ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.805
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2014-12-30_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/3.2014-12-30_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2014-12-30_Extraordinaria

  • Data(s) 2014-12-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 71 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de decembro do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trinta de decembro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o señor Deputado Don Uxío Benítez Fernández (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: a) Parte resolutiva: 1.6553.- APROBACIÓN DOS ANTICIPOS ORDINARIOS DE RECADACIÓN ÓS CONCELLOS PARA O ANO 2015 Sr. Presidente.- Bos días. Primeiro punto da orde do día. Aprobación dos anticipos ordinarios da recadación ós concellos para o ano 2015. Bueno, pois se aproba, entón, anticipar ós concellos a cantidade de xaneiro a xullo, de 40.438.330 euros, e de agosto a outubro, 14.169.000 euros, que suman un total de anticipos sobre recadación ós concellos para o ano 2015 de 54.607.558,94 euros. Aquí aparece a relación de todos e cada un dos concellos co fin de que a partir de xaneiro poidan ter a liquidez suficiente e necesaria para afrontar os seus pagos. Sr. Figueroa. Polo tanto, votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor? Polo tanto, queda aprobado ese financiamento de anticipos ós concellos en base á súa recadación do ORAL por importe 54.000.000 euros. Co fin de colaborar na xestión económico financeira dos concellos, de conformidade ó disposto no artigo 149 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, contémplase a posibilidade de concederlles anticipos a conta da recadación delegada. Resultando que polo Sr. Tesoureiro infórmase, á vista do informe emitido polo Servizo de xestión orzamentaria e contabilidade ORAL, do cálculo mensual das entregas á conta da recadación para 2015 ós concellos que teñen delegada na Deputación a xestión e recadación en período voluntario referida ós impostos de IBI Urbana, IBI Características Especiais, IAE Censo e IVTM. Resultando que a base de cálculo para estas entregas é a recadación en período voluntario referida ó 2014, resultando de dividir en doce partes o 100% das recadacións obtidas en 2014 polos impostos IBI Urbana, IBI Características Especiais, IVTM e IAE. Resultando que o importe mensual dos anticipos de xaneiro a xullo ascenderá a 5.613.251,29€. Finalizado o período voluntario de cobro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e practicada a correspondente liquidación, minorarase a contía mensual no importe referido ó anticipo de IVTM, resultando entregas mensuais polos conceptos de IBI (Imposto sobre bens de natureza urbana), BICES (Bens de características especiais) e IAE (Imposto sobres actividades económicas) de 4.608.423,27€ para o mes de agosto e seguintes, ata como máximo o mes de outubro. XANEIRO - XULLO 40.438.370,53 AGOSTO - OUTUBRO 14.169.188,41 TOTAL ANTICIPOS 54.607.558,94 O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a proposta sobre os anticipos ordinarios de recadación mensuais ós concellos para o exercicio 2015 coa desagregación e distribución que se achega na documentación que se acompaña, tendo en conta as variables estimadas para o seu cálculo. No caso de que as recadacións en período voluntario non foran suficientes para compensar o anticipado, detraerase o exceso na liquidación de executiva e liquidacións directas inmediatamente posteriores. Os importes mensuais individualizados por Concellos, son os que se indican: CONCELLOS ANTICIPOS XANEIRO-XULLO ANTICIPOS AGOSTO-OUTUBRO TOTAL ANUAL ARBO 263.403,12 91.868,87 355.272,00 BARRO 341.487,26 106.772,25 448.259,50 BAIONA 1.791.177,83 669.893,89 2.461.071,72 CALDAS DE REIS 1.066.864,88 365.080,84 1.431.945,72 CAMBADOS 1.099.948,09 351.792,49 1.451.740,58 CAMPO LAMEIRO 162.172,84 49.916,43 212.089,26 CANGAS 1.603.620,92 687.266,11 2.290.887,03 CAÑIZA (A) 482.719,29 174.378,84 657.098,13 CATOIRA 332.391,94 113.716,25 446.108,20 CERDEDO 123.067,33 39.433,79 162.501,11 COTOBADE 291.090,53 88.062,15 379.152,68 COVELO (O) 319.670,31 116.731,49 436.401,80 CRECENTE 124.358,41 38.632,40 162.990,81 CUNTIS 284.165,77 81.008,53 365.174,30 DOZÓN 66.327,18 19.712,92 86.040,10 ESTRADA (A) 1.636.554,96 497.454,52 2.134.009,48 AGOLADA 204.522,75 68.722,03 273.244,78 GONDOMAR 1.643.310,78 588.855,42 2.232.166,19 LALÍN 2.546.947,41 911.379,83 3.458.327,25 LAMA (A) 129.856,83 36.504,84 166.361,67 MEAÑO 439.633,59 143.700,28 583.333,87 MEIS 392.226,37 115.623,83 507.850,20 MOAÑA 1.455.212,81 477.696,98 1.932.909,78 MONDARIZ 390.707,96 124.516,20 515.224,15 MONDARIZ-BALNEARIO 72.774,08 25.805,09 98.579,17 MORAÑA 263.789,24 80.115,93 343.905,17 MOS 979.978,78 419.990,91 1.399.969,68 NEVES (AS) 251.722,77 70.275,09 321.997,86 NIGRÁN 2.186.180,05 936.934,31 3.123.114,35 OIA 144.107,60 38.891,11 182.998,71 PAZOS DE BORBÉN 167.357,78 47.132,43 214.490,21 PORRIÑO (O) 2.658.637,33 982.073,06 3.640.710,38 PORTAS 170.961,68 42.194,88 213.156,56 POIO 1.759.915,93 630.622,53 2.390.538,46 PONTEAREAS 1.747.024,80 534.517,56 2.281.542,35 PONTE-CALDELAS 462.645,40 152.984,30 615.629,71 PONTECESURES 335.221,54 122.509,92 457.731,45 RIBADUMIA 542.538,18 191.227,28 733.765,45 RODEIRO 282.365,60 94.396,94 376.762,55 ROSAL (O) 515.338,46 166.835,78 682.174,24 SALCEDA DE CASELAS 581.441,96 173.638,22 755.080,18 SALVATERRA DE MIÑO 768.978,56 242.513,38 1.011.491,94 SANXENXO 3.835.396,23 1.501.418,45 5.336.814,69 SILLEDA 837.221,56 265.458,60 1.102.680,16 SOUTOMAIOR 407.891,69 123.974,35 531.866,04 TOMIÑO 1.149.844,74 384.214,85 1.534.059,58 TUI 1.232.169,51 382.248,53 1.614.418,04 VALGA 359.087,28 107.222,54 466.309,82 VILABOA 227.704,52 97.587,65 325.292,17 VILA DE CRUCES 498.240,75 153.996,06 652.236,81 VILANOVA DE AROUSA 808.395,38 241.687,56 1.050.082,94 TOTAL 40.438.370,53 14.169.188,41 54.607.558,94 2.- No caso de que ó longo do ano 2015 se produzan novas delegacións de impostos referidos a estes anticipos, autorízase á Presidencia, previo informe da Tesourería, ó incremento proporcional dos anticipos mensuais no importe correspondente a cada concello e imposto incorporado. 3.- Igualmente as modificacións producidas coa incorporación de novas altas no padrón de IBI Urbana poderá modificar o cálculo de anticipos á alza no caso dos concellos que non teñan delegada a xestión catastral no ORAL. Autorízase á Presidencia, previo informe da Tesourería, ó incremento nos anticipos relativos ó IBI para os concellos que xustifiquen a incorporación no padrón de 2015 de novas altas. 2.6554.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Modificación da ordenanza reguladora da taxa polo servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, cremos que ía a empezar explicando en que consiste a modificación pero visto que non se fixo, pois bueno, vamos a dicilo e ver que pasa con isto. Vamos a ver, isto trátase do campo de fútbol de Príncipe Felipe, polas taxas por utilización; xa existían e auméntanse unhas novas categorías, o problema que hai é que, en fin, ou entendemos mal o expediente ou hai unha contradición, porque non se suprime o punto 2.2.5 que é por “Partido de competicións sen luz 12” o 2.2.6 que é “Partido de competición con luz 15” e despois engádese 2.2.7 “Partido de fútbol base sen luz 25”, “Partido de fútbol base con luz 30”, e despois veñen os de sénior. Entón, esas categorías 2.2.5 e 2.2.6 que son partidos, non sabemos a que partidos se refire, son todos partidos. Sr. Presidente.- Eu estou un pouco entrenado niso e pódolle dar unha explicación. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno pero, a ver, ¿e se resulta que estes partidos son os de veteranos?, entón, cobrarlle máis ó formativo que ós veteranos non parece razoable, entón, ou se nos explica ou aquí terían que desaparecer as categorías esas que existían antes. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, aí os que estamos un pouco entrenados no mundo do fútbol, a liquidación que se fai é mensual porque nadie vai a ir aí a Príncipe Felipe a, neste caso, a utilizar esa instalación por dúas horas e despois non aparece máis, polo tanto, as condicións dese acordo co club que sexa, en base a esas condicións que aparecen, que van aparecer publicadas, pois, vai a ser un contrato por un mes, por seis meses, que é o que habitualmente fan ou por temporada e, polo tanto, a liquidación para que sexa operativa vai a ser unha liquidación por temporada. Como vostede ben dicía aí, aí hai, evidentemente, a utilización desas instalacións en base á utilización con luz natural ou con luz artificial, que é o normal, porque encender, darlle ó machete para arriba ten un custo distinto a que sexa con luz natural e tamén xa se priman aí, precisamente, como se pode entender as categorías inferiores co cal, por certo, vamos a darlle unha solución, como diríamos …, vamos a darlle unha solución a Pontevedra, maioritariamente, que o concello non lle dá. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, xa empezamos, xa empezamos, ¡veña!, siga, siga. Sr. Presidente.- Non, e podo seguir, non empecei aínda pero podo, ou sexa, esa instalación vén a cubrir as necesidades que o concello de Pontevedra non lle dá ós seus deportistas e, entón, algún dos que están aquí pódense queixar tamén nese sentido, pero bueno, como está esa instalación aí, e entón o que fixemos foi darlle as posibilidades ós clubs de Pontevedra de que teñan unha instalación, porque lle recordo que Pontevedra, con 83.000 habitantes, ten as mesmas instalacións para práctica do fútbol que ten Vilanova de Arousa con 10.000, 10.000 contra 83.000, ou se imos máis cerca porque ten aí a compañeira ó lado, case ten os mesmos Vilaboa con 6.000, ou vai a ter, que os que ten Pontevedra, ¿que lle parece?. Eu sei que vostedes fan outro tipo de xestión e outras cousas pero, claro, os cidadáns piden infraestruturas para o deporte, ¿que lle parece?. Entón, púxenlle así unha similitude, ¿non?, para un goberno Bloque-Partido Socialista, un goberno PP e un goberno Bloque-Partido Socialista. Entón non sei quen está acertado se está acertado Vilaboa, tendo tres, os mesmos que Pontevedra con 83.000 habitantes, ou está acertado Pontevedra con catro, nos cales os catro, por certo, financiados pola Deputación de Pontevedra maioritariamente. É só para recordar. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, Sr. Presidente, moi simpático, ¿non?, como dicía, nada, non lle conto o chiste completo porque non ten ningún sentido. A ver, nin lle vou entrar en Pontevedra, creo que campos de fútbol en Pontevedra, creo que hai dezaoito, pero bueno, é igual, outra cousa é os de herba ou non, parece que só existen os de herba, creo que hai dezaoito máis algúns en colexios e demais, probablemente esteamos falando de vinte, non, non digo que non sei, creo que hai dezaoito. Bueno, pero non estaba falando diso, estaba falando de que hai unha contradición, lido tal como está na ordenanza das tarifas de Príncipe Felipe, porque, ¿como se distingue esa categoría 2.2.5 e 2.2.6, das que despois son 2.2.7 e 2.2.8 e 2.2.9, 2.2.10?. Porque en vez de suprimir esas que antes existían, para desagregalas, non se suprimiu, entón, hai unha xenérica e dúas desagregadas, entón, non acabamos de entender como demonio queda, porque, ¿cal delas se vai cobrar?, esa é a cuestión, quero dicir, hai un erro, creo, miralo por favor ou aclaralo. Sr. Presidente.- Non, non, eu ademais estiven supervisando iso e a Deputada de Deportes tamén. Polo tanto, Begoña. Sra. Estévez Bernárdez- Bos días a todos. Bueno, cando decidimos modificar a ordenanza coa taxa, pois, añadiuse esta categoría para ter en conta, precisamente, o fútbol base e, por un lado contémplase un partido completo ou a utilización do campo por fracción para entrenamentos, foi unha demanda nunha reunión que mantivemos cos clubes da cidade de Pontevedra, con todos os clubes que demandan instalacións deportivas porque non teñen sitio neste momento para poder entrenar e foi así e é unha realidade. Mantivemos unha reunión … Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Pero léano, léano, por favor, lean o que estou dicindo! Sr. Presidente.- Non, pero atenda. Mire, un partido dura noventa minutos. Sra. Estévez Bernárdez.- Un lado é un partido de competición é un partido normal que o regulamento de fútbol sala … Sr. Mosquera Lorenzo.- Se di competición, di competición no 2.2.5 e 2.2.6 di competición, ¿como se distingue?. Sra. Estévez Bernárdez.- Cada hora ou fracción de competición de clubes sen luz. Sr. Presidente.- Cada hora ou fracción. Sra. Estévez Bernárdez.- Pero hai partidos que duran corenta e cinco minutos, … Sr. Presidente.- Hai partidos que duran menos. Sra. Estévez Bernárdez.- … hai partidos que duran unha hora, partidos que duran menos. Sr. Presidente.- … non, home non, se isto é unha anécdota case. Sra. Estévez Bernárdez.- Contemplouse porque era unha realidade, de feito, o director da Cidade Infantil Príncipe Felipe, e falado cos técnicos da Cidade Infantil Príncipe Felipe, o uso da instalación corresponde con esta realidade e os tempos de xogo non son os mesmos para unha categoría sénior … Sr. Presidente.- Pero debatamos … Sra. Estévez Bernárdez.- … que para unha categoría de veteranos que para unha categoría de fútbol base. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero mira, mira, teño aquí outra, teño outra preciosa que supoño que tamén …, mire, no punto cinco. Sra. Estévez Bernárdez- No punto, ¿perdón?, é que non se escoita ben. Sr. Presidente.- Cinco, cinco. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, estamos co dous. No punto cinco, que é unha obra en Cerdedo, no expediente poñen que foi exposto ó público no concello de Valga, ¿eh?, e claro, estará ben, darame unha explicación de que é necesario o cruce, non, é que hai unha errata coma un mundo e aquí tamén a hai, hai unha errata, se queren corrixila corríxana e senón déixena, eu non vou intervir máis. Sra. Estévez Bernárdez.- Non, neste caso revisouse ademais e, non só polo Presidente da Deputación senón comigo, coas explicacións dos técnicos e quen se encargan do mantemento das instalacións da Cidade Infantil, e corresponde á realidade do uso do campo nos últimos anos, hai distintos horarios, distintas fraccións, hai partidos completos, hai entrenamentos … Sr. Presidente.- Niso estea tranquilo. Sra. Estévez Bernárdez.- Adecúase á realidade dos últimos anos e por iso engádese ese apartado de fútbol base. Se quere unha explicación complementaria, non se preocupe que, cos técnicos da Cidade Infantil, enviaremos un informe ós portavoces do BNG e do Partido Socialista do uso do campo nos últimos anos así como da residencia, tamén moi demandada polos clubes de Pontevedra para facer campus e a utilización da residencia co aboo da nova taxa correspondente, cando hai eventos deportivos e non se pode asumir o pago dun hotel. Entón, é unha realidade que se acordou ademais e se falou cos clubes, principalmente, da cidade de Pontevedra, que son os que demandan o uso das instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe e, é unha realidade, ¿non?, non é que esteamos votando en cara nada, é o que hai e non se pode negar. Sr. Presidente.- Sobre esta parte podemos debater que ten interese, ¿non?. Sra. Estévez Bernárdez.- O que é é e o que non non, como di a miña avoa. Sr. Presidente.- Bueno, entón, ¿as bases están publicadas xa?, ¿non?. Sra. Estévez Bernárdez.- Si, publicaranse as bases na páxina web da Deputación de Pontevedra, xa está aberto o prazo, creo recordar, para que presenten os clubes as solicitudes. Xa fomos recibindo solicitudes ó largo deste tempo pero agora vamos a regulalo para que o campo poida ser usado, de acordo cun baremo, polos clubes demandantes a partir xa do ano 2015, porque hai máis demanda que horarios dispoñibles e esa é a realidade. Sr. Presidente.- Bueno, eu sigo dicindo que Pontevedra está carente de infraestruturas deportivas e, polo tanto, invito ó concello de Pontevedra, unha vez máis, a que cubra esas necesidades. Agora vamos cubrir nós unha parcela que non cubre, tamén, dalgunha maneira o concello pero aínda así creo que teñen que facer vostedes bastante máis e ás comparacións que acabo de dicir me remito. Sr. Presidente.- Espera que está aquí o Sr. Mosquera que me quere …, agora vou para alá. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, con respecto á ordenanza, se queren, antes de publicala poden ou aclarar ou corrixir o erro, é igual, se se empecinan en que non … , en que competición … Sr. Presidente.- Non home non, somos humanos, tamén nos equivocamos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perfecto, pero en todo caso é un problema técnico e á arreglar. Sra. Estévez Bernárdez.- Si, non se preocupe, completamos o informe para os grupos, perdón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Con respecto ós campos, “now problem”, “now problem”, e creo que en Vigo esta Deputación fixo trece campos, senón me equivoco, … Sr. Presidente.- Si, catorce. Sr. Mosquera Lorenzo.- Catorce agora co de Coia, catorce, moi ben, pois entón, en Pontevedra un fíxoo o concello, tres fíxose en convenio coa Deputación. Sr. Presidente.- Non, o concello só non fixo ningún. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, fixo un, si. Sr. Presidente.- ¿Cal foi?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Fixo un na Xunqueira, si, pero bueno. Sr. Presidente.- Non, ese é de fútbol sete, e que eu de fútbol algo sei. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero é de fútbol, home, é de fútbol. Vale. Entón … Sr. Presidente.- É máis pequeno. Sr. Mosquera Lorenzo.- … Agora mesmo, quero dicir, se quere teño a autorización expresa do alcalde, “pois colla o compromiso de que no mes que vén se asina un convenio como con Vigo se fixo para facer tres campos máis en Pontevedra de herba”. Sr. Presidente.- Pero entón, ¿haberá que sacar doutra conta?, porque todo non … Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, non sei, como ten tanta preocupación nós tamén a temos e aí está a oferta. Sr. Presidente.- Pero a preocupación está na débeda do concello, no debe, no debe do concello porque nolo dixeron os clubs, “é que en Pontevedra non temos”, entón, hai trinta e dous clubs de fútbol veterano, hai non sei cantos de fútbol aficionado, hai fútbol feminino e non hai onde xogar. Entón, ten aí a compañeira de Vilaboa que llo pode explicar e alí temos, xa digo, feito, ou estamos aínda rematando a última actuación. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, tres cuestións, a primeira é de que, é bo de que o Presidente do Partido Popular e Presidente desta Deputación recoñeza que hai servizos que non teñen porque ser sustentables, como é o caso deste, onde os ingresos segundo vostedes aportan aquí non chegan nin ó 50% dos gastos. E, falan vostedes duns gastos de 52.292 euros e duns ingresos previstos en torno a 24.000 euros. Polo tanto, aquí saudamos positivamente de que entendan de que hai servizos que hai que axudar a financialos, a que sexan sustentables, ó contrario do que fai o Partido Popular cos concellos que nos esixe que todos os servizos teñan a súa repercusión económica garantida, é dicir, que custen o que se recada. Polo tanto, aí nada que obxectar. A segunda cuestión é a que levan debatido un bo rato, a nós tamén nos choca porque fala de partidos de competición, cada hora ou fracción 12 euros sen luz, e fala despois 25 euros de fútbol base sen luz, é dicir, por moito que vostedes queiran darlle voltas aquí hai un euro de diferenza que eu creo que é un “corta e pega” que se fixo e que vostedes non queren recoñecer. E a terceira, é a que se suscitou aquí e como resposta ó que leva planteado, hai en moitos concellos que dependendo da súa cor política vostedes fixeron campos de fútbol ou non, é o caso de Marín, por exemplo, que foron a facer un investimento agora e ademais privado. Polo tanto, neste sentido tampouco hai, non todo é lineal, é dicir, que vostedes, eu non quero falar dos campos de fútbol de Ribadumia que debe haber un por cada dez habitantes, ¿non?. Pero bueno, pero é que é certo que se miramos o mapa, se miramos o mapa, nos concellos onde vostedes gobernan hai moitas máis inversións en campos de fútbol que nos que vostedes non gobernan, ¿non?. Pero, esta terceira cuestión, porque a suscitou vostede no debate. Polo demais, nós vamos a votar afirmativamente a isto pola primeira cuestión, é dicir, porque é un Servizo ós cidadáns que vostedes recoñecen que non é sustentable e por iso teñen que asumir máis da metade do custo, o cal nos parece acertado en contra da política que vostedes fan nos concellos que esixen que todos os servizos teñan que axustarse, que se midan pola súa rendabilidade, é dicir, teñen que ter os mesmos gastos que os ingresos e nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, a verdade é que nas tres cuestións está totalmente desorientado, nas tres que dixo, nas tres. Porque, empezando pola última, mire, vamos a ver, en Marín fixemos un campo, que está aí o seu compañeiro o sabe ben, fixemos un campo onde nos dixeron, Marín, evidentemente, é outra das grandes necesidades con 30.000 habitantes que ten Marín, pois, ten un campo só e sacrificaron o de San Pedro porque non nos deron outro e, polo tanto, fomos facer agora outro porque a alcaldesa xestionou un espazo para poder construír outro. Polo tanto, hai outros temas que probablemente vostede, ó mellor, me poida superar de coñecemento, nese non, porque nese coñezo ben o que fomos facendo ata agora e, polo tanto, Marín con 30.000 habitantes ten un campo de herba sintética e é o único que ten porque o resto son campos de terra que non vai xogar nadie excepto agora que, dalgunha maneira, xa está a disposición un novo campo, polo tanto, no tema de Marín anda despistado e senón que lle informe o anterior alcalde, que anda totalmente despistado. No caso de Ribadumia, totalmente despistado, Ribadumia tamén está construíndo un segundo campo de herba sintética, totalmente despistado, son os que teñen. E en relación a máis concellos, onde queira, eu me ofrecín sempre, vostede dígame algún concello que veu aquí, aquí á Deputación a plantear que se puxera en marcha unha infraestrutura deportiva e que nós non lle deramos cobertura. Aquí hai de todas as cores políticas, en todas as cores políticas se fixeron campos, en Poio, que está aquí moi preto, fixemos un, a Xunta de Galicia cando gobernaba o bipartito, por certo, lle ía facer tamén unhas pistas arredor de atletismo, aínda non llas fixo nin hoxe, e o único que cumpriu con el, curiosamente, foi a Deputación, non cumpriron nin os seus, nin os do bipartito ese famoso que gobernaron na Xunta dixeron, “vámosche construír unhas pistas de atletismo arredor”, e resulta que o único que cumpriu foi a Deputación, sendo doutra cor política. Fixemos, estamos facendo agora outro campo en Vilaboa, creo que aí non goberna o PP, xa é o segundo que fixemos, fixo unha xestión no seu día o alcalde en Vilaboa, conseguiu un financiamento para un terceiro que llo financiou, creo que, o Ministerio ou a Secretaría de Estado para o Deporte e, polo tanto, fixemos en tódolos sitios, sen ningún problema, polo tanto, que utilice ese argumento mal utilizado, ou sexa, totalmente desorientado. E o primeiro argumento que vostede utiliza é un argumento moi pobre, que vostede diga que nós buscamos a rendabilidade, mire, ese campo antes nos custaba un diñeiro, nos custaba un diñeiro igual, o deixábamos, o utilizaban quen querían, pedíao e nos custaba sen recadar nada, agora fixemos unha inversión nel e temos que recadar, pero isto non é unha inversión para equilibrar contas, isto é unha inversión, neste caso, ou unha utilización no ámbito puramente social, se vostede quere comparar iso, se o quere tamén lle digo, “non, pois a Xunta de Galicia o outro día dixo que nos transfería 750.000 euros para atender cen prazas en Príncipe Felipe”, e máis neste caso é o goberno da Xunta de Galicia, e teño que dicirlle, ¡oe, pois mira!, iso, ¿sabe canto nos custa Príncipe Felipe?, 12.000.000 de euros e, ¿vostede que quere?, ¿que equilibremos contas?. Vamos, utilizar ese argumento, a verdade é que non se sostén por si só, o importante é que nós damos a cobertura ou vámoslle dar a cobertura a Pontevedra dunhas necesidades que non cubriu, porque non ten, dalgunha maneira, interese ou non mostrou interese, agora, di o Sr. Mosquera e llo creo, porque mo dicía onte o alcalde tamén, de que pode haber interese en facer algunha infraestrutura máis, porque claro, a presión lles pode e, polo tanto, non fixeron, ou sexa, teñen unha asignatura pendente, entre outras, claro está, que é construír infraestruturas deportivas. Porque está ben que en Pontevedra fagamos eventos de ámbito mundial pero os que temos aquí queren espazos para poder practicar deporte e non os teñen, entón non os teñen, entón é unha realidade, entón con ir a mirar a comparativa xa sabemos o que hai nun sitio e noutro e, polo tanto, é máis, dáse a circunstancia de que son cores políticas parecidas ou iguais, entón, os datos son máis que suficiente que as propias palabras. Sra. Estévez Bernárdez.- Presidente, ¿puedo añadir una cosa nada más?. Sr. Presidente.- Si. Sra. Estévez Bernárdez.- Perdón. Simplemente quería dicirlle ó Sr. Santos Héctor dúas cousas con respecto ó campo de Marín, que é unha cesión da Comunidade de Montes non un campo privado, tamén ó seu compañeiro, a alcaldesa fixo a xestión para esa cesión e para poder facer ese campo, ou sexa, non sei de onde saca que é un campo privado, vai ser de uso público para o concello de Marín. E, con respecto ás ordenanzas, tamén lle diría que tivemos en conta e ademais revisamos as ordenanzas da cidade de Pontevedra e da cidade de Vigo, de instalacións deportivas, por certo, diríalle a Pontevedra como non as ten que as pode tamén aproveitar cando aprobe o presuposto, non sei se xa o aprobou, porque está en pesetas, do ano nin se sabe, claro, como non as ten, a verdade é que non é necesario renovar e actualizar os prezos. E con respecto á de Vigo non hai quen entenda a ordenanza de Vigo, aí si que hai un desglose de prezos que si que fai falta un asesor para poder interpretar as bases reguladoras dos prezos das instalacións deportivas da cidade de Vigo. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas grazas. Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Mire, cando lle falo de rendabilidade porque é o que realmente é o que ten de fondo isto, é o que ten de fondo isto, aquí, neste Pleno da Deputación se trouxeron a actualización das taxas da gardería do Príncipe Felipe … Sr. Presidente.- Si. Sr. Rodríguez Díaz.- … Para que foran rendables, pois, ó mellor, a nós nos parecería mellor que aí houbera un déficit, un déficit, … Sr. Presidente.- Xa o hai. Sr. Rodríguez Díaz.- Pero trouxérono aquí, non, non, que a xustificación non era con …, a xustificación que trouxeron era para a súa rendabilidade, polo tanto, non é nada distinto ó que estou plantexando aquí para este campo de fútbol. Sr. Presidente.- A gardería non veu aquí porque ademais, como ben me recorda o Interventor, é un prezo público pero aí, xa lle digo eu que hai un déficit e un déficit importante, non é un déficit pequeno, pero é un déficit importante que volvemos á mesma, volvemos á mesma e me vai escoitar agora o Sr. Mosquera porque el sabe ben diso, el di que, “non, é que nós nesa materia non queremos competencias que ten que ter a Xunta de Galicia”, que son as garderías e, polo tanto, ó final vámonos nós, que niso ten razón el, vai a Deputación, se meteu cun convenio coa Xunta de Galicia nese tema, a Xunta de Galicia nos deixou aí “el calote” e agora, claro, ¿vamos a cerrar o servizo?, non, vamos a mantelo e, ¿a quen pringamos, neste caso?, pois é á Deputación, porque o concello de Pontevedra di, “non, eu …”, naquelo que non quere di, “eu non quero competencias dese tipo e, polo tanto, garderías eu non fago”. E esa é a realidade, ou sexa que aquí aquelas cousas que non queremos non as collemos e chao pero despois, bueno, facemos outro tipo de cousas e tal, que esas si, non hai ningún problema. Pero bueno, as necesidades, que eu aí coincido con vostede, é dicir, a gardería é unha necesidade para compatibilizar, sobre todo para as persoas que traballan non só en Príncipe Felipe, no Hospital provincial ou no Hospital de Montecelo, no complexo hospitalario, etc., etc., etc. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi ben, queda dito, entón. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno, pois queda entón claro ese tema, que se revise se houbera algún erro en relación a isto, trasladar a queixa dos clubs de Pontevedra a pedir e a reivindicar máis instalacións nesta cidade, sobre todo por comparativa con outros, porque creo que é alarmante a necesidade. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Presidencia da Deputación propón a modificación das tarifas da Ordenanza Reguladora da Taxa polos Servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 247, de data 27 de decembro de 2013. Esta modificación afecta á utilización das instalacións deportivas ó incluír novos subconceptos nas tarifas da taxa con respecto á utilización do campo de fútbol do Centro Príncipe Felipe en partidos de competición de fútbol base e senior. Considerando o informe de Intervención de data 18 de decembro de 2014 no que se indica que a proposta de modificación da taxa se axusta á normativa existente na materia. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, e tendo en conta o establecido nos artigos 33 e 47 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nos artigos 15 a 27 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais (TRLRHL) e os artigos 50, 125 e 173 do R.d. 2568/86 (ROF), acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1.- Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe, incluíndo as seguintes modificacións: “1. Incluír no concepto 2 correspondente a “por utilización de instalacións deportivas”, e no seu apartado 2.2 “campos de fútbol” os seguintes subconceptos: 2.2.7. Partidos de competición de fútbol base sen luz 25 € 2.2.8. Partidos de competición de fútbol base con luz 30 € 2.2.9. Partidos de competición senior sen luz 40 € 2.2.10. Partidos de competición senior con luz 50 € Deste modo o punto 2.2. Campo de fútbol, quedaría da seguinte forma: 2.2. Campo de fútbol: 2.2.1 Cada hora ou fracción de entrenamento de clubes sen luz 5,00 € 2.2.2. Cada hora ou fracción de entrenamento de clubes con luz 8,00 € 2.2.3. Cada hora ou fracción de entrenamento de senior sen luz 9,00 € 2.2.4. Cada hora ou fracción de entrenamento de senior con luz 12,00 € 2.2.5. Cada hora ou fracción de competición de clubes sen luz 12,00 € 2.2.6. Cada hora ou fracción de competición de clubes con luz 15,00 € 2.2.7. Partidos de competición de fútbol base sen luz 25,00 € 2.2.8. Partidos de competición de fútbol base con luz 30,00 € 2.2.9. Partidos de competición de categoría senior sen luz 40,00 € 2.2.10. Partidos de competición de categoría senior con luz 50,00 €” 2.- Expoñer ó publico por un prazo de trinta días o expediente de modificación da ordenanza, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios da entidade, e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, para que aqueles que se teñan por interesados poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen procedentes. 3.- No caso de que non se presenten reclamacións entenderase que esta proposta queda definitivamente aprobada sen necesidade de novo acordo expreso, procedéndose á publicación do texto definitivo. As modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da publicación do texto definitivo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 3.6555.- DESESTIMAR A OFERTA ECONÓMICA PRESENTADA POLA EMPRESA UTE FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, S.A. (FCC)-CELTA PRIX E DECLARAR DESERTO O PROCEDEMENTO ABERTO INCOADO PARA A CONTRATACIÓN BAIXO A MODALIDADE DE CONCESIÓN, DA XESTIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES, ASÍ COMO PUNTOS LIMPOS, DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número tres. Desestimar a oferta económica presentada por Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., FCC Celta Prix e declarar deserto o procedemento aberto incoado para a contratación baixo a modalidade de concesión, da xestión do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables, así como puntos limpos, dos concellos da provincia de Pontevedra. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si. Bos días. Hoxe traemos a Pleno desestimar a oferta económica presentada pola empresa UTE Fomento de Construcións e Contratas … de acordo co informe emitido polos técnicos provinciais a oferta económica e o estudo de viabilidade presentado pola empresa UTE Fomento-Celta Prix, incumpre distintas cláusulas do prego de condicións que non están suficientemente xustificadas e están mal plantexadas o que obriga á desestimación total da oferta presentada e declarar deserto o concurso. Así, entre outras cuestións, non representa, non repercute a baixada proposta na oferta de case un 20% ó baixar o tipo de licitación de 159,09 €/Tm a 129,01 €/Tm na diminución dos ingresos previsibles da ordenanza provincial e, en consecuencia, nunha baixada de taxas que no futuro deberían pagar os veciños para costear o servizo. A Deputación de Pontevedra, con esta decisión, está velando, claramente, polo interese público así como polo dos veciños e veciñas dos distintos concellos, que confiaron nesta institución para xestionar, con eficacia e eficiencia, un servizo tan complexo como este. Non se pode adxudicar un concurso coa máis mínima dúbida, xa que falamos dunha concesión de vinte e cinco anos de duración. Esta decisión tampouco supón a curto prazo, un prazo, un prexuízo grave para os concellos, que seguirán prestando o servizo como veñen facendo na actualidade cos seus medios propios. Os que teñen concesión prorrogarán a mesma e os que non, intentarán disolver o problema puntualmente. Con esta decisión de deixar deserto o concurso non se aparca este proxecto nin moito menos, a Deputación seguirá traballando para poñer en marcha unha iniciativa pioneira en Galicia e que se considera beneficiosa para os concellos. Como recordamos, ó concurso de recollida e tratamento de residuos presentáronse as empresas UTE Ascán–Civisglobal-Geaser, UTE Elsán-Inbisa e a UTE Fomento de Construccións e Contratas-Celta Prix. Debido ás elevadas esixencias dos pregos, as dúas primeiras non superaron o corte de trinta puntos establecidos como limiar mínimo na valoración dos criterios subxectivos relativos á planificación e organización do servizo, de forma que só se abriu a oferta económica da empresa Fomento de Construccións e Contratas-Celta Prix, tamén descartada polos técnicos polo xa exposto. En canto á planta de compostaxe, a Deputación segue adiante co seu compromiso de realizar o estudo de viabilidade da mesma, o concello de Pontevedra debe acadar os terreos, como xa se sabe, xa que no futuro os concellos que así o desexen poderán adherirse a este sistema de tratamento de residuos alternativo a Sogama. Quixen facer un resume deste expediente para situarnos, é dicir, é un expediente que ten unha serie de complexidades e que os técnicos, dentro das valoracións e dentro dos informes que fixeron, consideraron que as propostas non eran axeitadas ós pregos de condicións e por iso fixeron a proposta de deixalo deserto, proposta que o goberno apoia, porque nós cremos que un concurso destas características ten que nacer sen ningún tipo de dúbida, sen ningún tipo de cuestión e sen ningún tipo de plantexamento técnico que non sexa o axeitado, o correcto como así valoran os propios técnicos. Polo tanto, podía facerlle un resumo moito máis amplo da proposta, das ofertas das empresas pero eu creo que teñen todo no expediente e sería, agora, alongarme aquí e prolongar un debate que, loxicamente, sería un debate, xa teñen nos papeis, teñen os informes todos, os documentos correspondentes, se necesitasen algunha información estaríamos á súa disposición, tanto o equipo de goberno como os propios técnicos, o propio comité, para que poidan, calquera dúbida que teñan, aclararlla porque creo que merece que este expediente saia coa máxima transparencia, que saia coa máxima claridade e que saia, loxicamente, con todas as bendicións que ten que ter un expediente dunhas características como esta que estamos falando, dun expediente moi complexo. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Efectivamente estamos falando dun expediente complexo pero non só dun expediente complexo senón dunha realidade complexa. Quero lembrar que no Pleno no que se sacou, se aprobou os pregos para sacar a concurso, pola nosa parte, por parte do BNG díxose que era unha decisión arriscada e valente, non sei se foron exactamente esas palabras pero a idea era esa. O cal foi motivo, tanto neste Pleno como incluso nos medios de, como se fora unha intervención estraña ou se se estivera facendo a campaña ou aplaudíndolle ó Presidente do grupo de goberno, non era esa a intención, era unha descrición absolutamente realista. Sumando a información deste mundo, do mundo da xestión dos RSU’s, todos sabemos que hai unha complexidade monumental e sempre se dan solucións que despois, unhas non van adiante e outras realmente están funcionando francamente mal, tanto na recollida como no tratamento, ¿non?, non creo que sexa cuestión de recordar que Sogama debe estar queimando, non se sabe canto, pero unha porcentaxe baixa e o resto tírano en vertedoiro incontrolado, ¿verdade?, e resulta que os vertedoiros eran a maior desgraza do mundo e agora a maior parte do lixo de Galicia vai a un vertedoiro incontrolado cando hoxe se podía facer dunha maneira moito mellor, ou incluso os líos que hai con todas as ofertas e despois con todos os concursos e, na recollida ou volvendo ó tratamento, pois, podemos falar do que pasou en Nostián ou pasou noutros lados. Entón, coñecemos que é un campo moi complexo e que o proxecto era ou é moi ambicioso, onde foi dificultado por non lograr ter zonas homoxéneas incorporadas e, incluso, o propio concurso das propias ofertas, pois, podemos ver que se reproducen certos vicios moi comúns neste mundo de que se fan ofertas confusas e contraditorias, que o único que pretenden é que despois a xestión sexa moi difícil e estea, digamos, atada a decisións ou ós intereses da empresa que leva a concurso. Non é a primeira vez que sucede, sucedeu en cantidade de concursos deste tipo, afortunadamente, os técnicos provinciais miraron con moito detalle e cacháronlle, seguro que incluso ten máis, cacháronlle todas as contradicións da oferta que ó final comprometerían moi seriamente o funcionamento. Pero os proxectos ambiciosos e en terreos difíciles, sobre todo neste no que, digamos, que parece que está moi tranquilo por que o lixo vai, quitando o de Lousame, quitando o da Comunidade do Barbanza, pois, vai todo a Sogama, acumúlase alí a inmensa maioría nun vertedoiro, a outra parte quéimase, os restos, digamos, as cinzas son residuos perigosos, que despois tamén hai que almacenar e depositar en vertedoiro e, bueno, parece que estamos todos tranquilos con isto pero o problema segue aí e algo hai que facer e, por iso dixemos e mantemos que era unha posta valente e arriscada, arriscada porque é un campo plagado de minas. Ben, obviamente, con estas contradicións nas ofertas e demais, pois, o que vén hoxe a votación, obviamente vamos a votar a favor, ¿non?, se as ofertas non cumpren pois hai que deixar o concurso deserto. No fondo das ofertas que sexan así, digamos, trapalleiras, por dicir dalgunha maneira, está que as empresas queren garantir unha rendabilidade que tal como está o prego, pois, cando menos había certo risco, xa que o prego era moi esixente, entón, ou fan unhas ofertas que despois se poidan agarrar a unha cousa ou outra do que di a oferta para saltarse as condicións do prego, ou sexa que, digamos, que ese é o fondo da cuestión, non é outro. Nós mantemos a mesma oferta que se fixo antes, no seu momento, e que agora queremos reiterar diante deste Pleno. Pola información que nós tiñamos era bastante máis fácil, bastante, ou sexa, que se garantira o atractivo para as empresas de xestión e, o atractivo a unha mínima rendabilidade, que se sacara a concurso a planta de composta e a recollida do lixo á vez, non o dixemos por acelerar, por levar, digamos, a auga ó noso muíño e quere a información que tiñamos e que seguimos tendo, e que seguimos tendo. ¿Por que?. Bueno, pois, porque xestionar o lixo de vinte e un concellos, que se sumarán máis, pero dispersos pola provincia, pois, non é, aquí cada un pode botar as contas, temos escoitado e temos lido que, bueno, é un contrato de cento vinte e cinco millóns, cento trinta, é unha cousa tremenda, si, bueno, pero tamén ten uns gastos que, se cadra, aínda son máis tremendos, entón ó final, pois o negocio non existe e, evidentemente, ningunha empresa vai a presentarse a un concurso, unha, se non ve algún horizonte de sacarlle algunha rendabilidade, a que sexa, pero algunha, ¿non?, o que pretende a Administración é que sexa a mínima posible para que funcione e a empresa, pois, pretenderá que sexa máis. Volvendo a isto da rendabilidade e da viabilidade, creo que é interesante fixarse nun detalle das ofertas presentadas, foron tres, as tres son UTE’s, cousa moi sorprendente, moi sorprendente, cando hai empresas do sector bastante potentes e que non terían ningún problema, porque estamos falando dun concurso, pois, do volume do de Pontevedra máis ou menos, máis ou menos. ¿Cal era o motivo de fondo?. Pois o motivo de fondo é que a empresa, digamos, potente, pois, non vía claras as contas e entón busca unha, unha empresa pequena que, digamos, que lle mete máis fuga, máis valor ou incluso algunha está a punto de quebrar e, entón, presentan as ofertas así o cal xa, eu, cando soupemos en que consistían as ofertas xa vimos o asunto mal, e dígoo sinceramente, vímolo mal. Porque é que as empresas do sector que manexan contratos de, se cadra, todo Barcelona, todo Madrid ou o que sexa, ou gran parte, que de repente aquí teñan que vir nunha UTE, nun contrato deses, a cousa xa estaba, xa pintaba mal nese sentido, ou sexa, non viran claro que isto podía ser viable economicamente. E, enlazo co que dicía antes, a información que temos é que a xestión dunha planta de compost ten moito máis interese, ¿por que?, porque as empresas teñen interese, sábese que hai unha nova, hai unha normativa europea de obxectivos de reciclaxe de residuos sólidos urbanos para o ano 2020, que obriga a reciclar o 50%, para reciclar o 50% de orgánicos ten que andar no vinte ou no trinta. Claro, é un campo que aquí, quitando a do Barbanza, case non existe, entón é un campo no que colocarse, ven que teñen futuro porque vai ser unha obriga legal. Entón, nós, a única oferta, vamos, o que reiteramos é a oferta de que se faga así, podo dicir, anunciar, con toda seguridade neste Pleno, de que os terreos xa están e, tamén ata quen son os titulares dos terreos queiran, pois non vamos a dicir onde están, ¿non?. Algo parecido ó que pasou no Pleno cando falábamos de Barro-Meis, que o Presidente xa sabía que Froiz ía ir para alí, pero non o dixo aquí porque o escenario no que se tiña que dicir era outro, bueno, pois exactamente o mesmo. Pois, neste caso, podo dicir que os terreos están, dez hectáreas, con posibilidade de ampliar, ou sexa, de sobra e, polo tanto, non habería ningún problema en sacar o concurso xunto. É unha oferta que se fai como se fixo antes, nós cremos e xa estabamos seguros daquela que lle aumenta bastante a viabilidade e, non digamos se algún concello xa con certo volume, digamos, pois, por poñer un exemplo, Marín, Vilagarcía ou o que sexa, se sumara tamén a tratar os orgánicos, a tratar os orgánicos desa zona, non digo todo, porque se cadra teñen un contrato ou o que sexa, faríao, iso faríao, francamente viable. E, algunhas variantes máis que non creo que sexa cuestión de estenderse no Pleno, neste Pleno, sería obxecto doutro marco para facelo que realmente sexa viable, cunhas contas realistas, ¿non?, sexa un ente público, unha entidade pública, que sería moi complicado, pero podería ser, pero como agora non se pode contratar persoal, ou, sexa un concurso cunha empresa nunhas condicións razoábeis tanto para os administrados, para a administración como para a empresa, pois, poida resultar o que sae, ¿non?, como o que se pon sempre, un seis, un cinco ou un catro por cento de beneficio industrial pero que, realmente, non teña un riscos tan elevados para a propia empresa que ven que os riscos non lle compensan para nada as posibilidades e, polo tanto, pois fagan estas ofertas absolutamente chapuceiras e que, que non son chapuceiras, non é por descoñecemento, sempre é facer a trampa a ver se cola por un lado, aquí ofrecemos tanto, noutra parte do prego ofrecemos tanto, e noutra parte da oferta poñemos, iso é, vamos, calquera que sepa deste mundo vai a mirar a oferta de Vigo, a de Pontevedra, a de Santiago, todas teñen, todas fan, no concurso todas fan, é unha trampa moi habitual, moi habitual nas empresas, non só de recollida de RSU’s e tratamento tamén de obras e demais, pero bueno, moito menos, moitísimo menos, é unha práctica moi estendida, nestas é moi estendida por iso hai que estudarse con moita calma todos os pregos. E creo que é todo o que había que dicir. Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Creo que debemos lembrar que o noso grupo, o Grupo Provincial Socialista, nos opuxemos no seu momento cando se trouxo a este Pleno a votación deste servizo, e, queremos recordar algunha das cuestións que planteábamos no seu momento, onde neste prego a Deputación financiaba durante dous anos a diferenza do custo do servizo, e o que tiñan que pagar os concellos xustamente para evitar o ano electoral de 2015, ¿non?. Porque é certo que neses intres o prezo de tonelada de 55,91 euros que pagaban os concellos incrementouse en máis dun 33% cando Sogama, por imposición do Partido Popular e de Rajoy, incrementa este prezo de tonelada a 78,27 euros, pois ben, este é o déficit que a Deputación ía asumir con este contrato. Pero, ademais nós viamos algunhas outras cuestións que invadía as competencias dos propios concellos que, amais, é unha contradición coa propia reforma da Lei de bases de réxime local que estaba a facer o Partido Popular; e, taxa única para todas as vivendas, non garantía unha mellor recollida do lixo e, aínda que se modificou tamén na propia comisión de seguimento víamos dificultades, ¿non?. O certo é que despois de todo este recorrido, que ademais se tratou de facer con moita urxencia, todo como moi de présa pero que se foi retrasando, o certo é que hoxe chegamos aquí e todo isto que era a gran operación de privatización do servizo de recollida, o gran proxecto estrela do Partido Popular nesta Deputación, pois agora, queda deserto. Pero claro, é que hoxe nos veñen a explicar aquí e o traen neste punto tres, de que despois, unha vez transcorrido todo este proceso de dous anos, un concurso, “a priori” moi interesante polo importe dese servizo, pola propia duración, vinte e cinco anos, e que só se presentaran tres empresas a este concurso. Parece, dende logo, estraño, cando menos é estraño que se presentaran só tres empresas cos tempos que corren a este concurso. Temos aquí, falaba o Presidente fai un pouco, de Poio, en Poio para o servizo de Poio se presentaron creo que seis ou sete empresas, non sei, seis ou sete, non o teño seguro, pero é un contrato moito máis cativo, é dicir, calquera lle sorprende, dende logo, esta cuestión, e nós, dende logo, aquí metemos no mesmo saco ó Partido Popular e ó Bloque Nacionalista Galego, que apoiou con gran entusiasmo isto. E hoxe o que traemos aquí, o que traen vostedes aquí é o gran fracaso político deste servizo, así de claro, así de claro e de contundente. Porque mire, ¿que pasa?, ¿por que ningunha empresa máis se presentou?, ¿por que estas operadoras presentan unhas ofertas?, que eu non vou a dubidar nin do prego de condicións que se fixo, non sei quen o fixo ou a quen se lle encargou, me parece, non vou a dubidar nin poñer en cuestión, nin vamos a dubidar nin poñer en cuestión o que din os técnicos da Deputación cando fan a valoración das ofertas presentadas. Pero, dende logo, que só se presenten tres empresas a este concurso é, cando menos, chamativo. E, ademais, presentan unhas ofertas empresas acostumadas a facer ofertas, incluso de contratos moito máis superiores, presentan ofertas que parece que están feitas a propósito para perder o concurso, para que non se lle outorgue o concurso. Bueno, é dicir, calquera cidadán que escoite isto é dunha incredulidade, dende logo, grande, porque, eu non sei, ou aquí o facían ou se presentaron por cumprir o trámite ou, dende logo, non o sei. E, dende logo, tamén o Bloque Nacionalista Galego que apostou por este Plan provincial, que tiña como contrapartida esta planta de compost, eu non quero pensar agora que quedou deserto para facer un novo onde inclúa a planta, eu non quero ser tan retorcido, pero bueno, a ver se agora aquí vai ir no lote tamén pagar a débeda que ten o concello de Pontevedra con Sogama, ó mellor tamén vai nese lote. Pero bueno, eu non quero ser mal pensado, dende logo, dende logo non quero ser mal pensado. Pero aquí hai algunha cuestión máis que hai que plantearse e é, ¿que vai a pasar agora cos cidadáns desta provincia?, ¿que vai a pasar cos concellos que non renovaron nin que fixeron o concurso para renovar a súa recollida de lixo?. Ou aqueles que estes contratos que vencían agora nestas datas, ou aqueles que habían posto todas as súas esperanzas nisto, ¿non?. Eu, dende logo, son preguntas que van a ter que dar moitas explicacións neste tema, non é só dicir quedou deserto, foron unhas empresas horribles, que non sabían presentarse, que fixeron unhas propostas que non había por onde collelas, con iso non se solventa este gran problema que hai aquí. Porque miren, ¿algunha das que foron rexeitadas das dúas primeiras, recorreu a súa expulsión, digamos, do concurso?, ou ¿esta terceira tamén recorreu?, porque é moi probable, hoxe as empresas están recorrendo todas, ¿non?, é moi probable que isto acabe na vía xudicial, é posible que incluso, aquí haxa responsabilidades económicas á parte das políticas, ¿non?, é dicir, ¿que vai a pasar agora con isto?. Dicía o portavoz do Partido Popular de que, isto non se aparca, que isto é unha iniciativa pioneira, que se vai a continuar. Pero, se vai a continuar, ¿o que?, se só se presentaron tres empresas e amais moi mal, ¿como vai a ser isto?. E, ¿isto que vai a ser?, mentres, se hai algunha reclamación xudicial, ¿é igual?, ¿vamos a seguir co proceso?, ¡hum!, aquí hai algunhas cuestións, dende logo, preocupantes, ¿non?. E, dende logo, estes concellos eu reitero que son os máis prexudicados e os veciños, estes concellos que a esta data non renovaron os seus medios, camións, non renovaron as súas flotas, pensando en que isto ía a saír, ¿que vai a pasar con eles?. E, os veciños, ¿que vai a pasar co seu recibo?, claro, eu creo que xa nos presupostos xa non ía previsto eses dous millóns para financiar, ¿van previstos? dos que se lle van a dar igual aínda que non haxa a recollida do lixo, se lle vai a repercutir. Claro, hai moitas preguntas, dende logo, que non é tan simple como dicir que isto, houbo un concurso, se presentaron tres empresas, ningunha cumpría e se acabou, non, non, non, haberá que ver por que só se presentan tres empresas e amais cunhas ofertas que realmente, que parecen máis ben feitas para que non lle sexa outorgado ese concurso. E nós, dende logo, o mesmo que votamos, me reitero, en contra deste concurso, no seu momento, hoxe nos vamos a abster soamente por coherencia. Sr. Presidente.- Moitas grazas D. Santos Héctor. Eu creo que, de verdade, vostede debería escoitarse, en todo o que dixo agora debía gravalo, ou debe estar gravado, e debe escoitarse no que dixo, porque dixo bastantes barbaridades e ademais contradicións case todas, dixo, primeiro, “¿por que tanta présa?”, despois dixo, “despois de dous anos”, ou sexa, primeiro di, “por que tanta présa” e despois dixo, “despois de dous anos”, ou sexa, levamos co proceso dous anos e por que tanta présa, ou sexa, o seu non ten ningunha coherencia, despois di, “tres empresas”, tres, ¡oe!, puido vostede animar a máis. Pero son tres de ámbito nacional que teñen, dalgunha maneira, teñen que ter unha solvencia económica, lle recordo, por se acaso non o sabe, que no caso de Poio hai tres reclamacións xa, que van a imposibilitar o concurso tamén de Poio. Ou sexa, é que se vostede se escoita a si mesmo e escoita as contradicións permanentes que foi dicindo na súa intervención e que ningunha hila coa seguinte, di nunha unha cousa e noutra di a contraria, ¡vamos!, é que é un auténtico despropósito o que leva dicindo en relación a este tema, ou sexa, é un auténtico despropósito. Polo tanto, “non, é que se tres empresas, que se …”, ¿e se non se houbera presentado ningunha?, e ¿se se presenta unha?, ou sexa, porque se presentan malo, senón se presenta ningunha peor aínda, que é o gran fracaso, se se presentan tres, porque se presentan tres, se se presentan seis porque se presentan seis, é que é un auténtico despropósito o que dixo. Eu, me gustaría, debe reflexionar sobre o que acaba de dicir e, en todo caso, escoitarse a si mesmo e despois, dalgunha maneira, poder facer unha valoración sobre o respecto, ¿non?. Nós, dalgunha maneira, o que queríamos era se as circunstancias se daban, pero así o dixeron os técnicos, non se daban as circunstancias e, polo tanto, pois empezar o un de xaneiro, e ademais vostede dicía, evidentemente, “¿que vai a pasar?”, claro, ¿que vai a pasar con eses concellos que apostaron pola Deputación?. Home, pois, ¿que vai a pasar?, claro, pois, ¿que vai a pasar?, que por, en certa maneira, o Partido Socialista boicoteando sistematicamente este tema porque invitábanos ás reunións, acudía de oínte e despois, evidentemente, falaba cos seus alcaldes para que boicotearan este plan, iso era o que facía o Partido Socialista. E, agora se pregunta ¿que vai a pasar con eses concellos?, vostedes, ¿que vai a pasar?, se vostedes intentaron, na medida do posible, boicotear por sistema sempre esta posibilidade. Pero, vamos a ver, agora nos piden explicacións cando estiveron boicoteando sistematicamente todo isto e despois utilizándoo tamén contra o concello de Pontevedra que, realmente, bueno, co Bloque Nacionalista Galego que foi, en certa maneira é así, porque cría que isto é unha oportunidade para os concellos, ¿ou non o é?, ¿esta xestión de servizos non debe ser conxunta como realmente debe ser ou debemos funcionar de maneira aislada?. Pero, vamos, é unha cousa de principios básicos, pero vostedes deben de estar no …, é que están sempre nesa contradición permanente, unha cousa maila contraria, unha cousa maila contraria, entón así, é evidente que non van a ningunha parte, claro, non é de estrañar que estean onde están porque, claro, outros teñen que ocupar ese lugar porque están, evidentemente, totalmente desorientados. E neste tema andiveron a ver se, vamos a ver se rascamos algo politicamente e, despois, agora co tema da planta de compost en Pontevedra, pois andan utilizando, que algún día, eu dicíao onte, e gustaríame que a partidos que actúan de maneira irresponsable, irresponsable, de maneira irresponsable, debían ser sancionados nas urnas, ¿por que?, porque vostedes, no caso de Pontevedra, gobernan en coalición e despois, por outro lado, ándanlle metendo a zancadilla cos que gobernan para botarlle ós veciños encima a ver onde van a colocar a planta, sabendo, dalgunha maneira, que hai cuestións nas cales a política non ten por que entrar, debemos ser responsables, porque se logramos que os veciños paguen menos por un servizo que é de todos, iso é ó que debemos contribuír todos os partidos políticos. Pero vostedes non, vostedes sempre situados aí fóra, fóra do escenario para intentar, a ver se rañamos aí algún votiño e votámoslle a xente encima para que non voten ó Bloque Nacionalista Galego, ó Partido Popular e, entón, a ver se de aí sacamos algo de rendabilidade política, iso é actuar de maneira irresponsable, como fan sempre, como fan sempre, porque hai cuestións nas cales, evidentemente, como esta, nós non temos ningún interese, dicíamos, oe, a Deputación, ¿para que está?, para dar servizos, ¿non?, pois, para dar servizos e este pode ser un deses servizos. Ata agora o proceso foi perfecto, impecable, vamos, do que eu creo, do que apostaron os técnicos e todo o demais, agora, nos encontramos con esta circunstancia e por responsabilidade, como non pode ser doutra maneira, por responsabilidade os técnicos decidiron isto, perfecto, aquí o traemos e aquí o aprobamos. A nós ou para min houbera sido moito máis fácil poñerme de perfil como fan vostedes, ¡ai, non!, alí non fago aquilo porque, por se acaso, pódeme restar votos, non, aquilo non o fago tampouco porque, por se acaso non me pode …, gobernar é tomar decisións, gobernar é tomar decisións, ¿sabe?, é tomar decisións e, non, evidentemente, estar aí pensando única e exclusivamente no rédito propiamente electoral. E iso hai que ser responsables porque a cuestión, esta en concreto, do servizo de recollida de basura como outras moitas, hai que buscar fórmulas que poidan beneficiar ós cidadáns, cuestión na cal vostedes estiveron sempre torpedeando, sempre, e os únicos que nos encontramos neste camiño fomos o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular para traballar nunha cuestión por mera responsabilidade, non coma vostedes, que andan aí, exactamente, a ver se, ¡bah!, vamos intentar a ver se rascamos de aquí algún voto, botámoslle a xente encima e, de paso, armamos un Cristo, aí, importante e tal, iso é o que lles pasa. Pero bueno, en todo caso, como digo, o tempo porá a cada quen no seu sitio, ¿non sabe?, entón, ó final xa lle dirán cal é a súa ubicación política en relación a este tema. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, creo que o asunto está nuns termos bastante incorrectos e, polo tanto, creo que hai que falar de máis cousas. Aquí, en Galicia houbo moitos erros, moitos, por todas partes, no asunto da xestión, ou sexa, recollida, xestión, tratamento dos residuos sólidos urbanos. Cousa que, curiosamente, non houbo, por exemplo, nos residuos perigosos, nos aceites, incluso, nestes cando houbera o das vacas tolas, dos restos orgánicos que poidan ter certo perigo de contaminación, etc. Pero o que foi nos residuos sólidos urbanos converteuse nunha auténtica guerra na que parece que as solucións técnicas se converteron en bandeiras políticas e, ó final, pois, estámolo pagando todos. Obviamente impúxose a alternativa de incineración e de Sogama que demostrou ter uns límites tremendos, demostrou ser unha fuxida cara adiante, xa desde o principio tivo moitos problemas de funcionamento e nunca os deu subsanado e ségueos tendo. Ben, temos que recordar que houbo intentos, coma o de Nostián, no que nun concello que ten exactamente a superficie que ten o concello de Pontevedra desde o nudo do Pino cara o sur, anda sobre 40 Km2, e que ten 240.000 habitantes, pois, logrou botar a andar esa planta na que estaban mancomunados unha serie de concellos, un número elevado de concellos. Houbo unha desgraza, optou por unha tecnoloxía, optou pola metanización non probada e que foi un fracaso. En Lousame fíxose unha proposta xa relativamente máis realista, pero que ten as súas dificultades por non ter ningunha cidade adherida co cal, a dispersión e os desprazamentos fan que salga ó mesmo prezo que Sogama, máis ou menos, pero que, digamos, que non demostre todo o seu potencial, á parte de que pode haber un erro de funcionamento, pero está aí. Na provincia de Pontevedra houbo un intento que foi o do Morrazo, na Mancomunidade do Morrazo, bueno, a estas alturas creo que está demostrado que as mancomunidades como tales, son uns entes extraordinariamente fráxiles que case é imposible, tal como está o ordenamento xurídico, é case imposible que un proxecto deste empaque e desta dificultade os dean sacado adiante. O de Lousame vai funcionando e é a única que, máis ou menos, vai funcionando pero é francamente difícil porque non ten capacidade de recadación, non ten capacidade coactiva, calquera concello que non pague non pode facer nada, bueno, ten toda unha serie de problemas bastantes serios e algunha que funciona é un milagre. Bueno, entón, xúntanse dúas cousas, unha, que na provincia de Pontevedra algo hai que facer, é a provincia máis densamente poboada de Galicia, estamos levando todo o lixo a Cerceda, non se está cumprindo, para nada, ou colaborando para cumprir os obxectivos de reciclaxe, etc. Bueno, pois, se hai unha oportunidade, aproveitémola, ¿que non é a ideal?, bueno, pois, podemos agardar pola ideal e non facer nada, é unha posibilidade, bueno, agora, nós como BNG, e digo o que sucede en Pontevedra, ¿non?, que temos unha cidade e a responsabilidade de xestionala, se despois de quince anos, porque Pontevedra só non pode ou polo que sexa, nos poñemos con miramentos, pois, seguiremos toda a vida dicindo, “estamos en contra de Sogama”, fantástico, pero non facemos nada. Bueno, vale, claro, moi ben, pois fantástico, ¿non?. Bueno, ou poderíamos falar do sur da provincia ou, temos unhas comarcas densamente poboadas, sobre todo a zona esta entre O Salnés, Pontevedra, Vigo e Baixo Miño, moi densamente poboadas, moi concentrada a poboación, relativamente fácil; se hai algún sitio onde é posible levar un proxecto destes adiante é nesta zona. Bueno, pois, podemos pasar, como podemos, as rías están mal saneadas ou non sei que, pois, co tratamento do lixo pois somos o maior desastre do mundo, bueno, creo que hai que facer algo, polo tanto, intentemos facelo e demais. Francamente, nós non estamos gobernando na Deputación, nunca tivemos esa responsabilidade e demais pero, que un concurso quede deserto, pois, non quedan moitos pero, se cadra, o un, dous ou tres por cento quedan. Eu creo que todos os concellos teñen, así dun concurso complexo non terá experiencia de que puido quedar deserto, a nós en Pontevedra quedáranos deserto unha vez o concurso de telefonía do concello e outra vez quedáranos o de recadación executiva, volveuse a sacar a concurso e aquí non pasou nada. Aquí, o fondo, o fondo está clarísimo, eu creo que se explicou antes ata onde sabemos, quere dicir, e se puxo unhas condicións tan esixentes que dificilmente saían as contas. Ese é o fondo da cuestión, ou sexa, deixémonos de tal, entón as empresas inventan pero iso o fixeron noutros lados e xa está. Entón, obviamente, repito o que dixemos no Pleno de agosto, é unha aposta, difícil, achicada e valente, bueno, se cadra, de valentes podemos dicir que están os cemiterios cheos, pero de non valentes tamén, pois mire, para facer, para dedicarse cada un ó que tiña que dedicarse, pois bárbaro, para dedicarse á actividade pública para que todo siga igual de mal en algo que se pode mellorar, pois, francamente tampouco é, desde logo, algo do que presumir, ¿non?. Xa temos vivido demasiadas historias neste sentido, entón, repetimos, hai que volver a sacar a concurso, obviamente, os traballos poden ser bastante máis breves, e non nos alegramos para nada do que dixemos porque, digamos, mellor que saia a planta de compost asociada, e din, non, pero é que se retrasa o tempo, bueno, resulta que tempo houbo, houbo porque, por desgraza, quedou deserto este. Bueno, pois, volvemos ó mesmo de facer esta oferta, traballar conxuntamente, porque hai un protocolo ratificado polo Pleno para poder sacalo adiante, é máis, a oferta amplíase, é dicir, creo que se debía ser, xa sabemos que a época é moi mala porque antes das eleccións todo o mundo se pon moi delicado, é dicir, moitas cousas e moitas historias, bueno, xa sabemos, pero bueno, iso, os nervios preelectorais, pois, normalmente son nervios preelectorais pero, a xestión de cousas a vinte e cinco anos, ou sexa, que non é de agora, ou a vinte ou ó que sexa, creo que non debe quedar interrompida e creo que se se vai por esta vía, si se podía dar un impulso e dalo relativamente rápido, ou sexa, en dous, tres meses se puidera abrir a licitación outra vez nestas condicións, se cadra, xa sabemos na época na que estamos pero, se cadra, nestas condicións igual algún concello máis se suma, polo menos, á parte da cuestión do tratamento dos orgánicos. Os tempos son difíciles, pero mire, con valentía pódese facer moitas cousas, ¿non?, antes o Presidente dicía que, se había eventos internacionais en Pontevedra, bueno, pois hainos, pois hainos, … foi unha temeridade, no seu momento, ata se podía pensar que era, vamos, podía ser unha cousa tremenda, como outras cousas pero, senón se intenta non se vai lograr, e isto creo que ten unha base sólida se é que se lle quere dar. ¿Complicado?, moi complicado, arriscado, todo isto e demais, pero un bo resultado creo que pode ser francamente interesante, un salto adiante no tratamento da recollida, xestión e tratamento dos RSU’s que, repito, somos a provincia que máis nos debiamos avergonzar por non ter feito nada, o do Morrazo quedou frustrado por cambios políticos, que nos sirva, digamos, de exemplo do que non se debe facer, investir cartos públicos para telos aí parados, por cuestións dese tipo e, dar un salto, que, repito, somos a provincia, vamos, a min, é que me dá certa vergonza cando din, non, porque non vamos ver a planta a non sei onde, a non sei …, ás veces provincias que dis ti, ¿pero que pintan?, ¿non?, ¿que demonio fixeron?, pois algo fixeron, algo fixeron, aquí non fixemos nada. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. Mosquera. D. Santos Héctor, brevemente. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Eu espero que interprete ben as miñas palabras e non as trabuque e senón escoitamos xuntos, a gravación. Sr. Presidente.- Si. Sr. Rodríguez Díaz.- E, en todo caso, eu vou a reiterar de que isto é un gran fracaso político do Partido Popular e do seu Presidente o Sr. Louzán. Un proceso que empezou con moitas présas, por parte de vostedes, e que se foi demorando case dous anos ata chegar ata aquí, se foi demorando, non busque contradición, empezaron vostedes con moita présa e o foron demorando ata chegar aquí que queda o concurso deserto, deste gran contrato de privatización do lixo na provincia de Pontevedra. E mire, Sr. Louzán, non hai contradición ningunha, ningunha, vostedes empezaron con moita présa, tardaron dous anos, tardaron dous anos, non sei por que, non sei por que, algo pasaría polo medio, pero tardaron dous en sacalo. E, o que si é certo é que por moitos paus nas rodas que nós lle poidamos poñer que non é máis que a dialéctica e contrastar ideas como fixemos aquí neste Pleno e publicamente, vostedes teñen aquí maioría absoluta para aprobalo todo, cando e como queiran, polo tanto, non digan que a demora é por culpa do Partido Socialista senón será pola súa falta de competencia na xestión, pero non por nós, teñen maioría absoluta para isto. Cando lle falaba de Poio, que é un contrato moito máis pequeno en duración de anos e de importe económico, e alí se presentan seis empresas, a ese concurso se presentan seis empresas. E, un concurso, en teoría golosísimo, vinte e cinco anos, non sei cantos millóns que saca a Deputación de Pontevedra, tres empresas, só tres empresas e, amais, como se non souperan facer nin ofertas, é dicir, como se se puxeran alí a escribir unha tarde mirando o prego e, agora presentamos isto, como sen interese, ¿non lle parece, cando menos, que algo pasa aí?, algo ten que pasar ou no prego que saíu a concurso, algo ten que pasar para que só tres, só tres empresas se presenten a este concurso. É certo que puideron presentarse máis ou ningunha pero que casualidade que só se presentan tres, e en contratos moito máis pequeniños se presentan seis e, as grandes operadoras non veñen aquí. Polo tanto, nós de boicot ningunha e, dende logo, nós, claro que pedimos explicacións como oposición que somos, faltaría máis que non puideramos pedir explicacións aquí no Pleno da Deputación e que iso é o noso papel, é o noso papel, fiscalizar a xestión de vostedes. E mire, cando vostede fala de rédito electoral, efectivamente, vostede, a súa xestión, os presupostos, as accións de goberno que fai é para ter o respaldo dos cidadáns cando se presentan ás eleccións, igual que nós onde gobernamos ou onde somos oposición, exactamente igual. O que nós nunca fixemos cando gobernábamos é intentar modificar unha lei, unha lei, de forma unilateral para poder sacar vantaxe electoral como vostedes trataron e defenderon con entusiasmo que era a do corenta por cento, que as listas do corenta por cento máis votadas nas eleccións municipais foran os que nombraran alcalde ou alcaldesa, iso nós nunca o fixemos e vostedes o fixeron, agora o retiraron, o retiraron porque parece que non dá o corenta por cento, xa non dá o corenta por cento, por iso o retiraron, iso si que é vantaxe, Sr. Louzán, iso si que é ser vantaxista, nós non. Nós o que facemos aquí é unha oposición responsable e, ademais argumentada no seu momento e hoxe a seguimos argumentando, porque isto era o seu gran proxecto deste mandato e terminou nun fiasco, así de claro, así de rotundo, e non hai máis, e poderá dicir vostede o que queira, nos poderá interpretar o que dicimos aquí dunha maneira ou doutra, falar do Norte, do Sur, do Este ou do Oeste, do que lle dea a gana, pero hoxe no punto tres ben que queda deserto o seu gran proxecto de privatización do lixo nesta provincia, iso é así de claro, contundente e rotundo. Sr. Presidente.- Oe, Sr. Santos Héctor, na súa cidade onde vostede goberna en Vigo, ¿a xestión da basura a levan vostedes por xestión pública ou téñeno privatizado?, ¿téñeno privatizado?, pregunto, pero vostede, de verdade, eu lle pediría, por favor, que pense as cousas antes de dicilas porque eu creo que non se escoitou, vostede non se escoita a si mesmo, ten un grave error, non se escoita a si mesmo, porque di tales incoherencias que é unha cousa, eu creo que debe revisarse porque ten algún problema nese sentido, ten que revisarse, ten que revisarse e lle volvo a preguntar, ¿a xestión de residuo de basura en Vigo está privatizada ou está como xestión pública, Sr. Santos Héctor?, ¿é como xestión pública ou privada?. Pero, ¿é xestión privada?, pero el di, “o seu gran proxecto de privatización”, pero eu pregúntolle a vostede, ¿está privatizada en Vigo ou non?, vostede, ¿está privatizada, a súa, en Vigo ou non?. Home, todo o mundo aquí o sabemos, ¿pero como é capaz de dicir unha cousa semellante?. Pero, vamos a ver, ou sexa, vostede está gobernando nun sitio, facendo a mesma xestión que aquí se pretendía e entón nos culpa a nós de que queríamos privatizar. Pero, vamos a ver, sexa un pouco serio, pero Sr. Santos Héctor, sexa un pouco serio, un pouco nada máis, un pouco serio nada máis. E me pregunto ademais, dicir que non veñen empresas do ámbito nacional, oe, FCC, ¿de que ámbito é?, ¿quen está levando a xestión?. É que, claro, vostede tenlle que preguntar ó do lado, por iso, tenlle que preguntar ó do lado, porque non se escoita, porque está dicindo unhas grandes contradicións, di unha cousa maila contraria, vostede ten un problema Sr. Santos, ten un problema, é que tenlle que preguntar ó do lado se dixo iso, dixo, non, non, é que as grandes empresas non veñen a este concurso. Oia, ¿pero quen está xestionando Vigo?, ¿quen está xestionando Vigo?. Pero vamos a ver, como pode dicir semellante barbaridade, é que, vamos, isto é discutir por discutir porque é anécdota, ó final non ten máis, pero é que, que sexa tan incongruente, tan pouco serio, é que vamos, é un auténtico despropósito. Despois dicía do retraso, oe, o retraso, vamos a ver, por un lado di o retraso, despois di a rapidez, pero do retraso eu non lle culpo a vostede do retraso, eu a vostede lle digo que intentaron torpedealo na medida do que puideron, non lle culpo do retraso, tranquilo que non lle culpo do retraso, non, home non, tranquilo que non lle culpo do retraso, pero o retraso só, vamos a ver, o retraso ten unha explicación, eu non podo sacar un concurso se teño cinco, ou oito, ou dez municipios, ata que tivéramos os municipios suficientes non o puidemos sacar, pero, vamos, iso é unha cuestión de puro sentido común. E, ¿quen fixo o estudo?, ou vostede, ¿como calcula vostede, neste caso, as toneladas de basura de cada municipio?, ¿ou vostede, cre que iso se fai da noite para a mañá?, ¿pero en que cabeza cabe?, ou sexa, pero teña discusión, a ver, discuta cousas serias e non discuta demagoxia que non vai a ningunha parte, nin cousas incoherentes, cousas serias, ou cre vostede que isto se fai da noite para a mañá, a cada concello hai que calcularlle o número de traballadores, os camións que ten, os puntos de recollida, os días de recollida, vostede que cre, ¿como cre que se fai iso?, ¿pero como cre que se fai?, ¿faise da noite para a mañá ou …?, a ver, e dous anos, claro, pois para sacar un concurso terás que ter un número de municipios mínimos para poder sacar o concurso, digo eu, ¿ou sacámolo cun só?, ¿ou con dez?. Pero vamos a ver, pero é que, dende logo, eu creo que vostede ten un problema que non se escoita, ten que mirarse porque, xa digo, hai un problema aí que vostede ten que revisarse, nese sentido, porque vamos, as súas incoherencias son tan manifestas que non hai ningunha posibilidade. Polo tanto, vamos a proceder a votar este punto, porque creo que xa non dá máis de si, e vamos a, como digo, a votar que é o que toca neste momento. Punto número tres. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿En contra?, ou, ¿a favor?, perdón. Primeiro. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión celebrada o 1 de agosto de 2014, adoptou os seguintes acordos: “a) A APROBACIÓN DO CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS CONCELLOS DA PROVINCIA CUNHA POBOACIÓN INFERIOR A 50.000 HABITANTES PARA A PRESTACIÓN, POR PARTE DA DEPUTACIÓN E CON CARÁCTER INTERMUNICIPAL, DO SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES, ASÍ COMO A XESTIÓN DOS PUNTOS LIMPOS. FACULTAR Ó PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A FORMALIZACIÓN DO MENCIONADO CONVENIO MEDIANTE A SÚA SINATURA E PARA A APROBACIÓN DE CANTOS OUTROS DOCUMENTOS GARDEN RELACIÓN CO MESMO E CON ESTE SERVIZO. b) A APROBACIÓN DO ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN E DO ESTUDO DE VIABILIDADE DO CONTRATO ADMINISTRATIVO DE XESTIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS RELACIONADO COA RECOLLIDA E TRATAMENTO DOS RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES, ASÍ COMO A XESTIÓN DOS PUNTOS LIMPOS, DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE O DELEGARON NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. c) A APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO SERVIZO E A EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. d) A APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO CON VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, BAIXO A MODALIDADE DE CONCESIÓN, DA XESTIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES, ASÍ COMO PUNTOS LIMPOS, DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE O DELEGARON NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. A APROBACIÓN DOS PREGOS DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES E DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁN O CONTRATO COMO LEI FUNDAMENTAL. INICIAR O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS PARA DITO PROCEDEMENTO A PARTIR DO DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NOS BOLETÍNS OFICIAIS POR UN PRAZO DE 60 DÍAS NATURAIS.” Segundo. O 4 de agosto de 2014 publícase no Boletín Oficial da Provincia (nº 148) o anuncio polo que se convoca o procedemento aberto para a contratación da recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables, así como a xestión dos puntos limpos, dos concellos da provincia de Pontevedra (exp. nº 2014009848). Así mesmo, nesa mesma data, publícase no perfil do contratante os pregos de cláusulas administrativas particulares, o prego de prescricións técnicas, o anteproxecto de explotación co seu estudo de viabilidade, o Regulamento do servizo, ademais doutra documentación relacionada co expediente. Terceiro. Pechado o 3 de outubro de 2014 o prazo de presentación de proposicións e constituída a Mesa de contratación, establecida no prego de condicións, o 10 de outubro de 2014 procedeuse a abrir as ofertas referentes á documentación xeral presentada no sobre A polos licitadores UTE ASCAN-GEASER-CIVISGLOBAL, UTE FOMENTO DE CONSTRUCCIONES E CONTRATAS, S.A. (FCC)-CELTA PRIX e UTE ASFALTOS E CONSTRUCCIONES ELSAN, S.A.-INBISA DE SERVICIOS Y MEDIO AMBIENTE, S.A. Cuarto. O día 15 de outubro de 2014, a Mesa de Contratación, en acto público, indicou que todas as plicas foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres B das mesmas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Nese mesmo acto os membros da Mesa de Contratación, por unanimidade, acordaron trasladar a documentación do sobre B, presentada polas empresas admitidas, ós membros do Comité de Expertos constituído ó efecto, ó obxecto de que emitise informe relativo ós criterios de adxudicación non avaliables automaticamente mediante fórmulas matemáticas (subxectivos) e cantos outros, no seu caso, fosen solicitados pola Mesa de Contratación. Quinto. En sesión pública da Mesa de Contratación celebrada o 3 de decembro de 2014, e á vista do informe técnico que figura no expediente administrativo da súa razón e que a Mesa aceptou na súa totalidade, ponse de manifesto que a puntuación da UTE ASCAN - CIVISGLOBAL - GEASER así como da UTE ELSAN - INBISA, non alcanza o limiar mínimo de 30 puntos a que se refire a cláusula 16.3 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, sendo o cadro de puntuacións e a conclusión do informe técnico a seguinte: “… CONTRATACIÓN DEL SERVICIO DE RECOGIDA, TRANSPORTE Y TRATAMIENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS Y ASIMILABLES, ASÍ COMO LA GESTIÓN DE LOS PUNTOS LIMPIOS, DE LOS AYUNTAMIENTOS DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - CUADRO DE PUNTUACIONES - CRITERIOS EVALUABLES MEDIANTE JUICIOS DE VALOR (máx. 49 puntos) EMPRESAS UTE ASCAN-CIVISGLO-BAL-GEASER UTE FCC-CELTA PRIX UTE ELSAN-INBISA PLANIFICA-CIÓN DE LA EXPLOTA-CIÓN DE LOS SERVICIOS (24 puntos) Plan de organización de los servicios: equipos, horarios, rutas, itinerarios, frecuencias… (10 puntos) 3 8,5 0 Personal propuesto, adaptado a las prestaciones propuestas (9 puntos) 3 9 0 Justificación del dimensionamiento y adaptación del sistema propuesto a las características de los ayuntamientos (5 puntos) 0 5 0 MAQUINA-RIA, MATERIAL MÓVIL Y DEMÁS EQUIPOS (10 puntos) Características técnicas de la maquinaria: PMA, carga útil, nivel de emisión acústica, maniobrabilidad, unidades… (6 puntos) 1 5 2 Características de los contenedores: material, tipo, volumen (1 punto) 1 1 1 Innovaciones tecnológicas que se incorporen para la gestión del servicio (1 punto) 0,5 1 1 Mayor adaptación de los medios propuestos y su adecuación a los trabajos a realizar y a las características de los ayuntamientos (1 punto) 0 1 0 Plan de mantenimiento y reposición (1 punto) 0,5 1 0,5 MEJORAS (6 puntos) Dotación de contenedores de obra y gestión de escombros de obras domiciliarias 6 3,43 3,09 Aumento de las frecuencias recogidas Aumento de las frecuencias de lavado de los contenedores Ampliación de apertura del punto limpio Implantación de composteros individuales para viviendas en las zonas rurales Otras mejoras PROGRAMA DE MOTIVA-CIÓN SOCIAL E INFORMA-CIÓN CIUDADANA (4 puntos) Cuantificación de los recursos (2 puntos) 0 0 0 Colaboración con empresas de economía social, colectivos de minusválidos (1 punto) 1 1 1 Calidad del programa (1 punto) 1 0,5 1 INSTALAC. FIJAS E INFRAESTR. (4 puntos) Justificación e idoneidad de las instalaciones (2 puntos) 1,5 1 2 Compromiso de la aportación de las mismas (1 punto) 1 1 1 Plan de mantenimiento de las instalaciones (1 punto) 0,5 1 0,5 SISTEMAS DE AUTOCONTROL DE CALIDAD DE LOS SERVICIOS (1 punto) 1 1 1 PUNTUACIÓN TOTAL 21 40,43 14,09 CONCLUSIÓN A la vista de las puntuaciones obtenidas en los distintos apartados y que se reflejan en la tabla de las páginas 4-5, el licitador UTE FCC-CELTA PRIX con 40,43 puntos es el que mayor puntuación obtiene en la valoración del sobre B. Por su parte, la UTE ASCAN-CIVIS GLOBAL-GEASER, con un total de 21 puntos, y la UTE ELSAN – INBISA con un total de 14,09 puntos, no superan el umbral mínimo de 30 puntos exigidos en la cláusula 16.3 del pliego de cláusulas administrativas respecto a la valoración de los criterios evaluables mediante juicios de valor, por lo que no debería procederse a la apertura y valoración de su propuesta económica incluida en el sobre C.” Ese mesmo día facilítase ás empresas que non acadaron o limiar de 30 puntos unha copia do informe técnico de referencia tal e como consta no expediente administrativo. En consecuencia, procedeuse á apertura da única proposta que superaba o citado limiar e que correspondía á UTE FCC-CELTA PRIX e que ofrece un custo unitario de 129,01 euros/Tn, IVE incluído. Así mesmo acompaña estudo económico xustificativo da súa oferta económica que se traslada ós técnicos provinciais para a súa análise. Sexto. Emitido o 19 de decembro de 2014 o oportuno informe técnico sobre a oferta económica presentada pola empresa UTE FCC-CELTA PRIX e que figura no expediente administrativo da súa razón, a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2014 e á vista do contido do devandito informe que acepta na súa totalidade, acorda propor ó órgano de contratación declarar deserto o presente procedemento e desestimar a oferta económica presentada pola citada empresa debido á falta de xustificación e á incoherencia da mesma, así como polo incumprimento de varias cláusulas do Prego de Cláusulas Administrativas, o que obriga á súa desestimación total, tal e como se establece nas conclusións do citado informe: “…CONCLUSIONES 4.1.- La producción de residuos domésticos previstos 46.348,72 Tn/año resulta desproporcionada. 4.2.- El objeto del concurso es la gestión de los residuos de competencia municipal, incluyéndose únicamente los escombros procedentes de obras menores domiciliarias, no la totalidad de tipologías de escombros que se puedan generar. 4.3.- El % sobre los RCD totales que el licitador pretende gestionar, es de un 33%, incluyendo entre los costes de gestión de residuos domiciliarios los de tratamiento de escombros (196.680€/año) no procedentes de obras menores de construcción y reparación domiciliaria. 4.4.- Se está imputando el coste de tratar los RCD industriales a un servicio público cuyo objeto es la gestión de los residuos de competencia municipal, cuando aquellos deben ser gestionados por cada productor. 4.5.- El coste unitario (129,01€/Tn) y la tarifa media (152,85€/Tn o 127,14€/Tn) definidas por el licitador en su estudio económico no son coincidentes por lo que se incumple la cláusula 16.3 del PCAP. 4.6.- En ningún caso el licitador refleja en su oferta económica la minoración de los ingresos que resultaría de aplicar su baja, incumpliendo lo dispuesto en la cláusula 32.1 del PCAP. 4.7.- Los ingresos previsibles deducidos del coste unitario ofertado por el licitador son muy inferiores a los que figuran en la página 38 del estudio económico de la oferta, cuando necesariamente deberían ser coincidentes. 4.8.- Los ingresos por tasas para el año 3, que figuran en el “cadro resumo” del estudio económico de la oferta: 5.893.087€, son incoherentes con el rendimiento previsible deducido del coste unitario ofertado por el licitador (4.308.007,03€). 4.9.- En realidad, el licitador no está realizando ninguna baja sobre la tarifa media a aplicar, sino al contrario, ya que en su oferta tanto los ingresos previsibles por aplicación de la tasa provincial (5.893.087€) como los costes totales (5.979.627,84€) son superiores a los previstos en la cláusula 32.1 del PCAP (5.312.128,97€). 4.10.- La partida de gasto en comunicación y concienciación que refleja el licitador varía entre los 70.000€/año (página 20 estudio económico) a 30.000€/año (páginas 32 y 35 estudio económico), suponiendo una desviación total de un millón de euros durante el tiempo de duración del contrato. 4.11.- No se refleja en el estudio económico de la oferta los costes de la auditoría externa anual (cláusula 23 del PCAP); tal omisión puede suponer más de medio millón de euros a lo largo de la concesión, de gastos no computados. CONCLUSIÓN FINAL La cláusula 11.3 del PCAP establece: “A indebida xustificación da oferta económica (ou a falta de coherencia cos servizos ofertados), poderá ser causa abondo para a desestimación total da oferta.” En base al análisis efectuado en los apartados precedentes, se pone de manifiesto la falta de justificación y la incoherencia de la oferta económica, así como el incumplimiento de varias cláusulas del Pliego de Cláusulas Administrativas Particulares, debiendo procederse a su desestimación total”. Considerando que a disposición adicional segunda do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, no seu apartado 2, faculta ó Pleno para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a esta concesión. Á vista da proposta elevada pola Mesa de Contratación, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: PRIMEIRO.- Desestimar a oferta económica presentada pola empresa UTE FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, S.A. (FCC)-CELTA PRIX e, en consecuencia, declarar deserto o procedemento aberto incoado para a contratación, baixo a modalidade de concesión, da xestión do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables, así como puntos limpos, dos concellos da provincia de Pontevedra (nº expte. 2014009848). SEGUNDO.- Delegar no Presidente a aprobación e tramitación de cantos documentos e actos deriven do presente acordo. 4.6556.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS-2015 Sr. Presidente.- Punto número catro. Aprobación das bases reguladoras das subvencións para a execución do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- No debate que se acaba de producir que, de desestimar, máis, eu creo que con, axeitado ó que marca a lei e á normativa dun concurso importante, agora vamos a aprobar as bases de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que prevé a contratación duns 1.500 desempregados para traballar nos concellos da provincia. En total destinaremos seis con dous millóns de euros a esta contratación, que ten unha dobre finalidade, por unha banda, facilitar a inserción laboral de persoas que carecen de emprego e de prestacións de emprego, por outra, facilitar ós municipios a man de obra que precisan ante a escaseza de recursos que lle resulta moi difícil contratar sen apoio da Deputación. O reparto de operarios realízase en función da poboación dos concellos e a Deputación financiará o custo total do salario incluída a cotización á Seguridade Social dos traballadores que terán unha xornada laboral de vinte e cinco horas semanais. Os contratos serán por un período de seis meses e os concellos terán ata o 2 de febreiro de 2015 para solicitar os traballadores que precisan, indicando os labores que van a realizar e o perfil que precisan. Cremos que esta é unha cuestión importante, unha cuestión importante onde 1.500 traballadores van a ter a posibilidade de traballar en concellos, en municipios da provincia e, sobre todo, destinar 6.000.000 de euros máis a contratacións de emprego que creo que é importante para o futuro na nosa provincia e do emprego. Saben vostedes que estamos levando a cabo unha política de emprego importante, máis de 60.000.000 nos últimos cinco anos, máis de 8.000 persoas, están aí os datos, é dicir, que todo o mundo os pode ver e saber que son reais, en Intervención e, polo tanto, vamos a seguir con estes Plans de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que é o que demanda a cidadanía. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Moitas grazas Sr. Figueroa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, este é un expediente no que podemos e queremos e compartimos o fondo, si, bueno, se un verbo agora non se vai poder usar porque é asimilado a unha sigla, ¿non?, pero que é simpático, é simpático o expediente, por un lado, di que son subvencións en concorrencia competitiva, pero xa está asignado o número a cada concello, viva a concorrencia. En segundo lugar, di que é para o Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais pero na explicación dise que é para a inserción laboral e demais, bueno, ¿cal é motivo?, a lei prohibe que a Administración local, sexan concellos ou deputacións, fagan políticas de emprego, entón facemos este expediente para facer política de emprego sen chamarlle así. Correcto, vale, bueno, só que, digamos que este expediente e algún máis, que xa puxemos de manifesto na Deputación, ó final, e votamos a favor, pois, o que fai é lucir, deixar moi descaradamente ó descuberto como funciona aquilo que temos alí enfronte. Porque este expediente, por exemplo, está moito peor vestido có da compensación da paga extra do concello de Pontevedra, ¡ah!, pero segundo quen o faga ou como o faga nós vamos ós xulgados ou non vamos, ¿non?. Xa pasou coa paga extra que pagaron cantidade de Administracións pero resulta que só se leva a quen convén e este expediente, vamos, este está moitísimo peor vestido, o obxectivo é bo, o de facer política de emprego, vale, como tamén era bo compensarlle a paga extra ós funcionarios, claro que si, pero isto, é dicir, evidentemente dígoo para que se entenda a comparación, quere dicir, se isto o fai alguén que non lle guste ós que están alí enfronte, ós que mandan en Madrid ou na Coruña, pois resulta que é motivo do xulgado e de regulacións senón, bueno, e se perden en primeira instancia despois vai ó superior para que lle dea a razón. Ben, nós, sempre as medidas que se adopten saltándose unha normativa, vamos, non vou a estenderme nos calificativos, pois vai contar co noso apoio. En todo caso, hai unha cuestión parcial que é a exclusión de Pontevedra e de Vigo, os concellos de máis de 50.000 habitantes, isto foi algo que non foi conflitivo nin foi discutido durante anos pero que agora volve a discutirse, ¿non?, e igual habería de definir un pouco o marco, explícome, é dicir, nos Plans da Deputación e, en xeral todos, quedaban excluídos Pontevedra e Vigo porque ían por convenios específicos, de mutuo acordo, no seu momento, ¿por que?, porque unha Administración xa máis grande, ¿non?, pois, xestionar ás veces, unha subvención de 10.000 euros ou de 50.000 ou o que sexa lle resulta máis latoso e ten outros recursos, ou sexa, é mellor ir por proxectos grandes e facelo doutra maneira. Bueno, iso máis ou menos rompeuse e entón volvemos á discusión de que si Pontevedra e Vigo poden e teñen que entrar nestes plans ou deixan de entrar, é unha discusión máis, de feito, aquí houbo anos que no POSP entraba Pontevedra e Vigo, e Vigo nunca, case nunca se acolleu, porque claro, levarse 150.000 euros ou 200.000 con xustificacións e non sei canto, vamos, non lle valía a pena, é entendible, ou sexa, non é unha Administración, unha desas subvencións de, pois ó final resúltanlle máis latosas, máis laboriosas e menos eficaz que facer un convenio que fora o acordo ó que se achegara xa hai bastantes anos. Agora está roto iso, claro, a argumentación de que os parados en Pontevedra e en Vigo tamén podían entrar, pero bueno, tamén en Pontevedra, cando menos en Vigo tamén, tamén hai os seus propios plans de emprego, bueno, é máis vidrioso, máis complicado, porque había aquel acordo que nunca se actualizou, despois houbo esa confrontación, esa rotura, entre, que xa temos comentado, e ó final están barallando iso. Pero bueno, reiterando o do principio, este expediente se salta a lei dunha maneira clara, intencionada e demais e nós aplaudímolo. Bueno, xa supoñemos e agardemos desde logo, e estamos seguros que non, que a casa de enfronte non vai a actuar e agardemos que non, e se actúa conte co noso apoio, conte co noso apoio, só actúa cando lle convén, que bueno, estaba, repito, moito mellor vestido o expediente que este, pero bueno, tampouco é cuestión de poñer, de vestir ben ou mal, aí hai un fondo, hai un intento de valeirar a lei, que nós compartimos, polo tanto, votamos a favor. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, vemos que este Plan de emprego que nos traen aquí, nós vamos a manter o criterio que vimos mantendo durante estes anos e xa nas comisións informativas, porque é un novo Plan de emprego, dende logo, como vostedes definen para persoas en desemprego ou con risco de exclusión social, para a provincia de Pontevedra, pero despois non é así, é dicir, quedan máis de 400.000 habitantes desta provincia sen atender e en torno a 39.000 desempregados, entre Pontevedra e Vigo, que non teñen para nada a atención da Deputación de Pontevedra, absolutamente. Nós pensamos que se ía a ter en conta neste Plan de emprego porque, cando foi cos becarios, recentemente, que vostedes sacaron unha comunicación onde se incluía a Vigo e a Pontevedra e fixemos a solicitude, e despois sacaron outra onde se lles excluía, pero deron por boa a primeira e nós nos acollemos a ese Plan de becarios, entendíamos de que ían a ter a mesma atención con Vigo e Pontevedra, con este Plan de emprego, pero vemos que non é así, vemos que non é así e que parece que non teñen os mesmos dereitos estes veciños e veciñas que os nados en calquera outro dos concellos da provincia de Pontevedra. Miren, eu creo que este Plan, dende logo, non é ningunha marabilla, vostedes seguen a profundizar na precariedade, agora rebaixan os contratos a vinte e cinco horas, ¿verdade?, e, dende logo, o propio período de contratación que vai ata xuño tamén vemos, claramente, a intencionalidade destes contratos de seis meses, pero o certo, e eu creo que habería que subliñar, e o poñen nas propias bases, que concellos, vai haber catorce concellos que teñen menos de 2.000 habitantes que van a ter catorce traballadores e traballadoras contratados. Fíxense vostedes, por exemplo, en Mondariz-Balneario, ten sesenta e seis desempregados e desempregadas e teñen catorce contratos da Deputación, do Plan de emprego, sesenta e seis desempregados e lle corresponden catorce contratos, é dicir, a pouquiño que nos estiremos se contratan a todos os desempregados de Mondariz-Balneario, pero tamén hai algunha máis como Dozón, Dozón ten cincuenta e cinco desempregados e tamén lle corresponden catorce, catorce contratos para Dozón con cincuenta e cinco, nós o saúdamos positivamente, oxalá houbera os cincuenta e cinco en Dozón e os sesenta e seis en Mondariz, nada que obxectar, pero é curioso de como se fan estas bases e como se fai o reparto, ¿non?, porque veñen adxudicadas absolutamente todas. E despois, dous concellos importantes desta provincia que teñen desempregados e desempregadas e persoas en risco de exclusión, que suman entre eles 39.000 desempregados, non teñen nin un só contrato desta Deputación de Pontevedra, dende logo, eu, por moito que se queira vestir, isto non o entende ninguén, e nós nos encargaremos de explicalo nestas dúas cidades, por certo, que en algún outro plan se excluía a Mondariz-Balneario, a Pontevedra e a Vigo, xa avanzamos algo, xa Mondariz-Balneario, xa vai dentro disto. Non obstante, nós lle facemos unha proposta hoxe aquí, unha proposta modesta que cremos que é factible para que nós puidéramos aprobar este Plan de emprego e pedimos algo tan sinxelo coma unha pequena modificación de que se incremente nesta partida 480.000 euros para poder atender plans de emprego tamén en Pontevedra e en Vigo, que sexan contratados desempregados e desempregadas en Pontevedra e Vigo sen restar ningún, ningún ós que xa están adxudicados ós outros concellos, estamos a falar de 481.000 euros soamente, cremos que é unha proposta razoable e que, posiblemente, sexa atendida, cremos que pode ser atendida polo Partido Popular. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Os catorce que vostede dicía, eses son os que figuran aí pero vostede non pode coartar que se presenten doutros municipios, ou sexa, sesenta e seis terá Mondariz-Balneario pero os demandantes poden ser de Mondariz-Balneario ou de calquera outro municipio dos arredores con tal de que lle compense ó traballador ir a traballar alí, polo tanto, ¿estamos de acordo, non?. ¡Ah, digo!, non, pero é unha realidade porque a dicir as cousas haberá que dicir a verdade toda …. Non, pero o que se conta non, pero vostede sabe ou debería saber, e ademais vostede onde, coñece ben o ámbito sindical, non lle podes coartar a posibilidade a outros que se presenten de calquera municipio dos arredores, ¿ou non?, …¡Ah, non sei!, bueno, por iso. Polo tanto, pois nese sentido que se sepa esa cuestión, ¿que podemos estar de acordo que, ó mellor, no caso de Mondariz, pois ó mellor, podía estar nun grupo á parte, probablemente, certo é que agora de 2.000 habitantes para baixo, baixaron uns cantos e están aí nesa fronteira, cercano ós 2.000 habitantes e, polo tanto, sería unha cuestión a valorar, ¿non?. Pero, en todo caso, estes veñen para cubrir moitas desas necesidades de que os concellos agora mesmo non teñen para atención a servizos básicos e, polo tanto, nace este Plan con esa idea e con esa idea dá, incluso, para que, aínda que vostede dicía que se nace cun obxectivo, a idea creo que era ou pretendíase, iso é o que se pretende, que cumpran, incluso, a temporada estival, se empezan a traballar entre febreiro e marzo, pois, poden cubrir a temporada estival para dar cobertura, evidentemente, ós servizos que os concellos dan, especialmente a aqueles turísticos, ou sexa, que creo que neste sentido cumpre as expectativas que se habían creado. En relación a esa proposta, pois, é unha cuestión que haberá que estudar, non sei porque dixo a cantidade de 481…¡Ah!, por iso preguntaba, vale, vale. Sr. Figueroa. Claro, como en todos, pero por iso … A ver. Es igual, entonces, se escucha bien. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Se escucha bien. Sra. Estévez Bernárdez.- No, es que es la misma argumentación que decía usted con respecto …, -vou falar en galego-, que dicía vostede con respecto a Mondariz-Balneario, aínda que é unha localidade pequena que ten poucos desempregados, como dicía o Presidente da Deputación, preséntanse desempregados doutros sitios. E só recordarlle que onte, por exemplo, estivemos en Vigo repartindo axudas para deportistas individuais a noventa e sete deportistas e algún clube, repartíronse 90.000 euros, aproximadamente, dos cales 80.000 eran para deportistas de Vigo, porque resulta que Vigo ten máis deportistas que outras localidades máis pequenas. No Plan de práctica laboral que sacamos, onde se presentan rapaces e mozos titulados universitarios de toda a provincia, dá a casualidade que o maior número de becarios son de Vigo e maior parte de empresas beneficiarias son de Vigo tamén, non por nada senón porque é onde hai máis poboación, onde hai máis titulados, entón, non diga que a Deputación non fai nada polo emprego na vosa cidade porque non é certo, está enganando á xente. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas grazas por recordarlle iso Sra. Estévez. ¿Non lle gustou ó Sr. Santos Héctor? Sr. Rodríguez Díaz.- Non, moi breve, moi breve, debo estar eu espeso hoxe e me explico mal, eu o que teño claro é que co importe de catro mil e pico euros que hai aquí para seis meses para un traballador, traballadora, un da Guarda non vai a traballar a Dozón … Sr. Presidente.- Xa, bueno, pero …. Sr. Rodríguez Díaz.- Vale, Sra. Begoña, e despois eu para nada dixen de que se discriminara nin falei dos deportistas nin nada, digo, aquí, vostedes traen aquí, axústese ó punto, mire, traen aquí aprobación, se procede, eu vexo que Vigo e Pontevedra non están e, como representante da provincia do Partido Socialista Obreiro Español, eu teño que reclamar aquí e fago unha proposta que se atenda tamén ós desempregados igual que outros con este Plan, cando toque outro xa falarei doutro pero de entrada con este Plan e facemos unha proposta concreta. Sr. Presidente.- Está claro Sr. Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- E ademais con razoamento e dicimos cen contratos para as dúas cidades 481.000 euros e aprobamos este Plan. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor, como vostede ben dicía, debe ser que é final de ano está un pouco espeso, pero, en todo caso, vostede recoñecía e recoñecía ben que o piden ó INEM e o INEM lle manda, dentro dese perfil, como mandan en todos os municipios, pois, aquelas persoas que con esa categoría profesional están nese municipio ou na súa área de influencia, somos conscientes de que a Guarda está a sesenta e tantos quilómetros ou setenta quilómetros de Vigo e, polo tanto, non van a ir, pero si lle van a ir, pois, os de Mos, os do Porriño e os de Redondela. Sr. Rodríguez Díaz.- Nos parece ben. Sr. Presidente.- Exactamente, e en Mondariz-Balneario tamén lle pasa o mesmo, irán os de Mondariz pueblo os de Ponteareas ou os da zona de influencia. Polo tanto, iso creo que queda perfectamente claro. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu o que quería contestarlle é un pouco na liña do que fixo xa a miña compañeira Begoña Estévez e mire, Sr. Santos Héctor, vostedes, o que pasa é que teñen que ocultar que esta Deputación nos últimos cinco anos destinou sesenta e pico millóns de euros para dar traballo a máis de 8.000 persoas, eses datos están aí, non os pode contestar absolutamente nadie, vostede non é capaz de contestar eses datos, son reais e son datos que implican unha clara connivencia e un claro obxectivo que ten esta Deputación, que é que os Plans de emprego, pois, ó final sexan os maiores posibles en cantidade e en calidade, e iso está aí, e podíamos facer outra discusión, vostede claro, fala de Vigo, pero senón fóramos concelleiros de Vigo diríamos, ¿e por que Vigo ten no presuposto da Deputación 4.700.000 euros para destinar a un estadio?, pois, xa abarcaría todos os Plans de emprego que levamos feitos ata agora, podíamos destinar o diñeiro a iso, non o destinamos a iso. Polo tanto, eu creo que hai que ser xusto tamén, hai que ser solidario cos concellos pequenos que, loxicamente, oito, nove ou dez traballadores si lles resolven un problema, e a nós, ó mellor, pois, oito ou nove ou dez traballadores, pois resólvenos o problema deses oito ou nove ou dez traballadores pero ó mellor hai que facer outro tipo de políticas, hai que dedicar a menos luces ou hai que dedicar a menos cuestións e dedicarse máis a temas sociais, é dicir, polo tanto, esa é unha cuestión que é a prioridade de cada un e vostedes o saben claramente, e se vostedes hoxe teñen presuposto en Vigo é gracias ó Partido Popular senón non terían presuposto. Polo tanto, eu lle pediría que fose solidario con eses concellos e que pense que nesta casa e nesta Deputación hai nos presupostos 4.700.000 euros destinados á cidade de Vigo, polo tanto, non digan que dende aquí se discrimina á cidade de Vigo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ese diñeiro que di, incluso o Sr. Figueroa, tamén ó haber unha actividade económica que é esa infraestrutura, si se pon en marcha canto antes, tamén creará emprego, ¿non?, ou sexa, que creo que dalgunha maneira é bo. E como dicía o Sr. Mosquera tamén hai que felicitar, neste caso, ó Interventor que está aquí con nós e ó Servizo de Intervención por facilitar estas posibilidades porque, dalgunha maneira, cre que é unha necesidade e, polo tanto, intentamos todos colaborar para cumprir ese obxectivo, ou sexa, que en certa maneira creo que iso é o que nos toca facer. Por certo, moitos concellos están esperando por estes traballadores porque non teñen, por exemplo, para o camión de basura, ás veces utilizan a este tipo de persoas para servizos básicos e métenos no camión da basura e despois é certo que, ó mellor, a contas non lle saen cando van a contar a ver canto gastaron no tema de, canto lle custou a basura non meten ese gasto, pero bueno, todos sabemos como funciona o asunto, ¿non?. Polo tanto, vamos a proceder á votación deste punto cuarto que son, neste caso, estes seis con dous millóns de euros para eses 1.500 traballadores que se poñen en marcha. ¿Votos en contra?. Si, habería que votar. Sr. Secretario.- ¿Se presentó como enmienda o …?. Sr. Presidente.- No sé. Sr. Secretario.- ¿Fue una enmienda ou un deseo para lo sucesivo?. Sr. Secretario.- ¡Ah!, bueno, claro, entonces si es como enmienda si, yo creía que era un deseo. Sr. Presidente.- Eu propoño que, nese sentido, fixemos un criterio, reunirse os portavoces, e a min non me parece unha cousa desaxeitada, polo tanto se a deixamos sobre a mesa para que vos reunades os portavoces e analizamos esa cuestión e despois … Si, o compromiso que hai, eu non estou, outra cousa é que despois haberá que, aí, igual que dicía antes o Interventor nos terá que botar unha man para xustificar tamén nesa…, entón eu o que propoño é que os portavoces falen, ¿non? … Exactamente, e a ver se, dalgunha maneira, encontramos unha fórmula porque todo o que poidamos facer nese sentido benvido sexa porque creo que a xente, as persoas neste caso, que son as que necesitan ocuparse, ter unha posibilidade laboral, pois creo que é importante. Polo tanto, eu propoño que os portavoces se reúnan a estes efectos e, polo tanto, non fai falta votar a moción. Votamos o punto que é o punto catro, como dicía, é a aprobación da bases reguladoras destas axudas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor? Sr. Secretario.- ¿Abstención?. ¿A favor? Sr. Presidente.- A favor todos. Sr. Secretario.- Ellos se abstuvieron. Sr. Presidente.- Abstención. Dada conta da proposta de Bases Reguladoras da concesión de axudas e subvencións para a execución do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015. Á vista da documentación que obra no expediente, dos informes do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial; e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: - APROBAR, condicionadas á existencia de crédito suficiente logo da aprobación definitiva do Orzamento para o ano 2015 e á súa entrada en vigor, as “Bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións para a execución do Plan de conservación e mantemento de bens e servizos municipais 2015”, cuxo texto di como segue: “BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Segundo o disposto no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), en redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración local, a Deputación debe asegurar o acceso da poboación da provincia ó conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal e garantir a maior eficacia e economía na súa prestación mediante calquera fórmula de asistencia e cooperación. Con esta finalidade a Deputación pode outorgar subvencións e axudas con cargo ós seus recursos propios para a realización e o mantemento de obras e servizos municipais, o que se instrumentará a través de plans especiais ou ben doutros instrumentos específicos. Neste senso segundo o previsto no artigo 109 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración local de Galicia, a Deputación de Pontevedra, para a xestión dos seus intereses, no ámbito das súas competencias e a través de diferentes plans, encárgase de facer efectiva a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de titularidade municipal, colaborando nos labores de acondicionamento, limpeza e mellora de zonas ambientais, conservación e mantemento das infraestruturas e, tamén, a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral. As circunstancias sobrevidas do actual contexto de crise económica xeneralizada, que derivou nun cambio de escenario orzamentario, afectoulles a todas as administracións públicas, sen que a Administración local sexa unha excepción. Deste marco orzamentario fortemente restritivo deriva, entre outras consecuencias, a imposibilidade da maior parte dos concellos da provincia para prestar determinados servizos ou executar obras esenciais para a comunidade. Á vista das necesidades dos concellos, no orzamento do ano 2015 prevese o crédito necesario para realizar unha convocatoria de axudas ós municipios, coa denominación de Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015. As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar o custo salarial total, incluída a cotización á Seguridade Social, de traballadores desempregados, a tempo parcial (25 horas semanais) e por un período de seis meses, segundo o importe do Salario Mínimo Interprofesional. O número de traballadores a contratar por cada concello determinarase en función da poboación do municipio. Non obstante, de consideralo oportuno, este podería solicitar un número inferior. Con esta finalidade impleméntase esta convocatoria de subvencións para prestar asistencia e cooperación ós concellos da provincia, e como medida de fomento da contratación de persoas desempregadas en situación de exclusión social. En consecuencia, e tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, no que resulte de aplicación, e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, acórdase convocar axudas e subvencións para a execución do Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, que se rexerá polas seguintes BASES Artigo 1. Obxecto e finalidade Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Artigo 2. Financiamento O financiamento deste programa efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 942.9420.462.03, dos orzamentos provinciais para o ano 2015, na que existe crédito por importe de seis millóns douscentos vinte e seis mil cento catro (6.226.104,00) euros. Artigo 3. Entidades beneficiarias. Requisitos e criterio de concesión Estas axudas e subvencións van dirixidas ós concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que non estean incursos nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O número de traballadores por concello determinarase en función da súa poboación. Para estes efectos a poboación da entidade local que se vai considerar será a última publicada polo INE na data de publicación no BOPPO das presentes Bases. Deste xeito, a cantidade total que se vai repartir farase segundo a seguinte táboa: Nº Habitantes Grupo 1 0-2.000 Grupo 2 2.001-5.000 Grupo 3 5.001-10.000 Grupo 4 10.001-20.000 Grupo 5 20.001-50.000 Nº traballadores 14 20 24 30 34 Artigo 4. Requisitos dos servizos que se prestarán Os servizos que se van desenvolver serán de interese xeral e social e deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Ser prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa. b) Favorecer na súa execución ou prestación a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas que se van contratar. c) Que se presten ou executen no ámbito municipal. d) Responder a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou o desempeño das súas competencias en termos razoables de eficacia e tendo en conta a crise económica. e) Que esas necesidades afecten a sectores, funcións e/ou categorías profesionais prioritarios: - Indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social dos particulares de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar. - Necesarios para o benestar dos veciños e os que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno. Artigo 5. Subvención: contía As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar, durante un período de seis meses, a contratación laboral a tempo parcial en xornada ordinaria de 25 horas semanais, (que comprende o custo salarial e a cotización á Seguridade Social), de traballadores desempregados (calquera que sexa a categoría profesional) que reúnan os requisitos establecidos no artigo 11.1 destas bases, co límite máximo de catro mil cento oitenta e un con oitenta e oito (4.181,88) euros por traballador, podendo os concellos, no seu caso, complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional. Artigo 6. Presentación de solicitudes 1. Para poder ser entidade beneficiaria das axudas reguladas nestas bases deberá presentarse o modelo de solicitude que figura como anexo I, xunto coa documentación á que se fai referencia no artigo 7. 2. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 2 de febreiro de 2015. 3. O feito de non axustar se ós termos da convocatoria ou a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 ó 56 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 7. Documentación 1. Xunto co formulario de solicitude deberase presentar a seguinte documentación: a) Copia compulsada ou cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante en vigor. b) Copia compulsada ou cotexada do NIF da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención. c) Acreditamento da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou a acta, onde se determine a dita representación. d) Memoria global dos servizos que se van desenvolver, indicando o perfil das persoas desempregadas que se van contratar, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA). e) Declaración responsable na que se fagan constar os seguintes extremos: - O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. - O cumprimento dos requisitos previstos para obter a condición de beneficiario da subvención referida no artigo 3 da convocatoria, relativos á súa capacidade técnica e de xestión. 2. Se a partir do exame da documentación se comprobase que esta non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se presenta na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicando que, de non o facer, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, terase por desistida a súa petición, previa a correspondente resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 da citada lei. Artigo 8. Procedemento 1. O procedemento de concesión de axudas será o de concorrencia competitiva. 2. O Servizo de Cooperación será o encargado da tramitación dos expedientes. 3. Revisados os expedientes e completada a documentación, no seu caso, remitiránselle á comisión de valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe. Esta comisión estará composta pola xefa do Servizo de Cooperación, o xefe do Servizo de Asistencia Intermunicipal e a xefa do Servizo de Recursos Humanos. Artigo 9. Resolución 1. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de valoración ó Presidente da Deputación para que se decida sobre a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada. 2. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, a data de inicio, o tempo de realización da obra ou servizo, a contía da subvención que se vai outorgar e demais requisitos esixibles para a súa percepción e seguimento. 3. As resolucións dos expedientes instruídos, ó abeiro do disposto nesta orde, esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse contra elas un recurso potestativo de reposición ante o presidente da Deputación, no prazo dun mes computado desde o día seguinte ó da súa notificación, ou presentar directamente un recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación. 4. As subvencións concedidas ó abeiro destas bases publicaranse, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Artigo 10. Réxime da aceptación e renuncia da subvención Unha vez notificada a resolución definitiva polo órgano competente as subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación. Artigo 11. Requisitos e criterios para a selección dos traballadores 1. Os traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. 2. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores que necesiten mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. 3. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio da entidade solicitante. 4. As persoas candidatas serán remitidas á entidade beneficiaria co fin de que esta realice a selección definitiva. 5. No procedemento de selección teranse en conta os seguintes criterios, entre outros que poida establecer o propio concello: a) Darlles preferencia ós candidatos que leven inscritos como demandantes de emprego máis dun ano. b) Darlles preferencia ós candidatos que non foran contratados polo concello nos anos 2014 e 2015. c) Darlles preferencia ós candidatos con niveis de renda máis baixa. d) Darlles preferencia ós candidatos con cargas familiares. Artigo 12. Contratación dos traballadores e traballadoras 1. Unha vez efectuada a selección dos traballadores na forma prevista no artigo anterior a entidade beneficiaria procederá á súa contratación tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución na que se concede a subvención. 2. As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda. 3. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante, sen que en ningún caso a duración total do inicial e do substituto poida exceder os seis meses. 4. Todos os contratos deben estar formalizados entre o 1 e o 31 de marzo do 2015, para que todos os contratos se inicien antes do 1 de abril do 2015, agás os casos excepcionais de substitución por renuncia e polo tempo restante, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder o 30 de setembro do 2015. 5. En ningún caso a relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador vinculará á Deputación de Pontevedra. Artigo 13. Xustificación e pagamento O pagamento da subvención para a contratación de traballadores desempregados farase efectivo da seguinte forma: -O 50% ó inicio da obra ou servizo, que se acreditará coa certificación do secretario do concello e aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data. -O 50% restante ó inicio do cuarto mes de contrato, previa certificación do secretario do concello sobre a continuidade da actividade na que se fagan constar a identificación dos traballadores e as datas de inicio e fin do contrato. Artigo 14. Obrigas das entidades beneficiarias 1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas: a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención. b) Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de aplicarse o convenio colectivo propio do concello. c) Comunicarlle á Deputación aquelas modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver os traballadores contratados, así como as renuncias de contrato e novos contratos polo tempo restante, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención. d) Comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público estatal ou internacional. e) Difundir que a actividade que se vai desenvolver foi financiada pola Deputación. Artigo 15. Xustificación e seguimento 1. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos subvencionados a entidade beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas: - Presentar, a través do Rexistro xeral da institución provincial, a seguinte documentación, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización da obra ou servizo: - Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. - Certificado de fin de servizo. - Certificación do secretario ou do interventor acreditativa de que os gastos son reais e de que se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando á disposición da Deputación para o seu exame cos xustificantes correspondentes. Neste certificado deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1) en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. Artigo 16. Revogación e reintegro Procederase á revogación das subvencións, así como ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O modelo normalizado para a solicitude desta subvención facilitarase no Rexistro desta Deputación e no Servizo de Cooperación, e tamén a través da súa páxina web (www.depo.es).” 5.6557.- APROBACIÓN DEFINITIVA E RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓN DO PROXECTO “MELLORA DA INTERSECCIÓN DA EP-7104 CERDEDO-SANTO DOMINGO COA N-541 (CERDEDO)” Sr. Presidente.- Punto número cinco. Aprobación definitiva do proxecto da mellora da intersección Cerdedo-Santo Domingo. ¿Hai algunha intervención?. Sr. Mosquera, dicía que había un erro, ¿non sei se era nesta?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, vamos a ver, na páxina tres da liña tres da proposta. Sr. Secretario.- ¿Qué página?. Sr. Presidente.- Páxina tres. Sr. Secretario.- Línea tres, uno, dos, tres, si aquí, concello de Valga. Sr. Presidente.- Despois que non se diga que os Deputados non miran ben os expedientes, sobre todo o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pon Valga, creo que pon que estúdese o concello de Valga, que podía ser que fora o concello de Valga, pero bueno, sería extraviado porque o asunto está en Cerdedo. Sr. Presidente.- Porque Valga vén despois, me imaxino, ¿non?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, non vén nada, iso é recorta e pega que unha proposta que era, supoño, que sería unha estrada en Valga, á parte que sei cal é, xa se fixo sobre outra e quedou niso, pero vamos, queda feo, queda feo. Sr. Presidente.- Non, é que supoño o director de Infraestruturas como sempre lle piden de Valga moitas cousas, supoño que igual se confundiu. Sr. Secretario.- Pone Cerdedo, ¿no?. Sr. Presidente.- Cerdedo. Estaba contaxiado de Valga o, ¿quen fixo o expediente este?. Juanatey, ¿non?, ¿quen firma iso?. Sr. Secretario.- Este lo firma Sonia. Sr. Presidente.- ¡Ah!, Sonia Mateos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora da intersección da EP-7104 Cerdedo–Santo Domingo coa N-541 (Cerdedo)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 414.397,07 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 382.330,55 € e capítulo de expropiacións por importe de 32.066,52 €, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. As obras incluídas no presente proxecto consisten na mellora da intersección da estrada provincial EP-7104 coa N-541 en Cerdedo, comprendendo tamén a intersección da vía da estrada municipal que conduce á praia fluvial de Cerdedo. A construción deste vial mellorará a conexión con numerosos núcleos rurais e ademais, debido a que a intersección coa nacional ten un ángulo moi pechado (intersección en T) e unha forte pendente e cambio de rasante, a seguridade vial mellorará de xeito notable. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, e sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do Edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do concello de Cerdedo, en varios xornais da localidade e habéndose notificado individualmente ós afectados, presentáronse alegacións que son informadas polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: 1.- Con respecto a alegación presentada por Don Isidro López Fernández, finca nº 5, e pola que solicita se leve a cabo a expropiación total da súa parcela en vista da superficie expropiada por considerar que esta perde todo o seu valor, infórmase favorablemente ó abeiro do establecido nos artigos 23 da LEF e 46 do Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, Decreto de 26 de abril de 1957 e segundo os cales “cuando la expropiación implique sólo la necesidad de ocupación de una parte de la finca rústica o urbana, de tal modo que a consecuencia de aquella resulte antieconómica para el propietario la conservación de la parte no expropiada podrá solicitar de la Administración la expropiación total de la finca…”. En consecuencia, da cantidade inicial que figuraba como superficie afectada, 247,00 m2, pásase a afectar unha superficie total de 361 m2 catalogada a mesma como solo rústico segundo o PXOM aprobado polo concello de Cerdedo con data 21/10/14. 2.- Estímase a alegación presentada por Don Víctor Maroño Pena, Vicario Xeral do Arcebispado de Santiago, pola que solicita sexa tido en conta o cambio de titularidade nas fincas identificadas cos nº 3, 4 e 7 que se produce como consecuencia da transmisión a Don Isidro López Fernández e a Dona Azucena Gago García unha vez acreditado o cambio de titularidade coa documentación pertinente. Asemade, se fai constar que a valoración do solo se realiza de acordo coa cualificación urbanística actual do PXOM do concello de Cerdedo e co establecido na normativa vixente en canto ós criterios. Con respecto á accesibilidade ás parcelas afectadas, no proxecto construtivo non se contempla modificación algunha sobre condicións de rasantes e pendentes que poidan afectar no xeito descrito. 3.- En relación ás alegacións presentadas por Dona María Jesús Gamallo Morales con respecto á finca catalogada como nº 5, estímanse parcialmente as mesmas xa que logo de comprobar a afección dos bens descritos, esta Administración en aras de preservar o patrimonio etnográfico e arquitectónico existente nos distintos concellos da provincia, limita dita afección á fachada existente lindante coa estrada nun total de 53,50m2 máis unha superficie de 125,64m2, conservando as construcións ubicadas na parcela. Con respecto á finca nº 9 e ó edificio lindante coa estrada, as rasantes non se modifican no proxecto e os accesos vanse garantir coa execución das obras que se leven a cabo de igual xeito que está previsto a construción dos muros de contención necesarios para non afectar ás construcións existentes. 4.- Estímase a alegación presentada por Dona María Luz Fortes Gago en canto á corrección da titularidade da finca con referencia catastral 0292805NH5009S0001LY e se procede a inclusión como bens afectados de 60 salgueiros, 4 carballos e 1 castiñeiro. 5.- Estímase a alegación presentada por Don Jesús J. Fortes Pérez, incluíndo nos bens afectados o muro existente na finca identificada co nº 10. Segundo.- A aprobación definitiva do proxecto “Mellora da intersección da EP-7104 Cerdedo–Santo Domingo coa N-541 (Cerdedo)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 414.397,07 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 382.330,55 € e capítulo de expropiacións por importe de 32.066,52 €. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra; así como a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Cuarto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, vén xustificada pola necesidade de mellorar o tráfico mediante a modificación deste vial, que mellorará a conexión con numerosos núcleos rurais e ademais, debido a que a intersección coa nacional ten un ángulo moi pechado (intersección en T) e unha forte pendente e cambio de rasante, mellorará a seguridade vial de xeito notable. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO Relación de propietarios afectados e bens expropiados Parcela Propietarios Superficie afectada (m2) Bens afectados 1 Isidro López Fernández 361,00 m2 2 María Luz Azucena Fortes Gago 584,00 m2 60 salgueiros 4 carballos 1 castiñeiro 3 Arcebispado de Santiago de Compostela 66,00 m2 4 Arcebispado de Santiago de Compostela 1.634,00 m2 5 Manuel Gamallo Simal 125,64 m2 53,50 m2 de fachada de edificación en ruínas 6 Arcebispado de Santiago de Compostela 180,00 m2 7 Manuel Campos Sieiro 99,00 m2 8 Antonio Sieiro Troitiño 431,00 m2 9 Manuel Gamallo Simal 258,00 m2 10 Jesús José Pérez Fortes 440,00 m2 Muro de abancalado 6.6558.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “MELLORA DA INTERSECCIÓN DA EP-5005 CAÑIZA-POUSA-PO-400, p.k. 11+450. TRAMO ANTIGO CO VIAL MUNICIPAL (CRECENTE)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN E MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número seis. Aprobación inicial do proxecto mellora da intersección EP-5005 Cañiza-Pousa, tramo antigo co vial municipal a Crecente, exposición pública do mesmo, Cañiza-Pousa, esta era a famosa expropiación, e do expediente de expropiación, declaración de utilidade pública da obra, declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora da intersección da EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400, p.k. 11+450 tramo antigo co vial municipal (Crecente)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 21.473,10€, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 11.035,60€ e capítulo de expropiacións por importe de 10.437,50€, ten por obxecto a mellora da visibilidade e do radio de xiro no entronque da estrada provincial EP-5005 co vial municipal. A mellora desta infraestrutura consistirá na supresión dun cobertizo que se atopa no antedito entronque e que produce unha deficiente visibilidade ós condutores, co correspondente risco para a seguridade vial. Ademais deberán realizarse actuacións complementarias como garantir a estabilidade dos elementos construtivos ós que poida estar unido o cobertizo, a desconexión das acometidas de auga e electricidade e a limpeza, acopio, retirada e carga dos escombros producidos. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Mellora da intersección da EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400, p.k. 11+450 tramo antigo co vial municipal (Crecente)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 21.473,10 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 11.035,60 € e capítulo de expropiacións por importe de 10.437,50 €. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a seguridade vial mediante as actuacións realizadas nesta infraestrutura, consistentes na supresión dun galpón no entronque entre a estrada provincial EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400 e un vial municipal. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO Relación de propietarios afectados e bens expropiados Parcela Propietario Sup. afectada (m2) Bens afectados 1 Rosa Rodríguez López 59,34 m2 Cobertizo de 42,20 m2 Cobertizo de 13,14 m2 b) Parte de información e control: 7.6559.- DAR CONTA DA INFORMACIÓN RELATIVA Ó PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO DE 2014 EN RELACIÓN ÁS OBRIGAS DE SUBMINISTRO DE INFORMACIÓN ESTABLECIDAS NA LEI ORGÁNICA 2/2014, DE 27 DE ABRIL, DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E SOSTIBILIDADE FINANCEIRA Sr. Presidente.- Punto número sete. Dar conta da información relativa ó período de pago a provedores. ¿Hai que votar isto?. Sr. Secretario.- No, no, esto nada. Os principios de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira do sector público como base do funcionamento estrutural das Administracións Públicas resultan clave para o crecemento económico e benestar social e contribúen a xerar confianza no correcto funcionamento do sector público. Dada esta importancia, o lexislador redefiniu o principio de sostibilidade financeira no artigo 4 da Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, incluíndo non só o control da débeda pública financeira, senón tamén o control da débeda comercial. Tal e como recolle no seu informe a Comisión para a Reforma das Administracións Públicas, o desafío de controlar a débeda comercial e erradicar a morosidade das Administracións Públicas esixe crear un instrumento, automático e de sinxela aplicación, para que o seu seguimento permita un control xeneralizado e eficaz, que sexa comprensible tanto para as Administracións Públicas como para os cidadáns e, sobre todo, que sexa público de acordo co principio de transparencia recollido no artigo 6 da Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril. A Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, que todas as Administracións Públicas deben calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real decreto 635/2014 de 25 de xullo. O xefe do Servizo de Contabilidade elaborou un informe, no que figuran os conformes do Tesoureiro e do Interventor, relativo á información do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e das Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros correspondente ó mes de novembro de 2014, cuxo detalle é o seguinte: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES (11/2014) O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de novembro de 2014 da Deputación Provincial de Pontevedra e das Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros, en relación ó disposto na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira e no Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 8.6560.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto número oito. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Si, las del día 25 de noviembre al 25 de diciembre. Sr. Presidente.- Vale. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- No do tema de dar conta, bueno, eu creo que hai un dato que realmente é espectacular, é dicir, co período medio de pagamento a provedores, estamos en catorce días, catorce e pico, creo que é unha das Administracións que mellor paga de todo o territorio nacional. Polo tanto, hai que felicitar ó Interventor e a todo o equipo de técnicos que están facendo un magnífico traballo e que creo que isto demostra a transparencia e a eficacia na xestión dunha Institución que algúns dicían moitas cousas hai algúns poucos anos. E tamén, dicirlles que o Presuposto a partir do día dous, ¿non?, Sr. Interventor, estará en vigor porque non houbo ningunha alegación e, polo tanto, haberanse dado conta que non veu ó Pleno porque ó non haber alegacións queda aprobado automaticamente, xa se publicou no Boletín Oficial da Provincia e, polo tanto, creo que temos que felicitarnos que esta casa e esta Institución sexa das que máis pronto aprobou o Presuposto neste ano, para o ano 2015. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 25 de novembro e 25 de decembro do ano 2014 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 9.6561.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A propósito disto, quería facer un comentario porque o concello de Pontevedra paga, máis ou menos, eu creo que a trece días ou a catorce, máis ou menos, a trece ou a catorce, entón, non, non, se non teño ningún interese en presumir de que vaia pero, vostede dixo que é unha demostración de transparencia e eficacia. Bueno, debía dicirlle aí ós, está aí Isabel, que llo transmita ó seu portavoz en Pontevedra que diga o mesmo, porque resulta que cada vez que damos conta conta unhas desgrazas monumentais, aquilo é o culmen da opacidade, da falta de transparencia e non sei canto, por ter, como estamos aí cerca por ter un discurso máis ou menos parecido, ¿non?, digo, máis ou menos estamos nas mesmas cifras, máis ou menos, ¿non?, e máis cousas que non me parece que sexa presumir, pero bueno, sería alargarnos moito. Sr. Presidente.- Moi ben, é bo que nos copien no bo Sr. Mosquera, non se olvide do que lle dixen ó principio, tamén, das débedas que hai pendentes con Pontevedra e con moitas cousas que necesitan os cidadáns. Moitas gracias. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Aproveitando, felicitar ós medios de comunicación, desexarlle un moi bo 2015 e tamén un saúdo para toda a Corporación Provincial en nome do noso grupo. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Collendo as súas palabras pois feliz ano a todas e a todos os membros da Corporación Provincial e moitas gracias. E ós medios de comunicación, por suposto, tamén desexarlles e a todos os que están aquí neste Salón de Actos e funcionarios desta casa, un feliz ano 2015 para todos e para todas. Moitas gracias e moi bos días. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición