ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2015/04/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/1.2015-04-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/04/10_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 62 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dez de abril do ano dous mil quince, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23235.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 27 de marzo de 2015. 2.23236.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “RECONSTRUCIÓN PASO SOBRE O RÍO VERDEJO, PARROQUIA DE CASTELÁNS (O COVELO)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 29/08/2014 acordou adxudicar á empresa Stradia Infraestructuras, S.L. o contrato para a execución da obra “Reconstrución de paso sobre o río Verdejo, parroquia de Casteláns (O Covelo)”, polo prezo de 234.427,93€ máis a cantidade de 49.229,87€ correspondente ó IVE, e un prazo de execución de dous meses. Resultando.- Que a acta de comprobación de replanteo formalizouse na data 17/10/2014, establecéndose como data para finalizar a obra o 17/12/2015. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 30 de decembro de 2012 acordou conceder unha prórroga na execución da citada obra ata o 27/01/2015. Resultando.- Que mediante escrito de data 23/01/2015 o Director de Infraestruturas (director da obra) remite proxecto modificado da mesma ó Servizo de Contratación solicitando a súa autorización. Xustifica o modificado porque se detectaron unha serie de necesidades que non se encontran resoltas no proxecto debido á imprevisibilidade das mesmas. Entre estas enuméranse as seguintes: - O elevado caudal e a velocidade da auga no punto de construción da obra, fai que a solución proxectada de desviar o río por tubarias de formigón sexa insuficiente. - Aparición de rocha a cota de cimentación das estruturas previstas, imposible de escavar cos medios previstos no proxecto. - Necesidade de alonxar a cimentación das aletas ó máximo posible das inmediacións da ponte de pedra existente ante o risco de poñer en perigo a súa estabilidade. - Prolongación das aletas previstas con muros de pedra. - Reforzo das medidas de seguridade viaria reposta con sinalización vertical. Resultando.- Que en informe de data 05/02/2015, emitido polo Director de Infraestruturas manifesta que a circunstancia que motiva a modificación do proxecto, é a recollida no artigo 107.1.a) do TRLCSP “Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato, debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas”. Asemade pon de manifesto o citado informe que como consecuencia dos cambios referidos se crearon novas unidades de obra, cuxos prezos se calculan coa mesma base do proxecto inicial, retrotraendo os prezos á data de licitación, non supoñendo a modificación do proxecto un incremento do orzamento de adxudicación. Resultando.- Que con data 25/02/2015 o Xefe do Servizo de Contratación emitiu informe en relación coa aprobación do proxecto modificado manifestando que: “A autorización dun modificado resulta condicionada a que non se produza unha variación substancial das condicións de contratación, (artigo 107.2 TRLCSP) xa que nese caso se considerará nova adxudicación e requirirá dun novo procedemento de contratación. Considérase variación substancial cando teña coma resultado un obxecto diferente o celebrado nun principio. En calquera caso, se considerará substancial cando cumpra unha das condición seguintes: - Cando a modificación varíe substancialmente a función e características da prestación inicialmente contratada. - Cando a modificación altere a relación entre a prestación contratada e o prezo, tal e como esa relación quedou definida polas condicións da adxudicación. - Cando para a realización da prestación modificada fose necesaria unha habilitación profesional diferente da esixida para o contrato inicial ou unhas condicións de solvencia substancialmente distintas. - Cando as modificacións do contrato igualen ou excedan, en máis ou en menos, o 10 por cento do prezo de adxudicación do contrato; no caso de que modificacións sucesivas, ó conxunto delas non poderá superar ese límite. Conclusión: Baseado no informe do responsable do Servizo de Infraestruturas, parece deducirse que a modificación do proxecto é provocada porque se detectaron unha serie de necesidades que non se encontran resoltas no proxecto devido á imprevisibilidade das mesmas xustificándose polo recollido no artigo 107.1.a) do TRLCSP “Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato, debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas”. A elo hai que engadirlle, que analizadas as causas que xustifican o proxecto modificado, estas tamén poderían atoparse dentro do recollido no artigo 107.1.b) do TRLCSP “Inadecuación do proxecto ou das especificacións da prestación por causas obxectivas que determinan a súa falla de idoneidade, consistentes en circunstancias de tipo xeolóxico, hídrico, arqueolóxico, mediambiental ou similares, postas de manifesto con posterioridade á adxudicación do contrato e que non fosen previsibles con anterioridade. Asemade hai que ter en conta ó informe do director de infraestruturas que indica que como consecuencia dos cambios referidos se crearon novas unidades de obra, cuxos prezos se calculan coa mesma base do proxecto inicial retrotraendo os prezos á data de licitación, non supoñendo a modificación do proxecto un incremento do presuposto de adxudicación. Por último sinalar que non parece que haxa un cambio substancial da obra, nin que se houberan cambiado ás circunstancias de licitación por esta variación, polo que podería entenderse oportuno esta aprobación ós efectos de finalizar a obra. Este debe considerarse unha circunstancia excepcional que debe evitarse con un maior coidado no estudio previo do proxecto, sendo tamén responsabilidade de quen o acepta e o presenta como adecuado, neste caso o Concello. Resultando.- Que solicitado informe ó Sr. Secretario este emite o mesmo na data 17/03/2015 recollendo no mesmo que á vista do expediente tramitado, a modificación pode englobarse no establecido no artigo 107.1.a) do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, informando favorablemente. Resultando.- Que solicitado informe ó Sr. Interventor, este emite o mesmo na data 30/03/2015 manifestando que examinado o expediente informa favorablemente a tramitación do mesmo. Considerando.- Que o artigo 234.3 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que: “... Cuando el Director facultativo de la obra considere necesaria una modificación del proyecto, recabará del órgano de contratación autorización para iniciar el correspondiente expediente...” Considerando.- Que o 107.1 nos seus apartados “a)” e “b)” do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que establece que: “Las modificaciones no previstas en los pliegos o en el anuncio de licitación solo podrán efectuarse cuando se justifique suficientemente la concurrencia de alguna de las siguientes circunstancias: a) Inadecuación de la prestación contratada para satisfacer las necesidades que pretenden cubrirse mediante el contrato debido a errores u omisiones padecidos en la redacción del proyecto o de las especificaciones técnicas”. b) Inadecuación del proyecto o de las especificaciones de la prestación por causas objetivas que determinen su falta de idoneidad, consistentes en circunstancias de tipo geológico, hídrico, arqueológico, medioambiental o similares, puestas de manifiesto con posterioridad a la adjudicación del contrato y que no fuesen previsibles con anterioridad aplicando toda la diligencia requerida de acuerdo con una buena práctica profesional en la elaboración del proyecto o en la redacción de las especificaciones técnicas.” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o proxecto modificado da obra “Reconstrución de paso sobre o río Verdejo, parroquia de Casteláns (O Covelo)”, sen variación económica. - Prorrogar o prazo de execución da citada obra e establecer como data para finalizar a mesma o día 10 de maio de 2015. 3.23237.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “ABASTECEMENTO E SANEAMENTO MUNICIPAL (NIGRÁN)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 20 de setembro de 2013, acordou adxudicar á mercantil Stradia Infraestructuras, S.L. o contrato de execución da obra “Abastecemento e saneamento municipal en Nigrán”, pertencente á segunda relación de proxectos PID/2012, obra número 6, por un importe de 127.485,50 € (IVE incluído), sendo o prazo de execución da mesma de 1,5 meses. Resultando.- Que con data 10/10/2014 (rex. núm. 2014102744) tivo entrada nesta Deputación escrito do director da obra “Abastecemento e saneamento municipal (Nigrán)”, solicitando autorización de proxecto modificado sen variación económica debido ás dificultades de executar a obra debido ós problemas dun elevado nivel da capa freática no trazado. Resultando.- Que ó director de obra, xustifica a necesidade de redacción de modificado, mediante escrito de data 10/11/2014, no que manifesta que a causa da redacción do proxecto modificado débese a un elevado nivel da capa freática do trazado, facendo imposible a execución do proxecto inicial, que reflicte unha estación de bombeo in situ, imposible de executar, e xustifica o mesmo pola inadecuación do proxecto ou das especificacións da prestación por causas obxectivas que determinen a súa falla de idoneidade, consistentes en circunstancias de tipo xeolóxico, hídrico, arqueolóxico, medioambiental ou similares, postas de manifesto con anterioridade, e forza maior, recollidos nas letras “b” e “c” do artigo 107.1 do TRLCSP. Resultando.- Que solicitado informe preceptivo ó Servizo de Infraestruturas, este emite o mesmo na data 25/11/2014, manifestando que considera suficientes para a redacción do proxecto modificado sen variación económica, as causas expostas polo director de obra. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 28/11/2014 acordou autorizar a redacción do proxecto modificado da citada obra, sen variación económica. Resultando.- Que recibido nesta Deputación o proxecto modificado da citada obra, o Servizo de Infraestruturas emite informe na data 29/12/2014 manifestando que salvo vicios ocultos se considera que este cumpre co establecido nas normas ó respecto. Resultando.- Que solicitado informe complementario ó Servizo de Infraestruturas este emite o mesmo na data 11/02/2015 manifestando o seguinte: “... La justificación de la necesidad de redacción del modificado se ajusta a los puntos B y C del artículo 107.1 del Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos del Sector Público. En este caso concreto la presencia de abundante agua y un nivel freático más elevado de lo esperado es la causa de fuerza mayor que hace imposible la realización de la obra en los términos inicialmente definidos, y a sú vez es una circunstancia de tipo hídrico que hace necesario tomar nuevas precauciones para conseguir un nivel de seguridad satisfactorio de la obra terminada y de sus operarios en la fase de construcción. - Los precios de las unidades nuevas no previstas en el proyecto original se adecúan a los precios habituales de mercado, y una vez comprobados sus precios descompuestos se puede afirmar que, en efecto, estos están basados en los precios unitarios indicados en el proyecto original. - Tras una revisión completa del proyecto modificado, no se encuentran errores de índole técnica. Es por lo que se remite al servicio de contratación para dar continuidad a la tramitación del expediente…” Resultando.- Que solicitado informe ó director de obra, este emitiu o mesmo na data 23/01/2015 manifestando que no proxecto modificado non se alteran as condicións esenciais de licitación e adxudicación, establecendo un prazo para a finalización dos traballos de dous meses e medio dende a data de aprobación do proxecto modificado. Resultando.- Que con data 27/01/2015 o Xefe do Servizo de Contratación emitiu informe recollendo que baseado nos informes do director de obra e do responsable do Servizo de Infraestruturas, parece deducirse que a modificación do proxecto é provocada por unha inadecuación do proxecto inicial ou das especificacións da prestación por causas obxectivas que determinan a súa falta de idoneidade por circunstancias de tipo xeolóxico, hídrico, arqueolóxico, medioambiental ou similares postas de manifesto con posterioridade á adxudicación do contrato e que non foran previsibles con anterioridade, non parecendo que haxa un cambio substancial da obra nin que se houberan cambiado as circunstancias de licitación, sendo os prezos contraditorios das unidades non previstas inicialmente no proxecto adecuados ós prezos de mercado no momento da adxudicación do contrato, polo que podería entenderse oportuna a aprobación do proxecto modificado ós efectos de finalizar a obra. Isto debe considerarse unha circunstancia excepcional que debe evitarse cun maior coidado no estudo previo do proxecto. Resultando.- Que solicitado informe ó Sr. Secretario este emite o mesmo na data 17/03/2015 co seguinte contido: “... Enténdese que o modificado, á vista do expediente administrativo tramitado, está englobado dentro do art. 107.1.b) do RDL 3/2011, de 14 de novembro. Préstase conformidade ó informe do xefe do Servizo de contratación e na súa consecuencia infórmase favorablemente...” Resultando.- Que solicitado informe á Intervención esta emite o mesmo na data 27/03/2015 manifestando que examinado o expediente e vistos os informes, informa favorablemente da tramitación do mesmo. Considerando.- Que o artigo 234.3 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que: “... Cuando el Director facultativo de la obra considere necesaria una modificación del proyecto, recabará del órgano de contratación autorización para iniciar el correspondiente expediente...” Considerando.- Que o 107.1 do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que establece que: “Las modificaciones no previstas en los pliegos o en el anuncio de licitación solo podrán efectuarse cuando se justifique suficientemente la concurrencia de alguna de las siguientes circunstancias: b) Inadecuación del proyecto o de las especificaciones de la prestación por causas objetivas que determinen su falta de idoneidad, consistentes en circunstancias de tipo geológico, hídrico, arqueológico, medioambiental o similares, puestas de manifiesto con posterioridad a la adjudicación del contrato y que no fuesen previsibles con anterioridad aplicando toda la diligencia requerida de acuerdo con una buena práctica profesional en la elaboración del proyecto o en la redacción de las especificaciones técnicas. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de obras que, sendo competencia da presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o proxecto modificado da obra “Abastecemento e Saneamento Municipal (Nigrán)” 2.- Prorrogar o prazo de execución da obra “Abastecemento e saneamento en Nigrán” e establecer como data para finalizar a obra o 15 de xuño de 2015. 4.23238.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DUN SERVIZO DE ASESORAMENTO E COLABORACIÓN MATERIAL NA REGULACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS PADRÓNS FISCAIS, MEDIANTE OS PROCEDEMENTOS DE INSPECCIÓN TRIBUTARIA, DAS TAXAS DELEGADAS POLOS CONCELLOS DE VALGA, A ESTRADA, OIA E O ROSAL A Xunta de Goberno, en sesión de data 8 de agosto de 2014, aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, dun “Servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procesos de inspección tributaria, das taxas delegadas polos Concellos de Valga, A Estrada, Oia e O Rosal”. O citado procedemento foi obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 163 de data 26 de agosto de 2014, así como no perfil do contratante www.depo.es. O 15 de setembro de 2014 constituíuse a Mesa de Contratación para a cualificación, en acto privado, dos documentos achegados en tempo e forma polos licitadores que a continuación se detallan: Empresas Admitidas Cif. Lotes Presentados 1 2 3 Eibisa Norte, S.L. B-15.419.906 Longo Ansa y Asociados, S.L. B-33.473.489 Asesoramiento Tributario Local, S.L. B-36.355.469 Evelb Técnicas y Sistemas, S.L B-70.240.320 Lagares Oca, S.L. B-36.813.715 Servicios de Colaboración Integral S.L. B-96.067.400 A Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o 16 de setembro de 2014, fai pública a admisión de todas as empresas, procedendo, en acto público, á apertura dos sobres “B” correspondentes á documentación técnica valorable por medio de criterios non avaliables mediante fórmulas, ós efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP, que inclúen as ofertas técnicas das empresas presentadas ó procedemento, acordando que as proposicións pasasen a informe técnico e valorativo. O informe de valoración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B) foi emitido o día 30 de xaneiro de 2015. O día 5 de febreiro de 2015 reuniuse novamente a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos sobres C, relativos ós criterios de valoración de forma automática. Neste mesmo acto, deuse a coñecer a puntuación obtida por cada unha das empresas, de acordo co informe técnico, e a Mesa descarta a candidatura da empresa Evelb Técnicas y Sistemas, S.L. (lotes nº 1 e nº 3) ó non acadar a puntuación mínima de 18 puntos esixida en ningún dos lotes ós que se presentou, continuando coa apertura dos sobres das demais empresas admitidas. O informe de valoración económica (sobre C) foi emitido en data 24 de febreiro de 2015. Resúmense a continuación os resultados obtidos polos licitadores admitidos unha vez aplicadas as fórmulas e puntuacións que figuran na cláusula 3ª do Anexo I do prego administrativo: LOTE 1: CONCELLO DE VALGA ‐ PUNTUACIONES FINALES EMPRESAS TOTAL PUNTOS SOBRE B (máximo 35 puntos) OFERTA ECONÓMICA (máximo 30 puntos) MEJORA EN MEDIOS HUMANOS (máximo 15 puntos) MEJORA EN ATENCIÓN AL PÚBLICO (máximo 15 puntos) PLAZO DE EJECUCIÓN Y CRONOGRAMA (máximo 5 puntos) TOTAL PUNTOS SOBRE C (máximo 65 puntos) PUNTUACIÓN TOTAL ASESORAMIENTO TRIBUTARIO LOCAL S.L. 25,75 11,216 15,00 15,00 5,00 46,216 71,97 € EIBISA NORTE S.L. 19,00 16,116 13,50 10,00 2,00 41,616 60,62 € LAGARES OCA, S.L. 25,00 25,803 15,00 15,00 5,00 60,803 85,80 € LAYA, S.L. 20,50 8,240 15,00 5,00 5,00 33,24 53,74 € SERVICIOS DE COLABORACION INTEGRAL S.L. 22,50 13,231 15,00 15,00 5,00 48,231 70,73 € ELVELB, S.L. 10,00 LOTE 2: CONCELLO DA ESTRADA ‐ PUNTUACIONES FINALES SOBRE B EMPRESAS TOTAL PUNTOS SOBRE B (máximo 35 puntos) OFERTA ECONÓMICA (máximo 30 puntos) MEJORA EN MEDIOS HUMANOS (máximo 15 puntos) MEJORA EN ATENCIÓN AL PÚBLICO (máximo 15 puntos) PLAZO DE EJECUCIÓN Y CRONOGRAMA (máximo 5 puntos) TOTAL PUNTOS SOBRE C (máximo 65 puntos) PUNTUACIÓN TOTAL ASESORAMIENTO TRIBUTARIO LOCAL S.L. 25,75 0,000 0,00 0,00 5,00 5,00 30,75 € EIBISA NORTE S.L. 18,00 16,658 15,00 15,00 5,00 51,66 69,66 € LAGARES OCA, S.L. 25,00 26,342 15,00 15,00 5,00 61,34 86,34 € LAYA, S.L. 20,50 16,658 15,00 5,00 5,00 41,66 62,16 € SERVICIOS DE COLABORACION INTEGRAL S.L. 22,00 13,792 15,00 15,00 5,00 48,79 70,79 € LOTE 3: CONCELLOS DE OIA E O ROSAL ‐ PUNTUACIONES FINALES SOBRE B EMPRESAS TOTAL PUNTOS SOBRE B (máximo 35 puntos) OFERTA ECONÓMICA (máximo 30 puntos) MEJORA EN MEDIOS HUMANOS (máximo 15 puntos) MEJORA EN ATENCIÓN AL PÚBLICO (máximo 15 puntos) PLAZO DE EJECUCIÓN Y CRONOGRAMA (máximo 5 puntos) TOTAL PUNTOS SOBRE C PUNTUACIÓN TOTAL ASESORAMIENTO TRIBUTARIO LOCAL S.L. 25,75 0,000 0 0,00 5,00 5,00 30,75 € EIBISA NORTE S.L. 19,00 16,588 15 7,00 2,00 40,59 59,59 € LAGARES OCA, S.L. 24,00 25,832 15 11,50 5,00 57,33 81,33 € LAYA, S.L. 18,50 19,362 15 5,00 5,00 44,36 62,86 € SERVICIOS DE COLABORACION INTEGRAL S.L. 22,00 13,622 15 15,00 5,00 48,62 70,62 € ELVELB, S.L. 10,00 Unha vez efectuada a valoración total, a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 25 de febreiro de 2015, propón a adxudicación do contrato ás empresas que de seguido se detallan, ó considerar que realizaron as ofertas economicamente máis vantaxosas: Lotes Concellos a revisar Oferta economicamente máis vantaxosa Nº 1 Concello de Valga Lagares Oca, S.L. B-36.813.715 Nº 2 Concello de A Estrada Lagares Oca, S.L. B-36.813.715 Nº 3 Concellos de Oia e O Rosal Lagares Oca, S.L. B-36.813.715 Mediante Resolución Presidencial de data 2 de marzo de 2015 e con número de rexistro 2015006074 requiriuse á empresa Lagares Oca, S.L. para que no prazo de 10 días hábiles presentase a documentación acreditativa da capacidade de obrar, da solvencia económica e técnica, de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como de dispoñer dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de ter constituídas as garantías definitivas, equivalentes ó 5% do orzamento base de licitación para cada un dos lotes, excluído o IVE, con motivo de ter formulado as ofertas economicamente máis vantaxosas de todas as presentadas ó presente procedemento. Así mesmo, requírese para que ingresen na Tesourería da Deputación de Pontevedra os gastos dos anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra por importe de 195,30 €. A empresa achegou toda a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución das garantías definitivas polos seguintes importes: LOTES EMPRESAS GARANTÍAS DEFINITIVAS Nº 1 Lagares Oca, S.L. 977,42€ (5% de 19.548,50€) Nº 2 Lagares Oca, S.L. 4.110,72€ (5% de 82.214,50€) Nº 3 Lagares Oca, S.L. 2.492,47€ (5% de 49.849,50€) Polo tanto, unha vez cumpridos todos os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co disposto no artigo 151.3 do R.d.l. 3/2011, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de Contratos do Sector Público. Considerando que a disposición adicional segunda do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, tendo en conta o disposto no art. 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, reguladora das Facendas Locais e o establecido na base 16ª.2) das vixentes bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, onde figura que lle comete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición de gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato dun “Servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procesos de inspección tributaria, das taxas delegadas polos Concellos de Valga, A Estrada, Oia e O Rosal”, a seguinte empresa, ó tratarse das ofertas economicamente máis vantaxosas para cada un dos lotes que integran o contrato: Lotes Concellos a revisar Empresa adxudicataria Nº 1 Concello de Valga Lagares Oca, S.L. B-36.813.715 Nº 2 Concello de A Estrada Lagares Oca, S.L. B-36.813.715 Nº 3 Concellos de Oia e O Rosal Lagares Oca, S.L. B-36.813.715 Os prezos unitarios e os importes máximos de adxudicación son os que a continuación se detallan: LOTE Nº 1: CONCELLO DE VALGA Empresa: Lagares Oca, S.L. CIF.: B-36.813.715 PREZO OFRECIDO POR UNIDADE CENSAL, IVE non incluído LIXO (altas)- unidades estimadas 5,81 € LIXO (conformes, modificados e baixas) – unidades reais 4,60 € SUMIDOIROS (altas) – unidades estimadas 2,80 € SUMIDOIROS (conformes, modificados e baixas) – unidades reais 1,66 € DOMICILIACIÓNS 0,50 € Importe máximo total, sen IVE IVE (21%) Importe máximo total, con IVE Concello de Valga 16.258,60 € 3.414,31 € 19.672,91 € LOTE Nº 2: CONCELLO DE A ESTRADA Empresa: Lagares Oca, S.L. CIF.: B-36.813.715 PREZO OFRECIDO POR UNIDADE CENSAL, IVE non incluído LIXO (altas)- unidades estimadas 5,90 € LIXO (conformes, modificados e baixas) – unidades reais 4,65 € VADOS (altas) – unidades estimadas 5,81 € VADOS (conformes, modificados e baixas) – unidades reais 4,15 € DOMICILIACIÓNS 0,50 € Importe máximo total, sen IVE IVE (21%) Importe máximo total, con IVE Concello de A Estrada 68.188,65 € 14.319,62 € 82.508,27 € LOTE Nº3: CONCELLOS DE O ROSAL E OIA Empresa: Lagares Oca, S.L. CIF.: B-36.813.715 CONCELLO DE O ROSAL PREZO OFRECIDO POR UNIDADE CENSAL, IVE non incluído LIXO (altas)- unidades estimadas 5,81 € LIXO (conformes, modificados e baixas) – unidades reais 4,60 € AUGA (altas) - unidades estimadas 2,49 € AUGA (conformes, modificados e baixas) - – unidades reais 1,66 € SUMIDOIROS (altas) - unidades estimadas 2,49 € SUMIDOIROS (conformes, modificados e baixas) - – unidades reais 1,66 € VADOS (altas) - unidades estimadas 5,81 € VADOS (conformes, modificados e baixas) - – unidades reais 4,10 € DOMICILIACIÓNS 1,66 € CONCELLO DE OIA LIXO (altas)- unidades estimadas 5,81 € LIXO (conformes, modificados e baixas) – unidades reais 4,60 € DOMICILIACIÓNS 1,66 € Importe máximo total, sen IVE IVE (21%) Importe máximo total, con IVE Concello de O Rosal 31.042,48 € 6.518,92 € 37.561,40 € Concello de Oia 10.499,40 € 2.204,87 € 12.704,27 € Total lote nº 3 41.541,88 € 8.723,79 € 50.265,67 € 2.- O “prazo de execución” ofrecido pola empresa para cada un dos lotes é o seguinte: Lotes Empresas Prazo Execución Nº 1 Concello de Valga 9 meses e medio Nº 2 Concello de A Estrada 12 meses e medio Nº 3 Concellos de O Rosal e Oia 12 meses e medio 3.- O aboo do prezo será satisfeito en base ós prezos unitarios adxudicados, e en proporción ó total de empadroados que se deriven da revisión de cada concello. Unicamente aboaranse aquelas unidades censuais susceptibles de ser obxecto de imposición das correspondentes taxas e que se atopen debidamente validadas polo Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección, de conformidade co disposto na cláusula 1ª.5 do AnexoI do prego administrativo. 4.- Non procede revisión de prezos. 5.- O adxudicatario deberá cumprir coas melloras ofrecidas na memoria técnica do contrato e se achegan como anexo. 6.- O prazo de garantía será de 18 meses a partir do día seguinte á sinatura da acta do recepción do contrato. 5.23239.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “REHABILITACIÓN DE FIRME EN E.P. 5002 CAÑIZA-MOURENTAN, PK 0+000 A 12+990 (A CAÑIZAARBO)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 19/09/2014, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Rehabilitación de firme en E.P. 5002 Cañiza-Mourentán, PK 0 +000 a 12 +990 (A CañizaArbo)”, con orzamento de 242.337,82 €, máis a cantidade de 50.890,94 € correspondente ó IVE. Resultando que o día 24/10/2014, se constituíu a Mesa de Contratación procedendo ó estudo da documentación administrativa contida nos sobres “A”, admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 27/10/2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B”, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que o día 12/03/2015, unha vez avaliada a documentación técnica, procedeuse á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, co seguinte resultado: Licitador Puntuación Sobre “B” Oferta % Control Calidade Construcciones Rafer, S.L. 45,07 197.790,00€ 4,00 Extraco, S.A. 44,40 218.661,00€ 5,00 Narom, S.L. 38,84 209.864,55€ 4,00 Construccions, Obras E Viais, S.A. 37,99 203.806,11€ 3,00 Obras, Transportes y Construcciones Fontefria, S.L. 35,32 223.920,00€ 3,00 Hordescon, S.L. 32,74 226.319,29€ 5,00 Marconsa, S.L. 31,61 233.153,21€ 3,00 Queda excluída, por non alcanzar 30 puntos na valoración técnica, a oferta presentada por Emergis Construccion, S.L. (26,07 puntos). Resultando que valoradas as ofertas se obtén a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Construcciones Rafer, S.L. 45,07 45,892 90,962 Construccions, Obras e Viais, S.A. 37,99 39,692 77,682 Narom, S.L. 38,84 35,456 74,296 Extraco, S.A. 44,40 28,537 72,937 Obras, Transportes y Construcciones Fontefria, S.L. 35,32 21,309 56,629 Hordescon, S.L. 32,74 20,924 53,664 Marconsa, S.L. 31,61 12,130 43,740 Resultando que Construcciones Rafer, S.L. obtén a máxima puntuación a Mesa de Contratación propón requirir á dita empresa para que presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución da obra, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5,00% do orzamento de adxudicación excluído o IVE, así como proceder ó ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio de licitación no BOP, propoñendo, unha vez cumprido o requirimento, a adxudicación da obra. Resultando que Construcciones Rafer, S.L., atendendo ó requirimento formulado mediante resolución n.º 2015007299, presentou a documentación requirida, así como a garantía definitiva por importe de 9.889,50 €, segundo acredita mediante carta de pagamento n.º201500043305, de data 27/3/2015, e que ingresou a cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcciones Rafer, S.L. (CIFnºB-36052702) a obra “Rehabilitación de firme en E.P. 5002 Cañiza-Mourentán, PK 0+000 a 12+990 (A Cañiza-Arbo)”, de acordo co seguinte detalle: Importe, sen IVE 197.790,00 € IVE 41.535,90 € Importe total 239.325,90 € Prazo de execución vinte e un días Melloras ofertadas 34.958,00 € Control de calidade 4,00 % 6.23240.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS INCLUÍDOS NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) (7ª RELACIÓN) Á vista das solicitudes e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvencións a diversos concellos da provincia para financiar investimentos incluídos no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15); vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a concesión de subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa, para os investimentos que se relacionan na mesma, por un importe total de setecentos noventa e catro mil cincocentos sesenta euros con noventa e un céntimos (794.560,91€) todas elas con cargo ó Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15). - As solicitudes dos Concellos de Baiona e Gondomar están pendentes da confirmación das autorizacións sectoriais pertinentes polo que será necesario que, á maior brevidade posible, se acredite a dispoñibilidade dos terreos para a normal execución dos investimentos mediante o certificado do Secretario do Concello que verifique tal pormenor, así como que se atenden ós condicionantes que nas mesmas se poidan impoñer. Non se librarán as subvencións se non obran no expediente de concesión toda a documentación conforme se dispón nas bases reguladoras da convocatoria. - O procedemento de concesión é o de concorrencia. Concello beneficiario da subvención Denominación investimento Expte. Orzamento Importe da subvención Observacións á documentación presentada Baiona Proxecto de restitución da senda fluvial no río FragaBaioa PPOS/15/00972/ 201500155 279.050,66 279.050,66 Condicionada Cañiza Beirarrúa na rúa Progreso PPOS/15/00612/ 201500154 87.198,12 87.198,12 Non A Lama Mellora de pavimento e ensanche nas parroquias de Berducido, Gaxate, Seixido e Barcia PPOS/15/01041/ 201500140 60.010,54 60.010,54 Non Gondomar Reforma da rúa emigrante entre a rúa Angel de Urzaiz e rúa Levada de Beco PPOS/15/00920/ 201500150 60.494,71 60.494,71 Condicionada Gondomar Construción segunda pista de tenis no Parque das Cercas PPOS/15/00920/ 201500156 60.469,52 60.469,52 Condicionada Forcarei Mellora da capa de rodadura e sinalización en rúas dos núcleos urbanos de Forcarei e Soutelo de Montes PPOS/15/00918/ 201500157 148.273,07 148.273,07 Non Portas Alcantarillado en Barreiro e Souto – Portas PPOS/15/00900/ 201500142 99.064,29 99.064,29 Non Total 794.560,91 Convén recordar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito, esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 7.23241.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “BOMBEO DE AUGAS RESIDUAIS DE URBANIZACIÓN NO LUGAR DE LOUSADO-BORREIROS”, INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade reservada no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15) á concesión directa, libre disposición do presidente, para financiar o investimento proposto polo Concello de Gondomar “Bombeo de augas residuais de urbanización no lugar de Lousado-Borreiros”, vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Gondomar con CIF núm. P3602100D, a cantidade de sesenta mil catrocentos setenta e tres euros con vinte e un céntimos (60.473,21€), para a realización do investimento (ref.: PPOS/15/00920/201500120), denominado “Bombeo de augas residuais de urbanización no lugar de Lousado-Borreiros” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 60.473,21 €. No obstante, tal e como se desprende de certificación do secretario do concello, están pendentes de resolución autorizacións sectoriais polo que será necesario que no momento que se posúan, o Concello acredite a total dispoñibilidade dos terreos necesarios para a normal execución do investimento mediante a certificación expedida polo secretario que verifique este extremo. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 8.23242.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á PARROQUIA DE LAMAS DE TRABANCA SAN MAMED DO CONCELLO DE AGOLADA, PARA AS “OBRAS DE REFORMA DA IGREXA PARROQUIAL”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Parroquia de Lamas de Trabancas San Mamed con CIF:R3600241H, do Concello de Agolada, por un importe de 2.344,00 € para “Obras de reforma da igrexa parroquial” con cargo á aplicación 14/330.334.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 24/03/2015, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2015, para a xustificación da citada subvención. 9.23243.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “OS MUIÑOS DE CURANTES”, DO CONCELLO DA ESTRADA, PARA AS “OBRAS DE REHABILITACIÓN DO LOCAL SOCIAL”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Asoc. de Mulleres Rurais “Os Muiños de Curantes” con CIF:G36.462.273, do Concello da Estrada, por un importe de 1.635,00€ para “Obras de rehabilitación do local social” con cargo á aplicación 14/330.334.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 24/03/2015, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2015, para a xustificación da citada subvención. 10. 23244.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CENTRO CULTURAL E SOCIAL DE SOUTELO DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS, PARA AS “OBRAS DE PINTADO E REFORMA DA FACHADA DO CENTRO CULTURAL”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor do Centro Cultural e Social de Soutelo con CIF: V-36.179.828, do Concello de Salceda de Caselas, por un importe de 3.652,00 € para “Obras de pintado e reforma da fachada do Centro cultural” con cargo á aplicación 14/330.334.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 31/03/2015, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2015, para a xustificación da citada subvención. 11. 23245.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DA GUARDA DO CONCELLO DA GUARDA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Agrupación Coral Polifónica da Guarda con CIF: G-36.152.775, do Concello da Guarda, por un importe de 611,00 €, para a “Adquisición de instrumentos” con cargo á aplicación 14/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 06/04/2015, da citada Agrupación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 12. 23246.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL A VERTULA DO CONCELLO DE MEIS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Asoc. Cultural A Vertula con CIF: G-36.197.093, do Concello de Meis, por un importe de 1.039,00 €, para a “Adquisición de instrumentos musicais” con cargo á aplicación 14/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 07/03/2015, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 13. 23247.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE BEADE (AVCU-CSCR) DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO GRUPO SEMENTE DA ARTE GALEGA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Asoc. de Veciños de Beade (AVCU-CSCR) con CIF: G-36.632.081, do Concello de Vigo, por un importe de 999,00 €, para a “Adquisición de vestiario grupo Semente da arte galega” con cargo á aplicación 14/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 31/03/2015, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 14. 23248.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN MICOLÓXICA “A ZARROTA,” DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “A ZARROTA, 52 ANOS DE MICOLOXÍA EN VIGO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 26/09/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 26/09/2014 unha subvención a favor da Agrupación Micolóxica A Zarrota (CIF: G36688901), do Concello de Vigo, por un importe de 831,00 €, para a “A Zarrota, 52 anos de micoloxía en Vigo”, con cargo á aplicación 14/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 31/03/2015, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 15.23249.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN ACOFRAM, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O PROXECTO “CONSTRUAMOS FUTURO NO PRESENTE” A Asociación ACROFAM do Concello de A Estrada solicitou a concesión dunha subvención por importe de 6.000,00 € para a realización do proxecto de “Construamos futuro no presente”. Esta subvención solicitouse ó abeiro das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 4 de data 8 de xaneiro de 2014, e posterior corrección de erro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 11 de data 17 de xaneiro de 2014. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión do día 30 de maio de 2014 acordou concederlle á Asociación ACROFAM, unha subvención por importe de 2.000,00 € para a realización do proxecto de “Construamos futuro no presente”. A Asociación ACROFAM, a través de escrito de data 12 de febreiro de 2015 presentado no Rexistro Xeral da Deputación, o día 12 de febreiro de 2015, co número de entrada 2015019787, participa a renuncia á subvención concedida por importe de 2.000,00 € para o proxecto de “Construamos futuro no presente”. De conformidade coa cláusula décimo terceira das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014, aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2013, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 4 de data 8 de xaneiro de 2014 as entidades beneficiarias que renuncien á subvención unha vez concedida ou que non presenten a súa xustificación nos prazos indicados serán penalizadas coa perda do dereito a presentarse na convocatoria do seguinte exercicio. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia da Asociación ACROFAM, á subvención concedida por importe de 2.000,00 € para o proxecto de “Construamos futuro no presente” ó abeiro das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014. 2. A renuncia á citada subvención queda penalizada coa perda do dereito a presentarse na convocatoria do exercicio do 2015. 16.23250.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE RESIDENCIAS E CENTROS DE ANCIÁNS DE INICIATIVA SOCIAL “ACOLLE”, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O PROXECTO “MANTEMENTO DA ACTIVIDADE DE MUSICOTERAPIA” A Asociación Galega de Residencias de Anciáns de Iniciativa Social “Acolle” do Concello de Tui solicitou a concesión dunha subvención por importe de 6.125,63 € para a realización do proxecto de “Mantemento da actividade de musicoterapia”. Esta subvención solicitouse ó abeiro das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 4 de data 8 de xaneiro de 2014, e posterior corrección de erro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 11 de data 17 de xaneiro de 2014. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión do día 30 de maio de 2014 acordou concederlle á Asociación Galega de Residencias de Anciáns de Iniciativa Social “Acolle”, unha subvención por importe de 1.862,00 € para a realización do proxecto de “Mantemento da actividade de musicoterapia”. A Asociación Galega de Residencias de Anciáns de Iniciativa Social “Acolle”, a través de escrito de data 3 de marzo de 2015 presentado no Rexistro Xeral da Deputación, o día 3 de marzo de 2015, co número de entrada 2015026414, participa a renuncia á subvención concedida por importe de 1.862,00 € para o proxecto de “Mantemento da actividade de musicoterapia”. De conformidade coa cláusula décimo terceira das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014, aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2013 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 4 de data 8 de xaneiro de 2014, as entidades beneficiarias que renuncien á subvención unha vez concedida ou que non presenten a súa xustificación nos prazos indicados serán penalizadas coa perda do dereito a presentarse na convocatoria do seguinte exercicio. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia da Asociación Galega de Residencias de Anciáns de Iniciativa Social “Acolle”, á subvención concedida por importe de 1.862,00 € para o proxecto de “Mantemento da actividade de musicoterapia” ó abeiro das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014. 2. A renuncia á citada subvención queda penalizada coa perda do dereito a presentarse na convocatoria do 2015. 17.23251.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MARKETING SOCIAL “ADEMÁS”, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O PROXECTO “GUÍA DE COIDADOS A PERSOAS DEPENDENTES” A Asociación de Marketing Social “Además” do Concello de Vigo solicitou a concesión dunha subvención por importe de 6.000,00 € para a realización do proxecto de “Guía de coidados a persoas dependentes”. Esta subvención solicitouse ó abeiro das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 4 de data 8 de xaneiro de 2014, e posterior corrección de erro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 11 de data 17 de xaneiro de 2014. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión do día 30 de maio de 2014 acordou concederlle á Asociación de Marketing Social “Además”, unha subvención por importe de 1.000,00 € para a realización do proxecto de “Guía de coidados a persoas dependentes”. A Asociación de Marketing Social “Además” a través de escrito de data 29 de xaneiro de 2015 presentado no Rexistro Xeral da Deputación, o día 30 de xaneiro de 2015, co número de entrada 2015011655, participa a renuncia á subvención concedida por importe de 1.000,00 € para o proxecto de “Guía de coidados a persoas dependentes”. De conformidade coa cláusula décimo terceira das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014, aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2013, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 4 de data 8 de xaneiro de 2014 as entidades beneficiarias que renuncien á subvención unha vez concedida ou que non presenten a súa xustificación nos prazos indicados serán penalizadas coa perda do dereito a presentarse na convocatoria do seguinte exercicio. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia da Asociación de Marketing Social “Además” á subvención concedida por importe de 1.000,00 € para o proxecto de “Guía de coidados a persoas dependentes” ó abeiro das bases reguladoras das subvencións dirixidas a Entidades de Iniciativa Social, no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014. 2. A renuncia á citada subvención queda penalizada coa perda do dereito a presentarse na convocatoria do exercicio do 2015. 18.23252.- APROBACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADHESIÓN PRESENTADAS POR DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Ó PROGRAMA “ACTÍVATE 2015” A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa “Actívate” do ano 2015, co obxecto de regular a concesión de axudas destinadas a desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre e para mellorar a formación básica da mocidade da Provincia de Pontevedra. Ó programa Actívate para o ano 2015, poden adherirse os concellos da Provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Cada concello pode escoller unha actividade formativa das que figuran no catálogo publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra, agás os de máis de 15.000 habitantes que poden escoller dúas. Os beneficiarios do programa Actívate para o ano 2015 son prioritariamente os mozos de 16 ata 35 anos de idade residentes no concello solicitante da actividade formativa correspondente, aínda que tamén poden participar persoas doutros concellos no caso de que quedaren prazas vacantes. As bases do programa “Actívate 2015” foron publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1 de data 2 de xaneiro de 2015, e presentaron solicitude de adhesión un total de 57 concellos da Provincia de Pontevedra (55 concellos durante o prazo concedido ó efecto e dous deles fóra de prazo). A Traballadora Social adscrita a Servizos Sociais do Centro Príncipe Felipe, con data 6 de abril de 2015, emite un informe en onde deixa constancia de que un total de cincuenta e sete concellos da Provincia de Pontevedra presentaron a solicitude de adhesión ó programa “Actívate 2015”, o que supón un total de 71 accións formativas. Para facer fronte ós gastos que supón a realización das actividades previstas no programa Actívate 2015 existe crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07, por importe de 102.120,00 €. Considerando o establecido na cláusula sétima das bases reguladoras do programa “Actívate 2015”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as solicitudes de adhesión ó programa “Actívate 2015”, presentadas polos concellos da Provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que a continuación se relacionan, e que supoñen a realización de un total de setenta e una accións formativas a desenvolver en ditos concellos. A relación de concellos adheridos o programa “Actívate 2015” e o número de acción formativas concedidas son as seguintes: 1. Concellos da Provincia de Pontevedra de máis de 15.000 habitantes que presentaron solicitude de adhesión ó programa “Actívate 2015” e que escolleron dúas accións formativas incluídas no catálogo publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra. O total das accións formativas destes concellos de máis de 15.000 habitantes e de vinte e oito. Concello Número de Accións Formativas 1 Cangas 2 accións formativas 2 Estrada, A 2 accións formativas 3 Lalín 2 accións formativas 4 Marín 2 accións formativas 5 Moaña 2 accións formativas 6 Mos 2 accións formativas 7 Nigrán 2 accións formativas 8 Poio 2 accións formativas 9 Ponteareas 2 accións formativas 10 Porriño, O 2 accións formativas 11 Redondela 2 accións formativas 12 Sanxenxo 2 accións formativas 13 Tui 2 accións formativas 14 Vilagarcía De Arousa 2 accións formativas 2. Concellos da Provincia de Pontevedra que presentaron solicitude de adhesión ó programa “Actívate 2015” e que escolleron unha acción formativa incluída no catálogo publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra. O total das accións formativas destes concellos é de corenta e tres. Concello Número de accións formativas 1 Agolada 1 acción formativa 2 Arbo 1 acción formativa 3 Baiona 1 acción formativa 4 Barro 1 acción formativa 5 Bueu 1 acción formativa 6 Caldas De Reis 1 acción formativa 7 Cambados 1 acción formativa 8 Campo Lameiro 1 acción formativa 9 Cañiza, A 1 acción formativa 10 Cerdedo 1 acción formativa 11 Cotobade 1 acción formativa 12 Covelo 1 acción formativa 13 Crecente 1 acción formativa 14 Cuntis 1 acción formativa 15 Forcarei 1 acción formativa 16 Fornelos de Montes 1 acción formativa 17 Gondomar 1 acción formativa 18 Grove, O 1 acción formativa 19 Guarda, A 1 acción formativa 20 Illa de Arousa, A 1 acción formativa 21 Lama, A 1 acción formativa 22 Meaño 1 acción formativa 23 Meis 1 acción formativa 24 Mondariz 1 acción formativa 25 Mondariz - Balneario 1 acción formativa 26 Moraña 1 acción formativa 27 Neves, As 1 acción formativa 28 Oia 1 acción formativa 29 Pazos de Borbén 1 acción formativa 30 Ponte Caldelas 1 acción formativa 31 Pontecesures 1 acción formativa 32 Portas 1 acción formativa 33 Ribadumia 1 acción formativa 34 Rosal, O 1 acción formativa 35 Salceda de Caselas 1 acción formativa 36 Salvaterra do Miño 1 acción formativa 37 Silleda 1 acción formativa 38 Soutomaior 1 acción formativa 39 Tomiño 1 acción formativa 40 Valga 1 acción formativa 41 Vila de Cruces 1 acción formativa 42 Vilaboa 1 acción formativa 43 Vilanova de Arousa 1 acción formativa 19.23253.- APROBACIÓN DAS AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA 2015 PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 30 de decembro de 2014 aprobou as bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra 2015 que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 9 de data 15 de xaneiro de 2015. Estas axudas básicas de emerxencia convocáronse co obxectivo de apoiar ós concellos da Provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes de xeito excepcional e extraordinario, para que poidan atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns dos seus concellos que se atopen en situación de risco ou exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ó seu cargo nesta situación. Na bases que regulan a concesión destas axudas figura que van destinadas ós servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes da Provincia de Pontevedra que tramitarán as axudas ós beneficiarios, persoas maiores de idade empadroadas en calquera destes concellos, que carezan de ingresos suficientes para facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda. A tipoloxía das axudas abarca alimentación, uso de vivenda, pago de recibos, pago de produtos de hixiene e limpeza, pago de farmacia, pago de desprazamentos e apoio á infancia. A contía das axudas establecidas para os concellos de menos de 20.000 habitantes da Provincia de Pontevedra, están determinadas para cada un en función da poboación e da porcentaxe de desemprego respecto do total da súa poboación, ascendendo a cantidade de 365.000,00 €, o importe total aprobado pola Xunta de Goberno para facer fronte a esta convocatoria de axudas. Dentro do prazo concedido ó efecto e que rematou o día 14 de febreiro de 2015, presentaron solicitude para acceder as axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra os concellos de Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz Balneario, Moraña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño, e Vila de Cruces. A solicitude do Concello de Vilanova de Arousa ten entrada na Deputación de Pontevedra o día 9 de marzo de 2015. A Xefa de Negociado de Servizos Sociais a través de informe de data 18 de marzo de 2015 cuantifica a cantidade que lle corresponde a cada un dos citados concellos que solicitaron estas axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra. Considerando que o órgano competente para a aprobación das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base oitava destas axudas publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 9 de data 15 de xaneiro de 2015. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015 a favor dos trinta e oito concellos de menos de 20.000 habitantes da Provincia de Pontevedra que a continuación se relacionan, por un importe global de douscentos cincuenta e nove mil euros (259.000,00 €), de acordo co seguinte detalle: Concello Importe Axuda Concello Importe Axuda Agolada 5.500,00 Meis 7.500,00 Baiona 8.000,00 Moaña 8.500,00 Barro 6.000,00 Mondariz-Balneario 5.500,00 Bueu 7.500,00 Moraña 6.000,00 Cambados 8.000,00 Nigrán 8.000,00 Campo Lameiro 6.000,00 Oia 6.000,00 Cañiza, A 7.500,00 Pazos de Borbén 7.500,00 Catoira 6.000,00 Poio 8.500,00 Cerdedo 5.500,00 Ponte Caldelas 7.500,00 Cotobade 6.000,00 Pontecesures 6.000,00 Covelo 5.500,00 Porriño, O 8.500,00 Cuntis 6.000,00 Portas 6.000,00 Forcarei 5.500,00 Rodeiro 5.000,00 Fornelos de Montes 6.000,00 Salceda de Caselas 7.500,00 Gondomar 8.000,00 Salvaterra de Miño 7.500,00 Grove, O 8.000,00 Soutomaior 7.500,00 Guarda, A 7.500,00 Tomiño 8.000,00 Illa de Arousa, A 6.000,00 Vila de Cruces 6.000,00 Lama, A 5.500,00 Vilanova de Arousa 8.000,00 2. Que unha vez comprobado que cada concello cumpre coas obrigas tributarias coa AEAT, coa Deputación de Pontevedra e coa Seguridade Social, e de conformidade coa base 8ª das reguladoras destas axudas se proceda a efectuar o pagamento anticipado do 50% das achegas, por un importe global de cento vinte e nove mil cincocentos euros (129.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15/232.2313.462.00, e de acordo co seguinte detalle: Concello 50% Anticipo Concello 50% Anticipo Agolada 2.750,00 Meis 3.750,00 Baiona 4.000,00 Moaña 4.250,00 Barro 3.000,00 Mondariz-Balneario 2.750,00 Bueu 3.750,00 Moraña 3.000,00 Cambados 4.000,00 Nigrán 4.000,00 Campo Lameiro 3.000,00 Oia 3.000,00 Cañiza, A 3.750,00 Pazos de Borbén 3.750,00 Catoira 3.000,00 Poio 4.250,00 Cerdedo 2.750,00 Ponte Caldelas 3.750,00 Cotobade 3.000,00 Pontecesures 3.000,00 Covelo 2.750,00 Porriño, O 4.250,00 Cuntis 3.000,00 Portas 3.000,00 Forcarei 2.750,00 Rodeiro 2.500,00 Fornelos de Montes 3.000,00 Salceda de Caselas 3.750,00 Gondomar 4.000,00 Salvaterra de Miño 3.750,00 Grove, O 4.000,00 Soutomaior 3.750,00 Guarda, A 3.750,00 Tomiño 4.000,00 Illa de Arousa, A 3.000,00 Vila de Cruces 3.000,00 Lama, A 2.750,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición