- ADXUDICACIÓN DE BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO 2014 No Boletín Oficial da Provincia nº 131, de data 9 de xullo de 2014, (con corrección de erros no BOP nº 148 de data 4 de agosto do 2014) publicáronse as bases reguladoras da convocatoria de 400 bolsas de práctica laboral en empresas do sector privado da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios e de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Por acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial con número 17.22574 na súa sesión ordinaria do día 26 de setembro de 2014, adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. Que por diversas renuncias de empresas e bolseiros hai unha serie de bolsas pendentes de adxudicar. Considerando que o procedemento de selección, asignación e distribución dos bolseiros por empresas levouse a cabo conforme o establecido nas bases sexta, sétima e oitava da convocatoria a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as referidas bolsas pendentes de adxudicación ós aspirantes que se relacionan no anexo I, tal e como se detalla por número de expediente, titulación, importe e empresa de destino, cos efectos establecidos no citado anexo por un período de seis meses, podendo ser prorrogadas por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima das bases e sempre que exista dotación orzamentaria, restando do tempo de disfrute da bolsa o xa disfrutado noutras empresas nos casos de reubicación de bolseiros por renuncia das empresas correspondentes. A dotación económica das bolsas imputarase ás aplicacións orzamentarias 14/921.241.481.47 e 14/921.241.160.47. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar a empresa. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa empresa na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vencello con este organismo provincial nin coa referida empresa. As empresas deberán cumprir o proxecto ou programa formativo presentado e designar un traballador da empresa que asuma a función de titor e que se encargue de facilitar a integración do bolseiro na empresa, de dirixir, controlar e supervisar as tarefas encomendadas. De dita designación darase traslado ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial a fin de poder facer un seguimento e avaliación das prácticas. Así, antes de que transcorran os últimos quince días do quinto mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación e proposta de prórroga, se procede, que será trasladado ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación para a súa tramitación, cun mes de antelación á data sinalada de finalización. A Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. No caso de que o bolseiro renuncie antes da finalización do período de prácticas, deberá presentar no Rexistro xeral da Deputación Provincial a correspondente solicitude dirixida ó Servizo de RR.HH. e Formación e informar previamente ó seu titor. En tal situación a empresa poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante cun candidato suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección, sempre que a substitución sexa por un período superior ou igual a seis meses. Dito listado é como segue: ANEXO I: RELACIÓN DE ADXUDICACIÓN DE BOLSEIROS PENDENTES POR ORDE DE EXPEDIENTE E NOME Nº Exp Titulación Nome Apelidos Empresa Importe bolsa Data efectos Duración 1 P003 Ciclo Superior en administración e finanzas Nicolás Andura Lomba Aflac, S.L. 700 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 2 P003 Ciclo Superior en administración e finanzas Mónica Martínez Rey Carpintería Metálica Varela, S.L. 700 € 17/11/2014 5 meses e 14 días prorrogables 6 meses máis. 3 P003 Ciclo Superior en administración e finanzas María Jesús Tembra Caramés Suárez E. Lorenzo Asesores, S.L. 700 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 4 P009 Ciclo Superior en Comercio internacional con inglés David Couto Cordo Clictic, S.L. 700 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 5 P018 Ciclo Superior en educación infantil Regina Varela Suárez Portas Hostelería, S.L.U. (El Mundo de Sepo-CC A Barca). 700 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 6 P030 Ciclo superior en secretariado Marta Madriñán Villanueva Lacteos Farelo, S.L. 700 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 7 P037 Diplomatura en ciencias empresariais/grao en ciencias empresariais/grao en comercio Juan Silvoso de la Maza Proyectos y Sinergias Empresariales, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 8 P037 Diplomatura en ciencias empresariais/grao en ciencias empresariais/grao en comercio Adrián Vila de la Peña Oftega AB, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 9 P042 Diplomatura /Grao en maxisterio de educación infantil Carolina Chaga Varela PSN Educación y Futuro, S.A. 800 € 01/11/2014 5 meses y 27 días prorrogables por outros 6 meses máis. 10 P045 Diplomatura/Grao en relacións laborais /relacións laborais e recursos humanos Sheila Pazos Díaz Prosem Consultoría Estratégica, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 11 P053 Enxeñería en telecomunicacións Daniel Ángel Gallego Nogueira Monet Tecnología e Innovación, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 12 P065 Enxeñería técnica en informática de sistemas Carlos Sáenz de Miera Rodríguez Manuel Castro Carrera (Bbqsystems) 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 13 P077 Grao en enxeñería da edificación/arquitectura técnica Ángela Taibo Rodríguez Imagen, Hostelería y Oficinas,S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 14 P078 Grao e nutrición humana e dietética Patricia Ramos García Ortodeza, S.L. 800 € 01/11/2014 5 meses e 8 días prorrogables por outros 6 meses máis. 15 P083 Licenciatura/Grao en administración e dirección de empresas Diego Arosa López Macro Sistemas, S.A. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 16 P083 Licenciatura/Grao en administración e dirección de empresas Bruno Canella Rodríguez SMG Services & Consulting, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 17 P083 Licenciatura/Grao en administración e dirección de empresas Antía Casal Iglesias Pompas Fúnebres del Atlántico, S.A. 800 € 01/11/2014 5 meses e 21 días prorrogables por outros 6 meses máis. 18 P083 Licenciatura/Grao en administración e dirección de empresas Juan García Touriño SIC Galicia, S.L.U. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 19 P083 Licenciatura/Grao en administración e dirección de empresas Noelia Piñeiro Noya Siga 98, S.A. 800 € 01/11/2014 5 meses e 24 días prorrogables por outros 6 meses máis. 20 P092 Licenciatura/Grao en dereito Beatriz Abal Rodríguez Equantia Global Business, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 21 P092 Licenciatura/Grao en dereito José Juan Ramírez Iglesias La Fe Previsora Compañía de Seguros, S.A. 800 € 01/11/2014 5 meses e 24 días prorrogables por outros 6 meses máis. 22 P102 Licenciatura/Grao en psicoloxía Lucía Hermida González Residencial Galeón, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 23 P102 Licenciatura/Grao en psicoloxía Sonia Porto López Tendelaman, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 24 P103 Licenciatura/Grao en publicidade e relacións públicas Tamara Conde Barreiro Jose Luis Guillermo Fernández Seoane (Joyería Fersé) 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 25 P103 Grao en publicidade e relacións públicas Andrea Domínguez Lage Arrullos del Agua, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 26 P103 Licenciatura/Grao en publicidade e relacións públicas José Francisco Muíño Aragón Ice Imaginación, S.L. 800 € 01/11/2014 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 27 P106 Licenciatura/Grao en química con inglés Guillerme Gayoso Puga Proquireza, S .L. 800 € 01/11/2014 5 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 28 P109 Licenciatura/Grao en xornalismo Ana María Patiño Salgueiro Héctor Bermúdez Touceda (Radio Valga) 800 € 01/11/2014 5 meses prorrogables por outros 6 meses máis. 9.22725.- PRÓRROGA DE BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2013 PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 2 de agosto de 2013, aprobouse o Plan de práctica laboral no ámbito do sector privado, dirixido a mozos titulados universitarios ou de formación profesional. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira convocouse e seleccionouse ás empresas segundo as bases publicadas no BOP nº 150 de data 7 de agosto de 2013 e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros, segundo as bases publicadas no BOP nº 209, de 30 de outubro de 2013, con corrección de erros no BOP de datas 6, 7 e 27 de novembro de 2013. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 23.22068, en sesión celebrada o 9 de maio de 2014, adxudicáronse bolsas pendentes de asignación debido a renuncias. Na base novena da convocatoria establécese que as bolsas terán unha duración de seis meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na empresa correspondente, e poderán ser prorrogadas por acordo da Xunta de Goberno e sempre que exista dotación orzamentaria. Segundo a base décima de dita convocatoria, antes de que transcorran os últimos quince días do quinto mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados, e o titor, á vista da memoria presentada polo bolseiro, emitirá un informe de avaliación para poder valorar se procede ou non a prórroga. En cumprimento no disposto na dita base décima, mediante o informe de avaliación e á vista das memorias presentadas os titores consideran que procede prorrogar as bolsas. Con todo o exposto, en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de Intervención de data 22 de outubro de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas ós bolseiros que se relacionan a continuación, dende o 15 de novembro de 2014 ata o 29 de decembro de 2014. Exp. Nome e apelidos Titulación Empresa Importe bolsa E13 Cendón Barreiro, José Miguel Ciclo superior en administración e finanzas Deza Postal S.L. 700,00 € E90 Rodríguez Carballo, Rosa Licenciatura en dereito APE Galicia 800,00 € A dotación económica das bolsas determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios e 700,00 €/mes por beneficiario para os ciclos superiores de formación profesional, o que supón para o ano 2014, un total de 2.250,00 €, sendo o custo da Seguridade Social de 34,72 €/mes por beneficiario, o que supón para este exercicio un total de 69,44 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións 14/921.241.481.47.2013 e 14/921.241.160.47.2013 do Orzamento provincial. 10.22726.- FINALIZACIÓN DA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS DE LORENA COLLAZO FERNÁNDEZ POR RENUNCIA DA EMPRESA TIC AND TIC INTERACTIVE, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E20 da titulación de Ciclo superior en desenvolvemento de aplicacións Multiplataforma, a bolseira Lorena Collazo Fernández na empresa Tic and Tic Interactive, S.L. Con data de 22 de outubro de 2014 a empresa Tic and Tic Interactive presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral por cese de actividade con efectos do 31 de outubro de 2014. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que en caso de renuncia da empresa á bolsa concedida sen causa xustificada a Deputación realizará as xestións oportunas para poder destinar o bolseiro a outra empresa, a fin de lle dar continuidade á bolsa de prácticas convocada pola institución provincial. Entre tanto a bolsa queda en suspenso durante un período que non poderá exceder de tres meses e o bolseiro pasará a ocupar o primeiro lugar da relación de candidatos suplentes en dita titulación. De igual modo se procederá nos casos de resolución da bolsa por causas xustificadas non imputables ó bolseiro. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Lorena Collazo Fernández na empresa Tic and Tic Interactive, S.L. con efectos do día 31 de outubro de 2014 por cese da actividade da empresa. 11.22727.- FINALIZACIÓN DA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS DE VERA CRUZ MONTOTO VÁZQUEZ, POR RENUNCIA DA MESMA, NA EMPRESA HÉCTOR BERNÚDEZ TOUCEDA (RADIO VALGA) Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P109 da titulación Licenciatura/ Grao en Xornalismo, a bolseira Vera Cruz Montoto Vázquez na empresa Héctor Bermúdez Touceda (Radio Valga). Con data de 24 de outubro de 2014 a bolseira Vera Cruz Montoto Vázquez presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de outubro de 2014, manifestando que o motivo da súa renuncia é a aceptación dun posto de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Vera Cruz Montoto Vázquez na empresa Héctor Bermúdez Touceda (Radio Valga) con efectos do día 31 de outubro de 2014. 12.22728.- RATIFICACIÓN DE DIVERSAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS QUE DAN POR FINALIZADAS AS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL 2013 E 2014 POR RENUNCIA DOS BOLSEIROS E DAS EMPRESAS De conformidade co disposto nas bases das convocatorias dos plans de práctica laboral en empresas do sector privado 2013 e 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar as seguintes Resolucións Presidenciais: - Por Resolución Presidencial nº 2014030634 de data 23 de outubro de 2014, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Patricia Ramos García na empresa Coesco-Deza, S.L. con efectos do día 22 de outubro de 2014. - Por Resolución Presidencial nº 2014030376 de data 21 de outubro de 2014, resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Diego Arosa López na empresa Alumisel, S.A.U. con efectos do día 17 de outubro de 2014. - Por Resolución Presidencial nº 2014030636 de data 23 de outubro de 2014, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Débora Fontenla Rodríguez na empresa Buján y Álvarez, S.L. con efectos do día 22 de outubro de 2014. - Por Resolución Presidencial nº 2014030624 de data 22 de outubro de 2014, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Estela Dios Martínez con efectos do 31 de outubro de 2014. - Por Resolución Presidencial nº 2014030709 de data 24 de outubro de 2014, resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Rubén de la Fuente Estévez na empresa Inteco Ingeniería Avanzada, S.L. con efectos do día 22 de outubro de 2014. 13.22729.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.22730.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “SANEAMENTO EN CARBALLIÑO-PAZOS DE BORBÉN, INCLUÍDO NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Pazos de Borbén solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Saneamento en Carballiño-Pazos de Borbén”; vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Pazos de Borbén con CIF núm. P3603700J, a cantidade de cento corenta e nove mil catrocentos vinte e oito euros con corenta e sete céntimos (149.428,47 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00921/201400308), denominado “Saneamento en Carballiño-Pazos de Borbén”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 149.428,47 €. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 15.22731.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN E APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CRECENTE PARA LEVAR A CABO O INVESTIMENTO DENOMINADO “SUBMINISTRACIÓN ADQUISICIÓN MAQUINARIA”. Dada conta da proposta de convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Crecente para levar a cabo o investimento denominado “Subministración adquisición maquinaria” sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as distintas administracións, a subministración de maquinaria que permita ó concello realizar actuacións de limpeza de pistas e camiños municipais, limpeza de canalizacións pluviais, desbroces e outras actuacións análogas. Vista a solicitude formulada polo Concello de Crecente ó abeiro do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14) para a concesión dunha subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa polo procedemento de libre disposición, e con destino ó investimento referido. Á vista da documentación obrante no expediente, do pregos de prescricións técnicas e dos informes do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder ó Concello de Crecente, con CIF núm. P-3601400I, a cantidade de cento vinte mil euros (120.000,00€), imputables á aplicación orzamentaria 14/942.942.652.45, no marco do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), que se destinarán á realización do investimento “Subministración adquisición maquinaria”, cun orzamento total que ascende a 169.976,00 €. O financiamento deste investimento realízase segundo o previsto no convenio de colaboración referido, o cal distribúe os gastos do seguinte xeito: 120.000,00 € por conta da Deputación con cargo á aplicación 14/942.942.652.45 do Orzamento xeral da Deputación; e 49.976,00€ por conta do concello que se aplican ó orzamento municipal. 2.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Crecente para levar a cabo a obra denominada “Subministración adquisición maquinaria”, cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CRECENTE PARA LEVAR A CABO O PROXECTO «SUBMINISTRACIÓN ADQUISICIÓN MAQUINARIA» En Crecente, a ……………. REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. A Sra. Dª. Marisol Gómez Domínguez, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Crecente, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns determinados servizos públicos en función da súa poboación. III.- Que o artigo 36 da Lei 7/1985 e os artigos 109 e 110 da Lei 5/1997 encomendan ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Que o concello de Crecente debe atender a servizos básicos relacionados cos accesos ós núcleos de poboación, mantemento de pistas e camiños municipais, limpeza de canalizacións de pluviais, desbroces e actuacións análogas, que en atención ó seu carácter esencial inciden de modo importante na calidade de vida dos veciños. Na actualidade o concello de Crecente non dispón dunha infraestrutura de maquinaria para levar a cabo as actuacións referidas, e dada a carencia de recursos económicos do concello precisa da colaboración da Deputación para a adquisición de maquinaria adecuada. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O presente convenio ten por obxecto facilitar a necesaria colaboración entre as administracións asinantes para promover as actuacións necesarias para levar a cabo o proxecto “Subministración adquisición maquinaria”. Dito investimento ten por fin a subministración de maquinaria destinada a limpeza de pistas e camiños municipais, canalizacións de pluviais e outras actuacións análogas; relacionándose a tal fin un tractor agrícola, xunto cunha desbrozadora de brazo lateral e remolque basculante, e unha retro pala de rodas cun martelo hidráulico. Segunda.- Importe. O importe ó que se refire o presente convenio ascende a cento sesenta e nove mil novecentos setenta e seis euros (169.976,00 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da adquisición da maquinaria, segundo os pregos de prescricións técnicas que definen as características específicas. Terceira.- Financiamento. Os investimentos necesarios para a adquisición da mencionada maquinaria serán financiados pola Deputación de Pontevedra e Concello de Crecente mediante a achega das cantidades relacionadas deseguido: Achega Porcentaxe Deputación de Pontevedra 120.000,00 € 70,6% Concello de Crecente 49.976,00 € 29,4% Total Investimento 169.976,00 € 100% A Deputación financiará 120.000,00 € (70,6%) con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa polo procedemento de libre disposición ó abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), e que se cargará contra a aplicación 14/942.942.652.45 do vixente orzamento provincial. O Concello de Crecente financiará o importe de 49.976,00 € (29,4%) con cargo ó orzamento xeral do concello. A cantidade a achegar polo concello é un ingreso de dereito público que xerará crédito na aplicación correspondente e debe ser ingresada no momento da sinatura do convenio, e, en todo caso, inmediatamente antes da aprobación do expediente de contratación. No caso de falta de ingreso desta cantidade, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo que a favor do concello houbera na entidade provincial. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ó inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha execución deficiente da totalidade do investimento, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe da axuda con respecto ó custo total do investimento. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento do investimento. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento do investimento, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos pregos de prescricións técnicas que definen a maquinaria a adquirir, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na proporción que se acorde pola Comisión de Seguimento. Quinta.- Licitación. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, adxudicación e recepción da maquinaria; asemade correspóndelle a redacción dos pregos de prescricións técnicas do investimento obxecto deste convenio. Unha vez recepcionada a maquinaria pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega ó Concello; e detallándose na acta de entrega os bens en cuestión, a súa valoración, así coma os demais aspectos que sexan necesarios para a súa inclusión no inventario do Concello. Sexta.- Obrigas do Concello. O Concello de Crecente obrígase a: 1) Levar a cabo o mantemento da maquinaria obxecto deste convenio, tendo a asunción da dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción. 2) Comunicarlle á Deputación de forma inmediata, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mencionada finalidade procedentes de calquera administración pública ou ente privado nacional ou internacional, con expresión da súa contía. 3) Darlle a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a adquisición da maquinaria se levou a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sétima.- Compensación de débedas. O Concello de Crecente faculta expresamente á Deputación para reter e compensar con cargo ás cantidades que lle poidan corresponder no novo Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) ou noutros programas de subvencións con toda clase de débedas vencidas e pendentes pago. Oitava .-Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Novena.- Vixencia do convenio. O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata a entrega da maquinaria obxecto do convenio. Non obstante, no marco do PUSIM/14, cuxa regulamentación afecta ó presente convenio por financiarse unha parte a través da concesión dunha subvención con cargo a este plan, fíxase un prazo máximo de execución ata o 31 de decembro de 2015. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes. Décima.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Undécima.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, e polo RDL 2/2004, do 5 de marzo. Asemade, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e na data sinalados no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Crecente Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: Dna. Marisol Gómez Domínguez” 3.- Facultar ó presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 16.22732.- SOLICITUDE DE CAMBIO DA ACCIÓN FORMATIVA CONCEDIDA Ó CONCELLO DE FORCAREI CON CARGO Ó PROGRAMA “ACTÍVATE 2014” A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 2014 aprobou as bases reguladoras do Programa “Actívate” do ano 2014, co obxecto de regular a concesión de axudas destinadas a desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre e para mellorar a formación básica da mocidade da Provincia de Pontevedra. Estas bases foron publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 99 de data 26 de maio de 2014, e durante o prazo concedido ó efecto presentaron solicitude de adhesión un total de 55 concellos da Provincia de Pontevedra. Os beneficiarios do Programa “Actívate” para o ano 2014 son prioritariamente os mozos de 16 ata 35 anos de idade residentes no concello solicitante da actividade formativa correspondente, aínda que tamén poden participar persoas doutros concellos no caso de que quedaren prazas vacantes. A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2014 aprobou as solicitudes de adhesión presentadas polos concellos da Provincia de Pontevedra ó Programa “Actívate 2014”. Entre os concellos que presentaron solicitude de adhesión estaba o Concello de Forcarei e a acción formativa elixida foi a denominada “Pintura e debuxo artístico: iniciación”. O Concello de Forcarei a través de escrito de 17 de setembro de 2014 solicita que lle sexa concedido un cambio de acción formativa dentro do programa “Actívate 2014” debido a que unha vez realizada a divulgación da acción formativa concedida non se conseguiu o mínimo de participantes, motivo polo que está interesado en levar a cabo a acción formativa denominada “Acompañante de transporte escolar”. A Traballadora Social responsable do programa, con data 28 de outubro de 2014, emite informe favorable á concesión da nova acción formativa solicitada polo Concello de Forcarei. Considerando que o órgano competente para autorizar este cambio de acción formativa solicitado polo Concello de Forcarei é a Xunta de Goberno, o ser o órgano que aprobou as bases do Programa “Actívate 2014”, así como as solicitudes de adhesión presentadas polos concellos da Provincia de Pontevedra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar ó Concello de Forcarei a realización da acción formativa denominada “Acompañante de transporte escolar” con cargo ó Programa “Actívate 2014”, en substitución da acción formativa aprobada pola Xunta de Goberno na sesión do día 20 de xuño de 2014, coa denominación “Pintura e debuxo artístico: iniciación”. 17.22733.- APROBACIÓN DUNHA SEGUNDA EDICIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CONCEDIDAS A CINCO CONCELLOS CON CARGO Ó PROGRAMA “ACTÍVATE 2014” A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 2014 aprobou as bases reguladoras do Programa “Actívate” do ano 2014, co obxecto de regular a concesión de axudas destinadas a desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre e para mellorar a formación básica da mocidade da Provincia de Pontevedra. Estas bases foron publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 99 de data 26 de maio de 2014, e durante o prazo concedido ó efecto presentaron solicitude de adhesión un total de 55 concellos da Provincia de Pontevedra. Ó Programa “Actívate” para o año 2014, podían adherirse os concellos da Provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Cada concello podía escoller unha actividade formativa das que figuran no catálogo publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra, agás os de máis de 15.000 habitantes que podían escoller dúas. Os beneficiarios do Programa “Actívate” para o ano 2014 son prioritariamente os mozos de 16 ata 35 anos de idade residentes no concello solicitante da actividade formativa correspondente, aínda que tamén poden participar persoas doutros concellos no caso de que quedaren prazas vacantes. A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2014 aprobou as 55 solicitudes de adhesión presentadas polos concellos da Provincia de Pontevedra ó Programa “Actívate 2014” dentro do prazo establecido ó efecto, o que supón a concesión dun total de 69 accións formativas, dentro das 74 ofertadas inicialmente nas bases. Entre os 55 concellos que presentaron solicitude de adhesión estaban os Concellos de Ponteareas, Poio, Nigrán e Portas ós que se lles concedeu a acción formativa denominada “Acompañante de transporte escolar” e o Concello de A Cañiza coa acción formativa denominada “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”. Os concellos citados a través de diversos escritos solicitan que se lles autorice a realizar unha segunda edición destes cursos debido á gran demanda de beneficiarios interesados en participar nos mesmos. Na base décimo primeira do Programa “Actívate 2014” figura que no suposto de que o número total de actividades ofertadas nesta convocatoria non quedase cuberto esta institución reservarase o dereito a cubrilas con concellos que teñan a suficiente demanda. A Traballadora Social responsable do programa con data 28 de outubro de 2014, emite un informe en onde deixa constancia de que un total de 55 concellos da Provincia de Pontevedra presentaron a solicitude de adhesión o Programa “Actívate 2014”, dentro do prazo establecido ó efecto, o que supón un total de 69 accións formativas, dentro das 74 ofertadas inicialmente nas bases, polo que considera adecuado a aprobación dunha segunda edición dalgunhas das accións formativas ofertadas en aqueles concellos que tiveron maior número de demanda como é o caso dos concellos de Ponteareas, Poio, A Cañiza, Nigrán e Portas. Para facer fronte ó gasto que supón a realización das actividades previstas no Programa “Actívate 2014” existe crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, por importe de 102.200,00 €. Considerando o establecido nas cláusulas sétima e décimo primeira das bases reguladoras do Programa “Actívate 2014”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a realización dunha segunda edición das accións formativas aprobadas ós Concellos de Ponteareas, Poio, A Cañiza, Nigrán e Portas con cargo ó Programa “Actívate 2014”, e de acordo co seguinte detalle: Concello Acción formativa (2º edición) 1 Ponteareas Acompañante de transporte escolar 2 Poio Acompañante de comedor escolar 3 A Cañiza Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios 4 Nigrán Acompañante de transporte escolar 5 Portas Acompañante de comedor escolar 18.22734.- APROBACIÓN DA LISTAXE COMPLEMENTARIA DE ASOCIACIÓNS PARTICIPANTES NO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA 2014” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 14 de marzo de 2014 aprobou as bases reguladoras do Programa “Coñece a túa provincia 2014”. Estas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 126 de data 2 de xullo de 2014. A finalidade de dito programa é fomentar a convivencia e o asociacionismo de distintos colectivos de persoas (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, familias e menores) e contribuír ó seu enriquecemento cultural, a través de visitas diarias guiadas a centros integrantes do patrimonio da Deputación de Pontevedra e ós principais recursos turísticos da Provincia de Pontevedra. Os beneficiarios do programa son as entidades de iniciativa social da Provincia de Pontevedra e para levar a cabo o mesmo, a Xunta de Goberno adxudicoulle o contrato de xestión, desenvolvemento e execución á empresa Viajes el Corte Inglés, S.A., que ofertou un prezo unitario total de 21,50 €, por ruta. O Programa “Coñece a túa provincia” está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra con nove euros con cincuenta céntimos por participante, e polos usuarios, que achegarán a cantidade fixa de 12,00 €, por ruta. Para a convocatoria deste programa están autorizados 238.500,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, suficientes para atender ata 25.105 prazas. A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 29 de agosto de 2014 aprobou a listaxe de asociacións admitidas, excluídas, e en listaxe de garda para participar no Programa “Coñece a túa provincia 2014”. Con posterioridade a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 19 de setembro de 2014, aprobou unha listaxe complementaria, polo cal a listaxe de garda se ampliaba en seis novas solicitudes que representan un total de 400 persoas. No caso de asistir tanto as 339 entidades admitidas como as 28 entidades que figuran na listaxe de garda, suporía un total de 21.359 persoas que participarían neste programa. Dende a aprobación da listaxe complementaria de asociacións participantes no Programa “Coñece a túa provincia 2014” pola Xunta de Goberno na sesión do día 19 de setembro de 2014, entraron no Rexistro da Deputación de Pontevedra un total de cinco novas solicitudes, e a traballadora social de Servizos Sociais e Promoción de Emprego, con data 28 de outubro de 2014, emite informe favorable para que se autorice a inclusión das cinco novas solicitudes na citada listaxe de garda. Con data 28 de outubro de 2014, a xefa do Servizo de Fiscalización emite informe relativo á listaxe complementaria de garda no programa, establecendo que para o pago da factura á empresa adxudicataria de levar a cabo este programa, Viajes El Corte Inglés, S.A., comprobarase que as persoas relacionadas na mesma son aquelas que figuran na antedita listaxe. Considerando que o órgano competente para a adxudicación de prazas do Programa “Coñece a túa provincia” para o exercicio 2014 é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base quinta das bases reguladoras do programa, e tendo en conta a proposta que figura no informe de data 28 de outubro de 2014 elaborado pola Traballadora Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Ampliar a listaxe de garda aprobada nas sesións ordinarias que tiveron lugar o día 29 de agosto e 19 de setembro de 2014, incluíndo as cinco novas solicitudes presentadas dende esta última data para participar no Programa “Coñece a túa provincia 2014” e que son as seguintes: Entidade Concello Asociación Cultural A. e D. de Areas Ponteareas Asociación O Rubal da Pico A Salceda de Caselas Fundación de Vigueses Distinguidos Vigo Asociación Santo Estebo de Cumiar Ponteareas Asociación Cultural del Camino Portugués de Santiago Pontevedra 2. Estas cinco novas entidades que representan un total de 225 persoas, quedan incluídas na listaxe de garda, coa particularidade de que poderán participar no caso de que exista praza dispoñible e tendo en conta que o número de persoas poderá variar en función da data final asignada para facer a ruta, así coma as circunstancias persoais dos participantes, entendendo que as listaxes adxuntas á solicitude, son de carácter provisional ata que se entregue o definitivo cunha antelación mínima dunha semana á saída da ruta. 19.22735.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DO BOLSEIRO JESÚS VILAR FIGUEROA NA EMPRESA SMG SERVICES & CONSULT, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P083 da titulación Licenciatura/grao en Administración e Dirección de Empresas, o bolseiro Jesús Vilar Figueroa na empresa SMG Services & Consult, S.L. Con data de 29 de outubro de 2014 o bolseiro Jesús Vilar Figueroa presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de outubro de 2014, manifestando que renuncia por aceptar unha oferta laboral. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Jesús Vilar Figueroa na empresa SMG Services & Consult, S.L. con efectos do día 31 de outubro de 2014. 20.22736.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN, DA EXECUCIÓN DAS OBRAS CORRESPONDENTES Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2013 (7ª RELACIÓN DE PROXECTOS POSP-2013) A actual crise económica provocou un descenso nos orzamentos municipais que se pon de relevo, entre outros capítulos, nos de investimentos, o que lles impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público dentro do seu marco de competencias. Entre as atribucións que as leis estatais e autonómicas lles encomendan ás Deputacións atópanse a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, como se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Co fin de permitir que os concellos leven a cabo proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía da provincia impulsando medidas que atenúen a crise, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do 7 de agosto de 2013, acordou aprobar as bases reguladoras do “Plan provincial de obras e servizos 2013”. Por medio deste proxecto apróbase o investimento de 15.000.000 €, que ten por obxecto aumentar o gasto público nos concellos da provincia cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes, tentando dinamizar a curto prazo a actividade económica para incidir directamente na creación de emprego. Os proxectos que se establecen para a súa licitación neste procedemento foron entregados polos concellos que solicitaron acollerse a este “Plan provincial de obras e servizos 2013”, presentando a documentación esixida na base sétima da convocatoria. A Xunta de Goberno, na sesión do 9 de xullo de 2014, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da execución das obras correspondentes á sétima relación de proxectos do POSP 2013, que se sinalan a continuación: Obra Orzamento Prazo 1 Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda (Mos) 118.009,10 € 3 meses 2 Reparación do firme na estrada Generoso Domínguez en Coto-Cela (Mos) 103.564,73 € 2 meses e 15 días 3 Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueirón – Arcade (Soutomaior) 70.988,39 € 20 días hábiles O anuncio do procedemento aberto para a licitación destas obras foi publicado no BOP número 137, de 17 de xullo de 2014. Resultando que con data 14 de agosto de 2014 se constituíu a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 18 de agosto de 2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que con data 18 de agosto de 2014, a Mesa de Contratación, á vista dos informes emitidos polo Servizo de Infraestruturas sobre a documentación técnica presentada polos licitadores, fixo pública a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos e unha vez efectuada a valoración de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas, obtéñense os seguintes resultados: Obra 1.- Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda (Mos): Empresa licitadora Oferta económica Control de calidade Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA) 83.289,06 € 3,00% Mov. Áridos y Construcciones Arosa, S.L. 82.723,40 € 3,00% Narom, S.L. 86.907,36 € 3,00% Hordescon, S.L. 84.634,96 € 5,00% Construcciones Vale, S.L. 87.726,60 € 3,00% Obras Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. 84.300,00 € 3,00% Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA) 42,13 48,44 90,57 Movimientos Aridos y Construcciones Arosa, S.L. 39,00 49,00 88,00 Narom, S.L. 36,65 44,86 81,51 Hordescon, S.L. 31,91 48,11 80,02 Obras Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. 30,22 47,44 77,66 Construcciones Vale, S.L. 31,72 44,05 75,77 Obra 2.- Reparación do firme na estrada Generoso Domínguez en Coto-Cela (Mos): Empresa licitadora Oferta económica Control de calidade Stradia Infraestructuras, S.L. 76.997,38 € 3,00% Mov. Áridos y Construcciones Arosa, S.L. 72.837,68 € 3,00% Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA) 76.475,28 € 3,00% Narom, S.L. 76.090,12 € 3,10% Canalizaciones y Cnes. Salnés, S.L. 76.518,08 € 3,00% Hordescon, S.L. 72.452,52 € 5,00% Elsamex, S.A. 72.324,13 € 3,50% Construcciones Rafer, S.L. 75.300,00 € 3,00% Sergonsa Servicios, S.L. 72.356,00 € 5,00% Construcciones Vale, S.L. 76.997,38 € 3,00% Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Mov. de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L. 39,50 48,45 87,95 Hordescon, S.L. 35,98 49,86 85,84 Elsamex, S.A. 35,11 49,25 84,36 Construcciones Obras y Viales, S.A. 39,44 44,59 84,03 Stradia Infraestructuras, S.L. 39,68 44,04 83,72 Narom, S.L. 37,51 45,05 82,56 Sergonsa Servicios, S.L. 31,65 49,97 81,62 Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. 36,88 44,55 81,43 Construcciones Rafer, S.L. 34,61 45,84 80,45 Construcciones Vale, S.L. 31,01 44,04 75,05 Obra 3.- Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueirón – Arcade (Soutomaior): Empresa licitadora Oferta económica Control de calidade Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. 50.143,67 € 5,00% Elektron Instalaciones, S.L.U. 54.999,00 € 1,00% Conservia Rehabilitación y Servicios S.L. 56.908,05 € 3,00% Construcciones y Contratas Orensanas, S.L. 52.801,28 € 5,00% Montajes Eléctricos Vizcaíno, S.L. 40.429,30 € 5,00% Montajes Eléctricos Salnés, S.L. 49.281,20 € 2,00% Moncosa OHS, S.A. 52.010,18 € 5,00% Proyectos y Construcciones Adrimat, S.L. Non supera puntuación mínima Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. 42,00 46,07 88,07 Montajes Eléctricos Vizcaíno, S.L. 32,22 50,00 82,22 Construcciones y Contratas Orensanas, S.L. 34,92 45,00 79,92 Moncosa OHS, S.A. 30,92 45,32 76,24 Montajes Eléctricos Salnés, S.L. 31,17 43,92 75,09 Elektron Instalaciones , S.L.U. 40,25 26,02 66,27 Conservia Rehabilitación y Servicios, S.L. 37,89 16,00 53,89 Á vista da puntuación obtida obsérvase que a oferta presentada pola empresa Montajes Eléctricos Vizcaíno, S.L. podería conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo, polo que a Mesa acorda requirirlle que no prazo improrrogable de cinco días hábiles xustifique a oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro económico, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoñan para executar a prestación. Unha vez presentada pola empresa Montajes Eléctricos Vizcaíno, S.L. a documentación requirida, o xefe do Servizo de Infraestruturas emite un informe no que se reflicte que non se inclúe ningún dato numérico respecto ó custo das distintas unidades de obra que compoñen o proxecto, e que os prezos unitarios atópanse todos eles por debaixo dos prezos de mercado, polo que considera que a oferta económica non pode ser tida en conta a efectos de adxudicación da obra. Deseguido realízase unha nova valoración das ofertas obténdose o seguinte resultado: Empresa licitadora Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. 42,00 48,77 90,77 Construcciones y Contratas Orensanas, S.L. 34,92 45,00 79,92 Montajes Eléctricos Salnés, S.L. 31,17 47,50 78,67 Moncosa OHS, S.A. 30,92 46,12 77,04 Elektron Instalaciones, S.L.U. 40,25 26,02 66,27 Conservia Rehabilitación Servicios, S.L.U. 37,89 16,00 53,89 Tras efectuar unha nova valoración obtén a máxima puntuación a empresa Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. Á vista das puntuacións obtidas as empresas que alcanzan a máxima puntuación son as que se relacionan a continuación, polo que son propostas como adxudicatarias: Obra Empresa 1 Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda (Mos) Construcciones Obras y Viales, (COVSA) 2 Reparación do firme na estrada Generoso Domínguez en Coto-Cela (Mos) Mov. de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L. 3 Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueirón – Arcade (Soutomaior) Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. Mediante resolución presidencial requiríuselle ás empresas mencionadas que (segundo o establecido no art. 151 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o TRLCSP), modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor, dentro do prazo de dez días hábiles, contando dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presentasen a documentación, ademais de xustificar que dispón efectivamente dos medios que se compromete a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, así como proceder ó ingreso, na Tesourería da Deputación, da cantidade correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. As referidas empresas presentaron a documentación solicitada e acreditaron o depósito das garantías definitivas mediante as cartas de pagamento nas datas e polos importes correspondentes, así coma o ingreso pola publicación do citado anuncio. Obra nº Licitador Número de carta de pagamento Data Importe 1 Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA) 201400142200 24/10/2014 2.507,18€ 2 Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L. 201400145140 29/10/2014 3.641,88€ 3 Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. 201400141601 23/10/2014 4.164,45€ Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011 polo que se aproba o TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto destes contratos de obras e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRFL e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na base 16ª.2a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e a autorización dos gastos necesarios para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicarlle á empresa Construcciones obras y viales, S.A. (COVSA) o contrato para a execución da obra “Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda” (Concello de Mos), incluída na 7ª relación do POSP 2013 (obra 1) polo seguinte importe e condicións: Prezo 83.289,06 € IVE 17.490,70 € Total prezo 100.779,76 € Control calidade 3 % Prazo de execución 1,5 meses Melloras 20.000,00 € Descrición de melloras: Subministración e posta en obra de MBC tipo AC16 SURF 50/70 D, en capa de rodadura de 5 cm de espesor, incluíndo fabricación, estendido e compactado, e incluído betún, filler de recuperación e rego de adherencia ECR-1, cunha dotación de 0,5 kg/m². 2. Adxudicarlle á empresa Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L. (CIF:B.36533537) o contrato para a execución da obra “Reparación do firme na estrada Generoso Domínguez en Coto-Cela (Concello de Mos)”, incluída na 7ª relación do POSP 2013 (obra 2), polo seguinte importe e condicións: Prezo 72.837,68 € IVE 15.295,91 € Total prezo 88.133,59 € Control calidade 3 % Prazo de execución 1 mes e 1 semana Melloras 14.344,61 € Descrición de melloras: - 30 cm de grava 40/60 a prezo de proxecto baixo a base do muro de mampostería. - Varrido e limpeza da superficie con cargo e transporte de materiais a vertedoiro autorizado. - Rego e adherencia con emulsión tipo ECR-2 aplicado sobre o pavimento actual. - Formación de nova capa de rodamento mediante a aplicación de formigón bituminoso en quente tipo AC-16 SURF-50/70-D estendido e compactado. 3. Adxudicarlle á empresa Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. (CIF: B36816189), o contrato para a execución da obra “Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueirón-Arcade” (Concello de Soutomaior), incluída na 7ª relación do POSP 2013 (obra 3) polo seguinte importe e condicións: Prezo 50.143,67 € IVE 10.530,17 € Total prezo 60.673,84 € Control calidade 5 % Prazo de execución 10 días hábiles Melloras 6.640,74 € en calidade construtiva, este importe non ten incluído gastos xerais, beneficio industrial nin IVE. Estes importes libraranse con cargo á aplicación 2014/942.942.652.45.13 do Orzamento provincial correspondente ó exercicio 2014. 21.22737.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ADQUISICIÓN DUN SISTEMA DE ALMACENAMENTO “NAS” DE ALTA CAPACIDADE DENTRO DO PROXECTO DEPOTIC, COFINANCIADO NUN 70% POLO FEDER A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 9 de maio de 2014, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da adquisición dun sistema de almacenamento NAS de alta capacidade dentro do proxecto DepoTIC cofinanciado nun 70% polo FEDER, cuxo custo se estima na cantidade máxima de 330.578,51 €, sen IVE. O anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 91 de data 14 de maio de 2014, no BOE número 127 de 26 de maio e no Diario Oficial da Unión Europea. A Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 7 de xullo de 2014, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP, sendo remitida ó Servizo de Novas Tecnoloxías para a súa avaliación. Con data 29 de setembro de 2014 o Técnico Coordinador da Área de Sistemas e Telecomunicacións co conforme do Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre “B”). O día 2 de outubro reúnese novamente a mesa de contratación en acto público. En dito acto primeiramente dáse a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa sendo as seguintes: Empresas licitadoras Puntuación proposta técnica (Sobre B) Internacional Periféricos y Memorias España, S.L. (IPM) 43,50 € Ednon, S.L. 37,26 € Así mesmo infórmase que, tras a revisión inicial das propostas técnicas das empresas licitadoras, non se procedeu a valorar tecnicamente a oferta da empresa TRC Informática, S.L., por varios motivos que se consideran excluíntes e que se establecen con detalle no informe de valoración técnica emitido polo Técnico Coordinador da Área de Sistemas e Telecomunicacións do Servizo de Novas Tecnoloxías coa conformidade do Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías. A seguir procédese á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, sendo os valores ofertados no sobre “C” polas empresas os seguintes: EDNON, S.L. 1.- Prezo ofertado: Prezo sen IVE: 330.498,82 € 2.- Capacidade neta dos sistemas: Nº de TB netos de almacenamento en discos tipo flash: 0 TB Nº de TB netos de almacenamento en discos 10K: 235,32 TB Nº de TB netos de almacenamento en discos de alta capacidade: 456 TB Nº de TB netos de almacenamento en almacenamento tipo cinta: 0TB 3.- Escalabilidade da plataforma en capacidade: Nº de TB netos máximos soportados pola plataforma que se oferta: 30.916,24 TB 4.- Replicación a través da fibra dedicada: A solución que se oferta emprega fibra dedicada para realizar a réplica entre os sistemas do CPDP e o CPDR: non. 5.- Ampliación da duración do soporte e mantemento despois do terceiro ano: Anos adicionais, despois do terceiro, de duración do soporte e mantemento que oferta a empresa: 2 anos (pódense ofertar 0, 1 ou 2 anos adicionais). 6.- Custo de mantemento en anos sucesivos: Custo anual de mantemento nos 5 seguintes anos (despois dos tres primeiros máis os adicionais ofertados no apartado anterior): 32.263,25 € por ano (sen IVE). 7.- Custo da ampliación ó dobre de almacenamento: Custo anual da ampliación ó dobre do almacenamento ofertado (no conxunto da solución, é dicir, en ambos CPD): 371.068,39 €/ ano (sen IVE). INTERNACIONAL PERIFÉRICOS Y MEMORIAS ESPAÑA, S.L. (IPM) 1.- Prezo ofertado: Prezo sen IVE: 325.940,00 € 2.- Capacidade neta dos sistemas: Nº de TB netos de almacenamento en discos tipo flash:0 TB Nº de TB netos de almacenamento en discos 10K: 0 TB Nº de TB netos de almacenamento en discos de alta capacidade:389 TB Nº de TB netos de almacenamento en almacenamento tipo cinta: 0 TB 3.- Escalabilidade da plataforma en capacidade: Nº de TB netos máximos soportados pola plataforma que se oferta: 15.585,60 TB 4.- Replicación a través da fibra dedicada: A solución que se oferta emprega fibra dedicada para realizar a réplica entre os sistemas do CPDP e o CPDR: non. 5.- Ampliación da duración do soporte e mantemento despois do terceiro ano: Anos adicionais, despois do terceiro, de duración do soporte e mantemento que oferta a empresa: 2 anos (pódense ofertar 0, 1 ou 2 anos adicionais). 6.- Custo de mantemento en anos sucesivos: Custo anual de mantemento nos 5 seguintes anos (despois dos tres primeiros máis os adicionais ofertados no apartado anterior): 48.241,12 € por ano (sen IVE). 7.- Custo da ampliación ó dobre de almacenamento: Custo anual da ampliación ó dobre do almacenamento ofertado (no conxunto da solución, é dicir, en ambos CPD): 344.000,00 €/ ano (sen IVE). Seguidamente procedeuse a efectuar a valoración dos criterios avaliables mediante fórmulas de conformidade coas fórmulas de valoración establecidas nos pregos obténdose os seguintes resultados. Criterio Puntuación máx. Puntuación Ednon, S.L. Puntuación IPM, S.L. Prezo ofertado 5,000 0,008 0,415 Capacidade neta dos sistemas 25,000 25,000 0,000 Escalabilidade da plataforma en capacidade 2,000 2,000 0,000 Replicación a través da fibra dedicada 1,000 0,000 0,000 Ampliación da duración do soporte e mantemento despois do terceiro ano 6,000 6,000 6,000 Custo do mantemento en anos sucesivos 3,000 3,000 0,000 Custo da ampliación ó dobre de almacenamento 9,000 0,000 9,000 Total 51,000 36,008 15,415 Empresas Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Ednon, S.L. 37,26 36,008 73,268 IPM, S.L. 43,50 15,415 58,915 Á vista do anteriormente exposto a Mesa de Contratación propón a adxudicación do contrato á empresa Ednon, S.L. (CIF B-36938009). Mediante Resolución Presidencial, de data 9 de outubro de 2014 con número de Rexistro 20140305014 requiriuse á empresa Ednon, S.L. (CIF B-36938009) para que no prazo de dez días hábiles presente a documentación acreditativa da capacidade de obrar, da solvencia económica e técnica e de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, así como de dispor dos medios que se comprometeu a dedicar ou a adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato, excluído o IVE (de conformidade co artigo 151 do TRLCSP modificado pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). A empresa Ednon, S.L. (CIF B-36938009) presentou a documentación solicitada no requirimento, incluída a constitución da garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato, excluído o IVE, por importe de 16.524,94 € que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201400144241, de data 28/10/2014, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos, procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o contrato para a “Adquisición dun sistema de almacenamento NAS de alta capacidade dentro do proxecto DepoTIC cofinanciado nun 70% polo FEDER”, á empresa Ednon, S.L. (CIF: B-36938009), polo seguinte importe e de acordo coas seguintes condicións: 1.- Prezo sen IVE 330.498,82 € IVE 69.404,75 € Prezo total 399.903,57 € 2.- Capacidade neta dos sistemas: Nº de TB netos de almacenamento en discos tipo flash: 0 TB Nº de TB netos de almacenamento en discos 10K: 235,32 TB Nº de TB netos de almacenamento en discos de alta capacidade: 456 TB Nº de TB netos de almacenamento en almacenamento tipo cinta: 0TB 3.- Escalabilidade da plataforma en capacidade: Nº de TB netos máximos soportados pola plataforma que se oferta: 30.916,24 TB 4.- Replicación a través da fibra dedicada: A solución que se oferta emprega fibra dedicada para realizar a réplica entre os sistemas do CPDP e o CPDR: Non. 5.- Ampliación da duración do soporte e mantemento despois do terceiro ano: Anos adicionais, despois do terceiro, de duración do soporte e mantemento que oferta a empresa: 2 anos (pódense ofertar 0, 1 ou 2 anos adicionais). 6.- Custo de mantemento en anos sucesivos: Custo anual de mantemento nos 5 seguintes anos (despois dos tres primeiros máis os adicionais ofertados no apartado anterior): 32.263,25 € por ano (sen IVE). 7.- Custo da ampliación ó dobre de almacenamento: Custo anual da ampliación ó dobre do almacenamento ofertado (no conxunto da solución, é dicir, en ambos CPD): 371.068,39 €/ano (sen IVE). 22.22738.- CONCESIÓN PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “COLECTOR EN TABOADELO (PONTE CALDELAS)” Dada conta que con data 26/08/2014 tivo entrada nesta Deputación escrito presentado polo director da obra e a empresa Caldevergazo, S.L. no que solicitan unha prórroga de dous meses na execución da obra “Colector en Taboadelo (Ponte Caldelas)”. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 31 de xaneiro de 2014 acordou adxudicar á empresa Caldevergazo, S.L. o contrato de execución da obra “Colector de Taboadelo (Ponte Caldelas)”. Resultando.- Que solicitado ó preceptivo informe ó Servizo de Infraestruturas, este emite o mesmo na data 15 de outubro considerando que as causas alegadas da demora non son imputables ó contratista, entendendo xustificada a concesión da prórroga solicitada. Considerando.- Que a disposición transitoria primeira do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da entrada en vigor desta Lei se rexerán pola normativa anterior. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga e ampliar o prazo de execución da obra “Colector en Taboadelo (Ponte Caldelas)” ata o 11 de decembro de 2014. 23.22739.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS En data 13/09/2012 adxudicouse o control de calidade da obra “Campo de fútbol e edificación anexa na Estrada”, PID09/00713/2012000117, á empresa Eurocontrol S.A. (A-36039956), polo importe de 15.687,54 €, IVE incluído. En data 12/05/2014, o director de Infraestruturas informa que a empresa Eurocontrol, S.A. completou os traballos relativos ó control de calidade, na citada obra. Non obstante, foi necesario realizar unha serie de controis de calidade non contemplados na adxudicación, consistentes nunha avaliación das características do campo de herba artificial e unha serie de ensaios de interacción balón superficie é de xogador-superficie, polo que decidiu, con carácter urxente, encomendar ditos traballos á empresa Enmacosa, S.A. Visto o informe emitido por Intervención en data 23/10/2014, correspondente ó recoñecemento da obriga, que se relaciona posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da obriga, requírese seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Factura nº 2014/A2435 de 24/04/2014, por importe de 3.323,87 €, emitida por Enmacosa S.A. (A-36039956), en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra “Campo de fútbol e edificación anexa na Estrada”. O pago da factura realizarase con cargo á conta non orzamentaria: 419.09(099.129). 24.22740.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 17.22574 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 26/09/2014, RELATIVO Á “ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO 2014” Conforme ó establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a rectificación do Acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial con número 17.22574 na súa sesión ordinaria celebrada o día 26 de setembro de 2014, polo que se adxudican as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis, no senso que: Onde di: “A dotación económica das bolsas imputarase ás aplicacións orzamentarias 14/921.920.481.47 e 14/921.920.160.47” Debe dicir: “A dotación económica das bolsas imputarase ás aplicacións orzamentarias 14/921.241.481.47 e 14/921.241.160.47” E onde di: “Nº Expte. Titulación Nome e apelidos Empresa Importe bolsa 123 P033 Ciclo superior en xestión comercial e márketing Daniel Escarbajal Conde Es muy fácil, S.L. 700€ 177 P048 Diplomatura/grao en traballo social Magaly Coñago Allú Centro de día Redondela, S.L. 800€ 212 P063 Enxeñería técnica en deseño industrial/grao en enxeñería en deseño industrial e desenvolvemento do produto Ángela Pérez Díaz Soluciones Conceptuales e Innovación, S.L. 800€ 345 P103 Licenciatura/grao en publicidade e relacións públicas Belén Villanueva Picáns ASELP Economistas, S.L. 800€ 346 P103 Licenciatura/grao en publicidade e relacións públicas Teresa Santos Ruiloba Herrera Marketing Digital, S.L. 800€” Debe dicir: “Nº Expte. Titulación Nome e apelidos Empresa Importe bolsa 123 P033 Ciclo superior en xestión comercial e márketing Daniel Escarabajal Conde Es muy fácil, S.L. 700€ 177 P048 Diplomatura/grao en traballo social Magaly Couñago Allú Centro de día Redondela, S.L. 800€ 212 P063 Enxeñería técnica en deseño industrial/grao en enxeñería en deseño industrial e desenvolvemento do produto María Ángela Pérez Díaz Soluciones Conceptuales e Innovación, S.L. 800€ 345 P103 Licenciatura/grao en publicidade e relacións públicas Ana Belén Villanueva Picáns ASELP Economistas, S.L. 800€ 346 P103 Licenciatura/grao en publicidade e relacións públicas Teresa María Santos Ruiloba Herrera Marketing Digital, S.L. 800€” 25.22741.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota