ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.514
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2012-09-17_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/2.2012-09-17_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2012-09-17_Extraordinaria

  • Data(s) 2012-09-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 5 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 17 de setembro de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día dezasete de setembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia de Don José Manuel Figueroa Vila (Vicepresidente), reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Mosquera Lorenzo Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten D. Rafael Louzán Abal (PP), D. José Crespo Iglesias (PP) e Dna. Ornela Fernández Salgado (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6258.- PRONUNCIAMENTO DO PLENO SOBRE A URXENCIA DA SÚA CONVOCATORIA Sr. Figueroa Vila.-Vamos a comezar o Pleno extraordinario urxente, convocado para o pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da súa convocatoria, debido a que, á renuncia dun compañeiro, pois, hai que cumprir a lei e a lei establece que hai que convocar este Pleno e dar conta o Pleno da súa renuncia, polo tanto, vamos a facer o pronunciamento do Pleno sobre a ausencia da súa convocatoria.¿Algunha intervención?, ¿votos en contra?, ¿abstencións?, todos a favor, por unanimidade. a) Parte resolutiva: 2.6259.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR D. JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO Dada conta do escrito presentado con data 14 de setembro de 2012 (con rexistro de entrada nº 26575) por D. José Alberto Pazos Couñago, Deputado Provincial polo Partido Popular elixido en representación do Partido Xudicial de Vigo, nas eleccións celebradas o ano 2011, polo que renuncia ó cargo de Deputado Provincial por motivos persoais. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Vigo proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Vigo en representación do Partido Popular a D. Fernando Guitián Guitián, Dona Paula Bouzós Barros e D. Miguel Fidalgo Iglesias, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. José Alberto Pazos Couñago, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Vigo corresponde cubrir a vacante a D. Fernando Guitián Guitián. Sr. Figueroa Vila.- ¿Algunha intervención mais?. Pois, damos por rematada a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición