Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2015-10-28_Ordinaria. Acta de sesión 2015/10/28_Ordinaria
Acta de sesión 2015/10/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.836/1.2015-10-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015/10/28_Ordinaria
Data(s) 2015 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día vinte e oito de outubro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23844.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “A FRANQUEIRA, ENTORNO E SANTUARIO (A CAÑIZA)” (expte. nº2015012854) A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 06/02/2015, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra co obxecto de levar a cabo diversas actuacións no entorno do Santuario da Nosa Señora da Franqueira, no que se establece que a Deputación licitaría a obra. Resultando que na cláusula novena do convenio establecíase que “O prazo para xustificar por parte da Deputación de Pontevedra a aplicación dos fondos percibidos remata o 30 de novembro de 2015…”. Resultando que polo mesmo órgano, en sesión celebrada o día 30/04/2015, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra, con orzamento de 266.513,00 €, máis a cantidade de 55.967,73 € correspondente ó IVE. Resultando que o día 09/06/2015, se constituíu a Mesa de Contratación procedendo ó estudio da documentación administrativa contida nos sobres “A”, documentación administrativa, admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 09/06/2015, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B”, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios no avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do R.d. 817/2009, polo que se desenrola parcialmente a Lei de Contratos do Sector Público. Resultando que o día 09/07/2015, unha vez avaliada a documentación técnica, procedeuse á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 20 puntos sobre os criterios no avaliables mediante fórmulas, co seguinte resultado: Licitador Puntuación sobre “B” Oferta Narom, S.L. 40,50 207.533,66 € Construccions, Obras E Viais, S.A. 36,00 245.991,50 € Unika, Proyectos y Obras, S.A.U. 35,50 220.166,39 € Prace, Servicios y Obras, S.A. 33,00 218.807,17 € Stradia Infraestructuras, S.L. 32,50 229.680,90 € Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 32,50 220.406,00 € Copcisa, S.A. 32,50 223.417,85 € Construcciones Abal, S.A. 31,50 226.265,06 € Marconsa, S.L. 30,50 215.982,13 € Hordescon, S.L. 30,00 203.749,19 € Construcciones Vila Miño, S.A. 29,50 220.806,02 € Obras, Transportes y Construcciones Fontefria, S.L. 28,50 216.370,00 € Coysagran, S.L. 28,50 208.679,68 € Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. 28,00 213.157,10 € Obras y Viales de Galicia, S.L. 28,00 225.966,94 € Construcciones Vale, S.L. 27,00 204.655,33 € Rocas Graniticas del Condado, S.L. 26,00 221.600,00 € Excavaciones y Obras Melchor, S.L. 21,00 202.336,67 € Quedando excluída a oferta presentada por Construcciones y Electricidad Redondela, S.L. (Coersa) por incluír a valoración económica no sobre“B”, referente a documentación técnica. Resultando que valoradas as ofertas, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento, comprobouse que as presentadas por Hordescon, S.L., Construcciones Vale, S.L. e Excavaciones y Obras Melchor, S.L. contiñan valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo total ofertado, polo que a Mesa de Contratación acordou requirir a ditas empresas para que, no prazo improrrogable de cinco días hábiles, xustificaran as ofertas e precisaran as condicións das mesmas, en particular no referente ó aforro económico, solucións técnicas adoptadas e condicións excepcionalmente favorables de que dispuxeran para a execución do contrato. Resultando que recibida a documentación requirida a ditas empresas emitiuse, polo Director de Infraestruturas en funcións, no que pon de manifesto: “1.- Que na xustificación de Construcciones Vale, S.L. non se inclúe ningún dato económico –prezos de unidades de obra, prezos descompostos, valoración de man de obra, etc.- que confirme os importes indicados no punto “3. Xustificación de prezos”. Por tanto, os datos presentados nese punto só poden ser considerados como meras estimacións. 2.- Na xustificación que presenta Excavaciones y Obras Melchor, S.L.: O calendario laboral indicado no punto “3.1 Man de obra” correspóndese co calendario de 2011, non co de 2015 como indica o título do mesmo. Tamén se indican prezos de man de obra distintos na táboa “percepcións do traballador” e no resumo final de prezos de man de obra. No punto “3.3 prezos descompostos. Resumo do presuposto” non se xustifican os prezos de todas as unidades de obra. Como efecto do punto anterior, e tamén no punto 3.3 –neste caso no resumo-, os importes indicados son incorrectos, xa que non se valoran todas as unidades de obra para ó seu cálculo. O importe de gastos xerais calculados que se indica ó final do punto 3.3 é incorrecto. Segundo o indicado no prego de cláusulas económico-administrativas o 4%, 3% e 0,5% do importe de execución material debe destinarse á dirección de obra, control de calidade e coordinación de seguridade e saúde, respectivamente. Estes porcentaxes suman o 7,5% do importe de execución material da obra, polo tanto no é crible a asignación de soamente o 3% a gastos xerais, xa que non chegaría a cubrir todo o indicado anteriormente. 3- Na xustificación de HORDESCON, S.L.: - Na xustificación presentada indícase que se conseguen prezos especiais dos seus provedores sen achegar ningún dato que o corrobore. - Non se inclúe ningún dato económico que confirme os importes indicados no punto “2. Xustificación de prezos”. Por tanto os datos presentado nese punto só poden ser considerados como meras estimacións. - O importe de gastos xerais calculados que se indica ó final do punto 3.3 é incorrecto. Segundo o indicado no prego de cláusulas económico-administrativas o 4%, 3% e 0,5% do importe de execución material debe destinarse á dirección de obra, control de calidade e coordinación de seguridade e saúde, respectivamente. Estes porcentaxes suman o 7,5% do importe de execución material da obra, polo tanto no é crible a asignación de soamente o 6,30% a gastos xerais, xa que non chegaría a cubrir todo o indicado anteriormente. Polo tanto conclúese que as xustificacións das ofertas económicas presentadas por ditas empresas non son suficientes e non deberían terse en conta no proceso de adxudicación da obra.” Resultando que a Mesa de contratación , á vista de dito informe técnico, descarta as ofertas de Hordescon, S.L., Construcciones Vale, S.L. e Excavaciones y Obras Melchor, S.L., por considerar que a documentación presentada non xustifica suficientemente os valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo total ofertado, quedando a puntuación obtida polas empresas segundo o seguinte detalle: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Narom, S.L. 40,50 55,000 95,500 Unika, Proyectos y Obras, S.A.U. 35,50 53,131 88,631 Prace, Servicios y Obras, S.A. 33,00 53,423 86,423 Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 32,50 53,069 85,569 Copcisa, S.A. 32,50 52,283 84,783 Marconsa, S.L. 30,50 53,818 84,318 Coysagran, S.L. 28,50 54,84 83,340 Construcciones Abal, S.A. 31,50 51,539 83,039 Construcciones Vila Miño, S.A. 29,50 52,964 82,464 Obras, Transportes y Construc-Ciones Fontefria,S.L. 28,50 53,764 82,264 Canalizaciones y Construccio-Nes Salnes, S.L. 28,00 54,213 82,213 Obras y Viales de Galicia, S.L. 28,00 51,617 79,617 Rocas Graniticas del Condado, S.L. 26,00 52,757 78,757 Construcións, Obras e Viais, S.A. 36,00 31,517 67,517 Stradia Infraestructuras, S.L. 32,50 50,647 63,147 Resultando que á vista do anterior a Mesa de Contratación reuniuse novamente, con data 23/09/2015, formulando proposta de adxudicación a favor da empresa Narom, S.L. que acada a máxima puntuación valoradas as ofertas segundo o establecido no prego de condicións administrativas que rexe no procedemento. Resultando que mediante resolución nº 2015023615, de data 30/09/2015, requiriuse a Narom, S.L. para que presentara a documentación xustificativa de estar ó corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que comprometeu dedicar ou adscribir á execución da obra, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5,00 % do orzamento de adxudicación excluído ó IVE, así como proceder ó ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade de 89,90 € correspondente ós gastos de publicación do anuncio de licitación no BOP. Resultando que Narom, S.L., atendendo ó requirimento presentou a documentación requirida, así como a garantía definitiva por importe de 10.376,68 €, segundo acredita mediante carta de pago nº 201500156305, de data 06/10/2015, e que ingresou a cantidade de 89,90 € correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l.2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Narom, S.L. (CIF-B-36163418) a obra “A Franqueira, entorno e Santuario (A Cañiza)”, de acordo co seguinte detalle: Importe, sen IVE 207.533,66 € IVE 43.582,07 € Importe total 251.115,73 € Prazo de execución dos meses 2.23845.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE MANTEMENTO E SOPORTE DOS SISTEMAS DE ALIMENTACIÓN ININTERROMPIDA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (expte. nº 2015021069) A Deputación de Pontevedra conta cuns servizos de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) sustentado por unha infraestrutura de sistemas e comunicacións propia, a través da cal se interconectan as distintas unidades, equipos e centros administrativos. Esta infraestrutura está xestionada polo servizo de Novas Tecnoloxías. Polo que, recae baixo a súa responsabilidade o soporte da mesma, e así como a supervisión, detección e diagnóstico de calquera problema de hardware ou software que poida producirse. Para garantir estas prestacións requírese a contratación dun servizo de mantemento e soporte dos sistemas de alimentación ininterrompida (SAI), como requisito fundamental para garantir a dispoñibilidade e continuidade dos servizos TIC na institución provincial. O equipamento SAI da Deputación de Pontevedra, grazas os seus sistemas de almacenamento de enerxía, poden proporcionar enerxía eléctrica durante un apagón a todos os equipos e sistemas que teñan conectados ó tempo que prevén e minimiza os danos no equipamento de sistemas e electrónica da rede do organismo provincial. Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno de data 10 de xullo de 2015, acordouse aprobar o expediente de contratación do servizo de mantemento e soporte dos sistemas de alimentación ininterrompida da Deputación de Pontevedra polo prezo máximo do contrato, para 4 anos, de 122.655,28€ (IVE incluído). Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 139 de data 22 de xullo de 2015. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 12 de agosto de 2015, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Nese mesmo acto, a Mesa de Contratación, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que, con data 23 de setembro de 2015, o servizo de novas tecnoloxías, de conformidade cos artigos 150 do TRLCSP e 29 e 29 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, para a valoración dos criterios avaliables mediante xuízos de valor, emite informe de valoración, coa seguinte puntuación asignada as empresas que participan no procedemento: Empresas licitadoras Puntuación Sobre “B” Internacional periféricos y memorias España,S.L.U.(CIF:B-62.758.602) 45,90 puntos Brextron Power, S.L. (CIF: B-91.562.561) 24,00 puntos Nese mesmo acto indicouse que non se procede a apertura do sobre “C” da empresa Brextron Power, S.L. (CIF: B-91.562.561) por non acadar a puntuación mínima de 30 puntos esixida nos pregos que rexen a contratación, segundo se describe no informe de valoración das ofertas técnicas emitido polo servizo de Novas Tecnoloxías. Resultando que unha vez efectuada a valoración total, obtívose o seguinte resultado: Empresas Licitadoras Criterios Subxectivos (50 puntos) Criterios avaliables mediante fórmulas (50 puntos) Puntuación total Valoración sobre B Prezo ofertado (38 puntos) Ampliación dos acordos de nivel de servizo (2 puntos) Prezo do mantemento individual de equipos (5 puntos) Ampliación da duración de servizo de mantemento (5 puntos) Internacional periféricos y memorias España, S.L.U. (CIF: B-62.758.602) 45,90 5,57 1,20 5,00 2,00 59,67 Reunida a Mesa de Contratación, no acto público do día 30 de setembro de 2015 e en base a puntuación total acadada, propón adxudicar a empresa Internacional periféricos y memorias España, S.L.U. (CIF: B-62.758.602) o contrato do mantemento e soporte dos sistemas de alimentación ininterrompida da Deputación de Pontevedra, elevando a súa proposta ó órgano de Contratación. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2015023979de data de 30 de setembro de 2015, e á vista da puntuación total obtida, requiriuse á empresa Internacional periféricos y memorias España, S.L.U. (CIF: B-62.758.602) para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte a aquel en que se recibe o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 4.955,45€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201500165267, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do R.d.l. 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para a prestación do servizo de mantemento e soporte dos sistemas de alimentación ininterrompida da Deputación de Pontevedra (SAI) á empresa Internacional periféricos y memorias España, S.L.U. (CIF: B-62.758.602), de acordo ó seguinte detalle: a. Prezo de licitación ofertado: Importe sen IVE: 99.109,00€ IVE (21%): 20.812,89€ Importe IVE incluído: 119.921,89€ b. Ampliación dos acordos de nivel de servizo: TEMPOS DE RESOLUCIÓN SEGUNDO CRITICIDADE DA INCIDENCIA Criticidade Tempo de resolución máximo Coeficiente de puntuación Tempo de resolución ofertado (horas) Crítica 4 horas 0.10 4 Alta 8 horas 0.10 8 Media 48 horas 0.30 24 TEMPOS DE RESPOSTA PRESENCIAL Criticidade Tempo de resolución máximo Coeficiente de puntuación Tempo de resolución ofertado (horas) Crítica 2 horas 0.10 2 Alta 6 horas 0.10 6 Media 8 horas 0.30 6 c. Prezo de mantemento individual semestral para cada un dos modelos de equipamento a manter: LISTA DE PREZOS DE MANTEMENTO POR TIPOLOXÍA DE EQUIPO Modelo Coeficiente de puntuación Prezo de mantemento semestral € (IVE non incluído) Trifásico – Trifásico 30KVA 0,05 1019,69 Trifásico – Trifásico 16KVA 0,10 796,70 Trifásico – Monofásico 8KVA 0,10 478,47 Monofásico – Monofásico 8KVA 0,10 478,47 Monofásico – Monofásico 6KVA 0,10 339,52 Monofásico – Monofásico 5KVA 0,10 339,52 Monofásico – Monofásico 4KVA 0,05 258,84 Monofásico – Monofásico 3KVA 0,20 258,84 Monofásico – Monofásico 2KVA 0,10 179,29 Monofásico – Monofásico 0,6KVA 0,10 149,03 d. Ampliación da duración do servizo de mantemento de 48 a 54 meses 2.- A parte que achegará a Deputación de Pontevedra no ano 2015, por importe máximo de 12.776,59€, será financiada con cargo á aplicación 2015/926.9260.227.23 do vixente Orzamento provincial. O financiamento do contrato para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019, quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria anteriormente exposta para facer fronte á obrigas derivadas do contrato. 3.- A duración do contrato será de catro anos a partir da data de formalización do mesmo. 3.23846.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a)Devolución de garantías definitivas á empresa Civis Global, S.L. A empresa Civis Global, S.L. (CIF B 36.684.157), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Reforma dos vestiarios, dos aseos e obras complementarias no Pavillón Polideportivo de Mondariz”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de seis mil catrocentos corenta euros con vinte e un céntimos (6.440,21 €), para responder do contrato relativo á obra “Reforma dos vestiarios, dos aseos e obras complementarias no Pavillón Polideportivo de Mondariz”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/04/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400036147, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b)Devolución de garantías definitivas á empresa Antalsis, S.L. A empresa Antalsis, S.L. (CIF B 15.867.435), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Rehabilitación e ampliación pavillón polideportivo de Crecente”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de AFIGAL, por importe de vinte e un mil seiscentos vinte e seis euros con un céntimo (21.626,01 €), para responder do contrato relativo á obra “Rehabilitación e ampliación pavillón polideportivo de Crecente”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/06/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900050382, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.23847.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a)A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 4 de xullo de 2014, acordou adxudicar á empresa Construcciones Abal, S.A., o contrato para a execución da obra “Melloras no parque da Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)”, pertencente á 2ª relación de proxectos POSP13/00989/2013000105, cun prazo de execución de 3 meses. A acta de comprobación de replanteo formalizouse con data 02/09/2014. En data 17/11/2014 ten entrada nesta Deputación escrito do Director de obra, solicitando autorización para a redacción do proxecto modificado da citada obra sen variación económica para subsanar diversas incidencias non contempladas no proxecto inicial. En data 26 de novembro de 2014 o Director de Infraestruturas informa que: “O director de obra deberá xustificar as causas que dan lugar a redacción do proxecto modificado en base ao supostos do artigo 105 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público(TRLCSP)… e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP” En data 11/02/2015 ten entrada nesta Deputación instancia do director de obra coa que xunta proxecto modificado da obra “Melloras no parque da Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)”. Requirido o director de obra para que xustificara o proxecto modificado en data 05/03/2015, este faino en escrito de data 19 de marzo, xustificando o mesmo polas seguintes causas: “Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas, segundo o recollido no artigo 107.1.a) do TRLCSP. O Proxecto modificado axústase a esta condición xa que o descubrimento da enfermidade das ringleiras centrais de árbores durante a execución, e que os desperfeitos que producían as raíces eran maiores dos previstos no proxecto inicialmente redactado, impide executar a prestación contratada: (…) O director de obra no seu informe xustificativo manifesta, que non se alteran as condicións esenciais da adxudicación do proxecto inicial, e que os importes das partidas novas responden os prezos de mercado e se ven afectados polo correspondente porcentaxe de baixa de adxudicación, non producíndose ningún incremento sobre o presuposto de licitación do proxecto. Por último as modificacións introducidas son estritamente necesarias para dar resposta ás causas obxectivas que as fan necesarias.” Con data 23/03/2015 o Servizo de Contratación emitiu informe. “… En función de todo o anteriormente exposto, baseado no informe do director de obra e do Director de Infraestruturas, parece deducirse que a modificación do proxecto é provocada por unha inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas, recollido no artigo 107.1.a) do TRLCSP. Asemade, hai que ter en conta o recollido polo director de obra, que indica que os prezos das unidades non previstas no proxecto orixinal, se adecúan os prezos de mercado, e que as modificación non supoñen unha alteración das condicións de licitación. Por último sinalar que non parece que haxa un cambio substancial da obra, nin que se houberan cambiado as circunstancias de licitación por esta variación, polo que podería entenderse oportuno esta aprobación ós efectos de finalizar a obra. Esta debe considerarse unha circunstancia excepcional que debe evitarse con un maior coidado no estudio previo do proxecto, sendo tamén responsabilidade de quen o acepta e o presenta como adecuado, neste caso o Concello. Non obstante a Xunta de Goberno da Deputación resolverá. Non obstante para maior prever, solicitarase informe ó Secretario e o Interventor para que establezan o seu parecer.” En data 29 de maio de 2015 a Xunta de Goberno aproba o proxecto modificado da obra “Melloras no parque da Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)”, pertencente á 2ª relación de proxectos POSP/13, sen incremento sobre o prezo de licitación, e prorroga o prazo de execución da citada obra, e establecer como data para finalizar a mesma o día 30 de xuño de 2015. En data 17/06/2015 ten entrada no rexistro da Deputación a certificación nº 10 -final, que certifica as obras executadas durante o período de 01/06/2015 ó 15/06/2015, xunto coa acta de recepción de data 15 de xuño de 2015, asinadas polo director de obra e posteriormente conformada polo Director de Infraestruturas. Unha vez conformada polo Director de Infraestruturas, remítese o servizo de Intervención que informa o seguinte: “ ..Non cabe prórroga dun prazo xa vencido. Ademais a concesión desta prórroga fíxose con posterioridade á execución de parte da obra que se certifica.” Vistas as observación formuladas e dado que as unidades de obra que se certifican xa se executaron, procedería a aprobación desta seguindo o procedemento de extraordinario de recoñecemento extraxudicial de crédito. O Xefe do servizo de contratación emite informe en data 22 de outubro de 2015 no que conclúe que tendo en conta que as unidades de obra recollidas na certificación asinada polo director de obra, a cal está conformada polo Director de Infraestruturas da Deputación Provincial, parece corresponder a traballos efectivamente realizados sen que en ningún momento se poida deducir unha actitude culpable por parte do contratista, e polo que entendemos que procede o pago da certificación 10 e final. Visto o informe emitido por Intervención e dado que as unidades de obra que se certifican xa se executaron a aprobación da certificación require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: A certificación nº10-final, da empresa Construcciones Abal S.A. por importe de 64.503,93 € correspondente á obra “Melloras no parque da Xunqueira, Vilagarcía”, con arranxo ó seguinte detalle: CONSTRUCCIONES ABAL S.A. (A-36.115.459) Subtotal 64.503,93€ Taxa dirección de obra (4%) 1.791,90€ Control de Calidade (5%) 2.239,88€ Seguridade e saúde (0,50%) 223,99€ Total descontos 4.255,77€ Importe líquido a percibir pola empresa 60.248,16€ O pagamento da certificacións realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 15/942.9420.652.45.2013. b) Por Resolución Presidencial de 01/10/2014, adxudicouse o contrato para a execución da obra “Construción de anfiteatro na Tafona, Caldas de Reis” POSP13/00896/20131000137, á empresa Construccións Carlos Valiñas S.L. (CIF B-36134930), polo prezo de 21.815,00 €, máis a cantidade correspondente ó 21% de IVE, establecendo un prazo de execución de 1 mes. En data 18 de decembro de 2014, solicítase a ampliación do prazo de execución en dous meses, debido a condicións meteorolóxicas. Por Resolución Presidencial nº 2014037585 de 30 de decembro de 2014 concédese unha prórroga de dous meses e ampliase o prazo de execución da obra ata o 18 de xaneiro de 2015. En data 26 de xaneiro de 2015, o representante da empresa e a directora de obra, solicitan una rectificación de ampliación do prazo de execución da obra ata o 18 de febreiro de 2015, posto que existen problemas no subministro para finalizar a obra e a súa certificación. Mediante informe de data 5 de febreiro de 2015, solicítase polo servizo de contratación á dirección de obra, que xustifique os motivos pola que estime que non lle é imputable o retraso o contratista, sinalando o tempo estritamente necesario para executar a obra. De dito escrito non se tivo contestación. En data 27 de febreiro de 2015, ten entrada no rexistro da Deputación a certificación nº1-final da obra, “Construción de anfiteatro na Tafona, Caldas de Reis” que é devolta polo servizo de infraestruturas en data 24/03/2015, polo seguinte motivo: “A unidade aporte de terra” presente na relación valorada da certificación non figura entre as unidades de obras do proxecto inicial”. Por estes motivos, en data 10/04/2015 devólvese a certificación á empresa, para que subsanen as deficiencias. A directora de obra achega informe técnico de cambios de unidades de obra, en data 5 de maio de 2015, alegando que durante o transcurso das obras foi necesario o achega de material de recheo pois o existente non era axeitado, polo que se decide prescindir da partida de IV.1 “Pavimento de pezas irregulares de pedra de país”, executando no seu lugar o “aporte de terras”. O servizo de Infraestruturas, informa en data 14 de maio de 2015, que “se observa e que o prezo unitario presentado pola dirección de obra non coincide co prezo unitario da relación valorada da certificación presentada”. “Así mesmo non consta a existencia no servizo de contratación, de solicitude da directora de obra para incluír unidades de obra, non incluídas no proxecto orixinalmente aprobado”. En data 22/05/2015, devólvese de novo a certificación á dirección de obra, para que subsane as deficiencias. En data 08/06/2015, a directora de obra achega a certificación 1 e final xunto co informe técnico, para a xustificar os cambios realizados nas unidades de obra. En data 10 de xullo de 2015 o servizo de Intervención pon de manifesto que non se cumpriron os seguintes aspectos relativos a aprobación da certificación: 1. A certificación non se expide mensualmente. 2. A obra executouse fóra do prazo establecido para a mesma. 3. Prorrogouse a obra ata o 18 de xaneiro de 2015 e a obra finalizou o 18 de febreiro. En data 01/09/2015, solicítase informe a directora de obra que o achega o 14/10/2015, no que manifesta: “-Ó non haber unha execución completa de ningunha das partidas que figuran no proxecto e ó se de tan escasa cantidade, non se procedeu a súa certificación parcial. -A prórroga concedida foi de 2 meses, debido as inclemencias meteorolóxicas e máis o período estival, polo que a nova data de finalización quedaría fixada para o 18 de febreiro. A certificación final de obra entregouse en rexistro no Pazo provincial con data 27 de febreiro de 2015, en tempo e forma…. -Non se contempla o establecemento de penalidades ó contratista debido a que os problemas nos prazos de execución non son imputables.” O xefe do servizo de contratación en data 21 de outubro de 2015 informa que tendo en conta que as unidades de obra recollidas na certificación asinada polo director de obra, a cal está conformada polo Director de Infraestruturas da Deputación Provincial, parecen corresponder a traballos efectivamente realizados, sen que en ningún momento se poida deducir unha actitude culpable por parte do contratista e polo que entendemos que procede o pago da certificación 1-final. Visto o informe de Intervención de data 10 de xullo de 2015 e dado que as unidades de obra que se certifican xa se executaron, procedería a aprobación da certificación 1-final seguindo o procedemento extraordinario de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: A certificación 1-final, por importe 26.396,08 €, correspondente á obra “Construción de anfiteatro na Tafona, Caldas de Reis” POSP13/00896/2013000137, con arranxo ó seguinte detalle: CONSTRUCCIONES CARLOS VALIÑAS S.L. (CIF B-36.134.930) Subtotal 26.396,08€ Taxa dirección de obra (4%) 733,28€ Control de Calidade (0%) 0,00€ Seguridade e saúde (0,50%) 91,66€ Total descontos 824,94€ Importe líquido a percibir pola empresa 25.571,14€ O pagamento da certificacións realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 15/942.9420.652.45.2013. c)Por Resolución Presidencial número 2014028824 adxudicouse á empresa Nortemar S.L. o contrato de execución da obra: “Restauración de Fonte en Requeixada, San Andrés, Caldas de Reis” POSP13/00896/2013000138, cun prazo de execución de 2 meses. A acta de comprobación de replanteo formalizouse en data 21 de novembro de 2014, establecéndose como prazo de execución 2 meses, polo que a obra finalizaría o 21 de xaneiro de 2015. En data 26 de xaneiro de 2015, ten entrada no rexistro da Deputación escrito da empresa Nortemar S.L. e da directora de obra, solicitando que se amplíe o prazo para a finalización da obra ata o día 21 de febreiro de 2015, debido a que existen problemas de subministración para finalizala. En data 5 de febreiro de 2015, remítese un escrito dende o servizo de contratación dirixido á directora de obra, para que xustifique porque se solicitou a prórroga de maneira extemporánea. De dito escrito non se recibiu ningunha resposta. En data 7 de abril de 2015 ten entrada no rexistro da Deputación de Pontevedra a certificación nº 1 e final da obra “Restauración de Fonte en Requeixada, San Andrés, Caldas de Reis”. O servizo de Intervención pon de manifesto que non se cumpriron os seguintes aspectos relativos á aprobación da certificación: 1. A certificación non se expide mensualmente. 2. A obra executouse fóra do prazo establecido para a mesma. 3. A solicitude de prórroga foi presentada fóra do prazo establecido para executar a mesma e que o ser extemporánea supón a imposibilidade de executar a mesma. En data 1 de setembro de 2015 solicítase informe a directora de obra para que aclare as observacións postas de manifesto en dito informe. En data 15 de outubro de 2015 a directora de obra remite o seguinte informe: “-O non haber unha execución completa de ningunha das partidas que figuraban no proxecto e ó ser de tan escasa cantidade, non se procedeu a súa certificación parcial. -A prórroga concedida foi de dous meses, debido as inclemencias meteorolóxicas e máis o período estival, polo que a nova data de finalización quedaría fixada para o 18 de febreiro. … -Non se contempla o establecemento de penalidades ó contratista debido a que os problemas nos prazos de execución non son imputables.” O xefe do servizo de contratación no seu informe de data 22 de outubro de 2015 conclúe que tendo en conta que as unidades de obra recollidas na certificación asinada polo director de obra, e conformada polo Director de Infraestruturas da Deputación Provincial, parecen responder a traballos efectivamente realizados sen que en ningún momento se poida deducir unha actitude culpable por parte do contratista, e polo que entendemos que procede o pago da certificación 1 e final. Visto o informe emitido por Intervención en data 17 de xullo de 2015 correspondente a certificación nº 1-final da obra: “Restauración de Fonte en Requeixada, San Andrés, Caldas de Reis” e dado que as unidades de obra que se certifican xa se executaron a aprobación da certificación require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -A certificación nº1-final, por importe de 33.043,68 € correspondente á obra “Restauración de Fonte en Requeixada, San Andrés, Caldas de Reis”, con arranxo ó seguinte detalle: NORTEMAR S.L. (B-36.459.758) Subtotal 33.043,68€ Taxa dirección de obra (4%) 917,94€ Control de Calidade (0%) 0,00€ Seguridade e saúde (0,50%) 114,74€ Total descontos 1.032,68€ Importe líquido a percibir pola empresa 32.011,00€ O pagamento da certificacións realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 15/942.9420.652.45.2013. 5.23848.- CONCESIÓN DE ANTICIPO Ó CONCELLO DE MONDARIZ CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DE INVESTIMENTOS DE INFRAESTRUTURAS A Xunta de Goberno, na súa sesión de 19 de decembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras da concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra para o ano 2015, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular a concesión de préstamos a longos prazo, sen xuros, destinados a financiar os investimentos dos concellos necesarios para promover actividades e prestar servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións veciñais e, excepcionalmente, operacións de tesourería para facer fronte ás necesidades urxentes ou desfases transitorios. Se ben se debe ter en conta as modificacións do dito plan aprobado mediante acordos da xunta de goberno núm. 34.223268 do 10 de abril de 2015, e núm. 8.23645 do 3 de xullo de 2015, publicados no BOPPO núm. 68 do 13 de abril de 2015 e núm. 130 do 10 de xullo de 2015 respectivamente. No último acordo se prevé expresamente que de non esgotarse ó crédito este pasaría a incrementar os fondos destinados a libre disposición para o seu reparto polo procedemento de concesión directa. En data 27/07/2015, dentro do prazo fixado na terceira ampliación, ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación, co número de rexistro 2015082685, petición do Concello de Mondariz solicitando á concesión dun anticipo, por importe de 300.000,00 €, con destino ó financiamento de diversas inversións de infraestruturas. Xunto coa documentación principal se achega unha memoria onde se tipifican as obras realizadas ou a realizar que se corresponden con actuacións que se axustan ó disposto no artigo 26 de Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, é dicir, servizos mínimos municipais de obrigatoria prestación polo concello relacionadas con investimentos en saneamento, depuración de augas e pavimentación de vías públicas. Normativa Examinada - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2015. - Bases reguladoras da concesión de anticipos a concellos da provincia de Pontevedra 2015. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do Expediente: - Base reguladora 7ª das reguladoras de concesión de anticipos, relativa á documentación que deben achegar os concellos para á válida concesión de préstamos sen xuros. - Base reguladora 10ª das reguladores de concesión de anticipos, relativas á instrución, comisión de valoración e resolución, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. 2.- Petición e Evacuación de Informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. 3.- PROCEDENCIA DO OUTORGAMENTO: - Carta Europea da Autonomía Local de 15/10/1985 (Instrumento de ratificación 20.01.1988 Lei 522/1989) no seu artigo 9.8 dispón que para financiar os seus gastos de inversión as entidades locais deben ter garantido ó seu acceso ó mercado de capitais. - Artigo 2.1.f do Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas locais, aprobado polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, (se citará como TRLRFL) que recolle entre os recursos das Facendas Locais “o produto das operacións de crédito”. - Artigo 48 do TRLRFL que dispón que as entidades locais, seus organismos autónomos e os entes e sociedades mercantís dependentes poderán concertar operacións de crédito en tódalas súas modalidades tanto a corto como a longo prazo, así como operacións financeiras de cobertura de xestión de risco do tipo de xuro e do tipo cambiario, suxeitas en todo caso a un principio prudencia financeira. - Artigo 50 do TRLRFL que dispón que calquera das modalidades de crédito previstas no citado texto, agás a regulada no artigo 149, requirirá que a entidade dispoña do orzamento aprobado para o exercicio en curso. - Artigo 52.2 do TRLRFL que dispón que concertación ou modificación de calquera operación de crédito deberá acordarse previo informe da Intervención na que se analizará, especialmente, a capacidade da entidade local para facer fronte , no tempo, ás obrigas que de aquelas se deriven para esta. - De conformidade co artigo 53.1 do TRLFL, non se poderán concertar operacións de crédito a longo prazo, incluíndo as que modifiquen as condicións contractuais, nin conceder avais, nin substituír operacións de crédito concertadas por parte das entidades locais ou dos seus organismos dependentes, cando dos estados de liquidación dos orzamentos, os resultados correntes do exercicio ou dos resultados da actividade ordinaria, se deduza un aforro neto negativo. - De conformidade, así mesmo, co artigo 53.2 do TRFL, precisarán autorización dos órganos competentes, as operacións de crédito a longo prazo de calquera natureza incluído o risco deducido dos avais, cando o volume de capital vivo das operacións de crédito vixentes, a longo e curto prazo, incluída a operación proxectada exceda o 110% os ingresos correntes liquidados ou devengados no exercicio anterior ou, no seu defecto, no precedente a este último cando o cómputo haxa de realizarse no primeiro semestre do ano e non se haxa liquidado o orzamento correspondente a aquel. - Artigos 185 e 186 do TRLRFL que regulan as competencias en materia de xestión de gasto e ordenamento do pago. - Base 3ª das reguladoras da concesión de anticipos 2015 que dispón que para a concesión de anticipos é requisito indispensable non ter cotas de amortización vencidas pendentes de pago de exercicios anteriores ou a comisión de formalización dalgún préstamo xa concedido. - Base 5ª das reguladoras da concesión de anticipos 2015 que contempla entre os fins dos anticipos: “Investimentos en obras e servizos dos entes locais beneficiarios”. - Base 6ª das reguladoras da concesión de anticipos 2015 que dispón que o préstamo non poderá exceder 80% do total solicitado nin os 400.000,00 €. Non obstante, o órgano competente para resolver, poderá motivadamente, alterar ós límites relativo e absoluto e relativos de concesión. Conclusións: O expediente tramitado e a proposta de acordo da Entidade local para concertar a operación de crédito a longo prazo por importe de 300.000,00 €, axústanse a lexislación aplicable, segundo o artigo 54 do R.d.l. 781/86, do 18 de xullo, polo que se refunden tódalas disposicións vixentes en materia de réxime local. Segundo o contemplado no artigo 53 TRLFL, dado que o aforro neto é positivo e a débeda viva non excede o 110% dos ingresos liquidados, pódese autorizar a concertación deste préstamo sen xuros a longo que ademais non precisa autorización do órgano competente da Comunidade Autónoma. Sen prexuízo de que, tal e como se contempla no anexo II, o secretario do Concello de Mondariz certifica que notificouse á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, a concertación desta operación, para o exercicio das funcións de tutela financeira que se regula no Estatuto de Autonomía. O TRLRFL non prevé que as operacións de crédito que concerten as entidades locais deban ser obxecto de publicidade ou exposición específica en boletíns oficiais ou taboleiros de anuncios. Se estima que a publicidade aparecerá implícita nos actos necesarios para a aprobación definitiva do orzamento, que ha de unir obrigatoriamente o anexo económico- financeiro no que haberá de determinarse as bases empregadas para avaliación das operacións de crédito, segundo o artigo 168.1.e) do TRLFL, e, no seu caso, dos créditos extraordinarios ou suplementos de créditos que haxan de ser financiados con recursos procedentes das operacións crediticias. Segundo as bases reguladoras da concesión de anticipos 2015, o outorgamento debe realizarse polo procedemento ordinario de concorrencia, sendo a petición do Concello de Mondariz a única solicitude que se presentou no prazo contemplado na terceira ampliación. Esta petición excede ó limite porcentual que se regula na base sexta, correspondéndolle o órgano competente para a concesión autorizar a ampliación deste límite. Como motivación baste o certificado da situación do concello no que se manifesta que aínda que o préstamo non é unha operación de tesourería propiamente dita xurde da necesidade de xerar crédito no capítulo 6 dos orzamentos municipais de 2015 para afrontar o pago de investimentos en obras e servizos, nalgúns casos xa executados e facturados e paliar a precaria situación na que atopou a actual corporación do Concello. A demora no pago destas facturas, sobre todo, xeraría un quebranto económico no terceiro, nas empresas que executaron as obras ou prestaron os servizos. O Concello de Mondariz ten contraídos e en vigor coa Deputación os seguintes préstamos; 783/07, 801/08, 823/09 e 843/10. En relación a estes préstamos, a entidade non ten cotas de amortización pendentes de pago. Considerando o antedito, informo favorablemente a concesión deste préstamo a longo prazo, cun prazo de amortización a quince anos, ó Concello de Mondariz, por importe de 300.000,00 €, contra a aplicación 2015/942.9420.821.20 e elevo o presente informe á intervención provincial para que no relativo as garantías económicas, a capacidade da entidade local para asumir adecuadamente a obriga derivada da operación proxectada e o cumprimento doutros principios informe o que estime pertinente. Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, na base 16ª.2 das de execución dos orzamentos provinciais e demais lexislación de aplicación, correspóndelle á Xunta de Goberno a aprobación da concesión deste anticipo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Por todo o exposto e a vista do informe de intervención de data 22 de outubro de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a concesión dun préstamo sen xuros ó Concello de Mondariz, CIF:P3603000E, por importe de 300.000,00 € con destino ó “Financiamento de investimentos de infraestruturas”. A petición excede o límite porcentual do 80% do custe da actuación. Non obstante, a situación excepcional do Concello, cun orzamento practicamente esgotado, e a necesidade de afrontar a realización ou o pago de investimentos que, asemade, responden a servizos públicos básicos, xustifican a concesión do anticipo nos termos plantexados. Este anticipo financiaranse contra á aplicación 2015/942.9420.821.20 do vixente Orzamento provincial, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. En todo caso, esta concesión queda suxeita ás condicións seguintes: O anticipo outórgase para o financiamento dos investimentos que se contemplan na memoria de obras non podendo cambiarse o seu destino, salvo que, formal e motivadamente, se solicite antes da finalización do prazo de disposición. O pagamento das disposicións farase a medida que se xustifique realización das actuacións que se financian con este, aboándose para cada xustificación que se presente a parte proporcional en relación ó custe total do investimento. A xustificación axustarase estritamente ó disposto nas Bases Reguladoras da concesión anticipos e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Non procederá o libramento das disposicións nin a formalización do contrato se o Concello ten cotas de amortización pendentes de pago coa Deputación. O prazo de amortización do préstamo será de quince anos a contar dende a formalización do contrato e o prazo de disposición será de dous anos dende a sinatura do mesmo. Previamente á formalización do devandito contrato o concello aboará o 2% do importe a conceder, por unha soa vez, para facer fronte ós gastos de administración. 2.- Facultar á Presidenta da Deputación para a formalización dos contrato do préstamo salientado mediante a súa sinatura. 6.23849.- CAMBIO DE FINALIDADES SOLICITADO POLO CONCELLO DE DOZÓN NO ANTICIPO 896/15 A Xunta de Goberno, na súa sesión de 19 de decembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras da concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra para o ano 2015, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular a concesión de préstamos a longos prazo, sen xuros, destinados a financiar os investimentos dos concellos necesarios para promover actividades e prestar servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións veciñais e, excepcionalmente, operacións de tesourería para facer fronte a necesidades urxentes ou desfases transitorios. Se ben se debe ter en conta as modificacións do dito plan aprobado mediante acordos da xunta de goberno núm. 34.223268 do 10 de abril de 2015, e núm. 8.23645 do 3 de xullo de 2015, publicados no BOPPO núm. 68 do 13 de abril de 2015 e núm. 130 do 10 de xullo de 2015 respectivamente. No último acordo se prevé expresamente que de non esgotarse ó crédito este pasaría a incrementar os fondos destinados a libre disposición para o seu reparto polo procedemento de concesión directa. Dentro do prazo previsto na segunda convocatoria, o Concello de Dozón solicita un anticipo por importe de 50.000,00 € con destino o financiamento dunha actuación que xenericamente se denominou “Obras de reparación de camiños municipais”. Para a execución do investimento “Obras de reparación de camiños municipais”, a xunta de goberno provincial mediante acordo núm. 6.23432 do 22 de maio de 2015, concedeulle un préstamo sen xuros polo importe que se salienta no punto 2º. En data 10 de xuño de 2015 se formaliza o contrato do préstamo (núm. 896/15) entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Dozón. En data 27/08/2015 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación, con número de rexistro 2015092083, petición do Concello de Dozón solicitando un cambio de aplicación de xeito que o crédito destinado o financiamento da obra “Obras de reparación de camiños municipais” se aplique nos seguintes investimentos: “Pavimentación de rúas no lugar de Parada”, “Acondicionamento de camiño no Zudreiro”, “Acondicionamento praia fluvial”, “Acometida eléctrica os tanques de auga do Castro”, “Reparación de piscinas no Castro” e “Limpeza e traída de auga en A Gouxa” En data 01/10/2015 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación, co número de rexistro 2015102996, informe do Arquitecto D. Fernando Ferro Cruz, onde textualmente di: “Os cambios realizados na Memoria Valorada Modificada responden a motivacións particulares en cada caso, que se analizaron individualmente, e movidos principalmente pola urxencia na execución das obras que se modifican debido o estado dos camiños ou a necesidade dunha intervención inmediata. Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2015. - Bases reguladoras da concesión de anticipos a concellos da provincia de Pontevedra 2015. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do expediente: Base reguladora 7ª das reguladoras de concesión de anticipos, relativa á documentación que deben achegar os concellos para á válida concesión de préstamos sen xuros. Base reguladora 10ª das reguladores de concesión de anticipos, relativas á instrución, comisión de valoración e resolución, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. 2.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. 3.- Procedencia do cambio de aplicación: - Artigos 64 do RLXS que dispón que unha vez recaído un acordo ou resolución de concesión pódese solicitar unha modificación do seu contido, de acordo co disposto nas bases reguladoras da subvención, e sempre e cando non se prexudique dereitos de terceiros e se solicite antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 11ª das reguladoras de concesión de anticipos 2015 que, ó abeiro do artigo 64 do RLXS, contempla as circunstancias que poden dar lugar a modificación da resolución ou acordo de concesión, entre as que se atopa “ter prioridade na realización doutro investimento que teña que acometer a entidade local e non conte con crédito suficiente para levalo a cabo”. - Base 11ª das reguladoras de concesión de anticipos 2015 que dispón que o cambio de aplicación deberase solicitar antes de que finalice o prazo de disposición, que segundo a base 13ª é de dous anos dende a sinatura de contrato, se ben en caso especiais se poderá prorrogar por un período máximo dun ano. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2015 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. Conclusións: Vista a petición achegada polo Concello de Dozón se axusta as consideracións xurídicas expostas e que o seu obxecto é subvencionable consonte o disposto na base 5ª das reguladoras de concesión de anticipos 2015; que o cambio de finalidade está motivado na urxente execución das obras propostas, ben polo estado dos camiños ou polo deterioro de instalacións tendo en conta, asemade, que a maioría destes cambios están relacionados cos servizos básicos municipais que obrigatoriamente debe prestar o Concello e que co mesmo non se prexudican dereitos ou intereses de terceiros, informo favorablemente a tramitación do expediente, co propósito de que por parte do órgano competente se autorice o cambio de aplicación de xeito que o préstamo de 50.000,00 € destinado ó financiamento do investimento “Obras de reparación de camiños municipais” se aplique nas seguintes obras: “Pavimentación de rúas no lugar de Parada”, “Acondicionamento do camiño no Zudreiro”, “Acondicionamento praia fluvial”, “Acometida eléctrica os tanques de auga do Castro”, “Reparación de piscinas no Castro” e “Limpeza e traída de auga en A Gouxa”. Segundo se acredita na memoria valorada o orzamento non sofre variación algunha en termos absolutos. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Por todo o exposto e a vista do informe de intervención de data 22 de outubro de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o cambio de finalidade de xeito que o crédito de 50.000,00€ destinado o financiamento da obra “Obras de reparación de camiños municipais” se aplique nos investimentos: “Pavimentación de rúas no lugar de Parada”, “Acondicionamento do camiño no Zudreiro”, “Acondicionamento praia fluvial”, “Acometida eléctrica os tanques de auga do Castro”, “Reparación de piscinas no Castro” e “Limpeza e traída de auga en A Gouxa”. 7.23850.- ADXUDICACIÓN DE NOVOS OBRADOIROS ÁS ENTIDADES BENEFICIARIAS DO PROGRAMA “PENSA EN TI 2015” A Deputación de Pontevedra convocou para o ano 2015 unha nova edición do programa “Pensa en ti”, que ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e intentando incorporalas ó mercado de traballo. Para levar a cabo este programa o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas as entidades de mulleres, asociacións de veciños ou outras entidades de iniciativa social que traballen no eido da muller. A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa “Pensa en ti” do ano 2015, aparecendo publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1 de data 2 de xaneiro de 2015. Nestas bases figura que os beneficiarios deste programa son as entidades de mulleres, así como as asociacións de veciños ou outras entidades de iniciativa social que traballen no eido da muller, quedando excluídas as entidades de maiores e os pensionistas ou xubilados, dado que existe un programa específico para estes colectivos. Resultando que a Xunta de Goberno nas sesións dos días 24 de abril, 22 de maio e do 5 de xuño de 2015 adxudicou un total de 448 obradoiros do programa “Pensa en ti 2015” a diversas entidades da provincia de Pontevedra e desestimou as solicitudes de 7 entidades por non cumprir cos requisitos recollidos na base segunda das reguladoras do programa “Pensa en ti 2015”. Resultando que a Traballadora Social responsable do programa, Lara Argibay Pérez, emite sendos informes con data, 2 e 13 de outubro de 2015 onde deixa constancia de que se presentaron fóra de prazo un total de seis solicitudes para participar no programa “Pensa en ti 2015”. Esta traballadora social informa favorablemente as solicitudes efectuadas polas entidades: Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” de Vigo, AVV San Pelayo de Pazos de Borbén, AVV de O Castelo de Cans de Porriño, AVV Casa Cultural de San Roque de Vilagarcía de Arousa, AVV Francisco Pérez de Mogor de Marín, Asociación de Mulleres Rurais Boa Vila de Vilaboa, por cumprir coas bases do programa. Resultando que con data 9 de outubro de 2015 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a valoración das solicitudes presentadas ó programa “Pensa en ti 2015” fóra do prazo establecido ó efecto, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto de adxudicación de sete novos obradoiros con cargo a aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07. A inclusión destas sete novas solicitudes supón que o importe total que aporta a Deputación de Pontevedra o Programa “Pensa en ti 2015”, ascende a 318.297,45 €. Considerando que o órgano competente para a adxudicación dos obradoiros os beneficiarios do programa “Pensa en ti” para o exercicio 2015, e a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base sétima do programa, así como na base 16.1 de execución do vixente Orzamento provincial. A Xunta de Goberno, una vez valoradas polos técnicos dos Servizos de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, e do Servizo de Igualdade as solicitudes presentadas fóra do prazo establecido ó efecto ó programa “Pensa en ti 2015”, acorda por unanimidade adxudicar os obradoiros que figuraban no catálogo deste programa as seguintes entidades: ENTIDADE CIF CONCELLO Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” G-36704666 Vigo Asoc. VV. O Castelo de Cans G-36163038 Porriño, O Asoc. VV. San Pelayo de Pazos de Borbén G-36115046 Pazos de Borbén Asoc. VV. Casa Cultural San Roque G-36147924 Vilagarcía de Arousa Asoc. VV. Francisco Pérez de Mogor G-36117927 Marín Asoc. MM.RR. Boa Vila G-36204481 Vilaboa 8.23851.- ADXUDICACIÓN DAS PARCELAS A-10 E A-14 RESULTANTES DO PROXECTO DE PARCELACIÓN DO PLAN DE SECTORIZACIÓN DO SOLO RÚSTICO PARA URBANIZAR (SRAU) INDUSTRIAL OUTEDA-CURRO, NO MUNICIPIO DE BARRO (PONTEVEDRA) O Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o día 26/09/2014, aprobou o “Prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron a enaxenación ou a constitución dun dereito de superficie, mediante concurso público, de varias parcelas resultantes do proxecto de parcelación do «Plan de Sectorización do solo urbanizable industrial Outeda-Curro (SRAU-I Outeda-Curro)», no municipio de Barro, Pontevedra”, así como os seus anexos 1, 2, 3, 4 e 5. No citado prego de cláusulas económico-administrativas establecíase que “As parcelas que queden desertas, seguirán en poder da Deputación, que as poderá enaxenar seguindo o procedemento legalmente establecido” (Conforme ó disposto no artigo 177.2) da Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, en concordancia co artigo 137.4 da Lei 33/2003 de Patrimonio das Administracións Públicas, as parcelas que quedasen desertas como consecuencia da resolución do presente concurso público poderán ser obxecto de enaxenación directa, no prazo máximo dun ano, nas mesmas condicións que as establecidas na presente licitación, debendo, a tales efectos, obrigarse o futuro adquirente, de modo expreso a acatar o contido íntegro deste Prego). E por último, o Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 28.11.2014, e á vista do establecido na normativa vixente, en concreto ós artigos 177 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o art. 137, apartado 4, da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, e ó establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, e o Decreto 257/2004 de 29 de outubro sobre Réxime Xurídico das Vivendas de Promoción Pública, Locais de Negocio e Chan de Promoción Pública (art. 96 parágrafo 5), acordou o alleamento directo, por un prazo dun ano a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia e no perfil de contratante da Corporación deste acordo (18.12.2014), das parcelas que quedaron desertas e que se faría en iguais condicións as que se ofertaron no concurso e previa aceptación de tales condicións na súa totalidade. O prezo establecido no citado concurso foi de 105,00 €/m2, no que non estaba repercutido o IVE, ó tipo que procedía legalmente nesa data (21%), polo que o prezo final será de 127,05 €/m2. Con data 09/10/2015, rexistro de entrada na Deputación nº 106340, D. Antonio Castelo Ares, con DNI nº 33.835.342-L, en nome e representación de Hijos de Rivera, S.A.U., (Estrella Galicia), con CIF nº A-15002637, presenta escrito no que solicita que lle sexan adxudicadas directamente as parcelas A-10 (con 2.529,94m2) e A-14 (con 2.845,92 m2) no citado Polígono ó prezo de 105€/m2, IVE excluído. Acompaña o escrito coa “Descrición do proxecto empresarial de Hijos de Rivera, S.A.U., da actividade a levar a cabo no citado Polígono”, así como “Memoria descritiva do proxecto a desenvolver) no que inclúe datos do promotor, emprazamento das obras, obxecto e xustificación, descrición das parcelas, obra civil a realizar, edificio a construír, descrición da actividade e valoración do investimento, cun total de execución material de 934.700,00€; complementando dita documentación, recibida o 21.10.2015, co plano de planta e alzado principal do anteproxecto da nave industrial, dando cumprimento ó estipulado no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso (procedemento aberto), e constituíndo as garantías provisionais de ditas parcelas, establecidas na cláusula décimo terceira do citado prego, por unha contía do 2% da base da licitación, isto é, 5.312,87€ pola parcela A-10 e 5.976,43€ pola A-14 na entidade financeira ABANCA, que serán devoltas cando o órgano de contratación (Xunta de Goberno) adxudique o contrato. As parcelas A-10 e A-14 se atopan dispoñibles nestes momentos e teñen unha superficie de 2.529,94m2 e 2.845,92m2, respectivamente, o que fan un total de 5.375,86m2. O Técnico-Colaborador do Polígono emite informe, con data 21.10.2015, propoñendo á Xunta de Goberno a adxudicación directa das citadas parcelas a Hijos de Rivera, S.A.U. O Secretario da Corporación emite informe de data 21/10/2015, no que di: “En relación con la petición de informe de fecha 21 de octubre de 2015, del Técnico colaborador del Polígono Industrial sobre la solicitud presentada por D. Antonio Castelo Ares, Director General de la sociedad Hijos de Rivera, S.A.U., se emite el siguiente: 1.- D. Antonio Castelo Ares, en nombre y representación de la sociedad Hijos de Rivera, SAU, solicita la adjudicación directa de las parcelas A-10 y A-14 del Polígono Outeda-Curra (Barro). Presenta proyecto empresarial y memoria descriptiva del mismo. No presenta acreditación de la representación que dice ostentar, por lo que habrá que pedírsela. 2.- Las parcelas A-10 y A-14 del polígono Barro-Meis no fueron adjudicadas en los concursos celebrados por el antiguo IPESPO y por la Diputación Provincial para la enajenación de las parcelas. 3.- En las consideraciones generales del pliego de cláusulas económico-administrativas del último concurso (procedimiento abierto) que rigieron la enajenación de las parcelas, se decía que las quedaran desiertas, se podrían enajenar siguiendo el procedimiento legalmente establecido. 4.- A la vista de ello, es posible ello siempre que abone el precio establecido (por m2) y formalmente las garantías provisionales, prestándose conformidad al informe del Técnico-colaborador del Polígono de fecha 21 de octubre de 2015.” O Interventor emite informe favorable con data 22/10/2015 no que, entre outras cousas, establece que: “unha vez adxudicadas, para realizar o cobro, esta Deputación emitirá as correspondentes facturas, unha por cada parcela, que serán entregadas ó comprador no momento da firma do correspondente contrato, recolléndose os ingresos no concepto orzamentario 15/456-609.00, venta de parcelas Polígono. Asemade, de acordo do PCEA 2014, o adxudicatario, Hijos de Rivera S.A.U., deberá presentar as correspondentes garantías definitivas por importe do 6% do prezo de cada parcela”. Á vista do anterior, por este Técnico-Colaborador proponse á Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar as parcelas A-10 e A-14 do Polígono SRUA Industrial Outeda-Curro a Hijos de Rivera, S.A.U., (Estrella Galicia), debendo aboar a empresa, no momento da firma da escritura pública de compra-venda, o importe de 265.643,70€ pola parcela A-10 e 298.821,60€ pola parcela A-14, que fan un total de 564.465,30€, máis o 21% en concepto de IVE, 118.537,71€, cun total de 683.003,01€, dado que é a forma de pago escollida pola empresa e prevista no prego, segundo o seu escrito, rexistro de entrada número 2015109659 de 21.10.2015; e, así mesmo, con carácter previo, deberá constituír as correspondentes garantías definitivas por importe do 6% do prezo de cada parcela, isto é 15.938,62€ e 17.929,30€ respectivamente, antes da formalización do documento administrativo (cláusula 23ª do prego), así como presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social do artigo 151.2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, e que serán devoltas, ditas garantías, unha vez transcorrido un ano dende o inicio da actividade (cláusula decimo novena do prego). 9.23852.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA 2014/2015 POR RENUNCIA DOS TITULARES NO SERVIZO ORAL Por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, prorrogables por outro seis. Dúas bolsas correspondentes á titulación de licenciatura/grao en dereito do expediente D59 asignadas ó ORAL quedaron vacantes pola renuncia das persoas titulares das bolsas á prórroga. O ORAL solicita a súa substitución coas persoas candidatas suplentes. A base décimo terceira da convocatoria de bolsas, establece que en caso de renuncia, a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa vacante polo tempo restante (sempre que sexa igual ou superior a seis meses) cunha persoa candidata suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Considerando o exposto anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, adxudicar as bolsas da titulación de licenciatura/grao en dereito do expediente D59 do ORAL as persoas candidatas suplentes que se relacionan a continuación, en substitución das que renunciaron, con efectos do 1 de novembro de 2015 e ata o 30 de abril de 2016. Exp. Centro de Destino Bolseiro/a Titulación D59 Deputación-ORAL Mosquera Goce, Iván Licenciatura/Grao en Dereito D59 Deputación-ORAL Pérez Fernández, Ana Paula Licenciatura/Grao en Dereito A bolsa será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar o Centro de destino. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación nin co centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos demais centros de destino. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. 10.23853.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA 2014/2015 NO SERVIZO DE INTERVENCIÓN Por acordo adoptado nº 14.22923 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014 , aprobouse o Plan de práctica laboral na deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015, destinado a titulados universitarios ou de formación profesional, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de dito plan, que foi ampliada con posterioridade por acordo nº 21.23075 adoptado en Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 13 de febreiro de 2015, de 198 a 201 e por acordo nº 15.23181 adoptado en Xunta de Goberno de Deputación Provincial , en sesión celebrada o 13 de marzo de 2015, ampliouse o nº de bolsas pasando de 201 a 2012. No orzamento provincial do ano 2015 consignouse para tal fin un total de 2.003.328,00 € nas aplicacións 921.2410.481.01 e 921.22410.160.01 e posteriormente tramitouse expediente incrementando o crédito como resultado da ampliación. Con data 22 de setembro o servizo de Intervención solicita a adxudicación dunha bolsa de licenciados en dereito con cargo ó Plan de práctica laboral na deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015, e ó crédito sobrante na correspondente aplicación orzamentaria. En vista de dita solicitude e dado que as referidas aplicacións orzamentarias contan con dotación económica suficiente e para esa titulación existen candidatos suplentes, tramitase a adxudicación da bolsa solicitada. Polo exposto, considerando a proposta do Interventor da Deputación de Pontevedra, considerando o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar unha bolsa do plan de práctica laboral na deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015, de licenciados ou graduados en dereito a seguinte candidata suplente, Silvia Durán Alfaya, con destino a Intervención, con efectos do 1 de novembro de 2015 e por seis meses, podendo ser prorrogada por seis meses máis. A dotación económica ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015, un total de 1.600,00 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que para o ano 2015 ascende a un total de 69,78 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.01 e 15/921.2410.160.03. O pagamento da bolsa realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional, esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar o Centro de destino. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación nin co centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos demais centros de destino. 11.23854.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA 2014/2015 Por Acordo nº 14.22923 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobouse o Plan de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira mediante escrito convocouse ós concellos e ós servizos da deputación a participar no plan, e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015 dirixidas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional , sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación o mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordos número 21.23075, 16.23182 ,15.23181 e 17.23221 aprobados en Xunta de Goberno de 13 de febreiro, 13 de marzo e 27 de marzo de 2015, por cambio de titulacións solicitadas polos concellos e servizos da Deputación e ampliación do número de bolsas de 198 a 212. Por Resolución da Presidencia con nº de rexistro 2015023605, ratificada por acordo da Xunta de Goberno nº 18.23817 na sesión celebrada o 9 de outubro de 2015, adxudicouse unha bolsa que quedou vacante no Concello de O Rosal para graduados en Educación Social do expediente D20 a Patricia Dacosta González, con efectos do 1 de outubro ata o 31 de outubro de 2015, podendo ser prorrogada por seis meses máis, cumprindo co establecido na base décima. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro ou bolseira sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados é o informe de avaliación da persoa titora no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada a titora considera que procede prorrogar a bolsa. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 21 de outubro de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, prorrogar a bolsa concedida a Patricia Dacosta González no Concello de O Rosal, con efectos de 01 de novembro de 2015 ata o 30 de abril de 2016. A dotación económica da bolsa determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios, o que supón para o ano 2015, un total de 1.600,00 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 69,78 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.47 e 15/921.2410.160.03. 12.23855.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA 2014/2015 POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO MUSEO PROVINCIAL Por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de abril de 2015 iniciou as súas prácticas laborais a bolseira Ana María Área Martínez da titulación Historia da Arte e do expediente D64, no Museo de Pontevedra, sendo prorrogada dende o 1 de outubro ata o 31 de marzo. Con data do 20 de outubro de 2015 a bolseira Ana María Área Martínez, presenta escrito comunicando a súa renuncia a continuar participando no plan de práctica laboral con efectos do 31 de outubro de 2015, por terlle concedida unha bolsa na Peggy Guggenheim Collection Venezia con data de inicio no mes de novembro. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Ana María Área Martínez, con efectos do día 31 de outubro de 2015. 13.23856.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº 2015024736 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2014-2015 POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NO CONCELLO DE VIGO De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do plan de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2015024736 de data 21 de outubro de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Iván Sarmiento Pichel no Concello de Vigo con efectos do 19 de outubro de 2015. 14.23857.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº 2015024740 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2014-2015 POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do plan de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2015024740 de data 21 de outubro de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Fátima Ruibal Bermúdez no concello de Mondariz-Balneario con efectos do 23 de outubro de 2015. 15.23858.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 8.23807 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 09/10/2015, EN RELACIÓN COA CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SOUTOMAIOR NO MARCO DO II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Por acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 25 de setembro de 2015, aprobáronse as Bases reguladoras do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, sendo o seu obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública en réxime de concorrencia das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. As ditas Bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 187, do 28 de setembro 2015. Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da Comisión Avaliadora, da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 9 de outubro de 2015, punto número 8.23807, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, mediante o procedemento de concorrencia, con cargo á aplicación 15/942.9420.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.-. No caso do Concello de Soutomaior, concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: CONCELLO Soutomaior NÚM. DE TRABALLADORES 24 CATEGORÍA PROFESIONAL 8 peóns de obras públicas en xeral, 6 albaneis-oficiais de 2ª, 1 fontaneiro, 6 peóns forestais, 2 axudantes de arquivo e 1 empregado administrativo de arquivos e bibliotecas IMPORTE CONCEDIDO 46.712,64 € Cuarto.- Debido ás dificultades para seleccionar dous candidatos inscritos na oficina de emprego na categoría profesional de axudante de arquivo para as que se concedeu a subvención, o Concello de Soutomaior, mediante escrito motivado (con entrada no rexistro da Deputación o 21/10/2015, núm. 2015109798), solicita que se modifique o seu acordo de concesión para permitirlle que unha das prazas de axudante de arquivo se substitúa por outra similar, coa denominación de auxiliar de biblioteca, na que existen candidatos suficientes para facer a selección. Fundamentos Xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial para o ano 2015, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que non se observa prexuízo algún a terceiros e que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, infórmase favorablemente a citada modificación. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 8.23807 do día 9 de outubro de 2015, no relativo á categoría profesional dos traballadores a contratar polo concello de Soutomaior, manténdose en todo o demais os termos xa acordados, e que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: ANEXO RELACIÓN II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Concello Núm. de traballadores solicitado Categoría profesional Importe concedido Soutomaior 24 8 peóns de obras públicas en xeral, 6 albaneis-oficiais de 2ª, 1 fontaneiro, 6 peóns forestais, 1 axudante de arquivo, 1 auxiliar de biblioteca e 1 empregado administrativo de arquivos e bibliotecas 46.712,64 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Soutomaior, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 16.23859.- COMUNICACIÓNS Non houbo 17.23860.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota