ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2013/05/03_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/3.2013-05-03_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/05/03_Extraordinaria

  • Data(s) 2013-05-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 59 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 3 de maio do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas e cinco minutos do día tres de maio do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria urxente do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste Don Uxío Benítez Fernández (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Damos comezo a esta sesión extraordinaria. 1.6335.- XUSTIFICACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- En principio, é a que suple ó pleno ordinario que debíamos celebrar e non se celebrou, e que entendemos que por asuntos que hai, pois debemos poñer en marcha á maior brevidade, e polo tanto, así iniciamos, como digo, esta sesión extraordinaria. ¿Votamos entón a xustificación?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase, por unanimidade, a urxencia desta sesión. 2.6336.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Punto número 2 da orde do día. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, do 25 de xaneiro e 22 de febreiro. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. Digo que desculpe a asistencia de Uxío Benítez por atoparse fóra. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 25 de xaneiro e 22 de febreiro, de 2013. a) Parte resolutiva: 3.6337.- AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DO CONCELLO DE GONDOMAR NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE XESTIÓN TRIBUTARIA DA TAXA POLO SERVIZO DE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE LIXO Sr. Presidente.- Ben, terceiro punto. É ampliación da delegación do concello de Gondomar na Deputación de Pontevedra das facultades de xestión tributaria da taxa polo servizo de recollida do lixo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Gondomar na sesión celebrada o día 15 de xaneiro de 2013 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación, sanción, así como a revisión dos actos e actuacións ditadas en virtude de ditas facultades, sobre a taxa polo servizo de recollida domiciliaria de lixo. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo concello de Gondomar para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación, sanción, así como a revisión dos actos e actuacións ditadas en virtude de ditas facultades, sobre a taxa polo servizo de recollida domiciliaria de lixo. 2. Esta delegación do concello de Gondomar será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 08/06/2012, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Gondomar así como os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Gondomar para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación, sanción, así como a revisión dos actos e actuacións ditadas en virtude de ditas facultades, sobre a taxa polo servizo de recollida domiciliaria de lixo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6338.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DA CAÑIZA NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO Sr. Presidente.- O punto número 4. Delegación do concello da Cañiza na Deputación de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do concello. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello da Cañiza na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2013 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación efectuada polo concello da Cañiza para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. 2.- Esta delegación do concello da Cañiza será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 08/06/2012, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Cañiza así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello da Cañiza para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6339.- DELEGACIÓN DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DA ENTIDADE Sr. Presidente.- Punto 5. Delegación da Entidade local menor de Bembrive das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería da entidade. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive, na sesión celebrada o día 13 de marzo de 2013 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da entidade. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación efectuada pola Entidade Local Menor de Bembrive para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da entidade. 2.- Esta delegación da Entidade Local Menor de Bembrive será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 08/06/2012, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio coa Entidade Local Menor de Bembrive así como os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada pola Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da entidade publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.6340.- RECTIFICACIÓN ANUAL DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO EXERCICIO 2012 E INTEGRACIÓN DOS INVENTARIOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS Sr. Presidente.- Punto número 6. Rectificación anual do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación no exercicio 2012 e integración dos inventarios dos organismos autónomos. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bueno, isto, como sabemos, é algo rutinario e anual, pero, neste caso, ten unha característica diferencial en relación a outros exercicios, que é que intégranse os inventarios dos organismos autónomos. Ben, en parte deles, polo menos no Museo, hai, estaba previsto nos seus estatutos que tiña que haber unha Comisión liquidadora, que non se constituíu ou o propio, a Comisión rectora ou a Xunta rectora do Padroado, constituída en Comisión liquidadora tampouco. Entón, obviáronse eses trámites e entendemos, temos moitas dúbidas de que isto estea correctamente feito, temos moitas dúbidas, e se aparece unha entidade de dereito público como era o Museo, ou calquera outra, pois, polo menos, nalgunhas cónstanos que aparecía nos seus estatutos que tiña que haber unha Comisión liquidadora, non se fixo ese trámite. Temos moitas dúbidas, vamos a deixalo aí, por non dicir que posiblemente estea radicalmente mal feito, unha cousa é que sigan os mesmos funcionarios, que siga o mesmo, e outra cousa é que o organismo como tal, que era unha entidade de dereito público, que hai que liquidala e non se fixo, non se fixo ese trámite, simplemente disolveuse pero sen facer ese trámite. Polo tanto, sen querer agora volver a entrar na discusión, porque xa estaba no seu momento, da pertinencia ou non da súa desaparición, en relación a ese trámite, pois entendemos que non está correctamente feito. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Fixemos toda a tramitación conforme ó que nos asesoraron os Servizos xurídicos e de Intervención, polo tanto, non creo que haxa ningún problema senón todo o contrario. Sr. Presidente.- Ben, polo tanto, aprobamos a rectificación anual do Inventario Xeral de Bens, que xa era da propia Deputación, o que pasa que delegara nos organismos autónomos, e que agora pasa, neste caso, á propia Institución provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que o Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 27 de xaneiro de 2012 aprobou a rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos a Deputación de Pontevedra con efectos 31-12-2011 por un importe global de 62.463.154,085 €. Visto o informe do técnico adxunto do servizo de Contratación Facenda e Patrimonio de data 12-03-13 no que resume a información facilitada polos diferentes servizos e centros xestores da Deputación sobre as altas, baixas e modificacións producidas durante o ano 2012 nos bens e dereitos das súas respectivas competencias. Vistos os acordos de disolución dos Organismos Autónomos Museo Provincial de Pontevedra, Escola de Canteiros, Padroado de Turismo Rías Baixas, Organismo Autónomo Local de Xestión de Recursos Locais (ORAL), e Instituto para a Promoción e Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) que, con data de efecto 31-12-12 pasan a integrarse dentro da propia estrutura da Deputación de Pontevedra. Vistos os informes de Secretaría e Intervención de datas 18-03-13 e 20-03-13 respectivamente. Considerando que o artigo 33 do RD 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais (en adiante R.B.) establece que a rectificación do inventario de bens das Entidades Locais debe verificarse anualmente e nel reflectiranse as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos durante dito período. Considerando que o artigo 34 do R.B. establece que a aprobación da rectificación anual do Inventario corresponde ó Pleno da corporación local. Considerando que o artigo 32.1 do R.B. establece que, unha vez se aprobe a rectificación anual do Inventario remitirase copia á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e cos votos en contra do BNG: PRIMEIRO: aprobar a rectificación anual do Inventario de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2012 cunha valoración das altas producidas en dito período por importe de 175.376.466,81 €, unha valoración das baixas producidas en dito período por importe de 426.949,41 €, e unha valoración do Inventario a data 31 de decembro de 2012 por importe total de 237.412.671,45 €, de acordo co seguinte detalle: SEGUNDO: remitir o expediente á Comunidade Autónoma de Galicia e á Subdelegación do Goberno para os efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 32.1 do RD 1372/1986 do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. 7.6341.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE XESTIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN QUE SE PRESTAN POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 7. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación que se prestan pola Deputación provincial de Pontevedra. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Moi breve. Esta é unha bonificación, ou sexa, unha serie de exencións da taxa do ORAL, no punto 1, que gozará dunha bonificación dun 3% na colaboración e na xestión de tráfico ós concellos que, a través do correspondente convenio, emitan a gravación de todas as denuncias de tráfico a través dos medios telemáticos, facilitados pola Deputación de Pontevedra, eu creo que todos podemos estar de acordo nisto. Ás altas por matriculación de impostos de vehículos de tracción mecánica non lle será de aplicación o tipo de gravame de recadación en voluntaria. E tamén, no apartado 3, gozarán dunha redución automática dun 0,50 no tipo de gravame fixado para a recadación en voluntaria ás entidades e ós concellos, delegando os tres impostos sobre actividades económicas, bens inmobles e vehículos de tracción mecánica, que se reducirá dos 3,80 ata o 3,30. Eu creo que é unha modificación que beneficia ós cidadáns e loxicamente tamén prima, pois, a eficiencia e a eficacia na xestión. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, bos días. Pois, esta redución de taxa, pois, é benvida sempre e sobre todo cando se lle baixa os custes ós concellos que teñen transferida a súa xestión dos seus impostos a través da Deputación de Pontevedra, é unha redución cremos que importante, e, polo tanto, a saúdamos positivamente. A pregunta é, ¿estaba a Deputación cobrando en exceso?, ¿a que se debe?, ¿por que esta redución?. Simplemente, saudando positivamente pero saber por que esta diferenza dun mes para outro, ¿non?. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, nós consideramos que este é o momento oportuno debido á situación económica e de crises que estamos a vivir, e que o ORAL tamén, bueno, pois, ten unha xestión eficaz, que se fixo ó longo dos últimos anos, que hai que recoñecela, eu creo que isto tamén é unha cuestión que moitas veces non lle damos a suficiente publicidade, pero a xestión do ORAL, pois, pode permitir que este tipo de bonificacións se poidan levar a cabo. Seguiremos estudando máis de cara ó futuro, porque eu creo que o importante é que os veciños paguen o menos posible, e, loxicamente, tamén o ORAL poida facer unha xestión eficaz. Eu creo que é unha cuestión puramente de decisión política de que custe o menos posible e a decisión técnica pois tamén avala esta decisión. Sr. Presidente.- Bueno, eu creo que está claro o que acaba de dicir o Sr. Figueroa, en todo caso hai argumentos que suman, vamos, en favor desta redución, primeiro, que o volume económico que está manexando este organismo cada ano é maior, ¿por que?, se acaba de ver nos puntos números 3, 4, 5, que cada concello cada día, cada mes, está delegando na Deputación máis capacidade de xestión en materia de tributos, a iso hai que sumarlle os incrementos que houbo de IBI, etc., que fan un montante global moi superior, que permite, precisamente, á Deputación, recadar un volume maior de fondos, o cal, pois, nos leva a poder reducir as taxas, o cal, pois, eu creo que é que hai, en primeiro lugar, unha boa xestión, o cal eu quero trasladar tamén a todo o equipo de traballadores do ORAL, e, vamos, a felicitación polo traballo, e porque creo que así debe ser, e en segundo lugar, que isto vai en beneficio dos cidadáns, canto dunha maneira menos cobre a Deputación máis ingresos van ter os concellos para poder facer maior labor nos seus municipios, polo tanto, eu creo que é, creo que a explicación é moi, moi convincente. Polo tanto, procedemos a esta, aprobamos a modificación da Ordenanza fiscal reguladora. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que no BOP Nº 151 de 7 de agosto de 2012 publicouse a elevación a definitivo do acordo, adoptado na sesión plenaria do día 8 de xuño de 2012, polo que se aproba a ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación que se prestan no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Resultando que no BOP nº 178 de 14 de setembro de 2012 publicouse a elevación a definitivo do acordo, adoptado en sesión plenaria de 29 de xuño de 2012, polo que se declara a disolución do ORAL como Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais, a derrogación dos seus Estatutos con efectos do 31 de decembro de 2012 e, en suma, a integración ou asunción universal do organismo pola Deputación Provincial de Pontevedra. Resultando que da situación actual de crise económica que afecta á sociedade non se encontran exentas as entidades locais das provincias polo que co fin de favorecer o resultado orzamentario das entidades delegantes e, deste xeito, axudar a que poidan seguir prestando os servizos da súa competencia, establécese unha bonificación dun 0,50% na recadación en voluntaria dos impostos de exacción obrigatoria para aquelas entidades locais que reúnan determinados requisitos, de conformidade coas competencias que por lei ten atribuídas a Deputación. Considerando a proposta da Tesourería do ORAL de 9 de abril de 2013 relativa á modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación aprobada polo Pleno provincial en sesión extraordinaria do 8 de xuño de 2012 co fin de adaptar o seu articulado á circunstancia da integración do ORAL como órgano dentro da Tesourería da Deputación de Pontevedra, e de introducir a nova bonificación. Considerando o informe de Intervención de modificación de ordenanzas de data 16 de abril de 2013 que obra no expediente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, e tendo en conta o establecido no artigo 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o previsto nos artigos 15 ó 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, acorda por unanimidade: 1. Aprobar a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación que se prestan pola Deputación de Pontevedra, incluíndo as seguintes modificacións: Primeiro: Modifícase a INTRODUCIÓN no seguinte senso: Onde di: INTRODUCIÓN Este organismo foi constituído con efectos desde o 1 de xaneiro de 1994 data en que asumiu as funcións do Servizo de Recadación xestionado directamente pola Deputación, iniciando a súa andadura coa subrogación do expresado servizo ampliadas con novas delegacións para a xestión, liquidación, inspección e recadación tributaria segundo o artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido la Lei reguladora das facendas locais, ademais das de xestión catastral e constituíndo a prestación destes servizos a actividade básica do organismo, ampliada nalgúns casos a recursos públicos non tributarios. No uso das facultades concibidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 132 en relación cos artigos 15 ó 19 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, aprobado polo R.d.l 2/2004 do 5 de marzo, establécese a taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación dos ingresos de dereito público que lle encomenden as entidades locais da provincia, que se esixirá de acordo ó disposto nesta ordenanza fiscal. Modifícase no seguinte senso: INTRODUCIÓN No BOP nº 178 de 14 de setembro de 2012 publicouse a elevación a definitivo do acordo, adoptado en sesión plenaria de 29 de xuño de 2012, polo que se declara a disolución do ORAL como Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais, a derrogación dos seus Estatutos con efectos do 31 de decembro de 2012 e, en suma, a integración ou asunción universal do organismo pola Deputación Provincial de Pontevedra. De acordo co previsto no artigo 36 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local e no artigo 109 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, son competencias propias da Deputación a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós municipios e, en xeral, o fomento dos intereses peculiares da provincia. Da situación de crise económica que afecta á sociedade non se encontran exentas as entidades locais das provincias polo que co fin de favorecer o resultado orzamentario das entidades delegantes e, deste xeito, axudar a que poidan seguir prestando os servizos da súa competencia, establécese unha bonificación dun 0,50% na recadación en voluntaria dos impostos de exacción obrigatoria para aquelas entidades que reúnan determinados requisitos, de conformidade coas indicadas competencias que por lei ten atribuídas a Deputación. A integración do ORAL na Deputación e a introdución da nova bonificación traen como consecuencia a necesaria adaptación ás novas circunstancias da vixente Ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación, aprobada polo pleno provincial en sesión extraordinaria do 8 de xuño de 2012 e publicada no BOP nº 151 de 7 de agosto de 2012. No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 32 en relación cos artigos 15 ó 19 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, establécese a taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación dos ingresos de dereito público que lle encomenden as entidades locais da provincia á Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que se esixirá de acordo ó disposto nesta ordenanza fiscal. Segundo: Modifícase o artigo 1, no seguinte senso: Onde di: ARTIGO 1: ÁMBITO DE APLICACIÓN A presente ordenanza ten por obxecto ordenar a aplicación da taxa polos servizos que presta o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, e que se refiren a… Modifícase no seguinte senso: ARTIGO 1: ÁMBITO DE APLICACIÓN A presente ordenanza ten por obxecto ordenar a aplicación da taxa polos servizos que presta a Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, e que se refiren a… Terceiro: Modifícase o artigo 4, no seguinte senso: Onde di: ARTIGO 4: SUXEITO PASIVO Serán suxeitos pasivos e contribuíntes desta taxa as entidades locais da provincia de Pontevedra, a propia Deputación de Pontevedra e os seus organismos dependentes, e outras administracións e institucións que deleguen no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais-ORAL as facultades de… Modifícase no seguinte senso: ARTIGO 4: SUXEITO PASIVO Serán suxeitos pasivos e contribuíntes desta taxa as entidades locais da provincia de Pontevedra e outras administracións e institucións que deleguen na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL as facultades de… Cuarto: Modifícase o artigo 8, engadindo o apartado 3: Onde di: ARTIGO 8: BONIFICACIÓNS E EXENCIÓNS 1. Gozarán dunha bonificación do 3 por cento na colaboración na xestión de tráfico os concellos que a través do correspondente convenio emitan a gravación de todas as denuncias de tráfico a través dos medios telemáticos facilitados pola Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL. 2. Ás "Altas por matriculación do imposto de vehículos de tracción mecánica" non lles será de aplicación o tipo de gravame de recadación en voluntaria. Modifícase no seguinte senso: ARTIGO 8: BONIFICACIÓNS E EXENCIÓNS 1. Gozarán dunha bonificación do 3 por cento na colaboración na xestión de tráfico os concellos que a través do correspondente convenio emitan a gravación de todas as denuncias de tráfico a través dos medios telemáticos facilitados pola Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL. 2. Ás "Altas por matriculación do imposto de vehículos de tracción mecánica" non lles será de aplicación o tipo de gravame de recadación en voluntaria. 3. Gozarán dunha redución automática dun 0,50% no tipo de gravame fixado para a recadación en voluntaria as entidades locais que teñan delegados os tres impostos de esixencia obrigatoria e figuren adheridas ó convenio de colaboración catastral asinado pola Deputación coa Dirección Xeral do Catastro, de tal xeito que o tipo de gravame a aplicar reducirase do 3,80% ó do 3,30% para os servizos de recadación en voluntaria dos impostos sobre actividades económicas, bens inmobles e vehículos de tracción mecánica. Quinto: Modifícase a Disposición Transitoria no seguinte senso: Onde di: Disposición transitoria: Aplicación destas modificacións ás liquidacións en curso. As tarifas previstas nesta ordenanza aplicaranse ás liquidacións desta taxa que se aproben a partires da súa entrada en vigor. Modifícase no seguinte senso: Disposición transitoria: Aplicación destas modificacións ás liquidacións ás entidades delegantes. As tarifas previstas nesta ordenanza aplicaranse sobre as liquidacións que se aproben a favor das entidades delegantes a partires da súa entrada en vigor. 2. O expediente de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación que se prestan pola Deputación de Pontevedra, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. 3. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4. Estas modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da publicación do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 8.6342.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE “ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA EP-2404, ACCESO A CHENLO (PORRIÑO)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 8. Aprobación inicial do proxecto de “Ensanche e mellora da estrada EP-2004 Acceso a Chenlo (Porriño)”. Exposición pública do mesmo. Expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Bueno, esta era unha obra que levaba anos de retraso e finalmente con isto nos vai permitir, pois, rematar unha estrada que ata o de agora estaba, pois iso, nun estado non adecuado. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Ensanche e mellora da Estrada Provincial EP-2404 Acceso a Chenlo (Porriño)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 336.328,88 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 310.421,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 25.907,18 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada sobre a estrada provincial EP-2404 Acceso a Chenlo é mellorar a seguridade viaria a través dun ensanche e mellora do trazado actual. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que na actualidade a sección transversal da estrada nas zonas poboadas ten na súa maior parte un ancho insuficiente, que contrasta co tramo interurbano xa acondicionado. Trátase por tanto de homoxeneizar a sección en toda a estrada, polo que se actúa unicamente nas dúas zonas onde o viario discorre por núcleos de poboación. Para iso realizaranse ensanches en zonas puntuais da calzada, ademais de mellorar a seguridade viaria mediante a incorporación de sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Ensanche e mellora da Estrada Provincial EP-2404 Acceso a Chenlo (Porriño)”, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 336.328,88 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 310.421,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 25.907,18 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de completar a seguridade viaria no antedito entronque, resultando necesario acometer as obras de mellora na zona pertencente á vía provincial, eliminando o estreitamento existente e mellorando así a seguridade viaria. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO Relación de Propietarios Afectados e Bens Expropiados Parcela Propietario Superficie Afectada (m2) Bens Afectados 1 Domínguez Alonso, Orcesindo 37 2 Domínguez Roda, José Benito Lugar de Canadelo s/n, Chenlo 36414 - Porriño 21 32 ml bordo 26 ud. plantas ornamentais 35m2 cuberto de chapas 3 Roris Guisande, Cándida Avda. Fragoso nº 20, 2º izq. 36210 - Vigo 27 4 Iglesias Alonso, Cándida Lugar de Cales nº 8, Chenlo 36414 - Porriño 62 5 ud. postes de pedra 5 Gil Domínguez, Vicente Rúa Elduayen nº 23, baixo 36202 - Vigo 124 6 Gil Cortiñas, Jose 37 7 Bouzada Riveiro, Daniel Rúa do Corcho nº 1, Beade 36312 - Vigo 146 8 Descoñecido 7 9 Domínguez Gil, Francisco Lugar de A Quinta nº 2, Chenlo 36414 - Porriño 39 19,5 ml de muro de mampostería de 2m altura 1 ud. de portal de chapa abisagrado de 8 ml 13,5 ml. cuberto de pedra 10 Alves Iglesias, Jonathan Lugar de Cales nº 12, Chenlo 36414 - Porriño 129 35 ml de muro de mampostería de 1,5 m. altura con malla metálica 1 ud. de portal de chapa de corredeira de 3,7 ml 1 ud. de portal de chapa abisagrado de 0,9 ml 40 m2 de emparrado 15 ud. de cepas 11 Pampillón Pérez, Dionisia Lugar de Abas nº 14, Chenlo 36414 - Porriño 19 12 Iglesias Alonso, José Lugar de Canle s/n, Chenlo 36414 - Porriño 16 35 m2 de emparrado 10 ud. de cepas 13 Muñoz Suárez, Atilano Lugar de Abas nº 8 - baixo, Chenlo 36414 - Porriño 368 2 ud. de árbore madeirable 14 Diócesis de Tui-Vigo r/ Doutor Corbal nº 90 36207 - Vigo 75 9.6343.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO FRONTE Ó ACORDO PLENARIO DE DATA 22 DE FEBREIRO DO 2013, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO DE “ACONDICIONAMENTO DA INTERSECCIÓN DA EP-8503 CORDEIRO-SENÍN COA N-550 (VALGA)” E SE APROBABA DE FORMA DEFINITIVA O PROXECTO Sr. Presidente.- Punto número 9. Resolución do recurso de reposición interposto fronte ó acordo plenario de data 22 de febreiro do 2013, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto de “Acondicionamento da intersección da EP-8503 Cordeiro-Senín coa N-550 (Valga)” e se aprobaba de forma definitiva o proxecto. Igual que a anterior, obras que son necesarias e que finalmente con isto, pois, aprobamos de maneira definitiva o proxecto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Acondicionamento da intersección da EP-8503 Cordeiro–Senín coa N-550 (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 62.357,42 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 47.516,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 14.134,32 euros, ten por obxecto o remate das obras de ampliación da devandita estrada provincial. En datas recentes o Ministerio de Fomento levou a cabo obras de mellora ó seu paso polo concello de Valga, punto no que se mellorou a zona do enlace da N-550 coa estrada provincial EP-8503 Cordeiro–Senín. Co fin de completar a seguridade viaria no antedito entronque, resulta necesario acometer as obras de mellora na zona pertencente á vía provincial, eliminando o estreitamento existente e mellorando así a seguridade viaria. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do concello de Valga, en varios xornais da localidade e sendo notificados individualmente os afectados, presentáronse alegacións que foron desestimadas polo acordo plenario de data 22 de febreiro de 2013. Fronte a este acordo interponse recurso de reposición por parte de D. José Bascoy Meniño, que é informado polo Servizo de Infraestruturas. É por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución do recurso de reposición interposto fronte o acordo plenario, de data 22 de febreiro do 2013, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto e aprobábase de forma definitiva o proxecto, segundo o seguinte detalle: Desestimar o recurso de reposición interposto por D. José Bascoy Meniño, en calidade de propietario da parcela afectada nº 1, en base ós seguintes fundamentos xurídicos: O recurso potestativo de reposición interponse por D. José Bascoy Meniño, en calidade de propietario da parcela afectada nº 1, no expediente de expropiación derivado do proxecto “ACONDICIONAMENTO DA INTERSECCIÓN DA EP-8503 CORDEIRO–SENÍN COA N-550 (VALGA)” persoa lexitimada para iso e ante o órgano competente para resolver o mesmo. Dito recurso preséntase o 12 de abril de 2013 fronte ó acordo adoptado polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra de data 22 de febreiro de 2013, e notificado con data 13 de marzo de 2013, en consecuencia en tempo e forma ó abeiro do disposto no artigo 117 de la Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro que establece o prazo de un mes para interpoñer recurso de reposición se o acto fora expreso. En relación coas cuestións plantexadas no recurso de referencia estímase o seguinte: 1.- Alegacións respecto á declaración de necesidade do proxecto. Sinálase no recurso de reposición que “…Ya existe un tramo de acera en el otro lado de la vía … y que el lugar apenas es transitado por peatones… y que la colocación de aceras en dicho lugar es un desaprovechamiento de los recursos públicos… no se comprende la necesidad de la obra ni su urgencia…”.”…el sistema de contención de vehículos no será suficiente para evitar el choque de vehículos contra la vivienda del exponente…” a)Segundo os informes dos enxeñeiros autores do proxecto, non é certo que o “ancheamento” da estrada teña unicamente “efectos estéticos de harmonización”, xa que a esencia da obra e a súa finalidade é a construción dun tramo de beirarrúa que falta ó longo da estrada e que vai permitir mellorar as condicións da seguridade viaria dos peóns nese punto. Ó mesmo tempo, dotarase á estrada, nese tramo, dunha banda de aparcamento, que posibilitará ademais afastar o carril de circulación de vehículos da beirarrúa, reforzando, novamente, a seguridade dos peóns. Segundo os estudos realizados previos á elaboración do proxecto, a inversión a realizar na EP-8503, en aras de garantir a seguridade viaria nesta zona, xustifica, sobradamente a necesidade de ocupación da superficie afectada, porque a Deputación de Pontevedra, entende que a seguridade viaria nas estradas da súa titularidade é un dereito a protexer que está por encima, xuridicamente, de calquera interese privado. b) Alega a falta de protección da vivenda respecto á circulación, e reitérase que a finalidade do presente proxecto é dotar de beirarrúas ó tramo sinalado, co que a protección queda asegurada. Ó mesmo tempo, dotarase á estrada, nese tramo, dunha banda de aparcamento, que posibilitará ademais afastar o carril de circulación de vehículos da beirarrúa, aumentando as condicións de seguridade da vivenda con respecto ó estado actual. 2.- Alegación relativa á relación de bens afectados. “…en cuanto a la relación de bienes afectados en la descripción de garaje no se incluyen las ventanas laterales de la construcción que se verán afectadas por la expropiación…” Neste punto cabe resaltar que, coa notificación e traslado ó interesado do acordo plenario de data 28 de decembro de 2012, polo que se adoptaba inicialmente o acordo de someter a información pública o proxecto e o expediente de expropiación, establecíase un prazo de quince días hábiles a efectos de posibles reclamacións e que, de acordo co establecido no artigo 4.1.d) da Lei 7/85, artigo 2, 10 a 21 e 52 da Lei de Expropiación Forzosa, así como os artigos 56 e 58 do seu Regulamento, este considérase o momento procesal para alegar sobre os bens afectados. No escrito de alegacións presentado polo interesado a este acordo plenario inicial, de data 30 de xaneiro de 2013, non se fai ningunha referencia ó respecto. Con todo, na relación de bens afectados relaciónase 24,04 m2 de garaxe, que inclúe todos os elementos construtivos do mesmo. 10.6344.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A ADOPCIÓN DE DETERMINADAS MEDIDAS RELACIONADAS COAS PREFERENTES Sr. Presidente.- Punto número 10. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a adopción de determinadas medidas relacionadas coas preferentes. Non sei quen ten a palabra. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Ben, esta é unha moción que chega a este Pleno, que nós o Grupo Provincial Socialista presentamos para se debatera no pleno de marzo. Polo tanto, e ademais cun pouco máis de retraso porque estaba na orde do día do Pleno de abril, que foi, precisamente, que non se celebrou, pois, porque polas protestas dos propios afectados e afectadas por esta estafa das preferentes e das subordinadas. Polo tanto, a pesares de que houbo cousas que pasaron dende que nós presentamos a nosa moción, pois non se coñecía que porcentaxe lle ían a facer de quita nas preferentes, nin que lles ían a cambiar a porcentaxe restante por accións. Polo tanto, non a adaptamos, evidentemente, porque se descoñecía iso, pero, o que si está claro é que o que está vixente a día de hoxe é o que nós propoñiamos a primeiros de marzo, que se trata e cremos, creíamos e cremos, que se trata dunha decisión política que ten que tomar o goberno do Estado para tomar unha posición decidida que solucione o problema. E é unha decisión política moi contraria a que fixo o goberno de Mariano Rajoy cando presentou e aceptou o memorandum antes as autoridades comunitarias que, para facilitar o rescate financeiro do noso país. E sabemos que, basicamente, foi aceptar que os preferentistas eran inversores, non eran aforradores, de xeito que tiñan que soportar unha quita dos seus diñeiros como se foran accionistas das caixas de aforros para que Bruselas nos financiara con eses 40.000.000 millóns de euros para sanear as entidades financeiras. Tampouco é cuestión de abondar no pasado porque agora é a búsqueda de solucións para estes aforradores que viron como as caixas de aforro nacionalizadas se quedan co seu diñeiro. Por iso, consideramos dende o Grupo Provincial Socialista que a única solución real sería obrigar ó fondo de garantía e depósitos, ese fondo dotado co propio diñeiro da banca, que teña a obriga de resarcir ós afectados polas preferentes. Dúas son as cantidades que se barallan de afectados aquí, entre setecentos e oitocentos millóns de euros. E, os propios afectados propoñen fórmulas, ademais, para recuperar os aforros, entre elas o recuperar o 20% en cinco anos dos seus depósitos. Polo tanto, reiteramos que é unha decisión complicada pero nós tamén propoñemos nesta moción outra saída posible, que ó igual que se aprobou un fondo de 40.000 millóns para rescatar a banca, se prevea un fondo, un fondo, tamén para que estes aforradores estafados poidan recuperar os seus aforros. Polo tanto, cremos que dende a Deputación de Pontevedra debemos facer algo máis que o que fixemos o último Pleno, que é falar cos afectados, boas palabras por parte do Presidente, pero seguen sen ter a solución ó alcance da súa man. E creo que, como veciños e veciñas nosos que son, debemos darlle unha resposta, a primeira poñermos á súa disposición, todo o aparato da Deputación, xurídico, de información, para que poidan tramitar as súas reclamacións. En segundo, facerlle fronte ás taxas desas reclamacións xudiciais para aquelas persoas que non poidan facer fronte a elas e polo tanto non poidan facer as súas reclamacións. E tamén, e tamén, como non, como non, poñerse do lado deles na presión política, na presión política. Eles non piden outra cousa, non son violentos, o vimos aquí, son persoas, cidadáns que foron estafados e o que fan é defender os seus dereitos, e polo tanto, o que nós debemos insistir, insistir, é de que se dea esa solución política, porque se a houbo para rescatar á banca ten que habela tamén para devolverlle os aforros deses estafados. E miren, isto, a eles a verdade é que as cousas lle veñen sempre complicadas, porque se lle complicaron máis coa fusión das caixas de aforro. E hoxe estamos a ver como ese tan cacareado sistema financeiro galego, que íamos a ter, forte, solvente, e vemos como hoxe os titulares son que posiblemente se queden como filial dalgún fondo porque van a ser vendidas. E a diferenza é que mentres outras entidades bancarias, como foi o caso do Pastor, están devolvendo e devolveron as preferentes ós seus clientes. Polo tanto, si que é posible facer cousas, e tamén se están vendo agora as consecuencias de decisións tan negativas, neste caso para os das preferentes, pero tamén para este país, como foi esa fusión das caixas de aforro. Polo tanto, insistimos nos tres puntos que nós propoñemos, na nosa moción de marzo, que é: “Instar ó Presidente da Xunta de Galicia, a D. Alberto Núñez Feijoo, pola súa responsabilidade política sobre a situación das caixas galegas, para que faga xestións ante o goberno do Estado para que impoña ó fondo de garantía de depósitos a reversión do capital investido en preferentes e subordinadas”; segundo, instar ó Presidente do Goberno, D. Mariano Rajoy, a promulgar un Decreto que recolla o pago polo Fondo de garantía de depósitos das cantidades das preferentes sen ningún tipo de quita. E, terceiro, dar conta deste acordo do Pleno ó Presidente da Xunta de Galicia e ó Presidente do Goberno. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Quere o Sr. Mosquera falar. Sr. Presidente.- Di que despois. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, vamos a ver, eu creo que este é un tema demasiado importante como para utilizar a demagoxia e utilizar a manipulación de datos, de información e de antecedentes. Creo que estamos todos de acordo, que estamos falando dun dos problemas máis importantes que ten agora mesmo a nosa sociedade, tanto na provincia, en Galicia, como en parte de España, e, loxicamente, todos estamos aquí para intentar resolver e buscar unha solución, solucións positivas, o que pasa é que, D. Santos Héctor, é moi difícil poñerse no seu lugar para facer a defensa desta situación, desta situación, unha situación que, vostedes teñen os datos, e sabe que nove emisións vixentes de preferentes cinco foron entre os anos 2005 e 2008, nun goberno bipartito na Xunta de Galicia, que podía ter a responsabilidade política correspondente, pero, sobre todo, tanto no Banco de España como a Comisión Nacional do Mercado de Valores, pois mirou para outro lado e fixo caso omiso desta situación. Hai, é certo, case mil novecentos millóns de euros en NovaGaliciaBanco, máis de trescentos foron recuperados, pois quince ou dezaseis mil casos están resoltos, ou case dezasete mil. A Xunta de Galicia foi a que dende o primeiro momento intentou dar solucións a estes problemas e sobre todo a través da arbitraxe, arbitraxe que moitos de vostedes, en declaracións que teño por aquí, que tampouco fai falta agora recordar, e tamén moitos dos afectados, sobre todo das plataformas, máis que das plataformas, de algúns, en concreto, de plataformas que están utilizando isto dunha maneira mediática e dunha maneira partidista política. Creo que ese é o erro, pois, dixeron que non, dixeron que non a arbitraxe, boicotearon a arbitraxe, dixeron que esa non era a solución, e ó final, bueno, pois, houbo un goberno da Xunta de Galicia que si creu nesa solución, a arbitraxe, e esa solución foi o que máis ou menos foi paliando a situación actual que estamos a vivir nestes momentos. Creo que senón se houbese dado a arbitraxe a problemática e a situación sería aínda moitísimo peor, moitísimo peor. Polo tanto, eu creo que hai que recoñecer, se todos somos sensatos, pois, esta primeira parte ou esta parte onde o goberno da Xunta de Galicia si que fixo o que tiña que facer e, loxicamente, resolveu o problema pois a unha cantidade importante de persoas, que os datos están aí, máis de dezaseis mil, case dezasete mil, que agora mesmo teñen resolto o seu problema. ¿Que quedan un número importante?, evidentemente, ¿que temos que seguir traballando por eles?, tamén, evidentemente que temos que seguir traballando. Pero, eu creo que hai unha serie de cuestións que tamén hai que trasladar á opinión pública, é dicir, o traballo está feito, coherente, quedan moitos pasos por dar aínda para resolver o problema na súa totalidade, sobre todo aqueles que se distinguiu claramente na arbitraxe que eran aforradores, entre aforradores e inversores, os aforradores cremos que teñen toda a razón e son persoas e colectivos e familias que, loxicamente, hai que resolverlle este problema, pero, en calquera caso o que vostedes non é de recibo, é que intenten agora trasladarlle a responsabilidade a un partido político que, loxicamente, non foi o que causou ou iniciou este problema. Vostedes saben claramente que o Banco de España era gobernado por un representante do seu partido, a Comisión Nacional do Mercado de Valores tamén presidida por responsables do seu partido, e, evidentemente, eu creo que debían de ser un pouco máis prudentes, un pouco máis cautos á hora de trasladar este problema á opinión pública. Dito isto, todos estamos na liña de buscar solucións, todos estamos na liña de buscar resposta ás demandas que está plantexando a sociedade, e, sobre todo, volvemos a repetir que, a maioría, a maioría desas persoas teñen razón, foron estafadas, foron roubadas. Pero tamén hai que deixar aquí enriba da mesa que hai algunhas persoas, algunhas, que se poden contar cos dedos dunha man, que están utilizando e que están facendo disto un aproveitamento político, sindical e un aproveitamento que non ten nome, non ten nome porque as institucións tamén teñen, na representación que temos todos nós, que facer o seu traballo, e o que non é, non se pode permitir baixo ningún concepto é o que está sucedendo, boicoteando a institucións que representan a todos os cidadáns, e sobre todo atacando a persoas concretas que non teñen ou non tiveron absolutamente nada que ver con ese problema. É unha actitude moi cobarde, arrinconar a responsables políticos, a alcaldes, a concelleiros, que non tiveron absolutamente nada que ver neste asunto e que, loxicamente, están traballando e así nos consta a todos da mellor maneira posible para que este tema teña solución. Eu creo que a eses personaxes, a eses personaxes que forman esa especie de comando, que están dirixidos, que están orquestados, eu lle pediría, ou nós lle pediríamos que deixen ós demais que fagan o seu traballo, que deixen ós demais colectivos que o fagan, por suposto, que se manifesten, que dean a súa opinión e que intenten reivindicar o que lle corresponde como non pode ser doutra maneira, pero o que non é de recibo, e todos xa o sabemos, eses catro, cinco ou seis personaxes, que están desvirtuando o que é o problema real e que o único que están facendo é utilizando a un número de persoas importantes única e exclusivamente para un aproveitamento político. Que mezquindade, esa é unha mezquindade absoluta e sobre todo atacar ás institucións e atacar ás persoas. Polo tanto, nós estamos na disposición de, dentro da cordura, de propostas razoables, responsables, facer e exercer toda a presión que sexa necesaria, evidentemente, para que se poida resolver este problema. Pero tamén é certo, primeiro, que nós non fomos os causantes deste problema e hai que dicilo, Sr. Santos Héctor, hai que dicilo, os que gobernaban eran vostedes e vostedes, loxicamente, teñen que asumir a parte de responsabilidade que lle corresponde. ¿É certo que hai que buscar solucións?, si, evidentemente, ¿é certo que hai que resolver os problemas que se están plantexando?, na medida das nosas posibilidades nós temos que seguir traballando para que así poida ser e así se poida facer, pero baixo ningún concepto tampouco imos a permitir que catro ou cinco desvirtúen a moitos miles de persoas de familias que, loxicamente, foron estafadas, foron roubadas, e que teñen o dereito a manifestarse, o dereito a protestar, o dereito a reivindicar, pero nunca eses catro ou cinco ou seis que manipulan e intentan confundir e ó final atacan ás institucións, atacan ás persoas e creo que ese non é o bo camiño. Polo tanto, nós dentro do traballo que se está a facer e así se fai e se segue facendo a través da Xunta de Galicia, dentro da arbitraxe, dentro das subvencións que se lle deron a moitas familias xa, vamos a seguir traballando. Polo tanto, este é, seguramente, un problema que vai a ter o seu recorrido a medio e longo prazo, temos que seguir traballando todos, día a día, pero o que non podemos é que catro ou cinco manipulen o que están facendo ben o resto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bueno, podemos dicir isto como queiramos. Eu creo que o que menos precisan agora, e nolo dicían aquí no Pleno anterior os afectados, estafados, era de que, quizais o que menos precisan nestes momentos é que nos andemos a botar uns a outros as culpas, pero dito isto, pero dito isto, un non pode deixar de dicir algunha cousa que é verdade, que é a realidade. E miren vostedes, señores do Partido Popular, Sr. Figueroa, en 2003 e en anos anteriores gobernaba o Sr. José Mª Aznar, e as preferentes que caducan en 2018 foron vendidas nesa época, miren vostedes, miren vostedes. Sr. Presidente.- Subordinadas. Sr. Rodríguez Díaz.- Subordinadas, preferentes e subordinadas. Miren vostedes como non se pode, como non se pode votar para adiante porque se volve tamén contra un. Entón, nas súas etapas se venderon preferentes, se venderon subordinadas, e nas etapas que gobernábamos nós posiblemente que tamén, menos no bipartido aquí, e hai datos. Pero mire, aquí o que dicían os afectados-estafados, e o escoitamos todos, eu polo menos puxen moita atención, dicían algo así como que o Presidente da Deputación lles prometera axilizar as arbitraxes para que lle devolveran os cartos antes das eleccións autonómicas, e, curiosamente, en canto pasan as eleccións autonómicas, as arbitraxes se ralentizan dunha maneira incrible, e o dixeron aquí, ninguén llo desmentiu e todos tivemos oportunidade de utilizar o micrófono aquí con eles, e nesa asemblea, nese acto que tivemos aquí, e ninguén llo desmentiu, eles o que piden é que se lle devolva os seus cartos, e reitero, poñen fórmulas para que se lle devolvan os seus cartos. Eu creo que andar con, pois, posiblemente haberá comportamentos que nós tamén non estamos de acordo, por parte dalgún destes que están nas plataformas, pero eu creo que esa é a anécdota, o fondo da cuestión, o fondo da cuestión é de que hai un memorandum do goberno do Partido Popular, do Sr. Mariano Rajoy, onde en Bruselas lles di, para rescatar a banca, lles di que estes son inversores, que non son aforradores, fíxense vostedes, se os houberan declarado aforradores non teríamos este problema, ó mellor habería que pedir, en vez de corenta mil millóns habería que pedir corenta e oito mil millóns, pero houbéramos rescatado todos, houbéramos rescatado ós aforradores estafados e houbéramos rescatado tamén á banca. Nós nos mantemos nesas trece a ademais seguimos propoñendo, estes estiveron tamén en Bruselas, expoñendo o seu caso, e nós tamén a través do Grupo Socialista no Parlamento Europeo, tamén propuxemos e así foi aceptado, de que as medidas de axudas a estas vítimas de fraudes bancarios como as preferentes, que non se consideren axudas de Estado, é dicir, para facilitar de que o goberno do Estado poida tomar medidas, poida tomar esas decisións políticas que veñen reclamando estes aforradores, como digo e insisto, estafados, e o que piden é que lles devolvan os seus cartos, que se active como mínimo ó mesmo ritmo de antes das eleccións as arbitraxes, que están parados, os datos que hai, que un vai conseguindo daquela maneira, pois, coñecemos que hai unhas sesenta e dúas mil seiscentas noventa e seis reclamacións solicitadas e que se atenderon, que se atenderon doce mil catrocentas noventa e seis reclamacións. Fíxense se aínda, señores do Partido Popular, se aínda quedan reclamacións e quedan persoas por devolverlle os seus cartos. Nós nos mantemos na nosa proposta, na nosa proposta resolutiva, que figura na moción que presentamos, e pedimos, ademais, ós tres grupos pois que, consecuente co que aquí se dixo tamén, ós representantes e ós afectados das preferentes, que a votemos a favor. Porque o que non vale é dicir, estamos a facer, pero, ¿que é o que estamos a facer?, ¿que é o que está a facer a Deputación para solventar este problema?. E, se está facendo algo saber que é o que fai, e tamén, a pregunta é se vai a facer algo máis. E pola nosa banda o deixamos aquí. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Ben, este é un tema que veu por este Pleno varias veces, e veu varias veces de maneira directa e indirecta, veu para tratar o das preferentes, pero viñeron asuntos antes bastante importantes, ou sexa, todo ten a súa historia. Creo que non está mal recordarnos de cando nomeamos representantes en Caixanova, resulta que eran, tiñan que ser elixidos dixitalmente polo Presidente, e, quitando este grupo aceptóuselle esa determinación, porque había que despolitizar as caixas, había que darlle todo o poder habido e máis tal ó Sr. Galloso. Bueno, todos temos culpa tamén aquí neste Pleno, por ter feito, por ter aceptado esas prácticas que viñan determinadas dende Madrid e dende Santiago de que había que despolitizar as caixas, bueno, se chega a haber un control político medianamente serio, como non o houbo, o que houbo, do Banco de España ou da Comisión do Mercado de Valores, pois non funcionaba, e o que podía haber das institucións promotoras desas caixas, pois, anulouse cunha teoría absolutamente estrambótica, porque creo que os representantes políticos mentres foron ningún se dedicou a levar tres ou catro millóns ó ano por estar no consello de administración nin barbaridades dese calibre, que, quen mandaba, non se sabe a santo de que, pois resulta que o fixo. Ben, podíamos ir por aí e entón estaríamos nunha situación, pois, de analizar e de botarlle a culpa a non sei quen. Veu aquí tamén, cando o da fusión das caixas, verdade, ben, fíxose referencia a iso. Vamos a ver, cando se creo o FROB, creo que a memoria non debe ser tan fráxil, e está nas actas, era nidio, claro, evidente, que a intención era reducir de maneira drástica o número de caixas, primeiro, e, segundo, quitarlle a súa base territorial. Creo que senón nos falla a memoria esa era a intención. Polo tanto, e de feito veuse, desapareceron todas, polo menos como implantación territorial, quitando La Caixa, as vascas, e houbo un intento desesperado que foi o que fixo “catacrá”, de que Madrid tamén tivera a súa base territorial con Bankia, as demais estaban sentenciadas por un deseño entre a gran banca e o goberno do Estado. E houbo un intento en Galicia, non sei se afortunado ou non, non sei se sobran contas ou non, de que polo menos salvar a primeira andanada que era que xa foran controladas dende fóra as caixas galegas xa da primeira volta, polo menos que se fusionaran entre elas, a ver, aínda que había moitos temores, e díxeno neste Pleno cando se discutiu aquilo, de que, ollo, que vai vir a segunda volta que é, fusiónense ou non, van intentar controlalas dende fóra, que é o proceso no que estamos, pero non nos esqueza a primeira parte, que se unha estaba máis san, outra estaba menos san, se unha tiña tosferina ou outra tiña tuberculoses. Chispas, había un deseño de cargarse, co eufemismo, a base territorial, está publicado, publicitado e escrito, e de feito, pois, era declaracións que hai que sacarlle e demais. Estamos falando da época que estamos e non nos esquezamos, non nos pasemos, non nos esquezamos da memoria e do que sucedeu, porque entón reinterpretamos a realidade segundo convén e de maneira tremendamente sesgada. Obviamente, puido seguir outra vía, puido seguir, que Caixagalicia fora controlada por Bankia e que Caixanova fora controlada por Caixaastur ou por Kutxa ou por quen fora, e xa estaba, xa non estábamos discutindo iso porque xa estaban controladas dende fóra. Vale, entón xa, na primeira volta xas perdíamos, vale, aguantamos a primeira volta, pero, estaba claro que ían ir e que a segunda ían a caer, porque a min as contas tampouco me casan, incluso as cifras que se manexa por volume de aforro non é ningunha traxedia e eran perfectamente solventes se se quixeran, con problemas, si, pero salvables, salváronse outros sectores infinitamente máis deficitarios e máis caros segundo convén. Por certo, as caixas alemanas non hai orde de trincalas, se lle aplican as normas de aquí hai que trincar á maioría, pero a Merkel ben que as protexeu e non se trincan, ou sexa, que as normas están para cumprir a quen conveña, a quen conveña ou feitas á medida de quen conveña, ¿verdade?, e así estamos nesta situación. Claro, dito isto se empezamos buscar culpables e solucións, pois igual a solución é irse do euro e que vaian a mandar a quen lle conveña, e non que nos impoñan a quita dende europa e cousas polo estilo, e ás caixas alemanas non, a que si, bueno, ese sería un posicionamento político de fondo e moito máis fecundo, pero, deixando xa todo isto, porque creo que había que repetilo porque senón se está sesgando a realidade, e se a culpa foi do cha, cha, cha, porque se realmente as preferentes foron mal comercializadas, si, ninguén lle preocupou e ninguén fixo nada ata que, resulta que, todo o mecanismo de control e de facer quebrar e reorganizar, vamos, as caixas, leva a esta situación incluso con solucións impostas e que no fondo supoñen un segundo paso, ou sexa, primeiro é o control da xestión do aforro galego, que, obviamente, hai unha decisión de externalizalo e darllo á gran banca, e, segundo, xa non lle chegou con iso e agora hai un saqueo directo, un roubo directo do aforro, ou sexa, aforro vía preferentes e subordinadas. Ben, o outro día estiveron aquí os afectados, creo que tiveron, e o que nos temos que referir, creo que tiveron un comportamento bastante correcto, tiveron un comportamento correcto, pero nós o que entendemos, ou a mensaxe que quixemos entender, e creo que foi a que mandaron, aínda que hai, obviamente, incluso as intervencións deles pois foron, en certo modo, senón contraditorias polo menos non coincidentes, claramente non coincidentes, pero a mensaxe que quixemos entender, o que nos demandaban, era que a institución como tal fixera xestos claros de poñerse de lado deles, polo menos que sentiran a solidariedade e que sentiran o apoio da institución. Obviamente, esta institución, e díxeno aí, naquel momento dixémolo aí, a institución non é quen de resolverlle o problema, obviamente que non, pero si é, si é quen, si é quen de, facer medidas, que se poden entender simbólicas algunhas, e outras máis que simbólicas, pero facer medidas para que se note claramente que están de lado deles, ou sexa, que lles axude a facer presión a quen ten que resolver o problema ou poida, polo menos, avanzar na solución. Fixemos a oferta o outro día de, digamos, facer un comunicado ou o que sexa, un plantexamento da institución nese senso. Sei que non é fácil, sabemos que non é fácil, que pode haber diferenzas, pero hai unha serie de cuestións que si, que si se poden facer, que poden, algo que demandan eles nos concellos, creo que tamén saíu aquí o outro día, por exemplo, que o Presidente da Deputación pida unha entrevista co Ministro, ¿verdade?, porque pedírona os alcaldes, déronlla, non lla deron, dan largas, está claro que non queren, digamos, usar a figura dunha entrevista formal para, digamos, darlle dimensión ó problema, e pode, pois, como, igual que fixo, por exemplo, os concellos do Morrazo e o de Pontevedra, apoiar e incluso convocar manifestacións, pode apoialos, e medidas deste tipo, que, digamos, fagan ver ós afectados que esta institución, digamos, se pon de lado deles, non, dicir “é que estamos facendo todo o que podemos”, bueno, xa sabemos das limitacións da Deputación ou dun concello para facer, a favor deles, son moi pequenas ou ningunha, pero é que se sintan arroupados e que se está na mesma, no mesmo barco, que se está apoiando, que se está de lado deles, esa foi a mensaxe que quixemos entender o outro día e que reiteramos e estamos abertos a facer un acordo, facer unha proposta, chegar a un acordo para que iso se sinta. Eles tamén, creo que dunha maneira, relativamente utópica, pretenden, piden que ata onde poidamos vaiamos todas as forzas políticas na mesma dirección. Nos recollemos ese guante, dende logo, non fomos nós quen fixemos a normativa do FROB, votamos en contra, de feito, nin tivemos responsabilidades en nada disto, pero isto non nos exime de intentar chegar a acordos e intentar, digamos, transmitir mediante asuntos concretos que poida facer esta institución, ou acordos, dirixirse a outras, pois facerlle sentir, porque hai xente que está moi desesperada, moi, moi desesperada, e ás veces non resolverlle o problema, porque non podemos como Deputación, pero si que se sintan arroupados de que estamos no mesmo lado, pois creo que sería un dato positivo. Entón esa é a proposta que fixemos o outro día, esa é a proposta que volvemos a facer hoxe, que reiteramos hoxe aquí e que agardemos que sexamos capaces, sexamos capaces, a poder facer esa proposta conxunta para, digamos, para o que dixemos antes, para que os afectados, que hai casos que é mellor non relatar, porque son absolutamente demenciais, pois sintan que a institución se pon de lado deles. Independentemente do que dicía o Portavoz do PP, que se hai nalgúns casos, nesta institución creo que non sucedeu, de que poida haber, digamos, persoas que exalten máis os ánimos ou o exalten menos, dos afectados, ou cousas ou razoamentos dese tipo, creo que non sucedeu nesta institución, creo que a demanda é a nosa proposta. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, a nós nos parece ben a posibilidade de buscar un manifesto conxunto, é dicir, aquí o espírito que temos no noso grupo é, loxicamente, seguir traballando na solución dun problema grave. Creo que o viñemos demostrando ata agora, pero bueno, tamén hai que facer ás veces antecedentes porque senón, loxicamente, parece que aquí os que están intentando facer as cousas ben tamén son criticados e aqueles que as fixeron mal pois parece que se van de rositas, é dicir, as cousas son como son e punto, e aí hai uns feitos obxectivos, de datos, de emisións de preferentes, da arbitraxe que non se quixo, e aquí hai clara unha cuestión, cando a Xunta de Galicia implantou por primeira vez o tema da arbitraxe e se empezou a falar da arbitraxe todo o mundo negou esa posibilidade, todos, todos menos a Xunta de Galicia e o noso partido. Os demais dixeron que era inviable, que esa non era a solución, e agora resulta que o curioso do tema é que se está pedindo a arbitraxe, polo tanto, eu creo que tamén hai que recoñecer o traballo das persoas que o fixeron ben e que, loxicamente, bueno, pois redunda en beneficio de todos. Pero, dito todo isto e todas estas cuestións, nós estamos dispostos a, se é posible, a unha decisión que sexa razoable e coherente, loxicamente, pois a apoiala e conxuntamente entre os tres grupos políticos, se é posible, senón é posible, pois, loxicamente, bueno, pois cada un proporá a que considere máis convinte. E, por suposto, Sr. Mosquera, eu creo que tamén había que facer nesa manifestación pois un rechazo a esas situacións violentas, que persoas que non tiveron nada que ver que están sendo afectadas dunha maneira clara, eu xa non digo os que representamos ós cidadáns e os que temos cargos públicos, pero, hai moitas persoas que están nos nosos entornos que, loxicamente, bueno, pois están sufrindo as consecuencias dunha situación que creo, que estou totalmente convencido, que é unha minoría moi minoritaria, moi minoritaria, que se conta cos dedos dunha man, pero que tamén o están facendo, eu creo que hai que rechazar esas situacións, todos estamos traballando, dentro de posturas coherentes e razoables, para buscar a solución, pero, iso de vir ou ir ós sitios e reventar por que si, e ter aptitudes que non corresponden, eu creo que tamén temos que, loxicamente, rexeitalas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Nós non desvirtúamos o obxecto da moción, nós estamos, como Grupo Provincial Socialista, de acordo en poder facer un memorandum, pero nese memorandum que poidamos poñer que é o que está a facer a Deputación agora mesmo e o que vamos a comprometernos a facer, porque claro, dicir de apoio, dicir que estamos con eles, iso xa o saben, é dicir, pero, ¿que podemos?, é dicir, nese memorandum teremos que poñer algo que a eles, vexan realmente que esta administración provincial, pois, de verdade fai algo por eles, máis que solidarizarse e dicir de que teñen moita razón, é dicir, algo teremos que poñer nese memorandum. Nós así llo dixemos aquí, que estabamos de acordo a tratar de facer un memorandum, pois que puidera, un acordo dos tres grupos que puidera ser votado, e fora útil, e non vamos a estar en contra nin moito menos, ¿non?. Eu, para rematar, e non querer abrir moito máis debate, pero, claro, aquí no tema da fusión das caixas uns estiveron máis que outros, uns dicían que era a gran caixa galega, o gran aforro galego, e se defendeu a fusión, e ademais moito, con moita forza, houbo tamén unha auditoría de KPMG, e non sabemos se nesa auditoría se advertía das preferentes e subordinadas que había nas dúas caixas, se fixo unha lei urxente de caixas en Galicia para forzar a fusión, porque Caixanova non quería esa fusión, porque sabía que era a desaparición, Caixanova houbera feito un CIP, que foi demonizado tranquilamente, con outras caixas que hoxe seguen vivas como caixas, e houbéramos tido ese aforro galego aquí, non o houbéramos perdido, e eu creo que agora o que non se pode é pretender reescribir aquilo que está nas hemerotecas e en moitos debates nos que participei eu defendendo a continuidade de Caixanova a través dun CIP, e que outros moitos cuestionaban e que a fusión era con Caixagalicia, unha caixa que estaba quebrada e que sabíamos que o que facíamos coa fusión era quebrar as dúas, pero claro, pasa como cos aeroportos, como vai ter Vigo unha caixa solvente e Coruña non tela, pois agora pasa o mesmo, é dicir, un aeroporto galego, pero o aeroporto de Vigo, o noso aeroporto que se zafe, se pode. Entón, claro, as cousas están aí, van quedando, e dende logo, non podemos obvialas, non podemos obvialas, como non podemos obviar que tamén na Xunta de Galicia o Sr. Feijoo formaba parte dun goberno antes do 2009, onde tamén se comercializaron preferentes e subordinadas, é dicir, eu creo que é, no que temos que agora estar e como facemos para que a estes aforradores e a estas aforradoras que foron estafados se lle reintegren os seus aforros, nada máis, non hai outra, non hai outra discusión. ¿Cal é o camiño?. Nós dicimos de que o camiño é unha decisión política. ¿Quen a pode tomar?. Quen goberna nestes momentos. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Só un par de minutos. Home, Sr. Santos Héctor, eu creo que o fixo ben na primeira parte, pero agora, exculparse absolutamente de todo ó seu partido do que pasou, pois, evidentemente, non llo podemos permitir, non llo podemos permitir porque nos parece unha manipulación e intentar confundir á opinión pública e intentar confundir á cidadanía. Mire, se precisamente o que máis preferentes emitiu foi NovaCaixaGaliciaBanco ou naquel momento Caixanova, era precisamente porque a situación que tiña era para capitalizarse e por iso necesitaba diñeiro para inflar o seu capital para a situación caótica que tiña. Polo tanto, non reabramos outra vez ese debate porque ese debate é un debate moi complexo e que, loxicamente, vostedes teñen unha responsabilidade importante, porque supoño que o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores tería algo que dicir a todas estas cuestións, ¿ou pasaban por aí ou estaban aí postos nos cargos por que si?. Home, eu supoño que vostedes, ¿quere resolver o problema?, bueno, pois vamos a intentar mirar para adiante, pero o que non poden facer vostedes é botarlle as culpas ós que non tiñan capacidade de decisión no momento que se emitiron o maior número de emisións de preferentes. Iso me parece grave, me parece intentar vostedes esconder a cabeza debaixo da ala e non afrontar o problema. Vostedes teñen que afrontar a responsabilidade que teñen e a que tiveron neste tema, punto, e ata aí eu creo que é o que corresponde, porque senón, evidentemente, teremos que reabrir todo o debate e outras situacións que vostedes defenderon, os directivos das caixas tamén, é dicir, con esas indemnizacións multimillonarias, etc., etc., bueno, pois non falemos de todas esas consideracións porque senón, evidentemente, reabrimos un debate onde supoño que o Partido Socialista tería moito que dicir, ou tivo moito que dicir, o que pasa é que pasaba por alí e miraba para outro lado. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, vamos a ver, é que se vamos por esta liña non chegamos a ningún lado, aquí cada un, a desgraza de fondo é que cada caixa maquillaba as contas, igual que os bancos por outro lado, segundo lle petaba, ¿verdade?. Bueno, pero, e xa expliquei antes, non me remito, pero claro, se vamos un pouquiño antes, é que resulta que Caixanova engordou porque o goberno de Fraga obrigou a CaixaOurense e a CaixaPontevedra a integrarse en CaixaVigo, claro, entón, ó final resulta que, claro, todo o que sexa engordar, por certo, cunhas prácticas despois con respecto á xestión, que practicamente varreu todo staff directivo das outras caixas e quedou só a de Vigo, ¿verdade?. Claro, entón, empezamos a darlle voltas para atrás, para adiante, non sei que, todo o que, petrificamos no momento, cando nos convén e demais. Mira, repito, e díxeno neste Pleno, polo tanto váiase ó 2010, cando se discutiu isto aquí e demais, hai un intento de paparse as caixas galegas, daquela non se falaba de buratos, aínda non se falaba de déficit, de ningunha, estaban as dúas fantasticamente ben, unha mellor que a outra, todas estaban bárbaras, había non sei que, Caixagalicia tiña negociado con Bankia, a outra con non sei que, pero todas estaban bárbaras, bueno. Hai un intento, unha decisión de laminarse o aforro galego e sacar para fóra o seu control, o primeiro paso é intentar fusionalas, pero foi un paso, se se quere, á desesperada para salvar que xa a paparan daquela. Bueno, resulta que veu o segundo paso, esta vindo, que é papalas agora. Bueno, se as contas son reais ou non, eu creo que nin o saberemos nunca, pero dende logo, non o pintemos desa forma. Ben, repito, eu perdinme un pouquiño na primeira exposición no sentido de que ó haber este cambio, que xa hai o Real Decreto e demais, non sei se o PSOE mantén exactamente a moción tal e como está ou lle cambia algo, porque pareceume que non coincidía pero igual si, igual é unha cuestión. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor, pregúntalle o Sr. Mosquera se vai a cambiar algo do texto ou non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, a moción que presentastes a parte resolutiva era exactamente a mesma que está na moción ou cambiastes algo … Sr. Rodríguez Díaz.- Non, non, é a mesma que está na moción, pero nós estamos dispostos, o dixemos, a acadar un consenso que serva para que a estes afectados se lle poidan devolver os cartos. Que non temos … non temos mocións concretas, non temos … Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Bueno, eu creo que estamos diante dun dos temas máis importantes dos últimos tempos en Galicia e en particular en Pontevedra, e, polo tanto, é a nosa obriga estar, evidentemente, non de palabra senón de feitos, ó lado dos que están sufrindo este gravísimo problema. Pero bueno, en todo caso eu creo que si é bo dicir a verdade destes feitos, en relación a algúns comentarios que se fixeron, creo que non é bo volver atrás, pero bueno, en todo caso facer algunha matización, se preguntaba, se facía mención de quen eran os que formaban parte dos Consellos de Administración, creo que había un Presidente dunha Deputación en Galicia que formou parte e ata a última hora e ata o último momento, e resulta que era socialista tamén el. Pero bueno, eu creo que non é momento de entrar en ese tema, porque iso, xa digo, foi fai pouco tempo e polo tanto non nos vai levar a nada. Si dicía, neste caso o responsable, o portavoz do Partido Socialista, que non sabía que estaba pasando neste momento cos laudos arbitrales, se había, non había, ou se habían ralentizado. Creo que descoñece a mecánica dos laudos arbitrales, por parte da Xunta de Galicia hai posto e se están poñendo todos os medios humanos posibles para se hai que celebrar trescentos laudos arbitrales ó día se celebran, pero para celebrar laudos arbitrales quen ten que enviar as reclamacións é o propio banco, se o banco non envía máis das que ten enviado agora mesmo pois vamos a celebrar as que se poden celebrar. Pero o importante, que os datos que dixo o Portavoz socialista non coinciden, e os datos son reales, de onte, agora mesmo hai dezaseis mil reclamacións aceptadas por NovaGaliciaBanco para pagar, o que equivale a douscentos oitenta e cinco millóns de euros devoltos a día practicamente de hoxe. Isto si é facer cousas, devolverlle a todos os galegos douscentos oitenta e cinco millóns de euros, pois creo que é unha magnífica xestión, pero magnífica xestión que ten que seguir, e que niso é no que está traballando o goberno de Galicia, e polo tanto, vaia dende aquí, primeiro a felicitación polo traballo, pero tamén ó mesmo tempo a esixencia de que este traballo debe continuar, debe continuar, xa digo, dezaseis mil solicitudes ou reclamacións aceptadas xa polo banco, polo tanto, cerca dun 30% desas sesenta mil setecentas cincuenta e tres reclamacións recibidas, neste caso, no Instituto Galego de Consumo, sesenta mil setecentas cincuenta e tres reclamacións recibidas, que nos permiten que dezaseis mil xa teñan aceptada a súa devolución. Polo tanto, pois eu creo que estamos entre ese 25 e 30% que aínda é insuficiente, temos que ir a máis e, polo tanto, vamos, neste caso, a ir a máis. Estes son os datos de verdade e, polo tanto, non se ralentizou en ningún caso, cando o banco mande máis casos, cantos máis mande máis se van a resolver, gracias, tamén hai que dicilo, a que todos os casos enviados neste caso ó Tribunal de arbitraxe foron favorables, tamén hai algunhas reclamacións xudiciais que foron favorables, e por parte desta institución imos a estar ó lado, evidentemente, das persoas que están sufrindo esta estafa e dicir que, bueno, pois hai outras administracións que o Portavoz do Partido Socialista se pregunta, oe, pois, ¿que pode facer?, haberá que preguntarse, primeiro, ¿que podemos facer?, non ¿que fai?, senón ¿que podemos facer dende esta administración?, é coma se eu lle pregunto a vostede, ¿que pode facer o ayuntamiento de Vigo?, ou, ¿que pode facer o ayuntamiento, neste caso, de Pontevedra?. Bueno, pois podemos facer o que debemos como responsables públicos que é estar ó lado duns miles de persoas que foron estafadas e que, polo tanto, deben ter toda a nosa solidariedade e dende aí, como estamos facendo e como fixemos en reiteradas ocasións, trasladar ás autoridades competentes toda a nosa forza para que se lle poida devolver ata o último céntimo de euro a todas aquelas persoas que foron estafadas, que neste caso, por desgraza, foron, como acabo de ver agora aquí, das que hai feita a reclamación, sesenta mil setecentas cincuenta e tres persoas que sufriron, precisamente, esta estafa, este roubo masivo, que nunca, nunca, se debeu haber producido en Galicia. E iso é o que vamos a facer, polo tanto, como sobran palabras e o que debemos é poñernos todos manos a la obra e ó lado das persoas é o que dalgunha maneira vamos a facer a partir de agora e estamos facendo dende hai moitos meses xa. D. Cesáreo Mosquera, ¿quedoulle algo no tinteiro?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, claro, é que o asunto é tan claro nestes momentos que calquera razoamento fai aguas. Vostede acaba de facer un razoamento dicindo, “a Xunta está disposta a facer as arbitraxes pero NovaGaliciaBanco non nos manda”, claro, pero NovaGaliciaBanco non os manda porque o FROB non lle deixa, e o FROB que eu sepa é un organismo político dependente do Estado, claro, entón, é que fai aguas por todos os lados, ben, esa era unha primeira cuestión. E a segunda cuestión, non resolver o asunto das preferentes e poñendo estas condicións de quitas e demais é un mecanismo, nós entendemos que absolutamente intencionado, de cargarse definitivamente as posibilidades de NovaGaliciaBanco. Obviamente, calquera xestor autónomo é razoable, de NovaGaliciaBanco, prefería devolver todas as preferentes antes que o dano que lle está facendo o problema das preferentes á propia viabilidade do banco. Pero é que claro, non haberá que repetilo vinte veces, se teñen que devolver mil cincocentos millóns, ese dano patrimonial de ter que pagar eses mil cincocentos millóns, que xa os colleron no seu momento, é infinitamente menor co dano de imaxe e de retirada de fondos e de posibilidades que lle está provocando. Pero o FROB non lle deixa, volvemos ó mesmo, volvemos ó mesmo, é un problema estritamente político, pero por aí podíamos seguir razoando ata a extenuación e cremos que o asunto está bastante claro. Ben, nós repetimos o mesmo, quero dicir, evidentemente, a moción do PSOE, claro, “instar ó Goberno a promulgar un Decreto”, pero é que xa o promulgou, agora será derogar ese Decreto, non ten outra, derogar ese e facer outro, ou sexa que, habería que cambiala, sen entrar nas … bueno, habería que cambiala, e o outro día aquí, en certo modo, diante de todos os afectados adquirimos un compromiso de facer algo, nós fixemos as aportacións, podemos facer máis, non sei se podemos chegar a este acordo, adoptar algún tipo de medida. Sr. Presidente, eu comprendo que está nun embolado, porque hai alcaldes seus que convocan unha manifestación no Morrazo, alcaldes seus que suspenden Plenos, alcaldes que se enfrentan, alcaldes que puideron sufrir algún tipo de presión, e sufríronas, outros que procuran, digamos, levar, ou sexa, que se poñen, suspenden o Pleno e se poñen de acordo con eles, claro, en certo modo dentro da provincia e en toda esta dinámica vostede ten que inclinarse para un lado ou para o outro, claro, e parece que lle custa, e de feito fala, fala, falamos, pero non tomamos unha postura clara, é dicir, bueno, pois vamos a sentarnos un cuarto de hora a ver se facemos un acordo, adoptamos este, este e este; despois vostede pide unha entrevista con De Guindos ou pon unha pancarta aquí diante en solidariedade, o que sexa, algo concreto non o acabamos de ver, non o acabamos de ver, claro, vostedes teñen maioría, ou sexa que votar calquera cousa sen un compromiso seu de que aceptan ou van a tomar tal ou outra postura, pois bueno, é unha votación no Pleno e sairá o que sala, pero, o outro día parece que adquirimos outro compromiso todos, parece, ou polo menos quedamos con esa impresión, isto parece que é dar largas, ou sexa, que estamos aquí todo o tempo que faga falta, pero parece que é un dar largas, entón parece que por un lado si, ben, pero, exactamente, esta institución como tal, e polo tanto depende de vostedes que teñen maioría, exactamente, ¿que medida concreta acorda, estamos dispostos a acordar para cumprir co compromiso que, máis ou menos, adquirimos o outro día aquí cos das preferentes?. E iso, hai que coller un texto, hai que escribilo, que así no Pleno e un fárrago que é, vamos, levamos dez minutos a escribilo ou non, votamos, iso é decisión súa porque teñen a maioría, entón, é o que estamos agardando porque o resto podemos seguir aquí hasta, todo o día falando e sacando cifras e non sacando, obviamente esas cifras son, dixo vostede ben, os que reclamaron, bueno, e os que non reclamaron, que tamén hai un bo lote, todos coñecemos, ou sexa, ben, podemos seguir dando voltas á fusión e máis á historia, e máis ó FROB e máis á Unión Europea, o que sexa, pero, en concreto, ¿que facemos?, ¿que acordamos?. Sr. Presidente.- Bueno, tranquilo niso Sr. Mosquera, que, neste caso, os alcaldes do Partido Popular están ó lado dos afectados, e vostede dicía que, nada, os do Morrazo van facer unha manifestación, claro, os do Morrazo van a facer unha manifestación, alcaldes do PP tamén, e unha vez que vostedes se enteraron que ían facer unha manifestación, oe, nós tamén, primeiro nós, poñémola o día 10 e despois eles que a fagan o 16. Polo tanto, aquí todas as accións que se fagan benvidas sexan, se hai que manifestarse aquí ou onde sexa non vamos a ter ningún problema en, neste caso, en que se fagan, porque creo que é un dereito democrático e sobre todo ante unha reclamación xusta, de xustiza, e solidaria. Por iso que niso non teña ningunha dúbida que os alcaldes, xa digo, dende o primeiro momento, excepto con aqueles casos onde houbo manipulación, pois estiveron sempre ó lado, e neste sentido, igual que xa falaba vostede agora, e falamos tamén con vostede disto, eu emprázoo como habíamos feito, porque despois da xuntanza do outro día, a que a través da Xunta de Portavoces busquemos ese consenso necesario para que todas aquelas medidas, sen entrar naquilo de que, bueno, por ejemplo, o outro día, no concello de Poio, que está aquí moi preto, houbo unha reprobación, neste caso era unha reprobación ós deputados do Partido Popular, bueno, acordouse no Pleno declarar non gratos ós deputados do Partido Popular, e pregúntome eu, oe, en todo caso, ¿habería que reprobar tamén ós deputados do Partido Socialista que estaban no goberno e que admitiron a venta deste produto, por exemplo, digo eu, ou pedir a dimisión tamén dos deputados que formaban parte do Grupo Socialista cando o Partido Socialista estaba no goberno, que, foron moitos anos, e autorizaron a venta deste produto, do Banco de España e todos eses señores, que cobraron cantidades tal, oe, tamén haberá que pedir a dimisión deles, digo eu, porque andar con estas cuestións políticas, nós o que temos que estar é un paso por encima porque esta non é unha cuestión política, esta é unha cuestión de defensa lexítima duns intereses duns afectados que se viron lesionados gravisimamente porque as autoridades competentes non actuaron cando debían e isto nunca, nunca, se lle debeu haber vendido a persoas, que neste caso, hoxe, son tenedoras de preferentes e subordinadas. E iso foi unha neglixencia e, polo tanto, unha mala praxis que se produciu aquí, e a iso, pois xa digo, cando, eu creo que temos que ser, diríamos, maiores de idade todos e, polo tanto, non entrar nese xogo político, non, hai que dalgunha maneira declarar persoa non grata ós, pois haberá que, persoa non grata, como digo, ó goberno anterior, ó actual, e ós actuais e a todo o mundo. Agora, ¿queremos buscar de verdade unha solución, ou queremos presionar entre todos para unha solución a este problema?. Pois si. Entón, aparquemos a disputa política, aparquémola e centrémonos no problema, centrémonos de verdade no problema, e a partir de aí, pois, cada un pon a súa proposta encima da mesa, aquí houbo unha, díxoo o Portavoz do Partido Popular claramente, que foi poñer en marcha un Tribunal de arbitraxes, bueno, oe, se devolveron trescentos millóns de euros, para ser exactos douscentos oitenta e cinco millóns de euros, claro, esta foi unha proposta que camiñou e foi frutífera ata o de hoxe, ata o día de hoxe. Polo tanto, hai máis medidas que adoptar, por suposto, haberá máis e intentemos buscalas todas. Vostede, Sr. Mosquera, dicía e dicía ben, que só con mirarlle á cara de moitas persoas ou mirar os perfís ou mirar unha serie de cousas que é máis que lamentable ver como persoas están sufrindo o que están sufrindo agora mesmo por iso. Bueno, pois deixemos, polo tanto, a un lado o debate político e centrémonos na defensa destes miles de afectados que temos na provincia de Pontevedra e en toda Galicia. E, cando deixemos aparcada a política, pois xa digo, creo que será bo para todos, da outra maneira creo que non faremos moito, non faremos moito, porque eu creo que agora a sociedade pide debate de altura ante un gravísimo problema que ten a sociedade galega, que é este, amén doutros, que tamén están sendo gravemente lesivos para a situación económica e social deste país. Polo tanto, eu emprazo, neste caso, como habíamos falado, e creo que segue vixente, que os Portavoces dos tres grupos políticos poidamos seguir traballando en facer unha proposta conxunta, trasladala a onde sexa, e que se nos vexa como responsables públicos útiles para a sociedade, e non na defensa lexítima dos intereses partidistas do Partido Popular, do Partido Socialista ou do Bloque Nacionalista Galego. Creo que ten que estar por encima de todo, de todo iso. Polo tanto, ¿quere a palabra?. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, moi breve. O primeiro de que afortunadamente esta é a terceira vez que debatemos este tema das preferentes e a nosa moción, a do Partido Socialista, serve para manter este debate e para manifestarnos cada un os nosos posicionamentos. Nós, un pouco respostando ó que dicía o Sr. Mosquera, bueno, pois se hai que promulgar un novo Decreto, que promulgue o goberno un novo Decreto, é dicir, pero, en todo caso que recolla as demandas dos que están a reclamar. En segundo lugar, nós non temos ningún problema en poder tratar de chegar a un acordo, un consenso, o dixemos aquí, llo dixemos ós das preferentes, pero que non sexa soamente unha carta de boa vontade, que teña algo máis de contido que boa vontade, e nese senso nós o que pediríamos é que se vote a moción e que poidamos tratar esa redacción dese manifesto ou de apoio, pero que debía contar con algún contido máis que de boas intencións de cara a eles. E eu creo que debemos felicitarnos por ter este debate, eu, evidentemente, agora non vou a entrar en cousas que se dixeron agora ultimamente, que, evidentemente, non estou de acordo porque creo que está suficientemente debatido e en todo caso que lles poida ser de utilidade a todos estes aforradores estafados pois neste foro. Sr. Presidente.- Moi ben. Pois, votamos a moción e emprazámonos a seguir, porque eu sei que xa houbo traslado de información para os grupos políticos en relación a diversas propostas que se van a seguir debatendo na Xunta de Portavoces, e poder chegar, como digo, fóra de intereses partidistas, a facer propostas na defensa dos intereses dos afectados de preferentes e de subordinadas. Polo tanto, votamos o punto número 10. Sr. Mosquera, dígame. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, paciencia temos infinita e creo que somos correctísimos, agora, aí, cando se falta á verdade, pois non o podemos pasar. Ese compromiso de que os Portavoces imos a traballar cóvado con cóvado, a seguir traballando, mire, ata agora non traballamos nada, ou sexa, non se nos convocou a ningunha reunión para facer nada parecido ó que se está falando, e non sei exactamente que dificultade hai para, o outro día xa pegou unha larga cambiada aquí na reunión, non quixo que se fixera un acordo o outro día, e agora outro, unha semana despois outra larga cambiada. Non é certo, non é certo, ou sexa, hai toda unha serie de medidas que, vamos, hoxe á mañá pediron, ó Portavoz do BNG que se lle comunicaran, comunicámosllas, non sei se están de acordo ou non están de acordo, soamente hai unha que parece que non está de acordo, das que se din, que é o de repudiar, ala, pois quítase, pero, ¿están de acordo nalgunha?, ou, van seguir dando voltas e seguimos traballando con ahínco, aquilo, “seguimos a traballar”. A ver, sexamos un pouco serios, hai acordos, a ver, ¿están dispostos como institución a apoiar a Manny red 016?, e non se me vaia polos cerros de Úbeda, é dicir, non, é que en Poio propuxérono, bueno, ¿é que?, anda que cousas peregrinas, e en Vilagarcía propuxeron que se se xuntan tres das subordinadas ou non na rúa pois poidan multalos. Empezamos a enganchar por aí, e bueno, sacamos, aquí podemos pasar ata pasado mañá de cuestións que se puxeron por aí, unhas máis acertadas, outras menos, unhas máis peregrinas e outras menos. Vale. Pero, ¿en concreto que?, a ver, como institución provincial estamos dispostos a poñer unha pancarta aí colgada dicindo “Preferentes, subordinadas, ¡solución Xa!”, sen máis, non se mete con ninguén, non fai política. ¿Estamos dispostos a apoiar á administración?. ¿Está disposto a pedir unha entrevista?, que supoño que ó Presidente … non lla darán, porque ós alcaldes parece ser que non lla están dando, … cousas dese tipo, pequeniñas, pequeniñas pero concretas e reales, ¿están dispostos ou non?, ou seguirán os Portavoces traballando, iso non, iso non, polo menos que quede claro. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, vostede parece que non tivo moitas reunións cos portavoces das plataformas, porque non se entera moito diso, nós todas as semanas temos reunións con eles, nós estamos falando todos os días con eles, ¿que lle parece?, vostede non, vostedes queren unha fotito, unha fotito de pancartita, ¿non?, pero eu todos os días, o martes estiveron aquí, e non hai ningún problema en que, como non vamos a escoitar, agora, se vostede me di, non, hai que repudiar ós deputados do Partido Popular, e haberá que repudiar ós deputados do Partido Socialista que autorizaron a venda deste produto, e máis ó Presidente do Banco de España, e máis ó da CNMV nese momento. Queremos, a ver, ¿facemos política ou buscamos solucións?, por favor, por favor, Sr. Mosquera, non, temos que van os do Morrazo que queren facer unha manifestación o día 16, nós temos que ir antes, vamos o día 10, vamos alá. Os cidadáns non, están preocupados, non é que queiran ver aí diante, na primeira fila, ó alcalde de Pontevedra, está aquí, aquí diante, non, está aquí diante pero está en todos, pero non é por, a ver quen corre máis agora para saír na foto, o problema é outro, o problema é que hai miles de afectados que foron enganados e que non cobraron, e niso é no que, dalgunha maneira debemos preocuparnos e, polo tanto, haberá que buscar entre todos, como, xa digo, cada un fixo o que fixo, este partido e este goberno, bueno, pois, xa din os datos, que están aquí, hai uns datos que son interesantes pero temos que, son aínda, non chegaron, evidentemente, a ese número que son os 60.753 que hai no Instituto Galego de Consumo, a maiores dos que hai na CNMV, pois, que hai que seguir traballando. Pero bueno, non, vostedes non fixeron nada, non, si fixemos, si, pero non nos sentimos satisfeitos a día de hoxe con iso, polo tanto, queremos máis. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, Sr. Mosquera, é que acordos, nós xa temos un acordo da Xunta de Voceiros e do Pleno do mes de xaneiro, de todos os tres grupos políticos, e resume perfectamente todo o que se acaba de falar aquí, polo tanto, non diga vostede que non se está a traballar. O que di o Presidente ten razón, vostede o que pasa é que ó mellor está traballando para a foto, pero mire a foto é o que dixo o Presidente 17.000 persoas ou 17.000 familias que recuperaron 300 millóns de euros, ¿iso é traballo? ¿non é traballo? ¿é xestión? ¿non é xestión?, ¿sabe cánto son 300 millóns de euros?, 50.000 millóns das antigas pesetas, ¿que queda moita xente sen resolver o problema?, evidentemente, pero vostede, ¿quere que lle saque as declaracións dos que dicían que non á arbitraxe?, se era a maioría a que dicían que non a arbitraxe, que iso era unha cuestión electoralista, política, que era do Partido Popular, que non sei que non sei canto, pois a arbitraxe significou 300 millóns de euros, 16.000 familias. ¿Que é certo que quedan todavía 40 e pico mil?. É verdade, pois haberá que intentar buscar, e o acordo está aquí, se quere llo leo, que é deste Pleno do mes de xaneiro, e vou a lelo, ¿como que non?, si vou a lelo porque parece que non ten vigor e non ten vixencia, e vostede quere desvirtuar o traballo que se está a facer e iso non é posible porque está aquí e vou a lerllo, a nós nos vale este acordo, nos vale este acordo porque está xa aprobado por este Pleno da Corporación, e é “Manifestar o apoio da Deputación de Pontevedra, e de toda a súa Corporación, ós afectados polas preferentes na súa xusta reclamación de que lles devolvan os cartos na súa totalidade”. ¿Estamos de acordo nisto ou non?, si supoño. “Instar á Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Comercio, e ó Goberno do Estado a que sigan a adoptar medidas efectivas de protección dos clientes de entidades financeiras que investiron os seus aforros en instrumentos financeiros opacos, sen que por parte das entidades fosen informados debidamente dos riscos do produto e sen que se cumprisen as demais obrigas establecidas na normativa, co fin de que poidan recuperar os seus aforros no prazo de tempo máis breve posible”. ¿Están de acordo ou non?, si, supoño que tamén. “Instar ó Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores, ó obxecto de que promova unha solución para a recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes e subordinadas en Galicia”, ¿están de acordo ou non?. Cuarto: “Instar á entidade financeira NovaGaliciaBanco a promover unha solución para os subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto, permitindo ós afectados a recuperación íntegra do investimento realizado”, supoño que están de acordo tamén. “Esixir a depuración de responsabilidades ós executivos e directivos das entidades financeiras que impulsaron e cometeron fraude masivo ós pequenos aforradores”, supoño que tamén están de acordo. E despois, sexto: “Demandar das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID (Directiva sobre Mercados de Instrumentos Financeiros)”. Está firmado polos tres portavoces e polos vinte e sete membros desta Corporación. ¿Que quere vostede agora?, ¿unha foto?, ¿por unha pancarta?, é que xa está ben. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera esa é a realidade evidente deste tema e, pero vamos, ¿que queremos seguir?, imos a seguir, non hai problema, non hai problema. Sr. Mosquera. Sr. Figueroa Vila.- Nós imos a presentar como emenda este texto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, fixo vostede aí, eu creo que cometeu un erro porque xa isto estámolo convertendo nun debate ordinario e tal, cometeu un erro grave. Ben, pero é que resulta que o que demandou esta Deputación por unanimidade, se colle o primeiro e o segundo punto, hai un Real decreto aprobado que o fai imposible e agora vostedes agachan as orellas, non manteñen ese acordo e non son quen de opoñerse ó Real decreto porque vai en contra do que o seu partido decidiu en Madrid que é totalmente contrario ó que decidimos aquí, ¿vale?. Entón, hai un acordo, efectivamente, nós mantémolo pero mantelo é actualizalo, é dicir, o que vaia en contra do acordo nós non o podemos asumir, ou sexa, que o Real decreto hai que cambialo, ¿verdade?, agora ese paso non o queren dar, bueno, alá vostedes, alá vostedes, pero que quede claro polo menos, están dando largas para que non se evidencie, dicir, por un lado vostedes acordaron isto, correctamente, foi por unanimidade, sen ningún problema e agora resulta que en Madrid, no Parlamento vótase algo que vai radicalmente en contra diso, e que está en vigor que é un Real decreto convalidado polo Congreso, e vostedes non queren coller e dicir, mire, este Real decreto non, vai en contra do que nós aprobamos aquí nesta Deputación, polo tanto, temos que estar en contra do Real decreto e adoptar algunha medida máis, claro, iso é o que non queren, bueno, pois que quede claro. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi breve tamén, eu pensei que xa tíñamos o debate pechado, ¿non?, pero se o reabrimos, en todo caso, esta é a terceira moción que se debate neste Pleno da Deputación porque aí todos recoñecemos unha gran preocupación con persoas que están pedíndonos que nos poñamos do seu lado e que fagamos algo para que resolvan da mellor maneira o seu problema que é recuperando todos os seus aforros. Eu creo que iso dunha maneira ou doutra creo que fomos todos manifestando que estamos de acordo o que fai falta agora é o que eu dicía, ese manifesto que vostede, Sr. Figueroa, lía agora mesmo, que nos trasladaba, nos recordaba, lle instamos, nós lle escribimos como Deputación ó FROB, o Ministerio, ¿temos resposta deles?. É dicir, pero non me conteste, non quero abrir o debate, é dicir, nós estamos de acordo en, como dicía, votemos a moción e fagamos unha Xunta de Voceiros e saquemos un acordo que realmente sexa de compromiso con estas persoas, eu creo que é o que están esperando, non se pode, eu creo que non se pode trasladar agora á opinión pública unha mensaxe distinta, máis que o compromiso do Pleno desta Deputación de que está comprometido con estes aforradores estafados, ¿a maneira?, a que vexamos pero que esa sexa a mensaxe, porque creo que tanto, dunha maneira ou doutra creo que todos trasladamos ese compromiso. E nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias, imos a proceder, polo tanto á votación desta nova moción que presenta o Partido Socialista. ¿Votos en contra?.¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da Moción, do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre a adopción de determinadas medidas relacionadas coas preferentes. 11.6345.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG EN RELACIÓN COA NON DISCRIMINACIÓN DOS NENOS/AS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NOS CAMPAMENTOS DA DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 11. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego en relación coa discriminación dos nenos/as con diversidade funcional nos campamentos da Deputación. Ten a palabra Dona Iolanda Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Si, sobre esta moción, cando se presentou estaban publicadas unhas bases, para participar nos campamentos de verán da escola de Príncipe Felipe e da Lanzada, que foron modificadas posteriormente á presentación desta moción nas Comisións Informativas. Eliminouse o parágrafo que se solicita na moción que se elimine, substituíuse por unha proposta elaborada por Foanpas, concretamente pola Comisión de necesidades de apoio específico educativo, corrixiuse o que nós demandábamos na moción, corrixiuse por unha banda que houbese unha exclusión escrita nas bases dos campamentos dos rapaces e rapazas con diversidade funcional ou algunha doenza, e por outra banda, tamén se corrixiu a práctica de que si fosen aceptados de maneira discrecional e non regulada, non contemplada nas bases. Por tanto nós o que propoñemos é a retirada desta moción porque entendemos que o espírito da demanda que está contida na moción está recollida polas decisións tomadas polo goberno da Deputación despois da súa presentación na Comisión Informativa. Sr. Presidente.- Bueno, pois moitas gracias, polo tanto, retiramos esta moción. Retírase da orde do día Moción do Grupo Provincial do BNG en relación coa non discriminación dos nenos/as con diversidade funcional nos campamentos da Deputación. 12.6346.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA Sr. Presidente.- O seguinte é Moción da Presidencia en relación a, que non estaba ditaminada, polo tanto, sería ratificar a súa inclusión, pero vamos, en todo caso é unha cuestión practicamente de trámite que é para favorecer as medidas de apoio ó emprendedor e do estímulo de crecemento e a creación de emprego que son dalgunha maneira facilidades para axilizar os trámites administrativos correspondentes a cumprir así coa lexislación establecida para medidas contra a morosidade nas operacións comerciais, etc., e por iso, traemos aquí esta, este asunto no cal temos que votar a súa inclusión. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E agora, a moción, que di, vamos lle entregamos aí creo que unha copia ó principio, que como digo é en relación a isto e que permite que nas bases 16 e 17 de execución do presuposto aprobadas polo Pleno Corporativo conxuntamente co orzamento provincial correspondente ó exercicio 2013 establece que a Presidencia pode delegar, por ausencia ocasional nos Vicepresidentes e nas Deputadas que teñan recoñecida a dedicación exclusiva, para gastos que non superen individualmente os considerados como importe de contratos menores, así como o recoñecemento de obrigas e así mesmo, nesa mesma liña, incide na base 19, relativa á ordenación e á realización do pago, coa finalidade de axilizar os trámites administrativos correspondentes e cumprir así coa lexislación establecida para medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, parece razoable a delegación relativa á autorización do compromiso de gasto, recoñecemento da liquidación e realización de pagamentos prevista nas bases 16, 17 e 19 do orzamento do presuposto, se refire non só a ausencia ocasional do Presidente senón que poida delegar as competencias que non están xa delegadas na Xunta de Goberno de forma permanente. Polo tanto, bueno, pois este é o asunto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, previo unánime acordo de ratificación da súa inclusión na orde do día, acorda, por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar a seguinte: M O C I Ó N O Real Decreto Lexislativo 4/2013, de 22 de febreiro, de medidas para o apoio ó emprendedor e de estímulo ó crecemento e a creación de emprego establece, na súa disposición final sexta, a modificación de diversos preceptos do texto refundido da lei de contratos do Sector Público, que tratan de precisar o momento do devengo dos intereses de demora previstos na Directiva europea pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, en función de diversos supostos de recepción e tratamento de facturas. As bases 16 e 17 de execución do presuposto, aprobadas polo Pleno corporativo conxuntamente co orzamento provincial correspondente ó exercicio de 2013, establece que a Presidencia pode delegar, por ausencia ocasional, nos Vicepresidentes e nas Deputadas que teñan recoñecida a dedicación exclusiva, para gastos que non superen, individualmente considerados, o importe de contratos menores, así como o recoñecemento de obrigas. Así mesmo, nesa mesma liña incide a base 19 relativa á ordenación e realización do pago. Coa finalidade de axilizar os trámites administrativos correspondentes, e cumprir así coa lexislación establecida para medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, parece razoable que a delegación relativa á autorización e compromiso de gasto, recoñecemento e liquidación da obriga e realización e pagamento, prevista nas bases 16, 17 e 19 do orzamento do presuposto se refira, non só á ausencia ocasional do Presidente, senón que poida delegar estas competencias, que non estean xa delegadas na Xunta de Goberno, de forma permanente. Por conseguinte, procede modificar as bases 16, 17 e 19 de execución do orzamento de 2013 do seguinte xeito: 1.- Autorización e compromiso do gasto O apartado 4 da base 16ª establece que: “A Presidencia delega a competencia para autorizar e comprometer gastos: Nos vicepresidentes e nas deputadas que teñen recoñecida a dedicación exclusiva, por ausencia ocasional do presidente, para gastos que non superen, individualmente considerados, o importe dos contratos menores”. Proponse a súa modificación polo seguinte contido literal: A presidencia pode delegar, mediante resolución presidencial, as súas competencias para autorizar e comprometer gastos que non estean xa delegadas na Xunta de Goberno. 2.- Recoñecemento e liquidación da obriga O terceiro parágrafo do apartado 1 da base 17ª establece que: “A Presidencia delega nos vicepresidentes e nas deputadas con dedicación exclusiva, por ausencia ocasional, o recoñecemento de obrigas cuxo importe non exceda da competencia do presidente”. Proponse a súa modificación polo seguinte contido literal: A presidencia pode delegar, mediante resolución presidencial, a súa competencia para o recoñecemento e liquidación de obrigas que non estean xa delegadas na Xunta de Goberno. 3.- Ordenación e realización do pagamento O segundo e terceiro parágrafo da base 19ª establece que: “A Presidencia delega nos vicepresidentes e as deputadas con dedicación exclusiva, indistintamente, a sinatura da ordenación do pagamento, podendo ser asinado polo presidente sen necesidade da previa advocación formal da competencia. Por R.P. poderá a Presidencia delegar esta competencia en calquera deputado. A realización do pago é competencia do Presidente, pero por ausencia ocasional do mesmo, pode ser asinado polos vicepresidentes ou por calquera das deputadas con dedicación exclusiva”. Proponse a súa modificación polo seguinte contido literal: A presidencia pode delegar, mediante resolución presidencial, a súa competencia para a ordenación e realización do pago. b) Parte de información e control: 13.6347.- DAR CONTA DA APROBACIÓN DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO CONSOLIDADO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2012 Sr. Presidente.- Punto número 13. Dar conta da aprobación-liquidación do orzamento consolidado Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos correspondente ó exercicio 2012. Bueno, ¿xa o teñen todos os grupos?. Sr. Secretario.- Si, si. Sr. Presidente.- ¿Informe de intervención?. ¡Ah, perdón!, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Esta é dar conta, en principio parece que é algo de trámite pero aí saen unhas cifras e sobre todo unha previsión que é, bueno, enlazado con outros documentos económicos que veñen a continuación da regra de gasto e incluso sobre o pago de facturas, prazos e demais. Claro, aquí aparecen unhas contas que non vou a reiterar pero simplificado aparecen uns volumes de remanentes líquidos, ou sexa, que se a contabilidade está ben feita, de cartos que ten a Deputación nestes momentos, líquidos, ou sexa que pode, digamos que podería dispor deles e que a maioría, polas famosas regras de teitos de gasto e demais, non pode dispor, debe de andar da orde de 23, 24 millóns de euros, ou sexa, que unha institución que ten uns cartos non pode, na situación na que estamos, nun paro galopante, dunha falta de economía, de, vamos de actividade económica, incluso se se quere despois das chuvias que deterioraron cantidade de viais, bueno, etc., etc. Resulta que, en principio, esta institución ten vinte e tanto millóns de euros que o destino que pretenden coa lexislación en vigor e que vaian a amortizar débeda dos bancos, claro, pero débeda que ten se cadra ó 0,7% ó 1%, ¿verdade?, para que despois os bancos poidan recolocala sexa en débeda pública ou o que sexa, o 4, 5 ou o 6%, detraéndoos da economía real, porque se a Deputación puidera dispor deles, pois, faría actuacións, obras, é dicir, o que fora que permitirían, digamos, unha actividade económica real e unha prestación de servizos para engordar ou tapar os buratos especulativos da banca e beneficiarios. Bueno, é que parece unha broma isto da morosidade que se tarda 30 días en pagar, 40, 25 o que sexa, ¿non?, cousa na que nos liamos ás veces a discutir, xa lle gustaría á maioría das empresas que tiveran, que eses 23 millóns ou 24 se puideran dedicar a un contrato aínda que cobrara a 60 días, dá igual, pero polo menos tiña traballo, é que, vale, estamos discutindo se hai que pagar a 20 días, a 15 ou a 30 e demais, cando o certo é que nos están obrigando a retirar cartos existentes, non son futuros, existentes que están nesta casa da actividade, digamos, vamos, de gasto para adicalos en principio a iso. Ben, houbo declaracións do Sr. Beteta, de non sei que, de se ía arranxar, non se ía arranxar, polo de pronto fume de carozo, ou sexa, polo de pronto sigue en vigor, segue en vigor, e esta casa pois ten eses millóns de euros empantanados en nada, empantanados por as famosas regras de gasto, etc. Non é o único caso, tamén está o concello de Pontevedra, hai outros e demais, eu, francamente, son cousas que sublevan a un e que se houbera algunha posibilidade, se se modifica ben e senón se modifica se houbera algunha posibilidade de facelos, de metelos, de gastalos, de inxectalos, na economía da provincia e están dispostos a saltarse as normas, conten co noso apoio para facer iso, conten co noso apoio, para o que queiran, pero dende logo antes de devolverllos ós, ¿verdade?, telos aí na caixa e non poder gastalos e telos, ¿verdade?, como destino devolvelos ós bancos cando hai ese paro terrible, cando hai esa falta de actividade económica e demais, parécenos cruel, parécenos unha barbaridade, ¿que non os hai e vai a crédito?. Bueno, había que discutilo, obviamente, xa é outro problema, pero habéndoos en caixa é unha auténtica barbaridade que non se poida dispor deles na situación na que temos toda a economía e toda a sociedade, para o que sexa, para axudas sociais, para pistas, para o que queiran, para algo que dea actividade, que mova algo. Grazas. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias Sr. Mosquera. Dicir que ten vostede neste sentido toda a razón e á parte que non só lle asiste a razón senón que lle asiste tamén á verdade, e a verdade é que este problema o están a sufrir varios concellos da provincia de Pontevedra, e que, polo tanto, tendo un aforro importante, pois, o que pedimos e estamos loitando e non estamos cos brazos cruzados, o que pasa é que é unha medida de ámbito xeneralista e estamos intentando desbloqueala, senón fora así pois nos veremos obrigados a tomar, como vostede ben dicía, e a contar coa colaboración dos grupos da oposición da corporación provincial para activar, que esa contía económica se poida converter en creación de emprego, en creación de riqueza, en creación, neste caso, de actividade económica. Polo tanto, vamos a traballar nese sentido, e xa estamos de feito pelexando co Goberno central para ver se somos capaces de que se habilite a posibilidade de poñer en marcha, sobre todo no que nos compete a nós, e en derivar ós concellos da provincia de Pontevedra, que teñen un aforro neto considerable, poñer, pois poder activalo. Polo tanto, agradezo a súa boa disposición para iso e esperamos poder ter unha pronta resolución sobre este importante asunto. Non se vota. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de conformidade co previsto nos artigos 191.3 e 192.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 90.1 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, aprobou, dentro do prazo establecido ó efecto, a liquidación do orzamento da Deputación e a liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos correspondente o exercicio de 2012. A efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 90.2 do Real decreto 500/1990 e tendo en conta o establecido no artigo 3.2 en relación co 19.3 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de Estabilidade Orzamentaria, dáse conta ó Pleno das resolucións ditadas polo Presidente aprobando ditas liquidacións nas que destacan como datos máis significativos, o resultado orzamentario axustado e o remanente para gastos xerais, que son os seguintes: ORGANISMOS RESULTADO ORZAMENTARIO REMANENTE PARA GASTOS XERAIS Deputación 40.379.919,68 € 60.719.802,19 € Escola de Canteiros 110.938,92 € 186.400,74 € Museo Provincial 568.057,24 € 994.359,22 € Turismo Rías Baixas 1.628.161,81 € 2.502.484,49 € Caixa de Anticipos 1.619.272,45 € 3.110.699,87 € ORAL 2.868.169,62 € 6.647.478,58 € IPESPO 1.833.404,59 € 3.759.174,09 € TOTAL Deputación + OOAA incorporados 2013 49.007.924,31 € 77.920.399,18 € Escola Universitaria Enfermería 27.454,67 € 204.909,17 € Total Deputación + Escola Universitaria Enfermería 49.035.378,98 € 78.125.308,35 € O Pleno queda enterado dos seguintes asuntos: • Do resultado da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e das liquidacións dos orzamentos dos seus Organismos Autónomos (Escola Universitaria de Enfermería, Escola de Canteiros, Museo Provincial, Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e IPESPO), correspondente ó exercicio de 2012. • Da liquidación do orzamento consolidado da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2012. 14.6348.- INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE A AVALIACIÓN DO OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DE GASTO E LÍMITE DE DÉBEDA NA UNIDADE INSTITUCIONAL “DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA”, LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2012 Sr. Presidente.- Punto 14. Informe de Intervención sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda na unidade institucional “Deputación provincial de Pontevedra”, liquidación do orzamento do exercicio 2012. Xa o teñen todos os grupos e tamén finalmente … D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, bos días de novo. Eu quería intervir, quizá houbera sido mellor xuntar os dous puntos, o 14 e o 15, pero bueno. Sr. Presidente.- Xuntámolos que non hai ningún problema. Sr. Rodríguez Díaz.- En todo caso vai un pouco máis referido a este informe que é o do Interventor, porque dende o Grupo provincial Socialista o que vemos é que, a elaboración do presuposto, que nós rexeitamos ademais, por parte da Deputación o que se fixo en 2012 pois se realizou sabendo que non se ía a cumprir. Vemos que hai cincuenta millóns de euros máis de gastos que de ingresos, esa é a previsión que tiñan vostedes en 2012, e como isto é imposible, solucionaron o desfase recorrendo ós remanentes de crédito, en concreto a sesenta e nove millóns de euros. É dicir, dos poucos aforros da Deputación e do que se deixou de executar en 2011, porque, vemos, vemos nese informe, como comprometeron obras en 2011 para realizalas despois, posteriormente, no 2012. Polo tanto, non executando o presuposto é como son vostedes capaces de cuadralo, ¿non?, no propio informe do Interventor, na páxina 10, di que, efectivamente, que o presuposto aprobouse á metade do exercicio, pero fíxense, nos tres capítulos, digamos, inversores, como é o capítulo 4, o 6 e o 7, pois, no capítulo 4, que é o de subvencións, quedaron sen conceder a colectivos sete millóns de euros, é dicir, de 25,5 millóns de euros presupostados só se concederon 18,5 millóns. E inversións en obras se executaron de 124,8 millóns só se executaron 55,7 millóns de euros. Polo tanto, así calquera cadra un presuposto, pero sobre todo estamos falando de capítulos inversores que son os que máis se necesitan nestes momentos de crise e cun desemprego na nosa provincia elevadísimo, polo tanto, iso ó final repercute tamén en maior desemprego ou que sega habendo máis persoas en paro. Polo tanto, sabemos que se fixo un presuposto, como veñen vostedes facendo, sabendo que non, de cara á galería, de que non se vai a cumprir e, dende logo, despois din que pechan en equilibrio pero o certo é que pechan en equilibrio porque vostedes non invisten. Miren, agora mesmo, agora mesmo, vostedes ó ter sumados os propios organismos autónomos vemos que todos estes organismos autónomos pechan todos, todos, en números vermellos, todos o exercicio o pechan en negativo, independentemente de ter remanentes. Por exemplo, Turismo Rías Baixas de tres millóns a 4,4 millóns de euros, é dicir, un millón de euros máis. Dende logo, para rematar, sendo breve, vemos de que, efectivamente, hai máis remanentes pero menos diñeiro na caixa. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Polo tanto, damos conta do informe no punto 14. O Sr. Interventor explica que con data 12 de marzo de 2013, elaborouse polo Servizo de Intervención, un informe sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite da débeda na Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”, no que como conclusión figura que nesta “Unidade Institucional” na liquidación do orzamento consolidado do exercicio de 2012, cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria nos termos de contabilidade nacional coa metodoloxía SEC-95, obténdose un superávit orzamentario non financeiro de 13.148.245,16 euros. Este informe emítese en aplicación do establecido no artigo 16.2 do Real Decreto 1463/2007, de 2 de novembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001, de 12 de decembro, de Estabilidade Orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais. O Pleno queda enterado do contido do informe sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite da débeda na Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra” na liquidación do orzamento do exercicio de 2012. 15.6349.- INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2013, EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- E no punto 15, tamén do informe de Intervención sobre cumprimento dos prazos -¡ah!, si, tamén-, quero acabar de ler o 15 tamén, en relación ó disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comercias, como falabamos antes. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, vamos a ver D. Santos Héctor, moi breve porque eu creo que os datos falan por si solos, é dicir, mire, na liquidación do 2012 hai un remanente de Tesourería de 78 millóns de euros, iso vostede non o di, hai un aforro bruto de 68 millóns de euros, hai un aforro neto de 48 millóns de euros, e hai unha amortización de 19 millóns de euros que, loxicamente, está superada, que vén no presuposto en 6 millóns de euros porque consideramos que era unha decisión acertada á hora de equilibrar as contas e de, loxicamente, ter unhas contas totalmente saneadas. Mire, nós marcamos un obxectivo presupostario que no ano 2018 a débeda da Deputación sexa cero, e o vamos acadar, a un ritmo aproximadamente de 15 millóns de euros de amortización, e un incremento da débeda de cero. É certo, o único que di, o único que é certo é que á hora de desenvolver o presuposto tivemos unha dificultade, que o presuposto se aprobou a mediados do segundo semestre, do primeiro semestre digo, porque estabamos esperando o do presuposto de Madrid para saber que axudas tiñamos. Só unha matización, dicirlle que o capítulo catro non é de inversións, é de subvencións e de axudas, polo tanto, eu creo que incluso ratifica máis a nosa postura, canto menos gastemos en subvencións e máis nos capítulos 6 e 7 moitísimo mellor. Bueno, eu creo que eses son os datos máis importantes, e dende logo, cando faga un resume non obvie o positivo do presuposto da liquidación, non vaia só á parte que a vostede lle interese, fale do conxunto porque aí no conxunto se demostra claramente que esta casa ten solvencia, que esta casa está facendo un bo traballo a nivel económico e que a proposta de cara ó futuro pois é halagadora nese sentido, no traballo que se está a facer. E tamén, dicirlle con respecto ás facturas, para non intervir máis xa, que se está cumprindo o que marca a normativa de que Rexistro, dende a facturación de Rexistro hai 28 días, é a media que se están pagando todas as facturas nesta casa. Polo tanto, a Lei fala de 30 días e nós estamos dous días por debaixo do que esixe a Lei. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto, queda claro en que punto se atopa agora mesmo a xestión da Deputación. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou sendos informes nos que figuran o conforme de Tesourería e Intervención en relación co cumprimento por parte da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros durante o primeiro trimestre do ano 2013, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os detalles máis relevantes dos informes en canto ó cumprimento dos prazos de pago previstos son os seguintes: 1. Con referencia á data de rexistro da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio (días) Período Medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación 28 17 2.775 6.199.980,83 356 1.172.001,07 Escola de Enfermería 17 10 9.094,05 Consorcio de Bombeiros 31 2 10 461.560,41 6 231.997,87  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio (días) Período Medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operacións Importe total Nº opera-cións Importe Total Deputación 38 253 554 1.149.589,24 16 92.584,04 Escola de Enfermería 61 61 1 19.806,89 Consorcio de Bombeiros 6 4 231.997,87 2. Con referencia á data da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio (días) Período Medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación 45 31 1.575 4.004.779,01 1.556 3.367.202,89 Escola de Enfermería 32 28 7 6.711,55 3 2.382,50 Consorcio de Bombeiros 31 2 10 461.560,41 6 231.997,87  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio (días) Período Medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación 51 76 400 577.544,27 170 664.629,01 Escola de Enfermería 66 66 1 19.806,89 Consorcio de Bombeiros 6 4 231.997,87 3. Intereses de demora pagados: Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga: Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre cumprimento de prazos pola Deputación Provincial de Pontevedra e as entidades locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros, durante o primeiro trimestre de 2013, en relación ó disposto na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 16.6350.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 16. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Si, dar cuenta de las Resoluciones dictadas entre el 19 de febreiro y el 22 de abril. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 19 de febreiro e o 22 de abril do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 17.6351.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- E, rogos e preguntas. D. Santos Héctor ten algunha pregunta que me trasladaran, algunhas están contestadas, hai algunha outra por aí me parece que pendente, pero, en todo caso, lle vamos a contestar nas próximas semanas. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, xa me esquecía, teño presentada unha por escrito, que espero me resposten, e tiña que facerlle outra pregunta, porque así ma trasladan, que é con respecto á limpeza de praias por parte da Deputación en Semana Santa, pois, por exemplo, me din que hai quince persoas traballando en Sanxenxo, pero en Poio e na Illa de Arousa, pois que non hai ninguén. Entón, nós entendemos de que estas limpezas en praias non están sendo todo o axustadas e equitativas que deberan de ser e así llo trasladamos, porque 15 persoas traballando en Sanxenxo e, en lugares turísticos como Poio e a Illa de Arousa, pois non había ninguén da Deputación, ¿non?, esta era. É un rogo de que se trate a todos por igual. Sr. Presidente.- Esa información non pode estar ben, porque en todo caso agora fixemos un reparto lineal polos concellos, que están contratando, e antes diso non hai ningún traballador, que eu sepa, noso. Sr. Rodríguez Díaz.- Na Semana Santa, da Deputación, debían levar logo de Deputación. Sr. Presidente.- Que levaran roupa nosa, pero contratados nosos en principio non hai, ademais me vou a cerciorar e no próximo Pleno xa lle digo. Moitas gracias, polo tanto, moi bos días a todos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición