ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.840
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2012-10-26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/2.2012-10-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012-10-26_Ordinaria

  • Data(s) 2012-10-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 45 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 26 de outubro do 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e seis de outubro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Don Severino Reguera Varela (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6279.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario co primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión a ordinaria do 28 de setembro de 2012. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Polo tanto, se aproba. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de setembro do 2012. a) Parte resolutiva: 2.6280.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE AS NEVES DA XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DOMICILIARIA DE AUGA Sr. Presidente.- O punto número dous. Delegación do concello de As Neves da xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por distribución domiciliaria de auga. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de As Neves na sesión celebrada o día 24 de setembro de 2012 acordou a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por distribución domiciliaria de auga. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 19 de outubro de 2012 acordou aceptar e elevar ó Pleno Provincial para a súa aceptación definitiva a delegación efectuada polo Pleno do concello de As Neves para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por distribución domiciliaria de auga Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e, tendo así mesmo en conta, que as citadas delegacións figuran dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo concello de As Neves para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por distribución domiciliaria de auga. 2. Esta delegación do concello de As Neves, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de As Neves, así coma, os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de As Neves para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recaudación da taxa por distribución domiciliaria de auga publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6281.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP-2004 BEADE-CARNEIRAS (VIGO)”. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS. APROBACIÓN DEFINITIVA DE BENS AFECTADOS. RATIFICACIÓN Á XUNTA DE GALICIA DA SOLICITUDE DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN Sr. Presidente.- O punto número tres. Aprobación definitiva do proxecto de “Mellora da seguridade viaria na EP-2004 Beade-As Carneiras”, que aquí non pon nada, pero quero entender que é Vigo, término municipal de Vigo, porque senón, Beade-As Carneiras, alguén pode pensar, ¿onde queda iso?. Resolución de alegacións. Aprobación definitiva de bens afectados e ratificación á Xunta de Galicia da solicitude de declaración de urxente ocupación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora da seguridade vial na estrada provincial EP-2004 Beade-Carneiras (Vigo)” está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 43.350,79 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 19.658,80 euros e capítulo de expropiacións por importe de 23.691,99 euros. O vial Beade-Carneiras (Rúa Ramiro Pascual) configurase como a saída natural do futuro Hospital Galicia Sur cara a Bembrive e cara á autovía Vigo- Porriño e, ó mesmo tempo, é unha das vías de acceso ó Polígono de Valladares, de xeito que nos últimos anos incrementouse notablemente a intensidade do tráfico de vehículos pesados que soporta. No tramo de estrada comprendido entre os números 111 e 127 da Rúa Ramiro Pascual prodúcese un estreitamento da calzada provocado pola presenza de dous galpóns situados no bordo exterior da zona de circulación e que, apenas, permite o paso simultáneo de dous vehículos á vez, situación que xera un grave risco para os peóns que transitan por unha zona que, nese punto, non ten beirarrúas. Á vista da situación de perigo existente a Deputación de Pontevedra elabora o presente proxecto que contempla o ensanche do vial seguindo as aliñacións previstas no planeamento na marxe na que se actúa, a construción dun tramo de beirarrúa de 35 metros lineais que dea continuidade ao xa existente e a recollida das augas pluviais para garantir as correctas condicións de desaugadoiro do vial. Como queira que na execución deste proxecto ocúpase unha finca de titularidade privada é necesario tramitar un expediente de expropiación para executar unhas obras cuxa urxencia está xustificada polos motivos antes expostos. Someténdose a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 132, de data 10 de xullo de 2012, no taboleiro de anuncios do concello de Vigo, en varios xornais da localidade e habéndose notificado individualmente ós afectados, preséntase escrito de alegacións polo único propietario afectado de data 03-10-10 nº de Rexistro 028774, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: Primeiro.- A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación, tendo en conta, o informado polo Servizo de Infraestruturas, desestimando as mesmas por considerar que non se concreta a descrición dos bens afectados nin se valoran os mesmos de xeito distinto ó que se detalla no anexo e que é obxecto do presente procedemento expropiatorio, entendendo, polo tanto, que a proposta dos Servizos técnicos de Infraestruturas correspóndese coa realidade material exposta no proxecto. Segundo.- A aprobación definitiva do proxecto “Mellora da seguridade vial na estrada provincial E.P.2004 Beade-Carneiras (Vigo)”, dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 43.350,79 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 19.658,80 euros e capítulo de expropiacións por importe de 23.691,99 euros. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. Cuarto.- Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra, xa que, o devandito proxecto ten por obxecto mellorar a seguridade viaria no tramo da estrada comprendido entre os números 111 e 127 da rúa Ramiro Pascual no que se produce o estreitamento da calzada provocado pola presenza de dous galpóns situados no bordo exterior da zona de circulación e que, apenas, permite o paso de dous vehículos á vez, situación que, ademais, xera un grave risco para os peóns que transitan por unha zona que nese punto non ten beirarrúas. ANEXO Propietario Superficie afectada Bens afectados Hayda Rodríguez Eichhorn e Manuel Bello Montero Rúa Coruña nº 72, 8º 36208 - Vigo 114,10 m2 Cobertizo de 47,21 m2 Cobertizo de 31,45 m2 Peche de mampostería de 1,80 m. altura e 19,18 m2 de lonxitude Portal metálico de 2,80x1,70 m. Portal metálico de 0,85x1,60 m. 4.6282.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E ELEVACIÓN A DEFINITIVO DO ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO OAL MUSEO DE PONTEVEDRA E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Sr. Presidente.- Punto número catro. Resolución das alegacións e elevación a definitivo do acordo inicial de disolución do OAL Museo de Pontevedra e derrogación dos seus Estatutos. ¿Algunha intervención?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Home, antes de nada resaltar que xa é sorprendente que non haxa ningunha intervención por parte do grupo de goberno, en concreto do Presidente, ou en quen delegue, que foi o autor da proposta, pero dito isto, aquí temos unha historia francamente complexa, e moi, moi retorcida. No ano 2005, por imperativo legal fixo daquela, bueno, desapareceu o Patronato, pasou a ser un organismo autónomo local, naquel momento co apoio de todos os grupos, porque, cando menos por parte deste grupo, había o compromiso, había o compromiso do Presidente da Deputación, que é o mesmo que está agora, de que se ía a manter o Consello Asesor, se ía crear o Consello Asesor e polo tanto ía manterse como organismo autónomo e ían ter participación os patronos e a xestión ía seguir sendo, pois non independente pero si cunha relativa autonomía e profesionalidade. No ano 2011, despois das eleccións municipais, cando se constituíu esta Corporación, a intención do grupo de goberno, a que así nos manifestaron e así se fixo pública, era disolver todos os organismos autónomos salvo tres que eran o ORAL, o Patronato de Turismo Rías Baixas e o Museo. Daquela deuse como razón, incluso insistindo no do Museo, deuse como razón por parte do grupo de goberno, estamos falando de setembro do 2011, ou sexa, hai un ano, de que o Museo era necesario que mantivera a súa autonomía e se mantivera como organismo autónomo, razóns dadas polo propio Presidente desta Institución, polo grupo de goberno naquel momento, incluso había unha serie de actuacións colaterais que ratificaban, como as negociacións para que o … pasara a ser xestionado polo Museo e outras parecidas. Despois chegou unha decisión, chegou unha decisión sobre, vamos, un pouquiño máis tarde, sobre outubro ou novembro do ano pasado, no que quedou todo en suspenso e deixábase para este ano, deixábase para o 2012, pero non, non o cambio de criterio senón simplemente que se deixaba. Ben, algo milagroso, debeu pasar no Museo, misterioso, algún enfrontamento gordo debeu haber entre a xestión profesional e os xestores, digamos, directamente políticos ou nomeados por designación política, para que, de repente, cambiou todo e o propio Museo, a propia disolución do Museo leva a rastras os outros dous organismos que non, en principio non pensaban disolver. Ben, deuse como razón, que si, que xa parece que desapareceu, deuse como razón unha mellor xestión económica, un aforro, bueno, o que temos ata agora, por exemplo, dos outros organismos que xa está confirmada a súa, xa é firme a súa disolución ó final deste ano, é que a Escola de Canteiros pasou a custarnos 50.000 euros máis, ou sexa, custa máis que tres ou catro patronatos destes, pasou a custarnos sobre 50.000 euros máis á Deputación, ou sexa, que de aforro económico ningún, esa razón non existe. Dá como razón tamén, deuse como razón por parte do goberno, que, bueno, non había que meterse nas decisións da Deputación por parte doutras entidades ou organismos, bueno, aquí está, nas outras disolucións, non houbo ningunha alegación, ninguén tivo, vamos, todas as outras institucións tiveron a consideración, concretamente o concello de Pontevedra, tiveron a consideración de que hai unha autonomía da Deputación, polo tanto, non tivo ningunha alegación, non presentou ningunha alegación nin ningunha oposición independentemente de que, vamos, da opinión que puidera ter con respecto á disolución dalgúns deses organismos. Ben, o do Museo son palabras maiores, o volume, a traxectoria histórica do Museo pois ten unhas implicacións, que levou, como vostede ben sabe, a que se presentaran 1.140 alegacións, entre elas do calibre de, plataforma de defensa do Museo de Pontevedra, asociacións culturais Julián Malvar, asociacións culturais, asociacións veciñais, centros comerciais, federación de veciños, aula Castelao, Ateneo, bueno, todo o que vostede sabe, concello de Pontevedra, Fundación Filgueira Valverde, etc. Ben, creo que debía ter, Sr. Presidente, a consideración, a consideración de non meter, non aplicar numericamente a súa maioría para unha decisión que creo que dende todos os ámbitos lle están dicindo que é controvertida, que é errónea e demais. E debía ter máis consideración cos patronos do Museo ou cos membros que estaban no Consello Asesor, non o convocou en todo o que vai de ano, porque sabe cal é a súa opinión, non quere recollela. O día 29 de xuño, cando houbo o pleno da aprobación inicial, o alcalde de Pontevedra xunto con outras persoas moi vinculadas ó Museo pedíronlle unha entrevista, dixo que esa entrevista para a semana que vén, que a vostede ninguén lle marcaba a axenda, pero non lle marcou tanto a axenda que do 29 de xuño á data que estamos van uns cantos meses, e esa entrevista non sucedeu, ou sexa, non lla dou e agora a última información que teño, que a ver se para a semana que vén ou non sei que cousas. Ben, Sr. Presidente, está nunha situación que eu creo que ten saída, ten saída, aquí había uns organismos autónomos, tomaron a decisión de suprimilos, creo que errónea, pero bueno, en fin, dende logo coa nosa oposición, pero se, pero este é un caso distinto. Eu creo, cremos, que isto ten, debe ter unha saída razoable, e dende logo, creo que deberían retirar o punto da orde do día, estudalo con calma, que non vai a pasar nada, aquí non ten porque haber unha batalla, eu creo que non beneficia a ninguén, senón unha análise da situación real do que significa o Museo e a partir de aí pois buscar solucións. Cremos que é a saída, porque o outro, bueno, o escrito que se presenta rexeitando as alegacións, francamente, unha falta de respecto, é unha falta de respecto, chega a dicir como que non ten unha traxectoria histórica o Museo, bueno, unha serie de barbaridades propias de, bueno, de quen non coñece ben a historia do Museo nin o que significa en Pontevedra e en Galiza. Creo, Sr. Presidente, remítome a vostede porque foi o que firmou a proposta, polo menos de disolución no seu momento, o 22 de xuño, creo que a esta cuestión do Museo hai que darlle unha saída e que a saída non é dende logo a que vostedes están propoñendo de desestimar unhas alegacións, despreciar a todos os que fixeron esforzos polo Museo. A Deputación foi a que máis fixo, evidentemente, iso non o discute ninguén nunca, que quede claro, pero houbo toda unha serie de xente e institucións, que fixeron un esforzo polo Museo, que están deixando de lado, supoño que se sorprendería da reacción que houbo, de todo o movemento cultural, institucional e veciñal en Pontevedra, que non houbo con respecto ós outros organismos, supoño que lle sorprendería. Eu creo que debía tomar nota e creo que estas cuestións, cando estamos falando, vamos, dunha institución da traxectoria do Museo, había que afrontalas con bastante máis calma e escoitando bastante máis ós que dunha maneira e outra tiveron relación co Museo. Aí queda a nosa oferta, retiren o punto da orde do día, recompoñamos, digamos, a unidade que houbo sempre, cada un na medida das súas posibilidades en todo, en todas as institucións, sexan públicas, sexan administracións, como de todas, vamos, o movemento asociativo e demais tipo de movementos e representantes sociais e públicos, en relación co Museo, que creo que é o que temos que ganar todos, e sobre todo o Museo. A nosa opinión con respecto a isto é ben coñecida, pero, non se trata diso senón que se trata de darlle unha saída á situación do Museo, unha saída, digamos, que manteña a súa traxectoria histórica e que permita, digamos, o que dixen antes, o que dixemos antes, recompoñer esa unidade de apoio, de actuación, de identificación co Museo, que, cada un dende a súa perspectiva e coa súa diferenza, sempre houbo, e que, con esta decisión, que non é por motivos económicos nin é por ningún outro motivo, non se xustifica, pois rompeuse de maneira, digamos, áspera, e sen, con graves dificultades esta decisión vai adiante para compoñela no futuro. E, polo de agora, nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Juan Antonio González, ¿quen pediu a palabra por aí?, ¡ai!, arriba. Sr. González Pérez.- Bueno, bos días a todos e a todas. Dende o Partido Socialista apoiamos a proposta que fixo o representante do Bloque Nacionalista Galego de deixalo sobre a mesa, bueno, traballar xuntos, non diría seguir traballando senón empezar a traballar para que o Museo de Pontevedra pois siga con esa independencia que tiña ata o día de agora. Como me imaxino que esta proposta non vai a ser aprobada, pois, bueno, nós dicirlle que, repetindo tamén que o Partido Socialista estaba e está e seguirá estando en contra da disolución do organismo autónomo Museo de Pontevedra. E digan o que digan dende o goberno da Deputación de Pontevedra isto vaille a restar a independencia con que vén contando, non dende fai catro anos nin cinco nin dez nin vinte senón dende fai moitisimos, moitisimos anos, e que esa independencia é a que fixo e que fai que sexa un referente da Cultura, da Cultura con maiúsculas, xa non só da cidade de Pontevedra senón de toda a nosa provincia. A resposta, que é o que estamos levando hoxe ó Pleno, a resposta ás alegacións por parte do técnico, do técnico, do Director de Xestión do Museo Provincial de Pontevedra, eu penso que é absolutamente parcial, e que o que fai, o que fan esas respostas é defender unha decisión política e non acepta nin responde de xeito claro ás moitisimas alegacións, como dixo o representante do BNG, máis de mil, presentadas dende entidades, de asociacións, que son de recoñecida traxectoria cultural e social e sobre todo de recoñecida independencia. Polo tanto, hoxe vostedes van a dar un paso máis rexeitando, repito, todas estas alegacións, de cara a que un dos emblemas culturais, artísticos e institucionais de Pontevedra empecen a deixar de selo. O Partido Socialista está en total desacordo, e polo tanto, sen ningunha dúbida o noso voto vai ser contrario a rexeitar estas alegacións. Por certo, moitas das alegacións non foron contestadas, non foron contestadas porque o técnico, e leo textualmente, di así: a maioría das alegacións presentadas refírense a aspectos de conveniencia e oportunidade política polo que non cabe nin tan sequera que se informen. Eu creo que con este párrafo, esta redacción, do –entre comiñas- “técnico da Deputación”, do Museo de Pontevedra, se ve claramente cal é a intención deste goberno e a intención, por suposto, do técnico coa resposta. Para nós, repetimos, todos os que presentaron alegacións teñen un recoñecido, recoñecidisima traxectoria social e cultural nesta provincia e nesta cidade, eu creo que deberíamos escoitalos, e polo tanto, deberíamos escoitalos todos, empezar de novo este proceso que sen lugar a dudas vai a ser negativo para a cidade e para a provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Juan Antonio. Ten a palabra Dona Ana Isabel Vázquez. Sra. Vázquez Reboredo.- Bos días a todos. Moitas gracias Sr. Presidente. En canto ás alegacións, son 1.140 alegacións as que entraron en prazo, pero esas 1.140 alegacións, a inmensa maioría, non o 100%, pero case, son alegacións en serie, son alegacións que se repartiron entre colectivos, persoas e demais, cun mesmo texto, cunha mesma petición, só cun oco para completar os datos de nome, dni, enderezo, data e a sinatura. Todo o demais é o mesmo de aí, que esas alegacións en serie se contestasen nunha serie de puntos, nun mesmo informe de oito folios. Ademais, cando se fan alegacións por un acto ou un nomeamento público, e non hai notificación a cada un dos reclamantes en concreto, non se pode notificarlles e responderlles a todos e cada un deles, e ademais neste caso que son notificacións en serie, que son, pois o que dicíamos, a mesma alegación firmada por diferentes persoas, pero exactamente a mesma, entón, nese caso, respondemos nun informe practicamente a todas as cuestións que se plantexan. E, unha das cousas que tanto o Sr. Mosquera como vostede mencionaban, falaba da independencia, a independencia do Museo, a que tivo antes, é exactamente a mesma que vai a ter agora, ou sexa, as mesmas persoas que traballaban no Museo, seguirán traballando no Museo ata que se xubilen e sexan reemprazadas por outras persoas, a mesma independencia, o mesmo Consello Reitor, que é o que toma as decisións, estará representando polos mesmos grupos, así que a independencia está garantizada, a independencia está garantizada por moitos, moitos anos. A Deputación está poñendo as bases para que o Museo teña a garantía da súa actividade, digamos, de por vida, se ese término se pode aplicar, tanto é así que as palabras, o que poidamos dicir, case non din tanto como din os feitos, os feitos son, que seguimos non só coa mesma actividade senón con máis, máis e de moi diversa índole. Falaban de decisións políticas, un pouco de politizar o Museo, tanto non é así que as actividades son de todo tipo de iniciativas, e mesmo fai dous días tivemos un debate sobre o proxecto electoral, pedido por unha asociación e cunha serie de representantes que nada teñen que ver co equipo de goberno que aquí estamos nin tan sequera coa nosa filosofía política, pero o Museo é de todos e aí está para todos, para todas as tendencias, para todas as manifestacións artísticas. Nós nos preocupamos polo Museo, unha das preocupacións é a, que vostedes mencionaban, que é unha institución histórica na que estamos totalmente de acordo, que houbo persoas que nos comezos do Museo loitaron para que estivera aí, estamos totalmente de acordo, e todas as decisións que estamos a tomar son precisamente, precisamente, para defender ese legado, para defender o que nos deixaron dende entón. Estamos asegurando nuns tempos de crise a supervivencia do Museo, non a curto prazo, non a medio prazo, senón a moi, moi largo prazo. Todas estas decisións se toman por un momento histórico que non é o mesmo que era entón, nada do que veña no futuro será igual que no pasado, esperemos que para mellor, pero polo de pronto nós temos que asegurar, e como ben dixemos nos outros plenos, temos que asegurar que o futuro do Museo estea garantizado, a forma de aseguralo, neste caso, é convertelo nun servizo da Deputación, pero, co mesmo persoal, coa mesma actividade, exactamente coas mesmas funcións que tiñan exactamente antes, o único que queremos é unha eficiencia no gasto, como ben comentamos, queremos un aforro e estamos a conseguilo. Non existe nin nesta decisión nin nas que se van a tomar ningún tipo de menoscabo nin prexuízo para o Museo nin para os seus servizos nin para os seus responsables, que seguirán disfrutando das mesmas competencias que tiñan e que terán, senón que o que estamos a por son pasos, pasos adiante na evolución do Museo, porque ó igual que o resto da sociedade terá que evolucionar, evolucionar para mostrar máis actividade, para mostrarlle cada vez a máis xente, para buscar o noso oco no mundo e na sociedade, e mostrarlle á sociedade que a Cultura é tan importante como todas as demais actividades. Tanto é así que facemos, falando das actividades, moitas e moi diversas, exposicións de diferente tipo, colaboracións con diferentes institucións desta mesma cidade, por exemplo, Escola de Restauración, dentro duns días temos o segundo encontro con grandes personalidades do mundo da restauración a nivel nacional e internacional; Escola de Bellas Artes, estamos a colaborar cada vez máis, e de feito este ano colaboramos coa exposición dos traballos fin de máster dos alumnos precisamente desa Facultade; estamos a por todos os pasos para que todas as entidades poidan participar independentemente de que teñan opinión política e esa coincida ou non coa do equipo de goberno. Pero ademais, é esta Deputación á que á parte de sufragar os custes que supón o Museo sufraga tamén a rehabilitación dos seus edificios, estamos a piques de inaugurar o sexto edificio porque a museografía está a piques de rematar, están traballando niso neste momento, e moi pouquiño despois imos a abrir o Museo Sarmiento tamén coa museografía prevista, ou sexa, estamos abrindo cada vez máis o Museo ó público con máis e mellor oferta. Pero ademais disto, estase a traballar xa nun proxecto director para a reforma dos outros edificios que polo seu tempo requiren xa de certas reformas, e neste proxecto director están a traballar persoal da Deputación e persoal do Museo, para acadar unhas datas e unha mellora nos propios edificios. Ademais desas melloras dos edificios, estamos cada vez non só a incrementar a oferta de actividades, senón a incrementar os nosos fondos, que seguen protexidos como estiveron ata agora. Esta mañá firmabamos o depósito dunha serie de cuadros de Colmeiro que a súa familia quere depositar no Museo. Fai uns días falabamos do legado de Dona Alicia Crespí, que fixo un importante, moi importante legado, que fixo ó Museo de Pontevedra. Estamos a participar en depósitos provisionais tan importantes como o que estes días nos depositaron no Museo para que teñan tamén o seu oco no Museo e a súa protección por parte do Museo. Entón, ¿que é unha institución histórica?, totalmente de acordo, que todo o que se fai se fai para seguir sendo histórica e para seguir protexendo o Museo e os seus legados, a nosa historia, a historia da cidade, a historia da provincia, de calquera tempo futuro que poida chegar. A protección do Museo está garantizada a través da Deputación e a través das decisións que tomamos. Por tanto, estas alegacións solicitaban ó final a continuidade do Museo Provincial como organismo autónomo, antes de ser organismo autónomo xa foi Padroado, cando se fixo o cambio non supuxo ningún cambio nin no funcionamento nin ningún cambio nos seus fondos, por tanto, este é outro cambio, seguirá a ser igual, non suporá ningún cambio no seu funcionamento nin tampouco ningún cambio nos seus fondos, seguirán a estar cada vez máis protexidos. E por outra parte, a unidade e continuidade de permanencia do Museo e dos seus fondos de coleccións na cidade de Pontevedra, tanto é así que non o demostran as palabras senón os feitos. Estamos a garantizar que o noso Museo teña os fondos que ten cada vez máis conservados e cada vez con máis coleccións, doazóns, compras e legados que se fan, así que non ten moito sentido oporse a estas decisións. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Ana Isabel. Non sei se hai algunha intervención máis. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, a ver, resulta que o Museo está tendo máis actividades, estase aforrando, se está aumentando a colaboración, estase abrindo ó público, está incrementando os fondos e está sendo unha maravilla, como organismo autónomo local, por agora que se sepa é un organismo autónomo local, entón, está funcionando de maravilla, como organismo autónomo local, que incluso se está aforrando como organismo autónomo local, ¿onde está a razón?, de todo o que dixo, ¿onde está a razón para eliminar a participación de patronos, o Consello Asesor, ou sexa, para eliminalo como organismo autónomo local?, que non dou ningunha, nin a primeira, cando cambiaron de patronato a organismo autónomo local, no 2005, dixeron, é por imperativo legal, por axustar, ben, correcto, e daquela contou co apoio de todo o mundo, agora estamos dicindo, siga como organismo autónomo local, teña ese respecto polas institucións, persoas, colectivos, que estiveron e están e senten o Museo como seu, nin os recibiron, nin convocaron o Consello Asesor. Ben, ¿razóns?, ningunha, do que se acaba de escoitar aquí o Museo funciona de maravilla como organismo autónomo local, que é o que é agora nestes momentos. Ben, está claro que hai algunha razón que non queren dicir, está clarisimo, bueno, ou o din, ou o din, porque resulta que a Deputada encargada do Museo nos di que hai un proxecto histórico, un proxecto histórico, agora, por escrito poñen o seguinte, que supoño que lerían, “ó contrario do que se manifesta nalgunha das alegacións, non existe un proceso de desmantelamento do proxecto histórico do Museo”. Ben, iso é opinable, evidentemente é opinable, un pode pensar que si existe e outro que non, agora, o que é terrible é a razón, porque di, “porque o mencionado proxecto como tal non existe”, noveno do informe do Sr. Lede. En fin, entón, a ver, por escrito din que non existiu ese proxecto, despois aquí din que ese proxecto histórico hai que darlle continuidade e que é unha maravilla, por escrito din que o organismo autónomo local máis ou menos pois é disfuncional, agora nos di aquí no Pleno que é unha maravilla, que sendo organismo autónomo local funciona de maravilla, hai colaboracións, hai non sei cantas cousas, bueno, hai tal, bueno, pois se funciona de maravilla déixeno, déixeno, teñan en conta a opinión de todas as persoas que se senten implicadas, e institucións que se senten implicadas, no Museo e retrocesen isto, ¿onde está o problema?, ¿que está funcionando xa moi ben e se poden adoptar decisións que vostedes entenden como moi positivas e que o Museo avanza sendo un organismo autónomo local?, ¿por que ese emperrenche en suprimilo?, cando hai un ano non o tiñan, todo o contrario, hai un ano defendían que seguira como organismo autónomo local. Aclárennos aquí, francamente é difícil de entendelo, é moi difícil entendelo, explíquenos por que, porque claro senón as razóns teremos que buscalas noutro lado, ¿verdade?, e a razóns igual é que unha exconcelleira manda alí cando non ten capacitación, non o sei, hai que buscar algunha razón, haberá que buscarse algunha razón, vostedes non as dan, económica non é, din que xa están aforrando, ou sexa, que poden aforrar como sendo organismo autónomo local; de funcionamento tampouco é, din que están funcionando de maravilla, que amplían edificios, que fan colaboracións, que se abren e tal, sendo organismo autónomo local como é nestes momentos, entón, ¿cal é a razón?, é que non hai maneira de que dean unha razón, non hai maneira, non hai maneira de que a dean. Miren, a vez pasada cando foi o cambio de Patronato a organismo autónomo local si nos deran unhas razóns e as entendemos, agora, nestes momentos, ¿cal é a razón?, non hai maneira de sabelo, dixeron o de económico, agora resulta que non é, primeiro polas contas obxectivas e segundo polo que acaba de dicir vostede, aforran, aforran sendo organismo autónomo local, non hai problema. De funcionamento parece que tampouco, funciona de maravilla e cada vez mellor, sendo organismo autónomo local, entón, ¿cal é a razón?. Pero, cústalle tanto escoitar, escoitar a todas estas institucións ou polo menos terlle un pouco de respecto, polo menos convocar ó Consello Asesor antes de disolvelo, entón, explicarlle cales son as razóns e, ¿ou é que os que están aí molestan?, a ver cal é, entón no queren nin recibir, cobardes, polo menos dicirllo francamente, miren, molestan vostedes, vale, molestan, pero dean algunha razón, creo que é absolutamente razoable que deixen isto sobre a mesa e cando menos, cando menos, teñan un pouco de consideración con todos os que estaban no Consello Asesor, cando menos, o digo porque razón aquí non se está traducindo ningunha, co cal se vostedes non dan ningunha razón obviamente haberá que buscalas, e as únicas que se escoitan son as que son, son as que son, ou sexa que, entre dúas persoas, unha de libre designación, outra desprazada alí non se sabe en que situación, todas, dous cargos identificados absolutamente co PP e cunha traxectoria digamos forte, no sentido ideolóxico e demais, son as que mangonean alí. Iso é o que se escoita, se vostede non dá ningunha razón teremos que darlle pábulo, teremos que crerlla, vostede non dá ningunha, ó contrario, o que dixo vostede agora, mire, déalle a volta ó que dixo e podía ser perfectamente o que dixo hai un ano, o que se dicía hai un ano cando era para mantelo, é moito máis razoable o que dixo para mantelo que para suprimilo, o que nos acaba de dicir, moito máis razoable, moito máis contundente e moito máis claro, se está funcionando moi ben, aforra e demais, ¿que motivo hai para cambialo?, ¿que motivo hai?, ningún. Por iso, bueno, mire, eu creo que sería razoable, saben perfectamente que este é un tema sensible, que creo que a unidade que houbo en, en fin, cada un na medida das súas posibilidades, obviamente, e dos seus gustos, as súas preferencias, con respecto ó Museo de Pontevedra, todos os colectivos está, e de todas as persoas dos colectivos, está fracturada, creo que é máis importante, é moitisimo máis importante recuperar esa unidade de apoio e de identificación co Museo, vamos, de todos os que alegaron e incluso outros que non alegaron por outros motivos, recuperar toda esa unidade, que sexa organismo autónomo ou non o sexa, porque sabe perfectamente que iso non cambia nada, non cambia nada, a razón nola acaban de dar e a explicación que nos deu agora é exactamente, creo que reafirma exactamente o contrario, exactamente o contrario, exactamente. Sr. Presidente, eu creo que debía ter, e apelo a vostede, apelo a vostede que é o que pode tomar a decisión de retirar este punto, e sexa un pouco delicado coas persoas e institucións que tiveron moito que ver na traxectoria do Museo e agardo que segan tendo que ver. Ser educado, ser respectuoso con esas persoas que colaboran creo que é o mínimo, o mínimo que se pode pedir. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Juan Antonio. Sr. González Pérez.- Bueno, cítoo moi rápido tamén, alegacións en serie, bueno, creo que temos que ver a cantidade, por un lado, e ver tamén a calidade destas alegacións. Eu creo que o que significan todas estas alegacións é que hai moitas entidades e moitas persoas que están preocupadas e están preocupadas porque si que senten que o Museo de Pontevedra vai perder independencia, aínda que vostedes digan o contrario. A min me estraña que non se pregunten vostedes por que esta decisión súa ten tanta contestación, ou sexa, estamos todos equivocados, están todos equivocados, eu penso que iso deberían repensalo. E claro, o mesmo que dixo o Sr. Mosquera, a Deputación está afirmando, a Deputada neste caso, está afirmando que se están facendo obras de rehabilitación moi importantes no Museo, que se está abrindo á sociedade pero dunha maneira, todos os días e moitisimo máis que nunca, que se están conseguindo novos legados, que se está cumprindo o mellor, o mellor dos programas culturais e sociais que pode ter Pontevedra e a provincia de Pontevedra, incluso que economicamente vai de maravilla, e nós claro que felicitamos ó Museo de Pontevedra por todo isto, pero claro, entón nos preguntamos, ¿por que cambiar esta dinámica?, ¿por que?. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Dona Ana Isabel Vázquez. Sra. Vázquez Reboredo.- Porque a dinámica é exactamente a mesma, porque como dixen e nos cansamos de insistir, é que niso non vai a cambiar absolutamente nada, o que nos cambia e o que non queren entender, o que o Sr. Mosquera non quere entender, é que hai un aforro, hai un aforro, trátase dunha política de aforro e de contención de gasto, que o centralizar dende a Deputación determinadas contratacións, determinados servizos, se aforra, e non se aforra un pouco, afórrase e afórrase moito, pero iso non inflúe na programación, non inflúe nas actividades, porque igual que levamos traballando nos últimos meses, porque o que lle dicía só é dos últimos meses, vamos a seguir a traballar despois, é dicir, non vai a cambiar nada, se agora están de acordo con que hai independencia, con que hai actividade diferente, cada vez máis, ¿cal vai a ser despois?, a mesma, seguiremos a ter cada vez máis actividade centrada nas persoas. Temos respecto polas institucións, por todas as institucións, por todas as persoas, por iso se leron unha a unha todas as alegacións, por iso se demostrou que estaban feitas en serie, e por iso queremos transmitirlle a todo o mundo que a súa preocupación non é unha preocupación que se corresponda con algo real, senón que non estaban equivocados, D. Antonio, non están equivocados cando fixeron as alegacións, estaban manipulados, que é diferente, estaban políticamente manipulados. Os feitos demostran e seguirán a demostrar que a actividade vai ser a mesma, que sexa un organismo autónomo, ou sexa un servizo, igual que xa foi antes Padroado, non vai a influír absolutamente en nada nas actividades nin no persoal, que seguirán a estar a cargo das mesmas actividades ou incluso algúns acabarán mellorando a súa situación ó equiparalos ou ó igualalos ó resto de traballadores da Deputación. Por tanto, vantaxes, todas, incluído para os traballadores, vantaxes, todas, incluídas para o aforro, que é o que lle temos que demostrar á poboación, que podemos aforrar, que se poden facer máis e moi diversas cousas, pero, aforrando, con menos gasto, e esta medida, aínda que non o queiran entender, aínda que se empeñen en non querer entender, provoca un aforro e unha contención do gasto, que é o motivo único e exclusivo polo que se toma esta decisión, non hai ningún outro motivo, o persoal seguirá a ser o mesmo, incluso con mellores condicións, como lle digo, porque algúns pasarán a estar equiparados e todo o resto do persoal será igual, e incluso coa mesma actividade, porque esa mesma actividade, ese deseño seguirá a pasar polas mans de quen pasa, polos técnicos do Museo, porque iso si, o mamoneo que hai alí, que dicía o Sr. Mosquera, alí non hai ningún mamoneo, eu creo nos traballadores que temos na Deputación e nos traballadores que temos no Museo, creo nos seus criterios e na súa profesionalidade, e son eles os que valoran os proxectos, os que valoran os legados, os que valoran as adquisicións, e en base ós seus informes se toman as decisións conforme iso vai adiante ou non. Por tanto, o motivo, insisto, aforro, contención do gasto, a actividade, a mesma, só cambia a estrutura administrativa, o demais vai a seguir igual, os traballadores no seu posto de traballo e incluso en mellores condicións, facendo as mesmas actividades que desenvolveron ata agora, máis abertos ó público e mostrando cada vez que podemos adaptarnos a todos os públicos, iso é o único que nós queremos do Museo. Temos respecto por tódalas institucións, por tanto en canto, levamos colaborando con elas, dende agora, e seguiremos a colaborar, porque o encontro de restauración seguirase a facer, en colaboración coa Escola de Restauración; a colaboración con Belas Artes seguirá a facerse e cada vez máis, porque este ano hai máis colaboración que en anos anteriores, e así sucesivamente. Colaboraremos con todas aquelas institucións que queiran colaborar, que queiran colaborar, estamos abertos a todo tipo de colaboracións. Respectamos a historia do Museo, a historia do Museo, sabemos a súa historia, e a historia do Museo non rematou, a historia do Museo escríbese día a día e seguirá a escribirse por moitos, moitos anos, e iso, por iso tomamos estas decisións, para que iso se poida facer. A Deputación garantiu durante todos estes anos que houbese o Museo, que tivese a xestión que ten, que tivese as actividades que ten, e seguiremos a facelo como fixemos ata agora, poñendo o capital necesario para o gasto habitual e poñendo o capital que faga falta para seguir restaurando edificios e para seguir conseguindo que o Museo sexa o motor cultural desta cidade e desta provincia. Nós, si que falamos con todas as persoas que quixeron falar con nós respecto ó Museo, con tódalas persoas que tiñan aspectos a favor e incluso que tiñan algunhas críticas, porque a nós nos importa a opinión dos cidadáns. Falamos co Consello Asesor, un a un, para que un a un nos deran a súa opinión, todos, un a un, por tanto, si que os respectamos, si que os respectamos e si que os tivemos en contra, en conta, en consideración, e todos, pola contra, -que era o que quería dicir-, tiveron claro que isto é o que lles chegou, que isto é o que lles chegou, e claro, á vista do que lles chegaba difería moito da realidade, difería moito da realidade, e todos teñen moi claro que o deber da Deputación é defender o Museo, e que niso estamos traballando, e non o poñen en dúbida en ningún momento, en dúbida, están absolutamente seguros de que as decisións que se toman se toman polo ben do Museo. Espero que vostedes sexan capaces de entender ou de abrir un pouco a mente, para entender que a actividade do Museo seguirá igual, que todo seguirá igual, o único que vai cambiar é que pasou de chamarse Padroado no ano 2005 para chamarse organismo autónomo, e pasará no ano 2013 a chamarse servizo, pero a categoría do Museo non está en como se denomine, o Museo Provincial de Pontevedra é un gran Museo, dos mellores de España, pola actividade, polos seus fondos e pola difusión que se fai dos mesmos, non da estrutura administrativa que lle queiran por. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Deputada. Sr. Mosquera, ¿que?, vamos a seguir un pouco máis, bueno, témolo día por nós, entón non hai problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, temos pasado aquí, temos pasado aquí, discutindo como nunha tertulia desas, vamos, que existen por aí, vamos, mesas redondas, radiofónicas, horas e horas, sobre asuntos que non tiñan nada que ver coa, nin coa, vamos, coa Deputación, nin co Museo nin con nada parecido, ou sexa, que creo que este tema merece … Bueno, o razoamento obviamente cáese polo seu propio pé, porque si os traballadores melloran as súas condicións, iso que é, normalmente mellorar as súas condicións significa máis gasto, ben porque teñen menos horas, ben porque cobran máis ou porque teñen outras condicións laborais, ou sexa, mellorar as condicións significa máis gasto. Por outro lado, polo que sabemos o traballador non é que estea encantado de integrarse, pero bueno, é a súa contradición. En segundo lugar, supoño que obviamente en persoas individuais é difícil saber se foron e se falaron con elas, vostede di que si, no Consello Asesor, que se sepa, está o alcalde de Pontevedra, que me conste non falaron con el, máis ben lle fixeron o desprezo de non recibilo en cinco meses por este asunto, ou sexa que, o resto, ¿que quere que lle diga?, non mo creo, porque se solta unha deste calibre, dicir que falou con todos os membros do Consello Asesor, pois parece moi gorda, parece moi gorda, unha de dúas, ou xa entenden que non está e aínda por riba lle fan o desprezo de non recibilo publicamente, ou sexa que é moi gorda, é moi gorda a que acaba de soltar. E por último, evidentemente, que a historia do Museo seguirá, pero este se é que seguen adiante, Sr. Presidente, volvo a chamalo, volvo a que se vote a retirada do punto, se aproban definitivamente a disolución, efectivamente seguirá, pero este será un día negro para a historia do Museo de Pontevedra. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Juan Antonio. Sr. González Pérez.- Remato tamén, porque creo que as posturas están claras e por moito que no debate radiofónico nos esteamos pelexando aquí durante horas e horas e teñamos toda a mañá ou toda a tarde, parece que non vamos chegar a un entendemento, polo tanto, polo menos, dicir, vostede di que os técnicos van a ser os mesmos, repite outra vez, que as actividades serán máis e mellores, que seguiremos cos novos edificios, coas mesmas colaboracións, entón, a pregunta é, ¿onde?, ¿onde vai a estar ese aforro?, porque nós por moito que diga non atopamos o aforro por ningún lado. Eu creo que aquela frase de “farán máis con menos”, debe ser, ou ó mellor a frase hai que cambiala e diríamos “farán menos con máis”, pero con máis control por parte desta Deputación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, pois vamos a proceder á votación deste, primeiro solicitou o Bloque Nacionalista Galego a retirada deste punto, polo tanto, vamos a proceder á votación da retirada do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E, polo tanto, votamos o punto que di, exactamente, Resolución das alegacións e elevación a definitivo do acordo inicial de disolución do OAL Museo de Pontevedra e derrogación dos seus Estatutos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta das alegacións presentadas durante o período de información pública do acordo plenario de 29 de xuño de 2012 de disolución inicial do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra e derrogación dos seus Estatutos e, Resultando que como consecuencia da proposta da Presidencia de 22 de xuño de 2012, iníciase o proceso de centralización funcional e, polo tanto, da supresión dos organismos autónomos dependentes da Deputación Provincial. Resultando que previos os preceptivos informes por Secretaría e Intervención, o Consello Reitor do Museo de Pontevedra, en sesión de 22 de xuño de 2012, adoptou o acordo inicial de disolución do citado organismo autónomo e a derrogación dos seus Estatutos. Resultando que a Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal en sesión celebrada o día 22 de xuño de 2012 ditaminou favorablemente o expediente e, posteriormente, en sesión plenaria de 29 de xuño de 2012, acordouse a disolución inicial do citado organismo autónomo e a derrogación dos seus Estatutos. Resultando que o citado acordo foi sometido a información pública polo período de trinta días, mediante anuncio publicado no BOP nº 130 de 6 de xullo de 2012, presentándose, dentro de prazo, segundo informe do encargado do rexistro, 1.140 alegacións. Resultando que foron presentadas alegacións pola Plataforma en Defensa do Museo de Pontevedra, Asociación Cultural Julián Malvar, Asociación Cultural Ego&me, Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Lois Tobío, Centro Comercial Urbano–Zona Monumental, Federación de Veciños Castelao, Federación Veciñal Teucro, Encrucillada, Aula Castelao de Filosofía, Ateneo de Pontevedra, Asociación Sociocultural Cefofeita, Asociación Galega de Historiadores, Asociación dos Museos de Galicia, a Casa Condal de Malvar, a Asociación Cultural Maio Longo, o Concello de Pontevedra, a Fundación Filgueira Valverde, e as restantes por persoas físicas. Resultando que o Director de Xestión do OAL Museo Provincial de Pontevedra emite informe con data 11 de outubro de 2012, que textualmente di: Primeiro.- O Museo de Pontevedra tivo a forma legal de padroado ata o ano 2005, cando se converteu nun Organismo Autónomo Local, por imperativo legal, ao entrar en vigor a Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local en materia de servizos públicos locais. Esta norma modificou o artigo 85 da Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local, engadindo os artigos 85 BIS e 85 TER que establecen, claramente, a composición e o funcionamento dos organismos autónomos locais. Os estatutos vixentes, actualmente, aprobáronse, definitivamente, en sesión plenaria de 28 de setembro de 2005 (publicados no BOP nº 191 de 4 de outubro de 2005) e modificáronse en sesión plenaria de 29 de novembro de 2006 (publicados no BOP nº 32 de 14 de febreiro de 2007). Segundo.- O réxime xurídico do Museo de Pontevedra xa cambiou anteriormente a raíz da entrada en vigor das modificacións lexislativas introducidas pola mencionada Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local en materia de servizos públicos locais. Por esta razón, unha nova variación da natureza xurídica do Museo, en ningún caso, modifica as condicións, estatus, circunstancias ou efectos dos negocios xurídicos realizados, tales como, doazóns, compravendas, depósitos, etc. Terceiro.- Existen outros museos co mesmo modelo de xestión que se pretende establecer para o Museo Provincial de Pontevedra, como, por exemplo, o Museo Provincial de Lugo, integrado na estrutura da Deputación de Lugo como un servizo, non como un organismo autónomo. Ao Museo de Pontevedra, ao igual que a outros museos, élle de aplicación a mesma normativa, independentemente da súa forma xurídica. Cuarto.- En relación ao ámbito orzamentario e á vista dos presupostos do Museo Provincial de Pontevedra e da Deputación de Pontevedra, non se pode afirmar que a autonomía xurídica e funcional do Museo foron garantía da súa pervivencia, enriquecemento patrimonial e vinculación con Pontevedra. Neste sentido, o Museo Provincial é un organismo que depende da Deputación Provincial de Pontevedra, que achega o 100% do financiamento deste organismo autónomo local. Pódese, por tanto, afirmar que, actualmente, o Museo Provincial de Pontevedra sobrevive grazas ás achegas orzamentarias da Deputación, considerando que os ingresos do mesmo por outros conceptos (reproducións, venda de catálogos, etc.) apenas constitúen un 0,45% dos ingresos totais. Quinto.- A maiores do anterior, cómpre resaltar que as obras e melloras do museo son financiadas co presuposto da Deputación, sen tocar o do Museo. As contías dalgunhas obras, construcións e melloras acometidas no museo e financiadas co presuposto da Deputación multiplican, varias veces, o presuposto do organismo autónomo. Sexto.- O ámbito xeográfico de actuación da Deputación Provincial de Pontevedra é, como o seu propio nome indica, a provincia de Pontevedra. A decisión de disolver o Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, en ningún, caso supón un erro histórico, unha grave falta de respecto á memoria das persoas que impulsaron esta iniciativa cultural ou unha ameaza para a continuidade histórica do proxecto e a súa permanencia en Pontevedra. Nunha das alegacións figura, incluso, a referencia aos “edificios do Museo”. Neste sentido, todos os edificios do Museo de Pontevedra pertencen actualmente á Deputación Provincial de Pontevedra, segundo o inventario de bens inmobles, incluso, ata o punto de que as instalacións do edificio Sarmiento e as que albergan o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico están dentro do mesmo inmoble, coa mesma referencia catastral. Non ten sentido, por tanto, afirmar que as instalacións do Museo se van deslocalizar ou que os seus fondos non van permanecer nos inmobles radicados en Pontevedra. Sétimo.- Tal e como se afirma nos escritos de alegacións, resulta evidente a transcendencia e importancia artística e histórica do Museo Provincial de Pontevedra e dos seus fondos que constitúen un referente fundamental para o estudo e coñecemento en materias desde o punto de vista histórico, científico, artístico ou documental, entre outros. Esta afirmación non se cuestiona o máis mínimo, aínda que resulta irrelevante no proceso de transformación actual, dado que as xestións que se están a realizar no tocante ao cambio de réxime xurídico do Museo de Pontevedra non afectan á historia, transcendencia, continuidade ou permanencia dos fondos do Museo en Pontevedra. Oitavo.- A tendencia á centralización de certos servizos e subministracións (mantementos, compras, etc.) resulta a única solución viable para a consecución da conservación, mantemento e exhibición dos bens culturais custodiados no Museo. Nesta liña, e debido á crise actual, no museo estase a facer un profundo labor de estudio e redución de custos sen que isto supoña unha diminución da calidade dos servizos prestados ou dos parámetros de conservación das obras de arte. Noveno.- Ao contrario do que se manifesta nalgunha das alegacións, non existe un proceso de desmantelamento do proxecto histórico do Museo porque o mencionado proxecto, como tal, non existe. Desde un punto de vista obxectivo e estritamente técnico, a tendencia dos investimentos da Deputación de Pontevedra no museo resulta contraria á desaparición do Museo Provincial de Pontevedra invocada nos escritos de alegacións. Neste sentido, cómpre mencionar que, recentemente, publicáronse dous anuncios para a licitación dos traballos de museografía do Sexto edificio e do edificio Sarmiento para dotar a ambos edificios do necesario mobiliario expositivo (vitrinas, peanas, urnas, …), elementos de iluminación, de sinalización, etc., imprescindible para expoñer todas as coleccións do Museo. A contía total que alcanzan estas dúas licitacións é de 766.660,00 €uros. Décimo.- En relación á “desaparición” da Bienal de Arte de Pontevedra, cómpre dicir que durante o exercicio económico 2012 déuselle prioridade aos proxectos de museografía para dotar, de forma definitiva, dunha exposición permanente aos novos edificios da Deputación de Pontevedra destinados a Museo (sexto edificio e edificio Sarmiento) con unhas condicións esixidas polas normas do ICOM (International Council of Museums) referidas a climatización, luz, seguridade e instalacións necesarias para expoñer. Este feito non significa que a Bienal de Arte desapareza, senón que a dispoñibilidade orzamentaria para a exposición permanente prevaleceu sobre aquela. Undécimo.- As alegacións fan referencia ao “absoluto descoñecemento da historia do Museo de Pontevedra e da súa relación coa cidade”. Este tipo de manifestacións denotan o total descoñecemento da normativa de réxime local aplicable ás Deputacións e aos seus organismos autónomos, do funcionamento do propio Museo e, por extensión, da Administración Pública en xeral. Dentro das súas competencias de auto–organización e, da mesma maneira que o creou, a Deputación de Pontevedra é soberana para disolver o Organismo Autónomo Local Museo de Pontevedra. Esta idea pode fundamentarse na Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local, así como, no establecido na moción fundacional do Museo de 30/12/1927, en virtude da cal o Museo de Pontevedra creouse literalmente “…bajo los auspicios de la Diputación Provincial”. Décimo segundo.- A maiores, nalgún escrito de alegacións, entre os que se atopa o escrito de alegacións municipais do concello de Pontevedra, tamén se mencionan aspectos como o intervencionismo político na xestión do museo, a alteración do funcionamento democrático do Museo, a falta de sensibilidade en relación co patrimonio histórico e a aversión á cultura por parte dos actuais dirixentes da Deputación de Pontevedra. A representación política na Deputación de Pontevedra e, por tanto, nos seus organismos autónomos, nace da manifestación da vontade democrática dos cidadáns con dereito a sufraxio na provincia de Pontevedra. A lexislación relativa ao réxime electoral establece os procedementos e requisitos necesarios para dotar ás institucións de cargos políticos electos con total lexitimidade para ostentar representacións de diversa índole en nome dos cidadáns. O escenario plantexado nos escritos de alegacións non é real considerando que non existe ningún organismo público rexido pola lexislación local aplicable a concellos e Deputacións (que é a mesma que para o Organismo Autónomo Local Museo de Pontevedra) que non posúa representación política. Resulta contraria ao ordenamento xurídico unha administración pública rexida exclusivamente por técnicos. Décimo terceiro.- O anterior contraponse ao establecido para o Consello Asesor do Museo, cuxa existencia permanece actualmente a través da costume. Segundo os estatutos actuais do Museo de Pontevedra, o Consello Asesor actúa como órgano consultivo e de proposta no deseño dos plans de actuación do organismo autónomo, así coma, do seu seguimento e avaliación. Á vista do anterior, cómpre sinalar que resulta claro que non posúe competencias decisorias en relación ao establecemento do réxime xurídico aplicable ao propio Museo de Pontevedra. Décimo cuarto.- Polo que respecta á redución do horario de biblioteca, a realidade impón cambios coa finalidade de prestar un mellor servizo aos cidadáns. Estes cambios materialízanse na redución do horario para acadar un mellor aproveitamento do persoal encargado da ordenación, catalogación, proceso técnico, conservación, comprobación de duplicados e dos fondos das coleccións. O proceso de ordenación de fondos documentais e bibliográficos do Museo de Pontevedra implica a realización dunha serie de traballos técnicos, por parte do persoal de biblioteca e arquivos, entre os que destaca o control dos distintos fondos que a compoñen (inventario, rexistro, signaturado, catalogación, movemento físico de exemplares, etc…) como tarefa prioritaria e que imposibilita que os fondos poidan ser consultados e postos á disposición do usuario polo persoal auxiliar que debe asumir, unha parte substancial, destas tarefas, co fin de finalizalas no menor tempo posible e así poder ofrecer un servizo de atención ao usuario de calidade. Décimo quinto.- O acondicionamento de diferentes estancias do museo conleva a realización de obras e construcións en dependencias e instalacións, movemento de mobles, relocalización de pezas, etc. Esta razón é a que impide que, circunstancial e temporalmente, certas entidades culturais que viñan utilizando os inmobles da Deputación Provincial destinados a Museo tiveran que buscar unha localización para as súas actividades. Para que sirva como exemplo gráfico, pódese mencionar que non sería posible realizar obras sen sacar un piano, mobles ou caixas de libros ou obras de arte, entre outros elementos, do lugar onde aquelas deben ser executadas. En relación a este tema, o acontecido con estas entidades culturais non supón un maltrato cara a elas, senón un acollemento e unha relación duradeira e frutífera durante moitas décadas. Sirva como exemplo unha reunión que vai manter a directiva da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra nas instalacións do Museo o día 16 de outubro de 2012 ás 20:30 na sala de reunións do edificio Fernández López. Décimo sexto.- O amor á historia, á cultura e á identidade galega e pontevedresa constitúe un elemento compartido con todas as persoas que posúen responsabilidade no Museo, pero non é un factor de relevancia técnica, científica, económica, xurídica ou artística á hora de definir modelos de xestión. O Museo actual converteuse nunha realidade consolidada a través da materialización de acontecementos históricos pasados. Deste xeito, para que pervivan os legados de persoeiros como Casto Sampedro, Daniel de la Sota, Castelao, Losada Diéguez ou Filgueira Valverde, etc. débense poñer en valor, axeitalos aos tempos realizando melloras en infraestruturas, na profesionalización do persoal, na mellora das condicións laborais, nas actividades, no funcionamento da xestión ou na páxina web, entre outros. Décimo sétimo.- A maioría dos escritos de alegacións presentados achegan información sobradamente coñecida neste museo. Tanto é así que, moitos dos datos, e incluso expresións literais foron sacadas de publicacións editadas polo Museo, especialmente do artigo escrito por D. José Carlos Valle Pérez, Director do Museo de Pontevedra titulado O museo de Pontevedra: Pasado, presente e futuro, publicado no libro conmemorativo do aniversario do Museo de Pontevedra titulado 75 obras para 75 anos. Exposición conmemorativa da fundación do Museo de Pontevedra. Neste sentido, faise especial mención á alegación presentada por D. Ernesto Vázquez – Rey Farto en representación da Casa Condal de Malvar á que achega unha proposta de texto estatutario, cuxo apartado II da exposición de motivos resulta ser un traballo de síntese, tradución e selección realizado de forma parcial do artigo mencionado. A este respecto, apréciase de forma obxectiva que a lectura da publicación do Museo serviu como base para as alegacións presentadas por esta persoa. Décimo oitavo.- Ao fío do anterior, D. Ernesto Vázquez – Rey Farto afirma no apartado V da exposición de motivos da proposta de texto estatutario que achega ao seu escrito de alegacións que “…non é axeitado para o noso Museo contar con varios órganos colexiados, e menos asesores. Nas máis das veces non se convocan ou aínda convocándose cadran coas sesións de outros organismos, o que é ineficaz e ineficiente para a boa administración e xestión do Museo”. Esta idea contrasta frontalmente coa propia organización da Casa Condal de Malvar, da que o subscritor das alegacións consta como fundador do Consello de Administración e no que ostenta a Presidencia vitalicia pola súa condición de herdeiro dos Condados de Malvar e de Salcedo. Este organismo posúe varios órganos de goberno e administración: Consello de Administración, Consello de Vixilancia, Consellos Particulares (mais de un), Presidencia, Secretaría Xeral, Vicepresidencia e Xerencia. Todos eles conforman unha estrutura orgánica extraordinariamente complexa que contravén a idea expresada anteriormente por D. Ernesto Vázquez – Rey Farto. É dicir, segundo esta persoa, no caso do Museo de Pontevedra non é axeitado contar con varios órganos colexiados pero no caso da Casa Condal de Malvar aplícase o contrario. Décimo noveno.- Á marxe das consideracións de tipo organizativo ou orgánico, a proposta de D. Ernesto Vázquez – Rey Farto é manifestamente contraria ao ordenamento xurídico, inconsistente e incompleta. Propón que o réxime de persoal estea baseado no dereito laboral, obviando normativa administrativa básica de aplicación para persoal funcionario ou laboral, como a Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, entre outras normas. Así mesmo, establece que o réxime de contratación estará sometido á Lei de Contratos das Administracións Públicas. Suponse que fai referencia ao Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Esta norma queda sen efecto a partir do 16 de decembro de 2011, ao quedar derrogado o Capítulo IV do Título V do Libro II, comprensivo dos artigos 253 a 260, polo apartado 2 da disposición derrogatoria única do RD Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (BOE de 16 de novembro), que era o único que quedaba vixente. A normativa aplicable é o Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público e lexislación concordante en vigor. No tocante ao réxime orzamentario establécese que será dependente da estrutura que marque a Deputación Provincial de Pontevedra, cando, por outra parte, se argumenta a favor da súa autonomía. En calquera caso, esta afirmación resulta inconsistente por non especificar a normativa aplicable ás entidades locais en materia de réxime orzamentario: a Lei 7/1985, de 2 de abril (LRBRL), os artigos 162 a 171 do RDL 2/2004, de 5 de marzo TRLRFL, a Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, o RD 1463/2007, de 2 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da LXEP, os artigos 2 a 23 do RD 500/1990, de 20 de abril, a Orde de 20 de setembro de 1989, pola que se establece a estrutura dos orzamentos das entidades locais, o RDL 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, a Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais. (BOE 297 de 10/12/2008) ou –no caso dos orzamentos do ano 2012– o Proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado para o exercicio de 2012 (PLPXE/10). Vixésimo.- No escrito de alegacións municipais invócanse os principios que pautan as relacións entre as Administracións Públicas facendo un refundido do establecido no artigo 4 da Lei 30/1992 co artigo 55 da Lei 7/1985 e incluso engadindo texto libre por parte do asinante do escrito a favor da súa conveniencia. Débese ser fiel ao ditado do lexislador cando se cita ou invoca calquera normativa. Os principios invocados no artigo 55 da Lei 7/1985 circunscríbense ás relacións interadministrativas entre administracións. Do mesmo xeito, que invoca certos principios, o concello de Pontevedra debería respectar o exercicio lexítimo polas outras administracións das súas competencias, neste caso, da Deputación de Pontevedra. A este respecto, unha solicitude de información con carácter previo á presentación das alegacións sería de grande utilidade á hora de conseguir o respecto mutuo das competencias de cada unha das administracións locais. Vixésimo primeiro.- No escrito de alegacións municipal menciónase a senda da frivolización das actividades a desenvolver no Museo Provincial de Pontevedra tales como a exposición de motos ou o establecemento dun restaurante. Neste sentido, pódese mencionar a modo de exemplo que o número de visitantes da exposición “Motos Históricas. Cen anos sobre rodas” chegou ás 46.000 persoas, cifra que supera en número de visitantes a todas as exposicións temporais do Museo Provincial de Pontevedra ao longo de toda a súa historia. Así mesmo, o Museo Guggenheim de Bilbao albergou a exposición “El arte de la motocicleta” entre o 24 de novembro de 1999 e o 3 de setembro de 2000 (http://www.guggenheim-bilbao.es/exposiciones/el-arte-de-la-motocicleta/). Continuando con este museo, pódese citar que posúe dous restaurantes internacionais de gran calidade: Nerua, un restaurante de alta cociña con unha estrela Michelin e Bistró Guggenheim Bilbao (http://www.guggenheim-bilbao.es/informacion-practica/restaurantes/). Outros servizos en museos de referencia que se poden mencionar son o Café Prado, a Terraza – Café Prado, a Tenda e Librería Prado ou o Gabinete Médico do Museo Nacional del Prado (http://www.museodelprado.es/visita-el-museo/servicios-y-recomendaciones). Considerando que o escrito municipal de alegacións indica que a sala arqueolóxica é incompatible co establecemento de actividades hostaleiras, exponse outro exemplo dun museo internacional que acolle fondos de carácter arqueolóxico de transcendencia incontestable: The British Museum de Londres dispón, entre os seus servizos, do Restaurante Court, Court Café e Gallery Café (http://www.britishmuseum.org/visiting/eating.aspx?lang=es) compatibles coa exhibición das coleccións. Non resulta necesario nin facer alusión ao prestixio do que gozan todas estas institucións de referencia mencionadas, xunto con moitas outras. Da mesma maneira que estas entidades, o Museo Provincial de Pontevedra, na medida das súas posibilidades, debe aspirar a prestar servizos complementarios que atraian ao público ás súas instalacións. Vixésimo segundo.- Tal como establece o escrito municipal de alegacións, o artigo 59 da Lei 16/1985 de 25 xuño, de patrimonio histórico español, define as funcións das institucións culturais denominadas museos, arquivos e bibliotecas, mais tan só, se limita precisamente a iso, a definilas. Por esta razón, resulta infundado argumentar que o acordo de derrogación dos estatutos e integración, baseado na centralización funcional e desaparición da autonomía da institución, pode vulnerar tamén a lexislación reguladora do patrimonio cultural en base a este artigo. Tendo en conta que segundo o escrito municipal de alegacións, as funcións das institucións culturais están diferenciadas aducindo o mencionado artigo, cómpre preguntarse en cal das tres categorías diferenciadas encaixa ao Museo Provincial de Pontevedra, considerando que engloba as tres categorías. Vixésimo terceiro.- O escrito municipal de alegacións argumenta que se esixe que a comisión técnica de arquivos avalíe as propostas de disolución e integración noutros dos arquivos pertencentes ao sistema de arquivos de Galicia a teor do establecido no artigo 18 do Decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia. Con unha lectura do mencionado artigo, pódese comprobar que “A comisión técnica de arquivos é o órgano asesor e consultivo en materia de arquivos e patrimonio documental (…)” e que, por tanto, este decreto non resulta de aplicación. Vixésimo cuarto.- O escrito municipal de alegacións di que a decisión de disolver o O.A.L. Museo Provincial de Pontevedra pode infrinxir a lexislación protectora do patrimonio cultural de aplicación como, por exemplo, o sinalado no Decreto 314 /1986, de 16 de outubro, polo que se regula o sistema público de museos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 07/01/1986). Débese aclarar que este Decreto non resulta de aplicación ao O.A.L. Museo Provincial de Pontevedra dado que segundo o artigo 3 deste decreto, o sistema público de museos da Comunidade Autónoma estará integrado por: a) Museos propios, cuxa titularidade corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, e que serán financiados con cargo aos presupostos xerais da mesma. b) Museos concertados, integrados mediante convenio ao sistema público de museos da Xunta de Galicia, pero mantendo a súa titularidade específica e diferenciada do grupo anterior. A Xunta de Galicia contribuirá ao sostemento destes museos en réxime de subvención. Resulta claro que o Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra non encaixa en ningunha das dúas categorías, no primeiro caso porque a súa titularidade non corresponde á Xunta de Galicia e no segundo caso, porque a Xunta de Galicia non contribúe ao sostemento deste museo en réxime de subvención porque o Museo de Pontevedra non é un museo concertado. Neste sentido, o artigo 6 deste mesmo decreto establece que “Poderán establecer concertos coa Consellería de Cultura e Benestar Social os museos actualmente existentes ou que poidan crearse no futuro, e cuxa titularidade corresponda a corporacións ou entidades provinciais ou locais de carácter público, institucións, fundacións e entidades privadas ou eclesiásticas”. No caso do Museo de Pontevedra, non se estableceu ningún concerto coa Consellería. O seu réxime regulador é o establecido no punto primeiro do presente informe. Vixésimo quinto.- O escrito municipal de alegacións plasma a seguinte expresión de forma literal: “…para evitar que se sigan a perder fondos do museo de Pontevedra,…”. Este escrito de alegacións mostra un absoluto descoñecemento dos fondos existentes no Museo, así como, da súa natureza. Ao posuír a condición de fondo rexistrado, calquera obxecto pasa automaticamente a gozar da protección establecida pola lexislación de aplicación en materia de patrimonio, razón pola que non se perdeu absolutamente ningún fondo do Museo de Pontevedra. A tendencia é a contraria, incrementar os fondos e mellorar a súa conservación. Neste sentido, unha excelente maneira para apoiar o aseguramento da continuidade dos museos en xeral, incluído o Museo Provincial de Pontevedra, é fomentar o incremento do seu número de visitantes, razón pola que as instalacións do Museo de Pontevedra atópanse abertas a todo o público interesado. Todas as persoas desta comunidade cultural, especialmente os actuais dirixentes e directivos do Museo, posúen unha especial preocupación e sensibilidade polo feito de que a tendencia alcista no número de visitantes se perpetúe no tempo a través da realización de actividades atractivas e da promoción dos fondos artísticos, documentais, gráficos e bibliográficos.” Resultando que o Secretario emite informe con data 16 de outubro de 2012 no que textualmente di: “1.- O citado acordo foi sometido a información pública durante trinta días, publicándose anuncio no BOP nº 130 de 6 de xullo de 2012. Foron presentadas, de conformidade co informe do encargado do Rexistro, en tempo e forma, 1.140 alegacións. 2.- Estas alegacións foron presentadas pola Plataforma en Defensa do Museo de Pontevedra, Asociación Cultural Julián Malvar, Asociación Cultural Ego&me, Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Lois Tobío, Centro Comercial Urbano – Zona Monumental, Federación de Veciños Castelao, Federación Veciñal Teucro, Encrucillada, Aula Castelao de Filosofía, Ateneo de Pontevedra, Asociación Sociocultural Cefofeita, Asociación Galega de Historiadores, Asociación dos Museos de Galicia, a Casa Condal de Malvar, a Asociación Cultural Maio Longo, o Concello de Pontevedra, a Fundación Filgueira Valverde e ,as restantes, por varias persoas físicas. 3.- A maioría dos argumentos das alegacións presentadas refírense a aspectos de conveniencia e oportunidade política, polo que non cabe que se informen xuridicamente. 4.- O acordo plenario en cuestión enmárcase dentro da potestade de autoorganización da Deputación (art. 4.1,a) Lei 7/1985 de 2 de abril), modificándose a forma de xestión directa, pasándose de organismo autónomo á xestión pola propia entidade local (art. 85.2.A) Lei 7/85). Non é por iso necesario remitir comunicación previa, outorgar audiencia ou solicitar informe a organismo algún. Por iso non se infrinxiu principio algún das relacións entre as Administracións Públicas (art. 4 Lei 30/1992, de 26 de novembro), pois realizouse un exercicio lexítimo dunha competencia propia. 5.- En canto ó tramite de audiencia, este outorgarase nos procedementos administrativos ós interesados (art. 84 Lei 30/1992, de 26 de novembro), para o cal, é necesario un interese lexítimo individual ou colectivo, é dicir, que do acto administrativo que poida ditarse se derive un beneficio ou se evite un prexuízo e, neste procedemento, non hai máis que un cambio en canto á forma de xestión directa, manténdose o Museo nos mesmos inmobles e cos mesmos depósitos. 6.- O Consello Asesor do Museo actúa como órgano consultivo e de proposta no deseño dos plans de actuación de este, así como, do seu seguimento e avaliación (arts. 7 e 13 Estatutos), polo que a decisión da nova forma de xestión do mesmo non é obxecto de consulta ó mesmo. 7.- Os museos son definidos como as institucións de carácter permanente, abertos ó público e sen finalidade de lucro, que adquiren, conservan, investigan, comunican e exhiben para fins de estudo, educación e contemplación, conxuntos e coleccións de valor histórico, artístico, científico e técnico ou de calquera otra natureza cultural (arts. 59.3 Lei 16/1985, de 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español e 67.1 Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia) e, con estas características, que son as actuais, vai a continuar o Museo provincial, pois a forma de xestión non afecta para nada a súa función como tal, cuxos fondos museísticos van a permanecer no mesmo. 8.- Ó non ter a consideración de museo propio da Comunidade Autónoma, nin de museo concertado, non lle é de aplicación o Decreto 314/1986, de 16 de outubro, de regulación do sistema público de museos. Por todo o anterior, entendemos que as alegacións presentadas, sen prexuízo das referidas a aspectos de conveniencia e oportunidade, deben ser desestimadas.” Resultando que en sesión de 19 de outubro o Consello Reitor do OAL Museo Provincial de Pontevedra acordou desestimar as citadas alegacións elevando a definitivo o acordo plenario inicialmente acordado e en sesión da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, da mesma data, ditaminouse favorablemente. Considerando o disposto no art. 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, En base ó anterior, o Pleno acorda, por maioría, cos votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, a adopción do seguinte: 1.- Desestimar as alegacións presentadas. 2.- Elevar a definitivo o acordo plenario de 29 de xuño de 2012, polo que se acordaba a disolución do OAL Museo provincial de Pontevedra e a derrogación dos seus Estatutos. 5.6283.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Bueno, fóra da orde do día había aquí, aínda tardaron un pouco os técnicos, pero bueno, finalmente nolo traen, teño que pedirlle desculpas, por traelo así de présa, á oposición, pídolle desculpas tamén ós veciños afectados por esta estrada, que eu crin, que xa me vía impotente para buscar unha solución a este tema, pero bueno, dixen, “a ver se algún día nolo traen”, e hoxe nos trouxeron aquí o proxecto da aprobación inicial e mellora do trazado da estrada Baión-András, no término municipal de Vilanova de Arousa, exposición pública do mesmo e expediente de expropiación, declaración de utilidade pública da obra, e solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Esta é unha obra iniciada hai bastante tempo, polo tanto, hai que pedir desculpas ós veciños que viven neste entorno, porque a verdade é que está, bueno, por unha serie de cuestións, paralizada, por parte de dous, tres veciños, e, polo tanto, para poder continuar esta actuación é imprescindible aprobar este expediente que hoxe traemos aquí, por iso eu quero pedirlle ós grupos da oposición tamén a aprobación da urxencia, que procedemos a votar agora mesmo. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Previa unánime declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: A) APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “ MELLORA DE TRAZADO EP 9701 BAIÓN-ANDRÁS p.k. 3+653 A p.k. 5+045 (VILANOVA DE AROUSA)”. EXPOSICIÓN PUBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Como digo, o punto é, pois non é unha actuación, dende o punto de vista económico, tan importante, estamos a falar de 149.000,00 €, que nos tempos actuais é importante pero en todo caso é unha carretera con tráfico destacado e de aí que teñamos que facer esta actuación urxentemente, para seguir o desenvolvemento desta carretera, que agora mesmo, pois, leva meses e meses paralizada porque non se dá chegado a un acordo posible para poder facer esta actuación. Polo tanto, bueno, pois pedimos o apoio tamén dos demais grupos para poder levalo a cabo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora de trazado EP-9701 Baión–András p.k. 3+653 a p.k. 5+045 (Vilanova de Arousa)”, está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 149.323,59 euros, dos que corresponden a execución material 114.144,77 euros e 35.178,82 euros a expropiacións. O obxecto do proxecto consiste en rematar o tramo de estrada pendente no lugar de Serantes, coa finalidade de facilitar tanto o tráfico rodado como o peonil en distintos puntos da estrada, cunha lonxitude de 1.392 metros lineais. Este tramo da estrada non se puido rematar ó non estar dispoñibles os terreos que se inclúen, agora, neste proxecto. Visto o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de tramitar canto antes o expediente de expropiación forzosa para acometer a devandita obra o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Mellora de trazado EP-9701 Baión–András p.k. 3+653 a p.k. 5+045 (Vilanova de Arousa)”, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 149.323,59 euros dos que corresponden a execución material 114.144,77 euros e 35.178,82 euros a expropiacións. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que conleva polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra que vén xustificada pola necesidade de mellorar a seguridade viaria no tramo da estrada EP-9701 Baión–András p.k. 3+653 a p.k. 5+045 (Vilanova de Arousa), que discorre polo lugar de Serantes, nunha lonxitude de 1.392 metros lineais, intervención que foi iniciada hai tempo e non se puido rematar por motivos de disposición de determinados terreos. As actuacións previstas teñen por obxecto definir as características técnicas necesarias para levar a cabo a mellora da seguridade viaria neste tramo da estrada xa que o seu estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. Para paliar esas deficiencias o proxecto contempla, entre outras actuacións, unha nova plataforma de 12,60 metros de ancho e a rectificación do trazado dalgunhas curvas con radio reducido. b) Parte de información e control: 6.6284.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE DE 2012, EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA, CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Secretario.- Ahora el informe, no se vota el informe. Sr. Presidente.- ¿O informe de que?. ¿Das contas?. Sr. Secretario.- De cumplimiento de los plazos. Sr. Presidente.- De cumprimento dos prazos e todo o demais. Bueno, que teñen copia os Deputados. Sr. Secretario.- Si. Sr. Presidente.- ¿Non hai que votalo?. Sr. Secretario.- No. Sr. Presidente.- Es dar cuenta del mismo y tal, bien. Bueno, pois damos conta de que somos unha institución pagadora e certifícao o Interventor, pagamos ben e rápido e iso é moi importante nos tempos actuais. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou varios informes nos que figuran o conforme de Tesourería e Intervención en relación co cumprimento por parte da Deputación de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, durante o terceiro trimestre do ano 2012, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os detalles máis relevantes dos informes en canto ó cumprimento dos prazos de pago previstos son os seguintes: 1. Con referencia á data de rexistro da factura.  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio (días) Período medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fora período legal prazo Nº pagos Importe total Nº pagos Importe total Deputación 18 13 3.694 7.615.858,26 € 67 41.625,36 € Museo Pontevedra 9 0 155 286.486,55 € 0 0,00 € Turismo Rías Baixas 37 17 88 186.682,59 € 92 129.494,42 € Escola de Canteiros 16 0 34 35.347,27 € 0 0,00 € IPESPO 38 9 36 135.045,53 € 2 99.260,42 € Escola de Enfermería 26 60 23 15.165,24 € 3 487,23 € ORAL 32,8 19,67 180 283.213,44 € 21 85.180,13 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio (días) Período medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe total Deputación 21 181 444 884.771,55 € 13 62.476,39 € Museo Pontevedra 11 0 22 10.726,46 € 0 0,00 € Turismo Rías Baixas 19 92 26 256.222,59 € 2 2.617,82 € Escola de Canteiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € IPESPO 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € ORAL 30,08 4,06 49 239.364,13 € 4 264.431,80 € 2. Con referencia á data da factura.  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio (días) Período medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación 45 54 3.099 5.705.091,58 € 662 1.952.392,04 € Museo Pontevedra 22 58 150 271.416,60 € 5 15.069,95 € Turismo Rías Baixas 193 236 37 106.995,18 € 143 209.181,83 € Escola de Canteiros 22 9 29 32.842,25 € 5 2.505,02 € IPESPO 52 14 17 22.416,14 € 21 211.889,81 € Escola de Enfermería 61 46 12 6.581,59 € 14 9.070,88 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio (días) Período medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación 39 122 524 882.323,00 € 63 208.185,40 € Museo Pontevedra 21 0 29 22.999,71 € 0 0,00 € Turismo Rías Baixas 35 57 21 231.273,79 € 10 28.360,40 € Escola de Canteiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € IPESPO 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados. Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación 0 0,00 € Museo Pontevedra 0 0,00 € Turismo Rías Baixas 0 0,00 € Escola de Canteiros 0 0,00 € IPESPO 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € ORAL 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga. Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Museo Pontevedra 0 0 0,00 € Turismo Rías Baixas 0 0 0,00 € Escola de Canteiros 0 0 0,00 € IPESPO 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € ORAL 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre cumprimento de prazos pola Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, durante o terceiro trimestre de 2012, en relación ó disposto na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 7.6285.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Dar cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 25 de setiembre y el 22 de octubre; y así mismo, una Resolución en la que se adscribe al nuevo Diputado Don Fernando Guitián a determinadas Comisiones Informativas. Sr. Presidente.- ¿Hai que votar?. Sr. Secretario.- No. Sr. Presidente.- Bueno, polo tanto damos conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de setembro e 22 de outubro do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 4 de outubro, adscribindo ó deputado provincial D. Fernando Guitián Guitián ás seguintes Comisións Informativas: Cooperación Municipal, Cultura, Deportes e Xuventude, Desenvolvemento Agrogandeiro, Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda, Economía, Facenda e Turismo, Infraestruturas e Servizos Xerais, Medio Ambiente, Pesca e Asuntos Mariños, Recursos Externos, Promoción Económica, Emprego e Comercio, Réxime Interior e Persoal e Comisión Especial de Contas. E tamén o nomea Presidente efectivo da Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Mariños. 8.6286.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- E agora empeza o turno de Rogos e Preguntas, se hai. Dona Isaura, é a primeira en sumarse, ¡ah!, perdón. Sra. Abelairas Rodríguez.- Si, bueno, estou un pouco fastidiada, polo cal, non me faga berrar moito. Sr. Presidente.- Esperamos unha franca e pronta recuperación. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non, se eu son … Sr. Presidente.- Política non, persoal, digo. Sra. Abelairas Rodríguez.- Política tamén, a verdade, non teña ningunha dúbida. De todas formas, aproveitando, cumpra coa súa promesa, que ten que cumprir coa promesa que ten feito. Sr. Presidente.- Non, voulle pedir a Begoña, me traes o papel, que quero ver eu como estaba. Sra. Abelairas Rodríguez.- Bien, porque se empezamos así empezamos moi mal, ¡eh!. Sr. Presidente.- Non, ela dixo que acertei a enquisa esa feita a pé de urna non, a pé de nós mesmos, e polo tanto está acertada a quiniela esa. Sra. Abelairas Rodríguez.- Bien, co cal. Sr. Presidente.- Despois miraremos a ver quen é o que paga, porque non sei como quedaran as condicións. Sra. Abelairas Rodríguez.- Paga o que gaña sempre, non vai a pagar o que perde, aínda encima, paga o que gaña e ademais está escrito. Vale, imos a falar de cousas serias. Mira, a miña son catro preguntas nunha, e lle rogaría que tome nota e que mas conteste por escrito. Primeiro, fai un pouco estaba falando do Museo de Pontevedra, e como vostedes saben, perdón, estaba falando do Museo de Pontevedra, en Vigo, e estaban depositadas as obras de Maside, había un contencioso no concello de Vigo e ese contencioso que leva moitos anos, cando eu chego non me queda máis remedio que cumprir a sentenza xudicial. A sentenza xudicial cúmprese por imperativo da familia, por petición expresa da familia que pide que se lle devolvan os cadros. Ben, suspendéronse dúas veces a entrega dos cadros, por petición expresa da familia, a terceira vez, que foi o día que se fai a entrega deses cadros, a familia ás nove da mañá, unha representante da familia di que está enferma, o cal xa nos parecía que a terceira vez era demasiado. Pero, estamos dispostos a suspendelo pero á hora de chegar alí se presentou cunha acta notarial e se tivo que facer a entrega dos cadros. Dicir que os cadros estaban colgados, se nos esixe xudicialmente que se descolguen, descolgámolo das paredes, se procede segundo as normas da Asociación de Arquiveiros de Galicia e segundo todas as normas, por unha empresa especializada, ó seu embalaxe e cumprindo con todo, cos asesores xurídicos do concello e asesores xurídicos da familia, ben, a miña pregunta é a seguinte, me gustaría saber, que me digan, ¿quen dá o primeiro paso para pedir que o Museo de Pontevedra se faga cargo das obras?, ¿a familia, a Deputación ou o Museo?. ¿Cando se poñen en contacto co Museo de Pontevedra para facer este depósito?, a segunda pregunta. A terceira sería, ¿por que a Deputación, responsable do Museo, non se pon en contacto co concello de Vigo para saber que pasa con esa obra?. Terceiro, quereríamos saber tamén, ¿cales son as condicións dese depósito?, ¿préstamo, depósito, aluguer, compra, etc.?. E cinco, presentáramos unha moción no seu momento pedindo que se devolvan, nas condicións que se determinen, os cadros á pinacoteca de Vigo cumprindo co que é o testamento de Maside. Sr. Presidente.- Moi ben, bueno, todas son preguntas relacionadas con este asunto. Bueno, eu, pero me gusta, bueno, para deixar así unha cousiña, porque para que vamos a perder tempo, ¡ah!, si, di: “La familia Maside acusa al alcalde de Vigo de querer desacreditarlos. Los herederos del pintor, que el día 18 recogieron los cuadros cedidos, tras fracasar las negociaciones entre ambas partes y resolverse por vía judicial la devolución, replican las declaraciones del alcalde de Vigo respecto a como, si, como Abel Caballero firmó la acogida provisional”; dice uno, “da colección Maside polo Museo de Pontevedra hai intereses extraartísticos, é cousa que nós ignoramos, en calquera caso, non nos consta. O que aseguramos como absolutamente falso é que entre nós e a Deputación de Pontevedra, tivera habido contactos ó respecto con anterioridade a que, -bueno, está a redacción así un pouco-, as relacións co concello de Vigo fracasaran definitivamente”, declararon, “la familia, -añadió-, pretende desacreditarnos, involucrándonos en una especie de conspiración con la Diputación para esquilmar Vigo, y opinan que es una estrategia para, -facendo responsables a terceiros-, autoesculparse da importante perda.” Isto di a familia-. A maiores din: “Los herederos tachan de totalmente falso un acuerdo con la Diputación sobre la colección”. A maiores di: “El concello de Vigo no mostró el menor interés por negociar un acuerdo, -señaló un portavoz-, por el que en principio es una vía descartada”. La familia emitió ayer un comunicado muy crítico con la Alcaldía de Vigo, en el que le advierte que, “lejos de sentirnos satisfechos por el resultado favorable, lamentamos que el desinterés mostrado por las autoridades municipales haya derivado finalmente en la privación a la sociedad viguesa de una colección fundamental para la pinacoteca”, titular del Faro de Vigo, vox populi, Caballero, vox populi, Caballero: “La Diputación esquilma Vigo”. Pero eu sei que, co permiso dos compañeiros, Isaura é unha persoa bastante sensata, pero, ¿este alucina polas mañás ou …?, pero, o problema é que non o fai con isto, faino con moitas máis cousas. Porque a pena é que non estiveran aquí todos os vigueses, os 300 mil, non collen aquí, pero que estiveran aquí e escoitaran todo isto, porque é un espectáculo o que nos ofrece este señor, porque a pena é que non está penado o calumniar, debería estar penado, debería ter un paso por algún sitio, para que dalgunha maneira lle permitira penar, porque a cabeza e a boca deberíase ter para facer comentarios, sobre todo cando somos persoeiros públicos, ¿verdade?, pero, que Isaura pregunte por isto, e ademais Isaura sei que ten constancia de que isto é unha cuestión que Isaura coñece perfectamente como foi todo isto, e polo tanto, eu sei que a Isaura ó mellor lle mandaron, “oe pregunta alí a ver como …”, pero Isaura é unha persoa sensata, a pena é que os sensatos non sexades maioría, porque se forades maioría, oe, pois ó mellor podíamos ata chegar a algún tipo de acordo, pero nós, e ademais hoxe pasounos igual que o día 21, o 21 O, pasounos ós dous, dáse a casualidade de que aí o amigo Cesáreo Mosquera, e máis algún máis, dicían, nada, van a retiralas obras do Museo, todas as coleccións privadas e tal, resulta que non é que nolas retiren, cada día veñen máis. Polo tanto, agradézolle ó Sr. Mosquera o que fixo, de sensibilizar el e máis, que el non fai esas cousas pero algún que andaba por aquí por cerca facía aquilo de, “oe, hai que atacar ó Presidente da Deputación porque di que quere eliminar o tal”. Entón, foron chamando por aí a todos e uns lle dixeron, “oe, eu podo ter unha boa relación co concello de Pontevedra, pero eu contra a Deputación non teño nada, e polo tanto, ese tema se está levando ben e non teño ningún problema, se tedes problemas políticos arranxádeos vós”. Polo tanto, quérolle dicir a todos eses, xa, agora que pasou o punto, e como xa non hai medios aquí, xa non hai ningún problema. Polo tanto, xa, que podía habelo feito cando estaban os medios, pero non, fágoo agora, que, Sr. Mosquera, cando fagan así cousas, comentarios deses, se agradecen, porque, xa digo, non nos cansamos de recibir obras no Museo, non temos espazo para meter as cousas, non é como o Museo ese efímero, que está convertido nun basurero, e tamén lle dou unha opinión, é certo que Pontevedra é extraordinariamente atractiva, e polo tanto, xa teñen un basurero na entrada, e agora quérenlle meter ó lado un crematorio, a verdade é que a combinación, pero bueno, despois seguro, xa sei como é a súa forma de actuar, seguro que culparán, ¿non?, é que é a Xunta de Galicia que non quere. Primeiro, non fan o Plan Xeral en trece anos, despois din, “non, é a culpa da Xunta de Galicia, que non quere facer nada en Pontevedra e tal, tal”. Pero bueno, entón, a verdade é que os dous, ambas as dúas formacións políticas, con este asunto Maside-Museo, pásalle o mesmo que o 21-O, non conectan coa realidade, están fóra da realidade, e claro, despois temos as alucinacións do fenómeno, con isto facemos un mixto que, o que pasa é que a min non me fai falta contestar eu, porque xa contestaron, un, dous, tres, e demais, xa contestou toda a familia, e polo tanto, home, podería eu contestar a maiores pero non é necesario, xa está contestado. Dona Isaura. Sra. Abelairas Rodríguez.- Vou a gastar a voz, home, non, creo que a acabo de recuperar agora mesmo, de todas formas só se … algúns. A primeira pregunta, Sr. Louzán, e agora estou falando en serio, e me gustaría que algún día me responderan, é, ¿por que razón a prensa se marcha cando chega o apartado de rogos e preguntas?. Xa sei que son libres, xa sei que son libres. Sr. Presidente.- Eu non lle mandei, ¡eh!. Sra. Abelairas Rodríguez.- Xa sei que son libres, xa sei que son libres, para algo se lle dan as subvencións e se lle firman os convenios. Sr. Presidente.- ¡Eh!, non, non, ¡eh!. Sra. Abelairas Rodríguez.- Para algo, Sr. Louzán, teñen que vivir tamén os medios de comunicación, tamén teñen que vivir os medios de comunicación, e ademais dígollo porque teño unha filla no paro, precisamente pertence ós medios de comunicación. Bien. Sr. Presidente.- A min me houbera gustado que estiveran. Sra. Abelairas Rodríguez.- Vale, eu non o interrompín, veume a voz, aproveitei para que me viñera a voz, aproveitei para que me viñera a voz. Teñen que vivir, e viven diso, que tamén, xa lle digo, teño unha filla no paro que pertence ós medios de comunicación, vale, porque todos están cerrando. É que, Sr. Louzán, non sexa que vaia a morrer de éxito, non sexa que vaia a morrer de éxito, perdóeme, despois seguimos o tema, e ademais nesa comida, que vai a pagar, imos a pasalo ben; non morran de éxito, miren, hai unha cousa, de verdade, que eu son, caracterízome por todo o que queira, Sr. Louzán, menos por mentir, caracterízome por todo o que vostede queira, menos por non aceptar as regras do xogo, caracterízome por todo o que queira pero o respecto institucional me gusta mantelo ata o final, non me gusta, o acaba de dicir vostede, “este señor alucina polas mañás”. Mire, este señor é o alcalde de Vigo, e como alcalde de Vigo lle pediría o mesmo respecto que eu, que eu, lle teño a vostede como Presidente da Deputación, non me gustou iso, espero que o teña en conta e non o tome como algo persoal. Pero mire, o tema Maside, a min é que me doe especialmente, ¿sabe por que, Sr. Louzán?, porque houbo, alcaldes do PSOE, alcaldes do Bloque, alcaldes do PP, que tiñan que ter resolto ese problema e lle tocou a unha concelleira, ¡déixeme acabar a min Sr. Louzán!, lle tocou a unha concelleira e as preguntas que lle fago, fágollas con coñecemento de causa, e non me vou a meter coa familia, porque non me quero meter coa familia, a familia pode dicir Misa, eu pido, o que di a Deputación e o Museo de Pontevedra, porque eu sei en canto foi valorada a obra, e sei canto se ofreceu e eu sei o que pide, por iso non quero meterme coa familia, precisamente vivo na calle Pintor Carlos Maside, fíxese onde vivo eu, estou pensando que ó mellor habería que cambiarlle o nome, porque igual se revolve na tumba. Quero dicirlle con isto, Sr. Louzán, que cando eu collo o problema e cando collo un problema, neste caso me ben, a sentenza xudicial é o que me cae nas mans, estudo o que pasou ata aí, e sei a valoración que fixo o concello de Vigo no seu momento, a oferta que fai de compra no seu momento, a valoración que está feita de toda a obra de Maside e o que pedía a familia para que se quedara. Por iso, lle van as miñas preguntas, quero dicir que, non me fale da prensa, que a lin, lin perfectamente todo iso, sei o que opina a familia, seino Sr. Louzán, tamén sei, como fomos tremendamente escrupulosos, á hora de facer a entrega dos cadros, como, como se facía, cumprindo con toda a normativa, nomeando o cadro, descolgando, mostrándollelo á familia, embalando diante deles, e como me caeu a alma directamente ós pés, e choraba, o Director máis eu, lágrimas de verdade, choraba e se tivo que ir, porque metían os cadros apilados nos maleteiros de dous coches, sinceramente, Sr. Louzán, por aí non, respóndame ás miñas preguntas, respóndame as preguntas que lle fixen, porque creo que como responsable, neste caso, da pinacoteca de Vigo, polo menos, merezo que se me responda. Sr. Presidente.- Oe, eu, Dona Isaura, eu lle pido a vostede un mesmo respecto, porque eu o que dicía do alcalde de Vigo, eu represento a esta institución, e polo tanto, non quero que se manipule ningún tipo de información, ¿eh?, e non vou a tolerar nin iso nin nada, e vou a dicir iso e máis vou dicir, probablemente, algún día vou a dicir bastante máis, porque se el ten o mesmo respecto pola institución que eu teño de Vigo, a ten que ter por esta casa, e vostede sabe, mellor que nadie, que el non pode utilizar a palabra esquilmar cando el ten unha sentenza de devolución deses cadros, e cando vostede sabe que eles víronse que terminoulle o prazo, que non tiñan onde depositalos e chegaron ó Museo de Pontevedra. ¿Vale?. Bueno, pois polo tanto, esas historias, é que vostedes protéxense sempre detrás do mesmo, e que hai que respectar, o primeiro que ten que saber respectar é el, e vostede o que pretende esta mañá aquí e xustificarse, a min non ten que xustificárseme de nada, e eu o que estou dicindo é o que di a familia, a familia propietaria dos cadros, e polo tanto, a min non se me xustifique, xustifíquese diante da sociedade viguesa que foi dalgunha maneira á que lle prohiben, ou que, dalgunha maneira, á que lle acaban de sacar os cadros de alí, que se houbera un alcalde que soubera negociar con calquera, pero é que non negocia con nadie, como non negocia con nadie, non sabe negociar, pois, ten ese problema, ó non saber negociar e vivir enfrontado con todo o mundo, ¿a onde imos?. E claro, e despois inda por riba, porque dixéramos, é un caso que hai dúbidas, pode ter razón o concello de Vigo, a Deputación ou a familia, non, é que é un caso clarísimo, é de sentenza, e ante todo iso aínda veñen vostedes dicindo, ¿que se respecte a quen?, cando o titular do Faro de Vigo ó día seguinte é que a Deputación esquilma a Vigo, oe, que un señor nos pediu se lle collíamos a obra en depósito aí momentaneamente, e, ¿que lle imos a dicir?, que non, ¿que a deixe tirada na carretera?, ¿ou que?. Pero, a ver se estamos, eu non alucino polas mañás, outros si, e polo tanto, vouno a dicir unha e cincuenta mil veces, xa os veciños de Vigo se darán conta do paisano que teñen ó fronte da alcaldía de Vigo, home, xa se darán conta cando pase o tempo, tranquila, que haberá tempo para que vostede e máis eu analicemos, cando pase todo iso, quen é, neste caso, o que teñen de alcalde de Vigo, que hai que ser minimamente respectable, o que non pode ser é “aquí vale todo”, “vale todo”, bueno, pois se vale todo, evidentemente, xa nos encontraremos, aínda que el non quere encontrarse con nós, xa nos encontraremos co paso do tempo, o tempo poñerá a cada quen no seu sitio. ¡Home!, ¡por favor!, pode haber outro caso que poidamos discutir, “oe, mira, oe, non sei se tes razón ti, teño razón eu e tal”, pero nun caso destes, nun caso destes tan claro e rotundo, ¡vamos, home!, é que é de impresentables, o que pasa é que claro, é o que temos, e iso é un dos moitos máis dos que dalgunha maneira tal, neste tocoulle a vostede porque debe de ser a área que leva vostede, supoño, debe ser. E polo tanto, se quere xustificar aquí diante miña, diante dos medios de comunicación e tal, pero a min non ten nada que xustificarse, ó mellor vostede lle tocou, probablemente, ese labor, ¿que lle vou a facer eu?, oe, pois eu, ¿que lle vou a facer?. Nós, en todo caso fixemos o que deberíamos, ¿non?, e ademais, estaba eu precisamente no Museo ese día, que estábamos coa inauguración doutra cousa precisamente alí, e eu marchei, porque eu podería estar alí, porque se fora o Alcalde de Vigo seguro que estaría alí na porta, na porta do Museo, aí chega e tal e o Alcalde de Vigo collendo o cadro e poñéndoo no seu sitio, pero eu marchei, marchei porque non estaba a iso, e me din, oe, mira, é que parece ser que non teñen onde depositar os cadros e os queren depositar no Museo de Pontevedra, e lle dixen, “bueno, pois que os depositen”, se hai sitio non hai ningún problema, ¿que problema hai nese sentido?, ¿entendes?. Pero, se fora el, estaría alí na porta, “o Alcalde de Vigo recibe el maná”, pero claro, o maná marchoulle, marchoulle o maná, e despois din, “non, a Deputación esquilma a Vigo”, o que pasa é que é de impresentables, bueno, o que pasa é que pouco a pouco eu creo que os cidadáns de Vigo se irán dando conta do que hai, e vostede, que eu considéroo unha persoa sensata, pois, lle diría, mellor que non se meta neses xardíns, non se meta aí neses xardíns porque non lle dá bo resultado, porque vostede se quere seguir tendo esa credibilidade lle vale máis non meterse neses tinglados. Non sei se hai máis preguntas por aí. Dous minutos, vamos alá. Sra. Abelairas Rodríguez.- Primeiro, que pouco me coñece, Sr. Louzán, que pouco me coñece, moi pouco. Precisamente, estou facendo a pregunta porque é o meu xardín, non sabe como me gusta este tipo de xardíns, encántanme, e repítolle, non vaia a morrer de éxito, é que é a parcela que a min me toca administrar, é que é competencia miña, é que son eu a responsable, e como son eu a responsable, e como estiven dende o momento que collín esa responsabilidade, e como non me quero, repito, non me quero meter coa familia, se quere falamos de mercantilismos tamén, que ó mellor tamén haberá que falalo, mire, lea o que queira da prensa, eu estaba alí, por iso lle pregunto, por iso lle pregunto a vostede como Presidente da Deputación, como responsable do Museo, o que queira, por iso lle fago esas preguntas, só lle pido que me conteste a esas preguntas, e non me vou a meter nese, me quedan moitisimos xardíns para meterme todavía, porque eu creo que estarei xa coa pata noutro lado e protestando aquí, sempre estarei a protestar, sempre, polo que non me gusta, perdón, pero tamén aceptando, aceptando se algunha vez alguén me demostra todo o contrario, pero ata agora, o Sr. Louzán non me dá argumentos, me está botando unha bronca, e eu para broncas xa non estou, para argumentos os que queira, pero para broncas non, porque fíxese, fíxese, está falando de arte, o valor intangible dunha obra de arte é o suficientemente importante como para que unha se quede, cando menos como responsable, que de arte entendo pouco, non son ningunha experta, pero si, algo sei, como alguén se queda un pouco sorprendida cando collen un cadro, despois de estar tratado dende as once da mañá, que era a unha e media cando saíra, embalando un por un e cumprindo con toda a normativa, coas persoas responsables, e o collen e o meten nun maletero, e eu dixen, ata aí ben, non, ata aí ben, é problema del porque é a súa propiedade, logo, me sorprendo cando aparece na Deputación de Pontevedra, e digo, a ver, ¿quen se puxo en contacto antes?, a Deputación, perdón, ¿o Museo coa familia?, ¿a familia co Museo?, ¿por que razón?, e, ¿en que momento?, porque eu estou polo medio, eu estou polo medio falando coa familia, ¿en que momento se me puentea?, ¿en que momento a familia ou vostedes chamaron?, “oiga, teñen aí un libro, dámo para aquí”, esa é a miña pregunta, e esas son as miñas preguntas, só lle pido que me conteste por escrito, nada máis, non lle pedín máis, e non me bronquee máis que hoxe non lle estou eu para broncas. Sr. Presidente.- Pero, é que vostede mesma se está desacreditando, Sra. Isaura, se está desacreditando, ¿pero, como di puentee?, ¿puentee a quen?, se o problema é que vostedes lle levaron os cadros por sentenza xudicial, ¿puentear a quen?, a ver, ¿a quen puenteamos nós?, ¿puentear a quen?, oe, vostedes teñen a posibilidade de chegar a un acordo con eses señores, ¿non chegaron?,. ¡que lles vou a facer eu!, é o seu problema, é o seu problema Sra. Isaura, polo tanto, ¿como di puentee?, e se eles queren levar os cadros, home, o que debería estar orgullosa vostede, que polo menos, senón é o concello de Vigo o receptor diso, que, momentaneamente, o sexa unha institución onde vostede está, aínda que na oposición, pero vostede está, que é o Museo de Pontevedra. Polo tanto, Sra. Isaura, coide esa voz, mellórese, é moi importante ese apartado, pero no outro non vaia a peor, porque polo camiño que van, van bastante a peor. Moitas gracias e moi bos días. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición